Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Friol fósiles

3,178 views

Published on

Cando Friol tiña mar

Published in: Education
  • Be the first to comment

Friol fósiles

  1. 1. Cando Friol tiña mar
  2. 2. A historia xeolóxica
  3. 3. A historia xeolóxica
  4. 4. A historia xeolóxica PRECÁMBRICO CRONOLOXÍA: 4000-600 millóns de anos. ACONTECEMENTOS: Oroxenia Cadomiense. Emerxe unha banda arqueada de noroeste a sureste formada por lousas e gneis que comprendía a actual Galicia e puntos illados sobre os actuais Sistema Central e Montes de Toledo. Este macizo precámbrico foi arrasado pola erosión e cuberto case na súa totalidade polos mares paleozoicos. Isto quere dicir dúas cousas: que Friol era a máis moderna hai millóns de anos (primeiras terras emerxidas), pero a alegría de ser pioneira duroulle pouco, ó ser cuberta polo mar.
  5. 5. Os mares Paleozoicos
  6. 6. A historia xeolóxica Desde o Cámbrico Inferior ata o Devónico, o N da Península Ibérica estaba formado por concas de tipo umbral-surco: zonas emerxidas e somerxidas xeradas por sistemas de fallas. Así, suxeríuse que existían dúas zonas elevadas sobre o nivel do mar, chamadas respectivamente umbral cántabro-ibérico e umbral medio, entre as cales se situaba un mar alongado e pouco profundo denominado surco cántabro-ibérico. PALEOZOICO
  7. 7. A historia xeolóxica As primeiras terras emerxidas da península Ibérica. Obsérvese o surco cántabro-ibérico. Friol segue baixo o mar. Cronoloxía: 540- 350 millóns de anos, aprox.
  8. 8. A historia xeolóxica Friol, 500 millóns de anos atrás, aproximadamente (mar Cámbrico)
  9. 9. A historia xeolóxica Pero xa a finais do Paleozoico, Friol deixa de ser un mar. Xa está emerxido o centro e o oeste peninsular, desde Galicia ata Serra Morena.
  10. 10. CRONOLOXÍA DO PALEOZOICO: 600-225 millóns de anos. Macizo hespérico Macizos de Aquitania, Catalano-Balear e do Ebro Macizo Betico-Rifeño A historia xeolóxica É posible que o Friol emerxido conserve pegadas de cando foi mar???
  11. 11. Buscando fósiles por Friol
  12. 12. Buscando fósiles por Friol Xa anticipamos que fósiles deste tipo, non atopamos, como era esperable. Tampouco os buscamos.
  13. 13. Fósiles en Friol Un problema que presenta o terreo galego á hora de atopar pegadas fósiles terrestres é debido a que Galicia e o norte de Portugal estiveron durante os últimos 200 millóns de anos por riba do nivel da agua, eran como unha illa. O terreo quedou exposto á erosión, o que fixo que non se conservasen fósiles de animais e plantas como en outras partes do mundo durante esa época Fósiles mariños que podería haber en Friol Os 6 períodos do Paleozoico
  14. 14. Fósiles en Friol: primeiras pistas As primeiras mostras de fósiles de Galicia foron recollidas por Isidro Parga Pondal nos anos 30 en Guntín. Despois de que Parga Pondal fose expulsado da universidade polo réxime franquista, os seus estudos víronse parcialmente interrumpidos. Hoxe, estes primeiros fósiles pódense ver no Museo de Historia Natural da USC. Recollido no Km 17 da estrada de Lugo a Vilamaior de Negral. Gran placa de lousa carbonosa con graptolitos do Silúrico.
  15. 15. Fósiles en Friol: primeiras pistas Grandes placas de lousa arxilo- ferruxinosa, procedentes das minas de ferro de Guntín con tallos de crinoideos paleozoicos, probablemente silúricos. Tamén foron recollidos por Parga Pondal. Hoxe, no Museo de Historia Natural da USC.
  16. 16. Os fósiles de Parga Pondal Arriba, Graptolites de Vilamaior de Negral Que son? O nome vén do grego graptos, que significa "escrito" e lithos que significa "pedra", xa que moitos fósiles de graptolites semellan xeroglíficos escritos na rocha. Á esquerda, as grandes extincións.
  17. 17. Graptolites Presentan formas moi variadas, con diferentes impresións nas pedras, pois había especies distintas.
  18. 18. Graptolites A enorme variedade dá lugar a impresións en pedra moi variadas
  19. 19. Graptolites Os graptolitoideos (Graptolithina) son unha clase extinta do filo hemicordados. Son fósiles dun raro grupo de animais coloniais mariños do Cámbrico Superior ao Carbonífero Inferior (Paleozoico ou Era Primaria). Son moi abundantes e fósiles guía que axudan a datar as rochas. Polo xeral atópanse en lousas ou arxilas, rochas formadas a partir de sedimentos depositados en augas pouco profundas con escasa circulación e deficiente en osíxeno.
  20. 20. Graptolites (aspecto orixinal) Colonias do período Devónico
  21. 21. Graptolites (aspecto orixinal)
  22. 22. Graptolites (aspecto orixinal) Ás veces teñen un aspecto ramificado, polo que o seu fósil pode ser confundido con fósiles de plantas
  23. 23. Os graptolites de Parga Pondal Aquí ou nas inmediacións debeu ser recollida a mostra de graptolites (Km 17 estrada Lugo-Vilamaior de Negral). Nós, por máis que agudizamos a vista, non conseguimos distinguir ningún (falta unha mirada experta). Ás veces pode ser difícil distinguilos, aínda que postos á luz de perfil é máis doado, revelando un brillo marcado. Son graptolites silúricos que deberon ter un aspecto semellante á imaxe inferior. (Máis de 440 millóns de anos)
  24. 24. Os fósiles de Parga Pondal: crinoideos Lousa arxilo-ferruxinosa, procedente das minas de ferro de Guntín con tallos de crinoideos paleozoicos, probablemente silúricos. Tamén foron recollidos por Parga Pondal. Os crinoideos, tamén chamados “lirios de mar”, son unha clase do filo equinodermos. Foron moi abundantes no Paleozoico. Hoxe sobreviven pouco máis de 600 especies. Son o grupo de equinodermos vivinte que se considera máis antigo ( imaxe dereita)
  25. 25. Crinoideos Mar Silúrico
  26. 26. Crinoideos fósiles Os exemplares recollidos por Parga Pondal son máis parecidos ós da foto de abaixo (tallos)
  27. 27. Por que pensamos que este tipo de fósiles tamén os hai en Friol? Máis pistas…
  28. 28. Mapa xeolóxico A Parga Pondal tamén lle debemos diversos mapas xeolóxicos de Galicia
  29. 29. Mapa xeolóxico A veta de Guntín de onde proceden os fósiles prolóngase ata o sur de Friol
  30. 30. Novas pistas Mapa xeolóxico dos arredores de Guntín Un traballo do ano 2007: Estudio geológico de la falla de Vivero y estructuras asociadas en la región de Guntín (Lugo, NO de la Península Ibérica) LÓPEZ-SÁNCHEZ, M. A. Nesta publicación que podedes consultar aquí, atopamos novas pistas. De novo son citados os restos fósiles. As características xeolóxicas desta peculiar veta prolónganse cara Friol, concretamente no Pacio. Basta unha simple observación para detectar unha formación singular.
  31. 31. Burgo de Negral (O Pacio) No fondo da foto pódese observar esa veta xeolóxica que continúa a de Guntín. De novo, e por máis que entornamos os ollos, non demos cos ansiados fósiles, pero si coas lousas silúricas con láminas ferruxinosas como as de Guntín.
  32. 32. Máis pistas Outra pista para nós moi fiable vén de Higinio Fernández de la Vega, gran coñecedor do concello de Friol. Contounos que hai moitos anos, nunha excursión cun especialista no tema, chegou a ver cunchas mariñas no Pacio (unha vez máis, os nosos ollos volven a O Pacio). Seguindo anteriores pistas que sitúan as rochas no Silúrico (era Primaria), supoñemos que se trata de braquiópodos, que se distinguen dos bivalvos porque as valvas teñen tamaño desigual e non son bilaterais (teñen unha valva superior e outra inferior), polo tanto non son moluscos. Con todo, e pese a que foron moitos os paseos que por alí nos demos, non conseguimos atopalos.
  33. 33. Concluíndo… Posición dos principais continentes hai preto de 425 Ma Houbo un tempo no que Friol estivo baixo o mar e no hemisferio sur (30º lat.sur). No mapa de abaixo pódese apreciar a silueta da península ibérica preto de onde pon África)
  34. 34. Concluíndo… Estes eran os habitantes de Friol hai máis de 400 millóns de anos. Por entón, o clima era cálido, ata o punto de desaparecer os glaciares do Polo Sur.
  35. 35. Concluíndo… Por moito que nos disfracemos, nin somos xeólogos nin paleontólogos. Puxémoslle tesón, pero salvo pasalo ben… non vimos os fósiles.
  36. 36. Cando Friol tiña mar E sin embargo… habelos hainos (fósiles). Sirva a nosa humilde aportación para que alguén tome o relevo e os acabe atopando

×