SlideShare a Scribd company logo
1 of 22
Download to read offline
#XénerosRMP IV CONGRESO XÉNEROS,
MUSEOS, ARTE E EDUCACIÓN
#XénerosRMP IV CONGRESO XÉNEROS,
MUSEOS, ARTE E EDUCACIÓN
2
A área de Cultura, Deseño e
Artesanía da Deputación de Lugo, a
través da súa Rede Museística –
Museo Provincial do Mar, Pazo de
Tor e Museo Fortaleza San Paio de
Narla– organiza, para os días 10, 11
e 31 de marzo e 1 de abril de 2017,
o IV Congreso Xéneros, Museos,
Arte e Educación.
Esta edición, en correspondencia
cos anos anteriores, forma parte do
Plan de museos, xéneros, arte,
educación e igualdade co que se
compromete, como institución
pública, a promover políticas de
igualdade e ofrecer espazos de
diálogo e cohesión social. Como
museos de comunidade somos
responsables de reflectir a
diversidade da sociedade e ofrecer
ferramentas para o seu
desenvolvemento a través da arte e
a didáctica. Esta responsabilidade
ponse en práctica, no labor
mediador dos museos, mediante
unha metodoloxía incluínte e
normalizadora, que elude a
segregación de actividades por
sexo, grupo social ou cultural.
O interese suscitado nos encontros
anteriores –onde se expuxeron un
total de 107 relatorios, se
presentaron 30 comunicacións e se
confirmaron 289 inscricións–
sitúanos na obriga de seguir
evolucionando e ofrecer
experiencias e reflexións coas que
ampliemos a nosa perspectiva
sobre a relación transformadora da
cuestión dos xéneros, da creación
artística e da educación.
Os contidos deste congreso son
produto da autocrítica. Unha
perspectiva de diversidade dos
xéneros non é unha cuestión
unicamente de mulleres, o cal
continuaría mantendo os mesmos
arquetipos de división. Estas
xornadas reflexionan sobre como os
museos amosan e favorecen a
presenza e a atención sobre a
pluralidade de xéneros e os seus
papeis na historia e na sociedade a
través dos seus discursos
museográficos, coleccións e
actividades.
Con este obxectivo, o noso
programa convida axs congresistas
a asistir á clase perigosa, un
encontro que reúne as teorías de
xénero, o activismo feminista, a
ciencia xurídica, a ciencia social, a
biopolítica, as novas tecnoloxías, a
arte e a práctica institucional. Outras
sesións converten os museos da
Rede en plataformas de exposición
para colectivos e activistas da
defensa dos dereitos sobre a
identidade sexual, social, artística
ou cultural; en espazos de difusión
de prácticas artísticas feministas
internacionais; en presentación de
experiencias de participación e
igualdade en museos; e en mesas
sobre a creación artística en
relación á violencia de xénero.
Homenaxeamos, como non, nesta
edición, á artista viveirense Maruja
Mallo a quen está dedicada o 1 de
abril, Día das Artes Galegas, o que
nos servirá como punto de conexión
coas realidades latinoamericanas
#XénerosRMP IV CONGRESO XÉNEROS,
MUSEOS, ARTE E EDUCACIÓN
3
que afondan nos temas deste
congreso: xéneros, museos, arte e
educación.
En definitiva, unhas xornadas para
seguir medrando, compartir
posturas sen postureos, e participar
no debate con profesionais,
investigadorxs, críticxs, artistas e
activistas.
ORGANIZACIÓN E
ENTIDADES
COLABORADORAS
Este Congreso está organizado pola
Área de Cultura da Deputación de
Lugo a través da súa Rede
Museística Provincial e goza da
colaboración e o aval das entidades
museísticas ICOM España, Red
Española de Profesionales de
Museología Social, Museo de Arte
Contemporáneo de León (MUSAC),
Museo de Arte Africano da
Universidade de Valladolid, Museo
Thyssen-Bornemisza, Museo
Arqueológico de Cacabelos, Museo
de León e o Contamos igualmente
co proxecto Didáctica 2.0 Museos
en Femenino, no que participan o
Museo Nacional del Prado, Museo
Nacional Centro de Arte Reina
Sofía, Museo Nacional de Cerámica
y Artes Suntuarias González Martí,
Museo del Traje e o Museo
Arqueológico Nacional.
Entre os seus patrocinadores
científicos están a Universidade de
Santiago de Compostela por medio
do seu Centro Interdisciplinario de
Investigacións feministas e de
Estudos de Xénero (CIFEX), do
taller permanente Masculinidades e
cambio social, do Instituto de
Ciencias da Educación, da
Facultade de Humanidades de
Lugo, do Grao en Ciencias da
Cultura e Difusión Cultural e do
Máster de Servizos Culturais; o
Máster en Museos, Educación e
Comunicación da Universidade de
Zaragoza; a Universidade da
Coruña; as universidades
Complutense de Madrid e
Universidade de Valladolid.
Estas xornadas son un aglutinante
de entidades pedagóxicas,
artísticas, sociais, de xestión, de
comunicación, exhibición e
investigación. Colaboran así, o
Observatorio de Educación
Patrimonial en España, Mujeres de
las Artes Visuales (MAV), Mujeres
Mirando Mujeres, Iskoö espazo
multidisciplinar, Píkara Magazine,
Arte a un click, o Centro de Arte
CA2M e La Publika. Laboratorio de
investigación artística sobre esfera
pública e o proxecto editorial
Plétora.
Como espazo para a acción de
colectivos e asociacións, este
congreso reúne á Fundación
Daniela, á Fundación Secretariado
Gitano, á ACADAR, Asociación
Galega de Mulleres con
Discapacidade, á Asociación Arelas,
á Asociación Si hai saída contra a
violencia de xénero en Lugo, e a
Asoc. Penitenciaria Concepción
Arenal. As culturas en diálogo
#XénerosRMP IV CONGRESO XÉNEROS,
MUSEOS, ARTE E EDUCACIÓN
4
maniféstanse coa representación do
colectivo sirio e da Asociación de
Retornados Rioplatenses de Lugo.
Un ano máis, o desenvolvemento
das xornadas acadan a
internacionalidade coa colaboración
do Centro para Mulleres na Arte e
nas Humanidades da Rutgers da
Universidade de Nova York (EUA),
da universidade e o Museo de las
Mujeres de Costa Rica, do Instituto
Interdisciplinario de Estudios de
Género da Universidade de Bos
Aires (Arxentina), e, da REMCAA,
Rede de Educadores de Museos de
Arte e Centros de Arte (Arxentina),
dos Museos Comunitarios de
Berazategui (Arxentina), do
ECCOM, idee per la cultura (Italia),
da Curadoría pedagóxica da 9ª
Bienal de Mercosul en Porto Alegre
(Brasil) e dos proxectos educativos
en Museos de México.
COORDINACIÓN XERAL
Encarna Lago González (699 836 883)
> 10 de marzo, Noelia Gómez López
> 11 de marzo, Ania González
> 31 de marzo, Verónica Fernández Fulgencio
> 1 de abril, Pilar Sánchez Monje
+ Info:: +34 982 242 112 :: http://redemuseisticalugo.org/ ::
#XénerosRMP IV CONGRESO XÉNEROS,
MUSEOS, ARTE E EDUCACIÓN
5
INSCRICIÓNS
Na procura da calidade e mellor
aproveitamento das sesións do
congreso, o número de prazas é
reducido (50) e levarase control de
asistencia. Para a inscrición,
respectarase a orde de chegada das
solicitudes que serán confirmadas por
correo electrónico. De se completaren,
as solicitudes pasarán a unha lista de
reserva en previsión de baixas ou
cancelacións.
Expediranse certificados, unha vez se
verifique a asistencia a todas as
xornadas do congreso.
Para se inscribir, complete o formulario
de solicitude do apartado
correspondente da web
http://redemuseisticalugo.org/
+ info: xenerosRMP@gmail.com
COMUNICACIÓNS
Co obxectivo de ampliar e enriquecer
os contidos do congreso, convidamos a
investigadorxs e activistas nos temas
dos xéneros, dos museos, da arte e da
educación, a compartiren connosco a
súas experiencias e traballos. Dos
documentos recibidos, serán
seleccionados para a súa publicación
aqueles que fagan referencia aos
relatorios e presentacións vistos nas
xornadas.
Os documentos terán formato de word
(doc, docx), nun máximo de 3 páxinas
de extensión en letra Arial de 12 p. a
1,5 de interliñado. Poderanse
acompañar de 3 imaxes (resolución
mínima de 300 ppp) en formato dixital
(jpg, tiff, png) axeitadamente
identificadas co número, autoría e pé
de foto en documento aparte. Unha
páxina adicional conterá o título da
comunicación, o nome dx autorx, email,
un resumo 50 a 100 palabras cos
aspectos máis relevantes do artigo, e
máis 5 palabras ou termos clave.
Serán aceptados tamén documentos
audiovisuais en formato mp4, avi, de
alta resolución, cunha duración máxima
de 5 min. Agradecerase a inclusión de
créditos e a descrición de imaxes
(autoría e título).
En ámbolos dous casos, achegarase
unha páxina adicional co título da
comunicación, o nome dx autorx, email,
un resumo 50 a 100 palabras cos
aspectos máis relevantes do artigo, e
máis 5 palabras ou termos clave.
O material será enviado (directamente
ou vía https://wetransfer.com/) xunto
cos datos persoais (nome completo,
dni, enderezo postal e electrónico e nº
de teléfono) xenerosRMP@gmail.com.
O prazo de presentación comeza o 2
abril e remata o 18 de maio de 2017,
Día Internacional dos Museos.
#XénerosRMP IV CONGRESO XÉNEROS,
MUSEOS, ARTE E EDUCACIÓN
6
PROGRAMA
venres, 10 de marzo Museo Provincial de Lugo
Xornada de visibilización do tecido social. Xs relatorxs serán representantes de
asociacións e iniciativas sociais en xéneros e activismo, xéneros e emigración,
xéneros e persoas con discapacidade, xéneros e maltrato, e transxéneros e
educación.
> 9.30 Entrega de documentación
> De 10.00 a 14.00
■ Benvida ao Congreso da
deputada delegada da Área de
Cultura, Deseño e Artesanía,
Pilar García Porto.
■ Encarna Lago, xerente da Rede
Museística Provincial de Lugo.
Autocrítica sobre as ferramentas
para fomentar a igualdade de
xéneros na Rede Museística
Provincial de Lugo, con Pilar
Sánchez Monje, traballadora da
Rede Museística Provincial de
Lugo.
■ Cristina Palacios, traballadora
social e presidenta da ARELAS,
Asociación de Familias de
Menores Trans* de Galicia.
■ Ana Bereciartúa, presidenta da
Asociación de Inmigrantes e
Retornados Rioplatenses de
Lugo.
■ Mónica Álvarez, orientadora
laboral, Diplomada en Eduación
Especial e presidenta de
ACADAR, Asociación de Mulleres
con Discapacidade de Galicia.
> 16.30 a 20.30
■ Víctor Fraga Gayoso, director de
programas do Centro
Penitenciario de Monterroso e
representante da Asociación
Penitenciaria Concepción Arenal.
■ Nour Al-Hussen, mestrado en
Estudos Internacionais pola USC,
politóloga e activista de orixe
siria.
■ Soledad Fernández Costas,
representante da Fundación
Daniela e coordinadora de
familias.
■ Irene Jiménez Cortiñas, técnica
de Igualdade da Fundación
Secretariado Gitano de Lugo.
Programa Calí, mulleres xitanas
e igualdade.
■ Miguel Salas, investigador e
educador social.
■ Encarna Lago, xerente da Rede
Museística Provincial de Lugo.
Asociada a MAV (Mujeres en las
Artes Visuales).
#XénerosRMP IV CONGRESO XÉNEROS,
MUSEOS, ARTE E EDUCACIÓN
7
sábado, 11 de marzo Pazo de Tor
A clase perigosa
Son moitos os programas culturais e
accións públicas levadas a cabo sobre
xénero e feminismos nos últimos anos
tanto no marco da cultura como no da
política. Malia esta cuestión, lonxe de
producirse unha acción transformadora
na educación, nas formas, nos modos
de relación e na redistribución das
relacións de poder, nunha e outra área,
seguimos a reproducir modelos e
modos de representación que non
sempre asumen as consecuencias
materiais que de acordo coas
conquistas teóricas e prácticas
científicas cabería esperar. É por iso
que esta proposta ten como obxectivo
principal a creación das condicións
necesarias para que ese concreto
marco teórico, na súa versión máis
actualizada, sexa realmente operativo,
é dicir, performativo. Cos suficientes
efectos de realidade como para que as
nosas formas de producir
coñecemento, tal e como diría o filósofo
Jacques Rancière, de tomar decisións
sobre os réximes de visibilidade que
configuran realidade, se vexan
realmente transformadas.
Trátase de construír xuntxs, nun
espazo concreto a través dunha
proposta de programación expandida
nos seus tempos, nas súas conexións
e na súa perdurabilidade, unha nova
suavidade, como diría a teórica Suely
Rolnik, a partir do roce entre os vellos
roles de xénero e de autoridade en
arte, ciencia e academia e as novas
formas dos corpos e das prácticas en
estética, investigación militante e
decolonización da academia.
A clase perigosa é un encontro
orientado á aprendizaxe colectiva e
transversal, artellado no improbable
pero potente espazo de conexión entre
as teorías de xénero, o activismo
feminista, a ciencia xurídica, a ciencia
social, a biopolítica, as novas
tecnoloxías, a arte e a práctica
institucional. Para conseguilo, pártese
dunha idea da teoría como ferramenta
altamente capacitadora para a
formación dunha mirada e posición
críticas, capaces de interpretar a
complexidade do réxime visual e
discursivo no que vivimos nesta época
chamada da posverdade onde, máis
alá da obxectividade dos feitos, son as
interrelacións dos discursos
modelizantes no campo político da
nosa subxectividade as que configuran
o noso futuro e as súas posibilidades.
O encontro estrutúrase en tres sesións,
unha de mañá, outra de tarde e unha
última de solpor. A primeira das
sesións estará adicada á introdución do
marco teórico, a presentación dos
recursos e a apertura de debate e
traballo colectivo en torno ao estado
das investigacións sobre xénero no
contexto galego. Esta presentación
correrá a cargo da Profesora Rita Radl
Philipp, socióloga, profesora titular da
USC e directora do Centro
Interdisciplinar de Investigacións
Feministas e Estudos de Xénero
(CIFEX) da USC. A continuación
celebrarase unha mesa redonda sobre
os novos rexímenes de realidade que
configuran os novos feminismos.
Contarase cunha revisión da nova
estética que dende o ámbito da
creación independente estase a
producir en torno ás prácticas
feministas de ilustración, banda
deseñada e a autoedición, en conexión
#XénerosRMP IV CONGRESO XÉNEROS,
MUSEOS, ARTE E EDUCACIÓN
8
coa análise dunha nova economía para
un novo feminismo levado a cabo pola
filósofa Rebeca Baceiredo, que vén de
publicar recentemente o seu libro Oiko-
nomía. Por último, a socióloga e
docente da UDC, Laura Oso, aportará
a este relato plural os seus
coñecementos sobre división histórica
do traballo, migración e xénero.
Pechará a sesión un debate moderado
por Ania González, con todxs xs
relatorxs e participantes, xunto co
público asistente.
A segunda sesión, coa mesma
estrutura, estará precedida por un
relatorio de apertura a cargo da doutora
en Filosofía do Dereito, profesora titular
da UDC e investigadora Ascensión
Cambrón. Continuarase cunha mesa
redonda na que participarán a
licenciada en Dereito e Ciencias
Económicas María Ptqk que tratará a
cuestión da construción de
coñecemento como investigación
militante, a periodista e ensaísta Lucía
Lujtmaer, a doutora en Belas Artes,
historiadora da arte e comisaria de
exposicións Anxela Caramés e a artista
Alicia Aix Muñiz quen a continuación
ofrecerá un concerto e sesión dj con
proxeccións relacionadas cos temas e
referencias tratadxs durante a xornada.
En canto ao público, A clase perigosa,
pretende a creación activa dun público
especializado, académico, amateur e
cidadá. Para logralo, faranse
convocatorias específicas e sectoriais.
Tratarase de forma especial a
comunidade universitaria e educativa, a
artística e a investigadora, coidando
sempre de facer unha mediación
adecuada, cunha forte aposta
metodolóxica á hora de crear e
comunicar os contidos do programa, a
favor do publico xeral non
especializado.
A clase perigosa non pretende ser só
un encontro de mulleres senón que de
acordo co marco teórico que defende,
aposta firmemente pola transcendencia
do binomio de xénero como marco de
pensamento, a prol dunha expansión
cara á deconstrución da masculinidade,
a construción de novos corpos e a
invención de dispositivos artísticos,
científicos e afectivos. Dende esta
perspectiva, poderemos afrontar
tamén, como parte deste encontro, a
cuestión da violencia de xénero en
tanto problema estrutural da nosa
sociedade de imperiosa urxencia e
gravidade.
O proxecto inclúe a creación colectiva
dunha mediateca virtual coas
referencias, vídeos e bibliografía así
como a publicación de todo o material
de traballo, textual e visual e a
redacción dun relato ou memoria que
permita a formación doutros públicos e
a súa posterior transmisión e consulta.
#XénerosRMP IV CONGRESO XÉNEROS,
MUSEOS, ARTE E EDUCACIÓN
9
> De 11.00 a 14.30
■ Apertura da xornada con
presentación de Ania González.
Vídeo-presentación dx filósofx
transxénero, referente global no
pensamento feminista Paul B.
Preciado e dx filósofx, poeta e
ensaísta Sayak Valencia. Marco
teórico, mapa visual conceptual,
liñas marco e breve historiografía
da cuestión de xénero na
actualidade.
■ Relatorio de apertura a cargo da
socióloga, profesora da USC e
directora do Centro
Interdisciplinario de Investigacións
Feministas e de Estudos de
Xénero (CIFEX) da USC, Rita
María Radl Philipp en torno á
epistemoloxía feminista actual,
correntes de pensamento e
consecuencias políticas.
■ Mesa redonda:
Camila Vieitez, artista visual e
creadora de banda deseñada.
Selección e presentación de
fanzines, banda deseñada e
propostas estéticas actuais
producidas fóra da réxime da arte
contemporánea baixo o enunciado
de traballo: unha nova estética
para un novo feminismo.
Rebeca Baceiredo, filósofa e
escritora. Autora do libro Oiko-
nomía do xénero. Relato das
clausuras, publicado por Axóuxere.
Desenvolverá as súas aportacións
dende a perspectiva dunha nova
economía para un novo feminismo.
Laura Oso Casas, socióloga e
académica da Universidade da
Coruña (UDC). Coordinadora do
Equipo de Socioloxía das
Migracións Internacionais
(ESOMI). Fará as súas
aportacións en materia de
migración, xéneros e mercado de
traballo.
> De 16.00 a 21.00
■ Apertura da sesión con
presentación a cargo de Ania
González. Mensaxe en vídeo do
comisario e actual Director do
Centro de Arte CA2M de Madrid,
Manuel Segade, e da
investigadora e escritora, autora
do libro Cuerpos que aparecen.
Perfomance y feminismo en el
tardofranquismo (2016) Maite
Garbayo.
■ Relatorio de apertura a cargo de
Ascensión Cambrón Infante
profesora titular de Filosofía do
Dereito na UDC. Traballa en
Historia do pensamento liberal e
utópico do século XIX e investiga
sobre Bionomía xurídica.
Vinculada á produción histórica de
coñecemento feminista na área
das ciencias sociais.
■ Mesa redonda:
María Ptqk, licenciada en Dereito
e Ciencias Económicas. DEA en
Dereito Internacional Público pola
Univesidade da Sorbona e DEA en
Dereito da Cultura pola UC3M
(Universidade Carlos III de
Madrid). Coordinadora de La
Publika. Laboratorio de
investigación artística sobre esfera
pública. Fará as súas aportacións
en relación ao amauterismo, á
investigación militante e ao traballo
cultural.
Anxela Caramés, doutora en
Belas Artes pola UPV
#XénerosRMP IV CONGRESO XÉNEROS,
MUSEOS, ARTE E EDUCACIÓN
10
(Universidade Politécnica de
Valencia), historiadora da arte.
Como investigadora realizou a súa
tese sobre a xestión feminista da
arte no contexto español.
Comisaria da exposición Alén dos
xéneros. Prácticas artísticas
feministas en Galicia que se
exhibe actualmente no MARCO de
Vigo.
Lucía Lijtmaer, nada en Bos
Aires, reside e traballa en Madrid.
Periodista e ensaísta, publica en
medios como ADN, Factual,
Público e El diario. Comisaria
cultural, tradutora literaria e
profesora en centros como a
Universitat de Vic. Autora dos
libros No tenías casi nada que
ponerte o Esfinges.
Glitchgirl (Alicia Aix Muñiz).
Artista visual e música electrónica.
> Sesión de solpor
■ Concerto e sesión dj da artista
GlitchGirl. Música electrónica, dj
set e proxeccións.
#XénerosRMP IV CONGRESO XÉNEROS,
MUSEOS, ARTE E EDUCACIÓN
11
venres, 31 de marzo Museo Fortaleza San Paio de Narla
Os programas dos xéneros en museos, a exhibición e a investigación son os
eixos desta xornada. Inclúe una sesión de pechakuchas (20 imaxes x 20
segundos) de artistas e proxectos de visibilización.
> De 16.00 a 20.30
■ Jorge García Marín, coordinador
do taller permanente de
Masculinidades e Cambio Social do
ICE (Instituto de Ciencias da
Educación) da USC. Fará as súas
aportacións sobre os medios de
comunicación e o poder masculino.
■ Araceli Corbo, responsable da
Biblioteca-Centro de documentación
do MUSAC (Museo de Arte
Contemporáneo de Castilla y León).
DEA no doutoramento de Estudios
interdisciplinares de género e
docente asociada da Universidade
de León.
■ Amparo López Corral,
coordinadora técnica da Bienal MAV
Mujeres en las Artes Visuales. O
seu relatorio tratará sobre a Bienal
Miradas de Mujeres (BMM-2016).
■ Antonia Fernández Valencia,
profesora titular no Departamento
de Didáctica das Ciencias Sociais
da UCM e asociada ao Instituto de
Investigacións Feministas desa
universidade. Fará as súas
aportacións sobre o proxecto
Didáctica 2.0 Museos en Femenino,
proxecto no que participan o Museo
Nacional do Prado, o Museo
Nacional Centro de Arte Reina
Sofía, o Museo Nacional de
Cerámica e Artes Suntuarias
González Martí, o Museo do Traxe e
o Museo Arqueológico Nacional.
■ Pechakuchas:
> Mónica Alonso (doutora en Belas
Artes pola Universidade de Vigo,
artista escritora e comisaria)
> Adriana Pazos (directora do
Espazo de Arte Contemporánez
OLALAB Acción Cultural. Directora
do proxecto educativo
AULADEIDEAS: Educación e
Creatividade. Artista Visual.
Responsable de prensa e
comunicación de Mujeres Mirando
Mujeres)
> Luz Darriba (profesora de Artes
Visuais, artista multidisciplinar,
xestora cultural con proxectos baixo
o patrocinio da UNESCO. Na súa
traxectoria como escritora premiada
co Ánxel Fole. Presidenta da
Fundación Cumulum)
#XénerosRMP IV CONGRESO XÉNEROS,
MUSEOS, ARTE E EDUCACIÓN
12
sábado, 1 de abril Museo Provincial do Mar
Día das Artes Galegas 2017: Xornada de homenaxe a Maruja Mallo. O
congreso acada a outra beira do Atlántico para aprendermos das experiencias
dacolá. Tamén será unha sesión para coñecer o proxecto de colaboración
entre o Museo Thyssen-Bornemisza e a Rede Museística Provincial de Lugo:
NÓS+OUTRAS en Rede e a súa continuación.
>De 16.00 a 20.30
■ TFAP (The Feminist Art
Project). Center for Women in the
Art and Humanities. Rutgers
University, New York.
■ Claudia Mandel Katz, directora
do Museo de las Mujeres de Costa
Rica e docente na Facultade de
Letras dese país. Estéticas del
borde. Prácticas artísticas y
violencia contra las mujeres en
Latinoamérica.
■ Ana Moreno, xefa da Área de
Educación do Museo Thyssen-
Bornemisza. Presente e o futuro
NÓS+OUTRAS en Rede. Encarna
Lago, xerente da Rede Museística
Provincial de Lugo. Participan Paula
Cabaleiro, Mery Pais, Paula Noya e
Monica Mura. Presentarase
NÓS+OUTRXS en Rede 2 no que
participan Elvira Fente, Carmen
Porteiro, Violeta Bernardo,
Crystilanda, Laura Varela, Lucía
Vila, Cristina Basanta e Kristopher
Dios.
■ Mesa homenaxe a Maruja Mallo, a
artista atravesada polo exilio, o seu
periodo persoal máis difícil. Deste
xeito, iniciarase un debate acerca
da obra da artista e da problemática
das migracións e os exilios,
prestando especial atención á
atmosfera cultural que viviu a artista
na Arxentina e no Uruguai.
Xs relatorxs serán especialistas
arxentinxs vinculadxs aos estudos
culturais e dos xéneros con filiación
académica no Instituto
Interdisciplinario de Estudios de
Género de la Facultad de Filosofía y
Letras de la Universidade de Bos
Aires. A mesa realizarase
virtualmente para posibilitar a
participación de diferentes
investigadorxs. Coordinación a
cargo de Micaela Fernández
Darriba.
■ Exposición virtual de homenaxe:
Maruja Mallo en olladas de artistas.
Exposición que, a través de distintas
miradas e relatos, dará conta das
prácticas artísticas das mulleres
dunha e doutra beira do océano. As
terras que coñeceu Maruja Mallo e
os espazos vitales compartidos.
Comisiariado e coordinación de Luz
Darriba.
#XénerosRMP IV CONGRESO XÉNEROS,
MUSEOS, ARTE E EDUCACIÓN
ORGANIZACIÓN
> Comité organizador
Pilar García Porto (deputada
delegada da área de Cultura,
Deseño e Artesanía da
Deputación Provincial de Lugo)
Encarna Lago González
(xerente da Rede Museística
Provincial de Lugo)
> Coordinación técnica
Cristina Fernández Lamela
(xestora de Iskoö, espazo
multidisciplinar)
> Secretaría técnica
Verónica Fernández Fulgencio
Noelia Gómez López
Pilar Sánchez Monje
> Axudante de Museo
Raquel Guerrero
> Responsable do departamento de
Comunicación e Xestión Cultural da
Rede Museística
Antonio Reigosa
> Responsable do departamento de
Difusión
Fernando Arribas
> Departamento de Publicacións da
Deputación e do Museo
Provincial de Lugo
Responsable: Xoán Ramiro
Cuba Rodríguez
Brais García Fernández
> Departamento de Xestión
Administrativa
J. Manuel Neira González
>MUSEO PAZO DE TOR
Silvia Fiallega
Tar López
Juan Ignacio Márquez Barros
Noelia Rodríguez Pardo
>MUSEO FORTALEZA SAN PAIO
DE NARLA
Francisca Abuín
Ana Ferro
Carmen Prado Penas
Jesús González López
>MUSEO PROVINCIAL DO MAR
Ángeles Miguelez
Amelia Pernas García
Mª José López Fernández
>MUSEO PROVINCIAL DE LUGO
:: Dirección do Museo Provincial de
Lugo
Directora: Aurelia Balseiro
García
:: Administrativo
Daniel Rajal Fernández
:: Axudante de Museo
Paula Salinas Somoza
:: Departamento de Arqueoloxía e
Historia
Responsable: Enrique J. Alcorta
Irastorza
Mª Ofelia Carnero Vázquez
#XénerosRMP IV CONGRESO XÉNEROS,
MUSEOS, ARTE E EDUCACIÓN
14
:: Departamento de Etnografía e
Artes Decorativas
Responsable: Mª Rosario
Fernández González
:: Departamento de Belas Artes
Xefa: Lucila Yáñez Anlló
María Quiroga Figueroa
:: Departamento de Restauración
Blanca Besteiro García
:: Departamento de Biblioteca e
Arquivo
Responsable: Mª de las
Mercedes Salvador Castañer
Blanca Pacín Somoza
Mª Begoña Fernández García
:: Departamento de Didáctica,
Vixilancia e Guías
Jose Manuel Mendoza
Castiñeira
Lucía Dequidt Lagares
Mª Anunciación Losada
Montenegro
:: Departamento de Atención ao
Visitante, Recepción e Vixilancia
Almudena López Lorca
Ana Fernández Frey
Cristina Núñez Díaz
Edita López Armesto
Isabel García Belló
Margarita Candal Prieto
Nieves Ferreiro Da Costa
Mª José Crecente García
Ana Covadonga López-Boado
Rey
Manuel Fernández Arias
Rosa Sanmartino Prado
Omar Luaces Canto
:: Unidade de Mantemento
Matías Linares Carrera
:: Departamento de Accesibilidade e
Capacidades Diferentes
Manuela Trigo Quiroga
#XénerosRMP IV CONGRESO XÉNEROS,
MUSEOS, ARTE E EDUCACIÓN
COMITÉ CIENTÍFICO
Amelia Aguado (directora da Área
de Cultura e xefa de servizo do
Centro Buendía da Universidade
de Valladolid, directora do Museo
de Arte Africano da mesma
universidade)
Teresa Alario (doutora en Historia
da Arte, directora da Cátedra de
Estudos de Xénero da
Universidade de Valladolid)
Nour Al-Hussen (mestrado en
Estudos Internacionais pola USC,
politóloga e activista de orixe
siria)
Mónica Alonso (doutora en Belas
Artes pola Univ. de Vigo, artista
escritora e comisaria)
Mónica Álvarez (orientadora
laboral, diplomada en educación
especial, presidenta de ACADAR,
Asociación de Mulleres con
Discapacidade de Galicia)
Rebeca Baceiredo (filósofa e
escritora. Autora do libro Oiko-
nomía do xénero. Relato das
clausuras, publicado por
Axóuxere)
Cristina Basanta (artista
participante en Nós + Outras en
rede 2)
Ana Bereciartúa (presidenta da
Asociación de Inmigrantes e
Retornados Rioplatenses de
Lugo)
Violeta Bernardo (artista
participante no proxecto
colaborativo Nós + Outras en
rede 2)
Silvia Blanco (directora do Museo
Arqueológico de Cacabelos.
Profesora titular de Historia da
Arte e de Historia na UNED)
Paula Cabaleiro (artista,
educadora, comisaria, xestora
cultural e crítica de arte. Directora
da Fundación Florencio de la
Fuente (Huete, Cuenca),
directora en Galicia do Festival
estatal Miradas de Mujeres,
coordinadora do programa de
residencias artísticas "Estudio
Aberto" da Rede Museística
Provincial de Lugo. Participante
no proxecto colaborativo Nós +
Outras en rede)
Ascensión Cambrón Infante
(profesora titular de Filosofía do
Dereito na Universidade de A
Coruña. Traballa en Historia do
pensamento liberal e utópico do
século XIX e investiga sobre
Bionomía xurídica)
Anxela Caramés (doutora en Belas
Artes pola Universidade
Politécnica de Valencia,
Historiadora da Arte. Como
investigadora realizou a súa tese
#XénerosRMP IV CONGRESO XÉNEROS,
MUSEOS, ARTE E EDUCACIÓN
16
sobre a xestión feminista da arte
no contexto español. Comisaria
da exposición Alén dos xéneros.
Prácticas artísticas feministas en
Galicia que se exhibe
actualmente no MARCO de Vigo)
Leonardo Casado (director de
Museos Comunitarios de
Berazategui en Arxentina)
Araceli Corbo (responsable da
Biblioteca-Centro de
documentación do MUSAC
(Museo de Arte Contemporáneo
de Castilla y León). DEA no
doutoramento de Estudios
interdisciplinares de género e
Gdocente asociada da
Universidade de León)
Pablo Coca (coordinador de
educación do Museo Patio
Herreriano de Valladolid. Doutor
en Educación Artística)
Crystilanda (Cristina Vázquez.
Deseñadora, restauradora, artesá
e pintora. Participante no
proxecto colaborativo Nós +
Outras en rede 2)
Luz Darriba (profesora de Artes
Visuais, artista multidisciplinar,
xestora cultural con proxectos
baixo o patrocinio da UNESCO.
Na súa traxectoria como escritora
premiada co Ánxel Fole.
Presidenta da Fundación
Cumulum)
Kristopher Dios (artista
participante no proxecto
colaborativo Nós + Outrxs en
rede 2)
Almudena Domínguez (Máster en
Museos: Educación e
Comunicación, da Universidade
de Zaragoza)
Elvira Fente (licenciada en
Xornalismo, diplomada en
Antropoloxía Social, doutora en
Estudos Femininos e de Xérnero.
Ten publicados os libros “Parir en
liberdade” (2010), “Queizán, o
renacer dunha Antígona” (2015),
“O valse de Camille” (2015) e “As
miñas gafas violetas” (2016).
Participante no proxecto
colaborativo Nós + Outrxs en
rede 2)
Soledad Fernández Costas
(representante da Fundación
Daniela e coordinadora de
familias)
Micaela Fernández Darriba
(licenciada en Ciencias da
Comunicación, directora da
revista Foeminas, revista virtual
de xénero)
Gonzalo Francisco Fernández
Suárez (vicedecano da Facultade
de Humanidades da USC)
Antonia Fernández Valencia
(profesora titular no
Departamento de Didáctica da
#XénerosRMP IV CONGRESO XÉNEROS,
MUSEOS, ARTE E EDUCACIÓN
17
Universidade Complutense de
Madrid (UCM))
Olaia Fontal (directora do
Observatorio de Educación
Patrimonial de España)
Víctor Fraga Gayoso (psicólogo,
director de programas do centro
penitenciario de Monterroso,
vogal da Asociación Penitenciaria
Concepción Arenal de Lugo)
Bárbara G. Vilariño (asesora de
comunicación, xornalista cultural
e con visión de xénero. Píkara
magazine. Vivir na Coruña,
Biblioteca Nodal da Coruña)
Jorge García Marín (coordinador
do taller permanente
“Masculinidades e Cambio
Social” do ICE (Instituto de
Ciencias da Educación) da USC)
Glitchgirl (Alicia Aix Muñiz). Artista
visual e música electrónica.
Ania González, coordinadora da
Clase Perigosa (licenciada en
Dereito. Máster en Avogacía.
Avogada Colexiada do ICA Vigo.
Crítica cultural, colaboradora en
Babelia-El País. Especialista en
Teoría Crítica do Discurso,
Xénero e Imaxinación Política
polo Programa de Estudios
Independientes do MACBA)
Florencia González de Langarica
(REMCAA, Rede de Educadores
de Museos e Centros de Arte de
Arxentina)
Maite Garbayo (investigadora e
escritora, autora do libro Cuerpos
que aparecen. Perfomance y
feminismo en el tardofranquismo
(2016))
Maribel González Rey (decana da
Facultade de Humanidades da
USC)
Luis Grau (director do Museo de
León, presidente ICOM España)
Mônica Hoff (curatoría pedagóxica
da 9ª Bienal Mercosul en Porto
Alegre, Brasil)
Irene Jiménez Cortiñas (técnica de
Igualdade da Fundación
Secretariado Gitano de Lugo.
Programa Calí, mulleres xitanas
e igualdade)
Julio Leira (fotógrafo participante
no proxecto colaborativo Nós +
Outrxs en rede 2)
Rut León (activista polos dereitos
das mulleres xitanas. Mediadora
intercultural. Premio “Entre
mulleres” do Concello de Lugo)
Lucía Lijtmaer (periodista e
ensaísta, Publica en medios
como ADN, Factual, Público e El
diario. Comisaria cultural,
tradutora literaria e profesora en
centros como a Universitat de
Vic. Autora dos libros No tenías
#XénerosRMP IV CONGRESO XÉNEROS,
MUSEOS, ARTE E EDUCACIÓN
18
casi nada que ponerte ou
Esfinges)
Amparo López Corral (produtora e
xestora de contidos e proxectos
de arte contemporánea en
ArteConsultora. Coordinadora
técnica de Bienal Mujeres Artes
Visuales 2016 de MAV. Mujeres
en las artes visuales)
Marián López Fernández–Cao
(profesora titular en Facultade de
Educación da Universidade
Complutense de Madrid,
investigadora principal do
Proxecto I+D “Estudo de fondos
museísticos desde a perspectiva
de xénero”. Presidenta de MAV.
Mujeres en las artes visuales)
Claudia Mandel Katz (directora do
Museo de las Mujeres de Costa
Rica e Docente na Facultade de
Letras dese país. Autora de
Estéticas del borde. Prácticas
artísticas y violencia contra las
mujeres en Latinoamérica)
Cristina Da Milano (investigadora,
docente, experta en educación e
comunicación en museos,
especialmente no uso da cultura
como ferramenta de integración
social. Presidenta de ECCOM
idee per la cultura, Italia)
Ana Moreno (xefa da área de
Educación do Museo Thyssen-
Bornemisza EducaThyssen)
Monica Mura (artista
multidisciplinar, doutora en
linguaxe multimedia, deseñadora
gráfica e innovadora social.
Participante no proxecto
colaborativo Nós + Outras en
rede)
Paula Noya (licenciada en Belas
Artes pola Universidade de
Salamanca, Máster en Estética e
Teoría das Artes pola
Universidade Autónoma de
Madrid. Desenvólvese
artisticamente nos ámbitos da
pintura, da fotografía e do vídeo.
Participante no proxecto
colaborativo Nós + Outras en
rede)
Laura Oso Casas (socióloga e
académica da UDC.
Coordinadora do Equipo de
Socioloxía das Migracións
Internacionais (ESOMI))
Carmen Porteiro (fotógrafa,
profesional do marketing e da
comunicación. Participante no
proxecto colaborativo Nós +
Outrxs en rede 2)
Mery Pais Domínguez (artista
multidisciplinar, Máster en Arte
Contemporáneo. Creación e
Investigación, premio Auditorio
de Galicia para Novos Artistas
2016. Participante no proxecto
colaborativo Nós + Outras en
rede)
#XénerosRMP IV CONGRESO XÉNEROS,
MUSEOS, ARTE E EDUCACIÓN
19
Cristina Palacios Castro
(traballadora social e presidenta
da Asociación Arelas, Asoc. de
Familias de Menores Trans* de
Galicia)
Adriana Pazos (directora do
Espazo de Arte Contemporánea
OLALAB Acción Cultural.
Directora do proxecto educativo
AULADEIDEAS: Educación e
Creatividade. Artista Visual.
Responsable de prensa e
comunicación de Mujeres
Mirando Mujeres)
Paul B. Preciado (filósofx
transxénero, referente global no
pensamento feminista)
María Ptqk (licenciada en Dereito e
Ciencias Económicas. DEA en
Dereito Internacional Público pola
Univesidade da Sorbona e DEA
en Dereito da Cultura pola
Universidade Carlos III.
Coordinadora de La Publika.
Laboratorio de investigación
artística sobre esfera pública)
Rita María Radl Philipp (socióloga,
profesora da USC e directora do
Centro Interdisciplinario de
Investigacións Feministas e de
Estudos de Xénero (CIFEX) da
USC)
Nuria Rivero (historiadora da Arte.
Máster en Museoloxía e Arte
Contemporánea e cultura visual.
Postgrao en Comunicación e
Educación en Museos. Xerente
do ICOM-España)
Marta Rodríguez Engroba
(presidenta de Si hai saída,
Asociación contra a violencia de
xénero en Lugo)
Miguel Salas Soneira (investigador
e educador social)
Juan G. Sandoval (museólogo,
crítico de arte e especialista en
accesibilidade social. Presidente
da Asociación Murciana de
Críticos de Arte. Conservador
dos Museos da Rexión de
Murcia)
Manuel Segade (comisario e actual
Director do Centro de Arte CA2M
de Madrid)
Patricia Torres Aguilar (proxectos
educativos en Museos, México)
Sayak Valencia (filósofx, poeta e
ensaista)
Laura Varela (formada co fotógrafo
Carlos Puga, colabora con
diversas asociacións e colectivos
fotográficos do Salnés e do
Barbanza. Participa no proxecto
colaborativo Nós + Outrxs en
rede 2)
Lucía Vila (artista e docente.
Licenciada en BBAA e Historia da
Arte, cursou estudos
interdisciplinares de xénero na
Universidade de Salamanca.
#XénerosRMP IV CONGRESO XÉNEROS,
MUSEOS, ARTE E EDUCACIÓN
20
Participa no proxecto
colaborativo Nós + Outrxs en
rede 2)
Camila Vieitez (artista visual e
creadora de banda deseñada)
ENTIDADES
Acadar, Asociación de Mulleres con
Discapacidade de Galicia
Asociación Arelas, Asoc. de
Familias de Menores Trans* de
Galicia
Asociación de Inmigrantes e
Retornados Rioplatenses de
Lugo
Asociación Penitenciaria
Concepción Arenal de Lugo
Center for Women in the Art and
Humanities. Rutgers Universidade
de Nova York
Centro de Arte CA2M de Madrid
Centro Interdisciplinario de
Investigacións Feministas e de
Estudos de Xénero (CIFEX) da USC
Centro Penitenciario de Monterroso
ECCOM idee per la cultura, Italia
EducaThyssen - Museo Thyssen-
Bornemisza
Equipo de Socioloxía das
Migracións Internacionais
(ESOMI) da UDC
Espazo de Arte Contemporánea
OLALAB Acción Cultural
Facultade de Humanidades da
Universidade de Santiago de
Compostela
Fundación Daniela
Fundación Secretariado Gitano de
Lugo
Grao de Ciencias da Cultura e
Difusión Cultural da Universidade de
Santiago de Compostela
Consejo Internacional de los
Museos (ICOM España)
Institituto Interdisciplinariod de
Estudios de Género de la
Facultad de Filosofía y Letras de
la Universidade de Bos Aires
Iskoö, espazo multidisplicinar
LaPublika, Laboratorio de
investigación artística sobre esfera
pública
Máster en Servizos Culturais da
Universidade de Santiago de
Compostela
Máster en Museos: Educación e
Comunicación, da Universidade
de Zaragoza
Mujeres en las Artes Visuales
(MAV)
Mujeres Mirando Mujeres
Museo de Arte Contemporáneo de
Castilla y León (MUSAC)
Museo Arqueológico de Cacabelos
Museo de Arte Africano da
Universidade de Valladolid
#XénerosRMP IV CONGRESO XÉNEROS,
MUSEOS, ARTE E EDUCACIÓN
21
Museo de las Mujeres de Costa
Rica
Museo de León
Museos Comunitarios de
Berazategui en Arxentina
Museo Patio Herreriano de
Valladolid
Observatorio de Educación
Patrimonial de España (OEPE)
Píkara magazine
REMCAA, Rede de Educadores de
Museos e Centros de Arte de
Arxentina
Si hai saída, Asociación contra a
violencia de xénero en Lugo
Taller permanente “Masculinidades
e Cambio Social” do Instituto de
Ciencias da Educación (ICE) da
USC
Universidade de A Coruña
Universidade Complutense de
Madrid
Universidade de Santiago de
Compostela
Universidade de Valladolid
#XénerosRMP IV CONGRESO XÉNEROS,
MUSEOS, ARTE E EDUCACIÓN

More Related Content

What's hot

Programación escolar multicanle da Rede Museistica Provincial de Lugo
Programación escolar  multicanle  da Rede Museistica Provincial de LugoProgramación escolar  multicanle  da Rede Museistica Provincial de Lugo
Programación escolar multicanle da Rede Museistica Provincial de LugoEncarna Lago
 
Programación actividades extraescolares da Rede Museística Provincial de Lugo
Programación actividades extraescolares da Rede Museística Provincial de LugoProgramación actividades extraescolares da Rede Museística Provincial de Lugo
Programación actividades extraescolares da Rede Museística Provincial de LugoEncarna Lago
 
Revisando 15 anos de percorrido
Revisando 15 anos de percorridoRevisando 15 anos de percorrido
Revisando 15 anos de percorridoEncarna Lago
 
Memoria Museo do Mar 2014
Memoria Museo do Mar 2014Memoria Museo do Mar 2014
Memoria Museo do Mar 2014Encarna Lago
 
Folleto Museo do mar en galego
Folleto Museo do mar en galego Folleto Museo do mar en galego
Folleto Museo do mar en galego rmplugo
 
Programa Rede Semana Museos 2019
Programa Rede Semana Museos 2019Programa Rede Semana Museos 2019
Programa Rede Semana Museos 2019rmplugo
 
Contos museo medo copia libro museo
Contos museo medo copia libro museo Contos museo medo copia libro museo
Contos museo medo copia libro museo Marlou
 
II Congreso de Xénero, Museos, Arte e Migración
II Congreso de Xénero, Museos, Arte e MigraciónII Congreso de Xénero, Museos, Arte e Migración
II Congreso de Xénero, Museos, Arte e Migraciónrmplugo
 
Da Ulloa para a Ulloa Olladas femininas sobre o territorio e as súas xentes
Da Ulloa para a Ulloa Olladas femininas sobre o territorio e as súas xentesDa Ulloa para a Ulloa Olladas femininas sobre o territorio e as súas xentes
Da Ulloa para a Ulloa Olladas femininas sobre o territorio e as súas xentesEncarna Lago
 
Proxecto biblioteca 2016 2017 migrANDO
Proxecto biblioteca 2016 2017 migrANDOProxecto biblioteca 2016 2017 migrANDO
Proxecto biblioteca 2016 2017 migrANDOaquintadoslibros
 
Circular normalización e biblioteca
Circular normalización e bibliotecaCircular normalización e biblioteca
Circular normalización e bibliotecaFati Veloso Blanco
 
ENCARNA LAGO PARTICIPA NO CONSELLO DA CULTURA GALEGA NA "Xornada-emerxencia-...
ENCARNA LAGO PARTICIPA  NO CONSELLO DA CULTURA GALEGA NA "Xornada-emerxencia-...ENCARNA LAGO PARTICIPA  NO CONSELLO DA CULTURA GALEGA NA "Xornada-emerxencia-...
ENCARNA LAGO PARTICIPA NO CONSELLO DA CULTURA GALEGA NA "Xornada-emerxencia-...Encarna Lago
 
Israel, a primeira trincheira
Israel, a primeira trincheiraIsrael, a primeira trincheira
Israel, a primeira trincheiraGalizaIsrael
 
Dim2019 programacion
Dim2019 programacionDim2019 programacion
Dim2019 programacionmhnusc
 
Programacion letras galegas_2018_xunta_de_galicia
Programacion letras galegas_2018_xunta_de_galiciaProgramacion letras galegas_2018_xunta_de_galicia
Programacion letras galegas_2018_xunta_de_galiciasatelite1
 
Programa Museo e Muller 2010
Programa Museo e Muller 2010Programa Museo e Muller 2010
Programa Museo e Muller 2010Encarna Lago
 
Programa escolar pazo tor-2015
Programa escolar pazo tor-2015Programa escolar pazo tor-2015
Programa escolar pazo tor-2015Encarna Lago
 
PROGRAMACIÓN ACTIVIDADES ESCOLARES NA REDEMUSEISTICA
PROGRAMACIÓN ACTIVIDADES ESCOLARES NA REDEMUSEISTICAPROGRAMACIÓN ACTIVIDADES ESCOLARES NA REDEMUSEISTICA
PROGRAMACIÓN ACTIVIDADES ESCOLARES NA REDEMUSEISTICAEncarna Lago
 

What's hot (20)

Programación escolar multicanle da Rede Museistica Provincial de Lugo
Programación escolar  multicanle  da Rede Museistica Provincial de LugoProgramación escolar  multicanle  da Rede Museistica Provincial de Lugo
Programación escolar multicanle da Rede Museistica Provincial de Lugo
 
Programación actividades extraescolares da Rede Museística Provincial de Lugo
Programación actividades extraescolares da Rede Museística Provincial de LugoProgramación actividades extraescolares da Rede Museística Provincial de Lugo
Programación actividades extraescolares da Rede Museística Provincial de Lugo
 
Revisando 15 anos de percorrido
Revisando 15 anos de percorridoRevisando 15 anos de percorrido
Revisando 15 anos de percorrido
 
Memoria Tor 2014
Memoria Tor 2014Memoria Tor 2014
Memoria Tor 2014
 
Memoria Museo do Mar 2014
Memoria Museo do Mar 2014Memoria Museo do Mar 2014
Memoria Museo do Mar 2014
 
Folleto Museo do mar en galego
Folleto Museo do mar en galego Folleto Museo do mar en galego
Folleto Museo do mar en galego
 
Programa Rede Semana Museos 2019
Programa Rede Semana Museos 2019Programa Rede Semana Museos 2019
Programa Rede Semana Museos 2019
 
Contos museo medo copia libro museo
Contos museo medo copia libro museo Contos museo medo copia libro museo
Contos museo medo copia libro museo
 
II Congreso de Xénero, Museos, Arte e Migración
II Congreso de Xénero, Museos, Arte e MigraciónII Congreso de Xénero, Museos, Arte e Migración
II Congreso de Xénero, Museos, Arte e Migración
 
Da Ulloa para a Ulloa Olladas femininas sobre o territorio e as súas xentes
Da Ulloa para a Ulloa Olladas femininas sobre o territorio e as súas xentesDa Ulloa para a Ulloa Olladas femininas sobre o territorio e as súas xentes
Da Ulloa para a Ulloa Olladas femininas sobre o territorio e as súas xentes
 
Proxecto biblioteca 2016 2017 migrANDO
Proxecto biblioteca 2016 2017 migrANDOProxecto biblioteca 2016 2017 migrANDO
Proxecto biblioteca 2016 2017 migrANDO
 
Circular normalización e biblioteca
Circular normalización e bibliotecaCircular normalización e biblioteca
Circular normalización e biblioteca
 
ENCARNA LAGO PARTICIPA NO CONSELLO DA CULTURA GALEGA NA "Xornada-emerxencia-...
ENCARNA LAGO PARTICIPA  NO CONSELLO DA CULTURA GALEGA NA "Xornada-emerxencia-...ENCARNA LAGO PARTICIPA  NO CONSELLO DA CULTURA GALEGA NA "Xornada-emerxencia-...
ENCARNA LAGO PARTICIPA NO CONSELLO DA CULTURA GALEGA NA "Xornada-emerxencia-...
 
Israel, a primeira trincheira
Israel, a primeira trincheiraIsrael, a primeira trincheira
Israel, a primeira trincheira
 
Dim2019 programacion
Dim2019 programacionDim2019 programacion
Dim2019 programacion
 
Programacion letras galegas_2018_xunta_de_galicia
Programacion letras galegas_2018_xunta_de_galiciaProgramacion letras galegas_2018_xunta_de_galicia
Programacion letras galegas_2018_xunta_de_galicia
 
Creatividade 2014
Creatividade 2014Creatividade 2014
Creatividade 2014
 
Programa Museo e Muller 2010
Programa Museo e Muller 2010Programa Museo e Muller 2010
Programa Museo e Muller 2010
 
Programa escolar pazo tor-2015
Programa escolar pazo tor-2015Programa escolar pazo tor-2015
Programa escolar pazo tor-2015
 
PROGRAMACIÓN ACTIVIDADES ESCOLARES NA REDEMUSEISTICA
PROGRAMACIÓN ACTIVIDADES ESCOLARES NA REDEMUSEISTICAPROGRAMACIÓN ACTIVIDADES ESCOLARES NA REDEMUSEISTICA
PROGRAMACIÓN ACTIVIDADES ESCOLARES NA REDEMUSEISTICA
 

Viewers also liked

ADEKANMBI OMOTARA ADEWUNMI.cv 2
ADEKANMBI OMOTARA ADEWUNMI.cv 2ADEKANMBI OMOTARA ADEWUNMI.cv 2
ADEKANMBI OMOTARA ADEWUNMI.cv 2Adewunmi Adekanmbi
 
12 marzo 2017 | Dal silenzio all'ascolto
12 marzo 2017 | Dal silenzio all'ascolto12 marzo 2017 | Dal silenzio all'ascolto
12 marzo 2017 | Dal silenzio all'ascoltoAskesisSrl
 
Chp9 ec strategy and implementation
Chp9 ec strategy and  implementationChp9 ec strategy and  implementation
Chp9 ec strategy and implementationEngr Razaque
 
Retour d'expérience d'AIA
Retour d'expérience d'AIARetour d'expérience d'AIA
Retour d'expérience d'AIANovabuild
 
Intervention de Mathieu GARCIA (Emenda-Baoène) aux 10e RPE - 7 juin 2016
Intervention de Mathieu GARCIA (Emenda-Baoène) aux 10e RPE - 7 juin 2016Intervention de Mathieu GARCIA (Emenda-Baoène) aux 10e RPE - 7 juin 2016
Intervention de Mathieu GARCIA (Emenda-Baoène) aux 10e RPE - 7 juin 2016Novabuild
 
Design for building trust: 4 lessons learned working on an IoT product
Design for building trust: 4 lessons learned working on an IoT productDesign for building trust: 4 lessons learned working on an IoT product
Design for building trust: 4 lessons learned working on an IoT productIlaria Mauric
 
Kangaroo Mother Care
Kangaroo Mother CareKangaroo Mother Care
Kangaroo Mother CarePulleymazing
 
Design Thinking in an Agile process: why, how, what's the impact on business
Design Thinking in an Agile process: why, how, what's the impact on businessDesign Thinking in an Agile process: why, how, what's the impact on business
Design Thinking in an Agile process: why, how, what's the impact on businessIlaria Mauric
 
Fiche ultrason intelect« mobile
Fiche ultrason intelect« mobileFiche ultrason intelect« mobile
Fiche ultrason intelect« mobilecasimir91
 
ParíS
ParíSParíS
ParíSs4ndr4
 

Viewers also liked (13)

Servicio comunitario
Servicio comunitarioServicio comunitario
Servicio comunitario
 
ADEKANMBI OMOTARA ADEWUNMI.cv 2
ADEKANMBI OMOTARA ADEWUNMI.cv 2ADEKANMBI OMOTARA ADEWUNMI.cv 2
ADEKANMBI OMOTARA ADEWUNMI.cv 2
 
12 marzo 2017 | Dal silenzio all'ascolto
12 marzo 2017 | Dal silenzio all'ascolto12 marzo 2017 | Dal silenzio all'ascolto
12 marzo 2017 | Dal silenzio all'ascolto
 
PERTSONAK ETA OSASUNA
PERTSONAK ETA OSASUNAPERTSONAK ETA OSASUNA
PERTSONAK ETA OSASUNA
 
Chp9 ec strategy and implementation
Chp9 ec strategy and  implementationChp9 ec strategy and  implementation
Chp9 ec strategy and implementation
 
Fitri 2 b
Fitri 2 bFitri 2 b
Fitri 2 b
 
Retour d'expérience d'AIA
Retour d'expérience d'AIARetour d'expérience d'AIA
Retour d'expérience d'AIA
 
Intervention de Mathieu GARCIA (Emenda-Baoène) aux 10e RPE - 7 juin 2016
Intervention de Mathieu GARCIA (Emenda-Baoène) aux 10e RPE - 7 juin 2016Intervention de Mathieu GARCIA (Emenda-Baoène) aux 10e RPE - 7 juin 2016
Intervention de Mathieu GARCIA (Emenda-Baoène) aux 10e RPE - 7 juin 2016
 
Design for building trust: 4 lessons learned working on an IoT product
Design for building trust: 4 lessons learned working on an IoT productDesign for building trust: 4 lessons learned working on an IoT product
Design for building trust: 4 lessons learned working on an IoT product
 
Kangaroo Mother Care
Kangaroo Mother CareKangaroo Mother Care
Kangaroo Mother Care
 
Design Thinking in an Agile process: why, how, what's the impact on business
Design Thinking in an Agile process: why, how, what's the impact on businessDesign Thinking in an Agile process: why, how, what's the impact on business
Design Thinking in an Agile process: why, how, what's the impact on business
 
Fiche ultrason intelect« mobile
Fiche ultrason intelect« mobileFiche ultrason intelect« mobile
Fiche ultrason intelect« mobile
 
ParíS
ParíSParíS
ParíS
 

Similar to IV Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación

xenero_profesorado_7abr.pdf
xenero_profesorado_7abr.pdfxenero_profesorado_7abr.pdf
xenero_profesorado_7abr.pdfEncarna Lago
 
Convite OLLADAS A MIÑA FAMILIA
Convite OLLADAS A MIÑA FAMILIAConvite OLLADAS A MIÑA FAMILIA
Convite OLLADAS A MIÑA FAMILIAEncarna Lago
 
Plan de museos, xénero, arte, educación e igualdade da Rede Museística Provin...
Plan de museos, xénero, arte, educación e igualdade da Rede Museística Provin...Plan de museos, xénero, arte, educación e igualdade da Rede Museística Provin...
Plan de museos, xénero, arte, educación e igualdade da Rede Museística Provin...PSM
 
Diptico lugo arxentina
Diptico lugo arxentinaDiptico lugo arxentina
Diptico lugo arxentinaEncarna Lago
 
Programa Día Internacional dos museos 2015
Programa Día Internacional dos museos 2015Programa Día Internacional dos museos 2015
Programa Día Internacional dos museos 2015rmplugo
 
Balance novospúblicosxul2017 Primer Semestre 2017 Rede Museistica Lugo
Balance novospúblicosxul2017  Primer Semestre 2017 Rede Museistica LugoBalance novospúblicosxul2017  Primer Semestre 2017 Rede Museistica Lugo
Balance novospúblicosxul2017 Primer Semestre 2017 Rede Museistica LugoEncarna Lago
 
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arteXornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arteEncarna Lago
 
XX conferencia internacional MINOM
XX conferencia internacional  MINOMXX conferencia internacional  MINOM
XX conferencia internacional MINOMredemuseisticalugo
 
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdfPROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdfEncarna Lago
 
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdfExperiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdfEncarna Lago
 
Galicia, país das letras
Galicia, país das letrasGalicia, país das letras
Galicia, país das letrascenlf
 
XII Festival Artes pola integración
XII Festival Artes pola integraciónXII Festival Artes pola integración
XII Festival Artes pola integraciónEncarna Lago
 
Af diptico (1) XORNADAS PATRIMONIO E MEMORIA
Af diptico (1) XORNADAS PATRIMONIO E MEMORIA Af diptico (1) XORNADAS PATRIMONIO E MEMORIA
Af diptico (1) XORNADAS PATRIMONIO E MEMORIA Encarna Lago
 
Verán 2014 na Rede Museística
Verán 2014 na Rede MuseísticaVerán 2014 na Rede Museística
Verán 2014 na Rede Museísticaredemuseisticalugo
 
Caderniño especial do Grupo literario "Leiras Pulepiro" no xornal Mondoñedo
Caderniño especial do Grupo literario "Leiras Pulepiro" no xornal MondoñedoCaderniño especial do Grupo literario "Leiras Pulepiro" no xornal Mondoñedo
Caderniño especial do Grupo literario "Leiras Pulepiro" no xornal MondoñedoFran Bouso
 

Similar to IV Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación (20)

xenero_profesorado_7abr.pdf
xenero_profesorado_7abr.pdfxenero_profesorado_7abr.pdf
xenero_profesorado_7abr.pdf
 
Pasaporte rede
Pasaporte redePasaporte rede
Pasaporte rede
 
Pasaporte rede
Pasaporte redePasaporte rede
Pasaporte rede
 
Presentacion xenero e feminismo
Presentacion xenero e feminismoPresentacion xenero e feminismo
Presentacion xenero e feminismo
 
Convite OLLADAS A MIÑA FAMILIA
Convite OLLADAS A MIÑA FAMILIAConvite OLLADAS A MIÑA FAMILIA
Convite OLLADAS A MIÑA FAMILIA
 
Plan de museos, xénero, arte, educación e igualdade da Rede Museística Provin...
Plan de museos, xénero, arte, educación e igualdade da Rede Museística Provin...Plan de museos, xénero, arte, educación e igualdade da Rede Museística Provin...
Plan de museos, xénero, arte, educación e igualdade da Rede Museística Provin...
 
Diptico lugo arxentina
Diptico lugo arxentinaDiptico lugo arxentina
Diptico lugo arxentina
 
Programa Día Internacional dos museos 2015
Programa Día Internacional dos museos 2015Programa Día Internacional dos museos 2015
Programa Día Internacional dos museos 2015
 
Balance novospúblicosxul2017 Primer Semestre 2017 Rede Museistica Lugo
Balance novospúblicosxul2017  Primer Semestre 2017 Rede Museistica LugoBalance novospúblicosxul2017  Primer Semestre 2017 Rede Museistica Lugo
Balance novospúblicosxul2017 Primer Semestre 2017 Rede Museistica Lugo
 
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arteXornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
 
XX conferencia internacional MINOM
XX conferencia internacional  MINOMXX conferencia internacional  MINOM
XX conferencia internacional MINOM
 
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdfPROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
 
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdfExperiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
 
Galicia, país das letras
Galicia, país das letrasGalicia, país das letras
Galicia, país das letras
 
XII Festival Artes pola integración
XII Festival Artes pola integraciónXII Festival Artes pola integración
XII Festival Artes pola integración
 
Af diptico (1) XORNADAS PATRIMONIO E MEMORIA
Af diptico (1) XORNADAS PATRIMONIO E MEMORIA Af diptico (1) XORNADAS PATRIMONIO E MEMORIA
Af diptico (1) XORNADAS PATRIMONIO E MEMORIA
 
VI semana intercultural1
VI semana intercultural1VI semana intercultural1
VI semana intercultural1
 
Convite inherentes
Convite inherentes Convite inherentes
Convite inherentes
 
Verán 2014 na Rede Museística
Verán 2014 na Rede MuseísticaVerán 2014 na Rede Museística
Verán 2014 na Rede Museística
 
Caderniño especial do Grupo literario "Leiras Pulepiro" no xornal Mondoñedo
Caderniño especial do Grupo literario "Leiras Pulepiro" no xornal MondoñedoCaderniño especial do Grupo literario "Leiras Pulepiro" no xornal Mondoñedo
Caderniño especial do Grupo literario "Leiras Pulepiro" no xornal Mondoñedo
 

More from rmplugo

mptor_memoria_2019 definitiva
mptor_memoria_2019 definitivamptor_memoria_2019 definitiva
mptor_memoria_2019 definitivarmplugo
 
Memoria 2019 mar
Memoria 2019 marMemoria 2019 mar
Memoria 2019 marrmplugo
 
Memoria 2019 san paio
Memoria 2019 san paioMemoria 2019 san paio
Memoria 2019 san paiormplugo
 
Guia pictogramas san paio de narla
Guia pictogramas san paio de narlaGuia pictogramas san paio de narla
Guia pictogramas san paio de narlarmplugo
 
Guia pictogramas pazo de tor
Guia pictogramas pazo de torGuia pictogramas pazo de tor
Guia pictogramas pazo de torrmplugo
 
Guia pictogramas museo Lugo
Guia pictogramas museo LugoGuia pictogramas museo Lugo
Guia pictogramas museo Lugormplugo
 
VII Xornadas Carballo Vivo
VII Xornadas Carballo VivoVII Xornadas Carballo Vivo
VII Xornadas Carballo Vivormplugo
 
Mpl egipto
Mpl  egiptoMpl  egipto
Mpl egiptormplugo
 
Resume anual 2015 museo do mar
Resume anual 2015 museo do marResume anual 2015 museo do mar
Resume anual 2015 museo do marrmplugo
 
Resume anual 2015 san paio
Resume anual 2015 san paioResume anual 2015 san paio
Resume anual 2015 san paiormplugo
 
Resume anual 2015 pazo de tor
Resume anual 2015 pazo de torResume anual 2015 pazo de tor
Resume anual 2015 pazo de torrmplugo
 
De museo a museo
De museo a museoDe museo a museo
De museo a museormplugo
 
Nadal 2015 na rede museística
Nadal 2015 na rede museísticaNadal 2015 na rede museística
Nadal 2015 na rede museísticarmplugo
 
Noite museos
Noite museosNoite museos
Noite museosrmplugo
 
2015 05 15 foto palabra facebook
2015 05 15 foto palabra facebook2015 05 15 foto palabra facebook
2015 05 15 foto palabra facebookrmplugo
 
Proxecto xaponesas
Proxecto xaponesasProxecto xaponesas
Proxecto xaponesasrmplugo
 
A CONTACONTOS CHARO PITA EN SAN PAIO DE NARLA
A CONTACONTOS CHARO PITA EN SAN PAIO DE NARLAA CONTACONTOS CHARO PITA EN SAN PAIO DE NARLA
A CONTACONTOS CHARO PITA EN SAN PAIO DE NARLArmplugo
 
Programa Congreso Internacional Buenos Aires
Programa Congreso Internacional Buenos AiresPrograma Congreso Internacional Buenos Aires
Programa Congreso Internacional Buenos Airesrmplugo
 
Visitantes xaneiro 2015 rede museística
Visitantes xaneiro 2015 rede museísticaVisitantes xaneiro 2015 rede museística
Visitantes xaneiro 2015 rede museísticarmplugo
 

More from rmplugo (20)

mptor_memoria_2019 definitiva
mptor_memoria_2019 definitivamptor_memoria_2019 definitiva
mptor_memoria_2019 definitiva
 
Memoria 2019 mar
Memoria 2019 marMemoria 2019 mar
Memoria 2019 mar
 
Memoria 2019 san paio
Memoria 2019 san paioMemoria 2019 san paio
Memoria 2019 san paio
 
Guia pictogramas san paio de narla
Guia pictogramas san paio de narlaGuia pictogramas san paio de narla
Guia pictogramas san paio de narla
 
Guia pictogramas pazo de tor
Guia pictogramas pazo de torGuia pictogramas pazo de tor
Guia pictogramas pazo de tor
 
Guia pictogramas museo Lugo
Guia pictogramas museo LugoGuia pictogramas museo Lugo
Guia pictogramas museo Lugo
 
VII Xornadas Carballo Vivo
VII Xornadas Carballo VivoVII Xornadas Carballo Vivo
VII Xornadas Carballo Vivo
 
Egipto
EgiptoEgipto
Egipto
 
Mpl egipto
Mpl  egiptoMpl  egipto
Mpl egipto
 
Resume anual 2015 museo do mar
Resume anual 2015 museo do marResume anual 2015 museo do mar
Resume anual 2015 museo do mar
 
Resume anual 2015 san paio
Resume anual 2015 san paioResume anual 2015 san paio
Resume anual 2015 san paio
 
Resume anual 2015 pazo de tor
Resume anual 2015 pazo de torResume anual 2015 pazo de tor
Resume anual 2015 pazo de tor
 
De museo a museo
De museo a museoDe museo a museo
De museo a museo
 
Nadal 2015 na rede museística
Nadal 2015 na rede museísticaNadal 2015 na rede museística
Nadal 2015 na rede museística
 
Noite museos
Noite museosNoite museos
Noite museos
 
2015 05 15 foto palabra facebook
2015 05 15 foto palabra facebook2015 05 15 foto palabra facebook
2015 05 15 foto palabra facebook
 
Proxecto xaponesas
Proxecto xaponesasProxecto xaponesas
Proxecto xaponesas
 
A CONTACONTOS CHARO PITA EN SAN PAIO DE NARLA
A CONTACONTOS CHARO PITA EN SAN PAIO DE NARLAA CONTACONTOS CHARO PITA EN SAN PAIO DE NARLA
A CONTACONTOS CHARO PITA EN SAN PAIO DE NARLA
 
Programa Congreso Internacional Buenos Aires
Programa Congreso Internacional Buenos AiresPrograma Congreso Internacional Buenos Aires
Programa Congreso Internacional Buenos Aires
 
Visitantes xaneiro 2015 rede museística
Visitantes xaneiro 2015 rede museísticaVisitantes xaneiro 2015 rede museística
Visitantes xaneiro 2015 rede museística
 

IV Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación

  • 1. #XénerosRMP IV CONGRESO XÉNEROS, MUSEOS, ARTE E EDUCACIÓN
  • 2. #XénerosRMP IV CONGRESO XÉNEROS, MUSEOS, ARTE E EDUCACIÓN 2 A área de Cultura, Deseño e Artesanía da Deputación de Lugo, a través da súa Rede Museística – Museo Provincial do Mar, Pazo de Tor e Museo Fortaleza San Paio de Narla– organiza, para os días 10, 11 e 31 de marzo e 1 de abril de 2017, o IV Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación. Esta edición, en correspondencia cos anos anteriores, forma parte do Plan de museos, xéneros, arte, educación e igualdade co que se compromete, como institución pública, a promover políticas de igualdade e ofrecer espazos de diálogo e cohesión social. Como museos de comunidade somos responsables de reflectir a diversidade da sociedade e ofrecer ferramentas para o seu desenvolvemento a través da arte e a didáctica. Esta responsabilidade ponse en práctica, no labor mediador dos museos, mediante unha metodoloxía incluínte e normalizadora, que elude a segregación de actividades por sexo, grupo social ou cultural. O interese suscitado nos encontros anteriores –onde se expuxeron un total de 107 relatorios, se presentaron 30 comunicacións e se confirmaron 289 inscricións– sitúanos na obriga de seguir evolucionando e ofrecer experiencias e reflexións coas que ampliemos a nosa perspectiva sobre a relación transformadora da cuestión dos xéneros, da creación artística e da educación. Os contidos deste congreso son produto da autocrítica. Unha perspectiva de diversidade dos xéneros non é unha cuestión unicamente de mulleres, o cal continuaría mantendo os mesmos arquetipos de división. Estas xornadas reflexionan sobre como os museos amosan e favorecen a presenza e a atención sobre a pluralidade de xéneros e os seus papeis na historia e na sociedade a través dos seus discursos museográficos, coleccións e actividades. Con este obxectivo, o noso programa convida axs congresistas a asistir á clase perigosa, un encontro que reúne as teorías de xénero, o activismo feminista, a ciencia xurídica, a ciencia social, a biopolítica, as novas tecnoloxías, a arte e a práctica institucional. Outras sesións converten os museos da Rede en plataformas de exposición para colectivos e activistas da defensa dos dereitos sobre a identidade sexual, social, artística ou cultural; en espazos de difusión de prácticas artísticas feministas internacionais; en presentación de experiencias de participación e igualdade en museos; e en mesas sobre a creación artística en relación á violencia de xénero. Homenaxeamos, como non, nesta edición, á artista viveirense Maruja Mallo a quen está dedicada o 1 de abril, Día das Artes Galegas, o que nos servirá como punto de conexión coas realidades latinoamericanas
  • 3. #XénerosRMP IV CONGRESO XÉNEROS, MUSEOS, ARTE E EDUCACIÓN 3 que afondan nos temas deste congreso: xéneros, museos, arte e educación. En definitiva, unhas xornadas para seguir medrando, compartir posturas sen postureos, e participar no debate con profesionais, investigadorxs, críticxs, artistas e activistas. ORGANIZACIÓN E ENTIDADES COLABORADORAS Este Congreso está organizado pola Área de Cultura da Deputación de Lugo a través da súa Rede Museística Provincial e goza da colaboración e o aval das entidades museísticas ICOM España, Red Española de Profesionales de Museología Social, Museo de Arte Contemporáneo de León (MUSAC), Museo de Arte Africano da Universidade de Valladolid, Museo Thyssen-Bornemisza, Museo Arqueológico de Cacabelos, Museo de León e o Contamos igualmente co proxecto Didáctica 2.0 Museos en Femenino, no que participan o Museo Nacional del Prado, Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Museo Nacional de Cerámica y Artes Suntuarias González Martí, Museo del Traje e o Museo Arqueológico Nacional. Entre os seus patrocinadores científicos están a Universidade de Santiago de Compostela por medio do seu Centro Interdisciplinario de Investigacións feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX), do taller permanente Masculinidades e cambio social, do Instituto de Ciencias da Educación, da Facultade de Humanidades de Lugo, do Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural e do Máster de Servizos Culturais; o Máster en Museos, Educación e Comunicación da Universidade de Zaragoza; a Universidade da Coruña; as universidades Complutense de Madrid e Universidade de Valladolid. Estas xornadas son un aglutinante de entidades pedagóxicas, artísticas, sociais, de xestión, de comunicación, exhibición e investigación. Colaboran así, o Observatorio de Educación Patrimonial en España, Mujeres de las Artes Visuales (MAV), Mujeres Mirando Mujeres, Iskoö espazo multidisciplinar, Píkara Magazine, Arte a un click, o Centro de Arte CA2M e La Publika. Laboratorio de investigación artística sobre esfera pública e o proxecto editorial Plétora. Como espazo para a acción de colectivos e asociacións, este congreso reúne á Fundación Daniela, á Fundación Secretariado Gitano, á ACADAR, Asociación Galega de Mulleres con Discapacidade, á Asociación Arelas, á Asociación Si hai saída contra a violencia de xénero en Lugo, e a Asoc. Penitenciaria Concepción Arenal. As culturas en diálogo
  • 4. #XénerosRMP IV CONGRESO XÉNEROS, MUSEOS, ARTE E EDUCACIÓN 4 maniféstanse coa representación do colectivo sirio e da Asociación de Retornados Rioplatenses de Lugo. Un ano máis, o desenvolvemento das xornadas acadan a internacionalidade coa colaboración do Centro para Mulleres na Arte e nas Humanidades da Rutgers da Universidade de Nova York (EUA), da universidade e o Museo de las Mujeres de Costa Rica, do Instituto Interdisciplinario de Estudios de Género da Universidade de Bos Aires (Arxentina), e, da REMCAA, Rede de Educadores de Museos de Arte e Centros de Arte (Arxentina), dos Museos Comunitarios de Berazategui (Arxentina), do ECCOM, idee per la cultura (Italia), da Curadoría pedagóxica da 9ª Bienal de Mercosul en Porto Alegre (Brasil) e dos proxectos educativos en Museos de México. COORDINACIÓN XERAL Encarna Lago González (699 836 883) > 10 de marzo, Noelia Gómez López > 11 de marzo, Ania González > 31 de marzo, Verónica Fernández Fulgencio > 1 de abril, Pilar Sánchez Monje + Info:: +34 982 242 112 :: http://redemuseisticalugo.org/ ::
  • 5. #XénerosRMP IV CONGRESO XÉNEROS, MUSEOS, ARTE E EDUCACIÓN 5 INSCRICIÓNS Na procura da calidade e mellor aproveitamento das sesións do congreso, o número de prazas é reducido (50) e levarase control de asistencia. Para a inscrición, respectarase a orde de chegada das solicitudes que serán confirmadas por correo electrónico. De se completaren, as solicitudes pasarán a unha lista de reserva en previsión de baixas ou cancelacións. Expediranse certificados, unha vez se verifique a asistencia a todas as xornadas do congreso. Para se inscribir, complete o formulario de solicitude do apartado correspondente da web http://redemuseisticalugo.org/ + info: xenerosRMP@gmail.com COMUNICACIÓNS Co obxectivo de ampliar e enriquecer os contidos do congreso, convidamos a investigadorxs e activistas nos temas dos xéneros, dos museos, da arte e da educación, a compartiren connosco a súas experiencias e traballos. Dos documentos recibidos, serán seleccionados para a súa publicación aqueles que fagan referencia aos relatorios e presentacións vistos nas xornadas. Os documentos terán formato de word (doc, docx), nun máximo de 3 páxinas de extensión en letra Arial de 12 p. a 1,5 de interliñado. Poderanse acompañar de 3 imaxes (resolución mínima de 300 ppp) en formato dixital (jpg, tiff, png) axeitadamente identificadas co número, autoría e pé de foto en documento aparte. Unha páxina adicional conterá o título da comunicación, o nome dx autorx, email, un resumo 50 a 100 palabras cos aspectos máis relevantes do artigo, e máis 5 palabras ou termos clave. Serán aceptados tamén documentos audiovisuais en formato mp4, avi, de alta resolución, cunha duración máxima de 5 min. Agradecerase a inclusión de créditos e a descrición de imaxes (autoría e título). En ámbolos dous casos, achegarase unha páxina adicional co título da comunicación, o nome dx autorx, email, un resumo 50 a 100 palabras cos aspectos máis relevantes do artigo, e máis 5 palabras ou termos clave. O material será enviado (directamente ou vía https://wetransfer.com/) xunto cos datos persoais (nome completo, dni, enderezo postal e electrónico e nº de teléfono) xenerosRMP@gmail.com. O prazo de presentación comeza o 2 abril e remata o 18 de maio de 2017, Día Internacional dos Museos.
  • 6. #XénerosRMP IV CONGRESO XÉNEROS, MUSEOS, ARTE E EDUCACIÓN 6 PROGRAMA venres, 10 de marzo Museo Provincial de Lugo Xornada de visibilización do tecido social. Xs relatorxs serán representantes de asociacións e iniciativas sociais en xéneros e activismo, xéneros e emigración, xéneros e persoas con discapacidade, xéneros e maltrato, e transxéneros e educación. > 9.30 Entrega de documentación > De 10.00 a 14.00 ■ Benvida ao Congreso da deputada delegada da Área de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto. ■ Encarna Lago, xerente da Rede Museística Provincial de Lugo. Autocrítica sobre as ferramentas para fomentar a igualdade de xéneros na Rede Museística Provincial de Lugo, con Pilar Sánchez Monje, traballadora da Rede Museística Provincial de Lugo. ■ Cristina Palacios, traballadora social e presidenta da ARELAS, Asociación de Familias de Menores Trans* de Galicia. ■ Ana Bereciartúa, presidenta da Asociación de Inmigrantes e Retornados Rioplatenses de Lugo. ■ Mónica Álvarez, orientadora laboral, Diplomada en Eduación Especial e presidenta de ACADAR, Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia. > 16.30 a 20.30 ■ Víctor Fraga Gayoso, director de programas do Centro Penitenciario de Monterroso e representante da Asociación Penitenciaria Concepción Arenal. ■ Nour Al-Hussen, mestrado en Estudos Internacionais pola USC, politóloga e activista de orixe siria. ■ Soledad Fernández Costas, representante da Fundación Daniela e coordinadora de familias. ■ Irene Jiménez Cortiñas, técnica de Igualdade da Fundación Secretariado Gitano de Lugo. Programa Calí, mulleres xitanas e igualdade. ■ Miguel Salas, investigador e educador social. ■ Encarna Lago, xerente da Rede Museística Provincial de Lugo. Asociada a MAV (Mujeres en las Artes Visuales).
  • 7. #XénerosRMP IV CONGRESO XÉNEROS, MUSEOS, ARTE E EDUCACIÓN 7 sábado, 11 de marzo Pazo de Tor A clase perigosa Son moitos os programas culturais e accións públicas levadas a cabo sobre xénero e feminismos nos últimos anos tanto no marco da cultura como no da política. Malia esta cuestión, lonxe de producirse unha acción transformadora na educación, nas formas, nos modos de relación e na redistribución das relacións de poder, nunha e outra área, seguimos a reproducir modelos e modos de representación que non sempre asumen as consecuencias materiais que de acordo coas conquistas teóricas e prácticas científicas cabería esperar. É por iso que esta proposta ten como obxectivo principal a creación das condicións necesarias para que ese concreto marco teórico, na súa versión máis actualizada, sexa realmente operativo, é dicir, performativo. Cos suficientes efectos de realidade como para que as nosas formas de producir coñecemento, tal e como diría o filósofo Jacques Rancière, de tomar decisións sobre os réximes de visibilidade que configuran realidade, se vexan realmente transformadas. Trátase de construír xuntxs, nun espazo concreto a través dunha proposta de programación expandida nos seus tempos, nas súas conexións e na súa perdurabilidade, unha nova suavidade, como diría a teórica Suely Rolnik, a partir do roce entre os vellos roles de xénero e de autoridade en arte, ciencia e academia e as novas formas dos corpos e das prácticas en estética, investigación militante e decolonización da academia. A clase perigosa é un encontro orientado á aprendizaxe colectiva e transversal, artellado no improbable pero potente espazo de conexión entre as teorías de xénero, o activismo feminista, a ciencia xurídica, a ciencia social, a biopolítica, as novas tecnoloxías, a arte e a práctica institucional. Para conseguilo, pártese dunha idea da teoría como ferramenta altamente capacitadora para a formación dunha mirada e posición críticas, capaces de interpretar a complexidade do réxime visual e discursivo no que vivimos nesta época chamada da posverdade onde, máis alá da obxectividade dos feitos, son as interrelacións dos discursos modelizantes no campo político da nosa subxectividade as que configuran o noso futuro e as súas posibilidades. O encontro estrutúrase en tres sesións, unha de mañá, outra de tarde e unha última de solpor. A primeira das sesións estará adicada á introdución do marco teórico, a presentación dos recursos e a apertura de debate e traballo colectivo en torno ao estado das investigacións sobre xénero no contexto galego. Esta presentación correrá a cargo da Profesora Rita Radl Philipp, socióloga, profesora titular da USC e directora do Centro Interdisciplinar de Investigacións Feministas e Estudos de Xénero (CIFEX) da USC. A continuación celebrarase unha mesa redonda sobre os novos rexímenes de realidade que configuran os novos feminismos. Contarase cunha revisión da nova estética que dende o ámbito da creación independente estase a producir en torno ás prácticas feministas de ilustración, banda deseñada e a autoedición, en conexión
  • 8. #XénerosRMP IV CONGRESO XÉNEROS, MUSEOS, ARTE E EDUCACIÓN 8 coa análise dunha nova economía para un novo feminismo levado a cabo pola filósofa Rebeca Baceiredo, que vén de publicar recentemente o seu libro Oiko- nomía. Por último, a socióloga e docente da UDC, Laura Oso, aportará a este relato plural os seus coñecementos sobre división histórica do traballo, migración e xénero. Pechará a sesión un debate moderado por Ania González, con todxs xs relatorxs e participantes, xunto co público asistente. A segunda sesión, coa mesma estrutura, estará precedida por un relatorio de apertura a cargo da doutora en Filosofía do Dereito, profesora titular da UDC e investigadora Ascensión Cambrón. Continuarase cunha mesa redonda na que participarán a licenciada en Dereito e Ciencias Económicas María Ptqk que tratará a cuestión da construción de coñecemento como investigación militante, a periodista e ensaísta Lucía Lujtmaer, a doutora en Belas Artes, historiadora da arte e comisaria de exposicións Anxela Caramés e a artista Alicia Aix Muñiz quen a continuación ofrecerá un concerto e sesión dj con proxeccións relacionadas cos temas e referencias tratadxs durante a xornada. En canto ao público, A clase perigosa, pretende a creación activa dun público especializado, académico, amateur e cidadá. Para logralo, faranse convocatorias específicas e sectoriais. Tratarase de forma especial a comunidade universitaria e educativa, a artística e a investigadora, coidando sempre de facer unha mediación adecuada, cunha forte aposta metodolóxica á hora de crear e comunicar os contidos do programa, a favor do publico xeral non especializado. A clase perigosa non pretende ser só un encontro de mulleres senón que de acordo co marco teórico que defende, aposta firmemente pola transcendencia do binomio de xénero como marco de pensamento, a prol dunha expansión cara á deconstrución da masculinidade, a construción de novos corpos e a invención de dispositivos artísticos, científicos e afectivos. Dende esta perspectiva, poderemos afrontar tamén, como parte deste encontro, a cuestión da violencia de xénero en tanto problema estrutural da nosa sociedade de imperiosa urxencia e gravidade. O proxecto inclúe a creación colectiva dunha mediateca virtual coas referencias, vídeos e bibliografía así como a publicación de todo o material de traballo, textual e visual e a redacción dun relato ou memoria que permita a formación doutros públicos e a súa posterior transmisión e consulta.
  • 9. #XénerosRMP IV CONGRESO XÉNEROS, MUSEOS, ARTE E EDUCACIÓN 9 > De 11.00 a 14.30 ■ Apertura da xornada con presentación de Ania González. Vídeo-presentación dx filósofx transxénero, referente global no pensamento feminista Paul B. Preciado e dx filósofx, poeta e ensaísta Sayak Valencia. Marco teórico, mapa visual conceptual, liñas marco e breve historiografía da cuestión de xénero na actualidade. ■ Relatorio de apertura a cargo da socióloga, profesora da USC e directora do Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX) da USC, Rita María Radl Philipp en torno á epistemoloxía feminista actual, correntes de pensamento e consecuencias políticas. ■ Mesa redonda: Camila Vieitez, artista visual e creadora de banda deseñada. Selección e presentación de fanzines, banda deseñada e propostas estéticas actuais producidas fóra da réxime da arte contemporánea baixo o enunciado de traballo: unha nova estética para un novo feminismo. Rebeca Baceiredo, filósofa e escritora. Autora do libro Oiko- nomía do xénero. Relato das clausuras, publicado por Axóuxere. Desenvolverá as súas aportacións dende a perspectiva dunha nova economía para un novo feminismo. Laura Oso Casas, socióloga e académica da Universidade da Coruña (UDC). Coordinadora do Equipo de Socioloxía das Migracións Internacionais (ESOMI). Fará as súas aportacións en materia de migración, xéneros e mercado de traballo. > De 16.00 a 21.00 ■ Apertura da sesión con presentación a cargo de Ania González. Mensaxe en vídeo do comisario e actual Director do Centro de Arte CA2M de Madrid, Manuel Segade, e da investigadora e escritora, autora do libro Cuerpos que aparecen. Perfomance y feminismo en el tardofranquismo (2016) Maite Garbayo. ■ Relatorio de apertura a cargo de Ascensión Cambrón Infante profesora titular de Filosofía do Dereito na UDC. Traballa en Historia do pensamento liberal e utópico do século XIX e investiga sobre Bionomía xurídica. Vinculada á produción histórica de coñecemento feminista na área das ciencias sociais. ■ Mesa redonda: María Ptqk, licenciada en Dereito e Ciencias Económicas. DEA en Dereito Internacional Público pola Univesidade da Sorbona e DEA en Dereito da Cultura pola UC3M (Universidade Carlos III de Madrid). Coordinadora de La Publika. Laboratorio de investigación artística sobre esfera pública. Fará as súas aportacións en relación ao amauterismo, á investigación militante e ao traballo cultural. Anxela Caramés, doutora en Belas Artes pola UPV
  • 10. #XénerosRMP IV CONGRESO XÉNEROS, MUSEOS, ARTE E EDUCACIÓN 10 (Universidade Politécnica de Valencia), historiadora da arte. Como investigadora realizou a súa tese sobre a xestión feminista da arte no contexto español. Comisaria da exposición Alén dos xéneros. Prácticas artísticas feministas en Galicia que se exhibe actualmente no MARCO de Vigo. Lucía Lijtmaer, nada en Bos Aires, reside e traballa en Madrid. Periodista e ensaísta, publica en medios como ADN, Factual, Público e El diario. Comisaria cultural, tradutora literaria e profesora en centros como a Universitat de Vic. Autora dos libros No tenías casi nada que ponerte o Esfinges. Glitchgirl (Alicia Aix Muñiz). Artista visual e música electrónica. > Sesión de solpor ■ Concerto e sesión dj da artista GlitchGirl. Música electrónica, dj set e proxeccións.
  • 11. #XénerosRMP IV CONGRESO XÉNEROS, MUSEOS, ARTE E EDUCACIÓN 11 venres, 31 de marzo Museo Fortaleza San Paio de Narla Os programas dos xéneros en museos, a exhibición e a investigación son os eixos desta xornada. Inclúe una sesión de pechakuchas (20 imaxes x 20 segundos) de artistas e proxectos de visibilización. > De 16.00 a 20.30 ■ Jorge García Marín, coordinador do taller permanente de Masculinidades e Cambio Social do ICE (Instituto de Ciencias da Educación) da USC. Fará as súas aportacións sobre os medios de comunicación e o poder masculino. ■ Araceli Corbo, responsable da Biblioteca-Centro de documentación do MUSAC (Museo de Arte Contemporáneo de Castilla y León). DEA no doutoramento de Estudios interdisciplinares de género e docente asociada da Universidade de León. ■ Amparo López Corral, coordinadora técnica da Bienal MAV Mujeres en las Artes Visuales. O seu relatorio tratará sobre a Bienal Miradas de Mujeres (BMM-2016). ■ Antonia Fernández Valencia, profesora titular no Departamento de Didáctica das Ciencias Sociais da UCM e asociada ao Instituto de Investigacións Feministas desa universidade. Fará as súas aportacións sobre o proxecto Didáctica 2.0 Museos en Femenino, proxecto no que participan o Museo Nacional do Prado, o Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, o Museo Nacional de Cerámica e Artes Suntuarias González Martí, o Museo do Traxe e o Museo Arqueológico Nacional. ■ Pechakuchas: > Mónica Alonso (doutora en Belas Artes pola Universidade de Vigo, artista escritora e comisaria) > Adriana Pazos (directora do Espazo de Arte Contemporánez OLALAB Acción Cultural. Directora do proxecto educativo AULADEIDEAS: Educación e Creatividade. Artista Visual. Responsable de prensa e comunicación de Mujeres Mirando Mujeres) > Luz Darriba (profesora de Artes Visuais, artista multidisciplinar, xestora cultural con proxectos baixo o patrocinio da UNESCO. Na súa traxectoria como escritora premiada co Ánxel Fole. Presidenta da Fundación Cumulum)
  • 12. #XénerosRMP IV CONGRESO XÉNEROS, MUSEOS, ARTE E EDUCACIÓN 12 sábado, 1 de abril Museo Provincial do Mar Día das Artes Galegas 2017: Xornada de homenaxe a Maruja Mallo. O congreso acada a outra beira do Atlántico para aprendermos das experiencias dacolá. Tamén será unha sesión para coñecer o proxecto de colaboración entre o Museo Thyssen-Bornemisza e a Rede Museística Provincial de Lugo: NÓS+OUTRAS en Rede e a súa continuación. >De 16.00 a 20.30 ■ TFAP (The Feminist Art Project). Center for Women in the Art and Humanities. Rutgers University, New York. ■ Claudia Mandel Katz, directora do Museo de las Mujeres de Costa Rica e docente na Facultade de Letras dese país. Estéticas del borde. Prácticas artísticas y violencia contra las mujeres en Latinoamérica. ■ Ana Moreno, xefa da Área de Educación do Museo Thyssen- Bornemisza. Presente e o futuro NÓS+OUTRAS en Rede. Encarna Lago, xerente da Rede Museística Provincial de Lugo. Participan Paula Cabaleiro, Mery Pais, Paula Noya e Monica Mura. Presentarase NÓS+OUTRXS en Rede 2 no que participan Elvira Fente, Carmen Porteiro, Violeta Bernardo, Crystilanda, Laura Varela, Lucía Vila, Cristina Basanta e Kristopher Dios. ■ Mesa homenaxe a Maruja Mallo, a artista atravesada polo exilio, o seu periodo persoal máis difícil. Deste xeito, iniciarase un debate acerca da obra da artista e da problemática das migracións e os exilios, prestando especial atención á atmosfera cultural que viviu a artista na Arxentina e no Uruguai. Xs relatorxs serán especialistas arxentinxs vinculadxs aos estudos culturais e dos xéneros con filiación académica no Instituto Interdisciplinario de Estudios de Género de la Facultad de Filosofía y Letras de la Universidade de Bos Aires. A mesa realizarase virtualmente para posibilitar a participación de diferentes investigadorxs. Coordinación a cargo de Micaela Fernández Darriba. ■ Exposición virtual de homenaxe: Maruja Mallo en olladas de artistas. Exposición que, a través de distintas miradas e relatos, dará conta das prácticas artísticas das mulleres dunha e doutra beira do océano. As terras que coñeceu Maruja Mallo e os espazos vitales compartidos. Comisiariado e coordinación de Luz Darriba.
  • 13. #XénerosRMP IV CONGRESO XÉNEROS, MUSEOS, ARTE E EDUCACIÓN ORGANIZACIÓN > Comité organizador Pilar García Porto (deputada delegada da área de Cultura, Deseño e Artesanía da Deputación Provincial de Lugo) Encarna Lago González (xerente da Rede Museística Provincial de Lugo) > Coordinación técnica Cristina Fernández Lamela (xestora de Iskoö, espazo multidisciplinar) > Secretaría técnica Verónica Fernández Fulgencio Noelia Gómez López Pilar Sánchez Monje > Axudante de Museo Raquel Guerrero > Responsable do departamento de Comunicación e Xestión Cultural da Rede Museística Antonio Reigosa > Responsable do departamento de Difusión Fernando Arribas > Departamento de Publicacións da Deputación e do Museo Provincial de Lugo Responsable: Xoán Ramiro Cuba Rodríguez Brais García Fernández > Departamento de Xestión Administrativa J. Manuel Neira González >MUSEO PAZO DE TOR Silvia Fiallega Tar López Juan Ignacio Márquez Barros Noelia Rodríguez Pardo >MUSEO FORTALEZA SAN PAIO DE NARLA Francisca Abuín Ana Ferro Carmen Prado Penas Jesús González López >MUSEO PROVINCIAL DO MAR Ángeles Miguelez Amelia Pernas García Mª José López Fernández >MUSEO PROVINCIAL DE LUGO :: Dirección do Museo Provincial de Lugo Directora: Aurelia Balseiro García :: Administrativo Daniel Rajal Fernández :: Axudante de Museo Paula Salinas Somoza :: Departamento de Arqueoloxía e Historia Responsable: Enrique J. Alcorta Irastorza Mª Ofelia Carnero Vázquez
  • 14. #XénerosRMP IV CONGRESO XÉNEROS, MUSEOS, ARTE E EDUCACIÓN 14 :: Departamento de Etnografía e Artes Decorativas Responsable: Mª Rosario Fernández González :: Departamento de Belas Artes Xefa: Lucila Yáñez Anlló María Quiroga Figueroa :: Departamento de Restauración Blanca Besteiro García :: Departamento de Biblioteca e Arquivo Responsable: Mª de las Mercedes Salvador Castañer Blanca Pacín Somoza Mª Begoña Fernández García :: Departamento de Didáctica, Vixilancia e Guías Jose Manuel Mendoza Castiñeira Lucía Dequidt Lagares Mª Anunciación Losada Montenegro :: Departamento de Atención ao Visitante, Recepción e Vixilancia Almudena López Lorca Ana Fernández Frey Cristina Núñez Díaz Edita López Armesto Isabel García Belló Margarita Candal Prieto Nieves Ferreiro Da Costa Mª José Crecente García Ana Covadonga López-Boado Rey Manuel Fernández Arias Rosa Sanmartino Prado Omar Luaces Canto :: Unidade de Mantemento Matías Linares Carrera :: Departamento de Accesibilidade e Capacidades Diferentes Manuela Trigo Quiroga
  • 15. #XénerosRMP IV CONGRESO XÉNEROS, MUSEOS, ARTE E EDUCACIÓN COMITÉ CIENTÍFICO Amelia Aguado (directora da Área de Cultura e xefa de servizo do Centro Buendía da Universidade de Valladolid, directora do Museo de Arte Africano da mesma universidade) Teresa Alario (doutora en Historia da Arte, directora da Cátedra de Estudos de Xénero da Universidade de Valladolid) Nour Al-Hussen (mestrado en Estudos Internacionais pola USC, politóloga e activista de orixe siria) Mónica Alonso (doutora en Belas Artes pola Univ. de Vigo, artista escritora e comisaria) Mónica Álvarez (orientadora laboral, diplomada en educación especial, presidenta de ACADAR, Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia) Rebeca Baceiredo (filósofa e escritora. Autora do libro Oiko- nomía do xénero. Relato das clausuras, publicado por Axóuxere) Cristina Basanta (artista participante en Nós + Outras en rede 2) Ana Bereciartúa (presidenta da Asociación de Inmigrantes e Retornados Rioplatenses de Lugo) Violeta Bernardo (artista participante no proxecto colaborativo Nós + Outras en rede 2) Silvia Blanco (directora do Museo Arqueológico de Cacabelos. Profesora titular de Historia da Arte e de Historia na UNED) Paula Cabaleiro (artista, educadora, comisaria, xestora cultural e crítica de arte. Directora da Fundación Florencio de la Fuente (Huete, Cuenca), directora en Galicia do Festival estatal Miradas de Mujeres, coordinadora do programa de residencias artísticas "Estudio Aberto" da Rede Museística Provincial de Lugo. Participante no proxecto colaborativo Nós + Outras en rede) Ascensión Cambrón Infante (profesora titular de Filosofía do Dereito na Universidade de A Coruña. Traballa en Historia do pensamento liberal e utópico do século XIX e investiga sobre Bionomía xurídica) Anxela Caramés (doutora en Belas Artes pola Universidade Politécnica de Valencia, Historiadora da Arte. Como investigadora realizou a súa tese
  • 16. #XénerosRMP IV CONGRESO XÉNEROS, MUSEOS, ARTE E EDUCACIÓN 16 sobre a xestión feminista da arte no contexto español. Comisaria da exposición Alén dos xéneros. Prácticas artísticas feministas en Galicia que se exhibe actualmente no MARCO de Vigo) Leonardo Casado (director de Museos Comunitarios de Berazategui en Arxentina) Araceli Corbo (responsable da Biblioteca-Centro de documentación do MUSAC (Museo de Arte Contemporáneo de Castilla y León). DEA no doutoramento de Estudios interdisciplinares de género e Gdocente asociada da Universidade de León) Pablo Coca (coordinador de educación do Museo Patio Herreriano de Valladolid. Doutor en Educación Artística) Crystilanda (Cristina Vázquez. Deseñadora, restauradora, artesá e pintora. Participante no proxecto colaborativo Nós + Outras en rede 2) Luz Darriba (profesora de Artes Visuais, artista multidisciplinar, xestora cultural con proxectos baixo o patrocinio da UNESCO. Na súa traxectoria como escritora premiada co Ánxel Fole. Presidenta da Fundación Cumulum) Kristopher Dios (artista participante no proxecto colaborativo Nós + Outrxs en rede 2) Almudena Domínguez (Máster en Museos: Educación e Comunicación, da Universidade de Zaragoza) Elvira Fente (licenciada en Xornalismo, diplomada en Antropoloxía Social, doutora en Estudos Femininos e de Xérnero. Ten publicados os libros “Parir en liberdade” (2010), “Queizán, o renacer dunha Antígona” (2015), “O valse de Camille” (2015) e “As miñas gafas violetas” (2016). Participante no proxecto colaborativo Nós + Outrxs en rede 2) Soledad Fernández Costas (representante da Fundación Daniela e coordinadora de familias) Micaela Fernández Darriba (licenciada en Ciencias da Comunicación, directora da revista Foeminas, revista virtual de xénero) Gonzalo Francisco Fernández Suárez (vicedecano da Facultade de Humanidades da USC) Antonia Fernández Valencia (profesora titular no Departamento de Didáctica da
  • 17. #XénerosRMP IV CONGRESO XÉNEROS, MUSEOS, ARTE E EDUCACIÓN 17 Universidade Complutense de Madrid (UCM)) Olaia Fontal (directora do Observatorio de Educación Patrimonial de España) Víctor Fraga Gayoso (psicólogo, director de programas do centro penitenciario de Monterroso, vogal da Asociación Penitenciaria Concepción Arenal de Lugo) Bárbara G. Vilariño (asesora de comunicación, xornalista cultural e con visión de xénero. Píkara magazine. Vivir na Coruña, Biblioteca Nodal da Coruña) Jorge García Marín (coordinador do taller permanente “Masculinidades e Cambio Social” do ICE (Instituto de Ciencias da Educación) da USC) Glitchgirl (Alicia Aix Muñiz). Artista visual e música electrónica. Ania González, coordinadora da Clase Perigosa (licenciada en Dereito. Máster en Avogacía. Avogada Colexiada do ICA Vigo. Crítica cultural, colaboradora en Babelia-El País. Especialista en Teoría Crítica do Discurso, Xénero e Imaxinación Política polo Programa de Estudios Independientes do MACBA) Florencia González de Langarica (REMCAA, Rede de Educadores de Museos e Centros de Arte de Arxentina) Maite Garbayo (investigadora e escritora, autora do libro Cuerpos que aparecen. Perfomance y feminismo en el tardofranquismo (2016)) Maribel González Rey (decana da Facultade de Humanidades da USC) Luis Grau (director do Museo de León, presidente ICOM España) Mônica Hoff (curatoría pedagóxica da 9ª Bienal Mercosul en Porto Alegre, Brasil) Irene Jiménez Cortiñas (técnica de Igualdade da Fundación Secretariado Gitano de Lugo. Programa Calí, mulleres xitanas e igualdade) Julio Leira (fotógrafo participante no proxecto colaborativo Nós + Outrxs en rede 2) Rut León (activista polos dereitos das mulleres xitanas. Mediadora intercultural. Premio “Entre mulleres” do Concello de Lugo) Lucía Lijtmaer (periodista e ensaísta, Publica en medios como ADN, Factual, Público e El diario. Comisaria cultural, tradutora literaria e profesora en centros como a Universitat de Vic. Autora dos libros No tenías
  • 18. #XénerosRMP IV CONGRESO XÉNEROS, MUSEOS, ARTE E EDUCACIÓN 18 casi nada que ponerte ou Esfinges) Amparo López Corral (produtora e xestora de contidos e proxectos de arte contemporánea en ArteConsultora. Coordinadora técnica de Bienal Mujeres Artes Visuales 2016 de MAV. Mujeres en las artes visuales) Marián López Fernández–Cao (profesora titular en Facultade de Educación da Universidade Complutense de Madrid, investigadora principal do Proxecto I+D “Estudo de fondos museísticos desde a perspectiva de xénero”. Presidenta de MAV. Mujeres en las artes visuales) Claudia Mandel Katz (directora do Museo de las Mujeres de Costa Rica e Docente na Facultade de Letras dese país. Autora de Estéticas del borde. Prácticas artísticas y violencia contra las mujeres en Latinoamérica) Cristina Da Milano (investigadora, docente, experta en educación e comunicación en museos, especialmente no uso da cultura como ferramenta de integración social. Presidenta de ECCOM idee per la cultura, Italia) Ana Moreno (xefa da área de Educación do Museo Thyssen- Bornemisza EducaThyssen) Monica Mura (artista multidisciplinar, doutora en linguaxe multimedia, deseñadora gráfica e innovadora social. Participante no proxecto colaborativo Nós + Outras en rede) Paula Noya (licenciada en Belas Artes pola Universidade de Salamanca, Máster en Estética e Teoría das Artes pola Universidade Autónoma de Madrid. Desenvólvese artisticamente nos ámbitos da pintura, da fotografía e do vídeo. Participante no proxecto colaborativo Nós + Outras en rede) Laura Oso Casas (socióloga e académica da UDC. Coordinadora do Equipo de Socioloxía das Migracións Internacionais (ESOMI)) Carmen Porteiro (fotógrafa, profesional do marketing e da comunicación. Participante no proxecto colaborativo Nós + Outrxs en rede 2) Mery Pais Domínguez (artista multidisciplinar, Máster en Arte Contemporáneo. Creación e Investigación, premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas 2016. Participante no proxecto colaborativo Nós + Outras en rede)
  • 19. #XénerosRMP IV CONGRESO XÉNEROS, MUSEOS, ARTE E EDUCACIÓN 19 Cristina Palacios Castro (traballadora social e presidenta da Asociación Arelas, Asoc. de Familias de Menores Trans* de Galicia) Adriana Pazos (directora do Espazo de Arte Contemporánea OLALAB Acción Cultural. Directora do proxecto educativo AULADEIDEAS: Educación e Creatividade. Artista Visual. Responsable de prensa e comunicación de Mujeres Mirando Mujeres) Paul B. Preciado (filósofx transxénero, referente global no pensamento feminista) María Ptqk (licenciada en Dereito e Ciencias Económicas. DEA en Dereito Internacional Público pola Univesidade da Sorbona e DEA en Dereito da Cultura pola Universidade Carlos III. Coordinadora de La Publika. Laboratorio de investigación artística sobre esfera pública) Rita María Radl Philipp (socióloga, profesora da USC e directora do Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX) da USC) Nuria Rivero (historiadora da Arte. Máster en Museoloxía e Arte Contemporánea e cultura visual. Postgrao en Comunicación e Educación en Museos. Xerente do ICOM-España) Marta Rodríguez Engroba (presidenta de Si hai saída, Asociación contra a violencia de xénero en Lugo) Miguel Salas Soneira (investigador e educador social) Juan G. Sandoval (museólogo, crítico de arte e especialista en accesibilidade social. Presidente da Asociación Murciana de Críticos de Arte. Conservador dos Museos da Rexión de Murcia) Manuel Segade (comisario e actual Director do Centro de Arte CA2M de Madrid) Patricia Torres Aguilar (proxectos educativos en Museos, México) Sayak Valencia (filósofx, poeta e ensaista) Laura Varela (formada co fotógrafo Carlos Puga, colabora con diversas asociacións e colectivos fotográficos do Salnés e do Barbanza. Participa no proxecto colaborativo Nós + Outrxs en rede 2) Lucía Vila (artista e docente. Licenciada en BBAA e Historia da Arte, cursou estudos interdisciplinares de xénero na Universidade de Salamanca.
  • 20. #XénerosRMP IV CONGRESO XÉNEROS, MUSEOS, ARTE E EDUCACIÓN 20 Participa no proxecto colaborativo Nós + Outrxs en rede 2) Camila Vieitez (artista visual e creadora de banda deseñada) ENTIDADES Acadar, Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia Asociación Arelas, Asoc. de Familias de Menores Trans* de Galicia Asociación de Inmigrantes e Retornados Rioplatenses de Lugo Asociación Penitenciaria Concepción Arenal de Lugo Center for Women in the Art and Humanities. Rutgers Universidade de Nova York Centro de Arte CA2M de Madrid Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX) da USC Centro Penitenciario de Monterroso ECCOM idee per la cultura, Italia EducaThyssen - Museo Thyssen- Bornemisza Equipo de Socioloxía das Migracións Internacionais (ESOMI) da UDC Espazo de Arte Contemporánea OLALAB Acción Cultural Facultade de Humanidades da Universidade de Santiago de Compostela Fundación Daniela Fundación Secretariado Gitano de Lugo Grao de Ciencias da Cultura e Difusión Cultural da Universidade de Santiago de Compostela Consejo Internacional de los Museos (ICOM España) Institituto Interdisciplinariod de Estudios de Género de la Facultad de Filosofía y Letras de la Universidade de Bos Aires Iskoö, espazo multidisplicinar LaPublika, Laboratorio de investigación artística sobre esfera pública Máster en Servizos Culturais da Universidade de Santiago de Compostela Máster en Museos: Educación e Comunicación, da Universidade de Zaragoza Mujeres en las Artes Visuales (MAV) Mujeres Mirando Mujeres Museo de Arte Contemporáneo de Castilla y León (MUSAC) Museo Arqueológico de Cacabelos Museo de Arte Africano da Universidade de Valladolid
  • 21. #XénerosRMP IV CONGRESO XÉNEROS, MUSEOS, ARTE E EDUCACIÓN 21 Museo de las Mujeres de Costa Rica Museo de León Museos Comunitarios de Berazategui en Arxentina Museo Patio Herreriano de Valladolid Observatorio de Educación Patrimonial de España (OEPE) Píkara magazine REMCAA, Rede de Educadores de Museos e Centros de Arte de Arxentina Si hai saída, Asociación contra a violencia de xénero en Lugo Taller permanente “Masculinidades e Cambio Social” do Instituto de Ciencias da Educación (ICE) da USC Universidade de A Coruña Universidade Complutense de Madrid Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Valladolid
  • 22. #XénerosRMP IV CONGRESO XÉNEROS, MUSEOS, ARTE E EDUCACIÓN