SlideShare a Scribd company logo
1 of 70
Download to read offline
MEMORIA 2018
Museo Pazo de Tor
1
ÍNDICE
1. LIMIAR 2
2. ESTATÍSTICA 7
3. PROGRAMA ARQUITECTÓNICO 11
4. PROGRAMA DIDÁCTICO 18
5. PROGRAMA DE ACCIÓN CULTURA 30
6. MUSEOLOXÍA SOCIAL 32
7. DIM. DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS 37
8. PROGRAMA EXPOSITIVO 38
9. CONGRESOS 58
10. PROGRAMA DE COLECCIÓNS 63
11. PUBLICACIÓNS, INTERACIÓNS, REDES SOCIAIS 67
12. PROGRAMA DE PERSOAL 69
Museo Pazo de Tor
2
1. LIMIAR
1.1 O MUSEO PAZO DE TOR
Museo Pazo de Tor da Rede Museísitca Provincial de
Lugo.
O actual Museo, froito da doazón efectuada por Mª Paz
Taboada de Andrés no 1998, forma parte da Rede
Museísitca Provincial de Lugo. A Rede, creada no ano
2006, sendo Encarna Lago González , Xerente da mesma é un ente
dependente da Deputación de Lugo; os 4 museos que integran a Rede (Museo
Provincial de Lugo, Museo Fortaleza San Paio de Narla, Museo Provincial do
Mar e Museo Pazo de Tor) comparten obxectivos e recursos de cara a un
servizo cultural, social e didáctico público e gratuíto.
O Pazo de Tor é unha fermosa mostra da arquitectura pacega galega.
Presenta unha colección musealizable que transmite a vida da fidalguía
galega. A visita ao Pazo de Tor non só permite coñecer de primeira man unha
das máis importantes mostras da arquitectura galega do século XVIII, senón
tamén coñecer gran parte das dependencias do mesmo, co seu mobiliario
orixinal e coas coleccións artísticas que a familia foi atesourando ao longo
dos séculos, coleccións que van dende a época castrexa ata a época actual;
en definitiva, un testemuño privilexiado do modo de vida da nobreza na
Galicia da Idade Moderna e Contemporánea. Isto confire ao interior e exterior
do Pazo de certa sensación de “maxia” que servíu ao Séptimo Arte para que
estes espazos servisen para relatar fabulosas historias a través do cine como
“Beatríz” , “El Rey del Río” ou recentemente “A Esmorga” de Ignacio Villar.
As salas do Museo Pazo de Tor tamén son espazos expositivos e de
intervencións artísticas de diversas de obras contemporáneas, sendo incluso
centro de convivencia e traballo de artistas de todas as disciplinas. A laboura
didáctica está presente ao longo de todo o ano. O Museo Pazo de Tor dispón
dunha aula didáctica que serve de taller de aprendizaxe tendo como soporte
material e documental o Pazo de Tor, estas actividades son complementadas
con diversos actos de efemérides, actuacións musicais, teatrais. É por elo que
Museo Pazo de Tor
3
o Museo Pazo de Tor segue a ofrecernos un sin fín de posibilidades para
aprender, imaxinar, compartir e disfrutar.
Actualmente o Museo Pazo de Tor é distinguido pola guía PREDIF. Os
museos da Rede Museística da deputación de Lugo (Museo Provincial de
Lugo, Museo Provincial do Mar e Museo Pazo de Tor) foron recoñecidos por
PREDIF (Plataforma Representativa Estatal de Personas con Discapacidad
Física) co distintivo de Turismo Accesible, distintivo otorgado a aqueles
establecementos turísticos que traballan para mellorar a accesibilidade das
súas instalacións e servizos.
Este distintivo ofrece información obxectiva sobre as condicións de
accesibilidade dos diferentes establecementos recoñecidos a persoas con
discapacidade, a persoas maiores e familias con nenos, etc., o que se traduce
nunha difusión na app de Turismo Accesible de PREDIF, TUR4all, no
Museo Pazo de Tor
4
Geoportal de Turismo Accesible e na capa Layar de realidade aumentada,
ademais de mellorar a imaxe destes museos como establecementos
socialmente responsables.
Con este distintivo, estes museos da Rede Museística suman un novo
recoñecemento ao seu constante labor de integración das persoas con
discapacidade, labor que constitúe un dos obxectivos nos que se basea a súa
xestión museística.
O Museo Pazo de Tor, está a ter unha moi boa acollida nas redes sociais e as
opinións no conxunto poden ser consideradas moi favorables. Na actualidade
o Museo Pazo de Tor figura como o 1º dos recursos a visitar na Comarca de
Lemos según o servizo web Tripadvisor e sendo tamén o museo que máis
opinións recolle.
Museo Pazo de Tor
5
Museo Pazo de Tor
6
Anexo. O Museo Pazo de Tor nas redes sociais: Facebook .
Referencias
Google. As
referencias
en google
son moi
positiva
acadando
unha media
de 4,8
sobre 5 con
máis de 200
opinións
positivas
posteadas
Museo Pazo de Tor
7
2. ESTADÍSTICA DE VISITAS.
Antes de abordar as cifras polo miudo compre sinalar certas particularidades
nas visitas ao Pazo que por unha banda son un aliciente pero en certo modo
consideramos que son un condicionante nas visitas. Debido a singularidade
exposistiva como museo, onde as coleccións están dispostas de xeito
fidedigno en tempos de Doña Mari Paz, todas as visitas son guiadas e
comentadas cunha duración que vai dende os 35 min aos 60 min. Están
organizadas en xornadas de catro quendas de martes a domingo durante
todo o ano festivos incluídos agás, Santa Rita 22 de maio; 24, 25, 31 de
Nadal; 1 de xaneiro e os festivos locais de Monforte de Lemos (2 días)
Os horarios de visita ao Pazo teñen comenzo ás 11:00h,12:30, 16:30h e
18:00h. Como novidade no 2018, estase a pedir reserva de visita, para ter
certa previsión a hora de repartir os grupos e así non facelos coincidir con
visitas individuais e comprometer a seguridade e tamén para preservar a
colección. Estas condicións implican ao visitante as seguintes condicións, non
poderán realizar visita libre e deberán realizar a visita nas quendas de visitas
en horario puntual para facer a visita completa deberá de dispoñer do tempo
necesario (mínimo 50 min) En canto aos grupos de máis de 15 persoas e
particularmente aos grupos de autocares, debido as condicións especiais do
Pazo, o acceso ao mesmo é limitado a grupos pequenos de arpox 15 persoas
que divididos (máximo de 2 grupos simultáneos) cun número máximo por
quenda de 25 persoas. Non hai un número mínimo para a visitas.
No ano 2017 realizáronse un total de 819 visitas guiadas.
Este ano aínda que as cifras mostran un incremento moderado, si se
aumentaron o número de visitas, xuño 89, maio 82,
Cada ano o Museo Pazo de Tor veu incrementando o número de visitas nos
sucesivos anos (...ano 2014 con 7601 vistias, ano 2015 con 9066 visitas, ano
2016 con 10592 visitas) a súa consolidación como recurso turístico de interés
e a un calendario de actividades estable, contribue o incremento global en
idade e procedencia con respecto aos anos anteriores sucesivamente. O
incremento de ata o de agora veuse dando de xeito sostido a pesar da
localización e do déficit de infraestrutura de servizo na zona (non hai cafetería,
Museo Pazo de Tor
8
restaurante, tenda… o Pazo de Tor está a 10 km de Monforte (4 km da crta.
Monforte-Chantada) por unha banda hai que velo de xeito natural, 11 anos de
apertura ao público e por outra banda creemos que debemos de mencionar
varios factores. O principal factor inicial por suposto é o indudable interés no
conxunto, non só polos seus fondos moi diversos e moitos deles de grande
valor patrimonial e artístico, senón tamén polo conxunto de continente e
contido que xunto coa familia que xeración tras xeración (3 séculos aprox)
seguiro facendo uso de xeito natural como residencia ata a doazo da última
propietaria e benefactora Dª Maria Paz Taboada De Andrés. As canles de
difusión deste interés son diversos. O “boca a boca” segue a ser unha canle
de promoción importante, o propio usuario é o promotor, facendo máis de
unha visita co motivo de achegar a familiares e amigos para dar a coñecer o
Pazo pero son cada vez máis relevantes tamén outros medios como a redes
socias e os establecementos dependentes do turismo como Casas Rurais,
Bare, Restaurantes.O Centro de Información Turística de Monforte de Lemos
cumpre o cometido de informar a que chegue de todos os recursos da
Comarca aínda que moitos dos visitantes que pasan polo Pazo veñen de xeito
directo xa que accede a información previa ben polo medio institucional ou de
prensa, como tamén de xeito cada vez máis habitual
polos servizos como Google ou TripAdvisor.
Seguidamente temos que facer especial mención un ano
máis a Paradores (Parador de Monforte de Lemos) por
achegar información aos clientes sobre os recursos da
zona e ao Balneario de Augas Santas de Pantón que
conta con animador e organizador de circuitos de visitas,
moitas veces en grupos para visitar os diferentes
recursos turísticos da Comarca de Lemos onde o Pazo
de Tor figura como elemento de grande interés.
Museo Pazo de Tor
9
2.1 DATOS ESTADÍSTICOS E GRÁFICAS COMPARATIVAS.
En resumidas contas, deuse un incremento de 2061 visitas chegando as
10545 visitas o que equivale a algo máis do 24%
Museo Pazo de Tor
10
Museo Pazo de Tor
11
3. PROGRAMA ARQUITECTÓNICO.
3.1 O Museo Pazo de Tor
conta con diversos
espazos para uso interno
e público; é un complexo
que no conxunto supera
os 5000 metros cadrados
de supeficie útil nun
espazo aproximado de 3
Ha (2,3 Ha aprox. con muro). Todos os espazos cubertos contan con
instalación de puntos de luz e toma eléctrica, con elevador para accesibilidade
en zona de uso público, sensores volumétricos para a iluminación das salas,
alarma, video vixilancia, alarma de incendios (só nos anexos) 5 estacións
deshumidificadores/humidificadores de 900w) e un radiador de 1500w
(escaso para o quecemento dunha sala de 16 metros cadrados) As zonas de
traballo dotadas con material informático son a biblioteca, o arquivo ( e
patrimonio inmaterial) e recepción que cumpre tamén as funcións de oficina
para traballos ofimáticos diversos; contando con equipamente que consisten
nun teléfono, PC sobremesa (ano 2016) con SAI, 2 portátiles (ano 2011 e
2013) e impresora laser multifunción (ano 2017)
A instalación eléctrica actual foi levada a cabo en 2 etapas, a primeira no ano
2002 e a segunda no 2010 (anexos) consta de 3 cadros eléctricos (térmicos e
limitadores) o principal adaptado a trifásica en orixe cunha potencia de
contrato de 3.2 Kw/h.
No ano 2018 leváronse unha serie de actuacións que describiremos en 3
apartados.
3.1.1a Apartado eléctrico. subsanación de obsolescencias e déficit de
potencia.
Logo dunha revisión exaustiva de toda a instalación eléctrica, levouse a cabo
unha adecuación de reparto de potencia melloras diversas e adaptación de
circuitería e cadros (térmicos e limitadores) as novas necesidades. Levouse a
Museo Pazo de Tor
12
cabo un incremento de potencia, de por si necesaria xa que era de tan só 3,2
kw/h a unha potencia superior as 10 kw/h.
3.1.1b Apartado eléctrico. Adecuación as necesidades de seguridade e
normativa para acollemento de público e espazos laborais. Instalación de
luces de emerxencia en todas as salas de acceso público e espazos
museilizados, reposición de luces de emerxencias antigas. Cumprindo dous
cometidos renovación de equipos pouco eficaces polos anos e mellora de
eficiencia enerxética.
3.1.2. Apartado de seguridade. A modo preventivo estas actuacións
contribullen na mellor da preservación das coleccións e acceso a información
máis precisa de actividades levadas a cabo no Pazo. As actuacións neste
senso contemplan a seguridade activa e pasiva.
3.1.2a Reposición e revisión de extintores de todo o complexo. Revisión
do cadro de alarma de incendios (arestora falta conectala a centralita) Esta
como sinalamos está só presente nos anexos instalación (ano 2012 aprox.)
3.1.2b Revisión de sistemas de alarma, activación en linia, revisión e
mellora da conexión a centralita. Revisión e reposición de sensores de
movemento nos espazos das coleccións.
3.1.2c Revisión e reposición de línia e routers para as cámaras (de
inicio dúas)
3.1.2b Instalación de 23 cámaras e os correspondentes equipos para
vixilancia de todos os accesos tanto interiores como exteriores, grabación
simultánea e acceso en vivo.
Museo Pazo de Tor
13
3.2.1 O Museo Pazo de Tor dispón de sala de caldeiras, esta de gasoil que
dá servizo a ala norte do Pazo (Tor Oculto) e Recepción. Recepción ten o
suministro cortado debido ao excesivo consumo xa que a conexión das canles
de suministro é moi superficial e cubren unha lonxitude de aproximadamente
case 70 metros (ida e retorno) e hai unha grande pérdida de enerxía. A sala
de caldeiras e a caldeira foron obradas no ano 2003/2004 posiblemente. As
actuacións levadas a cabo contemplan a adecuación a normativa actual
destes espazos e contrubuen a seguridade.
3.2.1a. Dotación de servizo de revisión e mantemento da caldeira e
instalción.
3.2.1b Adaptación do espazo a normativa vixente aillamento de teito,
cambio de intalación eléctrica e cambio de iluminación, tomas de corrente.
3.2.1c Revisión e limpeza de depósito de gasoil (ao parecer requería
de certa urxencia)
Museo Pazo de Tor
14
3.3.1 Recinto Rede Museísitca – Museo Pazo de Tor.
Comprende aproximadamente 2,7 Ha dividida en tres zonas Xardín de
Entrada. Museo Pazo de Tor, espazode acceso pola entrada pincipal. Frutais
coníferas e árbores de folla caduca como plataneros, tilos, olivo son
exemplares de interés debido a antigüedade das mesmas, hai cespede con
prantas diversas principalmente rosáceas e arbustos compostos
principalmente por buxos e abundan loureiros, maiormente o “real”. Existe
unha subzona que correspode ao cecais antigo patio de armas ou de honor,
patio interior onde está a fonte e ao redor predominan principalmente
rosáceas e un acerolo, tamén de grande interés porque se trata dun exemplar
de grandes dimensións para a súa especie. A zona da Horta ten o acceso por
un portalón lateral cun escudo dos Varelas no enrriba do dintel. O muro e o
portalón presenta claras deficiencias de estabilidade con risco de derrube,
actualmente está apuntalado. Da acceso a zona onde está situado o Xardín
Francés do Pazo, xardín do S XVIII feito en chantos de pizarra que consta de
catro estanques e un laberínto de 8 camiños. Hai presenza de frutais
principlamente, pereiras, mazairas e tamén de caducas como freixos, a
extensión é de aproximadamente de 1,7 Ha. O terceiro
espazo exterior comprende principalmente a zona de
aparcadoiro principal que ten entrada ao carón do
portalón de entrada principla e que continúa na parte de
atrás dos anexos ao carón do camiño que da acceso a
Museo Pazo de Tor
15
finca de Tor chegando a parte Norte do Pazo antiga zona de paso para carros
polo portalón Norte e Adega. As intervencións abranguen dous aspectos
principais.
3.3.2. Anexos e entrada principal do Pazo de Tor
Conforme ao compromiso de accesibilidade ao Pazo e aos
servizos que presta, remátase o chan de lousas que concecta
a pasarela de madeira que conduce aos lavabos. Procédese
tamén a mellora en apartado de seguridade na pasarela de
madeira dotándoa dunha baranda e ademáis de cinta
antideslizante.
Procedeuse ao encalado da fachada principal e limpeza da mesma. Os
anexos tiveron intervención principal nas fiestras e portas, cunha limpeza e un
tratamento penetrante para madeiras.
Museo Pazo de Tor
16
3.3.0 MANTEMENTO DE ZONA VERDE E XARDÍN
3.3.1 Mantemento de xardíns, tarefas como
a corta de cespede, poda de rosáceas,
árbores, desbroze de herbas, limpeza de
edras e trepadoras, e eliminación de
especies invasoras, se veñen levando a
cabo de xeito regular polo servizo de SUPLUSA.
3.3.2 Por parte da Área de Medio Ambiente da Deputación de Lugo, se ven
facendo un seguimento das diferentes árbores principalmente das especies
máis raras e frutais, e un control de pragas, como avespas e tamén de abellas
(problema recurrente xa que é moi habitual que as abellas enaméen o Pazo
principalmente polo tellado. Tamén se levaron a cabo tratamento e diferentes
árbores para evitar unha praga de orugas
3.3.3 No apartado arquitectónico concretamente de rehabilitación de muros
do Pazo, procedeuse a reconstruri as partes danadas ou derruidas do muro e
portalón Norte do Pazo, quedando por intervir o portalóncon signos evidentes
de deterioro pero de grande interes por certos elementos de seguridade como
as carabillas, pechadura con chave de grandes dimensións e outros
elementos ornamentais e funcionais de interese. A intervención consistiu
aparte da restauración e eliminación de maleza principalmente de edras, na
fixación interna con hormigon para o aseguramento das partes de muro
colindante con Cremate exterior e final do muro damesma tipoloxía orixinal
reaproveitando a pedra existente do muro con remates dos cumios tanto do
muro como do portalón, este parcialmente derrubado antes da intervención.
Mantemento habitual de rega, limpeza, poda etc,
Complementariamente realizáronse traballos desinsección de insectos e
fungos que estaban a afectar
principalmente aos buxos e a
árbores algunhas de interes
botánico na zona como o
acerolo.
Museo Pazo de Tor
17
3.3.4 Aparcadoiro do Museo Pazo de Tor
Situado ao carón da entrada dende fai uns 3 anos, estaba a ter certas
carencias sobre todo no inverno, ao ter un firme de terra que provocaba que
non poucos vehículos tivesen dificultade para maniobrar xa que a aderencia
era escasa polo bulleiro xerado. No verán procedeuse a dotar o aparcadoiro
dun firme asfáltico logo dun nivelado e eliminación de irregularidade,
habilitando de paso unha segunda entrada para os autocares, sendo
actualmente un lugar seguro en canto a maniobrabilidade e idóneo para
maniobrar con vehículos de grandes dimensións.
Museo Pazo de Tor
18
4. PROGRAMA DIDÁCTICO
4.1 PROGRAMA DE ACTIVIDADES PARA O CURSO
ESCOLAR 2017_2018
A Rede Museística Provincial, dependente da área de Cultura da Deputación
de Lugo, a través dos departamentos de didáctica dos catro museos que a
integran (Museo Provincial de Lugo, Museo Fortaleza San Paio de Narla,
Museo Provincial do Mar e Museo Pazo de Tor) puxo a disposición dos centros
escolares a súa nova programación para o curso escolar 2017 / 2018 coa idea
de fomentar o achegamento do alumnado ao patrimonio conservado nos
nosos museos.
A Rede Museística, coa nosa longa experiencia e o apoio de
numerosos docentes que participaron nestas actividades en
precedentes cursos, procuramos tender pontes de colaboración
entre diferentes espazos educativos, presentando actividades
lúdicas pero rigorosas con contidos que entroncan coas
programacións escolares.
»Historias ilustradas
Metodoloxía: Vivimos nun mundo absolutamente visual, no que as imaxes nos
contan historias que se viralizan e chegan a todos os rincóns do mundo e a
todo tipo de xente. Imos crear unha historia en grupo a través das imaxes que
Museo Pazo de Tor
19
cada alumno capte ó longo da nosa visita. Cada neno sacará unha foto co seu
teléfono ou coa súa cámara, dunha peza, dun personaxe, do que queira ou
máis lle chame a atención, e entre todos crearán unha historia común a partir
de todas as imaxes recollidas. O relato resultante formará parte da nosa
historia, mais tamén da vosa, porque despois cada unha desas historias se
irán subindo ao facebook e ás nosas redes sociais para que todos poidamos
acceder a elas e compartilas.
Nivel educativo: ESO
»O Museo como retrovisor histórico
Metodoloxía: As coleccións do museo permitirán ao alumnado interpretar os
vestixios do pasado e analizar a súa importancia no desenvolvemento da nosa
cultura .
Nivel educativo: 4ª, 5º e 6º de Educación Primaria e ESO.
»A luminaria en Tor
Metodoloxía: A sensación espacial dos interiores e exteriores do Pazo á
noitiña, non fai moito eran ben diferentes. O xeito de iluminar estes espazos
mudou ben: velas, candís, quinqués de gas, carburo, lámpadas de aceite …
proxectaban sombras e arumes que lle conferían unha sensación
espacial máxica e misteriosa. Estes obxectos, hoxe pezas de
museo, rememoran fórmulas prácticas e enxeñosas para a época, e tamén
nos falan da historia da humanidade.
Demos luz ao asunto repasando as diferentes fórmulas de iluminación, para
levarmos a práctica algunha delas
Nivel educativo: Primaria e ESO
»Tor como escenario de achegamento a heráldica
Metodoloxía: Códigos, normas, historias; a heráldica é hoxe por
hoxe un tema de interese e motivo de moitas consultas na rede.
Independente do motivo de consulta: xenealoxía,
representación dun apelido e a súa orixe; se investigamos un
pouco descubriremos que este sempre nos achega a
momentos históricos e tamén pode que a eventos de grande transcendencia
na historia. Xogaremos elaborando o noso propio brasón e de paso
indagaremos un pouco sobre nós
Museo Pazo de Tor
20
Nivel educativo: ESO.
»Sentido e sensibilidade, a viaxe dos sentidos polo Pazo de Tor
Metodoloxía: Mergullarémonos no pasado pescudando entre as pezas e as
estancias do pazo, tratando de captar os misterios e sensacións que envolven
o noso museo. Xogo de probas no que os sentidos xogan un papel esencial
para o coñecemento do museo desde dentro. O museo constituirá o noso
panel de xogo, cada estancia será unha casiña a percorrer na nosa viaxe,
iremos facendo paradas para desenvolver as diferentes probas do xogo: de
memoria, de sons, de
mímica, de coñecementos, de idiomas…
Nivel educativo: Primaria e ESO
»De safari polo Pazo
Metodoloxía: Percorrido buscando animais representados en
distintas obras expostas no Museo. Logo da busca, podemos
xogar a agrupar os animais localizados segundo sexan de pelo
ou de pluma, de terra ou de aire, mamíferos, etc. Remataremos
a actividade completando un álbum cos cromos
correspondentes aos animais avistados durante o safari.
Nivel educativo: Educación Infantil, 1º,2º, 3º de E. Primario.
»Crea o teu museo.
Metodoloxía: Fago o meu museo, facemos o noso museo, creamos una rede.
Os museos son relatores de historias. Desde a Rede Museística invitámosvos
a que creedes o voso propio museo a partir dun diálogo aberto coas nosas
coleccións e cos profesionais que traballan neste espazo. Se queres saber
como, pregúntanos!
Nivel educativo: Infantil e 3º, 4ª, 5º e 6º de Educación Primaria.
Museo Pazo de Tor
21
4.2 OBRADOIROS DE VERÁN
O programa ofertado foi o seguintes:
VERÁN 2018: Museo Pazo de Tor
Volve o verán e os catro museos da
Rede Museística da Deputación de Lugo
convídante a unha morea de actividades moi variadas, sempre divertidas
e refrescantes, pensadas para todas as idades, para aprender e gozar ao
mesmo tempo; todas ideadas para descubrir novos mundos e
expresións culturais, coñecemento e entretemento sempre da man
arredor da sabedoría que atesouran as coleccións custodiadas nos
museos da Rede. Coa imaxinación poderás viaxar polo mar da memoria
das xentes do mar, sentiraste habitante dun castelo medieval, señor ou
dona nun pazo señorial, abade ou abadesa nun antigo convento
relixioso. Se o prefires, tamén poderás gozar como detective,
arqueólogo ou arqueóloga, vivir aventuras en África... o que desexes;
pero non esquezas que o verán, ademais, é tempo de facer novas
amizades, de compartir, de crear e soñar! Proba!
OBRADOIROS
Aberto prazo de inscricións (ata completar prazas) no Departamento de
Didáctica do Museo Pazo de Tor.
Obradoiro: Máscaras africanas
Coñeceremos a ‘Colección Xoán Anllo. Arte Africana’ que se expón nunha
sala do MPLugo e inspirarémonos para facer a nosa propia máscara
africana.
Data: 3 de xullo
Prazas: 15
Idades: sen límite
Horario: de 11:00 a 14:00h.
Museo Pazo de Tor
22
Obradoiro: Memoria do pan. Cultura de masas
Imparten: Leonardo Casado e Encarna Lago
Data: 10 de xullo
Idades: Adultos
Horario: a partir das 11:00h.
Actividade patrocinada por Ibermuseos dentro do proxecto ‘Guerrilla de
palabras’.
Campamento de Arqueoloxía
Unha experiencia única! Participa nunha escavación arqueolóxica de
verdade dirixida polo arqueólogo Enrique Alcorta.
Data: 19 e 20 de xullo
Prazas: 15.
Idades: de 4 a 12 anos.
Horario: de 11:30 a 13:30h.
Obradoiro: Sábados no Museo Pazo de Tor
(Dentro do Programa MAPAS (IN)VISIBLES)
Unha experiencia en familia para achegarse ao Pazo de Tor con ollos de
artista e de comisarios. A través da arte e do xogo coñeceremos o Pazo
dende un punto de vista novo, sendo ás veces artista, ás veces persoal do
museo e incluso, ás veces, obra de arte!
Data: 15, 22 e 29 de setembro.
Prazas: 15
Idades: para familias
Horario: de 11:00 a 13:30h.
Obradoiro: O misterio do labirinto
O Pazo foi posuído polo espírito do labirinto e as súas portas pecháronse
misteriosamente deixándonos a todos pechadxs no seu interior. Soamente
colaborando en equipo poderemos atopar o xeito de saír. Onde estarán as
chaves…? Soamente superando probas en equipo poderán ir pasando duns
Museo Pazo de Tor
23
salóns a outros, ata xuntar todas as pezas para descifrar o acertixo final e
conseguir a chave da saída.
Data: venres, 3 de agosto
Prazas: 15
Idades: de 4 a 14 anos
Horario: de 11:30h a 13:30h
Obradoiro: Un día de labores nun pazo
A horta e o forno do pan. Coceremos o pan e faremos outros labores propios
dun Pazo.
Data: mércores, 8 de agosto
Prazas: 15
Idades: sen límite
Horario: de 11:00h a 13:30h
Obradoiro: Actividade do gravado (estampación)
Iniciarémonos no gravado, poñeremos a proba a nosa destreza técnica e
artística; será unha mañá para experimentar. Indagaremos máis polo miuda
nas coleccións de gravados que o Museo Pazo de Tor alberga, sendo
variadas as técnicas e con exemplos excepcionais.
Data: sábado, 28 de xullo
Prazas: 15
Idades: de 4 a 14 anos
Horario: de 11:30h a 13:30h
Obradoiro: Roteiro polos dominios de Tor
Será un percorrido polos anexos do Pazo e pola finca localizando elementos
estruturais agropecuarias do Pazo e localizaremos flora de interés
xeolocalizada. Haberá varios roteiros alternativos.
Data: 10 e 18 de agosto
Prazas: sen límite
Idades: sen límite
Horario: de 10:30h a 12:00h
Museo Pazo de Tor
24
4.3 OBRADOIROS DE NADAL (xaneiro 2017)
Os museos da Rede Museística da Deputación de Lugo convocaron un
programa de obradoiros e actividades para o pasado Nadal 2017. Cada
museo (Museo Provincial de Lugo, Museo Provincial do Mar, Museo Fortaleza
San Paio de Narla e Museo Pazo de Tor) desenvolven diferentes actividades
nas respectivas sedes, tendo en conta as peculiaridades das coleccións que
albergan e as demandas do seu público.Desde a Deputación de Lugo e a
través dos catro museos pretendemos promover un lecer activo, creativo e
participativo. Sobre todo nestas datas, nas que celebramos a renovación, a
chegada dun novo ano. Gozade das festas, da familia, dos amigos e do
descanso ... pero non esquezades achegarvos aos museos. Agardámoste!
O prazo de inscrición paras as actividades que o precisan mantense aberto
ata que se cubran as prazas ofertadas; debe formalizarse no Museo onde se
vaia realizar a actividade.
Como unha cantiga...
Na máis outa aldea
leda romaría.
Perdida no monte...
Anxos de cristal
a soñar na fonte.
O Neno durmía...
As bágoas da estrela
na frol máis noviña.
No colo da noite...
Os sapos anainan
ó Neno que dorme.
Como unha cantiga
perdida no monte,
Museo Pazo de Tor
25
o Neno durmía
no colo da noite.
[X. Díaz Jácome, ‘O Neno durmía’, Muíño fidel, 1983]
»Obradoiro: Os fondos do museo, fonte de inspiración no modelado.
Os percorridos polo Museo Pazo de Tor evocan sempre o mundo da arte nas
súas cores, formas e texturas. Será fonte de inspiración para nós na
elaboración de formas ou utensilios coas nosas propias mans.
Idades: de 6 a 14 anos (Club Pequeamig@s)
Horario: de 11:00 a 13:30 horas
Datas: 4 de xaneiro de 2018
Participantes: 15
O Programa de actividades para o Nadal 2018 de novo volve a ofertar uns
obradoiros de lecer con carácter didáctico, desenvolvendo diferentes
actividades nas respectivas sedes, tendo en conta as peculiaridades das
coleccións que albergan e as demandas do seu público. A Inscricións foi a
partir do 19 de decembro.
Museo Pazo de Tor
26
A luz do Nadal
Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Literatura Infantil e
Xuvenil, 2017. Letra de canción para o disco “Xa me tardan estes
Magos”, de Mamá Cabra, 2011.
Os nenos
camiñan
e xogan e
brincan
na rúa calada
que cobren de
risas.
E inventan
trouleiros
palabras de
neve
que borran as
penas
que a terra non
quere.
Cantigas e risas
veñen anunciar
que peta na
porta
a luz do Nadal.
Un Nadal que
amose
como vai a vida.
Un Nadal que
cure
Con paz as
feridas.
Un Nadal
que abrigue.
Un Nadal
Turrón!
Un Nadal
que acougue!
Un Nadal
Canción!
Museo Pazo de Tor
27
PROGRAMA OFERTADO
-Musavisitas pola Rede
Ás 11:00, 12:30, 16:30 e 18:00 horas (agás os luns).
>> Obradoiro: As árbores do solsticio
As árbores foron dende a noite dos tempos símbolos de fertilidade e de
rexenneración para múltiples culturas.
Os nosos ancestros vían nelas a representación dos seus e súas
deuses e deusas que nas datas do solsticio de inverno, poñíanlle fin ó
periodo de oscuridade e frío, dándolle paso ó de luz e fertilidade, e para
honralxs, moitos pobos, coma os celtas, decoraban as árbores con
froitas e candeas. Hai moitas e moi fermosas lendas que explican o
porque das árbores de Nadal, e nos trataremos de mergullarnos
nalgunhas delas ó tempo que facemos a nosa.
Data: 28 de decembro de 2018.
Horario: de 11:30 a 13:00 horas.
Prazas: 15.
>> Obradoiro: Camiños de estrelas
As constelacións son agrupacións de estrelas que debuxan
caprichosas formas nas que a maxín da humanidade de todas as
épocas e latitudes víu fantásticos seres ós que dotou de non menos
fantásticas historias.
Esas historias mitolóxicasde touros, osos, cazadores, leóns, xemelgos,
…, foron unha magnífica regla memotécnica para que os mariños, igual
que os navegantes do deserto,se ubicasen na oscuridade da noite
observando a iluminada cúpula celeste.
Coññecer as máis importantes constelacións para a navegación
marítima, e as máis brilantes estrelas de cada unha delas, será o noso
obxectivo.
Data: 3 de xaneiro de 2019.
Horario: de 11:30 a 13:00 horas.
Prazas: 15.
>> Obradoiro: A túa mirada conta
Museo Pazo de Tor
28
Percorremos o museo na procura dalgún obxecto ou personaxe que
nos chame a atención e inventamos unha pequena historia ao
respecto. Aprendemos a redactar e a ler en voz alta. Xogamos coa
nosa creatividade e a nosa capacidade de inventiva.
Data: 27 de decembro de 2018
Idades: Club Pequeamig@s
Horario: de 12:00 a 13:00h.
Participantes: 12
>> Obradoiro: Alén da palabra
Partindo das narracións recollidas en “Cousas” de Castelao,
lembramos os contos e as lendas da nosa infancia e mocidade: a
literatura oral. Falamos, reflexionamos e poñemos en común o que nos
suxire o texto, xogando coa imaxinación e a memoria.
Data: 27 de decembro de 2018
Idades: Club Sénior
Horario: de 17:00 a 18:00h.
Participantes: 12
>> Obradoiro: Somos iguais
Dinámica de grupo para fomentar a empatía e a igualdade.
Data: 4 de xaneiro de 2019.
Idades: Club Ei!
Horario: de 11:00 a 12:00h.
Participantes: 10
Museo Pazo de Tor
29
4.3. OBRADOIROS DO CLUB PEQUEAMIGXS,
SEMANA DOS MUSEOS 2018
Obradoiros de maio na Rede Museística (MPTor)
Os museos da Deputación de Lugo celebramos a Semana dos Museos
2018 (inclúe o Día das Letras Galegas, 17 de maio, o Día Internacional
dos Museos, 18 de maio, e a Noite dos Museos, 19 de maio) con, entre
outras moitas actividades que axiña se darán a coñecer, obradoiros para
todos os públicos. Adiantamos esta parte do programa previsto para
que as persoas interesadas formalicen a inscrición.
Museo Pazo de Tor
Obradoiro interxeracional dirixido a familias para traballar a perspectiva de
xénero a través da expresión plástica. Os obxectivos son promover a
igualdade de xénero, fomentar o empoderamento das mulleres e promover o
pensamento crítico a través do diálogo.
Museo Pazo de Tor
30
5. PROGRAMA DE ACCIÓN CULTURAL
5.1 DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
LINGUA DE PAZ.
Quen se puido achegar ao Pazo polo día das letras, puido desixar
constacia do amor pola lingua, plasmando nun cartaz coa silueta de Dª
María Paz, extraía dun retrato de Enrique Navarro.
O resultado deu nun traballo colectivo sorpredente.
Museo Pazo de Tor
31
5.2 O ENTROIDO.
Como é ben sabido o Entroido ten moito arraigo na comarca de Lemos, sendo
estas últimas décadas moi fructíferas na recuperación desta tradición anterga
e singular en cada lugar; grazas ao esforzo por manter unha tradición que é
parte da nosa cultura e é un lazo vivo interxeracional. Se na ribeira de
chantada están os volantes, na Pobra do Brollón o Oso, en Monforte, sempre
houbo moito esmero nos compadres e comadres, coma sempre... non queda
títere con cabeza como se di :-D
DE MUSEO A MUSEO: ROTEIROS DA REDE MUSEÍSTICA
» Roteiro do Museo Provincial do Mar ao Pazo de Tor
» Roteiro do Museo Provincial do Mar ao Museo Provincial de Lugo
» Roteiro do Museo Provincial do Mar ao Pazo de Tor
» Roteiro do Museo-Fortaleza San Paio de Narla ao Museo Provincial do Mar
» Roteiro do Museo Provincial do Mar ao Museo-Fortaleza San Paio de Narla
Museo Pazo de Tor
32
6. MUSEOLOXÍA SOCIAL
Programa de visitas, adaptadas para capacidades diferentes.
AFAMON. Entidade sen ánimo de lucro, realiza visitas anuais e
participipa en diferentes obradoiros. Especialmente co Álbum da
Memoria. Visita ao Pazo o pasado mes de xuño.
Tamén se mantén contacto con diferentes entidades de servizos
socias e especialmente con xeriatros para a oferta de talleres
adaptados e con carácter interxeracional.
6.1 Visita Asc. COGAMI
Museo Pazo de Tor
33
6.1 PROXECCIÓNS
Proxección de ‘Benvidas ao club’
O pasado martes, 13 de novembro levouse a cabo a proxección de “Benvidas
ao Club” documental dirixido por Carmen PG Granxeiro. No museo Pazo de
Tor sendo a entrada libre e gratuita ata completar aforo
SINOPSE
A finais de 2009 a aparentemente tranquila cidade de Lugo encabeza titulares
e abre telexornais. Algunhas palabras que antes soaban lonxanas resoan coa
forza do cotiá entre estradas e beirarrúas escuras baixo as luces intermitentes
dos neóns. O maior sumario contra a trata visto en España dáse a coñecer
aos medios logo dun ano de instrución baixo segredo de sumario. A operación
Carioca entra nos fogares e pasa a formar parte das nosas conversas pero,
somos conscientes do que realmente agocha?
Museo Pazo de Tor
34
Esta é unha viaxe ao inferno onde centos de mulleres son vítimas da
corrupción e da violencia, unha viaxe salpicada polas drogas e que ten lugar
a carón noso. Logo de 10 anos no subconsciente colectivo este xuízo está a
piques de chegar á recta final onde policías locais e nacionais, guardias
civiles, funcionarios, empresarios ou médicos conforman un entramado que
ocupa miles de folios no Xulgado de Instrución nº 1 de Lugo.
NOTA DA DIRECTORA
Nas primeiras semanas de maio, logo de ter sido convidada a participar nunha
asemblea da Plataforma Contra a Impunidade da Carioca, a idea de facer un
documental que se puidera ver antes de que esta macrocausa chegase á fin
no sistema xudicial, xa bulía na miña cabeza. Decembro de 2018 é a data que
se barallaba para este feito.
As primeiras pesquisas lévanme a entrever un caso no que, a pesares de
estar informada desde unha perspectiva xeral, se presenta inabarcable e, en
realidade, descoñecido. A presenza deste nos medios de comunicación ao
longo dos anos é ampla, nembargantes a idea que se ten del é máis ben
pobre, así me aconteceu a min. Por este motivo o primeiro obxectivo foi editar
unha peza que achegara unha visión global, o suficientemente estrita como
para transmitir a complexidade da operación xudicial e a importancia do seu
coñecemento a tódolos niveis sociais.
Este non é un traballo de investigación xornalística, máis ben é unha
compilación das informacións espalladas desde diversos medios e fontes
neste tempo. É un documental feito como parte do artivismo que da sentido á
miña obra e un recuncho desde o que invitar á reflexión.
Museo Pazo de Tor
35
FICHA TÉCNICA
Lugar de produción Lugo
Ano de produción 2018
Duración 30 min
Formato de grabación HD anamórfico 1080 (1,333)
Sonido Estéreo 16bits
Copia de exhibición DVD
Idioma español/galego (subt. español)
A AUTORA
Hai cinco anos que Carmen PG Granxeiro vive e traballa en Lugo, da súa
participación en movementos sociais nacen algúns dos seus traballos neste
tempo, como o documental De cara ao Miño. No audiovisual destaca tamén o
seu 1948-2016. Un final para empezar, seleccionado en varios festivais
nacionais e internacionais, ou Atenas.
Meeting point, que xira en torno ao movemento cidadán organizado en Atenas
con respecto á crise das persoas refuxiadas. Todos eles enmarcados dentro
do xénero documental.
Viña empregando outros soportes e traballando con artistas plásticos desde a
súa estadía en Berlín e comeza a participar de experiencias colectivas
artísticas na The Art House de Nova Orleáns. Deses outros formatos xurden
participacións en exposicións colectivas, como a Plastika17 na Sala
Apóstrophe de Vigo ou Fotogramas na Galería Etimoe de A Coruña.
Experimenta co deseño gráfico e a ilustración, expón obras fotográficas na
mostra individual Mentireira, na Galería Isköo de Lugo, onde tamén mestura
soportes como na anterior ocasión con Resilientes. Nesta última podíase ver
20.30 hrs, mellor curta fantástica no Humus Film Fest que se celebra en La
Casa Encendida de Madrid. Máis enmarcado na videocreación, o seu vídeo
Etiquétame é finalista ao Premio Nacional de Videoarte de Canal+.
Benvidas ao club é o seu último traballo audiovisual, comezouno a gravar en
Xuño deste ano e é presentado en outubro, ca participación da Plataforma
Contra a Impunidade do Carioca.
Museo Pazo de Tor
36
PRODUCIÓN
Este é un documental
producido sen cartos
independente
e feito por mulleres.
Seguindo a tradición do cine independente e das súas variadas correntes,
empregando as novas tecnoloxías como ferramentas para facer fronte ás
imposicións da industria audiovisual, facendo da falta de medios un signo de
distinción ético e estético, e empregando canles alternativos para a súa
distribución, este documental enmárcase baixo unha licenza Creative
Commons (Atribución-NoComercial-CompartirIgual)
www.carmenpggranxeiro.com
Facebook /carmenPGgranxeiro/
Diáspora @granxeiro
Instagram carmengranxeiro_arte
Twitter @CarmenGranxeiro
Museo Pazo de Tor
37
7. DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS
7.1 DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS – SEMANA DOS
MUSEOS
Os museos da Deputación de Lugo celebramos a Semana dos Museos
2018 (inclúe o Día das Letras Galegas, 17 de maio, o Día Internacional
dos Museos, 18 de maio, e a Noite dos Museos, 19 de maio) con, entre
outras moitas actividades que axiña se darán a coñecer, obradoiros para
todos os públicos
Museo Pazo de Tor
38
8. PROGRAMA EXPOSITIVO.
8.1 WILPF: Cen anos de feminismo pacifista
Esta instalación forma parte de EU... TI... ELAS... NOSOUTRAS,
NOSOUTRXS EN REDE, 12 proxectos que permaneceron nos catro
museos da Rede Museística e na sala de exposicións do Pazo de
San Marcos desde o 1 de febreiro ata o 1 de abril de 2018.
»Museo Pazo de Tor
Acto de inauguración: 8 de febreiro, 19:30 h.
WILPF
Liga Internacional de Mulleres pola Paz e a Liberdade
WILPH: Cen anos de feminismo pacifista
Mostra gráfica composta por 46 carteis (90 X 60 cm.) que percorren os
principais momentos e accións que a Liga Internacional de Mulleres
pola Paz e a Liberdade realizaron en todo o mundo ao longo dos seus
cen anos de historia. (+ info)
Museo Pazo de Tor
39
A finalidade desta exposición é dar a coñecer a historia de WILPF e
difundir o seu traballo a través dun arquivo fotográfico e un audiovisual
que nos permite ilustrar cronoloxicamente os acontecementos
destacados da nosa historia.
EU... TI... ELAS... NOSOUTRAS, NOSOUTRXS EN REDE
ARTE EN RESERVA (MULLERES NO ALMACÉN)
WILPF (Liga Internacional de Mulleres pola Paz e a
Liberdade): Cen anos de feminismo pacifista
Ubicación: Museo Pazo de Tor
Horario
De martes a domingo, visitas guiadas ás 11:00 h
12:30 h, 16:30 h e 18:00 h.
Luns pechado
O pazo permanecerá pechado os días:
1 de xaneiro (Aninovo), martes de Entroido,
22 de maio (Sta. Rita) e 24, 25 e 31 de decembro.
Entrada gratuíta
Mostra gráfica composta por 46 carteis (90 X 60 cm.) que
percorren os principais momentos e accións que a Liga
Internacional de Mulleres pola Paz e a Liberdade
realizaron en todo o mundo ao longo dos seus cen anos
de historia.
Museo Pazo de Tor
40
8.2 EXPOSICIÓN: De Ana Mª Gómez a Maruja Mallo,
no Museo Pazo de Tor
A Real Academia Galega de Belas Artes dedicou á artista Maruja Mallo
(Viveiro, 1902 – Madrid, 1995) o Día da Arte 2017. A Deputación de
Lugo sumouse ao recoñecemento e co obxectivo de dar a coñecer as 7
obras de Maruja Mallo que custodia o MPLugo promoveu esta mostra
que permaneceu en Viveiro, nos Xardíns de Noriega Varel, desde o 19 de
decembro de 2017 ata o 4 de febreiro de 2018 e que agora se pode
visitar nos xardíns do Museo Pazo de Tor.
EXPOSICIÓN: De Ana Mª Gómez a Maruja Mallo
A exposición componse de catro estruturas en forma de cubo sobre as que se
reproducen fotografías das obras (4 óleos sobre lenzo sen título, “Arquitectura
mineral” (1930), “Guía postal de Lugo” (1929) e “Agol»” (1969).
Maruja Mallo no MPLugo
As obras de Maruja Mallo repártense entre dúas salas no Museo Provincial
de Lugo. Na sala número 13, situada na planta primeira do edificio, na sección
da Arte Galega, adicada ás vangardas artísticas, ademais dos cadros
realizados durante a etapa da súa formación académica pódense ver outros
dous executados en momentos diferentes dentro da súa traxectoria artística.
Museo Pazo de Tor
41
Na sala 24, dedicada a debuxo e gravado galegos, móstrase un pequeno
retrato a lapis entregado pola artista á Deputación tamén en compensación
da súa beca.
Maruja Mallo: pensionada da Deputación de Lugo
O 26 de xuño de 1926, a Deputación de Lugo lle
concede unha pensión por un ano para continuar
os estudos que iniciara en 1922 na Escola de San
Fernando de Madrid, que posteriormente
amplíase por dous anos máis.
Durante estes tres anos, Maruja Mallo entrega á
Deputación de Lugo cinco obras da súa autoría en
compensación pola axuda recibida e para mostrar
os adiantos nos seus estudos de pintura. Estas
obras forman parte da colección de obras dos
pensionados desta institución e actualmente
pódense ver nas salas 13 e 24 do Museo
Provincial de Lugo.
Os traballos que Maruja Mallo entrega á
Deputación de Lugo son:
Un retrato a carbonciño dunha muller de busto
datado en 1927, outros dous retratos de muller,
óleos sobre lenzo, un estudo do natural e “Guía
postal de Lugo”, datado en 1929.
Itinerencia
-Xardíns de Noriega Varela (Viveiro). Xunto ao Conservatorio de Música (do
19 de decembro ao 4 de febreiro de 2018).
-Xardíns do Museo Pazo de Tor
Maruja Mallo foi unha
artista revolucionaria,
vangardista,
transgresora e
adiantada ao seu
tempo. Pintora,
debuxante,
ceramista,
escenógrafa e
escritora. A súa
carreira
caracterizouse por un
continuo proceso de
experimentación,
acadando o éxito en
todas as etapas da
súa traxectoria
artística.
Museo Pazo de Tor
42
8.3 Inauguración de EU… TI… ELAS… NOSOUTRAS,
NOSOUTRXS EN REDE no Museo Pazo de Tor
O xoves, 8 de febreiro, ás 19:30 horas, tivo
lugar no Pazo Museo de Tor a inauguración
de EU… TI… ELAS… NOSOUTRAS,
NOSOUTRXS EN REDE, exposición que
está formada por 12 proxectos, expostos na
Sala da Deputación e nos 4 museos da Rede
Museística da Deputación de Lugo. Neste
acto participaron Pilar García Porto,
deputada de Cultura, Patrimonio Histórico
Artístico, Artesanía e Deseño e Educación,
José Tomé Roca, alcalde do Concello de
Monforte de Lemos e Encarna Lago, xerente
da Rede e comisaria da exposición.
Os museos da Rede Museística da
Deputación de Lugo reclaman atención para
con esta ducia de proxectos, dispares na
forma, unívocos no fondo, solidarios coa
desigualdade. Voces, xestos, memorias e
imaxes que pretender provocar reflexións e chamadas de atención sobre o
No Museo Pazo de Tor
este museo poden
verse os seguintes
proxectos:
WILPH: Cen anos de
feminismo pacifista
Mostra gráfica
composta por 46 carteis
(90 X 60 cm.) que
percorren os principais
momentos e accións
que a Liga Internacional
de Mulleres pola Paz e
a Liberdade realizaron
en todo o mundo ao
longo dos seus cen
nos de historia.
Museo Pazo de Tor
43
EU subordinado. Ollo! Un EU que podes ser TI, ELAS, NOSOUTRAS,
NÓS+OUTRXS.
ARTE EN RESERVA (MULLERES NO ALMACÉN)
Obra de mulleres artistas, “en reserva” no almacén do MPLugo, mostra que
se irá renovando ao longo deste ano con diferentes artistas.
Ás veces pode aparentar ser e non ser
máis ca un dato estatístico nunha listaxe.
Por exemplo, o número de mulleres
artistas que teñen obra nun museo como
o MPLugo pode ser considerable pero
non o é tanto se esa obra está agachada,
como é este o caso, nun almacén.
8.4 Exposición de Incisións. Rede Museísitca
Provincial de Lugo.
O Museo Pazo de Tor acolle parcialmente a exposición que ten orixe no
Museo Provincial de Lugo, exíbense varias láminas de artistas participantes
na exposición inicial.
Museo Pazo de Tor
44
8.5 A exposición ‘De Picasso a Kapoor. Obra gráfica e
Múltiple Contemporáneos’ no Museo Pazo de Tor
Museo Pazo deTor (do 24 de abril ao 20 de xuño de 2018).
Obra de Pablo Ruiz Picasso, Salvador Dalí, Rafael Canogar, Antoni Tápies,
Eduardo Chillida, Miquel Berrocal, Miquel Barceló, Jaume Plensa, José
Guerrero e José María Sicilia.
Algunhas das obras desta gran exposición están repartidas polos
museos da Rede Museística. Ademais, e para poder coñecer a mostra no
seu conxunto, proxectarase un vídeo.
No Museo Pazo de Tor (do 24 de abril ao 20 de xuño de 2018) pódense ver
obras de Pablo Ruiz Picasso, Salvador Dalí, Rafael Canogar, Antoni Tápies,
Eduardo Chillida, Miquel Berrocal, Miquel Barceló, Jaume Plensa, José
Guerrero e José María Sicilia.
Museo Pazo de Tor
45
Quen se achegue a este museo poderá gozar tamén da mostra ‘Incisións’.
Consta de pranchas e gravados (fotogravados, augafortes, augatinta, punta
seca…) da autoría de Mónica Alonso, Francisco Amat, Boente, Quique
Bordell, Alejandro Carro, Santiago Catalán, Espiral, García-Gesto, Roberto
González, Guerreiro, Honorio, Sara Lamas, Lomarti, Macía, Otero-Yglesias,
Elena Pendás, Juan Miguel Prada, Xermán Refojo, Isabel Somoza, Bernardo
Tejeda, Vázquez Cereijo, Vieiro e Ignacio López.
Tamén se expoñen algún gravados procedentes do MPLugo da autoría de
Castelao e J. Prieto-Nespereira.
Improntas
Anunciáse así mesmo a próxima posta en marcha do proxecto ‘Improntas’ que
contará con exposicións e obradoiros para todas as idades co obxectivo de
Museo Pazo de Tor
46
divulgar o coñecemento das técnicas e a obra gráfica gravada e impresa dos
fondos dos museos da Rede Museística. Estas actividades realizaranse nos
4 museos da Rede.
María Xosé Domínguez: Pegadas dun compromiso, agora no Museo
Pazo de Tor
8.6 Esta instalación, que formou parte de EU... TI...
ELAS... NOSOUTRAS, NOSOUTRXS EN REDE, 12
proxectos que se expuxeron nos catro museos da Rede Museística e na
sala de exposicións do Pazo de San Marcos desde o 1 de febreiro ata o
1 de abril de 2018, chega agora ao Pazo de Tor. Inauguración: venres, 18
de maio (Día Internacional dos Museos) ás 12:00h.
A obra de María Xosé Domínguez ‘Pegadas dun compromiso, 2018’, que
amosa fotografías pertencentes ao arquivo familiar da artista, agáchase
unha crítica social, que cuestiona o que realmente implica o casamento,
abordado desde unha perspectiva feminista, que nos convida a
cuestionarnos quen somos. Para esta mostra no pazo de Tor incorporase a
fotografía da última dona do Pazo, dona María de la Paz Taboada de Andrés
e Zúñiga.
Museo Pazo de Tor
47
«O que Busco con “Pegadas dun compromiso” é unha crítica, cuestionar
o que implica o casamento, abordando o tema desde un punto de vista
feminista. Unha crítica que traslado á peza a través das imaxes e dos
textos que se proxectan no chan, que convidan o espectador e ao min
mesma a preguntarnos Quen somos? As mulleres que aparecen nas
fotografías pertencen á miña propia familia, unhas estampas que forman
parte do arquivo familiar nas que se representan mulleres que viviron
diferentes realidades e cuxas imaxes nos expoñen a súa propia
realidade individual e intransferible no momento do casamento».
María Xosé Domínguez
Museo Pazo de Tor
48
8.7 Exposición: Roberto González Fernández. Control
(Relixión)
Con este cento de retratos de Roberto González Fernández, a maioría de
homes, repartidos polos catro museos da Rede Museística o artista
transcende o valor estético da obra de arte e proponnos reflexionar
sobre a imaxe como comunicación, como símbolo que representa as
formas históricas de relación social, especialmente as de control desde
as diferentes formas de poder. A letra W coa que cada persoa retratada
trata de protexerse representa o control que agora mesmo se exerce
sobre os individuos desde as redes sociais.
Na reflexión tamén dialogan os continentes, a carga histórica dos edificios dos
museos co seu significado e tamén outras formas de creación como a
poesía. No MPLugo o tema a repensar é a influencia (medos herdados /
pegadas de ferro) dos gobernantes sobre a Historia. Na Torre de Xiá (Museo
Fortaleza San Paio de Narla) resoan como “pedra dura” as pegadas do Poder
sempre vixía. No edificio do Museo do Mar, antiga escola, medítase sobre a
Educación (as orlas uniforman) e no Museo Pazo de Tor sobre a influencia
abafante dos vellos credos. RGF xunto con María José Fernández, Marica
Campo, Olalla Cociña e Olga Novo reflexionan, en resume, sobre o noso devir
de seres vixiados, absolutamente controlados.
Museo Pazo de Tor
49
O valor simbólico da imaxe, como representación do individuo e da sociedade,
foi unha constante na
historia da arte desde
as súas orixes máis
remotas. Dunha ou
doutra forma, as
institucións foron
ocupándose de
utilizalas para
comunicar unha
mensaxe para
establecer xerarquías
pero, tamén, para
exercer algún tipo de control.
Desde a Prehistoria, o ser humano sentiu a imperiosa necesidade, non só de
representar, a través da pintura ou a escultura, o mundo que o rodeaba,
senón de utilizar esa capacidade como un singular medio de comunicación.
Desde a cultura mesopotámica e exipcia ata os nosos días, poderían
encontrarse infinidade de exemplos onde un home, poucas veces unha muller,
se dirixe ao espectador, xa sexa para revelarlle un secreto, comunicarlle un
sentimento, darlle unha orde ou advertilo dun perigo. Aí están os Pantocrator
das igrexas bizantinas que imprimían temor e obediencia, as representacións,
case sempre idealizadas, de reis e gobernantes, pero, tamén, eses retratos
funerarios de El Fayum que servían como carta de presentación,
intermediarios entre os defuntos e os deuses ou eses retratos tan enigmáticos
e cargados de simbolismo de Holbein el Joven. Esa tradición permaneceu, de
forma ininterrompida, ata os séculos XIX e XX, cando os avances
tecnolóxicos e outras novas formas de representación permitiron distintos
tipos de comunicación e relevaron a un segundo plano ese vínculo máxico,
esa ilusión que só ofrecía a pintura figurativa.
Xa no S. XXI, RGF (Roberto González Fernández) quere renderlle unha
homenaxe a esa antiga tradición coa súa serie W-DV. A través dun centenar
de retratos pintados, seguindo estritos canons realistas -aínda que rompendo
EXPOSICIÓN: Roberto González Fernández.
Control (Historia) (do 7 de xuño ao 30 de
setembro de 2018)
(do 7 de xuño ao 30 de setembro de
2018)
_____Horario de visitas MPTor
De martes a domingo, visitas guiadas ás
11:00h, 12:30 h, 16:30h e 18:00h.
Luns pechado
Entrada gratuíta
Museo Pazo de Tor
50
algunhas regras tradicionais do xénero do retrato-, volve a establecer unha
comunicación directa entre os personaxes representados e o espectador,
como o fixera o mesmo Holbein. Todos eles (homes na súa maioría) aparecen
tapando o rostro coas súas mans, formando un W que cada un debuxa de
forma persoal. A mensaxe que tratan de transmitir é a mesma, pero cada un
o fai á súa maneira. Se por un lado enfatizan o papel preponderante das redes
electrónicas -a omnipresente WWW -, por outro nos recordan o control que
exercemos sobre os demais e, ao que ao mesmo tempo, estamos sometidos
de forma permanente.
Por outra parte, como ocorría nas igrexas, os palacios ou as tumbas, RGF
desexa volver a establecer unha relación especial entre a obra e o espazo no
que se encontra. Neste caso, os seus personaxes se converten en
privilexiados interlocutores de distintas formas de control. Así, na capela do
Pazo de Tor fan que reflexionemos sobre a relación, case hipnótica, que a
relixión exerceu, ao longo dos séculos, colándose entre os obxectos relixiosos
que poboan as súas paredes; no Museo do Mar recórdannos, a modo de
orlas de profesores e alumnos, que ese lugar foi construído como unha escola
e como a educación moldeou o noso destino; no castelo de Narla
enfróntannos ao noso sometemento ante o Poder, transformados en
inusitadas cámaras de vixilancia – en grupos de tres www- e, para terminar,
no Museo Provincial onde, a través de sutís interferencias, nos mergulla no
indefectible peso da historia que pensadores e gobernantes manipulan ao seu
antollo.
Javier Mazorra
Museo Pazo de Tor
51
***
MEMORIA PARA LÚA LIBERTARIA
Para a miña filla Lúa,
que medra coa memoria do ben para ser libre.
As Olgas
Miña mai e mais eu levamos un nome ruso, coma unha matrioshka de múltiples estratos da memoria,
que se apertan no círculo e se protexen no amor concéntrico. O meu avó materno deixou a porta aberta
do seu batán no monte para os fuxidos, polo que as irmás do cura de Saá o ameazaron de morte.
Aquela morte paseada no carreiro, na parede da aira, onda a estrada mesmo. Alí onde o tempo se
detén: o meu avó Xosé era reloxeiro, enxeñeiro popular, arranxaba portas e caldeiros con remaches
de latón sublime. Era, ante todo, unha boa persoa. E quizais por iso perigoso para o poder.
Cando estaba a morrer, no leito, tras unha vida humilde entre arandelas e parafusos fermosísimos,
botou serenamente da casa o cura que lle viña dar a extrema unción. Extrema bondade. Extrema
intelixencia. Extrema dignidade.
Meu avó escolleu para a súa filla e para min non o nome dunha santa senón o dunha planta que
cura as mancadelas dos oleiros, o nome dunha terra especialmente fértil, pero sobre todo, un nome
do leste coma a brisa do comunismo soñado e ideal. Levo o meu nome coma quen leva unha flor moi
vermella no pelo.
O altar que é unha fosa común
Eu lin na misa desde os sete anos ata os dezaseis as terribles lecturas do Antigo Testamento e as
non menos amargas cartas de Paulo ao Corintios, ordenando que as mulleres obedezan aos seus
maridos. Aquilo nunca me gustou, e menos aínda pronunciar aquela palabra dun deus que só falaba
en castelán. Ía erguidiña cara ao altar coa sinxela roupa de domingo dunha meniña de aldea, pero
con dicción perfecta e un aquel dramático que lle encantaba ás vellas da parroquia.
Eu non sabía que poñía os meus pequenos pés sobre dous pobres homes asasinados en 1937 nos
arredores de Castroncelos, e que foran sepultados e tapados con pólas de carballo e carrascos alí
mesmo, onde eu cada domingo, pronunciaba o nome do amor, o nome da paz, e o da suprema
sabedoría. Alí seguen, os defuntiños de Montefurado que endexamais regresaron ao seu lugar e a
quen os amaba.
O crucifixo na escola
Museo Pazo de Tor
52
Cada mañá rezabamos o padrenuestro naquel grupo escolar na democracia, que aínda cheiraba a
santos óleos, aos coros da Sección Feminina e cantabamos el 13 de mayo, e flores a María. Un
Cristo presidía as clases de matemáticas, as de ciencias naturais, as de galego... O mestre de
sociais tiña unha vara longa e un rostro moi serio que nos amedrentaba. Algunhas mestras
pegábanlles aos meniños, case sempre aos das últimas filas, cheos de sono e de remendos na roupa.
Tirábanlle das trenzas a aquela compañeira pobre que soñaba sobre o pupitre con, eu que sei... ter
unha casa quente, que non haxa goteiras, un plátano á merenda, ou chocolate. Pero o que máis
importaba era aprender a regra de tres, saber o Credo vello, a Ave, os ríos golfos cabos e reis de
España desde Recesvinto polo menos, cousas imprescindibles na nosa vida, que viamos na casa como
levita o pan co lévedo, como son as follas lobuladas do carballo e que a curva é a verdadeira liña
da vida, que aprendemos a munguir, a sementar, a apañar patacas, a pedir colo, leite, pan. A
aprender a vivir sen a escola do crucifixo.
NIN DEUS NIN AMO
Cando se Ama.
Olga Novo.
Roberto González Fernández
Nace en Monforte de Lemos (Lugo) en 1948. Entre 1969 e 1974 estuda na Escola de BB. AA. de
San Fernando de Madrid. Trasládase a Edimburgo en 1977 e desde 1982 alterna a súa
residencia e traballo entre esta cidade e Madrid. En 1984 é bolseiro por “The New York
Foundation for the Arts”. Artista multidisciplinar interesado pola pintura como medio para
expresar ideas e sentimentos, o seu estilo podería definirse como unha mestura entre
formulacións conceptuais e realistas. Desde os seus comezos móstrase interesado pola figura
humana, sempre constante ao longo da súa traxectoria e o modo de reflectir pictoricamente a
vida interior dos seus personaxes. A preocupación de RGF polo espazo e polo tempo faise
evidente tanto no estilo narrativo da súa obra como na organización seriada do seu traballo,
cada nova invención procrea universos temporais e espaciais propios..
Museo Pazo de Tor
53
8.8 EXPOSICIÓN: Estuches de Paradojas (Estoxos de
Paradoxos). Banda de Arte Contemporánea
Prestixiosos artistas interveñen o interior de estoxos de instrumentos
musicais escamoteando no seu interior sorprendentes obras de arte
contemporánea. As obras despréganse no Pazo de Tor sorprendendo ao
espectador no seu percorrido polas súas estancias. Tres premios
nacionais de Artes Plásticas, dous premios Velázquez de Artes
Plásticas, unha Medalla de Ouro ao mérito en Belas Artes, dúas
premiadas pola Asociación de Mulleres nas Artes Visuais… entre outros
moitos recoñecementos suman os artistas que conforman a Banda de
Arte Contemporánea. A mostra contará con actividades paralelas
educativas na que se exporá situacións creativas similares a partir da
entrega de estoxos de lapis a distintos colectivos sociais.
EXPOSICIÓN: Estuches de Paradojas (Estoxos de Paradoxos). Banda de
Arte Contemporánea
Lugar: Museo Pazo de Tor (Monforte de Lemos)
(do 26 de xuño ao 29 de setembro de 2018)
Museo Pazo de Tor
54
_____Horario de visitas MPTor
De martes a domingo, visitas guiadas ás 11:00 h
12:30 h, 16:30 h e 18:00 h.
Luns pechado. Entrada gratuítInauguración: 26 de xuño, 20:00h.
Organiza: Rede Museística da Deputación de Lugo
Comisario: Isidro López-Aparicio
Coordinación: Encarna Lago
Artistas participantes: Esther Ferrer, Isidoro Valcárcel, Concha Jerez, José
Iges, Juan Luís Moraza, Bene Bergado, Isidro López-Aparicio.
Este proxecto usurpa o lugar que deberían ter os instrumentos de música
dentro do estoxo por unha intervención artística. O comisario da mostra Isidro
López-Aparicio, entregou os estoxos a unha selección de artistas expóndolles
o reto de intervir no seu interior pero respectando totalmente a súa aparencia,
de forma que os artistas puidesen viaxar con eles e para que todos xuntos
aparentasen unha Banda de música pero que ao abrilos comezasen a
aparecer propostas de arte contemporánea que se interpretan con partituras
de forma que montaxe obras que ninguén podería esperar.
Museo Pazo de Tor
55
O contedor é ocupado por un novo contido converténdose nun paradoxo e
nunha oportunidade para que a creatividade sorpréndanos. Os estoxos que
foron desaloxados convértense agora nos cómplices dunha nova travesía.
A falta de apoio e o despoboamento rural ha levado a que moitas bandas
locais desaparezan. Os instrumentos pasan a ser elementos decorativos nas
paredes e os estoxos desposuídos do seu uso van ao lixo senón atopan unha
nova vida. E é este reto que, con ousadía e desvergoña, asumiron os artistas
como un estimulo creador. Partiamos dun conflito, un estoxo dun instrumento
musical que perdeu a súa función, xa non ten o obxecto que lle dá razón, pero
a súa orfandade foi retomada polos artistas resucitándoos e facendo que
volvan viaxar a partir de pasar a conter propostas artísticas dunha mostra que
viaxa.
Todas as obras van dentro do estoxo sen alterarse a aparencia do estoxo, e
todas as obras levan unha “partitura” na que están as indicacións para a
montaxe.
A mostra cun carácter claramente itinerante decidiu entre numerosas opcións
que fose en Lugo no Pazo de Tor onde por primeira vez mostrarse. Tanto pola
profesionalidade demostrada pola Rede Museística de Lugo na xestión de
proxectos de gran calidade como polas características extraordinarias que
achegaba o Pazo de Tor para mostrar as obras dunha forma sorprendente e
innovadora.
Artistas participantes: Banda de Arte Contemporánea
-
Este é o septeto co que comeza a Banda, pero a idea é que se amplíe e que
como calquera Banda poida estar aberta a posibles colaboracións e a que se
somen artistas convidados segundo os contextos.
Entre estes sete artistas hai tres premios nacionais de Artes Plásticas, unha
Medalla de Ouro ao mérito en Belas Artes, dous Premios Velázquez de Artes
Plásticas, dúas premiadas pola Asociación de Mulleres nas Artes Visuais, hai
un enxeñeiro industrial, unha experta en Ciencia Políticas, un master en
Museo Pazo de Tor
56
Xestión Ambiental pola U.E., tres doutores en Belas Artes, un en Ciencias da
Información, un compositor, unha pianista polo Real Conservatorio de Música
de Madrid, etc.
É difícil atopar un museo nacional no que non
expuxesen: Museo Centro de Arte
Contemporánea Raíña Sofia ( MNCARS)
Madrid, Museo d’ Art Contemporani de
Barcelona ( MACBA), Museo-Centro Vasco de
Arte Contemporánea, Vitoria- GAsteiz (
ARTIUM), Domus Artium 2002 de Salamanca
(DÁ2), Museo de Arte Contemporánea de
Castela e León (MUSAC), Centro Andaluz de
Arte Moderna, Sevilla ( CAAC), Centro Galego
de Arte Contemporánea (CGAC)… E en
espazos internacionais como a Fundación
JUMEX ( Mexico), Darat ao Funum (Aman),
Tate ( London), Festival FASE (Berlín), Alte
Schmiede (Viena), Frieze Art Fair (Londres),
ZonaMACO (Mé xico D. F), CIGE ( Beijing), SHcontemporary (@Shangai), Art
Basel Miami Beach (Miami), Art Chicago (Chicago), ARTISSIMA ( Turí n), Art
Forum( Berlí n), ART BRUSSELS (Bruxelas), The Gramercy International
Contemporary Art Fair ( New York, Os Angeles e Miami) , Bienal de São Paulo,
Bienal de Venecia.
Suman infinidade de conferencias, seminarios, libros artigos… en resumo
constitúen unha poderosa banda heteroxénea e complementaria repleta de
rexistros de forma que coordinados por Isidro López-Aparicio conforman a
Banda de Arte contemporánea BAC, aberta á incorporación de novos artistas,
conforme á xira expositiva discorra.
- Isidoro Valcárcel
Medina
-Concha Jeréz
-José Iges
-Bene Bergado
-Juan Luís Moraza
-Isidro López-Aparicio
-Esther Ferrer
Museo Pazo de Tor
57
8.9 EXPOSCIÓN Luces de alén mar. As escolas de
americanos en Galicia
O Consello da da Cultura Galega, coa colaboración e axuda da Secretaría
Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, leva a cabo iniciativas de
investigación e recuperación sobre a emigración en América. Esta parcería
fixo posible, entre outros proxectos, a catalogación das construcións escolares
financiadas polos emigrantes nas catro provincias galegas e, tamén, a
exposición que agora presentamos.
Luces de Alén Mar. As escolas de americanos en Galicia véna subliñar, dunha
parte, a dimensión da efeméride do centenario fundacional das Sociedades
Galegas de Instrución radicadas en América e, doutra, as súas realizacións
académicas nas localidades de procedencia dos emigrantes.
Museo Pazo de Tor
58
9. CONGRESOS.
15/03/2018
O 15 de marzo de 2018 foi presentado na sala Multiusos o V Congreso
Xéneros, Museos, Arte e Educación, unha nova edición deste encontro
anual organizado pola Rede Museística. Durante as tres xornadas que
durarán, 15, 16 e 17 de marzo, relatores e asistentes (limitado a 50)
percorrerán os catro museos da Rede: Museo Provincial de Lugo, Museo
Provincial do Mar, Pazo de Tor e Museo Fortaleza San Paio de Narla.
V Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación
A Diputación de Lugo, a través da súa Rede Museística (Museo
Provincial de Lugo, Museo Provincial do Mar, Pazo de Tor e Museo
Fortaleza San Paio de Narla) organiza, para os días 15, 16 e 17 de marzo
de 2018, o V Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación.
Esta edición, en correspondencia cos anos anteriores, forma parte do
Plan de museos, xéneros, arte, educación e igualdade co que se
compromete, como institución pública, a promover políticas de
igualdade e ofrecer espazos de diálogo e cohesión social. Como museos
de comunidade somos responsables de reflectir a diversidad da
Museo Pazo de Tor
59
sociedade e ofrecer ferramentas para o seu desenvolvemento a través
da arte e a didáctica. Esta responsabilidade ponse en práctica, no labor
mediadora dos museos, mediante unha metodoloxía incluyente e
normalizadora, que elude a segregación de actividades por sexo, grupo
social ou cultural. Tamén nesta ocasión o Congreso incorpora o
proxecto seleccionado por Ibermuseos na convocatoria Conversacións:
Guerrilla de Palabras. Oficio palabrero/palabrera. O interese suscitado
nos encontros anteriores sitúanos no deber de seguir evolucionando e
ofrecer experiencias e reflexións coas que ampliemos a nosa
perspectiva sobre a relación transformadora da cuestión dos xéneros,
da creación artística e da educación.
Os contidos deste congreso son produto da reflexión e da autocrítica.
Unha perspectiva de diversidad dos xéneros non é unha cuestión
únicamente de mulleres, o cal continuaría mantendo os mesmos
arquetipos de división. Estas xornadas reflexionan sobre como os
museos mostran e favorecen a presenza e a atención sobre a pluralidade
de xéneros e os seus papeis na historia e na sociedade a través dos seus
discursos museográficos, coleccións e actividades. Con este obxectivo,
o noso programa invita a lxs congresistas a asistir á clase perigosa, un
encontro que reúne as teorías de xénero, o activismo feminista, a ciencia
xurídica, a ciencia social, a biopolítica, as novas tecnoloxías, a arte e a
práctica institucional. Outras sesións converten os museos da Rede en
plataformas de exposición para colectivos e activistas da defensa dos
dereitos sobre a identidade sexual, social, artística ou cultural; en
espazos de difusión de prácticas artísticas feministas internacionais; en
presentación de experiencias de participación e igualdade en museos; e
en mesas sobre a creación artística en relación á violencia de xénero. En
definitiva, unhas xornadas para seguir crecendo, compartir posturas sen
postureos, e participar no debate con profesionais, investigadorxs,
críticxs, artistas e activistas.
Museo Pazo de Tor
60
COORDINACIÓN XERAL. Encarna Lago González
No acto de inauguración
participaron, a Deputada da
Área de Cultura Pilar García
Porto, deputada responsable
da área de Promoción
Económica e Social, Sonsoles
López Izquierdo, a directora
do MPLugo, Aurelia Balseiro,
e a xerente da Rede Museística, Encarna Lago.
As xornada no Museo Pazo de Tor iniciou co seguinte plan de traballo. Cos
seguintes ponentes.
>> 15.30 Salida del autocar para el Museo Pazo de Tor (Monforte de
Lemos).
>> 16.30 Comienzo de las siguientes intervenciones:
_Rosario Sarmiento. Arte e muller na Galicia contemporánea.
Licenciada en Xeografía e Hª, cunha ampla traxectoria profesional na
programación e xestión de proxectos culturais. Con máis de trinta anos
de experiencia profesional dirixiu a colección de arte Caixa Galicia,
actualmente Abanca. Foi subdirectora da Fundacion Caixa Galicia.
Colaborou con institucións como a Academia Galega de Belas Artes,
Auditorio de Galicia, Concello dá Coruña, Xunta de Galicia, Museo Casa
Museo Pazo de Tor
61
Natal Picasso, Chillida-Leku, Casa do Lector Madrid, Museo e Bienal de
Pontevedra, Museo dás Mariñas e Museo Arqueolóxico dá Coruña.
_Aurora Marco. Derrubaron muros, ocuparon espazos: Elas.
Catedrática de Didáctica da Lingua e Literatura Galega da USC xubilada.
No campo da investigación, é autora de vinte libros e máis de cen
artigos publicados en revistas especializadas e en reunións científicas.
Editora de varios volumes e colaboradora de numerosas obras
colectivas, entre os seus libros destacan: As Precursoras. Achegas
para ou estudo dá escrita feminina (1993); Mulleres e educación en
Galiza. Vidas de mestras (2002); Áurea Lorenzo Abeijón. Queixas,
editora (2004); Dicionario de mulleres galegas (2007); Mulleres na
guerrilla antifranquista galega (2011), Teresa Alvajar López. Memorias
dunha republicana, editora (2012); Elas (2015).
Para a recuperación da historia das mulleres galegas, recibiu
numerosos premios.
>> 17.30 Pausa ? café.
>> 18.00 Visita ao Museo Pazo de
Tor e ás exposicións temporais.
>> 19.00 Comezo das seguintes
intervencións:
_Concha Gaudó Gaudó. Wilpf. 100
anos de feminismo pacifista.
Catedrática de Xeografía e Historia
(xubilada). Nai e avóa. Pertence,
desde o seu fundación ao
Seminario Interdisciplinar de
Estudos da Muller da Universidade
de Zaragoza (SIEM) e á Liga Internacional de Mulleres pola Paz e a
Liberdtad (WILPF, siglas en inglés). Desde fai moitos anos traballa nun
equipo formado por Carmen Romeo Pemán, Inocencia Torres Martínez,
Cristina Baselga Mantecón, Gloria Álvarez Roche e Piluca Fernández
Chamas, todas profesoras de distintos ámbitos en temas de educación:
Museo Pazo de Tor
62
educación das mulleres, coeducación e educación para a paz, que
prepara a rededición do callejero ?A Zaragoza das mulleres? e a guía
didáctica ?Paseos pola Zaragoza da mulleres?, así como tamén ?Unha
viaxe cara á voz, o traballo e o voto das mulleres?, primeiro material
audiovisual para a coeducación.
_Carolina Casal Chico: MDCL 2.0 na procura dun mundo esquecido.
Museóloga-Conservadora do Museo Diocesano e Catedralicio de Lugo.
Profesora de Historia da Arte IV Ciclo Universitario USC. Licenciada con
Grado en Historia da Arte e Diploma de Estudos Avanzados en Historia
da Arte Medieval pola USC. Membro da Rede de Estudos Medievais da
USC e de laComisión de Patrimonio Histórico Artístico e Liturgia da
Diócesis de Lugo. Autora, directora e comisaria de diferentes proxectos
museológicos, congresos científicos e exposicións; centra as súas
investigacións no estudo da iconografía da arte tardo antigo e medieval
e conta na súa haber con numerosas publicacións.
>> 20.00 Debate.
>> 20.30 Regreso a Lugo.
Museo Pazo de Tor
63
10. PROGRAMA DE COLECCIÓNS.
10.1 INVENTARIO TOPOGRÁFICO, NOVA BASE DE
DATOS DE INVENTARIO TOPOGRÁFICO.
Co motivo da futura inclusión do Museo Pazo de Tor
Ao longo do ano 2017 procedeuse a unha revisión do inventario topográfico
para adecualo aos novos inventarios museolóxicos actuais, coa adaptación
de novos campos da base de datos e unha revisión ao completo dos tesauros.
Tamén se está a aproveitar este proceso para a incorporación de novas pezas
inventariadas pero que non figuraban na localización topográfica. O
procedemento parte da escolama dunha ferramenta ofimática de Microsoft,
Acces 2013. A base anterior tamén estaba en Acces (2003) esta constaba
dunha única táboa onde figuraban todos os campos, un total de 43 campos
de consulta.
Captura da Vista Deseño da anterior base de datos:
A base de datos contaba cun modelo de formulario na que figuraraban 33
campos de consulta
Museo Pazo de Tor
64
A actual base de datos consta de 63 campos de consulta con 10 táboas
anexas onde 9 son bases de datos de tesauros que corresponden aos
seguintes campos:
- Clasificación xenérica
- Decoración
- Estado de conservación
- Materia
- Museo
- Nome do obxecto
- Técnica
- Temas
Achégase abaixo unha captura de Vista deseño da táboa principal
Museo Pazo de Tor
65
Achegamos a Vista Deseños dunha tábaoa anexa.
Este novo formato permite consultas e aplicar filtros máis precisos, permitindo
cotexar diferentes tipoloxías de pezas para o seu estudo comparativo. Permite
tamén crear un inventario de consulta e un catálogo topográfico.
Museo Pazo de Tor
66
Museo Pazo de Tor
67
11. PUBLICACIÓNS, INTERACIÓNS CO PÚBLICO E NAS REDES
SOCIAIS.
11.1 FACEBOOK
O Museo Pazo de Tor está presente en diferentes plataformas
de redes sociais, facebook e a rede máis activa (info gráfica
indice 1.1 – anexo O Museo Pazo de Tor e as redes sociais. A
mesma ten unha actualización diaria, informando aos usuarios
e aos seguidores. Establécese tamén un típo de interacción
non só de ralato senón de reflexión e de difusión. En canto a interacción
destacamos a actividade “A parte polo todo” no cal os usuarios tiñan que
averiguar qué peza é do fondo do museo a partir da visualización dun
fragmento. https://es-es.facebook.com/museopazodetor/
Museo Pazo de Tor
68
11.2 BLOGUER
O Museo Pazo de Tor tamén está presente en Twitter canlen que
principalmente ten un uso de difusión de novas publicadas no facebook.
Oblog do Museo Pazo de Tor tamén é unha canle de grande interes onde, o
publicado, alí está máis polo miudo, recentemente fíxose unha laboura
descriptiva e de catalogación de certas pezas de interés do museo, onde
tamén a modo participativo dende facebook se invita a achegar información
por parte dos seguidores sobre as pezas presentadas no muro
11.3
Museo Pazo de Tor
69
INSTAGRAM
Publicación no instagram especialmente na Semana dos Museos, visita
ao Pazo por pezas individuais, cada día se subían 2 pezas ou framentos
das mesmas para reparar nos detalles.
12. PROGRAMA DE PERSOAL
Xerencia: Encarna Lago González
Arquivo e Biblioteca: Juan Márquez Barro
Vixilancia: Silvia Fiallega Lorenzo (Museo Provincial de Lugo setembro 2018)
Auxiliar de Sala: Verónica Fernández Fulgencio
Auxiliar de Sala: Simón Vicente López
Vixilancia-Guía: Tar López López
Este ano incorpóranse novos compañeiros ao equipo do Museo Pazo de Tor
da Rede Museísitca, Verónica e Simón que foron clave para levar a cabo
diferentes tarefas e de seguro que arportarán moitísimo de cara novos retos
como así o están a facer. Silvia Fiallega Lorenzo logo de aportar tantísimo en
todos os ámbitos de actuación que se levan a cabo no Pazo de Tor trasládase
ao Museo Provincial de Lugo seguindo, pois, formando parte do equipo da
Rede museística e de seguro, partícipe de novos proxectos no Museo Pazo
de Tor.

More Related Content

Similar to Memoria 2018 Pazo de Tor

Maremágnum de cultura correxido e modificado (1)
Maremágnum de cultura correxido e modificado (1)Maremágnum de cultura correxido e modificado (1)
Maremágnum de cultura correxido e modificado (1)Encarna Lago
 
Maremágnum de cultura correxido pdf
Maremágnum de cultura correxido pdfMaremágnum de cultura correxido pdf
Maremágnum de cultura correxido pdfEncarna Lago
 
Programación escolar multicanle da Rede Museistica Provincial de Lugo
Programación escolar  multicanle  da Rede Museistica Provincial de LugoProgramación escolar  multicanle  da Rede Museistica Provincial de Lugo
Programación escolar multicanle da Rede Museistica Provincial de LugoEncarna Lago
 
Folleto Museo do mar en galego
Folleto Museo do mar en galego Folleto Museo do mar en galego
Folleto Museo do mar en galego rmplugo
 
MUSEOS HISTORIAS CONTROVERTIDAS. DICIR O INDICIBLE EN MUSEOS. REDEMUSEÍSTICA ...
MUSEOS HISTORIAS CONTROVERTIDAS. DICIR O INDICIBLE EN MUSEOS. REDEMUSEÍSTICA ...MUSEOS HISTORIAS CONTROVERTIDAS. DICIR O INDICIBLE EN MUSEOS. REDEMUSEÍSTICA ...
MUSEOS HISTORIAS CONTROVERTIDAS. DICIR O INDICIBLE EN MUSEOS. REDEMUSEÍSTICA ...Encarna Lago
 
10 anos construindo comunidade
10 anos construindo comunidade10 anos construindo comunidade
10 anos construindo comunidadeEncarna Lago
 
Balance novospúblicosxul2017 Primer Semestre 2017 Rede Museistica Lugo
Balance novospúblicosxul2017  Primer Semestre 2017 Rede Museistica LugoBalance novospúblicosxul2017  Primer Semestre 2017 Rede Museistica Lugo
Balance novospúblicosxul2017 Primer Semestre 2017 Rede Museistica LugoEncarna Lago
 
Programación da Rede Museística Provincial de Lugo
Programación da Rede Museística Provincial de LugoProgramación da Rede Museística Provincial de Lugo
Programación da Rede Museística Provincial de LugoEncarna Lago
 
Novospublicos 2017 NA REDEMUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
Novospublicos 2017 NA REDEMUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGONovospublicos 2017 NA REDEMUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
Novospublicos 2017 NA REDEMUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGOEncarna Lago
 
UNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICA
UNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICAUNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICA
UNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICAEncarna Lago
 
Folleto bloque ii xornadas 26,27 Agosto
Folleto bloque ii xornadas 26,27 AgostoFolleto bloque ii xornadas 26,27 Agosto
Folleto bloque ii xornadas 26,27 AgostoAna Ferro Fernández
 
Diptico lugo arxentina
Diptico lugo arxentinaDiptico lugo arxentina
Diptico lugo arxentinaEncarna Lago
 
JORNADAS EUROPEAS DEL PATRIMONIO
JORNADAS EUROPEAS DEL PATRIMONIOJORNADAS EUROPEAS DEL PATRIMONIO
JORNADAS EUROPEAS DEL PATRIMONIOEncarna Lago
 
Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de Tor
Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de TorMemoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de Tor
Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de TorEncarna Lago
 
Memoria prácticas Máster Servizos Culturais
Memoria prácticas Máster Servizos CulturaisMemoria prácticas Máster Servizos Culturais
Memoria prácticas Máster Servizos CulturaisEncarna Lago
 

Similar to Memoria 2018 Pazo de Tor (20)

Maremágnum de cultura correxido e modificado (1)
Maremágnum de cultura correxido e modificado (1)Maremágnum de cultura correxido e modificado (1)
Maremágnum de cultura correxido e modificado (1)
 
Maremágnum de cultura correxido pdf
Maremágnum de cultura correxido pdfMaremágnum de cultura correxido pdf
Maremágnum de cultura correxido pdf
 
Programación escolar multicanle da Rede Museistica Provincial de Lugo
Programación escolar  multicanle  da Rede Museistica Provincial de LugoProgramación escolar  multicanle  da Rede Museistica Provincial de Lugo
Programación escolar multicanle da Rede Museistica Provincial de Lugo
 
Museo Do Mar
Museo Do MarMuseo Do Mar
Museo Do Mar
 
Folleto Museo do mar en galego
Folleto Museo do mar en galego Folleto Museo do mar en galego
Folleto Museo do mar en galego
 
Museo Do Mar
Museo Do MarMuseo Do Mar
Museo Do Mar
 
MUSEOS HISTORIAS CONTROVERTIDAS. DICIR O INDICIBLE EN MUSEOS. REDEMUSEÍSTICA ...
MUSEOS HISTORIAS CONTROVERTIDAS. DICIR O INDICIBLE EN MUSEOS. REDEMUSEÍSTICA ...MUSEOS HISTORIAS CONTROVERTIDAS. DICIR O INDICIBLE EN MUSEOS. REDEMUSEÍSTICA ...
MUSEOS HISTORIAS CONTROVERTIDAS. DICIR O INDICIBLE EN MUSEOS. REDEMUSEÍSTICA ...
 
10 anos construindo comunidade
10 anos construindo comunidade10 anos construindo comunidade
10 anos construindo comunidade
 
Balance novospúblicosxul2017 Primer Semestre 2017 Rede Museistica Lugo
Balance novospúblicosxul2017  Primer Semestre 2017 Rede Museistica LugoBalance novospúblicosxul2017  Primer Semestre 2017 Rede Museistica Lugo
Balance novospúblicosxul2017 Primer Semestre 2017 Rede Museistica Lugo
 
Programación da Rede Museística Provincial de Lugo
Programación da Rede Museística Provincial de LugoProgramación da Rede Museística Provincial de Lugo
Programación da Rede Museística Provincial de Lugo
 
Novospublicos 2017 NA REDEMUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
Novospublicos 2017 NA REDEMUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGONovospublicos 2017 NA REDEMUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
Novospublicos 2017 NA REDEMUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
 
UNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICA
UNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICAUNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICA
UNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICA
 
Memoria 2013 san paio
Memoria 2013 san paioMemoria 2013 san paio
Memoria 2013 san paio
 
Hojas para a3 (1)
Hojas para a3 (1)Hojas para a3 (1)
Hojas para a3 (1)
 
Folleto bloque ii xornadas 26,27 Agosto
Folleto bloque ii xornadas 26,27 AgostoFolleto bloque ii xornadas 26,27 Agosto
Folleto bloque ii xornadas 26,27 Agosto
 
Diptico lugo arxentina
Diptico lugo arxentinaDiptico lugo arxentina
Diptico lugo arxentina
 
JORNADAS EUROPEAS DEL PATRIMONIO
JORNADAS EUROPEAS DEL PATRIMONIOJORNADAS EUROPEAS DEL PATRIMONIO
JORNADAS EUROPEAS DEL PATRIMONIO
 
Memoria Tor 2014
Memoria Tor 2014Memoria Tor 2014
Memoria Tor 2014
 
Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de Tor
Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de TorMemoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de Tor
Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de Tor
 
Memoria prácticas Máster Servizos Culturais
Memoria prácticas Máster Servizos CulturaisMemoria prácticas Máster Servizos Culturais
Memoria prácticas Máster Servizos Culturais
 

More from redemuseisticalugo

More from redemuseisticalugo (20)

XX conferencia internacional MINOM
XX conferencia internacional  MINOMXX conferencia internacional  MINOM
XX conferencia internacional MINOM
 
Guía Pictogramas Museo Provincial de Lugo
Guía Pictogramas Museo Provincial de LugoGuía Pictogramas Museo Provincial de Lugo
Guía Pictogramas Museo Provincial de Lugo
 
Eu en ti, ti en min
Eu en ti, ti en minEu en ti, ti en min
Eu en ti, ti en min
 
Memoria 2018 Museo Provincial do Mar
Memoria 2018 Museo Provincial do MarMemoria 2018 Museo Provincial do Mar
Memoria 2018 Museo Provincial do Mar
 
Memoria 2018 San Paio
Memoria 2018 San PaioMemoria 2018 San Paio
Memoria 2018 San Paio
 
Memoria Museo de San Paio 2017
Memoria Museo de San Paio 2017Memoria Museo de San Paio 2017
Memoria Museo de San Paio 2017
 
Memoria Museo do mar 2017
Memoria Museo do mar 2017Memoria Museo do mar 2017
Memoria Museo do mar 2017
 
Objetivos “GUERRILLA DE PALABRAS: EL OFICIO DEL/A PALABRERO/A”
Objetivos “GUERRILLA DE PALABRAS: EL OFICIO DEL/A PALABRERO/A”Objetivos “GUERRILLA DE PALABRAS: EL OFICIO DEL/A PALABRERO/A”
Objetivos “GUERRILLA DE PALABRAS: EL OFICIO DEL/A PALABRERO/A”
 
Memoria 2015 Museo do Mar
Memoria 2015 Museo do MarMemoria 2015 Museo do Mar
Memoria 2015 Museo do Mar
 
Memoria 2015 san paio
Memoria 2015 san paioMemoria 2015 san paio
Memoria 2015 san paio
 
Memorias 2015 Pazo de Tor
Memorias 2015 Pazo de TorMemorias 2015 Pazo de Tor
Memorias 2015 Pazo de Tor
 
Convite inherentes
Convite inherentes Convite inherentes
Convite inherentes
 
Poster caza balea secem 2015
Poster caza balea secem 2015Poster caza balea secem 2015
Poster caza balea secem 2015
 
Listado artistas 2015
Listado artistas 2015Listado artistas 2015
Listado artistas 2015
 
Una rede
Una redeUna rede
Una rede
 
Software libre na Rede Museística
Software libre na Rede MuseísticaSoftware libre na Rede Museística
Software libre na Rede Museística
 
V Xornadas AGALI
V Xornadas AGALIV Xornadas AGALI
V Xornadas AGALI
 
obradoiros verán 2015
obradoiros verán 2015 obradoiros verán 2015
obradoiros verán 2015
 
Actas do Congreso de Xénero, Museos e Arte
Actas do Congreso de Xénero, Museos e ArteActas do Congreso de Xénero, Museos e Arte
Actas do Congreso de Xénero, Museos e Arte
 
Pasaporte rede
Pasaporte redePasaporte rede
Pasaporte rede
 

Memoria 2018 Pazo de Tor

  • 2. Museo Pazo de Tor 1 ÍNDICE 1. LIMIAR 2 2. ESTATÍSTICA 7 3. PROGRAMA ARQUITECTÓNICO 11 4. PROGRAMA DIDÁCTICO 18 5. PROGRAMA DE ACCIÓN CULTURA 30 6. MUSEOLOXÍA SOCIAL 32 7. DIM. DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS 37 8. PROGRAMA EXPOSITIVO 38 9. CONGRESOS 58 10. PROGRAMA DE COLECCIÓNS 63 11. PUBLICACIÓNS, INTERACIÓNS, REDES SOCIAIS 67 12. PROGRAMA DE PERSOAL 69
  • 3. Museo Pazo de Tor 2 1. LIMIAR 1.1 O MUSEO PAZO DE TOR Museo Pazo de Tor da Rede Museísitca Provincial de Lugo. O actual Museo, froito da doazón efectuada por Mª Paz Taboada de Andrés no 1998, forma parte da Rede Museísitca Provincial de Lugo. A Rede, creada no ano 2006, sendo Encarna Lago González , Xerente da mesma é un ente dependente da Deputación de Lugo; os 4 museos que integran a Rede (Museo Provincial de Lugo, Museo Fortaleza San Paio de Narla, Museo Provincial do Mar e Museo Pazo de Tor) comparten obxectivos e recursos de cara a un servizo cultural, social e didáctico público e gratuíto. O Pazo de Tor é unha fermosa mostra da arquitectura pacega galega. Presenta unha colección musealizable que transmite a vida da fidalguía galega. A visita ao Pazo de Tor non só permite coñecer de primeira man unha das máis importantes mostras da arquitectura galega do século XVIII, senón tamén coñecer gran parte das dependencias do mesmo, co seu mobiliario orixinal e coas coleccións artísticas que a familia foi atesourando ao longo dos séculos, coleccións que van dende a época castrexa ata a época actual; en definitiva, un testemuño privilexiado do modo de vida da nobreza na Galicia da Idade Moderna e Contemporánea. Isto confire ao interior e exterior do Pazo de certa sensación de “maxia” que servíu ao Séptimo Arte para que estes espazos servisen para relatar fabulosas historias a través do cine como “Beatríz” , “El Rey del Río” ou recentemente “A Esmorga” de Ignacio Villar. As salas do Museo Pazo de Tor tamén son espazos expositivos e de intervencións artísticas de diversas de obras contemporáneas, sendo incluso centro de convivencia e traballo de artistas de todas as disciplinas. A laboura didáctica está presente ao longo de todo o ano. O Museo Pazo de Tor dispón dunha aula didáctica que serve de taller de aprendizaxe tendo como soporte material e documental o Pazo de Tor, estas actividades son complementadas con diversos actos de efemérides, actuacións musicais, teatrais. É por elo que
  • 4. Museo Pazo de Tor 3 o Museo Pazo de Tor segue a ofrecernos un sin fín de posibilidades para aprender, imaxinar, compartir e disfrutar. Actualmente o Museo Pazo de Tor é distinguido pola guía PREDIF. Os museos da Rede Museística da deputación de Lugo (Museo Provincial de Lugo, Museo Provincial do Mar e Museo Pazo de Tor) foron recoñecidos por PREDIF (Plataforma Representativa Estatal de Personas con Discapacidad Física) co distintivo de Turismo Accesible, distintivo otorgado a aqueles establecementos turísticos que traballan para mellorar a accesibilidade das súas instalacións e servizos. Este distintivo ofrece información obxectiva sobre as condicións de accesibilidade dos diferentes establecementos recoñecidos a persoas con discapacidade, a persoas maiores e familias con nenos, etc., o que se traduce nunha difusión na app de Turismo Accesible de PREDIF, TUR4all, no
  • 5. Museo Pazo de Tor 4 Geoportal de Turismo Accesible e na capa Layar de realidade aumentada, ademais de mellorar a imaxe destes museos como establecementos socialmente responsables. Con este distintivo, estes museos da Rede Museística suman un novo recoñecemento ao seu constante labor de integración das persoas con discapacidade, labor que constitúe un dos obxectivos nos que se basea a súa xestión museística. O Museo Pazo de Tor, está a ter unha moi boa acollida nas redes sociais e as opinións no conxunto poden ser consideradas moi favorables. Na actualidade o Museo Pazo de Tor figura como o 1º dos recursos a visitar na Comarca de Lemos según o servizo web Tripadvisor e sendo tamén o museo que máis opinións recolle.
  • 7. Museo Pazo de Tor 6 Anexo. O Museo Pazo de Tor nas redes sociais: Facebook . Referencias Google. As referencias en google son moi positiva acadando unha media de 4,8 sobre 5 con máis de 200 opinións positivas posteadas
  • 8. Museo Pazo de Tor 7 2. ESTADÍSTICA DE VISITAS. Antes de abordar as cifras polo miudo compre sinalar certas particularidades nas visitas ao Pazo que por unha banda son un aliciente pero en certo modo consideramos que son un condicionante nas visitas. Debido a singularidade exposistiva como museo, onde as coleccións están dispostas de xeito fidedigno en tempos de Doña Mari Paz, todas as visitas son guiadas e comentadas cunha duración que vai dende os 35 min aos 60 min. Están organizadas en xornadas de catro quendas de martes a domingo durante todo o ano festivos incluídos agás, Santa Rita 22 de maio; 24, 25, 31 de Nadal; 1 de xaneiro e os festivos locais de Monforte de Lemos (2 días) Os horarios de visita ao Pazo teñen comenzo ás 11:00h,12:30, 16:30h e 18:00h. Como novidade no 2018, estase a pedir reserva de visita, para ter certa previsión a hora de repartir os grupos e así non facelos coincidir con visitas individuais e comprometer a seguridade e tamén para preservar a colección. Estas condicións implican ao visitante as seguintes condicións, non poderán realizar visita libre e deberán realizar a visita nas quendas de visitas en horario puntual para facer a visita completa deberá de dispoñer do tempo necesario (mínimo 50 min) En canto aos grupos de máis de 15 persoas e particularmente aos grupos de autocares, debido as condicións especiais do Pazo, o acceso ao mesmo é limitado a grupos pequenos de arpox 15 persoas que divididos (máximo de 2 grupos simultáneos) cun número máximo por quenda de 25 persoas. Non hai un número mínimo para a visitas. No ano 2017 realizáronse un total de 819 visitas guiadas. Este ano aínda que as cifras mostran un incremento moderado, si se aumentaron o número de visitas, xuño 89, maio 82, Cada ano o Museo Pazo de Tor veu incrementando o número de visitas nos sucesivos anos (...ano 2014 con 7601 vistias, ano 2015 con 9066 visitas, ano 2016 con 10592 visitas) a súa consolidación como recurso turístico de interés e a un calendario de actividades estable, contribue o incremento global en idade e procedencia con respecto aos anos anteriores sucesivamente. O incremento de ata o de agora veuse dando de xeito sostido a pesar da localización e do déficit de infraestrutura de servizo na zona (non hai cafetería,
  • 9. Museo Pazo de Tor 8 restaurante, tenda… o Pazo de Tor está a 10 km de Monforte (4 km da crta. Monforte-Chantada) por unha banda hai que velo de xeito natural, 11 anos de apertura ao público e por outra banda creemos que debemos de mencionar varios factores. O principal factor inicial por suposto é o indudable interés no conxunto, non só polos seus fondos moi diversos e moitos deles de grande valor patrimonial e artístico, senón tamén polo conxunto de continente e contido que xunto coa familia que xeración tras xeración (3 séculos aprox) seguiro facendo uso de xeito natural como residencia ata a doazo da última propietaria e benefactora Dª Maria Paz Taboada De Andrés. As canles de difusión deste interés son diversos. O “boca a boca” segue a ser unha canle de promoción importante, o propio usuario é o promotor, facendo máis de unha visita co motivo de achegar a familiares e amigos para dar a coñecer o Pazo pero son cada vez máis relevantes tamén outros medios como a redes socias e os establecementos dependentes do turismo como Casas Rurais, Bare, Restaurantes.O Centro de Información Turística de Monforte de Lemos cumpre o cometido de informar a que chegue de todos os recursos da Comarca aínda que moitos dos visitantes que pasan polo Pazo veñen de xeito directo xa que accede a información previa ben polo medio institucional ou de prensa, como tamén de xeito cada vez máis habitual polos servizos como Google ou TripAdvisor. Seguidamente temos que facer especial mención un ano máis a Paradores (Parador de Monforte de Lemos) por achegar información aos clientes sobre os recursos da zona e ao Balneario de Augas Santas de Pantón que conta con animador e organizador de circuitos de visitas, moitas veces en grupos para visitar os diferentes recursos turísticos da Comarca de Lemos onde o Pazo de Tor figura como elemento de grande interés.
  • 10. Museo Pazo de Tor 9 2.1 DATOS ESTADÍSTICOS E GRÁFICAS COMPARATIVAS. En resumidas contas, deuse un incremento de 2061 visitas chegando as 10545 visitas o que equivale a algo máis do 24%
  • 11. Museo Pazo de Tor 10
  • 12. Museo Pazo de Tor 11 3. PROGRAMA ARQUITECTÓNICO. 3.1 O Museo Pazo de Tor conta con diversos espazos para uso interno e público; é un complexo que no conxunto supera os 5000 metros cadrados de supeficie útil nun espazo aproximado de 3 Ha (2,3 Ha aprox. con muro). Todos os espazos cubertos contan con instalación de puntos de luz e toma eléctrica, con elevador para accesibilidade en zona de uso público, sensores volumétricos para a iluminación das salas, alarma, video vixilancia, alarma de incendios (só nos anexos) 5 estacións deshumidificadores/humidificadores de 900w) e un radiador de 1500w (escaso para o quecemento dunha sala de 16 metros cadrados) As zonas de traballo dotadas con material informático son a biblioteca, o arquivo ( e patrimonio inmaterial) e recepción que cumpre tamén as funcións de oficina para traballos ofimáticos diversos; contando con equipamente que consisten nun teléfono, PC sobremesa (ano 2016) con SAI, 2 portátiles (ano 2011 e 2013) e impresora laser multifunción (ano 2017) A instalación eléctrica actual foi levada a cabo en 2 etapas, a primeira no ano 2002 e a segunda no 2010 (anexos) consta de 3 cadros eléctricos (térmicos e limitadores) o principal adaptado a trifásica en orixe cunha potencia de contrato de 3.2 Kw/h. No ano 2018 leváronse unha serie de actuacións que describiremos en 3 apartados. 3.1.1a Apartado eléctrico. subsanación de obsolescencias e déficit de potencia. Logo dunha revisión exaustiva de toda a instalación eléctrica, levouse a cabo unha adecuación de reparto de potencia melloras diversas e adaptación de circuitería e cadros (térmicos e limitadores) as novas necesidades. Levouse a
  • 13. Museo Pazo de Tor 12 cabo un incremento de potencia, de por si necesaria xa que era de tan só 3,2 kw/h a unha potencia superior as 10 kw/h. 3.1.1b Apartado eléctrico. Adecuación as necesidades de seguridade e normativa para acollemento de público e espazos laborais. Instalación de luces de emerxencia en todas as salas de acceso público e espazos museilizados, reposición de luces de emerxencias antigas. Cumprindo dous cometidos renovación de equipos pouco eficaces polos anos e mellora de eficiencia enerxética. 3.1.2. Apartado de seguridade. A modo preventivo estas actuacións contribullen na mellor da preservación das coleccións e acceso a información máis precisa de actividades levadas a cabo no Pazo. As actuacións neste senso contemplan a seguridade activa e pasiva. 3.1.2a Reposición e revisión de extintores de todo o complexo. Revisión do cadro de alarma de incendios (arestora falta conectala a centralita) Esta como sinalamos está só presente nos anexos instalación (ano 2012 aprox.) 3.1.2b Revisión de sistemas de alarma, activación en linia, revisión e mellora da conexión a centralita. Revisión e reposición de sensores de movemento nos espazos das coleccións. 3.1.2c Revisión e reposición de línia e routers para as cámaras (de inicio dúas) 3.1.2b Instalación de 23 cámaras e os correspondentes equipos para vixilancia de todos os accesos tanto interiores como exteriores, grabación simultánea e acceso en vivo.
  • 14. Museo Pazo de Tor 13 3.2.1 O Museo Pazo de Tor dispón de sala de caldeiras, esta de gasoil que dá servizo a ala norte do Pazo (Tor Oculto) e Recepción. Recepción ten o suministro cortado debido ao excesivo consumo xa que a conexión das canles de suministro é moi superficial e cubren unha lonxitude de aproximadamente case 70 metros (ida e retorno) e hai unha grande pérdida de enerxía. A sala de caldeiras e a caldeira foron obradas no ano 2003/2004 posiblemente. As actuacións levadas a cabo contemplan a adecuación a normativa actual destes espazos e contrubuen a seguridade. 3.2.1a. Dotación de servizo de revisión e mantemento da caldeira e instalción. 3.2.1b Adaptación do espazo a normativa vixente aillamento de teito, cambio de intalación eléctrica e cambio de iluminación, tomas de corrente. 3.2.1c Revisión e limpeza de depósito de gasoil (ao parecer requería de certa urxencia)
  • 15. Museo Pazo de Tor 14 3.3.1 Recinto Rede Museísitca – Museo Pazo de Tor. Comprende aproximadamente 2,7 Ha dividida en tres zonas Xardín de Entrada. Museo Pazo de Tor, espazode acceso pola entrada pincipal. Frutais coníferas e árbores de folla caduca como plataneros, tilos, olivo son exemplares de interés debido a antigüedade das mesmas, hai cespede con prantas diversas principalmente rosáceas e arbustos compostos principalmente por buxos e abundan loureiros, maiormente o “real”. Existe unha subzona que correspode ao cecais antigo patio de armas ou de honor, patio interior onde está a fonte e ao redor predominan principalmente rosáceas e un acerolo, tamén de grande interés porque se trata dun exemplar de grandes dimensións para a súa especie. A zona da Horta ten o acceso por un portalón lateral cun escudo dos Varelas no enrriba do dintel. O muro e o portalón presenta claras deficiencias de estabilidade con risco de derrube, actualmente está apuntalado. Da acceso a zona onde está situado o Xardín Francés do Pazo, xardín do S XVIII feito en chantos de pizarra que consta de catro estanques e un laberínto de 8 camiños. Hai presenza de frutais principlamente, pereiras, mazairas e tamén de caducas como freixos, a extensión é de aproximadamente de 1,7 Ha. O terceiro espazo exterior comprende principalmente a zona de aparcadoiro principal que ten entrada ao carón do portalón de entrada principla e que continúa na parte de atrás dos anexos ao carón do camiño que da acceso a
  • 16. Museo Pazo de Tor 15 finca de Tor chegando a parte Norte do Pazo antiga zona de paso para carros polo portalón Norte e Adega. As intervencións abranguen dous aspectos principais. 3.3.2. Anexos e entrada principal do Pazo de Tor Conforme ao compromiso de accesibilidade ao Pazo e aos servizos que presta, remátase o chan de lousas que concecta a pasarela de madeira que conduce aos lavabos. Procédese tamén a mellora en apartado de seguridade na pasarela de madeira dotándoa dunha baranda e ademáis de cinta antideslizante. Procedeuse ao encalado da fachada principal e limpeza da mesma. Os anexos tiveron intervención principal nas fiestras e portas, cunha limpeza e un tratamento penetrante para madeiras.
  • 17. Museo Pazo de Tor 16 3.3.0 MANTEMENTO DE ZONA VERDE E XARDÍN 3.3.1 Mantemento de xardíns, tarefas como a corta de cespede, poda de rosáceas, árbores, desbroze de herbas, limpeza de edras e trepadoras, e eliminación de especies invasoras, se veñen levando a cabo de xeito regular polo servizo de SUPLUSA. 3.3.2 Por parte da Área de Medio Ambiente da Deputación de Lugo, se ven facendo un seguimento das diferentes árbores principalmente das especies máis raras e frutais, e un control de pragas, como avespas e tamén de abellas (problema recurrente xa que é moi habitual que as abellas enaméen o Pazo principalmente polo tellado. Tamén se levaron a cabo tratamento e diferentes árbores para evitar unha praga de orugas 3.3.3 No apartado arquitectónico concretamente de rehabilitación de muros do Pazo, procedeuse a reconstruri as partes danadas ou derruidas do muro e portalón Norte do Pazo, quedando por intervir o portalóncon signos evidentes de deterioro pero de grande interes por certos elementos de seguridade como as carabillas, pechadura con chave de grandes dimensións e outros elementos ornamentais e funcionais de interese. A intervención consistiu aparte da restauración e eliminación de maleza principalmente de edras, na fixación interna con hormigon para o aseguramento das partes de muro colindante con Cremate exterior e final do muro damesma tipoloxía orixinal reaproveitando a pedra existente do muro con remates dos cumios tanto do muro como do portalón, este parcialmente derrubado antes da intervención. Mantemento habitual de rega, limpeza, poda etc, Complementariamente realizáronse traballos desinsección de insectos e fungos que estaban a afectar principalmente aos buxos e a árbores algunhas de interes botánico na zona como o acerolo.
  • 18. Museo Pazo de Tor 17 3.3.4 Aparcadoiro do Museo Pazo de Tor Situado ao carón da entrada dende fai uns 3 anos, estaba a ter certas carencias sobre todo no inverno, ao ter un firme de terra que provocaba que non poucos vehículos tivesen dificultade para maniobrar xa que a aderencia era escasa polo bulleiro xerado. No verán procedeuse a dotar o aparcadoiro dun firme asfáltico logo dun nivelado e eliminación de irregularidade, habilitando de paso unha segunda entrada para os autocares, sendo actualmente un lugar seguro en canto a maniobrabilidade e idóneo para maniobrar con vehículos de grandes dimensións.
  • 19. Museo Pazo de Tor 18 4. PROGRAMA DIDÁCTICO 4.1 PROGRAMA DE ACTIVIDADES PARA O CURSO ESCOLAR 2017_2018 A Rede Museística Provincial, dependente da área de Cultura da Deputación de Lugo, a través dos departamentos de didáctica dos catro museos que a integran (Museo Provincial de Lugo, Museo Fortaleza San Paio de Narla, Museo Provincial do Mar e Museo Pazo de Tor) puxo a disposición dos centros escolares a súa nova programación para o curso escolar 2017 / 2018 coa idea de fomentar o achegamento do alumnado ao patrimonio conservado nos nosos museos. A Rede Museística, coa nosa longa experiencia e o apoio de numerosos docentes que participaron nestas actividades en precedentes cursos, procuramos tender pontes de colaboración entre diferentes espazos educativos, presentando actividades lúdicas pero rigorosas con contidos que entroncan coas programacións escolares. »Historias ilustradas Metodoloxía: Vivimos nun mundo absolutamente visual, no que as imaxes nos contan historias que se viralizan e chegan a todos os rincóns do mundo e a todo tipo de xente. Imos crear unha historia en grupo a través das imaxes que
  • 20. Museo Pazo de Tor 19 cada alumno capte ó longo da nosa visita. Cada neno sacará unha foto co seu teléfono ou coa súa cámara, dunha peza, dun personaxe, do que queira ou máis lle chame a atención, e entre todos crearán unha historia común a partir de todas as imaxes recollidas. O relato resultante formará parte da nosa historia, mais tamén da vosa, porque despois cada unha desas historias se irán subindo ao facebook e ás nosas redes sociais para que todos poidamos acceder a elas e compartilas. Nivel educativo: ESO »O Museo como retrovisor histórico Metodoloxía: As coleccións do museo permitirán ao alumnado interpretar os vestixios do pasado e analizar a súa importancia no desenvolvemento da nosa cultura . Nivel educativo: 4ª, 5º e 6º de Educación Primaria e ESO. »A luminaria en Tor Metodoloxía: A sensación espacial dos interiores e exteriores do Pazo á noitiña, non fai moito eran ben diferentes. O xeito de iluminar estes espazos mudou ben: velas, candís, quinqués de gas, carburo, lámpadas de aceite … proxectaban sombras e arumes que lle conferían unha sensación espacial máxica e misteriosa. Estes obxectos, hoxe pezas de museo, rememoran fórmulas prácticas e enxeñosas para a época, e tamén nos falan da historia da humanidade. Demos luz ao asunto repasando as diferentes fórmulas de iluminación, para levarmos a práctica algunha delas Nivel educativo: Primaria e ESO »Tor como escenario de achegamento a heráldica Metodoloxía: Códigos, normas, historias; a heráldica é hoxe por hoxe un tema de interese e motivo de moitas consultas na rede. Independente do motivo de consulta: xenealoxía, representación dun apelido e a súa orixe; se investigamos un pouco descubriremos que este sempre nos achega a momentos históricos e tamén pode que a eventos de grande transcendencia na historia. Xogaremos elaborando o noso propio brasón e de paso indagaremos un pouco sobre nós
  • 21. Museo Pazo de Tor 20 Nivel educativo: ESO. »Sentido e sensibilidade, a viaxe dos sentidos polo Pazo de Tor Metodoloxía: Mergullarémonos no pasado pescudando entre as pezas e as estancias do pazo, tratando de captar os misterios e sensacións que envolven o noso museo. Xogo de probas no que os sentidos xogan un papel esencial para o coñecemento do museo desde dentro. O museo constituirá o noso panel de xogo, cada estancia será unha casiña a percorrer na nosa viaxe, iremos facendo paradas para desenvolver as diferentes probas do xogo: de memoria, de sons, de mímica, de coñecementos, de idiomas… Nivel educativo: Primaria e ESO »De safari polo Pazo Metodoloxía: Percorrido buscando animais representados en distintas obras expostas no Museo. Logo da busca, podemos xogar a agrupar os animais localizados segundo sexan de pelo ou de pluma, de terra ou de aire, mamíferos, etc. Remataremos a actividade completando un álbum cos cromos correspondentes aos animais avistados durante o safari. Nivel educativo: Educación Infantil, 1º,2º, 3º de E. Primario. »Crea o teu museo. Metodoloxía: Fago o meu museo, facemos o noso museo, creamos una rede. Os museos son relatores de historias. Desde a Rede Museística invitámosvos a que creedes o voso propio museo a partir dun diálogo aberto coas nosas coleccións e cos profesionais que traballan neste espazo. Se queres saber como, pregúntanos! Nivel educativo: Infantil e 3º, 4ª, 5º e 6º de Educación Primaria.
  • 22. Museo Pazo de Tor 21 4.2 OBRADOIROS DE VERÁN O programa ofertado foi o seguintes: VERÁN 2018: Museo Pazo de Tor Volve o verán e os catro museos da Rede Museística da Deputación de Lugo convídante a unha morea de actividades moi variadas, sempre divertidas e refrescantes, pensadas para todas as idades, para aprender e gozar ao mesmo tempo; todas ideadas para descubrir novos mundos e expresións culturais, coñecemento e entretemento sempre da man arredor da sabedoría que atesouran as coleccións custodiadas nos museos da Rede. Coa imaxinación poderás viaxar polo mar da memoria das xentes do mar, sentiraste habitante dun castelo medieval, señor ou dona nun pazo señorial, abade ou abadesa nun antigo convento relixioso. Se o prefires, tamén poderás gozar como detective, arqueólogo ou arqueóloga, vivir aventuras en África... o que desexes; pero non esquezas que o verán, ademais, é tempo de facer novas amizades, de compartir, de crear e soñar! Proba! OBRADOIROS Aberto prazo de inscricións (ata completar prazas) no Departamento de Didáctica do Museo Pazo de Tor. Obradoiro: Máscaras africanas Coñeceremos a ‘Colección Xoán Anllo. Arte Africana’ que se expón nunha sala do MPLugo e inspirarémonos para facer a nosa propia máscara africana. Data: 3 de xullo Prazas: 15 Idades: sen límite Horario: de 11:00 a 14:00h.
  • 23. Museo Pazo de Tor 22 Obradoiro: Memoria do pan. Cultura de masas Imparten: Leonardo Casado e Encarna Lago Data: 10 de xullo Idades: Adultos Horario: a partir das 11:00h. Actividade patrocinada por Ibermuseos dentro do proxecto ‘Guerrilla de palabras’. Campamento de Arqueoloxía Unha experiencia única! Participa nunha escavación arqueolóxica de verdade dirixida polo arqueólogo Enrique Alcorta. Data: 19 e 20 de xullo Prazas: 15. Idades: de 4 a 12 anos. Horario: de 11:30 a 13:30h. Obradoiro: Sábados no Museo Pazo de Tor (Dentro do Programa MAPAS (IN)VISIBLES) Unha experiencia en familia para achegarse ao Pazo de Tor con ollos de artista e de comisarios. A través da arte e do xogo coñeceremos o Pazo dende un punto de vista novo, sendo ás veces artista, ás veces persoal do museo e incluso, ás veces, obra de arte! Data: 15, 22 e 29 de setembro. Prazas: 15 Idades: para familias Horario: de 11:00 a 13:30h. Obradoiro: O misterio do labirinto O Pazo foi posuído polo espírito do labirinto e as súas portas pecháronse misteriosamente deixándonos a todos pechadxs no seu interior. Soamente colaborando en equipo poderemos atopar o xeito de saír. Onde estarán as chaves…? Soamente superando probas en equipo poderán ir pasando duns
  • 24. Museo Pazo de Tor 23 salóns a outros, ata xuntar todas as pezas para descifrar o acertixo final e conseguir a chave da saída. Data: venres, 3 de agosto Prazas: 15 Idades: de 4 a 14 anos Horario: de 11:30h a 13:30h Obradoiro: Un día de labores nun pazo A horta e o forno do pan. Coceremos o pan e faremos outros labores propios dun Pazo. Data: mércores, 8 de agosto Prazas: 15 Idades: sen límite Horario: de 11:00h a 13:30h Obradoiro: Actividade do gravado (estampación) Iniciarémonos no gravado, poñeremos a proba a nosa destreza técnica e artística; será unha mañá para experimentar. Indagaremos máis polo miuda nas coleccións de gravados que o Museo Pazo de Tor alberga, sendo variadas as técnicas e con exemplos excepcionais. Data: sábado, 28 de xullo Prazas: 15 Idades: de 4 a 14 anos Horario: de 11:30h a 13:30h Obradoiro: Roteiro polos dominios de Tor Será un percorrido polos anexos do Pazo e pola finca localizando elementos estruturais agropecuarias do Pazo e localizaremos flora de interés xeolocalizada. Haberá varios roteiros alternativos. Data: 10 e 18 de agosto Prazas: sen límite Idades: sen límite Horario: de 10:30h a 12:00h
  • 25. Museo Pazo de Tor 24 4.3 OBRADOIROS DE NADAL (xaneiro 2017) Os museos da Rede Museística da Deputación de Lugo convocaron un programa de obradoiros e actividades para o pasado Nadal 2017. Cada museo (Museo Provincial de Lugo, Museo Provincial do Mar, Museo Fortaleza San Paio de Narla e Museo Pazo de Tor) desenvolven diferentes actividades nas respectivas sedes, tendo en conta as peculiaridades das coleccións que albergan e as demandas do seu público.Desde a Deputación de Lugo e a través dos catro museos pretendemos promover un lecer activo, creativo e participativo. Sobre todo nestas datas, nas que celebramos a renovación, a chegada dun novo ano. Gozade das festas, da familia, dos amigos e do descanso ... pero non esquezades achegarvos aos museos. Agardámoste! O prazo de inscrición paras as actividades que o precisan mantense aberto ata que se cubran as prazas ofertadas; debe formalizarse no Museo onde se vaia realizar a actividade. Como unha cantiga... Na máis outa aldea leda romaría. Perdida no monte... Anxos de cristal a soñar na fonte. O Neno durmía... As bágoas da estrela na frol máis noviña. No colo da noite... Os sapos anainan ó Neno que dorme. Como unha cantiga perdida no monte,
  • 26. Museo Pazo de Tor 25 o Neno durmía no colo da noite. [X. Díaz Jácome, ‘O Neno durmía’, Muíño fidel, 1983] »Obradoiro: Os fondos do museo, fonte de inspiración no modelado. Os percorridos polo Museo Pazo de Tor evocan sempre o mundo da arte nas súas cores, formas e texturas. Será fonte de inspiración para nós na elaboración de formas ou utensilios coas nosas propias mans. Idades: de 6 a 14 anos (Club Pequeamig@s) Horario: de 11:00 a 13:30 horas Datas: 4 de xaneiro de 2018 Participantes: 15 O Programa de actividades para o Nadal 2018 de novo volve a ofertar uns obradoiros de lecer con carácter didáctico, desenvolvendo diferentes actividades nas respectivas sedes, tendo en conta as peculiaridades das coleccións que albergan e as demandas do seu público. A Inscricións foi a partir do 19 de decembro.
  • 27. Museo Pazo de Tor 26 A luz do Nadal Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, 2017. Letra de canción para o disco “Xa me tardan estes Magos”, de Mamá Cabra, 2011. Os nenos camiñan e xogan e brincan na rúa calada que cobren de risas. E inventan trouleiros palabras de neve que borran as penas que a terra non quere. Cantigas e risas veñen anunciar que peta na porta a luz do Nadal. Un Nadal que amose como vai a vida. Un Nadal que cure Con paz as feridas. Un Nadal que abrigue. Un Nadal Turrón! Un Nadal que acougue! Un Nadal Canción!
  • 28. Museo Pazo de Tor 27 PROGRAMA OFERTADO -Musavisitas pola Rede Ás 11:00, 12:30, 16:30 e 18:00 horas (agás os luns). >> Obradoiro: As árbores do solsticio As árbores foron dende a noite dos tempos símbolos de fertilidade e de rexenneración para múltiples culturas. Os nosos ancestros vían nelas a representación dos seus e súas deuses e deusas que nas datas do solsticio de inverno, poñíanlle fin ó periodo de oscuridade e frío, dándolle paso ó de luz e fertilidade, e para honralxs, moitos pobos, coma os celtas, decoraban as árbores con froitas e candeas. Hai moitas e moi fermosas lendas que explican o porque das árbores de Nadal, e nos trataremos de mergullarnos nalgunhas delas ó tempo que facemos a nosa. Data: 28 de decembro de 2018. Horario: de 11:30 a 13:00 horas. Prazas: 15. >> Obradoiro: Camiños de estrelas As constelacións son agrupacións de estrelas que debuxan caprichosas formas nas que a maxín da humanidade de todas as épocas e latitudes víu fantásticos seres ós que dotou de non menos fantásticas historias. Esas historias mitolóxicasde touros, osos, cazadores, leóns, xemelgos, …, foron unha magnífica regla memotécnica para que os mariños, igual que os navegantes do deserto,se ubicasen na oscuridade da noite observando a iluminada cúpula celeste. Coññecer as máis importantes constelacións para a navegación marítima, e as máis brilantes estrelas de cada unha delas, será o noso obxectivo. Data: 3 de xaneiro de 2019. Horario: de 11:30 a 13:00 horas. Prazas: 15. >> Obradoiro: A túa mirada conta
  • 29. Museo Pazo de Tor 28 Percorremos o museo na procura dalgún obxecto ou personaxe que nos chame a atención e inventamos unha pequena historia ao respecto. Aprendemos a redactar e a ler en voz alta. Xogamos coa nosa creatividade e a nosa capacidade de inventiva. Data: 27 de decembro de 2018 Idades: Club Pequeamig@s Horario: de 12:00 a 13:00h. Participantes: 12 >> Obradoiro: Alén da palabra Partindo das narracións recollidas en “Cousas” de Castelao, lembramos os contos e as lendas da nosa infancia e mocidade: a literatura oral. Falamos, reflexionamos e poñemos en común o que nos suxire o texto, xogando coa imaxinación e a memoria. Data: 27 de decembro de 2018 Idades: Club Sénior Horario: de 17:00 a 18:00h. Participantes: 12 >> Obradoiro: Somos iguais Dinámica de grupo para fomentar a empatía e a igualdade. Data: 4 de xaneiro de 2019. Idades: Club Ei! Horario: de 11:00 a 12:00h. Participantes: 10
  • 30. Museo Pazo de Tor 29 4.3. OBRADOIROS DO CLUB PEQUEAMIGXS, SEMANA DOS MUSEOS 2018 Obradoiros de maio na Rede Museística (MPTor) Os museos da Deputación de Lugo celebramos a Semana dos Museos 2018 (inclúe o Día das Letras Galegas, 17 de maio, o Día Internacional dos Museos, 18 de maio, e a Noite dos Museos, 19 de maio) con, entre outras moitas actividades que axiña se darán a coñecer, obradoiros para todos os públicos. Adiantamos esta parte do programa previsto para que as persoas interesadas formalicen a inscrición. Museo Pazo de Tor Obradoiro interxeracional dirixido a familias para traballar a perspectiva de xénero a través da expresión plástica. Os obxectivos son promover a igualdade de xénero, fomentar o empoderamento das mulleres e promover o pensamento crítico a través do diálogo.
  • 31. Museo Pazo de Tor 30 5. PROGRAMA DE ACCIÓN CULTURAL 5.1 DÍA DAS LETRAS GALEGAS. LINGUA DE PAZ. Quen se puido achegar ao Pazo polo día das letras, puido desixar constacia do amor pola lingua, plasmando nun cartaz coa silueta de Dª María Paz, extraía dun retrato de Enrique Navarro. O resultado deu nun traballo colectivo sorpredente.
  • 32. Museo Pazo de Tor 31 5.2 O ENTROIDO. Como é ben sabido o Entroido ten moito arraigo na comarca de Lemos, sendo estas últimas décadas moi fructíferas na recuperación desta tradición anterga e singular en cada lugar; grazas ao esforzo por manter unha tradición que é parte da nosa cultura e é un lazo vivo interxeracional. Se na ribeira de chantada están os volantes, na Pobra do Brollón o Oso, en Monforte, sempre houbo moito esmero nos compadres e comadres, coma sempre... non queda títere con cabeza como se di :-D DE MUSEO A MUSEO: ROTEIROS DA REDE MUSEÍSTICA » Roteiro do Museo Provincial do Mar ao Pazo de Tor » Roteiro do Museo Provincial do Mar ao Museo Provincial de Lugo » Roteiro do Museo Provincial do Mar ao Pazo de Tor » Roteiro do Museo-Fortaleza San Paio de Narla ao Museo Provincial do Mar » Roteiro do Museo Provincial do Mar ao Museo-Fortaleza San Paio de Narla
  • 33. Museo Pazo de Tor 32 6. MUSEOLOXÍA SOCIAL Programa de visitas, adaptadas para capacidades diferentes. AFAMON. Entidade sen ánimo de lucro, realiza visitas anuais e participipa en diferentes obradoiros. Especialmente co Álbum da Memoria. Visita ao Pazo o pasado mes de xuño. Tamén se mantén contacto con diferentes entidades de servizos socias e especialmente con xeriatros para a oferta de talleres adaptados e con carácter interxeracional. 6.1 Visita Asc. COGAMI
  • 34. Museo Pazo de Tor 33 6.1 PROXECCIÓNS Proxección de ‘Benvidas ao club’ O pasado martes, 13 de novembro levouse a cabo a proxección de “Benvidas ao Club” documental dirixido por Carmen PG Granxeiro. No museo Pazo de Tor sendo a entrada libre e gratuita ata completar aforo SINOPSE A finais de 2009 a aparentemente tranquila cidade de Lugo encabeza titulares e abre telexornais. Algunhas palabras que antes soaban lonxanas resoan coa forza do cotiá entre estradas e beirarrúas escuras baixo as luces intermitentes dos neóns. O maior sumario contra a trata visto en España dáse a coñecer aos medios logo dun ano de instrución baixo segredo de sumario. A operación Carioca entra nos fogares e pasa a formar parte das nosas conversas pero, somos conscientes do que realmente agocha?
  • 35. Museo Pazo de Tor 34 Esta é unha viaxe ao inferno onde centos de mulleres son vítimas da corrupción e da violencia, unha viaxe salpicada polas drogas e que ten lugar a carón noso. Logo de 10 anos no subconsciente colectivo este xuízo está a piques de chegar á recta final onde policías locais e nacionais, guardias civiles, funcionarios, empresarios ou médicos conforman un entramado que ocupa miles de folios no Xulgado de Instrución nº 1 de Lugo. NOTA DA DIRECTORA Nas primeiras semanas de maio, logo de ter sido convidada a participar nunha asemblea da Plataforma Contra a Impunidade da Carioca, a idea de facer un documental que se puidera ver antes de que esta macrocausa chegase á fin no sistema xudicial, xa bulía na miña cabeza. Decembro de 2018 é a data que se barallaba para este feito. As primeiras pesquisas lévanme a entrever un caso no que, a pesares de estar informada desde unha perspectiva xeral, se presenta inabarcable e, en realidade, descoñecido. A presenza deste nos medios de comunicación ao longo dos anos é ampla, nembargantes a idea que se ten del é máis ben pobre, así me aconteceu a min. Por este motivo o primeiro obxectivo foi editar unha peza que achegara unha visión global, o suficientemente estrita como para transmitir a complexidade da operación xudicial e a importancia do seu coñecemento a tódolos niveis sociais. Este non é un traballo de investigación xornalística, máis ben é unha compilación das informacións espalladas desde diversos medios e fontes neste tempo. É un documental feito como parte do artivismo que da sentido á miña obra e un recuncho desde o que invitar á reflexión.
  • 36. Museo Pazo de Tor 35 FICHA TÉCNICA Lugar de produción Lugo Ano de produción 2018 Duración 30 min Formato de grabación HD anamórfico 1080 (1,333) Sonido Estéreo 16bits Copia de exhibición DVD Idioma español/galego (subt. español) A AUTORA Hai cinco anos que Carmen PG Granxeiro vive e traballa en Lugo, da súa participación en movementos sociais nacen algúns dos seus traballos neste tempo, como o documental De cara ao Miño. No audiovisual destaca tamén o seu 1948-2016. Un final para empezar, seleccionado en varios festivais nacionais e internacionais, ou Atenas. Meeting point, que xira en torno ao movemento cidadán organizado en Atenas con respecto á crise das persoas refuxiadas. Todos eles enmarcados dentro do xénero documental. Viña empregando outros soportes e traballando con artistas plásticos desde a súa estadía en Berlín e comeza a participar de experiencias colectivas artísticas na The Art House de Nova Orleáns. Deses outros formatos xurden participacións en exposicións colectivas, como a Plastika17 na Sala Apóstrophe de Vigo ou Fotogramas na Galería Etimoe de A Coruña. Experimenta co deseño gráfico e a ilustración, expón obras fotográficas na mostra individual Mentireira, na Galería Isköo de Lugo, onde tamén mestura soportes como na anterior ocasión con Resilientes. Nesta última podíase ver 20.30 hrs, mellor curta fantástica no Humus Film Fest que se celebra en La Casa Encendida de Madrid. Máis enmarcado na videocreación, o seu vídeo Etiquétame é finalista ao Premio Nacional de Videoarte de Canal+. Benvidas ao club é o seu último traballo audiovisual, comezouno a gravar en Xuño deste ano e é presentado en outubro, ca participación da Plataforma Contra a Impunidade do Carioca.
  • 37. Museo Pazo de Tor 36 PRODUCIÓN Este é un documental producido sen cartos independente e feito por mulleres. Seguindo a tradición do cine independente e das súas variadas correntes, empregando as novas tecnoloxías como ferramentas para facer fronte ás imposicións da industria audiovisual, facendo da falta de medios un signo de distinción ético e estético, e empregando canles alternativos para a súa distribución, este documental enmárcase baixo unha licenza Creative Commons (Atribución-NoComercial-CompartirIgual) www.carmenpggranxeiro.com Facebook /carmenPGgranxeiro/ Diáspora @granxeiro Instagram carmengranxeiro_arte Twitter @CarmenGranxeiro
  • 38. Museo Pazo de Tor 37 7. DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS 7.1 DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS – SEMANA DOS MUSEOS Os museos da Deputación de Lugo celebramos a Semana dos Museos 2018 (inclúe o Día das Letras Galegas, 17 de maio, o Día Internacional dos Museos, 18 de maio, e a Noite dos Museos, 19 de maio) con, entre outras moitas actividades que axiña se darán a coñecer, obradoiros para todos os públicos
  • 39. Museo Pazo de Tor 38 8. PROGRAMA EXPOSITIVO. 8.1 WILPF: Cen anos de feminismo pacifista Esta instalación forma parte de EU... TI... ELAS... NOSOUTRAS, NOSOUTRXS EN REDE, 12 proxectos que permaneceron nos catro museos da Rede Museística e na sala de exposicións do Pazo de San Marcos desde o 1 de febreiro ata o 1 de abril de 2018. »Museo Pazo de Tor Acto de inauguración: 8 de febreiro, 19:30 h. WILPF Liga Internacional de Mulleres pola Paz e a Liberdade WILPH: Cen anos de feminismo pacifista Mostra gráfica composta por 46 carteis (90 X 60 cm.) que percorren os principais momentos e accións que a Liga Internacional de Mulleres pola Paz e a Liberdade realizaron en todo o mundo ao longo dos seus cen anos de historia. (+ info)
  • 40. Museo Pazo de Tor 39 A finalidade desta exposición é dar a coñecer a historia de WILPF e difundir o seu traballo a través dun arquivo fotográfico e un audiovisual que nos permite ilustrar cronoloxicamente os acontecementos destacados da nosa historia. EU... TI... ELAS... NOSOUTRAS, NOSOUTRXS EN REDE ARTE EN RESERVA (MULLERES NO ALMACÉN) WILPF (Liga Internacional de Mulleres pola Paz e a Liberdade): Cen anos de feminismo pacifista Ubicación: Museo Pazo de Tor Horario De martes a domingo, visitas guiadas ás 11:00 h 12:30 h, 16:30 h e 18:00 h. Luns pechado O pazo permanecerá pechado os días: 1 de xaneiro (Aninovo), martes de Entroido, 22 de maio (Sta. Rita) e 24, 25 e 31 de decembro. Entrada gratuíta Mostra gráfica composta por 46 carteis (90 X 60 cm.) que percorren os principais momentos e accións que a Liga Internacional de Mulleres pola Paz e a Liberdade realizaron en todo o mundo ao longo dos seus cen anos de historia.
  • 41. Museo Pazo de Tor 40 8.2 EXPOSICIÓN: De Ana Mª Gómez a Maruja Mallo, no Museo Pazo de Tor A Real Academia Galega de Belas Artes dedicou á artista Maruja Mallo (Viveiro, 1902 – Madrid, 1995) o Día da Arte 2017. A Deputación de Lugo sumouse ao recoñecemento e co obxectivo de dar a coñecer as 7 obras de Maruja Mallo que custodia o MPLugo promoveu esta mostra que permaneceu en Viveiro, nos Xardíns de Noriega Varel, desde o 19 de decembro de 2017 ata o 4 de febreiro de 2018 e que agora se pode visitar nos xardíns do Museo Pazo de Tor. EXPOSICIÓN: De Ana Mª Gómez a Maruja Mallo A exposición componse de catro estruturas en forma de cubo sobre as que se reproducen fotografías das obras (4 óleos sobre lenzo sen título, “Arquitectura mineral” (1930), “Guía postal de Lugo” (1929) e “Agol»” (1969). Maruja Mallo no MPLugo As obras de Maruja Mallo repártense entre dúas salas no Museo Provincial de Lugo. Na sala número 13, situada na planta primeira do edificio, na sección da Arte Galega, adicada ás vangardas artísticas, ademais dos cadros realizados durante a etapa da súa formación académica pódense ver outros dous executados en momentos diferentes dentro da súa traxectoria artística.
  • 42. Museo Pazo de Tor 41 Na sala 24, dedicada a debuxo e gravado galegos, móstrase un pequeno retrato a lapis entregado pola artista á Deputación tamén en compensación da súa beca. Maruja Mallo: pensionada da Deputación de Lugo O 26 de xuño de 1926, a Deputación de Lugo lle concede unha pensión por un ano para continuar os estudos que iniciara en 1922 na Escola de San Fernando de Madrid, que posteriormente amplíase por dous anos máis. Durante estes tres anos, Maruja Mallo entrega á Deputación de Lugo cinco obras da súa autoría en compensación pola axuda recibida e para mostrar os adiantos nos seus estudos de pintura. Estas obras forman parte da colección de obras dos pensionados desta institución e actualmente pódense ver nas salas 13 e 24 do Museo Provincial de Lugo. Os traballos que Maruja Mallo entrega á Deputación de Lugo son: Un retrato a carbonciño dunha muller de busto datado en 1927, outros dous retratos de muller, óleos sobre lenzo, un estudo do natural e “Guía postal de Lugo”, datado en 1929. Itinerencia -Xardíns de Noriega Varela (Viveiro). Xunto ao Conservatorio de Música (do 19 de decembro ao 4 de febreiro de 2018). -Xardíns do Museo Pazo de Tor Maruja Mallo foi unha artista revolucionaria, vangardista, transgresora e adiantada ao seu tempo. Pintora, debuxante, ceramista, escenógrafa e escritora. A súa carreira caracterizouse por un continuo proceso de experimentación, acadando o éxito en todas as etapas da súa traxectoria artística.
  • 43. Museo Pazo de Tor 42 8.3 Inauguración de EU… TI… ELAS… NOSOUTRAS, NOSOUTRXS EN REDE no Museo Pazo de Tor O xoves, 8 de febreiro, ás 19:30 horas, tivo lugar no Pazo Museo de Tor a inauguración de EU… TI… ELAS… NOSOUTRAS, NOSOUTRXS EN REDE, exposición que está formada por 12 proxectos, expostos na Sala da Deputación e nos 4 museos da Rede Museística da Deputación de Lugo. Neste acto participaron Pilar García Porto, deputada de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico, Artesanía e Deseño e Educación, José Tomé Roca, alcalde do Concello de Monforte de Lemos e Encarna Lago, xerente da Rede e comisaria da exposición. Os museos da Rede Museística da Deputación de Lugo reclaman atención para con esta ducia de proxectos, dispares na forma, unívocos no fondo, solidarios coa desigualdade. Voces, xestos, memorias e imaxes que pretender provocar reflexións e chamadas de atención sobre o No Museo Pazo de Tor este museo poden verse os seguintes proxectos: WILPH: Cen anos de feminismo pacifista Mostra gráfica composta por 46 carteis (90 X 60 cm.) que percorren os principais momentos e accións que a Liga Internacional de Mulleres pola Paz e a Liberdade realizaron en todo o mundo ao longo dos seus cen nos de historia.
  • 44. Museo Pazo de Tor 43 EU subordinado. Ollo! Un EU que podes ser TI, ELAS, NOSOUTRAS, NÓS+OUTRXS. ARTE EN RESERVA (MULLERES NO ALMACÉN) Obra de mulleres artistas, “en reserva” no almacén do MPLugo, mostra que se irá renovando ao longo deste ano con diferentes artistas. Ás veces pode aparentar ser e non ser máis ca un dato estatístico nunha listaxe. Por exemplo, o número de mulleres artistas que teñen obra nun museo como o MPLugo pode ser considerable pero non o é tanto se esa obra está agachada, como é este o caso, nun almacén. 8.4 Exposición de Incisións. Rede Museísitca Provincial de Lugo. O Museo Pazo de Tor acolle parcialmente a exposición que ten orixe no Museo Provincial de Lugo, exíbense varias láminas de artistas participantes na exposición inicial.
  • 45. Museo Pazo de Tor 44 8.5 A exposición ‘De Picasso a Kapoor. Obra gráfica e Múltiple Contemporáneos’ no Museo Pazo de Tor Museo Pazo deTor (do 24 de abril ao 20 de xuño de 2018). Obra de Pablo Ruiz Picasso, Salvador Dalí, Rafael Canogar, Antoni Tápies, Eduardo Chillida, Miquel Berrocal, Miquel Barceló, Jaume Plensa, José Guerrero e José María Sicilia. Algunhas das obras desta gran exposición están repartidas polos museos da Rede Museística. Ademais, e para poder coñecer a mostra no seu conxunto, proxectarase un vídeo. No Museo Pazo de Tor (do 24 de abril ao 20 de xuño de 2018) pódense ver obras de Pablo Ruiz Picasso, Salvador Dalí, Rafael Canogar, Antoni Tápies, Eduardo Chillida, Miquel Berrocal, Miquel Barceló, Jaume Plensa, José Guerrero e José María Sicilia.
  • 46. Museo Pazo de Tor 45 Quen se achegue a este museo poderá gozar tamén da mostra ‘Incisións’. Consta de pranchas e gravados (fotogravados, augafortes, augatinta, punta seca…) da autoría de Mónica Alonso, Francisco Amat, Boente, Quique Bordell, Alejandro Carro, Santiago Catalán, Espiral, García-Gesto, Roberto González, Guerreiro, Honorio, Sara Lamas, Lomarti, Macía, Otero-Yglesias, Elena Pendás, Juan Miguel Prada, Xermán Refojo, Isabel Somoza, Bernardo Tejeda, Vázquez Cereijo, Vieiro e Ignacio López. Tamén se expoñen algún gravados procedentes do MPLugo da autoría de Castelao e J. Prieto-Nespereira. Improntas Anunciáse así mesmo a próxima posta en marcha do proxecto ‘Improntas’ que contará con exposicións e obradoiros para todas as idades co obxectivo de
  • 47. Museo Pazo de Tor 46 divulgar o coñecemento das técnicas e a obra gráfica gravada e impresa dos fondos dos museos da Rede Museística. Estas actividades realizaranse nos 4 museos da Rede. María Xosé Domínguez: Pegadas dun compromiso, agora no Museo Pazo de Tor 8.6 Esta instalación, que formou parte de EU... TI... ELAS... NOSOUTRAS, NOSOUTRXS EN REDE, 12 proxectos que se expuxeron nos catro museos da Rede Museística e na sala de exposicións do Pazo de San Marcos desde o 1 de febreiro ata o 1 de abril de 2018, chega agora ao Pazo de Tor. Inauguración: venres, 18 de maio (Día Internacional dos Museos) ás 12:00h. A obra de María Xosé Domínguez ‘Pegadas dun compromiso, 2018’, que amosa fotografías pertencentes ao arquivo familiar da artista, agáchase unha crítica social, que cuestiona o que realmente implica o casamento, abordado desde unha perspectiva feminista, que nos convida a cuestionarnos quen somos. Para esta mostra no pazo de Tor incorporase a fotografía da última dona do Pazo, dona María de la Paz Taboada de Andrés e Zúñiga.
  • 48. Museo Pazo de Tor 47 «O que Busco con “Pegadas dun compromiso” é unha crítica, cuestionar o que implica o casamento, abordando o tema desde un punto de vista feminista. Unha crítica que traslado á peza a través das imaxes e dos textos que se proxectan no chan, que convidan o espectador e ao min mesma a preguntarnos Quen somos? As mulleres que aparecen nas fotografías pertencen á miña propia familia, unhas estampas que forman parte do arquivo familiar nas que se representan mulleres que viviron diferentes realidades e cuxas imaxes nos expoñen a súa propia realidade individual e intransferible no momento do casamento». María Xosé Domínguez
  • 49. Museo Pazo de Tor 48 8.7 Exposición: Roberto González Fernández. Control (Relixión) Con este cento de retratos de Roberto González Fernández, a maioría de homes, repartidos polos catro museos da Rede Museística o artista transcende o valor estético da obra de arte e proponnos reflexionar sobre a imaxe como comunicación, como símbolo que representa as formas históricas de relación social, especialmente as de control desde as diferentes formas de poder. A letra W coa que cada persoa retratada trata de protexerse representa o control que agora mesmo se exerce sobre os individuos desde as redes sociais. Na reflexión tamén dialogan os continentes, a carga histórica dos edificios dos museos co seu significado e tamén outras formas de creación como a poesía. No MPLugo o tema a repensar é a influencia (medos herdados / pegadas de ferro) dos gobernantes sobre a Historia. Na Torre de Xiá (Museo Fortaleza San Paio de Narla) resoan como “pedra dura” as pegadas do Poder sempre vixía. No edificio do Museo do Mar, antiga escola, medítase sobre a Educación (as orlas uniforman) e no Museo Pazo de Tor sobre a influencia abafante dos vellos credos. RGF xunto con María José Fernández, Marica Campo, Olalla Cociña e Olga Novo reflexionan, en resume, sobre o noso devir de seres vixiados, absolutamente controlados.
  • 50. Museo Pazo de Tor 49 O valor simbólico da imaxe, como representación do individuo e da sociedade, foi unha constante na historia da arte desde as súas orixes máis remotas. Dunha ou doutra forma, as institucións foron ocupándose de utilizalas para comunicar unha mensaxe para establecer xerarquías pero, tamén, para exercer algún tipo de control. Desde a Prehistoria, o ser humano sentiu a imperiosa necesidade, non só de representar, a través da pintura ou a escultura, o mundo que o rodeaba, senón de utilizar esa capacidade como un singular medio de comunicación. Desde a cultura mesopotámica e exipcia ata os nosos días, poderían encontrarse infinidade de exemplos onde un home, poucas veces unha muller, se dirixe ao espectador, xa sexa para revelarlle un secreto, comunicarlle un sentimento, darlle unha orde ou advertilo dun perigo. Aí están os Pantocrator das igrexas bizantinas que imprimían temor e obediencia, as representacións, case sempre idealizadas, de reis e gobernantes, pero, tamén, eses retratos funerarios de El Fayum que servían como carta de presentación, intermediarios entre os defuntos e os deuses ou eses retratos tan enigmáticos e cargados de simbolismo de Holbein el Joven. Esa tradición permaneceu, de forma ininterrompida, ata os séculos XIX e XX, cando os avances tecnolóxicos e outras novas formas de representación permitiron distintos tipos de comunicación e relevaron a un segundo plano ese vínculo máxico, esa ilusión que só ofrecía a pintura figurativa. Xa no S. XXI, RGF (Roberto González Fernández) quere renderlle unha homenaxe a esa antiga tradición coa súa serie W-DV. A través dun centenar de retratos pintados, seguindo estritos canons realistas -aínda que rompendo EXPOSICIÓN: Roberto González Fernández. Control (Historia) (do 7 de xuño ao 30 de setembro de 2018) (do 7 de xuño ao 30 de setembro de 2018) _____Horario de visitas MPTor De martes a domingo, visitas guiadas ás 11:00h, 12:30 h, 16:30h e 18:00h. Luns pechado Entrada gratuíta
  • 51. Museo Pazo de Tor 50 algunhas regras tradicionais do xénero do retrato-, volve a establecer unha comunicación directa entre os personaxes representados e o espectador, como o fixera o mesmo Holbein. Todos eles (homes na súa maioría) aparecen tapando o rostro coas súas mans, formando un W que cada un debuxa de forma persoal. A mensaxe que tratan de transmitir é a mesma, pero cada un o fai á súa maneira. Se por un lado enfatizan o papel preponderante das redes electrónicas -a omnipresente WWW -, por outro nos recordan o control que exercemos sobre os demais e, ao que ao mesmo tempo, estamos sometidos de forma permanente. Por outra parte, como ocorría nas igrexas, os palacios ou as tumbas, RGF desexa volver a establecer unha relación especial entre a obra e o espazo no que se encontra. Neste caso, os seus personaxes se converten en privilexiados interlocutores de distintas formas de control. Así, na capela do Pazo de Tor fan que reflexionemos sobre a relación, case hipnótica, que a relixión exerceu, ao longo dos séculos, colándose entre os obxectos relixiosos que poboan as súas paredes; no Museo do Mar recórdannos, a modo de orlas de profesores e alumnos, que ese lugar foi construído como unha escola e como a educación moldeou o noso destino; no castelo de Narla enfróntannos ao noso sometemento ante o Poder, transformados en inusitadas cámaras de vixilancia – en grupos de tres www- e, para terminar, no Museo Provincial onde, a través de sutís interferencias, nos mergulla no indefectible peso da historia que pensadores e gobernantes manipulan ao seu antollo. Javier Mazorra
  • 52. Museo Pazo de Tor 51 *** MEMORIA PARA LÚA LIBERTARIA Para a miña filla Lúa, que medra coa memoria do ben para ser libre. As Olgas Miña mai e mais eu levamos un nome ruso, coma unha matrioshka de múltiples estratos da memoria, que se apertan no círculo e se protexen no amor concéntrico. O meu avó materno deixou a porta aberta do seu batán no monte para os fuxidos, polo que as irmás do cura de Saá o ameazaron de morte. Aquela morte paseada no carreiro, na parede da aira, onda a estrada mesmo. Alí onde o tempo se detén: o meu avó Xosé era reloxeiro, enxeñeiro popular, arranxaba portas e caldeiros con remaches de latón sublime. Era, ante todo, unha boa persoa. E quizais por iso perigoso para o poder. Cando estaba a morrer, no leito, tras unha vida humilde entre arandelas e parafusos fermosísimos, botou serenamente da casa o cura que lle viña dar a extrema unción. Extrema bondade. Extrema intelixencia. Extrema dignidade. Meu avó escolleu para a súa filla e para min non o nome dunha santa senón o dunha planta que cura as mancadelas dos oleiros, o nome dunha terra especialmente fértil, pero sobre todo, un nome do leste coma a brisa do comunismo soñado e ideal. Levo o meu nome coma quen leva unha flor moi vermella no pelo. O altar que é unha fosa común Eu lin na misa desde os sete anos ata os dezaseis as terribles lecturas do Antigo Testamento e as non menos amargas cartas de Paulo ao Corintios, ordenando que as mulleres obedezan aos seus maridos. Aquilo nunca me gustou, e menos aínda pronunciar aquela palabra dun deus que só falaba en castelán. Ía erguidiña cara ao altar coa sinxela roupa de domingo dunha meniña de aldea, pero con dicción perfecta e un aquel dramático que lle encantaba ás vellas da parroquia. Eu non sabía que poñía os meus pequenos pés sobre dous pobres homes asasinados en 1937 nos arredores de Castroncelos, e que foran sepultados e tapados con pólas de carballo e carrascos alí mesmo, onde eu cada domingo, pronunciaba o nome do amor, o nome da paz, e o da suprema sabedoría. Alí seguen, os defuntiños de Montefurado que endexamais regresaron ao seu lugar e a quen os amaba. O crucifixo na escola
  • 53. Museo Pazo de Tor 52 Cada mañá rezabamos o padrenuestro naquel grupo escolar na democracia, que aínda cheiraba a santos óleos, aos coros da Sección Feminina e cantabamos el 13 de mayo, e flores a María. Un Cristo presidía as clases de matemáticas, as de ciencias naturais, as de galego... O mestre de sociais tiña unha vara longa e un rostro moi serio que nos amedrentaba. Algunhas mestras pegábanlles aos meniños, case sempre aos das últimas filas, cheos de sono e de remendos na roupa. Tirábanlle das trenzas a aquela compañeira pobre que soñaba sobre o pupitre con, eu que sei... ter unha casa quente, que non haxa goteiras, un plátano á merenda, ou chocolate. Pero o que máis importaba era aprender a regra de tres, saber o Credo vello, a Ave, os ríos golfos cabos e reis de España desde Recesvinto polo menos, cousas imprescindibles na nosa vida, que viamos na casa como levita o pan co lévedo, como son as follas lobuladas do carballo e que a curva é a verdadeira liña da vida, que aprendemos a munguir, a sementar, a apañar patacas, a pedir colo, leite, pan. A aprender a vivir sen a escola do crucifixo. NIN DEUS NIN AMO Cando se Ama. Olga Novo. Roberto González Fernández Nace en Monforte de Lemos (Lugo) en 1948. Entre 1969 e 1974 estuda na Escola de BB. AA. de San Fernando de Madrid. Trasládase a Edimburgo en 1977 e desde 1982 alterna a súa residencia e traballo entre esta cidade e Madrid. En 1984 é bolseiro por “The New York Foundation for the Arts”. Artista multidisciplinar interesado pola pintura como medio para expresar ideas e sentimentos, o seu estilo podería definirse como unha mestura entre formulacións conceptuais e realistas. Desde os seus comezos móstrase interesado pola figura humana, sempre constante ao longo da súa traxectoria e o modo de reflectir pictoricamente a vida interior dos seus personaxes. A preocupación de RGF polo espazo e polo tempo faise evidente tanto no estilo narrativo da súa obra como na organización seriada do seu traballo, cada nova invención procrea universos temporais e espaciais propios..
  • 54. Museo Pazo de Tor 53 8.8 EXPOSICIÓN: Estuches de Paradojas (Estoxos de Paradoxos). Banda de Arte Contemporánea Prestixiosos artistas interveñen o interior de estoxos de instrumentos musicais escamoteando no seu interior sorprendentes obras de arte contemporánea. As obras despréganse no Pazo de Tor sorprendendo ao espectador no seu percorrido polas súas estancias. Tres premios nacionais de Artes Plásticas, dous premios Velázquez de Artes Plásticas, unha Medalla de Ouro ao mérito en Belas Artes, dúas premiadas pola Asociación de Mulleres nas Artes Visuais… entre outros moitos recoñecementos suman os artistas que conforman a Banda de Arte Contemporánea. A mostra contará con actividades paralelas educativas na que se exporá situacións creativas similares a partir da entrega de estoxos de lapis a distintos colectivos sociais. EXPOSICIÓN: Estuches de Paradojas (Estoxos de Paradoxos). Banda de Arte Contemporánea Lugar: Museo Pazo de Tor (Monforte de Lemos) (do 26 de xuño ao 29 de setembro de 2018)
  • 55. Museo Pazo de Tor 54 _____Horario de visitas MPTor De martes a domingo, visitas guiadas ás 11:00 h 12:30 h, 16:30 h e 18:00 h. Luns pechado. Entrada gratuítInauguración: 26 de xuño, 20:00h. Organiza: Rede Museística da Deputación de Lugo Comisario: Isidro López-Aparicio Coordinación: Encarna Lago Artistas participantes: Esther Ferrer, Isidoro Valcárcel, Concha Jerez, José Iges, Juan Luís Moraza, Bene Bergado, Isidro López-Aparicio. Este proxecto usurpa o lugar que deberían ter os instrumentos de música dentro do estoxo por unha intervención artística. O comisario da mostra Isidro López-Aparicio, entregou os estoxos a unha selección de artistas expóndolles o reto de intervir no seu interior pero respectando totalmente a súa aparencia, de forma que os artistas puidesen viaxar con eles e para que todos xuntos aparentasen unha Banda de música pero que ao abrilos comezasen a aparecer propostas de arte contemporánea que se interpretan con partituras de forma que montaxe obras que ninguén podería esperar.
  • 56. Museo Pazo de Tor 55 O contedor é ocupado por un novo contido converténdose nun paradoxo e nunha oportunidade para que a creatividade sorpréndanos. Os estoxos que foron desaloxados convértense agora nos cómplices dunha nova travesía. A falta de apoio e o despoboamento rural ha levado a que moitas bandas locais desaparezan. Os instrumentos pasan a ser elementos decorativos nas paredes e os estoxos desposuídos do seu uso van ao lixo senón atopan unha nova vida. E é este reto que, con ousadía e desvergoña, asumiron os artistas como un estimulo creador. Partiamos dun conflito, un estoxo dun instrumento musical que perdeu a súa función, xa non ten o obxecto que lle dá razón, pero a súa orfandade foi retomada polos artistas resucitándoos e facendo que volvan viaxar a partir de pasar a conter propostas artísticas dunha mostra que viaxa. Todas as obras van dentro do estoxo sen alterarse a aparencia do estoxo, e todas as obras levan unha “partitura” na que están as indicacións para a montaxe. A mostra cun carácter claramente itinerante decidiu entre numerosas opcións que fose en Lugo no Pazo de Tor onde por primeira vez mostrarse. Tanto pola profesionalidade demostrada pola Rede Museística de Lugo na xestión de proxectos de gran calidade como polas características extraordinarias que achegaba o Pazo de Tor para mostrar as obras dunha forma sorprendente e innovadora. Artistas participantes: Banda de Arte Contemporánea - Este é o septeto co que comeza a Banda, pero a idea é que se amplíe e que como calquera Banda poida estar aberta a posibles colaboracións e a que se somen artistas convidados segundo os contextos. Entre estes sete artistas hai tres premios nacionais de Artes Plásticas, unha Medalla de Ouro ao mérito en Belas Artes, dous Premios Velázquez de Artes Plásticas, dúas premiadas pola Asociación de Mulleres nas Artes Visuais, hai un enxeñeiro industrial, unha experta en Ciencia Políticas, un master en
  • 57. Museo Pazo de Tor 56 Xestión Ambiental pola U.E., tres doutores en Belas Artes, un en Ciencias da Información, un compositor, unha pianista polo Real Conservatorio de Música de Madrid, etc. É difícil atopar un museo nacional no que non expuxesen: Museo Centro de Arte Contemporánea Raíña Sofia ( MNCARS) Madrid, Museo d’ Art Contemporani de Barcelona ( MACBA), Museo-Centro Vasco de Arte Contemporánea, Vitoria- GAsteiz ( ARTIUM), Domus Artium 2002 de Salamanca (DÁ2), Museo de Arte Contemporánea de Castela e León (MUSAC), Centro Andaluz de Arte Moderna, Sevilla ( CAAC), Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)… E en espazos internacionais como a Fundación JUMEX ( Mexico), Darat ao Funum (Aman), Tate ( London), Festival FASE (Berlín), Alte Schmiede (Viena), Frieze Art Fair (Londres), ZonaMACO (Mé xico D. F), CIGE ( Beijing), SHcontemporary (@Shangai), Art Basel Miami Beach (Miami), Art Chicago (Chicago), ARTISSIMA ( Turí n), Art Forum( Berlí n), ART BRUSSELS (Bruxelas), The Gramercy International Contemporary Art Fair ( New York, Os Angeles e Miami) , Bienal de São Paulo, Bienal de Venecia. Suman infinidade de conferencias, seminarios, libros artigos… en resumo constitúen unha poderosa banda heteroxénea e complementaria repleta de rexistros de forma que coordinados por Isidro López-Aparicio conforman a Banda de Arte contemporánea BAC, aberta á incorporación de novos artistas, conforme á xira expositiva discorra. - Isidoro Valcárcel Medina -Concha Jeréz -José Iges -Bene Bergado -Juan Luís Moraza -Isidro López-Aparicio -Esther Ferrer
  • 58. Museo Pazo de Tor 57 8.9 EXPOSCIÓN Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia O Consello da da Cultura Galega, coa colaboración e axuda da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, leva a cabo iniciativas de investigación e recuperación sobre a emigración en América. Esta parcería fixo posible, entre outros proxectos, a catalogación das construcións escolares financiadas polos emigrantes nas catro provincias galegas e, tamén, a exposición que agora presentamos. Luces de Alén Mar. As escolas de americanos en Galicia véna subliñar, dunha parte, a dimensión da efeméride do centenario fundacional das Sociedades Galegas de Instrución radicadas en América e, doutra, as súas realizacións académicas nas localidades de procedencia dos emigrantes.
  • 59. Museo Pazo de Tor 58 9. CONGRESOS. 15/03/2018 O 15 de marzo de 2018 foi presentado na sala Multiusos o V Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación, unha nova edición deste encontro anual organizado pola Rede Museística. Durante as tres xornadas que durarán, 15, 16 e 17 de marzo, relatores e asistentes (limitado a 50) percorrerán os catro museos da Rede: Museo Provincial de Lugo, Museo Provincial do Mar, Pazo de Tor e Museo Fortaleza San Paio de Narla. V Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación A Diputación de Lugo, a través da súa Rede Museística (Museo Provincial de Lugo, Museo Provincial do Mar, Pazo de Tor e Museo Fortaleza San Paio de Narla) organiza, para os días 15, 16 e 17 de marzo de 2018, o V Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación. Esta edición, en correspondencia cos anos anteriores, forma parte do Plan de museos, xéneros, arte, educación e igualdade co que se compromete, como institución pública, a promover políticas de igualdade e ofrecer espazos de diálogo e cohesión social. Como museos de comunidade somos responsables de reflectir a diversidad da
  • 60. Museo Pazo de Tor 59 sociedade e ofrecer ferramentas para o seu desenvolvemento a través da arte e a didáctica. Esta responsabilidade ponse en práctica, no labor mediadora dos museos, mediante unha metodoloxía incluyente e normalizadora, que elude a segregación de actividades por sexo, grupo social ou cultural. Tamén nesta ocasión o Congreso incorpora o proxecto seleccionado por Ibermuseos na convocatoria Conversacións: Guerrilla de Palabras. Oficio palabrero/palabrera. O interese suscitado nos encontros anteriores sitúanos no deber de seguir evolucionando e ofrecer experiencias e reflexións coas que ampliemos a nosa perspectiva sobre a relación transformadora da cuestión dos xéneros, da creación artística e da educación. Os contidos deste congreso son produto da reflexión e da autocrítica. Unha perspectiva de diversidad dos xéneros non é unha cuestión únicamente de mulleres, o cal continuaría mantendo os mesmos arquetipos de división. Estas xornadas reflexionan sobre como os museos mostran e favorecen a presenza e a atención sobre a pluralidade de xéneros e os seus papeis na historia e na sociedade a través dos seus discursos museográficos, coleccións e actividades. Con este obxectivo, o noso programa invita a lxs congresistas a asistir á clase perigosa, un encontro que reúne as teorías de xénero, o activismo feminista, a ciencia xurídica, a ciencia social, a biopolítica, as novas tecnoloxías, a arte e a práctica institucional. Outras sesións converten os museos da Rede en plataformas de exposición para colectivos e activistas da defensa dos dereitos sobre a identidade sexual, social, artística ou cultural; en espazos de difusión de prácticas artísticas feministas internacionais; en presentación de experiencias de participación e igualdade en museos; e en mesas sobre a creación artística en relación á violencia de xénero. En definitiva, unhas xornadas para seguir crecendo, compartir posturas sen postureos, e participar no debate con profesionais, investigadorxs, críticxs, artistas e activistas.
  • 61. Museo Pazo de Tor 60 COORDINACIÓN XERAL. Encarna Lago González No acto de inauguración participaron, a Deputada da Área de Cultura Pilar García Porto, deputada responsable da área de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, a directora do MPLugo, Aurelia Balseiro, e a xerente da Rede Museística, Encarna Lago. As xornada no Museo Pazo de Tor iniciou co seguinte plan de traballo. Cos seguintes ponentes. >> 15.30 Salida del autocar para el Museo Pazo de Tor (Monforte de Lemos). >> 16.30 Comienzo de las siguientes intervenciones: _Rosario Sarmiento. Arte e muller na Galicia contemporánea. Licenciada en Xeografía e Hª, cunha ampla traxectoria profesional na programación e xestión de proxectos culturais. Con máis de trinta anos de experiencia profesional dirixiu a colección de arte Caixa Galicia, actualmente Abanca. Foi subdirectora da Fundacion Caixa Galicia. Colaborou con institucións como a Academia Galega de Belas Artes, Auditorio de Galicia, Concello dá Coruña, Xunta de Galicia, Museo Casa
  • 62. Museo Pazo de Tor 61 Natal Picasso, Chillida-Leku, Casa do Lector Madrid, Museo e Bienal de Pontevedra, Museo dás Mariñas e Museo Arqueolóxico dá Coruña. _Aurora Marco. Derrubaron muros, ocuparon espazos: Elas. Catedrática de Didáctica da Lingua e Literatura Galega da USC xubilada. No campo da investigación, é autora de vinte libros e máis de cen artigos publicados en revistas especializadas e en reunións científicas. Editora de varios volumes e colaboradora de numerosas obras colectivas, entre os seus libros destacan: As Precursoras. Achegas para ou estudo dá escrita feminina (1993); Mulleres e educación en Galiza. Vidas de mestras (2002); Áurea Lorenzo Abeijón. Queixas, editora (2004); Dicionario de mulleres galegas (2007); Mulleres na guerrilla antifranquista galega (2011), Teresa Alvajar López. Memorias dunha republicana, editora (2012); Elas (2015). Para a recuperación da historia das mulleres galegas, recibiu numerosos premios. >> 17.30 Pausa ? café. >> 18.00 Visita ao Museo Pazo de Tor e ás exposicións temporais. >> 19.00 Comezo das seguintes intervencións: _Concha Gaudó Gaudó. Wilpf. 100 anos de feminismo pacifista. Catedrática de Xeografía e Historia (xubilada). Nai e avóa. Pertence, desde o seu fundación ao Seminario Interdisciplinar de Estudos da Muller da Universidade de Zaragoza (SIEM) e á Liga Internacional de Mulleres pola Paz e a Liberdtad (WILPF, siglas en inglés). Desde fai moitos anos traballa nun equipo formado por Carmen Romeo Pemán, Inocencia Torres Martínez, Cristina Baselga Mantecón, Gloria Álvarez Roche e Piluca Fernández Chamas, todas profesoras de distintos ámbitos en temas de educación:
  • 63. Museo Pazo de Tor 62 educación das mulleres, coeducación e educación para a paz, que prepara a rededición do callejero ?A Zaragoza das mulleres? e a guía didáctica ?Paseos pola Zaragoza da mulleres?, así como tamén ?Unha viaxe cara á voz, o traballo e o voto das mulleres?, primeiro material audiovisual para a coeducación. _Carolina Casal Chico: MDCL 2.0 na procura dun mundo esquecido. Museóloga-Conservadora do Museo Diocesano e Catedralicio de Lugo. Profesora de Historia da Arte IV Ciclo Universitario USC. Licenciada con Grado en Historia da Arte e Diploma de Estudos Avanzados en Historia da Arte Medieval pola USC. Membro da Rede de Estudos Medievais da USC e de laComisión de Patrimonio Histórico Artístico e Liturgia da Diócesis de Lugo. Autora, directora e comisaria de diferentes proxectos museológicos, congresos científicos e exposicións; centra as súas investigacións no estudo da iconografía da arte tardo antigo e medieval e conta na súa haber con numerosas publicacións. >> 20.00 Debate. >> 20.30 Regreso a Lugo.
  • 64. Museo Pazo de Tor 63 10. PROGRAMA DE COLECCIÓNS. 10.1 INVENTARIO TOPOGRÁFICO, NOVA BASE DE DATOS DE INVENTARIO TOPOGRÁFICO. Co motivo da futura inclusión do Museo Pazo de Tor Ao longo do ano 2017 procedeuse a unha revisión do inventario topográfico para adecualo aos novos inventarios museolóxicos actuais, coa adaptación de novos campos da base de datos e unha revisión ao completo dos tesauros. Tamén se está a aproveitar este proceso para a incorporación de novas pezas inventariadas pero que non figuraban na localización topográfica. O procedemento parte da escolama dunha ferramenta ofimática de Microsoft, Acces 2013. A base anterior tamén estaba en Acces (2003) esta constaba dunha única táboa onde figuraban todos os campos, un total de 43 campos de consulta. Captura da Vista Deseño da anterior base de datos: A base de datos contaba cun modelo de formulario na que figuraraban 33 campos de consulta
  • 65. Museo Pazo de Tor 64 A actual base de datos consta de 63 campos de consulta con 10 táboas anexas onde 9 son bases de datos de tesauros que corresponden aos seguintes campos: - Clasificación xenérica - Decoración - Estado de conservación - Materia - Museo - Nome do obxecto - Técnica - Temas Achégase abaixo unha captura de Vista deseño da táboa principal
  • 66. Museo Pazo de Tor 65 Achegamos a Vista Deseños dunha tábaoa anexa. Este novo formato permite consultas e aplicar filtros máis precisos, permitindo cotexar diferentes tipoloxías de pezas para o seu estudo comparativo. Permite tamén crear un inventario de consulta e un catálogo topográfico.
  • 67. Museo Pazo de Tor 66
  • 68. Museo Pazo de Tor 67 11. PUBLICACIÓNS, INTERACIÓNS CO PÚBLICO E NAS REDES SOCIAIS. 11.1 FACEBOOK O Museo Pazo de Tor está presente en diferentes plataformas de redes sociais, facebook e a rede máis activa (info gráfica indice 1.1 – anexo O Museo Pazo de Tor e as redes sociais. A mesma ten unha actualización diaria, informando aos usuarios e aos seguidores. Establécese tamén un típo de interacción non só de ralato senón de reflexión e de difusión. En canto a interacción destacamos a actividade “A parte polo todo” no cal os usuarios tiñan que averiguar qué peza é do fondo do museo a partir da visualización dun fragmento. https://es-es.facebook.com/museopazodetor/
  • 69. Museo Pazo de Tor 68 11.2 BLOGUER O Museo Pazo de Tor tamén está presente en Twitter canlen que principalmente ten un uso de difusión de novas publicadas no facebook. Oblog do Museo Pazo de Tor tamén é unha canle de grande interes onde, o publicado, alí está máis polo miudo, recentemente fíxose unha laboura descriptiva e de catalogación de certas pezas de interés do museo, onde tamén a modo participativo dende facebook se invita a achegar información por parte dos seguidores sobre as pezas presentadas no muro 11.3
  • 70. Museo Pazo de Tor 69 INSTAGRAM Publicación no instagram especialmente na Semana dos Museos, visita ao Pazo por pezas individuais, cada día se subían 2 pezas ou framentos das mesmas para reparar nos detalles. 12. PROGRAMA DE PERSOAL Xerencia: Encarna Lago González Arquivo e Biblioteca: Juan Márquez Barro Vixilancia: Silvia Fiallega Lorenzo (Museo Provincial de Lugo setembro 2018) Auxiliar de Sala: Verónica Fernández Fulgencio Auxiliar de Sala: Simón Vicente López Vixilancia-Guía: Tar López López Este ano incorpóranse novos compañeiros ao equipo do Museo Pazo de Tor da Rede Museísitca, Verónica e Simón que foron clave para levar a cabo diferentes tarefas e de seguro que arportarán moitísimo de cara novos retos como así o están a facer. Silvia Fiallega Lorenzo logo de aportar tantísimo en todos os ámbitos de actuación que se levan a cabo no Pazo de Tor trasládase ao Museo Provincial de Lugo seguindo, pois, formando parte do equipo da Rede museística e de seguro, partícipe de novos proxectos no Museo Pazo de Tor.