Galiza e os seus primeiros
        habitantes




   Gabriel Gómez Rodríguez – 2º BACH F
Sabes que estas terras de Galiza hai moitos
anos que están habitadas? Posiblemente, xa no
Paleolítico. Máis tarde chegarán pobos como os
os celtas e os mouros entre outros.
Grupos de homes
    e mulleres
 nómadas, que
   sobrevivían
  recolectando
froitos silvetres,
     cazando,
   pescando e
  mariscando,
chegaron a estes
    lugares do
  Noroeste de
Galicia, pero non
  temos restos
      deles.
En FERROL, os primeiros testemuños que atopamos do
pasado son de comezos do Neolítico. Nesta época, unha
importantísima novidade foise estendendo entre os nosos
antepasados: a agricultura e gandería.
Por suposto, seguían empregando os recursos que
podían sacar do mar. O instrumentos de pedra,
pulimentada facilitábanlle o traballo, ó tempo que se
estendía o uso da cestería e da cerámica.
Nacen os primeiros poboados estables. Os homes
fanse sedentarios, e establécense naqueles sitios que
   lles poden ofrecer alimentos e posibilidades e
                       defensa.
En FERROL non se atoparon pegadas dos
lugares onde vivían pero si de onde enterraban ós
seus mortos :




                 AS MÁMOAS
As mámoas son de pequenas dimensións, normalmente con
planta circular e con forma de media laranxa. Están feitas con
  capas de pequenas pedras e terra, e cubertas cunha lousa
                           grande.
Atopámolas espalladas por toda Galicia e mostran as crenzas
 relixiosas do culto á morte. Esta arquitectura funeraria de
         grandes pedras chámase MEGALITISMO.
En FERROL hai restos de mámoas en
     zonas de Mougá e Brión.
A CULTURA CASTREXA
CRONOLOXÍA




   A cultura castrexa prodúcese nun período moi amplo de
tempo, e non a podemos identificar só cos celtas, xa que
viviron pobos moi diversos.
En FERROL, aínda que non quedan restos
materiais, por ser unha zona habitada dende
hai moitos anos, pénsase que en Ferrol Vello
        existiu un castro marítimo.
Os historiadores chegan a esta conclusión baseándose nos
topónimos: nas antigas murallas que rodeaban Ferrol, existía
  unha Porta do Castro e actualmente unha rúa achegada ó
        porto segue denominándose rúa do Castro.
A forma dun castro marítimo adaptábase á
pequeña península onde se situaba. Estaba defendido
con murallas, e polos cantís na parte que daba ó mar.
Os castros eran pequenas aldeas fortificadas. As
vivendas eran de pequenas dimensións, circulares e con
teitos de palla. En épocas tardías, por influenza dos
romanos, aparecen vivendas de forma cuadrangular.


                                    Pénsase que os
                                seus habitantes eran
                                  pacíficos e que as
                                 murallas indicaban
                                 prestrixio social e
                                     defensa do
                                territorio só en caso
                                     de ataque.
Os habitantes dos castros cultivaban cereais, practicaban a
 recolleita de froitos e a gandería. Na costa explotaban os recursos
  marítimos, pesca a marisqueo, e intercambiaban productos con
fenicios, romanos e pobos do Sur da Península que chegaban por vía
                      marítima ata as nosas rías.
XACEMENTOS NO CONCELLO
         DE FERROL



   Consérvanse importantes restos dun castro
marítimo en Lobadiz (San Xurxo) e doutros castros
situados no cume de pequenos outeiros nas terras do
noso concello.
Neles atopáronse anacos de cerámicas, pezas de muiño,
fíbulas, etc. Tamén pezas de xoiería castrexa, que foron
depositadas no Museo de Pontevedra. Forman o chamado
Tesouro Bedoya, composto por diademas, aneis e arracadas de
ouro. Xunto a estas xoias apareceron varias moedas romanas.
OS PETROGLIFOS
Os petroglifos son unha das manifestacións
culturais máis salientadas na Prehistoria de Galiza.




Son gravados rupestres que despertaron moito
interese entre os investigadores ó longo da historia.
Galiza e os seus primeiros habitantes

Galiza e os seus primeiros habitantes

  • 1.
    Galiza e osseus primeiros habitantes Gabriel Gómez Rodríguez – 2º BACH F
  • 2.
    Sabes que estasterras de Galiza hai moitos anos que están habitadas? Posiblemente, xa no Paleolítico. Máis tarde chegarán pobos como os os celtas e os mouros entre outros.
  • 3.
    Grupos de homes e mulleres nómadas, que sobrevivían recolectando froitos silvetres, cazando, pescando e mariscando, chegaron a estes lugares do Noroeste de Galicia, pero non temos restos deles.
  • 4.
    En FERROL, osprimeiros testemuños que atopamos do pasado son de comezos do Neolítico. Nesta época, unha importantísima novidade foise estendendo entre os nosos antepasados: a agricultura e gandería.
  • 5.
    Por suposto, seguíanempregando os recursos que podían sacar do mar. O instrumentos de pedra, pulimentada facilitábanlle o traballo, ó tempo que se estendía o uso da cestería e da cerámica.
  • 6.
    Nacen os primeirospoboados estables. Os homes fanse sedentarios, e establécense naqueles sitios que lles poden ofrecer alimentos e posibilidades e defensa.
  • 7.
    En FERROL nonse atoparon pegadas dos lugares onde vivían pero si de onde enterraban ós seus mortos : AS MÁMOAS
  • 8.
    As mámoas sonde pequenas dimensións, normalmente con planta circular e con forma de media laranxa. Están feitas con capas de pequenas pedras e terra, e cubertas cunha lousa grande.
  • 11.
    Atopámolas espalladas portoda Galicia e mostran as crenzas relixiosas do culto á morte. Esta arquitectura funeraria de grandes pedras chámase MEGALITISMO.
  • 12.
    En FERROL hairestos de mámoas en zonas de Mougá e Brión.
  • 13.
  • 14.
    CRONOLOXÍA A cultura castrexa prodúcese nun período moi amplo de tempo, e non a podemos identificar só cos celtas, xa que viviron pobos moi diversos.
  • 15.
    En FERROL, aíndaque non quedan restos materiais, por ser unha zona habitada dende hai moitos anos, pénsase que en Ferrol Vello existiu un castro marítimo.
  • 16.
    Os historiadores chegana esta conclusión baseándose nos topónimos: nas antigas murallas que rodeaban Ferrol, existía unha Porta do Castro e actualmente unha rúa achegada ó porto segue denominándose rúa do Castro.
  • 17.
    A forma duncastro marítimo adaptábase á pequeña península onde se situaba. Estaba defendido con murallas, e polos cantís na parte que daba ó mar.
  • 18.
    Os castros eranpequenas aldeas fortificadas. As vivendas eran de pequenas dimensións, circulares e con teitos de palla. En épocas tardías, por influenza dos romanos, aparecen vivendas de forma cuadrangular. Pénsase que os seus habitantes eran pacíficos e que as murallas indicaban prestrixio social e defensa do territorio só en caso de ataque.
  • 19.
    Os habitantes doscastros cultivaban cereais, practicaban a recolleita de froitos e a gandería. Na costa explotaban os recursos marítimos, pesca a marisqueo, e intercambiaban productos con fenicios, romanos e pobos do Sur da Península que chegaban por vía marítima ata as nosas rías.
  • 20.
    XACEMENTOS NO CONCELLO DE FERROL Consérvanse importantes restos dun castro marítimo en Lobadiz (San Xurxo) e doutros castros situados no cume de pequenos outeiros nas terras do noso concello.
  • 21.
    Neles atopáronse anacosde cerámicas, pezas de muiño, fíbulas, etc. Tamén pezas de xoiería castrexa, que foron depositadas no Museo de Pontevedra. Forman o chamado Tesouro Bedoya, composto por diademas, aneis e arracadas de ouro. Xunto a estas xoias apareceron varias moedas romanas.
  • 22.
  • 23.
    Os petroglifos sonunha das manifestacións culturais máis salientadas na Prehistoria de Galiza. Son gravados rupestres que despertaron moito interese entre os investigadores ó longo da historia.