SlideShare a Scribd company logo
1 of 183
Museo Provincial do Mar
1
INDICE
1.LIMIAR ..............................................................................................................................2
2. ESTADISTICA ANUAL DE VISITANTES..................................................................3
3. PROGRAMA ARQUITECTÓNICO..............................................................................9
4. PROGRAMA DIDÁCTICO..........................................................................................18
4.1. ACTIVIDADES ESCOLARES..................................................................18
4.2. OBRADOIROS DE VERÁN......................................................................57
4.3. OBRADOIROS DE NADAL ......................................................................76
4.4. OBRADOIROS DO CLUB PEQUEAMIG@S ........................................84
5. PROGRAMA DE ACCIÓN CULTURAL.................................................................112
5.1. PROGRAMA DA TERCEIRA IDADE....................................................112
5.2. SEMANA DOS MUSEOS........................................................................121
5.3. PROGRAMA DE MUSEOLOXÍA SOCIAL...........................................129
5.4. PROGRAMA DE EXPOSICIÓNS ..........................................................150
5.5. SERVIZO DO MUSEO PARA OUTRAS ACTIVIDADES ..................162
5.6. PROGRAMA DE CONFERENCIAS......................................................170
5.7. PROGRAMA DE CONGRESOS ...........................................................175
5.8. PROGRAMA DE CINE ............................................................................181
6. PROGRAMA DE PERSOAL....................................................................................182
Museo Provincial do Mar
2
1. LIMIAR.
Atopámonos mergullados nunha etapa de cambios sociais, económicos e
culturais, aos que os museos, como institucións vivas non poden ser alleos.
A Rede Museística Provincial de Lugo tense involucrado activamente en dar
resposta a estes cambios, en dialogar coa sociedade na procura dun museo máis
aberto, accesible, intercultural, inclusivo, cercano e sostible, no que se traballa na
transmisión de valores transversais como a igualdade, solidaridade,
multiculturalidade, diversidade ou a sostibilidade.
Deste xeito estamos a conquerir que os museos da Rede Museística da
Deputación Provincial de Lugo, e o Museo Provincial do Mar se convirtan en novos
espazos de participación cidadán, de convivencia e cohexión social e apostando
pola sostibilidade.
O museo sostible,coida o patrimonio para as xeracións vindeiras, implícase
coa súa comunidade, e traballa coa educación e a concienciación en valores e
prácticas sostibles.
So desde unha colaboración conxunta de Museo vs comunidade na
preservación integral do patrimonio, daremos paso a un proceso de apropiación e
capacitación por parte da propia comunidade que será a que pase a exercer un uso
responsable dos seus recursos patrimoniais para lograr un desenrolo local sostible.
No Museo do Mar, estamos moi orgullosxs de que a nosa comunidade
efectivamente se teña empoderado e que esté canda nos a ser axente do cambio.
Agardamos non defraudala para seguer á procura dunha sociedade diversa,
equitativa, solidaria e sostible.
Se remamos xuntx, é posible.
Museo Provincial do Mar
3
2. ESTADÍSTICA ANUAL DE VISITANTES.
Xaneiro Nº total de visitantes 1060
3 grupos escolares 47
13 grupos adultos 320
Visitas individuais 519
Febreiro Nº total de visitantes 1097
3 grupos escolares 88
16 grupos adultos 428
Visitas individuais 234
Marzo Nº total de visitantes 1929
7 grupos escolares 116
29 grupos adultos 799
Visitas individuais 733
Abril Nº total de visitantes 2210
5 grupos escolares 18
51 grupos adultos 1534
Visitas individuais 210
Maio Nº total de visitantes 2319
13 grupos escolares 395
37 grupo adultos 1000
Visitas individuais 550
Museo Provincial do Mar
4
Xuño Nº total de visitantes 2663
15 grupos escolares 1474
49 grupos adultos 461
Visitas individuais 1238
Xullo Nº total de visitantes 3932
13 obradoiros 248
64 grupos adultos 2017
Visitas individuais 1667
Agosto Nº total de visitantes 4537
7 grupos escolares 309
41 grupos adultos 1043
Visitas individuais 3185
Setembro Nº total de visitantes 1912
30 grupos adultos 901
Visitas individuais 1011
Outubro Nº total de visitantes 2022
5 grupos escolares 119
36 grupos adultos 1040
Visitas individuais 863
Novembro Nº total de visitantes 1634
Museo Provincial do Mar
5
3 grupos escolares 63
30 grupos adultos 923
Visitas individuais 650
Decembro Nº total de visitantes 1405
6 grupos escolares 66
25 grupos adultos 627
Visitas individuais 712
Total visitantes anuais 26720
1026 906
1807
2259
2186
2344
3726
4423
1842 1949
1360
1299
1060 1097
1929
2210 2319
2663
3932
4537
1912 2022
1634 1405
0
500
1000
1500
2000
2500
3000
3500
4000
4500
5000
MUSEO PROVINCIAL DO MAR
Ano 2017
Ano 2018
Museo Provincial do Mar
6
XANE FEBR MARZ ABRIL MAIO XUÑO XULLOAGOS SET OUT NOV DEC ANUAL
HOMES 436 487 847 941 1084 1131 1778 2145 841 895 659 627 11871
MULLERES 624 610 1082 1269 1235 1532 2154 2392 1071 1127 975 778 14849
0-10 161 137 225 85 360 353 480 716 95 116 112 136 2976
11-14 12 13 47 28 66 89 171 358 17 85 15 22 923
15-18 26 26 26 13 39 27 89 148 16 3 9 18 440
19-25 38 35 21 13 5 22 81 116 31 23 34 33 452
26-40 188 158 253 132 155 186 479 426 111 106 107 144 2445
41-65 384 411 810 717 766 732 1445 1949 837 667 522 544 9784
66 251 317 547 1222 928 1254 1187 824 805 1022 835 508 9700
LUGO CIDADE 113 67 150 105 62 236 376 377 136 74 114 78 1888
LUGO PROVINCIA 570 595 666 409 991 751 975 603 292 456 534 565 7407
GALICIA 175 113 332 304 467 657 598 766 312 364 149 105 4342
ANDALUCIA 7 1 8 8 58 93 28 9 212
ARAGON 16 2 16 19 64 45 7 55 224
ASTURIAS 41 54 179 302 199 203 293 496 138 168 178 74 2325
BALEARES 2 0 3 7 0 4 1 17
CANARIAS 1 7 0 10 11 2 2 33
CANTABRIA 3 5 3 61 103 13 16 6 4 2 216
CATALUÑA 4 4 4 4 10 62 145 13 70 6 322
CASTILLA-LEON 116 227 175 384 67 327 282 397 341 286 401 204 3207
CASTILLA-LA MANCHA 10 61 14 22 191 211 13 200 67 2 791
EUSKADI 11 49 28 5 48 78 223 42 18 29 28 559
EXTREMADURA 5 56 13 22 73 139 0 308
MADRID 10 21 311 467 471 270 602 805 376 164 154 173 3824
MURCIA 2 6 14 2 8 46 51 9 59 67 264
NAVARRA 4 4 12 14 6 0 2 42
LA RIOJA 54 11 45 12 9 0 131
VALENCIA 1 0 55 90 9 62 4 66 287
ESTRANXEIROS 3 9 15 10 26 15 57 105 24 25 32 321
MAÑAS 729 724 1329 1636 1597 1906 2831 2734 1459 1346 1086 1098 18475
TARDES 331 373 600 574 722 757 1101 1803 453 676 548 307 8245
LUNS 0
MARTES 128 71 115 196 314 287 650 885 224 348 292 189 3699
MERCORES 183 165 212 324 415 340 745 824 470 275 95 137 4185
XOVES 189 103 274 217 334 349 599 692 194 456 371 227 4005
VENRES 129 111 395 312 413 666 656 902 177 355 205 267 4588
SABADO 257 300 652 713 469 662 513 741 398 396 303 251 5655
DOMINGO 174 347 281 448 374 359 769 493 449 192 368 334 4588
GRUPOS ESCOLARES 47 88 116 18 395 369 248 309 119 63 66 1838
GRUPOS ADULTOS 320 428 799 1534 1000 1474 2017 1043 901 1040 921 627 12104
VISITAS INDIVIDUAIS 519 234 733 210 550 461 898 2692 562 671 282 378 8190
DOMINGOS NO MUSEO 174 347 281 448 374 359 769 493 449 192 368 334 4588
TOTAIS MENSUAIS 1060 1097 1929 2210 2319 2663 3932 4537 1912 2022 1634 1405 26720
*RESUME
EXTRANXEIROS
ALEMANIA
ARXENTINA
BRASIL
CUBA
BELGA
COLOMBIA
CHINA
RUSIA
HOLANDA
ITALIA
ESCOCIA
RUMANIA
EEUU
FRANCIA
TURQUIA
GRECIA
SUIZA
PORTUGAL
IRLANDA
REPU.CHECA
SUECIA
XAPÓN
REINOUNIDO
INDIA
MEXICO
LITUANIA
SÁHARA
POLONIA
ANUAL
XANEIRO 2 1 3
FEBREIRO 1 6 2 9
MARZO 2 1 1 2 7 2 15
ABRIL 2 2 3 2 1 10
MAIO 6 1 3 2 2 2 2 8 26
XUÑO 3 4 1 4 1 2 15
XULLO 6 2 2 3 4 18 4 6 11 1 57
AGOSTO 5 3 10 2 44 15 7 13 4 2 105
SETEMBRO 4 5 1 4 1 2 2 2 3 24
OUTUBRO 1 1 2 1 2 1 2 2 4 4 1 2 2 25
NOVEMBRO 0
DECEMBRO 2 3 3 12 1 1 2 2 3 1 30
TOTAL 26 25 1 3 2 6 40 2 2 11 2 2 6 72 2 4 23 30 2 1 13 6 29 1 1 2 1 2 319
* Nº DE GRUPOS XANE FEBR MARZ ABRIL MAIO XUÑO XULLOAGOS SET OUT NOV DEC ANUAL
Nº GRUPOS ESCOLARES 3 3 7 2 13 15 13 7 5 3 6 77
Nº GRUPOS ADULTOS 13 16 29 51 37 49 64 41 30 36 30 25 421
16 19 36 53 50 64 77 48 30 41 33 31 498
26720
RESUME DE VISITAS ANUALES MUSEO PROVINCIAL DO MAR 2018
26720
26720
26720
26720
Museo Provincial do Mar
7
0
500
1000
1500
2000
2500
3000
3500
4000
4500
5000
1060 1097
1929
2210 2319
2663
3932
4537
1912 2022
1634
1405
Por número de visitantes
11%
3%
2%
2%
9%
37%
36%
Por idades
0-10
11-14
15-18
19-25
26-40
41-65
66
Museo Provincial do Mar
8
0
1000
2000
3000
4000
5000
6000
7000
8000
1888
7407
4342
212224
2325
17 33216322
3207
791
559
308
3824
264
42 131287321
Por Procedencias
LUGO CIDADE LUGO PROVINCIA GALICIA ANDALUCIA
ARAGON ASTURIAS BALEARES CANARIAS
CANTABRIA CATALUÑA CASTILLA-LEON CASTILLA-LAMANCHA
EUSKADI EXTREMADURA MADRID MURCIA
NAVARRA LA RIOJA VALENCIA ESTRANXEIROS
0
3699
4185
4005
4588
5655
4588
0 1000 2000 3000 4000 5000 6000
Por días da semana
DOMINGO
SABADO
VENRES
XOVES
MERCORES
MARTES
LUNS
Museo Provincial do Mar
9
3. PROGRAMA ARQUITECTÓNICO
Conservación de infraestruturas
Recepción das novas cartelas para o Museo do Mar o 31 de xaneiro, que
foron colocadas, sustituindo as vellas, nos días seguintes polo persoaldo
Museo.
Museo Provincial do Mar
10
 Tarefas de xardinería levadas a cabo polo Concello de Cervo: 22 febreiro,
13 de abril, 2 e 23 maio, 28 xuño.
Museo Provincial do Mar
11
Limpeza exterior do Museo a cargo da empresa Eulen : 14 marzo limpan
cristales, 5 xuño limpan cristales e rampa, 17 de xullo entrega de material.
Museo Provincial do Mar
12
 Desrartización pola empresa Prolidesma: 2 de maio e 1 de xuño.
 Revisión extintores a cargo da empresa Apagal : 23 marzo, 1 xuño , 27
setembro.
 Alarmas e cámaras de vixiancia a cargo da empresa bastet inginenieria:
son revisadas o 4 de abril, o 19 de abril instálaseunha nova alarma e o 30
de maio chega un mando para o seu manexo que no mesmo día é
configurado coas indicacións telefónicas dadas polo técnico.
2 de agosto ven un técnico da empresa a revisar as cámaras.
Museo Provincial do Mar
13
 Servizo do CAU: O 9 de marzo, un técnico do CAU procedea levar un
ordenador de mesa averiado e dúas impresoras, deixando unha
impresora e dous portátiles.
Museo Provincial do Mar
14
 25 cadeiras apilables forradas en tea azul , do mesmo modelo que outras
25 xa existentes no Museo, son traídas o 9 de marzo, con motivo da
próxima celebración do V Congreso de Xénero, e que pasarán a formar
Museo Provincial do Mar
15
parte do mobiliario do Museo Provincialdo Mar.
 Recíbese o 9 de marzo un lote conformado por 3 caixas de libros da S. A.
de Xestión do Plan Xacobeo y de Turismo de Galicia.
Museo Provincial do Mar
16
 Membros do Departamento de Arquitectura da Deputación Provincialde
lugo, proceden no 13 de marzo a sustituir lámpadas e focos fundidos nas
diversas salas do Museo, e a instalar un sistema de cerre na porta
principal do mesmo.
Museo Provincial do Mar
17
 Tarefas de xardinería levadas a cabo polo Concello de Cervo: (10
agosto)
Museo Provincial do Mar
18
4. PROGRAMA DIDÁCTICO
4.1. Actividades escolares
Museo Provincial do Mar
19
MAR DE LUGO-UNIDADE DIDÁCTICA
1-Descrición
2-Obxectivos
3-Competencias básicas
4-Contidos de aprendizaxe
4.1-Conceptuais
4.2-Actitudinais
4.3-Procedementais
5-Metodoloxía
Museo Provincial do Mar
20
6-Secuencia de actividades
7-Recursos materiais
8-Organización do espazo e tempo
9-Avaliación
10-Atención á diversidade
1-Descrición
Lugo é unha provincia con mar. É algo evidente pero que realmente moita xente
descoñece. A imaxe que se proxecta da provincia desde o exterior é a dun territorio
interior marcado por vales, chairas e montañas. Isto non ten nada de malo pero a
provincia de Lugo é máis diversa, cunha riqueza para poñer en valor en moitos
sentidos.
Lugo ten mar, ten unha das maiores frotas pesqueiras do Cantábrico, ten praias,
ten mareas e ten temporais. E Lugo ten unha xanela aberta ao mar en forma de
Museo Provincial do Mar.
O museo conta a historia épica de navegantes e cazadores de baleas, con espazo
para o lirismo narrativo das praias repletas de cunchas que cantan ás pescantinas
ao traballar. Trátase dun museo que fala da historia do ser humano pero tamén da
tremenda e fráxil biodiversidade do medio mariño. Un museo para aproveitar e
simbolizar esa parte da provincia de Lugo que mira ao norte e nos conecta co
mundo «mar por medio».
Así, desde a Rede Museística Provincial de Lugo, consideramos que esta
ferramenta en forma de museo é útil para a aprendizaxe en valores, coñecementos
e procesos dxs futurxs cidadáxs do mañá.
Museo Provincial do Mar
21
Deste xeito propoñemos esta unidade didáctica para que a rede colaborativa na
que traballamos se estenda tamén aos centros educativos, que xeren sinerxías
connosco na formación desde o respecto axs outrxs e á propia natureza.
Estimamos que o Museo Provincial do Mar é un espazo onde se poden aprender
importantes leccións sobre o noso pasado común e tamén sobre os desafíos do
futuro. Por isto, convidamos a aprender con nós por medio desta unidade didáctica.
2-Obxectivos
1-Comprender a diversidade do medio natural e dos biotipos asociados ao mesmo.
2-Observar e entender a diversidade de formas humanas que se adaptan ás
distintas formas do territorio.
3-Aproximarse á diversidade ecolóxica como forma de riqueza, tanto natural como
económica.
4-Utilizar o Museo Provincial do Mar, que garda a memoria colectiva da comunidade
local, como xanela aberta ao mar da provincia de Lugo difundindo o carácter
marítimo da mesma.
5-Empregar o patrimonio biolóxico e natural como chamada á conservación do
medio e non ao coleccionismo de tesouros naturais.
6-Entender os obxectos como exemplos de vida, de actividade humana, como
reforzo dunha historia antes que como fetiches que garden algo en si mesmos.
7-Comprender o fracaso como algo consubstancial á praxe a partir do naufraxio
como inherente á navegación.
8-Valorar a contribución do pasado e das persoas maiores para a construción da
sociedade actual, tanto nos aspectos económicos e materiais como nos culturais e
políticos.
Museo Provincial do Mar
22
9-Entender as formas tradicionais de traballo como formas colaborativas de
produción e consenso.
10-Comprender o carácter finito dos recursos naturais e a necesidade de
interactuar cos mesmos desde o equilibrio ecolóxico.
11-Ver o museo non como un almacén de obxectos e coñecementos, senón como
un lugar dinámico onde existe lugar para o lecer e para compartir experiencias.
12-Pensar na costa non só como lugar de sol e praia, tamén como conxunto
complexo de interaccións humanas e naturais que, con carácter histórico,
resultaron nunhas formacións naturais e culturais determinadas.
13-Entender a permanencia de actividades tradicionais en áreas con orientación
turística como un patrimonio cultural e unha riqueza para oriúndxs da Mariña e para
visitantes.
14-Eliminar culturas sexistas mediante a comprensión de que os actuais roles de
xéneros non son universais, nin tampouco resultado dunha división do traballo
debido a unha maior fortaleza física ou predisposición natural.
15-Relativizar a diversidade funcional eliminando unha interpretación limitadora ao
relacionar traballos diferentes con persoas diferentes, contribuíndo todxs ao ben
común.
3-Competenciasbásicas
Competencias lingüísticas
Escoitar
Conversar
Ler
Museo Provincial do Mar
23
A maior parte das actividades realízanse de forma oral ou nun espazo educativo
marcado pola oralidade. Isto contribúe a mellorar o desenvolvemento da lingua oral
no alumnado, especialmente naqueles parámetros marcados polo seu exercicio en
grupo.
Competencias matemáticas
Comprensión, representación e medida do espazo
O traballo en base a instrumentos de navegación, así como á comprensión da
paisaxe e o traballo en escala contribúe a mellorar as capacidades en relación á
conversión matemática da realidade física.
Coñecemento do medio
O conxunto da unidade didáctica versa sobre o coñecemento das realidades natural
e cultural dunha parte da provincia de Lugo, representada mediante o Museo
Provincial do Mar. Tamén trata o carácter ecoloxicamente diverso do medio mariño
polo que, o conxunto da actividade reforza, con carácter xeral, o coñecemento do
medio.
Competencia social e cidadá
Relacións persoais
Traballo cooperativo
Interacción e coñecemento da realidade social
Museo Provincial do Mar
24
A idea de museo comunitario construído en base a redes de traballo colaborativo e
a súa reprodución no proceso de aprendizaxe, mellora as competencias sociais e
cidadás do alumnado.
Competencia cultural e artística
Coñecemento do patrimonio
Construción cultural compartida
O museo é a ferramenta máis usual na conservación e disposición do patrimonio.
Ademais, o enfoque concreto da Rede Museística Provincial de Lugo fundaméntase
no traballo en proxectos de base colaborativa e que aporten valor engadido á
educación comunitaria.
Aprender a aprender
A aprendizaxe non só se realiza en centros educativos. A descuberta dun museo é
tamén a descuberta dunha nova forma de aprendizaxe, de carácter curricular ou
non curricular, pero cun contido fondamente social. Aprender en sociedade.
4-Contidos de aprendizaxe
4.1-Conceptuais
O museo como espazo de memoria
Evolución da navegación
Construción e tipoloxía das embarcacións tradicionais
Actividade pesqueira e marisqueira. Traballos derivados
Museo Provincial do Mar
25
Non só peixes. Outros animais mariños
Os grandes mamíferos mariños. A balea e a súa caza
4.2-Actitudinais
Valorar os obxectos como pezas de memoria
Actitude de respecto polo medio natural
Valorar o complexo como sumatorio de cousas
Actitude de respecto perante o outro
Sensibilidade respecto do herdado do pasado
Valorar o traballo e as tarefas de todxs por igual
4.3-Procedementais
Relación entre narración, relato e realidade material
Discernir o fundamental do accesorio
Conservación da memoria
Utilización da perspectiva, da maqueta ao real
Evolución tecnolóxica como espiral
Repartición igualitaria das tarefas
Adaptación ás circunstancias cambiantes en cada lugar
Relativización da propensión natural para o éxito
Museo Provincial do Mar
26
5-Metodoloxía
Aprendizaxe funcional.
Enfoque globalizante.
Enfoque lúdico.
Protagonismo do alumnado
Metodoloxía activa.
Contextos significativos.
Aprendizaxe cooperativo.
6-Secuencia de actividades
ACTIVIDADES NA AULA
Coñecemos a costa e o mar de Lugo a través de mapas, fotografías e textos.
Pensamos en museos da nosa órbita xeográfica e social segundo o lugar do centro
de ensino.
Reflexionamos sobre as paisaxes da nosa comarca e os traballos tradicionais.
Especulamos sobre o que pode haber nun museo adicado ao mar.
Traballamos sobre a historia da navegación.
Reflexionamos sobre todo aquilo que pode ofrecer o mar e a ribeira.
Enumeramos e investigamos sobre os animais que viven no mar e nas áreas
costeiras.
Museo Provincial do Mar
27
ACTIVIDADES NO MUSEO
1-Visita guiada ao museo
O museo como relator de historias. Con esta actividade son xs propixs escolares
xs que constrúen tamén o significado das pezas do museo. Poténciase así a súa
capacidade de observación e reflexión ao tempo que se fomenta o seu espírito
crítico.
2-Actividades interactivas
A agulla de marear. Desde os inicios dos tempos o ser humano foi creando
sistemas e aparatos para viaxar cada vez máis lonxe. A través da análise dos
diversos instrumentos de navegación cos que contamos no Museo Provincial do
Mar convertémonos en descubridorxs de territorios afastados.
»Levando o temón
Descrición: Con esta actividade xs alumnxs coñecerán os instrumentos de
navegación máis sinxelos usados nun barco como son o temón ou o compás.
Nivel educativo: Educación Infantil.
Metodoloxía: Despois de visitar o museo xs pícarxs sentaranse na sala
adicada á navegación. Alí entregaráselles un caderno con debuxos de
instrumentos de navegación que terán que recoñecer e pintar.
Temporalización: 50 minutos.
Museo Provincial do Mar
28
»Imos navegar
Descrición: Con esta actividade o que se busca é que o alumnado se
achegue á cultura e tradición mariñeira galega en xeral e á de San Cibrao en
particular.
Nivel educativo: Educación Primaria (1º, 2º e 3º).
Metodoloxía: Despois da visita ás salas do museo entregaráselle a cada
alumnx un caderno no que ao lado dun recadro con tres nomes, haberá outro
cun debuxo. Terán que unir cunha frecha o nome co debuxo que lle
corresponda.
Temporalización: 50 minutos.
Museo Provincial do Mar
29
Museo Provincial do Mar
30
»Buscando o norte
Descrición: Con esta actividade búscase que xs alumnxs se mergullen na
historia da navegación e coñezan os diferentes instrumentos para a
orientación marítima.
Nivel educativo: Educación Primaria (4º, 5º e 6º).
Metodoloxía: Cada alumnx disporá dun caderno no que terán que axudarlle
a Cipriana, a mascota do museo, a buscar o norte para volver á súa casa.
Para logralo, deberán indicar cales son os instrumentos de navegación máis
axeitados.
Temporalización: 50 minutos.
Museo Provincial do Mar
31
»A todo trapo
Descrición: Con esta actividade preténdese que o alumnado adquira unhas
nocións básicassobre a navegación marítima desde o seu comezo ata nosos
días.
Nivel educativo: ESO (1º e 2º).
Metodoloxía: Finalizada a visita ao museo a cada alumnx faráselle entrega
dun caderno. Nel haberá un texto cunha serie de ocos que deberán cubrir
coas palabras que se lles proporcionarán.
Temporalización: 50 minutos.
Museo Provincial do Mar
32
Museo Provincial do Mar
33
Por aí resopra. O Museo Provincial do Mar ten o privilexio de ser custodio de ósos
dunha especie de balea que se cazaba ata o século XVIII en augas do Cantábrico e
que hoxe está extinguida. Navegamos cara atrás no tempo para mergullarnos na
tradición daqueles cazadores de baleas.
Museo Provincial do Mar
34
»Que son: balea ou cachalote?
Descrición: Con esta actividade preténdese que xs nenxs de infantil
aprendan a diferenciar diversos tipos de cetáceos por sinxelas diferencias
morfolóxicas como que as baleas non teñen dentes senón barbas,
namentres que o cachalote si ten dentes.
Nivel educativo: Educación Infantil.
Metodoloxía: Despois da visita ao museo, na que na sala das baleas se terá
resaltado a diferenza que hai entre os diferentes tipos de baleas e os
cachalotes, entregaráselles axs nenxs un caderno con dous debuxos: unha
balea, na cal se verán claramente as barbas, e un cachalote, no que se
percibirá facilmente o gran tamaño da súa cabeza e os seus dentes. Xs
nenxs terán que colorear cada un deles que irán acompañados dun «b» e un
«c» respectivamente para indicarlles cal é cal. Todo isto apoiados nun panel
no que verán imaxes dos dous cetáceos.
Temporalización: 50 minutos.
Museo Provincial do Mar
35
»As baleas comen ou engolen?
Descrición: A finalidade desta actividade é que xs nenxs de infantil aprendan
características que definen ás baleas.
Nivel educativo: Educación Primaria (1º, 2º e 3º).
Metodoloxía: Despois de escoitar unha pequena explicación sobre como se
alimentan as baleas, xs nenxs responderán verdadeiro ou falso ás preguntas
que se lles indiquen. Terán unha folla de consulta para posibles dúbidas.
Temporalización: 50 minutos.
»Viaxando ao lombo dunha balea
Museo Provincial do Mar
36
Descrición: Con esta actividade trátase de introducir axs nenxs no
coñecemento da morfoloxía e o hábitat das baleas, así como na tradición da
súa caza na costa galega desde o século XIII ao XVIII e no século XX, o
aproveitamento que se facía deste animal e as diferenzas da caza e da
manufactura nunha e noutra época. Deste xeito o alumnado coñecerá a
tradición baleeira en Galicia.
Nivel educativo: Educación Primaria (4º, 5º e 6º).
Metodoloxía: Xs alumnxs realizarán un encrucillado para o que contarán con
oito definicións relacionadas coa caza da balea. Tamén con oito recadros
marcados en cor azul que, combinados axeitadamente, revelarán o nome da
mascota do museo.
Temporalización: 50 minutos.
»Navegando entre baleas
Descrición: Con esta actividade coñecerase a caza das baleas que se levou
a cabo nas costas galegas do Cantábrico entre os séculos XIII e XVIII. Cal era
o método de caza, o procesamento dos animais capturados e os diferentes
usos dos produtos que se obtiñan.
Nivel educativo: ESO (1º e 2º).
Metodoloxía: Xs participantes na actividade terán que navegar por un texto
referido á caza da balea no Cantábrico galego no que haberá unha serie de
palabras erradas que terán que atopar e substituír polas axeitadas.
Temporalización: 50 minutos.
Largando redes. Cando os mariñeiros largan as redes ás augas do mar non teñen
a certeza do que vai vir nelas. Descubrimos as especies que habitan o noso mar e
que artes usamos para capturalas.
Museo Provincial do Mar
37
»Que hai no mar?
Descrición: Con esta actividade búscase que xs nenxs de infantil se
acheguen ao mundo do mar e aos habitantes que se poden atopar nel.
Nivel educativo: Educación Infantil.
Metodoloxía: Finalizada a visita, a cada un dxs nenxs entregaráselles un
caderno con varios debuxos de animais mariños que terán que colorear. Ao
tempo que colorean os debuxos preguntaráselles se saben os seus nomes.
Temporalización: 50 minutos.
Museo Provincial do Mar
38
»A pesca dos nomes
Descrición: Potenciarase o coñecemento do hábitat mariño, incentivando
que xs alumnxs identifiquen diferentes peixes, cetáceos e moluscos.
Nivel educativo: Educación Primaria (1º, 2º e 3º).
Metodoloxía: Finalizada a visita ao museo faráselles entrega dun caderno de
dúas follas. Nel terán oito animais mariños; peixes, cetáceos e moluscos que
deberán identificar e escribir os seus nomes nunhas caixas cruzadas que
Museo Provincial do Mar
39
haberá xunto aos debuxos. Por último, colorearán cada animal nas cores
axeitadas.
Temporalización: 50 minutos.
Museo Provincial do Mar
40
»Habitantes do mar
Descrición: Nesta actividade búscase que xs rapaxs adquiran unha serie de
coñecementos acerca do mar e da cultura mariñeira. Neste caso sobre os
habitantes do mar, a súa alimentación, o seu hábitat ou como os pescamos.
Nivel educativo: Educación Primaria (4º, 5º e 6º).
Metodoloxía: Despois de visitar o museo, e darlles xs rapaxs breves
referencias sobre as principais especies que viven no mar, entregaráselle a
cada alumnx un caderno no que haberá 13 fotografías de animais mariños,
con dúas caixiñas ao lado coas preguntas: «quen son?» e «que sabes de
min?». Na primeira delas deberán poñer o nome e a especie do animal da
fotografía e, na segunda, o seu hábitat, o que come, que arte de pesca se
utiliza para a súa captura e algún outro detalle que coñezan.
Temporalización: 50 minutos.
Museo Provincial do Mar
41
»Guarnindo o aparello
Descrición: Con esta actividade buscarase que xs alumnxs coñezan as
diferentes especies que viven nos mares e as artes de pesca que se
empregan para a súa captura.
Nivel educativo: ESO (1º e 2º).
Metodoloxía: Despois da visita guiada, cada alumnx terá un caderno no que
haberá oito definicións de artes de pesca e un recadro cos oitos nomes
Museo Provincial do Mar
42
correspondentes. Terán que adiviñar con que nome se corresponde cada
definición.
Temporalización: 50 minutos.
Os facedores de barcos. Desde o século XIV está documentada a importancia da
carpintería de ribeira en San Cibrao que se viu incrementada coa aparición do
complexo Sargadelos. Mantense hoxe en día coa última carpintería de ribeira da
provincia de Lugo. No museo preservamos a memoria destes facedores de barcos.
»Pinta mariñeiro
Descrición: Tomando como referencia o banco de carpinteiro exposto na
sala 2 do museo, achegaremos axs alumnxs de infantil á carpintería de
ribeira, actividade de gran importancia en toda a Mariña Lucense e, en
concreto, na vila de San Cibrao.
Nivel educativo: Educación Infantil.
Metodoloxía: Despois da visita ao museo, entregaráselle a cada alumnx un
caderno no que haberá un barco para colorear e identificar as principais
partes do mesmo.
Museo Provincial do Mar
43
Temporalización: 50 minutos.
»Vento mareiro
Descrición: Nesta actividade traballarase a partires dun debuxo dunha
traiñeira, embarcación tradicional galega, para descubrir os nomes das
principais partes dun barco.
Nivel educativo: Educación Primaria (1º, 2º e 3º).
Metodoloxía: Entregaráselle a cada alumnx unha folla cun debuxo dunha
traiñeira con números indicativos das súas diferentes partes. Debaixo do
debuxo haberá unha listaxe cos nomes referidos ás partes da embarcación.
Xs nenxs deberán relacionar os números cos nomes correspondentes.
Temporalización: 50 minutos.
»Glosario mariñeiro
Descrición: Con esta actividade procúrase que o alumnado coñeza o que
son os estaleiros, e a gran importancia que tiveron en San Cibrao a
carpintería de ribeira e a construción naval.
Nivel educativo: Educación Primaria (4º, 5º e 6º).
Metodoloxía: Finalizada a visita ó museo, entregaráselles xs rapaxs un
caderno cun pequeno texto no que se destaca a importancia que tivo a
construción de barcos en San Cibrao. Despois verán unha sopa de letras na
que se agochan os nomes de seis pezas dun barco a vela e, a continuación,
as seis definicións desas pezas. Terán que
escribir o nome da peza correspondente por riba de cada definición.
Temporalización: 50 minutos.
Museo Provincial do Mar
44
Museo Provincial do Mar
45
»Atopa a túa embarcación
Descrición: Con esta actividade xs alumnxs coñecerán a importancia da
carpintería de ribeira como parte do noso patrimonio cultural.
Familiarizaranse coas diferentes técnicas construtivas e as partes dunha
embarcación.
Nivel educativo: ESO (1º e 2º).
Metodoloxía: A cada participante entregaráselle un caderno cunha serie de
afirmacións relativas á carpintería de ribeira. Cada unha delas terá unha
dobre opción (verdadeira e falsa) con letras asociadas. Despois de escoller
as opcións que consideren verdadeiras, deberán combinar as letras
asociadas para atopar o nome da súa embarcación.
Temporalización: 50 minutos.
Museo Provincial do Mar
46
Código internacional de bandeiras. Aprendemos a comunicación no mar antes
da invención da radio e, ao mesmo tempo, reflexionamos sobre o mar como
fronteira universal e encrucillada de culturas.
»Arriba a bandeira
Descrición: Xs alumnxs traballarán co Código Internacional de Sinais.
Explicaráselles o significado xeral e a función tan importante que ten a
comunicación entre barcos.
Nivel educativo: Todos os niveis.
Metodoloxía: Como un grupo de bandeiras representa o abecedario, cada
nenx debuxará nun caderno que se lles entregará, as bandeiras que se
correspondan coas letras dos seus nomes. Para facilitarlles a tarefa,
contarán cun panel informativo de consulta.
Temporalización: 50 minutos.
Museo Provincial do Mar
47
ACTIVIDADES POSTERIORES Á VISITA
Crea o teu propio museo. Xs escolares constrúen dunha forma práctica e
imaxinativa o seu propio museo a partires do diálogo cxs docentes, coa súa propia
comunidade e cxs profesionais do Museo Provincial do Mar.
Museo Provincial do Mar
48
7-Recursos materiais
NO CENTRO EDUCATIVO
Mapas xerais e temáticos da Mariña Lucense e de toda a provincia de Lugo.
Álbums fotográficos da provincia de Lugo.
Proxector.
Bibliografía sobre o mar, a navegación e a pesca.
Recursos TIC. Uso de Internet para a procura de información complementaria.
NO MUSEO
Materiais plásticos (pinturas, rotuladores, cartolinas, etc.).
Bandeiras de cores.
Museo Provincial do Mar
49
Cámara fotográfica.
Proxector.
Cadernos de notas ou debuxos.
8-Organización do espazo e tempo
A unidade didácticadesenvólvese en dous lugares fundamentais que poderán estar
situados na mesma zona xeográfica ou non. Isto determinará en gran medida a
orientación didáctica do conxunto.
Por un lado, o Museo Provincial do Mar situado na vila de San Cibrao (Cervo) na
Mariña Lucense, dentro dunha realidade natural e humana marcada pola existencia
de mar. É dicir, a narración museolóxica do centro prolongarase ao espazo
circundante, sendo territorio e centro partes da experiencia didáctica en igual
medida.
Por outro lado, a propia aula do centro educativo como lugar básico onde se leva a
cabo o conxunto da programación escolar. Contextualizarase deste xeito a saída
educativa como un acto do proceso de aprendizaxe e non como unha actividade
allea.
A proposta de temporalización secuencial consta de tres conxuntos de actividades
para realizar en tres semanas alternas. A primeira e a última actividade faranse na
aula e, a intermedia, será a saída ao museo.
1º conxunto. Dúas sesións aconselladas. A primeira coa finalidade de coñecer o
espazo e a paisaxe e, a segunda, para especular sobre o que alberga o museo en
relación á cultura marítima e a paisaxe antes investigada.
Museo Provincial do Mar
50
2º conxunto. Visita ao museo e á área circundante ao longo dun día coa posibilidade
de realizar unha visita matutina ou vespertina, ou ambas. Nos dous casos
complementaranse cun roteiro no territorio onde se sitúa o museo.
3º conxunto. Dúas sesión aconselladas. Na primeira explicarase o proxecto de
realizar o museo propio como contedor de historias e, na segunda, levarase a cabo
a súa materialización. No caso de optar por unha materialización práctica resultará
favorable deixar un tempo prudencial entre ambas sesións para realizar un
seguimento personalizado. Ademais, sería axeitado realizar algunha actividade de
carácter aberto coas familias para mostrar os resultados.
9-Avaliación
AVALIACIÓN DO ALUMNADO
Fichas de observación e seguimento.
Análise das producións do alumnado.
Intercambios orais co alumnado, tanto en grupo como de xeito individual, con
especial fincapé nas postas en común e nas reflexións colectivas.
AVALIACIÓN DO PROFESORADO
Avaliación da práctica docente na aula en relación ao cumprimento dos obxectivos
da unidade didáctica, así como ao conxunto do material didáctico utilizado e aos
labores docentes sinalados. A avaliación partirá dunha análise previa das
condicións de desenvolvemento didáctico e, a final, centrarase nunha avaliación
procesual.
-Criterios de avaliación
Museo Provincial do Mar
51
1-Observarase o cumprimento das directrices marcadas na unidade didáctica en
relación ao material utilizado.
2-Analizarase a mellora na comprensión e coñecemento da contorna máis próxima,
tanto humana como xeográfica.
3-Enfrontaranse realidades paisaxísticas diferentes como forma de que o alumnado
poida discernir entre diferentes construcións humanas e comunitarias.
4-Comprobarase como xs estudantes relacionan os seus coñecementos previos
cos novos interrogantes expostos na unidade didáctica.
5-Detectarase a mudanza en relación á experiencia de reparto das tarefas.
6-Observarase o cumprimento dos protocolos de conservación do medio a partir da
aprendizaxe dos procedementos relacionados coa biodiversidade e a riqueza
ambiental.
7-Avaliaranse os coñecemento dos contidos aprendidos tocantes á diversidade
animal.
8-Avaliarase os novos coñecementos e as reflexións en relación aos traballos
tradicionais e á conservación do patrimonio.
9-Levarase a cabo o seguimento do desenvolvemento tecnolóxico en base
ensaio/erro nas actividades realizadas.
10-Comprobarase se entre o alumnado xermolou unha actitude máis favorable
respecto aos centros de cultura como centros de aprendizaxe e lecer.
11-Advertirase se se produciu unha mellora na utilización de elementos físicos e
xeográficos á hora de plasmar de forma oral ou escrita ideas e coñecementos.
12-Analizarase o cambio actitudinal respecto ás prácticas lesivas para o conxunto
do medio ambiente e do progreso social como, por exemplo, os ataques a bens
finitos ou especies en extinción como a balea.
Museo Provincial do Mar
52
13-Observarase a actitude respecto ao fracaso como algo non negativo en si, senón
inmanente a calquera proceso, tamén no ámbito educativo.
10-Atención á diversidade
A diversidade enténdese como algo inherente de calquera sociedade onde existen
diferentes tipoloxías humanas que enriquecen o conxunto da comunidade. Non se
tratan só de diversidades funcionais, tamén culturais ou xeográficas, como proceso
social e de propiedade en común de todxs.
O Museo Provincial do Mar é mostra da diversidade como riqueza por ser o museo
máis accesible de Galicia e ser unha muller cega a única guía no centro. Isto en si
mesmo xa é atención á diversidade en relación ao confort que senten aquelas
persoas con algún tipo de diversidade funcional que entran no museo.
En relación á unidade didáctica, a atención á diversidade debe desenvolverse
adaptando todas as actividades ás diferentes capacidades de cadaquén, sen
entender isto como unha flexibilización da exixencia ou da dificultade, senón
procurando as estratexias máis motivadoras e próximas.
A atención á diversidade tamén se dá no desenvolvemento estrutural do proceso
de aprendizaxe ao optar por relacións sensoriais de carácter múltiple coas pezas e
traballando desde unha óptica da diversidade histórica de formas de vida como
forma de progreso. Igualmente, no ámbito natural, o tratamento de diversidade virá
como oportunidade de supervivencia e especialización.
Museo Provincial do Mar
53
Museo Provincial do Mar
54
Museo Provincial do Mar
55
Museo Provincial do Mar
56
Museo Provincial do Mar
57
4.2. Obradoiros de verán
Museo Provincial do Mar
58
VERÁN 2018: Museo Provincial do Mar
Volve o verán e os catro museos da Rede Museística da Deputación de
Lugo convídantea unha morea de actividades moivariadas,sempredivertidas
e refrescantes, pensadas para todas as idades, para aprender e gozar ao
mesmo tempo; todas ideadas para descubrir novos mundos e expresións
culturais, coñecemento e entretemento sempreda man arredor da sabedoría
que atesouran as coleccións custodiadas nos museos da Rede. Coa
imaxinación poderás viaxar polo mar da memoria das xentes do mar,
sentiraste habitante dun castelo medieval, señor ou dona nun pazo señorial,
abadeou abadesa nun antigo convento relixioso. Seo prefires,tamén poderás
gozar como detective, arqueólogo ou arqueóloga, vivir aventuras en África...
o que desexes; pero non esquezas que o verán, ademais, é tempo de facer
novas amizades, de compartir, de crear e soñar!Proba!
DIVERSXS
“Quero a liberdade para a plena expresión da miña personalidade. (Gandhi)”
Museo Provincial do Mar
59
Todavía en 73 países seguen a estar penalizadas as relacións afectivas
entre persoas do mesmo sexo, e ata nos que están xuridicamente
protexidas, prodúcenseagresións eataques, tanto directos como indirectos.
Todxs temos dereito a vivir sen seres perseguidos, rexeitados, ridiculizados,
insultados, afastados, pola nosa condición sexual.
As veces o medo ó rexeitamento dos máis, fai que nos rexeitemos a nos
mesmos, e so cando nos aceptemos a nos mesmos, poderemos vivir en
liberdade a nosa individualidade, conquerindo persoas, familias, ciudades,
comunidades, planetas, MARABILLOSAMENTEDIVERSXS.
Museo Provincial do Mar
60
Museo Provincial do Mar
61
ATANDO CABOS
Como xa saberedes, a xente do mar di que: “nun barco non hai máis
corda que a do reloxo”. Pero o que si hai nun barco son moitos cabos cos que
se realizan múltiples tarefas: suxeitar os paus, asegurar a carga, manexar o
aparello, amarrar o barco … Por iso vai ser moi importante recoñecer os
diferentes tipos de cabos, as moitas manobras do barco nas que se utilizan e
os tipos de nós que son precisos para cada unha delas.Mergullarnos neste
complexo mundo seráunhaexperiencia fantástica da quesairemosmariñeiras
e mariñeiros coaexperiencia dos profesionais do mar.
Museo Provincial do Mar
62
Museo Provincial do Mar
63
MÁSCARAS AFRICANAS
Coñeceremos a ‘Colección Xoán Anllo. Arte Africana’ que se expón nunha
sala do MPLugo e inspirarémonos para facer a nosa propia máscara africana.
Museo Provincial do Mar
64
CAMPAMENTO DE ARQUEOLOXÍA
Unha experiencia única! Participa nunha escavación arqueolóxica de verdade
dirixida polo arqueólogo Enrique Alcorta.
Museo Provincial do Mar
65
COMER E PENSAR SÓ É EMPEZAR
Resignificar o patrimonio de saberes e sabores existentes en comidas
tradicionais de Lugo (Galicia) e Arxentina como mouteiras craves da micro
historia para a narrativa comunitaria en museos. Problematizar a ausencia do
patrimonio gastronómico ea invisibilidade de actoras e actores nos museos e
historias das súas comunidades. Auspiciar ao museo como “cociña de ideas”
que recupereas vocesde lxs actorxs sociais quedan sentido ao ser e estar dos
museos.
Imparte: Leonardo Casado
Museo Provincial do Mar
66
Actividade patrocinada por Ibermuseos dentro do proxecto ‘Guerrilla de
palabras’.
Museo Provincial do Mar
67
QUÉ CAEU NAS MIÑAS REDES?
Por desgraza o mar acaba sendo o noso vertedoiro, e cada ano máis de
8 Tm. de plásticos rematan no fondo das súas augas.
O plástico é un dos materiáis máis contaminantes para o océano, tardando
en biodegradarsevarios centos de anos.
Son moitos os peixes e animáis mariños que morren por asfixia ou
obstrucción das vías dixestivas.
A solución a este problema pode estar nas nosas mans, e concienciarnos da
importancia do mesmo, tratar de xestionar axeitadamente estes residuos e
fomentar a reciclaxe son algunas das tarefas que teríamos que emprender.
Museo Provincial do Mar
68
Museo Provincial do Mar
69
Museo Provincial do Mar
70
Museo Provincial do Mar
71
CAMPAMENTO NO MUSEO PROVINCIAL DO MAR
(Dentro do Programa MAPAS (IN)VISIBLES)
Atréveste a comezar o verán no museo? Unha oportunidadepara
convertirnos en detectives de arte coñecendo o Museo do Mar e todo o que
lle rodea. A través do xogo e da experiencia artística, embarcarémonos
nunha aventura onde descubriremos a súa colección, os seus segredos e o
Museo Provincial do Mar
72
contexto no que seenmarca. Facendo unha publicación para dar a coñecer
ao mundo a nosa investigación!
Museo Provincial do Mar
73
DESPREGANDO VELAS
Ó longo go da historia as velas tiveron forma redonda, triangular ou
cadrada. Foron de papiro, coiro, xunco ou liño. Pero grazas a elas os barcos
puideron aproveitar a forza do vento para sucar veloces as augas do mar e
chegar a novos territorios nunca antes explorados. A preguntas como cantos
Museo Provincial do Mar
74
paus ten un barco, que tipo de velas aparellan, de que materiais están feitas
… tentaremos darlles resposta.
Museo Provincial do Mar
75
COÑECES A CIPRIANA?
O pasado baleeiro de Galicia, é un feito descoñecido por unha maioría da
poboación.
Achegar o coñecemento de ese anaco da nosa historia é unha obriga para un
Museo coma O noso que é custodio dunha colección de osos única no
mundo por ser dunha balea xa extinguida.
Museo Provincial do Mar
76
4.3. Obradoiros de Nadal
Museo Provincial do Mar
77
Museo Provincial do Mar
78
Museo Provincial do Mar
79
Museo Provincial do Mar
80
 Obradoiro:As árbores do solsticio (27 de decembro)
As árbores foron dende a noite dos tempos símbolos de fertilidade e de
rexeneración para múltiples culturas.
Os nosos devanceiros vían nelas a representación dos seus e súas deuses e
deusas que nas datas do solsticio de inverno, poñíanlle fin ó período de
escuridade e frío, dándolle paso ao de luz e fertilidade, e para honralxs,
moitos pobos, coma os celtas, decoraban as árbores con froitas e candeas.
Hai moitas e moi fermosas lendas que explican o por que das árbores de
Nadal, e nos tratamosde mergullarnosnalgunhasdelas ó tempo quefacíamos
a nosa.
Museo Provincial do Mar
81
Museo Provincial do Mar
82
 Obradoiro:ECONADAL (28 dedecembro)
Consideramos quea educación ambiental debe xogar un papel fundamental
na vida dxs máis pequenxs xa que setrata dun proceso de formación que
permite a toma de conciencia da importancia do medio ambiente.
Reflexionamos sobreos problemas que sofreo medio ambiente,
empregamos materiais reciclables para elaborar adornos deNadal e
escribimos os nosos “ecodesexos”.
Museo Provincial do Mar
83
Museo Provincial do Mar
84
4.4. Obradoiros Club Pequeamig@s
Un museo é un espazo onde nos reflectimos nós mesmos e a Rede Museística
Provincial de Lugo trata de facelo a través dos seus contidos e das súas
experiencias pedagóxicas proxectándoas aos distintos colectivos da sociedade.
A programación que presenta dirixida ao Club Pequeamig@s da Rede está
deseñada como unha proposta formada por diversos obradoiros, cos que se
pretende un achegamento das nenas e dos nenos aos catro museos da Rede e as
súas coleccións.
Queremos que as xeracións do futuro aprendan, respecten e coñezan o noso
patrimonio, como medio e como ferramenta para a súa formación, así como para o
conxunto da sociedade. É dicir, museos onde a historia convértese en experiencias
didácticas, vivenciais e lúdicas, un museo de historias por descubrir e compartir.
Os obradoiros foron elaborados para seguindo os principios de:
1. SIMPLICIDADE. Un valor que define as actividades seguindo a filosofía de obter
satisfacción persoal ao realizar algo por un mesmo.
2. PARTICIPACIÓN. Fomento das actitudes proactivas que estimulan a
creatividade individual e colectiva.
3. COLABORACIÓN. Propostas colaborativas que fomentan o traballo en equipo.
4. DEDUCIÓN. Dinámicas que nos permitan aprender da nosa propia experiencia
5. DIVERSIÓN. O xogo como instrumento clave para o desenvolvemento integral.
6. EMOCIÓN. A importancia da emoción e o abraio na arte de medrar.
7. COÑECEMENTO. Todas as actividades propostas neste programa potencian
novas capacidades cognitivas:
a. Aprender a coñecer
Museo Provincial do Mar
85
b. Aprender a ser
c. Aprender a vivir xuntos
d. Aprender a facer
 A carpinteirear
Entre as seccións do Museo Provincialdo Mar, a da carpinteiría de ribeira é
unha das máis destacadas, xa que a construcción debarcos foi unha
importante actividade na vila ata case mediados do século pasado, e aínda é
hoxe que a última carpinteiría de ribeira que se mantén en activo na
provincia atópase en San Cibrao, a do noso colaborador Paco Fra.
Introducir xs máis novxs na complexa arte de construir barcos demadeira,
descubrindo cales son as partes fundamentáis dun barco, cales os tipos de
madeira usados, cales as técnicas de construcción, os nomes das
ferramentas, …., é un magnífico xeito de conservar o noso patrimonio.
Museo Provincial do Mar
86
Museo Provincial do Mar
87
 Xs mariñeirXs de Don Carnal
O Entroido representa un tempo de volta do mundo ó revés, de cambio de
roles, un tempo de xolda e risas amparadas tras do anonimato que
proporcionan as máscaras.
Coma no Entroido todo está permitido, atrevímonos cos compoñentes do
Club Pequeamig@s a convertirnos en divertidxs mariñeirxs da tripulación de
Don Carnal.
Museo Provincial do Mar
88
 Traballando en igualdade
Concienciar xs máis novxd de que todxs somos iguáis e temos os mesmos
dereitos en todos os eidos da vida, pode ser un eixe fundamental para
conquerir transformar o mundo e lograr unha sociedade na que triunfen a
igualdade de xénero e a equidade social.
Cos menbrxs do noso Club Pequeamig@s tecimos unhas pulseiras lilas coas
que reivindicar o fin da desigualdadelaboral entre homes e mulleres.
Museo Provincial do Mar
89
Museo Provincial do Mar
90
 Un paxe de ourizos
Aprobeitamos a celebración da Festa do Ourizo para investigar un pouco
sobredeste equinodermo, moi abondantenas nosas praias, emoi apreciado
gastronómicamentena actualidade, que non así fai anos.
Museo Provincial do Mar
91
Cáles son as características desta especie, cál o seu hábitat, cáles os seus
máis achegados familiares, cómo semarisquea e cómo se come, foron
algunas das preguntas que tentamos de respostar neste obradoiro, ó tempo
que enchimos a nosa rocha de simpáticos ourizos feitos polxs nosxs
Pequemig@s.
Museo Provincial do Mar
92
 Alguénche dixocánto duraba o teulixo?
Todos os días e a todas as horas, vivimos rodeados dunha chea de materiáis
que rematan, ou asídeberían facelo, no cubo do lixo.
Museo Provincial do Mar
93
A pila do reloxo que levas posto, a bolsa das lambetadas que ves de rematar,
a botella de plástico da auga que bebiches, o xornalde onte que xa podes
pintar ou o cueiro do teu curmán.
Se reciclamos axeitadamente cada un destes refugallos, estaremos axudando
a conservar o planeta, pero se non o facemos así, contribuiremos a
contaminalo cada vez máis e a danar a máis seres vivos.
Para que todxs tomemos conciencia do graveque é este problema,
propuxémoslles xs nosoxs pequeamigxs un divertido xogo no que tentaron
adiviñar cánto tardan en degradarsealgún dos materiáis que cada día
votamos ó lixo.
Museo Provincial do Mar
94
Museo Provincial do Mar
95
 Tenche tea
O término collage ven da palabra francesa coller, que significa pegar, e fai
referencia a unha técnica artística consistente en ensamblar diferentes
elementos e materiáis para compoñer unha obra.
Desta volta, nos tamén elaboramos o noso propio collage no que o material
principal foron as teas, e no que as cores e a súa simboloxía axudáronnos a
compoñer a obra que mellor expresaba os nosos sentimentos.
Museo Provincial do Mar
96
 Pesos:obxectoe espazo
Este taller partíu do concepto da obra creada en 2011, (Sen Título),
pertencente a serie “Paisaxes”, que Basilisa Fiestras expón no Museo
Provincial do Mar, no marco da exposición EU... TI... ELAS... NOSOUTRAS,
NOSOUTRXS ENREDE.
O obxectivo de este taller foi aproximarnos a idea de casa e fogar como lugar
de reflexión. Considerando o arquitectónico como un espazo emocional e o
peso coma o material e concepto fundamental da peza. Para elo, despois
dunha introdución teórica, realizamos diversas construcións arquitectónicas
en miniatura de diferentes materiais e texturas, con un carácter móbil e
flexible adaptable a calquera superficie.Aspezasrealizadasderonlugar a dous
resultados;porun lado tivemos a posibilidade desermontados sobreo propio
Corpo/indumentaria (coma a imaxe da que se parte) ou sobre o espazo
expositivo, dando lugar a unha instalación escultórica.
Museo Provincial do Mar
97
Actividade encadrada no proxecto ’EU... TI... ELAS... NOSOUTRAS,
NOSOUTRXS ENREDE’
Museo Provincial do Mar
98
 Imos de lectura
Para celebrar o Día do Libro, fixemos un percorrido polas lecturas dxs nosxs
Pequeamigxs, ó tempo que tentamos fomentar nelxs ese maravilloso hábito
Tamén compartiron co resto dos
participantes as súas lecturas
preferidas e descubríronnos xs seus
héroes e heroínas preferidas.
Museo Provincial do Mar
99
 Graba que te grabarás
A técnica do grabado supuxo dalgún xeito a democratización da obra gráfica,
unha obra xa non era exclusiva, podíansefacer múltiples copias.
Foron e son moitas as técnicas que aolongo do tempo seviñeron
desenrolando, serigrafía, litografía, linografía, … ,
Museo Provincial do Mar
100
A nosa tarefa foi achegarnos a elas, e por alguna en práctica, e os resultados
foron fantásticos.
Museo Provincial do Mar
101
 Estampando coa natureza
A Natureza é a maior fonte de inspiración para todxs nxs, e foi tamén unha
fantástica suministradora deelementos cos que conquerir facer grabados.
A técnica do grabado, e tan amplia e interesante, que mergullarnos de novo
nela non resultou en abxoluto aburrido, e os resultados foron dignos dxs
artistas que somos.
Museo Provincial do Mar
102
Museo Provincial do Mar
103
Mapas invisibles na perspectiva de xénero.
O Programa MAPAS (IN) VISIBLES pecha o seu ciclo cunha revisión da
REDE MUSEISTICA en clavede xénero. Mediante as obras da colección do
museo, investigamos e reflexionamos sobreo papel da muller artista e
cuestionarnos o espazo que ocupan as mulleres dentro das institucións.
Museo Provincial do Mar
104
SAMAÍN PANTASMAGÓRICO
De novo coas colleitas recollidas a terra descansa, os fríos, as choivas e
neves impóñense ás temperaturas mornas e ó sol, a noite e a escuridade
vencen ó día e á luz, e por unhas horas o mundo dos mortos e dos vivos
comunícanse, asíque seguindo as tradicións dos nosos antepasados celtas
imos a prepararnos para non transferir deun a outro mundo.
Museo Provincial do Mar
105
Museo Provincial do Mar
106
HISTORIAS SILENCIADAS
A violencia de xénero é un problema global que afecta a mulleres de
todas as idades, clases sociáis, condicións económicas, …, aínda que ten
maior incidencia nos grupos máis vulnerables como nenas e anciáns,
mulleres con discapacidade,migrantes erefuxiadas,pertencentes a minorías
étnicas ou colectivos LGTBI, ……
Esta vulneración dos dereitos das mulleres adopta diversas formas: física,
sexual, psicolóxica, a trata de seres humans, o matrimonio infantil, a
mutilación xenital,……
Museo Provincial do Mar
107
Este xeito de violación dos dereitos humáns é un dos máis frecuentes, pero
tamén un dos máis silenciados e ocultados, tanto pola inmunidade da que
desfrutan os maltratadores como pola vergoña e estigmatización que sofren
as víctimas, e fai máis difícil conquerir a igualdade entre as persoas.
Cxs máis cativxs do Club Pequeamigxs abordamos este graveproblema
social dende a perspectiva da educación en igualdade e do desenrolo
humano integral.
Museo Provincial do Mar
108
Museo Provincial do Mar
109
A PINTURA MURAL ROMANA
Museo Provincial do Mar
110
A ALDEA GLOBAL
ç
Museo Provincial do Mar
111
Museo Provincial do Mar
112
5. PROGRAMA DE ACCIÓN CULTURAL
5.1. Programa da terceira idade
Xs nosxs maiores son xs únicxs gardiáns dunha parte da nosa cultura, do noso
patrimonio inmaterial, daquel que so se transmitíu de forma oral, daquelas vivenzas
que non quedaron recollidas en nengún outro xeito de soporte, e que so elxs son
capaces de nos transmitir e das que nxs temos a obriga de salvagardar para que
pervivan por sempre nas nosas memorias e nas das xeracións vindeiras.
Obradoiros Club Senior
 Antroidando
A celebración do Antroidoou Carnaval,é unhadasmáis tradicionáis en Galicia,
perdéndosea súa orixe na noite dos tempos.
Nas diversas vilas e cidades de Galicia o Antroido adopta diversas formas e
persoaxes, como as pantallas de Xinzo, os cigarróns de Verín, os peliqueiros
de Laza ou os xeneráis da Ulla.
No rural os disfraces eran sinxelos e ata improvisados, aprobeitando moitas
veces roupas vellas, e outras intercambiando os homes e mulleres as propias.
A partir do século XIX, nos casinos e liceos comenzan a celebrarse bailes e
desfiles polas rúas con disfraces máis elaborados, encaixando mellor neste
perfil de Carnavalurbán o da Mariña.
Museo Provincial do Mar
113
Como temos a sorte de que moitos dos membros do noso Clube Sénior
bailaron neses salóns e desfilaron por esas rúas, …, contaránnos de primeira
man como eran eses Entroidos de comenzos do século XX, da época da
dictadura e dos principios da transición.
Museo Provincial do Mar
114
 Cal non é o oficio da muller do mar?
Coa celebración o 8 de marzo do Día da Muller Traballadora preténdese
visibilizar a desigualdade que no eido laboral existe entre homes e mulleres,
á vez que reivindicar a igualdade de xénero e a equidade social.
A muller galega e a muller mariñeira tivo sempre que levar o peso do traballo
non remunerado pero imprescindible que supoñían as tarefas domésticas, o
coidado de nenos e anciáns, da horta e o gando, a axuda nas labores do mar
xa fora facendo ou amañando redes, empatando anzóis, cosendo velas,
salgando peixe, …
Valéndonos da impagable memoria dos membros do noso Clube Sénior,
puxémoslle nome a todos aqueles oficios que a muller mariñeira tiña que
levar a cabo.
Museo Provincial do Mar
115
 Mulleres de mar e terra
As mulleres da Mariña, foron sempremulleres de mar, mulleres que
outeábano ávidas de ver voltar os barcos.
Nos que os seus fillos, os seus pais, os seus maridos, ían á procura de novas
terras, novos froitos, novas formas devida.
Museo Provincial do Mar
116
Tamén se adicaban con esmero e esforzo a peneiralo para encher os seus
paxes de ameixa, croque ou ourizo.
Pero eran ó mesmo tempo mulleres de terra, terra na que coidaban con
agarimo dos fillos que medraban, dos maiores que pouco a pouco
esmorecían e das leiras das que con esmero e esforzo arrancaban ós poucos
froitos
Que axudaban a encher ás súas mesas.
No Museo Provincialdo Mar, temos a fortuna de seguer a recolectar as
memorias destas mulleres de mar e terra.
Museo Provincial do Mar
117
ENTRETECIDOS
Tratouse dun obradoiro colaborativo no que as persoas participantes,
de calquera idade, tecían mentres falaban. Ou viceversa. A actividade
consistíu en elaborar un toldo con tecidos tensados nun aro. Os aros
entrelazaransepara formar a peza final.
Non importa a técnica que seempregueno labor detecido. Importanascores,
que procuraremos reproduzan símbolos de movementos como o LGTBI, e
máis alá da peza final elaborada conxuntamente, importan as conversas e os
testemuños que se entretecen coas palabras.
Museo Provincial do Mar
118
Museo Provincial do Mar
119
HISTORIAS SILENCIADAS
A violencia de xénero é un problema global que afecta a mulleres de todas
as idades, clases sociáis, condicións económicas, …, aínda que ten maior
incidencia nos grupos máis vulnerables como nenas e anciáns, mulleres con
discapacidade,migrantes e refuxiadas,pertencentes a minorías étnicas ou
colectivos LGTBI, ……
Esta vulneración dos dereitos das mulleres adopta diversas formas: física, sexual,
psicolóxica, a trata de seres humans, o matrimonio infantil, a mutilación xenital,……
Este xeito de violación dos dereitos humáns é un dos máis frecuentes, pero tamén
un dos máis silenciados e ocultados, tanto pola inmunidade da que desfrutan os
maltratadores como pola vergoña e estigmatización que sofren as víctimas, e fai
máis difícil conquerir a igualdade entre as persoas.
Tentamos que xs nosxs maiores do Clube Sénior debuxasen alguna das historias
de violencia contra das mulleres que se mantiñan silenciadas e ata normalizadas
na sociedadeda súa infancia e xuventude.
Museo Provincial do Mar
120
Museo Provincial do Mar
121
5.2. Semana dos museos
SEMANA DOS MUSEOS 2018:
Museo Provincial do Mar
Os museos da Deputación de Lugo celebramos nesta semana o Díadas Letras
Galegas (17 de maio), o Día Internacional dos Museos (18 demaio) e a Noite
dos Museos (19demaio). O Días das Letrasquea RAG dedica esteano a María
Victoria Moreno, unha escritora, ademais de autora dunha obra literaria de
mérito, exemplo de compromiso (sendo de orixe foránea) coa nosa lingua e
cultura.
DÍA das LETRAS / NOITEdos MUSEOS / DÍA INTERNACIONAL dos MUSEOS
na REDE MUSEÍSTICA DA DEPUTACIÓN DE LUGO
Nesta ocasión,o lema escollido polo ICOMparacelebrar o próximo18 demaio
o Día Internacional dos Museos, “Museos hiperconectados: enfoquesnovos,
públicos novos”, convídanos a reflexionar sobre un futuro hiperconectado
entre os museose os nososvisitantes.Novosescenarios decomunicación que
deben ser deseñados entrambos, institucións e usuarios, para ser útiles e
atractivos ao máximo de poboación posible.
Museo Provincial do Mar
122
A Noite dos Museos desta volta dedicámola a poñer luz, a iluminar o cuarto
escuro onde se arromban tantas veces as obras creadas por mulleres. Unha
inxustiza que debemos denunciar e corrixir desde dentro dos museos pero
tamén desde a sociedade, reivindicando esa igualdade na práctica e en todas
as facetas do quefacer humano.
Son días de festa e de celebración pero tamén de chamada de atención, de
autocrítica e de proxectos para un mañá que xa é hoxe.
 Lingua de paz (17 maio)
A función primordial dunha lingua, é a de permitir a comunicación entre as
persoas, a de ser O medio para expresar necesidades,sentimentos,
emocións, …
E por eso que a lingua sempredebería ser un instrumento de paz, un
instrumento de unión e cooperación, e nunca de diferenciación e separación.
Nestes tempos nos que se cadra se están a usar as linguas para diferenciar e
separar, coidamos queo mellor honmenaxe que se lle pode facer á nosa, é
potenciar e visibilizar a súa función de unificación, mediación,conciliación.
Museo Provincial do Mar
123
Museo Provincial do Mar
124
Museo Provincial do Mar
125
 Museos hiperconectados
No día Internacional dos Museos, quixemos celebrar coa nosa comunidade,
con todo o noso público, a apertura dos museos, o achegamento das coleccións
sao público, a democratización da cultura, o empoderamento das comunidades que
sosteññen os museos, …
Pero tamén precisamos seguer pedíndovos axsuda para buscar novos
públicos, novos enfoques, novas conexións que fagan que cada vez sexan máis os
musealizadxs.
Festexamos todos xuntos este día e contribuimos a espandilo.
Museo Provincial do Mar
126
Museo Provincial do Mar
127
 Falar coas mans
Neste obradoiro traballouse a perspectiva de xénero a través da expresión
plástica. Os obxectivos son promover a igualdade de xénero e fomentar
oempoderamento das mulleres e promover o pensamento crítico a través do
diálogo.
Museo Provincial do Mar
128
Museo Provincial do Mar
129
5.3. Programa Museoloxía social
 ACTIVIDADEDÍA DA PAZ
O 31 de xaneiro, no Museo Provincialdo mar, quixemos encher o noso panel
de pombas e mans que levan palabras que axudan a construir a PAZ.
A PAZ, non so significa ausencia de guerra, tamén conleva tolerancia,
solidaridade, respecto dos dereitos humanos, concordia, entendemento e
respecto pola diversidade, …
A escola, a familia, a comunidade, o museo, … , todos nos temos que implicar
en conquerir a paz, a ausencia de violencia, a xenerosidadee o
entendemento, e para elo, a linguaxe, as verbas, poden ser un instrumento
moi valioso, algo que a Rede Museística xa ven experimentando co seu
proxecto Palabreiro/palabreira.
Museo Provincial do Mar
130
 DÍA DE ROSALÍA
Os museos da Rede Museística da Deputación de Lugo celebramos o Día de
Rosalía de Castro o sábado, 24 de febreiro, data que coincide coa de
aniversario de nacemento da ilustre escritora.
A celebración consistíu en que cada visitante que se achegou ó Museo
Provincial do Mar recibíu como agasallo unha rosa e unha lámina da autoría
de Helena Karenina, inspirada no poema 1 “Has de cantar” do libro Cantares
Gallegos de Rosalía.
Museo Provincial do Mar
131
Museo Provincial do Mar
132
 VISITAS DOS DEPARTAMENTOS DE DIDÁCTICA ÓS
PROXECTOS DE EU... TI... ELAS... NOSOUTRAS, NOSOUTRXS EN
REDE.:
Os departamentos de Didáctica dos Museos da Rede Museística, ofreceron
cada venres dos comprendidos entre o 9 de febrero e o 30 de marzo, unha
visita guiada os proxectos que forman parte das exposicións de EU... TI...
ELAS... NOSOUTRAS, NOSOUTRXS ENREDE.
No caso do Museo do Mar os proxectos expostos foron:
-Marco, elemento e soporte. Regras para un parquehumano, de Basilisa
Fiestras.
-Fraxilidade Suspendida, deTamara Wassaf.
Museo Provincial do Mar
133
 DÍA DO LIBRO
O 23 de abril, no Museo Provincialdo Mar, celebramos o día do Libro
agasallando a cada un dos nosos visitantes cunha publicación da
Excelentísima Deputación de Lugo.
Museo Provincial do Mar
134
 VISITAS EXPRESS GUIADAS:REFACHOS DA MEMORIA .
Os departamentos de didáctica da Rede Museística Provincialde Lugo,
desenrolaron dende o 1 de maio ata o 30 de xuño, un programa de visitas
guiadas e breves, facendo un percorrido temático e acoutado por diferentes
salas e dependencias dos museos, para coñecer aspectos concretos da nosa
historia.
Martes: A todo trapo
Os diversos tipos de velas que van xurdindo ó longo da historia da
navegación, irán dando paso á aparición de novas tipoloxías de barcos, máis
rápidos, máis manexables, máis seguros, dándollea os navegantes un maior
control sobredo indomable vento.
De seguro que resulta apaixonante recoñecer os paus dun barco e
diferenciar unha vela latina dunha cadra.
Mércores: Os facedores debarcos, unha especia en extinción
Votaremos a vista atrás, cara ós carpinteiros de ribeira, artistas da
madeira, que durante séculos, coas súas mans encargáronsedecrear
artefactos capaces de sucar os mares e aguantar os seus bravos embates,
Museo Provincial do Mar
135
pero que coa aparición de novas técnicas e novos materiais, están en serio
perigo de extinción.
Xoves: A ruta das estrelas
Dende a noite dos tempos a humanidadesentiuse atraída polos puntos de
luz que compoñían caprichosas formas no escuro ceo, e despois de moito e
moito observar, descubriron queeran os mellores faros, os mellores mapas
para guialos nas súas singraduras, dando paso asía
navegación astronómica e ao xurdimento
de instrumentos de navegación tan
apaixonantes coma o sextante.
Museo Provincial do Mar
136
Venres: Máis madeira
A aparición da máquina a vapor supuxo o principio da fin da navegación a
vela, dándolle ós navegantes unha maior independencia ante os caprichos
do deus Eolo.
Xa que no Museo do Mar temos o privilexio de contar cunha máquina a
vapor aínda en activo, non nos podemos resistir a coller nas mans a aceiteira
e pola andar para estudar o seu funcionamento.
Sábados: A balea dentada
Navegando tras da estela de Moby Dick, descubriremos cales son as
diferencias entre as baleas dentadas e as baleas barbadas, desfrutando da
magnífica colección de mandíbulas de balea e dentes de cachalote coa que
Museo Provincial do Mar
137
contamos no Museo do Mar.
Domingos: A balea, o porco do mar
Apetécevos facer un brevee sorprendentepercorrido polos múltiples e
curiosos usos quetiveron as diversas partes e produtos obtidos destes
xigantescos cetáceos.
Asegurámosvosquevos quedaredes sorprendidos ao descubrir algún deles.
Museo Provincial do Mar
138
ACTIVIDADES CON ASOCIACIÓNS E COLECTIVOS
 CentroDaño Cerebral CastroRibeiras de Lea Lugo.
(Cruz Roja Lugo - España) (3 febreiro)
MULLERES EN IGUALDADE(CERVO)
 Mulleres de mar e terra (9 xuño)
Museo Provincial do Mar
139
Museo Provincial do Mar
140
Museo Provincial do Mar
141
Campus Basket EntreNos SanCibrao
3 dexullo, recibimos a visita dosmáis de50 participantes detoda Galicia
no Campus Basket Entre Nos San Cibrao, xunto cos seus correspondentes
monitores.
Xs participantes neste campus, desfrutaron da convivenza en común,
da práctica non sodo baloncesto,senón tamén doutrosdeportescomo o surf,
a natación,…e do achegamento e coñecemento da entorna que os acolleu,
sendo para elo imprescindible á visita ó Museo do Mar, onde se refricte a
historia pasada, presente e futura do pobo de San Cibrao.
Museo Provincial do Mar
142
Visitados participantes dareuniónna Comisión de MedioAmbiente FEMP
O martes 17 de Xuño , a Comisión de Medio Ambiente da Federación
Española de Municipios e Provincias, na que participaron representantes de
concellos de varias Comunidades Autónomas, puxo fin a xuntanza que
tiveron no Concello de Cervo cunha visita ó Museo Provincial do Mar, un dos
iconos da comunidade e un claro exemplo de museo sostible que se
compromete co coidado medio-ambiental, coa conservación do partrimonio
para as xeracións vindeiras e coa difusión e concienciación de prácticas
sostibles.
Museo Provincial do Mar
143
Museo Provincial do Mar
144
Visita dos tripulantes de NavegaoCamiño
Museo Provincial do Mar
145
Xeriátrico Aloumiños de Foz.
Museo Provincial do Mar
146
O 29 de outubro, un grupo da Cruz Vermella de Avilés, realizou unha
visita ó Museo Provincialdo Mar, na que usuarios eacompañantes se
mergullaron nas historias de facedores de barcos, cazadores debaleas,
descubridores demundos e demáis que se agochan neste museo de todxs e
para todxs.
Museo Provincial do Mar
147
FIN Á TRANSFOBIA
O Museo Provincialdo Mar, no 20 de novembro sumousea
celebración do Día Internacionalda Memoria Trans.
Co término “trans”, estamos a referirnos a persoas transxénero,
transexuáis e/ou persoas de xénero non binario.
Estas persoas teñen que someterse a un proceso de reasignación
sexual que aínda que enriquecedor no persoal, resulta moi duro a nivel
económico,sociale legal.
Coa celebración do día 20 de novembro, o que se pretende é recordar
ás víctimas da transfobia, ás víctimas dos prexuizos,da intolerancia, do odio,
da humillación, das bexacións, das mofas, ..quederon como resultado máis
de 2600 homicidios dende xaneiro de 2008 ata hoxe, ós que hai que sumar
un altísimo número de suicidios de aquelxs que non poideron soportar a
presión.
A esa violencia persoaltémoslle que engadir a violencia administrativa
e institucional ó non crear e aplicar leis que protexan e amparen os dereitos
civís deste colectivo.
Museo Provincial do Mar
148
Aínda nos días de hoxe a OMS considera a transexualidadecomo unha
enfermidade mental.
A Rede Museística Provincialde Lugo, e o Museo Provincialdo Mar,
como museos sociáis, museos abertos á diversidadequixeron reivindicar
neste 20 de novembro o dereito que teñen as persoas trans a sser libres, a
ser protexidxs polas leis como o resto da poboación, a formar parte da rica
diversidadeque confornma a humanidade.
O día 20 de novembro invitámosvos a
que encendésedes canda nós unha
candea en memoria das víctimas trans,
pero unha candea de esperanza, unha
candea de loita, unha candea de
activismo, coas verbas que ilustran a
doorosa e Valente loita cara á fin da
transfobia.
Museo Provincial do Mar
149
CENTRO DE MAIORES SAN CIPRIÁN
Museo Provincial do Mar
150
5.4. Programa de Exposicións
EU... TI... ELAS... NOSOUTRAS, NOSOUTRXS EN REDE(9 febreiro30 marzo)
EU estou TI estás ELAS están NOSOUTRAS estamos NÓS+OUTRXS estamxs EN
REDE para conquistar, na diversidade, a plena igualdade. Estamxs, somxs,
facemxs, existimxs... As formas verbais non expresan xéneros.
Os museos da Rede Museística da Deputación de Lugo reclamaban a nosa
atención para cunha ducia de proxectos, dispares na forma, unívocos no
fondo, solidarios coadesigualdade. Voces, xestos, memorias e imaxes que
pretender provocar reflexións e chamadas de atención sobreo EU
subordinado. Ollo!Un EU que podes ser TI, ELAS, NOSOUTRAS,
NÓS+OUTRXS.
Comisariado: Encarna Lago e Antonio Reigosa
No caso do Museo do Mar os proxectos expostos foron:
-Marco, elemento e soporte. Regras para un parquehumano, de Basilisa
Fiestras.
-Fraxilidade Suspendida, deTamara Wassaf.
Museo Provincial do Mar
151
Museo Provincial do Mar
152
Exposición:“De picaso a kapoor.obra gráficae múltiple contemporáneos”,
(24 abril a 20 xuño).
A obra gráfica contemporánea parece posicionarsehoxenun terreo separado
da súa concepción tradicional cambiando de percepción e prioridades e
destacando posibilidades pouco desenvoltas ata o momento.
As súas características máis marcadas, como o democrático, múltiple,
económico ou popular son transformadas e reorganizadas polo artista
formando partedun discurso conceptualna obra ondeas potencialidades son
asumidas como instrumentos creativos ao servizo da arte.
A importancia da tecnoloxía na produción, de forma involuntaria, engádelle
valor á manufactura da obra envolvéndoa dunha aura particular e tan diversa
como as diferentes técnicas e usos e, ademais, incorpóranse como
ferramentas ocultas no proceso gráfico creativo.
Nos últimos tempos, moitos artistas utilizaron a obra gráfica sen prexuízos
como base de moitos dos seus traballos. As súas propiedades plásticas, a súa
incitación á investigación, a súa capacidade de sorprender, o seu abanico de
posibilidades e soportes ou as súas fronteiras abertas fan da gráfica moderna
unha disciplina en auxe para a creación contemporánea.
Esta exposición revela a evolución dunha serie de prácticas artísticas que
teñen en común o uso intensivo de representacións susceptibles de ser
reproducidas por medios mecánicos e/ou dixitais (gravado, litografía,
xilografía, linóleo, impresión dixital, fotografía…) xunto cunha reflexión sobre
a relación entre o artista e os seus procedementos. Quéresereflexionar sobre
a relación actual entre produción artística e tecnoloxía.
Deste modo, a exposición posicionábasena intersección de dous sistemas: a
articulación entre unha colección de arte moderna e contemporánea e a
historia da arte, usando o vínculo entre arte contemporánea e
reproducibilidade técnica.
O percorrido expositivo foi formulado en distintos bloques temáticos para a
súa correcta compresión: miradas cruzadas da modernidade e as orixes da
arte contemporánea en España; a gráfica española das segundas vangardas,
entre realismo e abstracción; o intercambio cultural internacional na época
franquista; a escultura contemporánea e a obra múltiple seriada; a evolución
da arte abstracta en Europa; o Pop Art e a serigrafía; unha visión poética da
Museo Provincial do Mar
153
arte española nos anos oitenta e noventa; as prácticas artísticas e os novos
modos de produción no século XXI.
Museo Provincial do Mar
154
Museo Provincial do Mar
155
Control (Historia-Educación-Relixión-Poder
Con este cento de retratos de Roberto González Fernández, a maioría de
homes, repartidos polos catro museos da Rede Museística o artista
transcendeo valor estético da obra de arte e propúxonnos reflexionar sobre
a imaxe como comunicación, como símbolo que representa as formas
históricas de relación social, especialmente as de control desde as diferentes
Museo Provincial do Mar
156
formas de poder. A letra W coa que cada persoa retratada trata de
protexerserepresenta o controlque agora mesmo se exerce sobreos
individuos desde as redes sociais.
Na reflexión tamén dialogan os continentes, a carga histórica dos edificios
dos museos co seu significado e tamén outras formas decreación como a
poesía.
dos gobernantes sobrea Historia.
No edificio do Museo do Mar, antiga escola, medítase sobrea Educación (as
orlas uniforman).
Museo Provincial do Mar
157
EXPOSICIÓN:De Ana Mª Gómez a MarujaMallo
EXPOSICIÓN: DeAna Mª Gómez a Maruja Mallo, A Real Academia
Galega de Belas Artes dedicou á artista Maruja Mallo (Viveiro, 1902 –
Madrid, 1995) o Día da Arte 2017. A Deputación de Lugo, sumándose ao
recoñecemento e co obxectivo de dar a coñecer as 7 obras de Maruja Mallo
que custodia o MPLugo, promoveu esta mostra.
A exposición componsede catro estruturas en forma de cubo sobreas
que se reproducen fotografías das obras (4 óleos sobrelenzo sen título,
“Arquitectura mineral” (1930), “Guía postalde Lugo” (1929) e“Agol»”
(1969).
Museo Provincial do Mar
158
Museo Provincial do Mar
159
LUCES DE ALÉN MAR. As escolas de americanos enGalicia
O Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega vén
traballando desde os seus inicios, en 1992, na recuperación e posta en valor
da memoria e dos importantes legados dos emigrantes galegos. Moi logo
prestou atención ás accións solidarias e exemplarmente altruístas daqueles
que financiaron, implementaron, custearon e sostiveron as construcións
escolares, retribuíndo a Galicia coas remesas propiciadoras da escolarización
Museo Provincial do Mar
160
e da instrución. Un caso único o de Galicia, por certo, na historia das
colectividades de emigrantes.
Para a realización destes e doutros proxectos de recuperación,
ordenación e estudo do patrimonio legado polos nosos emigrantes contou, e
conta, o Consello da Cultura Galega coa colaboración e axuda da Secretaría
Xeral da Emigración da Xunta de Galicia. Esta parcería fixo posible, entre
outros proxectos, a catalogación das construcións escolares financiadas polos
emigrantes nas catro provincias galegas e, tamén, a exposición que se
presentou.
Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia vén a subliñar,
dunha parte, a dimensión da efeméride do centenario fundacional das
Sociedades Galegas de Instrución radicadas en América e, doutra, as súas
realizacións académicas nas localidades de procedencia dos emigrantes.
Por todo elo, o Museo Provincial do Mar, ubicado nas Vellas Escolas
creadas no 1931 grazas á xenerosidade de Manuela Goñi e Xosé María
Fernández Montenegro, dous dos moitos galegos migrantes a América,é o
marco ideal para esta mostra.
Museo Provincial do Mar
161
Museo Provincial do Mar
162
5.5. Servizo do museo para outras actividades
Xuntanza dos membros da Asociación Mar de San Ciprián os días 3 de
febrero e 24 de marzo.
Museo Provincial do Mar
163
O 20 de febreiro, 4 alumnos do IES Marqués de Sargadelos, graban unha
entrevista á vixiante-guía Angeles Miguélez, para un proxecto que o
Departamento de historia do centro presentará nun programa da Unión
Europea.
Membros da Fundación TIC da Deputación de Lugo, procederon o 5 de abril a
facer unha reportaxe fotográfica no Museo Provincialdo Mar por encargo do
Delegado Eduardo Vidal.
Museo Provincial do Mar
164
O 24 de abril, Gabriel, o profesor deArte do IES Marqués de Sargargadelos,
percorreo Museo con un grupo de alumnos que fan fotografías para un
proxecto escolar.
O 25 de abril, a técnica de Cultura do Concello de Xove, Lucía Sánchez
Meitín, acude cun cámara ó Museo Provincial do Mar xunto cun cámara para
grabar á vixiante-guía Angeles Miguélez na sala das baleas, para engadir a
entrevista nun documental que o Concello de Xove está a preparar sobredo
pasado baleeiro da Mariña Lucense.
Museo Provincial do Mar
165
GRAVACIÓN PESCADORES DE HISTORIAS PARA A TVG
O 16 de maio o equipo do programa da TVG “Pescadores deHistorias” graba
no Museo Provincial do Mar a varias persoas para unha edición do programa
que versará sobredas orixes do Museo Provincial do Mar.
Museo Provincial do Mar
166
Museo Provincial do Mar
167
O 23 de maio, o Doutor en Historia pola U.S.C., JoséMaría Leal,
realizou un percorrido co alumnado do IES Marqués de Sargadelos polos
"Postos devixilancia da Galicia Cantábrica do S XVIII",concretamente
polo existente na Punta Atalaia de San Cibrao, achegándoselogo ata o
Museo do Mar, onde poideron observar algúns dos canóns queconformaban
a batería da Atalaia, e tamén munición da utilizada naquelas datas
polo Exército Español, producida na fábrica de Sargadelos.
Museo Provincial do Mar
168
Reunióndos Porteadores doCarmen (5 xullo)
Museo Provincial do Mar
169
Membros da Fundación TIC da Deputación de Lugo, procederon o 26
de xullo a grabar en video as instalación do Museo Provincialdo Mar.
Como museo vivo, comunitario, sostible e participativo, a comunidade
de San Cibrao fai partícipe ó seu museo nas súas celebracións, e a Maruxaina
e unha das máis destacadas, asíque non hai mellor lugar que este para
nomear ó Maruxaino de Honra
Museo Provincial do Mar
170
5.6. Programa de Conferencias
Concerto:MaicaAlonso Martínez
A cantante Maica Alonso Martínez, acompañada da súa guitarra interpretou
unha pequena escolma de poemas musicados de Curros Enríquez, Álvaro
Museo Provincial do Mar
171
Cunqueiro e Manuel María para por o colofón á presentación de tres libros
do autor mariñán Paco Rivas.
Museo Provincial do Mar
172
Presentaciónlibros: Paco Rivas.
O autor mariñán Paco Rivas presentou no Museo Provincialdo Mar o venres
26 de xaneiro tres libros que teñen ó mar como fonte de inspiración e fío
conductor.
Mar…uxíaé unha colección de 15 relatos curtos nos que o mar e as súas
xentes son os protagonistas enos que a propia fala cobra especial
importancia, polo que o autor ó fin do libro engade un pequeno glosario no
que consultar todas aquelas palabras propias das xentes da Mariña.
Picaraxadas é unha pequena escolma poética na que ilustración e poesía se
poñen á par, e aínda que ó autor non lle gosta separar a literatura por
idades, ó recoller adiviñas, cantigas e sin xelas imaxes e evocacións vaimáis
encamiñada ó público infantil.
Escolma Poética é o terceiro dos libros
presentados por Paco Rivas no Museo
Provincialdo Mar, e respondea unha
petición do público que lle solicitaba ó
autor que recopilasenun so libro unha
selección dos seus poemas, algúns
deles xa publicados, pero outros
inéditos, e que Paco soe recitar
maravillosamente nas reunións e citas
literarias nas que participa.
Museo Provincial do Mar
173
Presentacióndo libro “Si me pierdo,tú me encuentras”,de Irene
Rega Jul (11 febreiro).
A veciña de San Cibrao, IreneRega Jul, elexíu o Museo do Mar, do cal é
asidua visitante, para presentar a súa primeira obra literaria, “Si me pierdo,
tú me buscas”, unha novela xuvenil de intriga, na que nada é o que parece.»
No Museo atopou a calor e o cariño dos seus veciños e amigos que acolleron
con grandesatisfacción a publicación desta súa primeira obra literaria.
Museo Provincial do Mar
174
Museo Provincial do Mar
175
5.7. Programa de Congresos.
V Congreso Xéneros,Museos,Arte e Educación
Organizado pola Deputaciónde Lugo,a través da súa Rede Museística
(Museo Provincial de Lugo, Museo Provincial do Mar, Pazo de Tor e
Museo Fortaleza San Paio de Narla),e coordinado por Encarna Lago
González.
Esta edición, en correspondenciacos anos anteriores, formou parte do
Plan de museos, xéneros, arte, educación e igualdade co que se
comprometeu, como institución pública, a promover políticas de
igualdade e ofrecer espazos de diálogo e cohesión social. Como
museos de comunidade somos responsables de reflectira diversidade
da sociedade e ofrecer ferramentas para o seu desenvolvemento a
través da arte e a didáctica. Esta responsabilidade ponse en práctica,
Museo Provincial do Mar
176
no labor mediadordos museos,mediante unha metodoloxíaincluínte e
normalizadora, que elude a segregaciónde actividades porsexo,grupo
social ou cultural.
Tamén nesta ocasión o Congreso incorporou o proxecto seleccionado
por Ibermuseos na convocatoria Conversas: Guerrilla de Palabras.
Oficio palabrero/palabrera.
O interese suscitado nos encontros anteriores situounos na obriga de
seguir evolucionando e ofrecer experiencias e reflexións coas que
ampliemos a nosa perspectiva sobre a relación transformadora da
cuestión dos xéneros, da creación artística e da educación.
Os contidos deste congreso foronproduto da reflexióne da autocrítica.
Unha perspectiva de diversidade dos xéneros non é unha cuestión
unicamente de mulleres, o cal continuaría mantendo os mesmos
arquetipos de división. Estas xornadas reflexionaron sobre como os
museos amosan e favorecen a presenza e a atención sobre a
pluralidade de xéneros e os seus papeis na historia e na sociedade a
través dos seus discursos museográficos,coleccións e actividades.
Con este obxectivo, o programa convidou axs congresistas a asistir á
clase perigosa,un encontro que reúne as teorías de xénero,o activismo
feminista, a ciencia xurídica, a ciencia social, a biopolítica, as novas
tecnoloxías, a arte e a práctica institucional. Outras sesións converten
os museos da Rede en plataformas de exposición para colectivos e
activistas da defensa dos dereitos sobre a identidade sexual, social,
artística ou cultural; en espazos de difusión de prácticas artísticas
feministas internacionais; en presentación de experiencias de
participación e igualdade en museos; e en mesas sobre a creación
artística en relación á violencia de xénero.
En definitiva, foron unhas xornadas para seguir medrando, compartir
posturas sen postureos, e participar no debate con profesionais,
investigadorxs, críticxs,artistas e activistas.
O programa desenrolado no Museo Provincial do Mar o 16 de marzo foi o
seguinte:
Museo Provincial do Mar
177
SESIÓN DE MAÑÁ
_Paula Cabaleiro.A arte como ferramenta de sensibilización.
Violencia cero.Comisaria de exposicións e xestora cultural.
Coordinadorado programa “Mulleres en acción: Violencia Zero” de
Deputación de Pontevedrae directora de exposicións doMAC
Florencio de la Fuente, de Huete (Cuenca). Coordinadora do festival
“Somos rúa, facemos arte” do Concello de Carballo.
_Anxela Caramés.Arredorde “Alén dos xéneros.” Doutora en Belas
Artes pola Universidade Politécnica de Valencia e Licenciada en
Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela.
Realizou a súa investigación de tese doutoral sobre as exposicións
feministas realizadas no Estado Español. Activista e xestora cultural
feminista. Organizou as xornadas Subxectividades críticas/Narrativas
identitarias,Contra vento e marea.Verbas e pegadasdos feminismos,
Suxeitos emerxentes e M-Artech.Accións híbridasdesde o xéneroe a
tecnoloxía. Comisariouas exposicións Desnudas,Ensamlandet,Elas
Fan Tech,Seoanesposibles.After Teresa de Villare Alén dos
xéneros.Prácticas artísticas en Galicia. Formaparte do proxecto
artístico de arquivo móbil Contenedorde feminismos.
–Presentacióndo proxecto EU... TI... ELAS... NOSOUTRAS,
NOSOUTRXSEN REDE comisariado por Encarna Lagoe Antonio
Reigosa a cargo de: Carmen Chacón,María Xosé Dominguez,
Mónica Alonso,Ana DMatos,Basilisa Fiestras,Mery Pais,Luz
Darriba,Carmen Porteiro,Rubén Pérez Pombo,TamaraWassaf,
WILPF. Liga Internacionalde Mullerespola Paz e a Liberdade.
_Lucía CanouraSánchez.Observatorio da Mariña polaigualdade:10
anos de feminismo na Mariña.Vicepresidentado Observatorio da
Mariña pola Igualdade.Anos despois delicenciarse en Ciencias
Políticas e da Administración pola USC, realizou estudos de mestrado
no ámbito da xestión pública e das políticas de igualdade. No seo do
OMI, foi a responsable da coordinacióntécnica dalgúns proxectos
como a Axenda Feminista 2017 ‘Galegas en leiras de mar e terra’ e a I
Feira Feminista de Outono en Ribadeo.Actualmente, compatibiliza o
Museo Provincial do Mar
178
seu labor profesional no ámbito das políticas de igualdade coa súa
militancia no feminismo.
_Marian López Fernández-Cao.Darforma á dor. ProfesoraTitular
(Catedrática acreditada) de Educación Artística da Universidade
Complutense de Madrid. Directora do Grupo de Investigacións
Aplicadas da Arte na InclusiónSocial. É impulsora do proxecto
Museos en Feminino.Autora de diversas Publicacións sobre arte e
feminismo e arte terapia. Foi a presidenta da AsociaciónNacional
Mulleres nas Artes Visuais (MAV) e actualmente é a directora do
proxeto ALETHEIA,Arte, Trauma e Memoria emocional.
SESIÓNDE TARDE
_Fátima Anllo Vento.Eles cedeno paso,pero controlan a porta.
Espazos de podere sistemasde lexitimazón na arte contemporánea.
Doutora en socioloxíae experta en políticas culturais, tema ao que
dedicoua súa tese doutoral Participación e poderna gobernanzadas
políticas culturais.Fundadora e directora do Observatorio de Creación
y Cultura Independientes (OCI).Deseñoue codirixiu o Máster en
XestiónCultural da UCM desde 1992 ata 2014.
_Ania González.As ferramentasda ama nunca desmontarán a casa
da ama.A crítica cultural desde unha perspectivafeminista
interseccional.Avogadae Crítica da arte. Especialistaen Teoría
Crítica do Discurso,Feminismos e Imaxinación Política polo Programa
de Estudios Independentes do Museo de Arte Contemporáneade
Barcelona.
_Semiramis GonzálezFernández.Pódese comisariarcon
perspectiva feminista? A ollada cara a arte dende a igualdade.A ollada
cara a arte dende a igualdade. Licenciadaen Historia da Arte. Máster
en Arte Contemporánea e Cultura Visual no Museo Reina Sofía.Co-
directora da feira JustMadrid. Especialistaen teoría feminista e queer
que aplica á Historia da Arte. Comisaria e blogueira (Semiramis en
Babilonia).
Museo Provincial do Mar
179
_Debate xeral
Museo Provincial do Mar
180
Museo Provincial do Mar
181
5.8. Programa de Cine
Proxecciónde “Benvidas ao Club” (6 novembro)
SINOPSE
A finais de 2009 a aparentemente tranquila cidade de Lugo encabeza
titulares e abre telexornais. Algunhas palabras que antes soaban lonxanas
resoan coa forza do cotiá entre estradas e beirarrúas escuras baixo as luces
intermitentes dos neóns. O maior sumario contra a trata visto en España dáse
a coñecer aos medios logo dun ano de instrución baixo segredo de sumario. A
operaciónCariocaentra nosfogaresepasaa formarpartedasnosasconversas
pero, somos conscientes do que realmente agocha?
Esta é unha viaxe ao inferno onde centos de mulleres son vítimas da
corrupción e da violencia, unha viaxe salpicada polas drogas e que ten lugar a
carón noso. Logo de 10 anos no subconsciente colectivo este xuízo está a
piques de chegar á recta finalonde policías locais e nacionais, guardiasciviles,
funcionarios, empresarios ou médicos conforman un entramado que ocupa
miles de folios no Xulgado de Instrución nº 1 de Lugo.
Benvidas ao club é o último traballo audiovisual de Carmen P G Granxeiro,
traballo que comezou a gravar en Xuño de 2018 e que foi presentado en
outubro, ca participación da Plataforma Contra a Impunidadedo Carioca.
Museo Provincial do Mar
182
6. PROGRAMA DE PERSOAL
Xerencia: Encarna Lago González
Vixilancia-guía: Ángeles Miguélez Martínez
Vixilancia: Amelia Pernas García
Servizo de limpeza: María José López Fernández e María Isabel Baño López

More Related Content

Similar to Memoria 2018 Museo Provincial do Mar

Memoria Museo de San Paio 2017
Memoria Museo de San Paio 2017Memoria Museo de San Paio 2017
Memoria Museo de San Paio 2017redemuseisticalugo
 
Memoria Museo do Mar 2014
Memoria Museo do Mar 2014Memoria Museo do Mar 2014
Memoria Museo do Mar 2014Encarna Lago
 
Memoria 2012 mar
Memoria 2012 marMemoria 2012 mar
Memoria 2012 marrmplugo
 
Poboación estranxeira en Galicia
Poboación estranxeira en GaliciaPoboación estranxeira en Galicia
Poboación estranxeira en GaliciaAgrela Elvixeo
 

Similar to Memoria 2018 Museo Provincial do Mar (6)

Memoria Museo de San Paio 2017
Memoria Museo de San Paio 2017Memoria Museo de San Paio 2017
Memoria Museo de San Paio 2017
 
Memoria 2018 San Paio
Memoria 2018 San PaioMemoria 2018 San Paio
Memoria 2018 San Paio
 
Memoria Museo do Mar 2014
Memoria Museo do Mar 2014Memoria Museo do Mar 2014
Memoria Museo do Mar 2014
 
FERNANDEZ.pdf
FERNANDEZ.pdfFERNANDEZ.pdf
FERNANDEZ.pdf
 
Memoria 2012 mar
Memoria 2012 marMemoria 2012 mar
Memoria 2012 mar
 
Poboación estranxeira en Galicia
Poboación estranxeira en GaliciaPoboación estranxeira en Galicia
Poboación estranxeira en Galicia
 

More from redemuseisticalugo

More from redemuseisticalugo (20)

XX conferencia internacional MINOM
XX conferencia internacional  MINOMXX conferencia internacional  MINOM
XX conferencia internacional MINOM
 
Guía Pictogramas Museo Provincial de Lugo
Guía Pictogramas Museo Provincial de LugoGuía Pictogramas Museo Provincial de Lugo
Guía Pictogramas Museo Provincial de Lugo
 
Eu en ti, ti en min
Eu en ti, ti en minEu en ti, ti en min
Eu en ti, ti en min
 
Memoria 2018 Pazo de Tor
Memoria 2018 Pazo de TorMemoria 2018 Pazo de Tor
Memoria 2018 Pazo de Tor
 
Memoria Pazo de Tor 2017
Memoria Pazo de Tor 2017Memoria Pazo de Tor 2017
Memoria Pazo de Tor 2017
 
Objetivos “GUERRILLA DE PALABRAS: EL OFICIO DEL/A PALABRERO/A”
Objetivos “GUERRILLA DE PALABRAS: EL OFICIO DEL/A PALABRERO/A”Objetivos “GUERRILLA DE PALABRAS: EL OFICIO DEL/A PALABRERO/A”
Objetivos “GUERRILLA DE PALABRAS: EL OFICIO DEL/A PALABRERO/A”
 
Convite inherentes
Convite inherentes Convite inherentes
Convite inherentes
 
Poster caza balea secem 2015
Poster caza balea secem 2015Poster caza balea secem 2015
Poster caza balea secem 2015
 
Listado artistas 2015
Listado artistas 2015Listado artistas 2015
Listado artistas 2015
 
Una rede
Una redeUna rede
Una rede
 
Software libre na Rede Museística
Software libre na Rede MuseísticaSoftware libre na Rede Museística
Software libre na Rede Museística
 
V Xornadas AGALI
V Xornadas AGALIV Xornadas AGALI
V Xornadas AGALI
 
obradoiros verán 2015
obradoiros verán 2015 obradoiros verán 2015
obradoiros verán 2015
 
Actas do Congreso de Xénero, Museos e Arte
Actas do Congreso de Xénero, Museos e ArteActas do Congreso de Xénero, Museos e Arte
Actas do Congreso de Xénero, Museos e Arte
 
Pasaporte rede
Pasaporte redePasaporte rede
Pasaporte rede
 
Dossier prensa muller
Dossier prensa muller Dossier prensa muller
Dossier prensa muller
 
Pasaporte rede
Pasaporte redePasaporte rede
Pasaporte rede
 
Verán 2014 na Rede Museística
Verán 2014 na Rede MuseísticaVerán 2014 na Rede Museística
Verán 2014 na Rede Museística
 
Memoria 2013 san paio
Memoria 2013 san paioMemoria 2013 san paio
Memoria 2013 san paio
 
Memoria 2013 mar
Memoria 2013 marMemoria 2013 mar
Memoria 2013 mar
 

Memoria 2018 Museo Provincial do Mar

  • 1.
  • 2. Museo Provincial do Mar 1 INDICE 1.LIMIAR ..............................................................................................................................2 2. ESTADISTICA ANUAL DE VISITANTES..................................................................3 3. PROGRAMA ARQUITECTÓNICO..............................................................................9 4. PROGRAMA DIDÁCTICO..........................................................................................18 4.1. ACTIVIDADES ESCOLARES..................................................................18 4.2. OBRADOIROS DE VERÁN......................................................................57 4.3. OBRADOIROS DE NADAL ......................................................................76 4.4. OBRADOIROS DO CLUB PEQUEAMIG@S ........................................84 5. PROGRAMA DE ACCIÓN CULTURAL.................................................................112 5.1. PROGRAMA DA TERCEIRA IDADE....................................................112 5.2. SEMANA DOS MUSEOS........................................................................121 5.3. PROGRAMA DE MUSEOLOXÍA SOCIAL...........................................129 5.4. PROGRAMA DE EXPOSICIÓNS ..........................................................150 5.5. SERVIZO DO MUSEO PARA OUTRAS ACTIVIDADES ..................162 5.6. PROGRAMA DE CONFERENCIAS......................................................170 5.7. PROGRAMA DE CONGRESOS ...........................................................175 5.8. PROGRAMA DE CINE ............................................................................181 6. PROGRAMA DE PERSOAL....................................................................................182
  • 3. Museo Provincial do Mar 2 1. LIMIAR. Atopámonos mergullados nunha etapa de cambios sociais, económicos e culturais, aos que os museos, como institucións vivas non poden ser alleos. A Rede Museística Provincial de Lugo tense involucrado activamente en dar resposta a estes cambios, en dialogar coa sociedade na procura dun museo máis aberto, accesible, intercultural, inclusivo, cercano e sostible, no que se traballa na transmisión de valores transversais como a igualdade, solidaridade, multiculturalidade, diversidade ou a sostibilidade. Deste xeito estamos a conquerir que os museos da Rede Museística da Deputación Provincial de Lugo, e o Museo Provincial do Mar se convirtan en novos espazos de participación cidadán, de convivencia e cohexión social e apostando pola sostibilidade. O museo sostible,coida o patrimonio para as xeracións vindeiras, implícase coa súa comunidade, e traballa coa educación e a concienciación en valores e prácticas sostibles. So desde unha colaboración conxunta de Museo vs comunidade na preservación integral do patrimonio, daremos paso a un proceso de apropiación e capacitación por parte da propia comunidade que será a que pase a exercer un uso responsable dos seus recursos patrimoniais para lograr un desenrolo local sostible. No Museo do Mar, estamos moi orgullosxs de que a nosa comunidade efectivamente se teña empoderado e que esté canda nos a ser axente do cambio. Agardamos non defraudala para seguer á procura dunha sociedade diversa, equitativa, solidaria e sostible. Se remamos xuntx, é posible.
  • 4. Museo Provincial do Mar 3 2. ESTADÍSTICA ANUAL DE VISITANTES. Xaneiro Nº total de visitantes 1060 3 grupos escolares 47 13 grupos adultos 320 Visitas individuais 519 Febreiro Nº total de visitantes 1097 3 grupos escolares 88 16 grupos adultos 428 Visitas individuais 234 Marzo Nº total de visitantes 1929 7 grupos escolares 116 29 grupos adultos 799 Visitas individuais 733 Abril Nº total de visitantes 2210 5 grupos escolares 18 51 grupos adultos 1534 Visitas individuais 210 Maio Nº total de visitantes 2319 13 grupos escolares 395 37 grupo adultos 1000 Visitas individuais 550
  • 5. Museo Provincial do Mar 4 Xuño Nº total de visitantes 2663 15 grupos escolares 1474 49 grupos adultos 461 Visitas individuais 1238 Xullo Nº total de visitantes 3932 13 obradoiros 248 64 grupos adultos 2017 Visitas individuais 1667 Agosto Nº total de visitantes 4537 7 grupos escolares 309 41 grupos adultos 1043 Visitas individuais 3185 Setembro Nº total de visitantes 1912 30 grupos adultos 901 Visitas individuais 1011 Outubro Nº total de visitantes 2022 5 grupos escolares 119 36 grupos adultos 1040 Visitas individuais 863 Novembro Nº total de visitantes 1634
  • 6. Museo Provincial do Mar 5 3 grupos escolares 63 30 grupos adultos 923 Visitas individuais 650 Decembro Nº total de visitantes 1405 6 grupos escolares 66 25 grupos adultos 627 Visitas individuais 712 Total visitantes anuais 26720 1026 906 1807 2259 2186 2344 3726 4423 1842 1949 1360 1299 1060 1097 1929 2210 2319 2663 3932 4537 1912 2022 1634 1405 0 500 1000 1500 2000 2500 3000 3500 4000 4500 5000 MUSEO PROVINCIAL DO MAR Ano 2017 Ano 2018
  • 7. Museo Provincial do Mar 6 XANE FEBR MARZ ABRIL MAIO XUÑO XULLOAGOS SET OUT NOV DEC ANUAL HOMES 436 487 847 941 1084 1131 1778 2145 841 895 659 627 11871 MULLERES 624 610 1082 1269 1235 1532 2154 2392 1071 1127 975 778 14849 0-10 161 137 225 85 360 353 480 716 95 116 112 136 2976 11-14 12 13 47 28 66 89 171 358 17 85 15 22 923 15-18 26 26 26 13 39 27 89 148 16 3 9 18 440 19-25 38 35 21 13 5 22 81 116 31 23 34 33 452 26-40 188 158 253 132 155 186 479 426 111 106 107 144 2445 41-65 384 411 810 717 766 732 1445 1949 837 667 522 544 9784 66 251 317 547 1222 928 1254 1187 824 805 1022 835 508 9700 LUGO CIDADE 113 67 150 105 62 236 376 377 136 74 114 78 1888 LUGO PROVINCIA 570 595 666 409 991 751 975 603 292 456 534 565 7407 GALICIA 175 113 332 304 467 657 598 766 312 364 149 105 4342 ANDALUCIA 7 1 8 8 58 93 28 9 212 ARAGON 16 2 16 19 64 45 7 55 224 ASTURIAS 41 54 179 302 199 203 293 496 138 168 178 74 2325 BALEARES 2 0 3 7 0 4 1 17 CANARIAS 1 7 0 10 11 2 2 33 CANTABRIA 3 5 3 61 103 13 16 6 4 2 216 CATALUÑA 4 4 4 4 10 62 145 13 70 6 322 CASTILLA-LEON 116 227 175 384 67 327 282 397 341 286 401 204 3207 CASTILLA-LA MANCHA 10 61 14 22 191 211 13 200 67 2 791 EUSKADI 11 49 28 5 48 78 223 42 18 29 28 559 EXTREMADURA 5 56 13 22 73 139 0 308 MADRID 10 21 311 467 471 270 602 805 376 164 154 173 3824 MURCIA 2 6 14 2 8 46 51 9 59 67 264 NAVARRA 4 4 12 14 6 0 2 42 LA RIOJA 54 11 45 12 9 0 131 VALENCIA 1 0 55 90 9 62 4 66 287 ESTRANXEIROS 3 9 15 10 26 15 57 105 24 25 32 321 MAÑAS 729 724 1329 1636 1597 1906 2831 2734 1459 1346 1086 1098 18475 TARDES 331 373 600 574 722 757 1101 1803 453 676 548 307 8245 LUNS 0 MARTES 128 71 115 196 314 287 650 885 224 348 292 189 3699 MERCORES 183 165 212 324 415 340 745 824 470 275 95 137 4185 XOVES 189 103 274 217 334 349 599 692 194 456 371 227 4005 VENRES 129 111 395 312 413 666 656 902 177 355 205 267 4588 SABADO 257 300 652 713 469 662 513 741 398 396 303 251 5655 DOMINGO 174 347 281 448 374 359 769 493 449 192 368 334 4588 GRUPOS ESCOLARES 47 88 116 18 395 369 248 309 119 63 66 1838 GRUPOS ADULTOS 320 428 799 1534 1000 1474 2017 1043 901 1040 921 627 12104 VISITAS INDIVIDUAIS 519 234 733 210 550 461 898 2692 562 671 282 378 8190 DOMINGOS NO MUSEO 174 347 281 448 374 359 769 493 449 192 368 334 4588 TOTAIS MENSUAIS 1060 1097 1929 2210 2319 2663 3932 4537 1912 2022 1634 1405 26720 *RESUME EXTRANXEIROS ALEMANIA ARXENTINA BRASIL CUBA BELGA COLOMBIA CHINA RUSIA HOLANDA ITALIA ESCOCIA RUMANIA EEUU FRANCIA TURQUIA GRECIA SUIZA PORTUGAL IRLANDA REPU.CHECA SUECIA XAPÓN REINOUNIDO INDIA MEXICO LITUANIA SÁHARA POLONIA ANUAL XANEIRO 2 1 3 FEBREIRO 1 6 2 9 MARZO 2 1 1 2 7 2 15 ABRIL 2 2 3 2 1 10 MAIO 6 1 3 2 2 2 2 8 26 XUÑO 3 4 1 4 1 2 15 XULLO 6 2 2 3 4 18 4 6 11 1 57 AGOSTO 5 3 10 2 44 15 7 13 4 2 105 SETEMBRO 4 5 1 4 1 2 2 2 3 24 OUTUBRO 1 1 2 1 2 1 2 2 4 4 1 2 2 25 NOVEMBRO 0 DECEMBRO 2 3 3 12 1 1 2 2 3 1 30 TOTAL 26 25 1 3 2 6 40 2 2 11 2 2 6 72 2 4 23 30 2 1 13 6 29 1 1 2 1 2 319 * Nº DE GRUPOS XANE FEBR MARZ ABRIL MAIO XUÑO XULLOAGOS SET OUT NOV DEC ANUAL Nº GRUPOS ESCOLARES 3 3 7 2 13 15 13 7 5 3 6 77 Nº GRUPOS ADULTOS 13 16 29 51 37 49 64 41 30 36 30 25 421 16 19 36 53 50 64 77 48 30 41 33 31 498 26720 RESUME DE VISITAS ANUALES MUSEO PROVINCIAL DO MAR 2018 26720 26720 26720 26720
  • 8. Museo Provincial do Mar 7 0 500 1000 1500 2000 2500 3000 3500 4000 4500 5000 1060 1097 1929 2210 2319 2663 3932 4537 1912 2022 1634 1405 Por número de visitantes 11% 3% 2% 2% 9% 37% 36% Por idades 0-10 11-14 15-18 19-25 26-40 41-65 66
  • 9. Museo Provincial do Mar 8 0 1000 2000 3000 4000 5000 6000 7000 8000 1888 7407 4342 212224 2325 17 33216322 3207 791 559 308 3824 264 42 131287321 Por Procedencias LUGO CIDADE LUGO PROVINCIA GALICIA ANDALUCIA ARAGON ASTURIAS BALEARES CANARIAS CANTABRIA CATALUÑA CASTILLA-LEON CASTILLA-LAMANCHA EUSKADI EXTREMADURA MADRID MURCIA NAVARRA LA RIOJA VALENCIA ESTRANXEIROS 0 3699 4185 4005 4588 5655 4588 0 1000 2000 3000 4000 5000 6000 Por días da semana DOMINGO SABADO VENRES XOVES MERCORES MARTES LUNS
  • 10. Museo Provincial do Mar 9 3. PROGRAMA ARQUITECTÓNICO Conservación de infraestruturas Recepción das novas cartelas para o Museo do Mar o 31 de xaneiro, que foron colocadas, sustituindo as vellas, nos días seguintes polo persoaldo Museo.
  • 11. Museo Provincial do Mar 10  Tarefas de xardinería levadas a cabo polo Concello de Cervo: 22 febreiro, 13 de abril, 2 e 23 maio, 28 xuño.
  • 12. Museo Provincial do Mar 11 Limpeza exterior do Museo a cargo da empresa Eulen : 14 marzo limpan cristales, 5 xuño limpan cristales e rampa, 17 de xullo entrega de material.
  • 13. Museo Provincial do Mar 12  Desrartización pola empresa Prolidesma: 2 de maio e 1 de xuño.  Revisión extintores a cargo da empresa Apagal : 23 marzo, 1 xuño , 27 setembro.  Alarmas e cámaras de vixiancia a cargo da empresa bastet inginenieria: son revisadas o 4 de abril, o 19 de abril instálaseunha nova alarma e o 30 de maio chega un mando para o seu manexo que no mesmo día é configurado coas indicacións telefónicas dadas polo técnico. 2 de agosto ven un técnico da empresa a revisar as cámaras.
  • 14. Museo Provincial do Mar 13  Servizo do CAU: O 9 de marzo, un técnico do CAU procedea levar un ordenador de mesa averiado e dúas impresoras, deixando unha impresora e dous portátiles.
  • 15. Museo Provincial do Mar 14  25 cadeiras apilables forradas en tea azul , do mesmo modelo que outras 25 xa existentes no Museo, son traídas o 9 de marzo, con motivo da próxima celebración do V Congreso de Xénero, e que pasarán a formar
  • 16. Museo Provincial do Mar 15 parte do mobiliario do Museo Provincialdo Mar.  Recíbese o 9 de marzo un lote conformado por 3 caixas de libros da S. A. de Xestión do Plan Xacobeo y de Turismo de Galicia.
  • 17. Museo Provincial do Mar 16  Membros do Departamento de Arquitectura da Deputación Provincialde lugo, proceden no 13 de marzo a sustituir lámpadas e focos fundidos nas diversas salas do Museo, e a instalar un sistema de cerre na porta principal do mesmo.
  • 18. Museo Provincial do Mar 17  Tarefas de xardinería levadas a cabo polo Concello de Cervo: (10 agosto)
  • 19. Museo Provincial do Mar 18 4. PROGRAMA DIDÁCTICO 4.1. Actividades escolares
  • 20. Museo Provincial do Mar 19 MAR DE LUGO-UNIDADE DIDÁCTICA 1-Descrición 2-Obxectivos 3-Competencias básicas 4-Contidos de aprendizaxe 4.1-Conceptuais 4.2-Actitudinais 4.3-Procedementais 5-Metodoloxía
  • 21. Museo Provincial do Mar 20 6-Secuencia de actividades 7-Recursos materiais 8-Organización do espazo e tempo 9-Avaliación 10-Atención á diversidade 1-Descrición Lugo é unha provincia con mar. É algo evidente pero que realmente moita xente descoñece. A imaxe que se proxecta da provincia desde o exterior é a dun territorio interior marcado por vales, chairas e montañas. Isto non ten nada de malo pero a provincia de Lugo é máis diversa, cunha riqueza para poñer en valor en moitos sentidos. Lugo ten mar, ten unha das maiores frotas pesqueiras do Cantábrico, ten praias, ten mareas e ten temporais. E Lugo ten unha xanela aberta ao mar en forma de Museo Provincial do Mar. O museo conta a historia épica de navegantes e cazadores de baleas, con espazo para o lirismo narrativo das praias repletas de cunchas que cantan ás pescantinas ao traballar. Trátase dun museo que fala da historia do ser humano pero tamén da tremenda e fráxil biodiversidade do medio mariño. Un museo para aproveitar e simbolizar esa parte da provincia de Lugo que mira ao norte e nos conecta co mundo «mar por medio». Así, desde a Rede Museística Provincial de Lugo, consideramos que esta ferramenta en forma de museo é útil para a aprendizaxe en valores, coñecementos e procesos dxs futurxs cidadáxs do mañá.
  • 22. Museo Provincial do Mar 21 Deste xeito propoñemos esta unidade didáctica para que a rede colaborativa na que traballamos se estenda tamén aos centros educativos, que xeren sinerxías connosco na formación desde o respecto axs outrxs e á propia natureza. Estimamos que o Museo Provincial do Mar é un espazo onde se poden aprender importantes leccións sobre o noso pasado común e tamén sobre os desafíos do futuro. Por isto, convidamos a aprender con nós por medio desta unidade didáctica. 2-Obxectivos 1-Comprender a diversidade do medio natural e dos biotipos asociados ao mesmo. 2-Observar e entender a diversidade de formas humanas que se adaptan ás distintas formas do territorio. 3-Aproximarse á diversidade ecolóxica como forma de riqueza, tanto natural como económica. 4-Utilizar o Museo Provincial do Mar, que garda a memoria colectiva da comunidade local, como xanela aberta ao mar da provincia de Lugo difundindo o carácter marítimo da mesma. 5-Empregar o patrimonio biolóxico e natural como chamada á conservación do medio e non ao coleccionismo de tesouros naturais. 6-Entender os obxectos como exemplos de vida, de actividade humana, como reforzo dunha historia antes que como fetiches que garden algo en si mesmos. 7-Comprender o fracaso como algo consubstancial á praxe a partir do naufraxio como inherente á navegación. 8-Valorar a contribución do pasado e das persoas maiores para a construción da sociedade actual, tanto nos aspectos económicos e materiais como nos culturais e políticos.
  • 23. Museo Provincial do Mar 22 9-Entender as formas tradicionais de traballo como formas colaborativas de produción e consenso. 10-Comprender o carácter finito dos recursos naturais e a necesidade de interactuar cos mesmos desde o equilibrio ecolóxico. 11-Ver o museo non como un almacén de obxectos e coñecementos, senón como un lugar dinámico onde existe lugar para o lecer e para compartir experiencias. 12-Pensar na costa non só como lugar de sol e praia, tamén como conxunto complexo de interaccións humanas e naturais que, con carácter histórico, resultaron nunhas formacións naturais e culturais determinadas. 13-Entender a permanencia de actividades tradicionais en áreas con orientación turística como un patrimonio cultural e unha riqueza para oriúndxs da Mariña e para visitantes. 14-Eliminar culturas sexistas mediante a comprensión de que os actuais roles de xéneros non son universais, nin tampouco resultado dunha división do traballo debido a unha maior fortaleza física ou predisposición natural. 15-Relativizar a diversidade funcional eliminando unha interpretación limitadora ao relacionar traballos diferentes con persoas diferentes, contribuíndo todxs ao ben común. 3-Competenciasbásicas Competencias lingüísticas Escoitar Conversar Ler
  • 24. Museo Provincial do Mar 23 A maior parte das actividades realízanse de forma oral ou nun espazo educativo marcado pola oralidade. Isto contribúe a mellorar o desenvolvemento da lingua oral no alumnado, especialmente naqueles parámetros marcados polo seu exercicio en grupo. Competencias matemáticas Comprensión, representación e medida do espazo O traballo en base a instrumentos de navegación, así como á comprensión da paisaxe e o traballo en escala contribúe a mellorar as capacidades en relación á conversión matemática da realidade física. Coñecemento do medio O conxunto da unidade didáctica versa sobre o coñecemento das realidades natural e cultural dunha parte da provincia de Lugo, representada mediante o Museo Provincial do Mar. Tamén trata o carácter ecoloxicamente diverso do medio mariño polo que, o conxunto da actividade reforza, con carácter xeral, o coñecemento do medio. Competencia social e cidadá Relacións persoais Traballo cooperativo Interacción e coñecemento da realidade social
  • 25. Museo Provincial do Mar 24 A idea de museo comunitario construído en base a redes de traballo colaborativo e a súa reprodución no proceso de aprendizaxe, mellora as competencias sociais e cidadás do alumnado. Competencia cultural e artística Coñecemento do patrimonio Construción cultural compartida O museo é a ferramenta máis usual na conservación e disposición do patrimonio. Ademais, o enfoque concreto da Rede Museística Provincial de Lugo fundaméntase no traballo en proxectos de base colaborativa e que aporten valor engadido á educación comunitaria. Aprender a aprender A aprendizaxe non só se realiza en centros educativos. A descuberta dun museo é tamén a descuberta dunha nova forma de aprendizaxe, de carácter curricular ou non curricular, pero cun contido fondamente social. Aprender en sociedade. 4-Contidos de aprendizaxe 4.1-Conceptuais O museo como espazo de memoria Evolución da navegación Construción e tipoloxía das embarcacións tradicionais Actividade pesqueira e marisqueira. Traballos derivados
  • 26. Museo Provincial do Mar 25 Non só peixes. Outros animais mariños Os grandes mamíferos mariños. A balea e a súa caza 4.2-Actitudinais Valorar os obxectos como pezas de memoria Actitude de respecto polo medio natural Valorar o complexo como sumatorio de cousas Actitude de respecto perante o outro Sensibilidade respecto do herdado do pasado Valorar o traballo e as tarefas de todxs por igual 4.3-Procedementais Relación entre narración, relato e realidade material Discernir o fundamental do accesorio Conservación da memoria Utilización da perspectiva, da maqueta ao real Evolución tecnolóxica como espiral Repartición igualitaria das tarefas Adaptación ás circunstancias cambiantes en cada lugar Relativización da propensión natural para o éxito
  • 27. Museo Provincial do Mar 26 5-Metodoloxía Aprendizaxe funcional. Enfoque globalizante. Enfoque lúdico. Protagonismo do alumnado Metodoloxía activa. Contextos significativos. Aprendizaxe cooperativo. 6-Secuencia de actividades ACTIVIDADES NA AULA Coñecemos a costa e o mar de Lugo a través de mapas, fotografías e textos. Pensamos en museos da nosa órbita xeográfica e social segundo o lugar do centro de ensino. Reflexionamos sobre as paisaxes da nosa comarca e os traballos tradicionais. Especulamos sobre o que pode haber nun museo adicado ao mar. Traballamos sobre a historia da navegación. Reflexionamos sobre todo aquilo que pode ofrecer o mar e a ribeira. Enumeramos e investigamos sobre os animais que viven no mar e nas áreas costeiras.
  • 28. Museo Provincial do Mar 27 ACTIVIDADES NO MUSEO 1-Visita guiada ao museo O museo como relator de historias. Con esta actividade son xs propixs escolares xs que constrúen tamén o significado das pezas do museo. Poténciase así a súa capacidade de observación e reflexión ao tempo que se fomenta o seu espírito crítico. 2-Actividades interactivas A agulla de marear. Desde os inicios dos tempos o ser humano foi creando sistemas e aparatos para viaxar cada vez máis lonxe. A través da análise dos diversos instrumentos de navegación cos que contamos no Museo Provincial do Mar convertémonos en descubridorxs de territorios afastados. »Levando o temón Descrición: Con esta actividade xs alumnxs coñecerán os instrumentos de navegación máis sinxelos usados nun barco como son o temón ou o compás. Nivel educativo: Educación Infantil. Metodoloxía: Despois de visitar o museo xs pícarxs sentaranse na sala adicada á navegación. Alí entregaráselles un caderno con debuxos de instrumentos de navegación que terán que recoñecer e pintar. Temporalización: 50 minutos.
  • 29. Museo Provincial do Mar 28 »Imos navegar Descrición: Con esta actividade o que se busca é que o alumnado se achegue á cultura e tradición mariñeira galega en xeral e á de San Cibrao en particular. Nivel educativo: Educación Primaria (1º, 2º e 3º). Metodoloxía: Despois da visita ás salas do museo entregaráselle a cada alumnx un caderno no que ao lado dun recadro con tres nomes, haberá outro cun debuxo. Terán que unir cunha frecha o nome co debuxo que lle corresponda. Temporalización: 50 minutos.
  • 31. Museo Provincial do Mar 30 »Buscando o norte Descrición: Con esta actividade búscase que xs alumnxs se mergullen na historia da navegación e coñezan os diferentes instrumentos para a orientación marítima. Nivel educativo: Educación Primaria (4º, 5º e 6º). Metodoloxía: Cada alumnx disporá dun caderno no que terán que axudarlle a Cipriana, a mascota do museo, a buscar o norte para volver á súa casa. Para logralo, deberán indicar cales son os instrumentos de navegación máis axeitados. Temporalización: 50 minutos.
  • 32. Museo Provincial do Mar 31 »A todo trapo Descrición: Con esta actividade preténdese que o alumnado adquira unhas nocións básicassobre a navegación marítima desde o seu comezo ata nosos días. Nivel educativo: ESO (1º e 2º). Metodoloxía: Finalizada a visita ao museo a cada alumnx faráselle entrega dun caderno. Nel haberá un texto cunha serie de ocos que deberán cubrir coas palabras que se lles proporcionarán. Temporalización: 50 minutos.
  • 34. Museo Provincial do Mar 33 Por aí resopra. O Museo Provincial do Mar ten o privilexio de ser custodio de ósos dunha especie de balea que se cazaba ata o século XVIII en augas do Cantábrico e que hoxe está extinguida. Navegamos cara atrás no tempo para mergullarnos na tradición daqueles cazadores de baleas.
  • 35. Museo Provincial do Mar 34 »Que son: balea ou cachalote? Descrición: Con esta actividade preténdese que xs nenxs de infantil aprendan a diferenciar diversos tipos de cetáceos por sinxelas diferencias morfolóxicas como que as baleas non teñen dentes senón barbas, namentres que o cachalote si ten dentes. Nivel educativo: Educación Infantil. Metodoloxía: Despois da visita ao museo, na que na sala das baleas se terá resaltado a diferenza que hai entre os diferentes tipos de baleas e os cachalotes, entregaráselles axs nenxs un caderno con dous debuxos: unha balea, na cal se verán claramente as barbas, e un cachalote, no que se percibirá facilmente o gran tamaño da súa cabeza e os seus dentes. Xs nenxs terán que colorear cada un deles que irán acompañados dun «b» e un «c» respectivamente para indicarlles cal é cal. Todo isto apoiados nun panel no que verán imaxes dos dous cetáceos. Temporalización: 50 minutos.
  • 36. Museo Provincial do Mar 35 »As baleas comen ou engolen? Descrición: A finalidade desta actividade é que xs nenxs de infantil aprendan características que definen ás baleas. Nivel educativo: Educación Primaria (1º, 2º e 3º). Metodoloxía: Despois de escoitar unha pequena explicación sobre como se alimentan as baleas, xs nenxs responderán verdadeiro ou falso ás preguntas que se lles indiquen. Terán unha folla de consulta para posibles dúbidas. Temporalización: 50 minutos. »Viaxando ao lombo dunha balea
  • 37. Museo Provincial do Mar 36 Descrición: Con esta actividade trátase de introducir axs nenxs no coñecemento da morfoloxía e o hábitat das baleas, así como na tradición da súa caza na costa galega desde o século XIII ao XVIII e no século XX, o aproveitamento que se facía deste animal e as diferenzas da caza e da manufactura nunha e noutra época. Deste xeito o alumnado coñecerá a tradición baleeira en Galicia. Nivel educativo: Educación Primaria (4º, 5º e 6º). Metodoloxía: Xs alumnxs realizarán un encrucillado para o que contarán con oito definicións relacionadas coa caza da balea. Tamén con oito recadros marcados en cor azul que, combinados axeitadamente, revelarán o nome da mascota do museo. Temporalización: 50 minutos. »Navegando entre baleas Descrición: Con esta actividade coñecerase a caza das baleas que se levou a cabo nas costas galegas do Cantábrico entre os séculos XIII e XVIII. Cal era o método de caza, o procesamento dos animais capturados e os diferentes usos dos produtos que se obtiñan. Nivel educativo: ESO (1º e 2º). Metodoloxía: Xs participantes na actividade terán que navegar por un texto referido á caza da balea no Cantábrico galego no que haberá unha serie de palabras erradas que terán que atopar e substituír polas axeitadas. Temporalización: 50 minutos. Largando redes. Cando os mariñeiros largan as redes ás augas do mar non teñen a certeza do que vai vir nelas. Descubrimos as especies que habitan o noso mar e que artes usamos para capturalas.
  • 38. Museo Provincial do Mar 37 »Que hai no mar? Descrición: Con esta actividade búscase que xs nenxs de infantil se acheguen ao mundo do mar e aos habitantes que se poden atopar nel. Nivel educativo: Educación Infantil. Metodoloxía: Finalizada a visita, a cada un dxs nenxs entregaráselles un caderno con varios debuxos de animais mariños que terán que colorear. Ao tempo que colorean os debuxos preguntaráselles se saben os seus nomes. Temporalización: 50 minutos.
  • 39. Museo Provincial do Mar 38 »A pesca dos nomes Descrición: Potenciarase o coñecemento do hábitat mariño, incentivando que xs alumnxs identifiquen diferentes peixes, cetáceos e moluscos. Nivel educativo: Educación Primaria (1º, 2º e 3º). Metodoloxía: Finalizada a visita ao museo faráselles entrega dun caderno de dúas follas. Nel terán oito animais mariños; peixes, cetáceos e moluscos que deberán identificar e escribir os seus nomes nunhas caixas cruzadas que
  • 40. Museo Provincial do Mar 39 haberá xunto aos debuxos. Por último, colorearán cada animal nas cores axeitadas. Temporalización: 50 minutos.
  • 41. Museo Provincial do Mar 40 »Habitantes do mar Descrición: Nesta actividade búscase que xs rapaxs adquiran unha serie de coñecementos acerca do mar e da cultura mariñeira. Neste caso sobre os habitantes do mar, a súa alimentación, o seu hábitat ou como os pescamos. Nivel educativo: Educación Primaria (4º, 5º e 6º). Metodoloxía: Despois de visitar o museo, e darlles xs rapaxs breves referencias sobre as principais especies que viven no mar, entregaráselle a cada alumnx un caderno no que haberá 13 fotografías de animais mariños, con dúas caixiñas ao lado coas preguntas: «quen son?» e «que sabes de min?». Na primeira delas deberán poñer o nome e a especie do animal da fotografía e, na segunda, o seu hábitat, o que come, que arte de pesca se utiliza para a súa captura e algún outro detalle que coñezan. Temporalización: 50 minutos.
  • 42. Museo Provincial do Mar 41 »Guarnindo o aparello Descrición: Con esta actividade buscarase que xs alumnxs coñezan as diferentes especies que viven nos mares e as artes de pesca que se empregan para a súa captura. Nivel educativo: ESO (1º e 2º). Metodoloxía: Despois da visita guiada, cada alumnx terá un caderno no que haberá oito definicións de artes de pesca e un recadro cos oitos nomes
  • 43. Museo Provincial do Mar 42 correspondentes. Terán que adiviñar con que nome se corresponde cada definición. Temporalización: 50 minutos. Os facedores de barcos. Desde o século XIV está documentada a importancia da carpintería de ribeira en San Cibrao que se viu incrementada coa aparición do complexo Sargadelos. Mantense hoxe en día coa última carpintería de ribeira da provincia de Lugo. No museo preservamos a memoria destes facedores de barcos. »Pinta mariñeiro Descrición: Tomando como referencia o banco de carpinteiro exposto na sala 2 do museo, achegaremos axs alumnxs de infantil á carpintería de ribeira, actividade de gran importancia en toda a Mariña Lucense e, en concreto, na vila de San Cibrao. Nivel educativo: Educación Infantil. Metodoloxía: Despois da visita ao museo, entregaráselle a cada alumnx un caderno no que haberá un barco para colorear e identificar as principais partes do mesmo.
  • 44. Museo Provincial do Mar 43 Temporalización: 50 minutos. »Vento mareiro Descrición: Nesta actividade traballarase a partires dun debuxo dunha traiñeira, embarcación tradicional galega, para descubrir os nomes das principais partes dun barco. Nivel educativo: Educación Primaria (1º, 2º e 3º). Metodoloxía: Entregaráselle a cada alumnx unha folla cun debuxo dunha traiñeira con números indicativos das súas diferentes partes. Debaixo do debuxo haberá unha listaxe cos nomes referidos ás partes da embarcación. Xs nenxs deberán relacionar os números cos nomes correspondentes. Temporalización: 50 minutos. »Glosario mariñeiro Descrición: Con esta actividade procúrase que o alumnado coñeza o que son os estaleiros, e a gran importancia que tiveron en San Cibrao a carpintería de ribeira e a construción naval. Nivel educativo: Educación Primaria (4º, 5º e 6º). Metodoloxía: Finalizada a visita ó museo, entregaráselles xs rapaxs un caderno cun pequeno texto no que se destaca a importancia que tivo a construción de barcos en San Cibrao. Despois verán unha sopa de letras na que se agochan os nomes de seis pezas dun barco a vela e, a continuación, as seis definicións desas pezas. Terán que escribir o nome da peza correspondente por riba de cada definición. Temporalización: 50 minutos.
  • 46. Museo Provincial do Mar 45 »Atopa a túa embarcación Descrición: Con esta actividade xs alumnxs coñecerán a importancia da carpintería de ribeira como parte do noso patrimonio cultural. Familiarizaranse coas diferentes técnicas construtivas e as partes dunha embarcación. Nivel educativo: ESO (1º e 2º). Metodoloxía: A cada participante entregaráselle un caderno cunha serie de afirmacións relativas á carpintería de ribeira. Cada unha delas terá unha dobre opción (verdadeira e falsa) con letras asociadas. Despois de escoller as opcións que consideren verdadeiras, deberán combinar as letras asociadas para atopar o nome da súa embarcación. Temporalización: 50 minutos.
  • 47. Museo Provincial do Mar 46 Código internacional de bandeiras. Aprendemos a comunicación no mar antes da invención da radio e, ao mesmo tempo, reflexionamos sobre o mar como fronteira universal e encrucillada de culturas. »Arriba a bandeira Descrición: Xs alumnxs traballarán co Código Internacional de Sinais. Explicaráselles o significado xeral e a función tan importante que ten a comunicación entre barcos. Nivel educativo: Todos os niveis. Metodoloxía: Como un grupo de bandeiras representa o abecedario, cada nenx debuxará nun caderno que se lles entregará, as bandeiras que se correspondan coas letras dos seus nomes. Para facilitarlles a tarefa, contarán cun panel informativo de consulta. Temporalización: 50 minutos.
  • 48. Museo Provincial do Mar 47 ACTIVIDADES POSTERIORES Á VISITA Crea o teu propio museo. Xs escolares constrúen dunha forma práctica e imaxinativa o seu propio museo a partires do diálogo cxs docentes, coa súa propia comunidade e cxs profesionais do Museo Provincial do Mar.
  • 49. Museo Provincial do Mar 48 7-Recursos materiais NO CENTRO EDUCATIVO Mapas xerais e temáticos da Mariña Lucense e de toda a provincia de Lugo. Álbums fotográficos da provincia de Lugo. Proxector. Bibliografía sobre o mar, a navegación e a pesca. Recursos TIC. Uso de Internet para a procura de información complementaria. NO MUSEO Materiais plásticos (pinturas, rotuladores, cartolinas, etc.). Bandeiras de cores.
  • 50. Museo Provincial do Mar 49 Cámara fotográfica. Proxector. Cadernos de notas ou debuxos. 8-Organización do espazo e tempo A unidade didácticadesenvólvese en dous lugares fundamentais que poderán estar situados na mesma zona xeográfica ou non. Isto determinará en gran medida a orientación didáctica do conxunto. Por un lado, o Museo Provincial do Mar situado na vila de San Cibrao (Cervo) na Mariña Lucense, dentro dunha realidade natural e humana marcada pola existencia de mar. É dicir, a narración museolóxica do centro prolongarase ao espazo circundante, sendo territorio e centro partes da experiencia didáctica en igual medida. Por outro lado, a propia aula do centro educativo como lugar básico onde se leva a cabo o conxunto da programación escolar. Contextualizarase deste xeito a saída educativa como un acto do proceso de aprendizaxe e non como unha actividade allea. A proposta de temporalización secuencial consta de tres conxuntos de actividades para realizar en tres semanas alternas. A primeira e a última actividade faranse na aula e, a intermedia, será a saída ao museo. 1º conxunto. Dúas sesións aconselladas. A primeira coa finalidade de coñecer o espazo e a paisaxe e, a segunda, para especular sobre o que alberga o museo en relación á cultura marítima e a paisaxe antes investigada.
  • 51. Museo Provincial do Mar 50 2º conxunto. Visita ao museo e á área circundante ao longo dun día coa posibilidade de realizar unha visita matutina ou vespertina, ou ambas. Nos dous casos complementaranse cun roteiro no territorio onde se sitúa o museo. 3º conxunto. Dúas sesión aconselladas. Na primeira explicarase o proxecto de realizar o museo propio como contedor de historias e, na segunda, levarase a cabo a súa materialización. No caso de optar por unha materialización práctica resultará favorable deixar un tempo prudencial entre ambas sesións para realizar un seguimento personalizado. Ademais, sería axeitado realizar algunha actividade de carácter aberto coas familias para mostrar os resultados. 9-Avaliación AVALIACIÓN DO ALUMNADO Fichas de observación e seguimento. Análise das producións do alumnado. Intercambios orais co alumnado, tanto en grupo como de xeito individual, con especial fincapé nas postas en común e nas reflexións colectivas. AVALIACIÓN DO PROFESORADO Avaliación da práctica docente na aula en relación ao cumprimento dos obxectivos da unidade didáctica, así como ao conxunto do material didáctico utilizado e aos labores docentes sinalados. A avaliación partirá dunha análise previa das condicións de desenvolvemento didáctico e, a final, centrarase nunha avaliación procesual. -Criterios de avaliación
  • 52. Museo Provincial do Mar 51 1-Observarase o cumprimento das directrices marcadas na unidade didáctica en relación ao material utilizado. 2-Analizarase a mellora na comprensión e coñecemento da contorna máis próxima, tanto humana como xeográfica. 3-Enfrontaranse realidades paisaxísticas diferentes como forma de que o alumnado poida discernir entre diferentes construcións humanas e comunitarias. 4-Comprobarase como xs estudantes relacionan os seus coñecementos previos cos novos interrogantes expostos na unidade didáctica. 5-Detectarase a mudanza en relación á experiencia de reparto das tarefas. 6-Observarase o cumprimento dos protocolos de conservación do medio a partir da aprendizaxe dos procedementos relacionados coa biodiversidade e a riqueza ambiental. 7-Avaliaranse os coñecemento dos contidos aprendidos tocantes á diversidade animal. 8-Avaliarase os novos coñecementos e as reflexións en relación aos traballos tradicionais e á conservación do patrimonio. 9-Levarase a cabo o seguimento do desenvolvemento tecnolóxico en base ensaio/erro nas actividades realizadas. 10-Comprobarase se entre o alumnado xermolou unha actitude máis favorable respecto aos centros de cultura como centros de aprendizaxe e lecer. 11-Advertirase se se produciu unha mellora na utilización de elementos físicos e xeográficos á hora de plasmar de forma oral ou escrita ideas e coñecementos. 12-Analizarase o cambio actitudinal respecto ás prácticas lesivas para o conxunto do medio ambiente e do progreso social como, por exemplo, os ataques a bens finitos ou especies en extinción como a balea.
  • 53. Museo Provincial do Mar 52 13-Observarase a actitude respecto ao fracaso como algo non negativo en si, senón inmanente a calquera proceso, tamén no ámbito educativo. 10-Atención á diversidade A diversidade enténdese como algo inherente de calquera sociedade onde existen diferentes tipoloxías humanas que enriquecen o conxunto da comunidade. Non se tratan só de diversidades funcionais, tamén culturais ou xeográficas, como proceso social e de propiedade en común de todxs. O Museo Provincial do Mar é mostra da diversidade como riqueza por ser o museo máis accesible de Galicia e ser unha muller cega a única guía no centro. Isto en si mesmo xa é atención á diversidade en relación ao confort que senten aquelas persoas con algún tipo de diversidade funcional que entran no museo. En relación á unidade didáctica, a atención á diversidade debe desenvolverse adaptando todas as actividades ás diferentes capacidades de cadaquén, sen entender isto como unha flexibilización da exixencia ou da dificultade, senón procurando as estratexias máis motivadoras e próximas. A atención á diversidade tamén se dá no desenvolvemento estrutural do proceso de aprendizaxe ao optar por relacións sensoriais de carácter múltiple coas pezas e traballando desde unha óptica da diversidade histórica de formas de vida como forma de progreso. Igualmente, no ámbito natural, o tratamento de diversidade virá como oportunidade de supervivencia e especialización.
  • 58. Museo Provincial do Mar 57 4.2. Obradoiros de verán
  • 59. Museo Provincial do Mar 58 VERÁN 2018: Museo Provincial do Mar Volve o verán e os catro museos da Rede Museística da Deputación de Lugo convídantea unha morea de actividades moivariadas,sempredivertidas e refrescantes, pensadas para todas as idades, para aprender e gozar ao mesmo tempo; todas ideadas para descubrir novos mundos e expresións culturais, coñecemento e entretemento sempreda man arredor da sabedoría que atesouran as coleccións custodiadas nos museos da Rede. Coa imaxinación poderás viaxar polo mar da memoria das xentes do mar, sentiraste habitante dun castelo medieval, señor ou dona nun pazo señorial, abadeou abadesa nun antigo convento relixioso. Seo prefires,tamén poderás gozar como detective, arqueólogo ou arqueóloga, vivir aventuras en África... o que desexes; pero non esquezas que o verán, ademais, é tempo de facer novas amizades, de compartir, de crear e soñar!Proba! DIVERSXS “Quero a liberdade para a plena expresión da miña personalidade. (Gandhi)”
  • 60. Museo Provincial do Mar 59 Todavía en 73 países seguen a estar penalizadas as relacións afectivas entre persoas do mesmo sexo, e ata nos que están xuridicamente protexidas, prodúcenseagresións eataques, tanto directos como indirectos. Todxs temos dereito a vivir sen seres perseguidos, rexeitados, ridiculizados, insultados, afastados, pola nosa condición sexual. As veces o medo ó rexeitamento dos máis, fai que nos rexeitemos a nos mesmos, e so cando nos aceptemos a nos mesmos, poderemos vivir en liberdade a nosa individualidade, conquerindo persoas, familias, ciudades, comunidades, planetas, MARABILLOSAMENTEDIVERSXS.
  • 62. Museo Provincial do Mar 61 ATANDO CABOS Como xa saberedes, a xente do mar di que: “nun barco non hai máis corda que a do reloxo”. Pero o que si hai nun barco son moitos cabos cos que se realizan múltiples tarefas: suxeitar os paus, asegurar a carga, manexar o aparello, amarrar o barco … Por iso vai ser moi importante recoñecer os diferentes tipos de cabos, as moitas manobras do barco nas que se utilizan e os tipos de nós que son precisos para cada unha delas.Mergullarnos neste complexo mundo seráunhaexperiencia fantástica da quesairemosmariñeiras e mariñeiros coaexperiencia dos profesionais do mar.
  • 64. Museo Provincial do Mar 63 MÁSCARAS AFRICANAS Coñeceremos a ‘Colección Xoán Anllo. Arte Africana’ que se expón nunha sala do MPLugo e inspirarémonos para facer a nosa propia máscara africana.
  • 65. Museo Provincial do Mar 64 CAMPAMENTO DE ARQUEOLOXÍA Unha experiencia única! Participa nunha escavación arqueolóxica de verdade dirixida polo arqueólogo Enrique Alcorta.
  • 66. Museo Provincial do Mar 65 COMER E PENSAR SÓ É EMPEZAR Resignificar o patrimonio de saberes e sabores existentes en comidas tradicionais de Lugo (Galicia) e Arxentina como mouteiras craves da micro historia para a narrativa comunitaria en museos. Problematizar a ausencia do patrimonio gastronómico ea invisibilidade de actoras e actores nos museos e historias das súas comunidades. Auspiciar ao museo como “cociña de ideas” que recupereas vocesde lxs actorxs sociais quedan sentido ao ser e estar dos museos. Imparte: Leonardo Casado
  • 67. Museo Provincial do Mar 66 Actividade patrocinada por Ibermuseos dentro do proxecto ‘Guerrilla de palabras’.
  • 68. Museo Provincial do Mar 67 QUÉ CAEU NAS MIÑAS REDES? Por desgraza o mar acaba sendo o noso vertedoiro, e cada ano máis de 8 Tm. de plásticos rematan no fondo das súas augas. O plástico é un dos materiáis máis contaminantes para o océano, tardando en biodegradarsevarios centos de anos. Son moitos os peixes e animáis mariños que morren por asfixia ou obstrucción das vías dixestivas. A solución a este problema pode estar nas nosas mans, e concienciarnos da importancia do mesmo, tratar de xestionar axeitadamente estes residuos e fomentar a reciclaxe son algunas das tarefas que teríamos que emprender.
  • 72. Museo Provincial do Mar 71 CAMPAMENTO NO MUSEO PROVINCIAL DO MAR (Dentro do Programa MAPAS (IN)VISIBLES) Atréveste a comezar o verán no museo? Unha oportunidadepara convertirnos en detectives de arte coñecendo o Museo do Mar e todo o que lle rodea. A través do xogo e da experiencia artística, embarcarémonos nunha aventura onde descubriremos a súa colección, os seus segredos e o
  • 73. Museo Provincial do Mar 72 contexto no que seenmarca. Facendo unha publicación para dar a coñecer ao mundo a nosa investigación!
  • 74. Museo Provincial do Mar 73 DESPREGANDO VELAS Ó longo go da historia as velas tiveron forma redonda, triangular ou cadrada. Foron de papiro, coiro, xunco ou liño. Pero grazas a elas os barcos puideron aproveitar a forza do vento para sucar veloces as augas do mar e chegar a novos territorios nunca antes explorados. A preguntas como cantos
  • 75. Museo Provincial do Mar 74 paus ten un barco, que tipo de velas aparellan, de que materiais están feitas … tentaremos darlles resposta.
  • 76. Museo Provincial do Mar 75 COÑECES A CIPRIANA? O pasado baleeiro de Galicia, é un feito descoñecido por unha maioría da poboación. Achegar o coñecemento de ese anaco da nosa historia é unha obriga para un Museo coma O noso que é custodio dunha colección de osos única no mundo por ser dunha balea xa extinguida.
  • 77. Museo Provincial do Mar 76 4.3. Obradoiros de Nadal
  • 81. Museo Provincial do Mar 80  Obradoiro:As árbores do solsticio (27 de decembro) As árbores foron dende a noite dos tempos símbolos de fertilidade e de rexeneración para múltiples culturas. Os nosos devanceiros vían nelas a representación dos seus e súas deuses e deusas que nas datas do solsticio de inverno, poñíanlle fin ó período de escuridade e frío, dándolle paso ao de luz e fertilidade, e para honralxs, moitos pobos, coma os celtas, decoraban as árbores con froitas e candeas. Hai moitas e moi fermosas lendas que explican o por que das árbores de Nadal, e nos tratamosde mergullarnosnalgunhasdelas ó tempo quefacíamos a nosa.
  • 83. Museo Provincial do Mar 82  Obradoiro:ECONADAL (28 dedecembro) Consideramos quea educación ambiental debe xogar un papel fundamental na vida dxs máis pequenxs xa que setrata dun proceso de formación que permite a toma de conciencia da importancia do medio ambiente. Reflexionamos sobreos problemas que sofreo medio ambiente, empregamos materiais reciclables para elaborar adornos deNadal e escribimos os nosos “ecodesexos”.
  • 85. Museo Provincial do Mar 84 4.4. Obradoiros Club Pequeamig@s Un museo é un espazo onde nos reflectimos nós mesmos e a Rede Museística Provincial de Lugo trata de facelo a través dos seus contidos e das súas experiencias pedagóxicas proxectándoas aos distintos colectivos da sociedade. A programación que presenta dirixida ao Club Pequeamig@s da Rede está deseñada como unha proposta formada por diversos obradoiros, cos que se pretende un achegamento das nenas e dos nenos aos catro museos da Rede e as súas coleccións. Queremos que as xeracións do futuro aprendan, respecten e coñezan o noso patrimonio, como medio e como ferramenta para a súa formación, así como para o conxunto da sociedade. É dicir, museos onde a historia convértese en experiencias didácticas, vivenciais e lúdicas, un museo de historias por descubrir e compartir. Os obradoiros foron elaborados para seguindo os principios de: 1. SIMPLICIDADE. Un valor que define as actividades seguindo a filosofía de obter satisfacción persoal ao realizar algo por un mesmo. 2. PARTICIPACIÓN. Fomento das actitudes proactivas que estimulan a creatividade individual e colectiva. 3. COLABORACIÓN. Propostas colaborativas que fomentan o traballo en equipo. 4. DEDUCIÓN. Dinámicas que nos permitan aprender da nosa propia experiencia 5. DIVERSIÓN. O xogo como instrumento clave para o desenvolvemento integral. 6. EMOCIÓN. A importancia da emoción e o abraio na arte de medrar. 7. COÑECEMENTO. Todas as actividades propostas neste programa potencian novas capacidades cognitivas: a. Aprender a coñecer
  • 86. Museo Provincial do Mar 85 b. Aprender a ser c. Aprender a vivir xuntos d. Aprender a facer  A carpinteirear Entre as seccións do Museo Provincialdo Mar, a da carpinteiría de ribeira é unha das máis destacadas, xa que a construcción debarcos foi unha importante actividade na vila ata case mediados do século pasado, e aínda é hoxe que a última carpinteiría de ribeira que se mantén en activo na provincia atópase en San Cibrao, a do noso colaborador Paco Fra. Introducir xs máis novxs na complexa arte de construir barcos demadeira, descubrindo cales son as partes fundamentáis dun barco, cales os tipos de madeira usados, cales as técnicas de construcción, os nomes das ferramentas, …., é un magnífico xeito de conservar o noso patrimonio.
  • 88. Museo Provincial do Mar 87  Xs mariñeirXs de Don Carnal O Entroido representa un tempo de volta do mundo ó revés, de cambio de roles, un tempo de xolda e risas amparadas tras do anonimato que proporcionan as máscaras. Coma no Entroido todo está permitido, atrevímonos cos compoñentes do Club Pequeamig@s a convertirnos en divertidxs mariñeirxs da tripulación de Don Carnal.
  • 89. Museo Provincial do Mar 88  Traballando en igualdade Concienciar xs máis novxd de que todxs somos iguáis e temos os mesmos dereitos en todos os eidos da vida, pode ser un eixe fundamental para conquerir transformar o mundo e lograr unha sociedade na que triunfen a igualdade de xénero e a equidade social. Cos menbrxs do noso Club Pequeamig@s tecimos unhas pulseiras lilas coas que reivindicar o fin da desigualdadelaboral entre homes e mulleres.
  • 91. Museo Provincial do Mar 90  Un paxe de ourizos Aprobeitamos a celebración da Festa do Ourizo para investigar un pouco sobredeste equinodermo, moi abondantenas nosas praias, emoi apreciado gastronómicamentena actualidade, que non así fai anos.
  • 92. Museo Provincial do Mar 91 Cáles son as características desta especie, cál o seu hábitat, cáles os seus máis achegados familiares, cómo semarisquea e cómo se come, foron algunas das preguntas que tentamos de respostar neste obradoiro, ó tempo que enchimos a nosa rocha de simpáticos ourizos feitos polxs nosxs Pequemig@s.
  • 93. Museo Provincial do Mar 92  Alguénche dixocánto duraba o teulixo? Todos os días e a todas as horas, vivimos rodeados dunha chea de materiáis que rematan, ou asídeberían facelo, no cubo do lixo.
  • 94. Museo Provincial do Mar 93 A pila do reloxo que levas posto, a bolsa das lambetadas que ves de rematar, a botella de plástico da auga que bebiches, o xornalde onte que xa podes pintar ou o cueiro do teu curmán. Se reciclamos axeitadamente cada un destes refugallos, estaremos axudando a conservar o planeta, pero se non o facemos así, contribuiremos a contaminalo cada vez máis e a danar a máis seres vivos. Para que todxs tomemos conciencia do graveque é este problema, propuxémoslles xs nosoxs pequeamigxs un divertido xogo no que tentaron adiviñar cánto tardan en degradarsealgún dos materiáis que cada día votamos ó lixo.
  • 96. Museo Provincial do Mar 95  Tenche tea O término collage ven da palabra francesa coller, que significa pegar, e fai referencia a unha técnica artística consistente en ensamblar diferentes elementos e materiáis para compoñer unha obra. Desta volta, nos tamén elaboramos o noso propio collage no que o material principal foron as teas, e no que as cores e a súa simboloxía axudáronnos a compoñer a obra que mellor expresaba os nosos sentimentos.
  • 97. Museo Provincial do Mar 96  Pesos:obxectoe espazo Este taller partíu do concepto da obra creada en 2011, (Sen Título), pertencente a serie “Paisaxes”, que Basilisa Fiestras expón no Museo Provincial do Mar, no marco da exposición EU... TI... ELAS... NOSOUTRAS, NOSOUTRXS ENREDE. O obxectivo de este taller foi aproximarnos a idea de casa e fogar como lugar de reflexión. Considerando o arquitectónico como un espazo emocional e o peso coma o material e concepto fundamental da peza. Para elo, despois dunha introdución teórica, realizamos diversas construcións arquitectónicas en miniatura de diferentes materiais e texturas, con un carácter móbil e flexible adaptable a calquera superficie.Aspezasrealizadasderonlugar a dous resultados;porun lado tivemos a posibilidade desermontados sobreo propio Corpo/indumentaria (coma a imaxe da que se parte) ou sobre o espazo expositivo, dando lugar a unha instalación escultórica.
  • 98. Museo Provincial do Mar 97 Actividade encadrada no proxecto ’EU... TI... ELAS... NOSOUTRAS, NOSOUTRXS ENREDE’
  • 99. Museo Provincial do Mar 98  Imos de lectura Para celebrar o Día do Libro, fixemos un percorrido polas lecturas dxs nosxs Pequeamigxs, ó tempo que tentamos fomentar nelxs ese maravilloso hábito Tamén compartiron co resto dos participantes as súas lecturas preferidas e descubríronnos xs seus héroes e heroínas preferidas.
  • 100. Museo Provincial do Mar 99  Graba que te grabarás A técnica do grabado supuxo dalgún xeito a democratización da obra gráfica, unha obra xa non era exclusiva, podíansefacer múltiples copias. Foron e son moitas as técnicas que aolongo do tempo seviñeron desenrolando, serigrafía, litografía, linografía, … ,
  • 101. Museo Provincial do Mar 100 A nosa tarefa foi achegarnos a elas, e por alguna en práctica, e os resultados foron fantásticos.
  • 102. Museo Provincial do Mar 101  Estampando coa natureza A Natureza é a maior fonte de inspiración para todxs nxs, e foi tamén unha fantástica suministradora deelementos cos que conquerir facer grabados. A técnica do grabado, e tan amplia e interesante, que mergullarnos de novo nela non resultou en abxoluto aburrido, e os resultados foron dignos dxs artistas que somos.
  • 104. Museo Provincial do Mar 103 Mapas invisibles na perspectiva de xénero. O Programa MAPAS (IN) VISIBLES pecha o seu ciclo cunha revisión da REDE MUSEISTICA en clavede xénero. Mediante as obras da colección do museo, investigamos e reflexionamos sobreo papel da muller artista e cuestionarnos o espazo que ocupan as mulleres dentro das institucións.
  • 105. Museo Provincial do Mar 104 SAMAÍN PANTASMAGÓRICO De novo coas colleitas recollidas a terra descansa, os fríos, as choivas e neves impóñense ás temperaturas mornas e ó sol, a noite e a escuridade vencen ó día e á luz, e por unhas horas o mundo dos mortos e dos vivos comunícanse, asíque seguindo as tradicións dos nosos antepasados celtas imos a prepararnos para non transferir deun a outro mundo.
  • 107. Museo Provincial do Mar 106 HISTORIAS SILENCIADAS A violencia de xénero é un problema global que afecta a mulleres de todas as idades, clases sociáis, condicións económicas, …, aínda que ten maior incidencia nos grupos máis vulnerables como nenas e anciáns, mulleres con discapacidade,migrantes erefuxiadas,pertencentes a minorías étnicas ou colectivos LGTBI, …… Esta vulneración dos dereitos das mulleres adopta diversas formas: física, sexual, psicolóxica, a trata de seres humans, o matrimonio infantil, a mutilación xenital,……
  • 108. Museo Provincial do Mar 107 Este xeito de violación dos dereitos humáns é un dos máis frecuentes, pero tamén un dos máis silenciados e ocultados, tanto pola inmunidade da que desfrutan os maltratadores como pola vergoña e estigmatización que sofren as víctimas, e fai máis difícil conquerir a igualdade entre as persoas. Cxs máis cativxs do Club Pequeamigxs abordamos este graveproblema social dende a perspectiva da educación en igualdade e do desenrolo humano integral.
  • 110. Museo Provincial do Mar 109 A PINTURA MURAL ROMANA
  • 111. Museo Provincial do Mar 110 A ALDEA GLOBAL ç
  • 113. Museo Provincial do Mar 112 5. PROGRAMA DE ACCIÓN CULTURAL 5.1. Programa da terceira idade Xs nosxs maiores son xs únicxs gardiáns dunha parte da nosa cultura, do noso patrimonio inmaterial, daquel que so se transmitíu de forma oral, daquelas vivenzas que non quedaron recollidas en nengún outro xeito de soporte, e que so elxs son capaces de nos transmitir e das que nxs temos a obriga de salvagardar para que pervivan por sempre nas nosas memorias e nas das xeracións vindeiras. Obradoiros Club Senior  Antroidando A celebración do Antroidoou Carnaval,é unhadasmáis tradicionáis en Galicia, perdéndosea súa orixe na noite dos tempos. Nas diversas vilas e cidades de Galicia o Antroido adopta diversas formas e persoaxes, como as pantallas de Xinzo, os cigarróns de Verín, os peliqueiros de Laza ou os xeneráis da Ulla. No rural os disfraces eran sinxelos e ata improvisados, aprobeitando moitas veces roupas vellas, e outras intercambiando os homes e mulleres as propias. A partir do século XIX, nos casinos e liceos comenzan a celebrarse bailes e desfiles polas rúas con disfraces máis elaborados, encaixando mellor neste perfil de Carnavalurbán o da Mariña.
  • 114. Museo Provincial do Mar 113 Como temos a sorte de que moitos dos membros do noso Clube Sénior bailaron neses salóns e desfilaron por esas rúas, …, contaránnos de primeira man como eran eses Entroidos de comenzos do século XX, da época da dictadura e dos principios da transición.
  • 115. Museo Provincial do Mar 114  Cal non é o oficio da muller do mar? Coa celebración o 8 de marzo do Día da Muller Traballadora preténdese visibilizar a desigualdade que no eido laboral existe entre homes e mulleres, á vez que reivindicar a igualdade de xénero e a equidade social. A muller galega e a muller mariñeira tivo sempre que levar o peso do traballo non remunerado pero imprescindible que supoñían as tarefas domésticas, o coidado de nenos e anciáns, da horta e o gando, a axuda nas labores do mar xa fora facendo ou amañando redes, empatando anzóis, cosendo velas, salgando peixe, … Valéndonos da impagable memoria dos membros do noso Clube Sénior, puxémoslle nome a todos aqueles oficios que a muller mariñeira tiña que levar a cabo.
  • 116. Museo Provincial do Mar 115  Mulleres de mar e terra As mulleres da Mariña, foron sempremulleres de mar, mulleres que outeábano ávidas de ver voltar os barcos. Nos que os seus fillos, os seus pais, os seus maridos, ían á procura de novas terras, novos froitos, novas formas devida.
  • 117. Museo Provincial do Mar 116 Tamén se adicaban con esmero e esforzo a peneiralo para encher os seus paxes de ameixa, croque ou ourizo. Pero eran ó mesmo tempo mulleres de terra, terra na que coidaban con agarimo dos fillos que medraban, dos maiores que pouco a pouco esmorecían e das leiras das que con esmero e esforzo arrancaban ós poucos froitos Que axudaban a encher ás súas mesas. No Museo Provincialdo Mar, temos a fortuna de seguer a recolectar as memorias destas mulleres de mar e terra.
  • 118. Museo Provincial do Mar 117 ENTRETECIDOS Tratouse dun obradoiro colaborativo no que as persoas participantes, de calquera idade, tecían mentres falaban. Ou viceversa. A actividade consistíu en elaborar un toldo con tecidos tensados nun aro. Os aros entrelazaransepara formar a peza final. Non importa a técnica que seempregueno labor detecido. Importanascores, que procuraremos reproduzan símbolos de movementos como o LGTBI, e máis alá da peza final elaborada conxuntamente, importan as conversas e os testemuños que se entretecen coas palabras.
  • 120. Museo Provincial do Mar 119 HISTORIAS SILENCIADAS A violencia de xénero é un problema global que afecta a mulleres de todas as idades, clases sociáis, condicións económicas, …, aínda que ten maior incidencia nos grupos máis vulnerables como nenas e anciáns, mulleres con discapacidade,migrantes e refuxiadas,pertencentes a minorías étnicas ou colectivos LGTBI, …… Esta vulneración dos dereitos das mulleres adopta diversas formas: física, sexual, psicolóxica, a trata de seres humans, o matrimonio infantil, a mutilación xenital,…… Este xeito de violación dos dereitos humáns é un dos máis frecuentes, pero tamén un dos máis silenciados e ocultados, tanto pola inmunidade da que desfrutan os maltratadores como pola vergoña e estigmatización que sofren as víctimas, e fai máis difícil conquerir a igualdade entre as persoas. Tentamos que xs nosxs maiores do Clube Sénior debuxasen alguna das historias de violencia contra das mulleres que se mantiñan silenciadas e ata normalizadas na sociedadeda súa infancia e xuventude.
  • 122. Museo Provincial do Mar 121 5.2. Semana dos museos SEMANA DOS MUSEOS 2018: Museo Provincial do Mar Os museos da Deputación de Lugo celebramos nesta semana o Díadas Letras Galegas (17 de maio), o Día Internacional dos Museos (18 demaio) e a Noite dos Museos (19demaio). O Días das Letrasquea RAG dedica esteano a María Victoria Moreno, unha escritora, ademais de autora dunha obra literaria de mérito, exemplo de compromiso (sendo de orixe foránea) coa nosa lingua e cultura. DÍA das LETRAS / NOITEdos MUSEOS / DÍA INTERNACIONAL dos MUSEOS na REDE MUSEÍSTICA DA DEPUTACIÓN DE LUGO Nesta ocasión,o lema escollido polo ICOMparacelebrar o próximo18 demaio o Día Internacional dos Museos, “Museos hiperconectados: enfoquesnovos, públicos novos”, convídanos a reflexionar sobre un futuro hiperconectado entre os museose os nososvisitantes.Novosescenarios decomunicación que deben ser deseñados entrambos, institucións e usuarios, para ser útiles e atractivos ao máximo de poboación posible.
  • 123. Museo Provincial do Mar 122 A Noite dos Museos desta volta dedicámola a poñer luz, a iluminar o cuarto escuro onde se arromban tantas veces as obras creadas por mulleres. Unha inxustiza que debemos denunciar e corrixir desde dentro dos museos pero tamén desde a sociedade, reivindicando esa igualdade na práctica e en todas as facetas do quefacer humano. Son días de festa e de celebración pero tamén de chamada de atención, de autocrítica e de proxectos para un mañá que xa é hoxe.  Lingua de paz (17 maio) A función primordial dunha lingua, é a de permitir a comunicación entre as persoas, a de ser O medio para expresar necesidades,sentimentos, emocións, … E por eso que a lingua sempredebería ser un instrumento de paz, un instrumento de unión e cooperación, e nunca de diferenciación e separación. Nestes tempos nos que se cadra se están a usar as linguas para diferenciar e separar, coidamos queo mellor honmenaxe que se lle pode facer á nosa, é potenciar e visibilizar a súa función de unificación, mediación,conciliación.
  • 126. Museo Provincial do Mar 125  Museos hiperconectados No día Internacional dos Museos, quixemos celebrar coa nosa comunidade, con todo o noso público, a apertura dos museos, o achegamento das coleccións sao público, a democratización da cultura, o empoderamento das comunidades que sosteññen os museos, … Pero tamén precisamos seguer pedíndovos axsuda para buscar novos públicos, novos enfoques, novas conexións que fagan que cada vez sexan máis os musealizadxs. Festexamos todos xuntos este día e contribuimos a espandilo.
  • 128. Museo Provincial do Mar 127  Falar coas mans Neste obradoiro traballouse a perspectiva de xénero a través da expresión plástica. Os obxectivos son promover a igualdade de xénero e fomentar oempoderamento das mulleres e promover o pensamento crítico a través do diálogo.
  • 130. Museo Provincial do Mar 129 5.3. Programa Museoloxía social  ACTIVIDADEDÍA DA PAZ O 31 de xaneiro, no Museo Provincialdo mar, quixemos encher o noso panel de pombas e mans que levan palabras que axudan a construir a PAZ. A PAZ, non so significa ausencia de guerra, tamén conleva tolerancia, solidaridade, respecto dos dereitos humanos, concordia, entendemento e respecto pola diversidade, … A escola, a familia, a comunidade, o museo, … , todos nos temos que implicar en conquerir a paz, a ausencia de violencia, a xenerosidadee o entendemento, e para elo, a linguaxe, as verbas, poden ser un instrumento moi valioso, algo que a Rede Museística xa ven experimentando co seu proxecto Palabreiro/palabreira.
  • 131. Museo Provincial do Mar 130  DÍA DE ROSALÍA Os museos da Rede Museística da Deputación de Lugo celebramos o Día de Rosalía de Castro o sábado, 24 de febreiro, data que coincide coa de aniversario de nacemento da ilustre escritora. A celebración consistíu en que cada visitante que se achegou ó Museo Provincial do Mar recibíu como agasallo unha rosa e unha lámina da autoría de Helena Karenina, inspirada no poema 1 “Has de cantar” do libro Cantares Gallegos de Rosalía.
  • 133. Museo Provincial do Mar 132  VISITAS DOS DEPARTAMENTOS DE DIDÁCTICA ÓS PROXECTOS DE EU... TI... ELAS... NOSOUTRAS, NOSOUTRXS EN REDE.: Os departamentos de Didáctica dos Museos da Rede Museística, ofreceron cada venres dos comprendidos entre o 9 de febrero e o 30 de marzo, unha visita guiada os proxectos que forman parte das exposicións de EU... TI... ELAS... NOSOUTRAS, NOSOUTRXS ENREDE. No caso do Museo do Mar os proxectos expostos foron: -Marco, elemento e soporte. Regras para un parquehumano, de Basilisa Fiestras. -Fraxilidade Suspendida, deTamara Wassaf.
  • 134. Museo Provincial do Mar 133  DÍA DO LIBRO O 23 de abril, no Museo Provincialdo Mar, celebramos o día do Libro agasallando a cada un dos nosos visitantes cunha publicación da Excelentísima Deputación de Lugo.
  • 135. Museo Provincial do Mar 134  VISITAS EXPRESS GUIADAS:REFACHOS DA MEMORIA . Os departamentos de didáctica da Rede Museística Provincialde Lugo, desenrolaron dende o 1 de maio ata o 30 de xuño, un programa de visitas guiadas e breves, facendo un percorrido temático e acoutado por diferentes salas e dependencias dos museos, para coñecer aspectos concretos da nosa historia. Martes: A todo trapo Os diversos tipos de velas que van xurdindo ó longo da historia da navegación, irán dando paso á aparición de novas tipoloxías de barcos, máis rápidos, máis manexables, máis seguros, dándollea os navegantes un maior control sobredo indomable vento. De seguro que resulta apaixonante recoñecer os paus dun barco e diferenciar unha vela latina dunha cadra. Mércores: Os facedores debarcos, unha especia en extinción Votaremos a vista atrás, cara ós carpinteiros de ribeira, artistas da madeira, que durante séculos, coas súas mans encargáronsedecrear artefactos capaces de sucar os mares e aguantar os seus bravos embates,
  • 136. Museo Provincial do Mar 135 pero que coa aparición de novas técnicas e novos materiais, están en serio perigo de extinción. Xoves: A ruta das estrelas Dende a noite dos tempos a humanidadesentiuse atraída polos puntos de luz que compoñían caprichosas formas no escuro ceo, e despois de moito e moito observar, descubriron queeran os mellores faros, os mellores mapas para guialos nas súas singraduras, dando paso asía navegación astronómica e ao xurdimento de instrumentos de navegación tan apaixonantes coma o sextante.
  • 137. Museo Provincial do Mar 136 Venres: Máis madeira A aparición da máquina a vapor supuxo o principio da fin da navegación a vela, dándolle ós navegantes unha maior independencia ante os caprichos do deus Eolo. Xa que no Museo do Mar temos o privilexio de contar cunha máquina a vapor aínda en activo, non nos podemos resistir a coller nas mans a aceiteira e pola andar para estudar o seu funcionamento. Sábados: A balea dentada Navegando tras da estela de Moby Dick, descubriremos cales son as diferencias entre as baleas dentadas e as baleas barbadas, desfrutando da magnífica colección de mandíbulas de balea e dentes de cachalote coa que
  • 138. Museo Provincial do Mar 137 contamos no Museo do Mar. Domingos: A balea, o porco do mar Apetécevos facer un brevee sorprendentepercorrido polos múltiples e curiosos usos quetiveron as diversas partes e produtos obtidos destes xigantescos cetáceos. Asegurámosvosquevos quedaredes sorprendidos ao descubrir algún deles.
  • 139. Museo Provincial do Mar 138 ACTIVIDADES CON ASOCIACIÓNS E COLECTIVOS  CentroDaño Cerebral CastroRibeiras de Lea Lugo. (Cruz Roja Lugo - España) (3 febreiro) MULLERES EN IGUALDADE(CERVO)  Mulleres de mar e terra (9 xuño)
  • 142. Museo Provincial do Mar 141 Campus Basket EntreNos SanCibrao 3 dexullo, recibimos a visita dosmáis de50 participantes detoda Galicia no Campus Basket Entre Nos San Cibrao, xunto cos seus correspondentes monitores. Xs participantes neste campus, desfrutaron da convivenza en común, da práctica non sodo baloncesto,senón tamén doutrosdeportescomo o surf, a natación,…e do achegamento e coñecemento da entorna que os acolleu, sendo para elo imprescindible á visita ó Museo do Mar, onde se refricte a historia pasada, presente e futura do pobo de San Cibrao.
  • 143. Museo Provincial do Mar 142 Visitados participantes dareuniónna Comisión de MedioAmbiente FEMP O martes 17 de Xuño , a Comisión de Medio Ambiente da Federación Española de Municipios e Provincias, na que participaron representantes de concellos de varias Comunidades Autónomas, puxo fin a xuntanza que tiveron no Concello de Cervo cunha visita ó Museo Provincial do Mar, un dos iconos da comunidade e un claro exemplo de museo sostible que se compromete co coidado medio-ambiental, coa conservación do partrimonio para as xeracións vindeiras e coa difusión e concienciación de prácticas sostibles.
  • 145. Museo Provincial do Mar 144 Visita dos tripulantes de NavegaoCamiño
  • 146. Museo Provincial do Mar 145 Xeriátrico Aloumiños de Foz.
  • 147. Museo Provincial do Mar 146 O 29 de outubro, un grupo da Cruz Vermella de Avilés, realizou unha visita ó Museo Provincialdo Mar, na que usuarios eacompañantes se mergullaron nas historias de facedores de barcos, cazadores debaleas, descubridores demundos e demáis que se agochan neste museo de todxs e para todxs.
  • 148. Museo Provincial do Mar 147 FIN Á TRANSFOBIA O Museo Provincialdo Mar, no 20 de novembro sumousea celebración do Día Internacionalda Memoria Trans. Co término “trans”, estamos a referirnos a persoas transxénero, transexuáis e/ou persoas de xénero non binario. Estas persoas teñen que someterse a un proceso de reasignación sexual que aínda que enriquecedor no persoal, resulta moi duro a nivel económico,sociale legal. Coa celebración do día 20 de novembro, o que se pretende é recordar ás víctimas da transfobia, ás víctimas dos prexuizos,da intolerancia, do odio, da humillación, das bexacións, das mofas, ..quederon como resultado máis de 2600 homicidios dende xaneiro de 2008 ata hoxe, ós que hai que sumar un altísimo número de suicidios de aquelxs que non poideron soportar a presión. A esa violencia persoaltémoslle que engadir a violencia administrativa e institucional ó non crear e aplicar leis que protexan e amparen os dereitos civís deste colectivo.
  • 149. Museo Provincial do Mar 148 Aínda nos días de hoxe a OMS considera a transexualidadecomo unha enfermidade mental. A Rede Museística Provincialde Lugo, e o Museo Provincialdo Mar, como museos sociáis, museos abertos á diversidadequixeron reivindicar neste 20 de novembro o dereito que teñen as persoas trans a sser libres, a ser protexidxs polas leis como o resto da poboación, a formar parte da rica diversidadeque confornma a humanidade. O día 20 de novembro invitámosvos a que encendésedes canda nós unha candea en memoria das víctimas trans, pero unha candea de esperanza, unha candea de loita, unha candea de activismo, coas verbas que ilustran a doorosa e Valente loita cara á fin da transfobia.
  • 150. Museo Provincial do Mar 149 CENTRO DE MAIORES SAN CIPRIÁN
  • 151. Museo Provincial do Mar 150 5.4. Programa de Exposicións EU... TI... ELAS... NOSOUTRAS, NOSOUTRXS EN REDE(9 febreiro30 marzo) EU estou TI estás ELAS están NOSOUTRAS estamos NÓS+OUTRXS estamxs EN REDE para conquistar, na diversidade, a plena igualdade. Estamxs, somxs, facemxs, existimxs... As formas verbais non expresan xéneros. Os museos da Rede Museística da Deputación de Lugo reclamaban a nosa atención para cunha ducia de proxectos, dispares na forma, unívocos no fondo, solidarios coadesigualdade. Voces, xestos, memorias e imaxes que pretender provocar reflexións e chamadas de atención sobreo EU subordinado. Ollo!Un EU que podes ser TI, ELAS, NOSOUTRAS, NÓS+OUTRXS. Comisariado: Encarna Lago e Antonio Reigosa No caso do Museo do Mar os proxectos expostos foron: -Marco, elemento e soporte. Regras para un parquehumano, de Basilisa Fiestras. -Fraxilidade Suspendida, deTamara Wassaf.
  • 153. Museo Provincial do Mar 152 Exposición:“De picaso a kapoor.obra gráficae múltiple contemporáneos”, (24 abril a 20 xuño). A obra gráfica contemporánea parece posicionarsehoxenun terreo separado da súa concepción tradicional cambiando de percepción e prioridades e destacando posibilidades pouco desenvoltas ata o momento. As súas características máis marcadas, como o democrático, múltiple, económico ou popular son transformadas e reorganizadas polo artista formando partedun discurso conceptualna obra ondeas potencialidades son asumidas como instrumentos creativos ao servizo da arte. A importancia da tecnoloxía na produción, de forma involuntaria, engádelle valor á manufactura da obra envolvéndoa dunha aura particular e tan diversa como as diferentes técnicas e usos e, ademais, incorpóranse como ferramentas ocultas no proceso gráfico creativo. Nos últimos tempos, moitos artistas utilizaron a obra gráfica sen prexuízos como base de moitos dos seus traballos. As súas propiedades plásticas, a súa incitación á investigación, a súa capacidade de sorprender, o seu abanico de posibilidades e soportes ou as súas fronteiras abertas fan da gráfica moderna unha disciplina en auxe para a creación contemporánea. Esta exposición revela a evolución dunha serie de prácticas artísticas que teñen en común o uso intensivo de representacións susceptibles de ser reproducidas por medios mecánicos e/ou dixitais (gravado, litografía, xilografía, linóleo, impresión dixital, fotografía…) xunto cunha reflexión sobre a relación entre o artista e os seus procedementos. Quéresereflexionar sobre a relación actual entre produción artística e tecnoloxía. Deste modo, a exposición posicionábasena intersección de dous sistemas: a articulación entre unha colección de arte moderna e contemporánea e a historia da arte, usando o vínculo entre arte contemporánea e reproducibilidade técnica. O percorrido expositivo foi formulado en distintos bloques temáticos para a súa correcta compresión: miradas cruzadas da modernidade e as orixes da arte contemporánea en España; a gráfica española das segundas vangardas, entre realismo e abstracción; o intercambio cultural internacional na época franquista; a escultura contemporánea e a obra múltiple seriada; a evolución da arte abstracta en Europa; o Pop Art e a serigrafía; unha visión poética da
  • 154. Museo Provincial do Mar 153 arte española nos anos oitenta e noventa; as prácticas artísticas e os novos modos de produción no século XXI.
  • 156. Museo Provincial do Mar 155 Control (Historia-Educación-Relixión-Poder Con este cento de retratos de Roberto González Fernández, a maioría de homes, repartidos polos catro museos da Rede Museística o artista transcendeo valor estético da obra de arte e propúxonnos reflexionar sobre a imaxe como comunicación, como símbolo que representa as formas históricas de relación social, especialmente as de control desde as diferentes
  • 157. Museo Provincial do Mar 156 formas de poder. A letra W coa que cada persoa retratada trata de protexerserepresenta o controlque agora mesmo se exerce sobreos individuos desde as redes sociais. Na reflexión tamén dialogan os continentes, a carga histórica dos edificios dos museos co seu significado e tamén outras formas decreación como a poesía. dos gobernantes sobrea Historia. No edificio do Museo do Mar, antiga escola, medítase sobrea Educación (as orlas uniforman).
  • 158. Museo Provincial do Mar 157 EXPOSICIÓN:De Ana Mª Gómez a MarujaMallo EXPOSICIÓN: DeAna Mª Gómez a Maruja Mallo, A Real Academia Galega de Belas Artes dedicou á artista Maruja Mallo (Viveiro, 1902 – Madrid, 1995) o Día da Arte 2017. A Deputación de Lugo, sumándose ao recoñecemento e co obxectivo de dar a coñecer as 7 obras de Maruja Mallo que custodia o MPLugo, promoveu esta mostra. A exposición componsede catro estruturas en forma de cubo sobreas que se reproducen fotografías das obras (4 óleos sobrelenzo sen título, “Arquitectura mineral” (1930), “Guía postalde Lugo” (1929) e“Agol»” (1969).
  • 160. Museo Provincial do Mar 159 LUCES DE ALÉN MAR. As escolas de americanos enGalicia O Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega vén traballando desde os seus inicios, en 1992, na recuperación e posta en valor da memoria e dos importantes legados dos emigrantes galegos. Moi logo prestou atención ás accións solidarias e exemplarmente altruístas daqueles que financiaron, implementaron, custearon e sostiveron as construcións escolares, retribuíndo a Galicia coas remesas propiciadoras da escolarización
  • 161. Museo Provincial do Mar 160 e da instrución. Un caso único o de Galicia, por certo, na historia das colectividades de emigrantes. Para a realización destes e doutros proxectos de recuperación, ordenación e estudo do patrimonio legado polos nosos emigrantes contou, e conta, o Consello da Cultura Galega coa colaboración e axuda da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia. Esta parcería fixo posible, entre outros proxectos, a catalogación das construcións escolares financiadas polos emigrantes nas catro provincias galegas e, tamén, a exposición que se presentou. Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia vén a subliñar, dunha parte, a dimensión da efeméride do centenario fundacional das Sociedades Galegas de Instrución radicadas en América e, doutra, as súas realizacións académicas nas localidades de procedencia dos emigrantes. Por todo elo, o Museo Provincial do Mar, ubicado nas Vellas Escolas creadas no 1931 grazas á xenerosidade de Manuela Goñi e Xosé María Fernández Montenegro, dous dos moitos galegos migrantes a América,é o marco ideal para esta mostra.
  • 163. Museo Provincial do Mar 162 5.5. Servizo do museo para outras actividades Xuntanza dos membros da Asociación Mar de San Ciprián os días 3 de febrero e 24 de marzo.
  • 164. Museo Provincial do Mar 163 O 20 de febreiro, 4 alumnos do IES Marqués de Sargadelos, graban unha entrevista á vixiante-guía Angeles Miguélez, para un proxecto que o Departamento de historia do centro presentará nun programa da Unión Europea. Membros da Fundación TIC da Deputación de Lugo, procederon o 5 de abril a facer unha reportaxe fotográfica no Museo Provincialdo Mar por encargo do Delegado Eduardo Vidal.
  • 165. Museo Provincial do Mar 164 O 24 de abril, Gabriel, o profesor deArte do IES Marqués de Sargargadelos, percorreo Museo con un grupo de alumnos que fan fotografías para un proxecto escolar. O 25 de abril, a técnica de Cultura do Concello de Xove, Lucía Sánchez Meitín, acude cun cámara ó Museo Provincial do Mar xunto cun cámara para grabar á vixiante-guía Angeles Miguélez na sala das baleas, para engadir a entrevista nun documental que o Concello de Xove está a preparar sobredo pasado baleeiro da Mariña Lucense.
  • 166. Museo Provincial do Mar 165 GRAVACIÓN PESCADORES DE HISTORIAS PARA A TVG O 16 de maio o equipo do programa da TVG “Pescadores deHistorias” graba no Museo Provincial do Mar a varias persoas para unha edición do programa que versará sobredas orixes do Museo Provincial do Mar.
  • 168. Museo Provincial do Mar 167 O 23 de maio, o Doutor en Historia pola U.S.C., JoséMaría Leal, realizou un percorrido co alumnado do IES Marqués de Sargadelos polos "Postos devixilancia da Galicia Cantábrica do S XVIII",concretamente polo existente na Punta Atalaia de San Cibrao, achegándoselogo ata o Museo do Mar, onde poideron observar algúns dos canóns queconformaban a batería da Atalaia, e tamén munición da utilizada naquelas datas polo Exército Español, producida na fábrica de Sargadelos.
  • 169. Museo Provincial do Mar 168 Reunióndos Porteadores doCarmen (5 xullo)
  • 170. Museo Provincial do Mar 169 Membros da Fundación TIC da Deputación de Lugo, procederon o 26 de xullo a grabar en video as instalación do Museo Provincialdo Mar. Como museo vivo, comunitario, sostible e participativo, a comunidade de San Cibrao fai partícipe ó seu museo nas súas celebracións, e a Maruxaina e unha das máis destacadas, asíque non hai mellor lugar que este para nomear ó Maruxaino de Honra
  • 171. Museo Provincial do Mar 170 5.6. Programa de Conferencias Concerto:MaicaAlonso Martínez A cantante Maica Alonso Martínez, acompañada da súa guitarra interpretou unha pequena escolma de poemas musicados de Curros Enríquez, Álvaro
  • 172. Museo Provincial do Mar 171 Cunqueiro e Manuel María para por o colofón á presentación de tres libros do autor mariñán Paco Rivas.
  • 173. Museo Provincial do Mar 172 Presentaciónlibros: Paco Rivas. O autor mariñán Paco Rivas presentou no Museo Provincialdo Mar o venres 26 de xaneiro tres libros que teñen ó mar como fonte de inspiración e fío conductor. Mar…uxíaé unha colección de 15 relatos curtos nos que o mar e as súas xentes son os protagonistas enos que a propia fala cobra especial importancia, polo que o autor ó fin do libro engade un pequeno glosario no que consultar todas aquelas palabras propias das xentes da Mariña. Picaraxadas é unha pequena escolma poética na que ilustración e poesía se poñen á par, e aínda que ó autor non lle gosta separar a literatura por idades, ó recoller adiviñas, cantigas e sin xelas imaxes e evocacións vaimáis encamiñada ó público infantil. Escolma Poética é o terceiro dos libros presentados por Paco Rivas no Museo Provincialdo Mar, e respondea unha petición do público que lle solicitaba ó autor que recopilasenun so libro unha selección dos seus poemas, algúns deles xa publicados, pero outros inéditos, e que Paco soe recitar maravillosamente nas reunións e citas literarias nas que participa.
  • 174. Museo Provincial do Mar 173 Presentacióndo libro “Si me pierdo,tú me encuentras”,de Irene Rega Jul (11 febreiro). A veciña de San Cibrao, IreneRega Jul, elexíu o Museo do Mar, do cal é asidua visitante, para presentar a súa primeira obra literaria, “Si me pierdo, tú me buscas”, unha novela xuvenil de intriga, na que nada é o que parece.» No Museo atopou a calor e o cariño dos seus veciños e amigos que acolleron con grandesatisfacción a publicación desta súa primeira obra literaria.
  • 176. Museo Provincial do Mar 175 5.7. Programa de Congresos. V Congreso Xéneros,Museos,Arte e Educación Organizado pola Deputaciónde Lugo,a través da súa Rede Museística (Museo Provincial de Lugo, Museo Provincial do Mar, Pazo de Tor e Museo Fortaleza San Paio de Narla),e coordinado por Encarna Lago González. Esta edición, en correspondenciacos anos anteriores, formou parte do Plan de museos, xéneros, arte, educación e igualdade co que se comprometeu, como institución pública, a promover políticas de igualdade e ofrecer espazos de diálogo e cohesión social. Como museos de comunidade somos responsables de reflectira diversidade da sociedade e ofrecer ferramentas para o seu desenvolvemento a través da arte e a didáctica. Esta responsabilidade ponse en práctica,
  • 177. Museo Provincial do Mar 176 no labor mediadordos museos,mediante unha metodoloxíaincluínte e normalizadora, que elude a segregaciónde actividades porsexo,grupo social ou cultural. Tamén nesta ocasión o Congreso incorporou o proxecto seleccionado por Ibermuseos na convocatoria Conversas: Guerrilla de Palabras. Oficio palabrero/palabrera. O interese suscitado nos encontros anteriores situounos na obriga de seguir evolucionando e ofrecer experiencias e reflexións coas que ampliemos a nosa perspectiva sobre a relación transformadora da cuestión dos xéneros, da creación artística e da educación. Os contidos deste congreso foronproduto da reflexióne da autocrítica. Unha perspectiva de diversidade dos xéneros non é unha cuestión unicamente de mulleres, o cal continuaría mantendo os mesmos arquetipos de división. Estas xornadas reflexionaron sobre como os museos amosan e favorecen a presenza e a atención sobre a pluralidade de xéneros e os seus papeis na historia e na sociedade a través dos seus discursos museográficos,coleccións e actividades. Con este obxectivo, o programa convidou axs congresistas a asistir á clase perigosa,un encontro que reúne as teorías de xénero,o activismo feminista, a ciencia xurídica, a ciencia social, a biopolítica, as novas tecnoloxías, a arte e a práctica institucional. Outras sesións converten os museos da Rede en plataformas de exposición para colectivos e activistas da defensa dos dereitos sobre a identidade sexual, social, artística ou cultural; en espazos de difusión de prácticas artísticas feministas internacionais; en presentación de experiencias de participación e igualdade en museos; e en mesas sobre a creación artística en relación á violencia de xénero. En definitiva, foron unhas xornadas para seguir medrando, compartir posturas sen postureos, e participar no debate con profesionais, investigadorxs, críticxs,artistas e activistas. O programa desenrolado no Museo Provincial do Mar o 16 de marzo foi o seguinte:
  • 178. Museo Provincial do Mar 177 SESIÓN DE MAÑÁ _Paula Cabaleiro.A arte como ferramenta de sensibilización. Violencia cero.Comisaria de exposicións e xestora cultural. Coordinadorado programa “Mulleres en acción: Violencia Zero” de Deputación de Pontevedrae directora de exposicións doMAC Florencio de la Fuente, de Huete (Cuenca). Coordinadora do festival “Somos rúa, facemos arte” do Concello de Carballo. _Anxela Caramés.Arredorde “Alén dos xéneros.” Doutora en Belas Artes pola Universidade Politécnica de Valencia e Licenciada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela. Realizou a súa investigación de tese doutoral sobre as exposicións feministas realizadas no Estado Español. Activista e xestora cultural feminista. Organizou as xornadas Subxectividades críticas/Narrativas identitarias,Contra vento e marea.Verbas e pegadasdos feminismos, Suxeitos emerxentes e M-Artech.Accións híbridasdesde o xéneroe a tecnoloxía. Comisariouas exposicións Desnudas,Ensamlandet,Elas Fan Tech,Seoanesposibles.After Teresa de Villare Alén dos xéneros.Prácticas artísticas en Galicia. Formaparte do proxecto artístico de arquivo móbil Contenedorde feminismos. –Presentacióndo proxecto EU... TI... ELAS... NOSOUTRAS, NOSOUTRXSEN REDE comisariado por Encarna Lagoe Antonio Reigosa a cargo de: Carmen Chacón,María Xosé Dominguez, Mónica Alonso,Ana DMatos,Basilisa Fiestras,Mery Pais,Luz Darriba,Carmen Porteiro,Rubén Pérez Pombo,TamaraWassaf, WILPF. Liga Internacionalde Mullerespola Paz e a Liberdade. _Lucía CanouraSánchez.Observatorio da Mariña polaigualdade:10 anos de feminismo na Mariña.Vicepresidentado Observatorio da Mariña pola Igualdade.Anos despois delicenciarse en Ciencias Políticas e da Administración pola USC, realizou estudos de mestrado no ámbito da xestión pública e das políticas de igualdade. No seo do OMI, foi a responsable da coordinacióntécnica dalgúns proxectos como a Axenda Feminista 2017 ‘Galegas en leiras de mar e terra’ e a I Feira Feminista de Outono en Ribadeo.Actualmente, compatibiliza o
  • 179. Museo Provincial do Mar 178 seu labor profesional no ámbito das políticas de igualdade coa súa militancia no feminismo. _Marian López Fernández-Cao.Darforma á dor. ProfesoraTitular (Catedrática acreditada) de Educación Artística da Universidade Complutense de Madrid. Directora do Grupo de Investigacións Aplicadas da Arte na InclusiónSocial. É impulsora do proxecto Museos en Feminino.Autora de diversas Publicacións sobre arte e feminismo e arte terapia. Foi a presidenta da AsociaciónNacional Mulleres nas Artes Visuais (MAV) e actualmente é a directora do proxeto ALETHEIA,Arte, Trauma e Memoria emocional. SESIÓNDE TARDE _Fátima Anllo Vento.Eles cedeno paso,pero controlan a porta. Espazos de podere sistemasde lexitimazón na arte contemporánea. Doutora en socioloxíae experta en políticas culturais, tema ao que dedicoua súa tese doutoral Participación e poderna gobernanzadas políticas culturais.Fundadora e directora do Observatorio de Creación y Cultura Independientes (OCI).Deseñoue codirixiu o Máster en XestiónCultural da UCM desde 1992 ata 2014. _Ania González.As ferramentasda ama nunca desmontarán a casa da ama.A crítica cultural desde unha perspectivafeminista interseccional.Avogadae Crítica da arte. Especialistaen Teoría Crítica do Discurso,Feminismos e Imaxinación Política polo Programa de Estudios Independentes do Museo de Arte Contemporáneade Barcelona. _Semiramis GonzálezFernández.Pódese comisariarcon perspectiva feminista? A ollada cara a arte dende a igualdade.A ollada cara a arte dende a igualdade. Licenciadaen Historia da Arte. Máster en Arte Contemporánea e Cultura Visual no Museo Reina Sofía.Co- directora da feira JustMadrid. Especialistaen teoría feminista e queer que aplica á Historia da Arte. Comisaria e blogueira (Semiramis en Babilonia).
  • 180. Museo Provincial do Mar 179 _Debate xeral
  • 182. Museo Provincial do Mar 181 5.8. Programa de Cine Proxecciónde “Benvidas ao Club” (6 novembro) SINOPSE A finais de 2009 a aparentemente tranquila cidade de Lugo encabeza titulares e abre telexornais. Algunhas palabras que antes soaban lonxanas resoan coa forza do cotiá entre estradas e beirarrúas escuras baixo as luces intermitentes dos neóns. O maior sumario contra a trata visto en España dáse a coñecer aos medios logo dun ano de instrución baixo segredo de sumario. A operaciónCariocaentra nosfogaresepasaa formarpartedasnosasconversas pero, somos conscientes do que realmente agocha? Esta é unha viaxe ao inferno onde centos de mulleres son vítimas da corrupción e da violencia, unha viaxe salpicada polas drogas e que ten lugar a carón noso. Logo de 10 anos no subconsciente colectivo este xuízo está a piques de chegar á recta finalonde policías locais e nacionais, guardiasciviles, funcionarios, empresarios ou médicos conforman un entramado que ocupa miles de folios no Xulgado de Instrución nº 1 de Lugo. Benvidas ao club é o último traballo audiovisual de Carmen P G Granxeiro, traballo que comezou a gravar en Xuño de 2018 e que foi presentado en outubro, ca participación da Plataforma Contra a Impunidadedo Carioca.
  • 183. Museo Provincial do Mar 182 6. PROGRAMA DE PERSOAL Xerencia: Encarna Lago González Vixilancia-guía: Ángeles Miguélez Martínez Vixilancia: Amelia Pernas García Servizo de limpeza: María José López Fernández e María Isabel Baño López