SlideShare a Scribd company logo
1 of 89
ESPAZOS NATURAIS
P N Complexo Dunar de
Corrubedo
e Lagoas de Carregal e Vixán
Formado por un areal de 4 km de lonxitude limitado por cantís rochosos
nos seus extremos; a marisma do Carregal, a lagoa de Vixán e un amplo
sistema de dunas móbiles e fixas.
Vista xeral da área dunar de Corrubedo desde o monte Castro da Cidade.
Ao fondo o cabo Corrubedo, á esquerda as praias Ladeira e Lagoa e no primeiro
plano a lagoa de Carregal ou Artes.
Vista aérea de Corrubedo. O sistema dunar exténdese ao longo dos 4 km de praia.
A meirande parte das dunas están fixadas pola vexetación e hai unha grande duna móbil.
No centro a desembocadura do río do Mar separandos as praias Ladeira e da Lagoa
SITUACIÓN:
Suroeste da Península do Barbanza (A Coruña),
entre as puntas de Corrubedo e Falcoeiro.
SUPERFICIE:
996 ha
CONCELLOS:
Ribeira (parroquias de Corrubedo, Olveira Artes e
Carreira)
VALORES NATURAIS:
paisaxes, xeoloxía, flora e fauna
PROTECCIÓN
-Parque Natural (5 de xuño de 1992)
-Incluído no Convenio de RAMSAR e declarada - zona húmida de importancia
internacional
''Complexo das praias, lagoa e duna de Corrubedo'' de 984 ha.
-LIC/ZEC “Complexo húmido de Corrubedo” 9.263 ha
-Zona de especial protección para as aves (ZEPA) ''Complexo Litoral de
Corrubedo'' (971 ha), 19 de xuño de 2003.
- A área correspóndese parcialmente coa IBA 003 “Ría de Arousa – Corrubedo”,
incluída no inventario de SEO/BirdLife (2012).
Zona de especial protección para as aves (ZEPA)
''COMPLEXO LITORAL DE CORRUBEDO'' (971 ha), 19 de xuño de 2003.
Destaca pola elevada diversidade e acolle regularmente especies infrecuentes ou
de distribución moi localizada
XEOLOXÍA
O conxunto xeolóxico do Parque Natural formouse no período cuaternario, hai
unas 12.000 ou 15.000 anos. A erosión e a acumulación da area polo vento
orixinou unha barreira areosa que pechou unha antiga badía na que se formaron
lagoas pouco fondas que co paso do tempo se foron colmatando.
O solo do parque é maioritariamente areoso, con algunhas áreas limosas e
rochosas. As rochas dominantes son os granitos.
Granitos erosionados con curiosas formas
COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO
O sistema dunar exténdese ao longo dos máis de 4 km de praia. A meirande parte
das dunas están fixadas pola vexetación e hai unha gran duna móbil
A DUNA MÓBIL mide máis de 1 km de lonxitude, 200-250 m de anchura e 20 a15 m
de altura e avanza en dirección noroeste.
Ten un perfil asimétrico. Por barlovento, de onde proceden os ventos do suroeste
e mira ao mar, ten menor pendente e é máis longa; mentres que pola banda de
sotavento ten a maior pendente, superando os 30°.
Desde hai uns anos está prohibido andar pola duna para protexela.
Os veciños do lugar chámana Montes da Area.
Duna móbil
Duna móbil
Duna móbil
Duna móbil
PRAIA DA LADEIRA
É a máis próxima a Corrubedo. Ten unha lonxitude de 1.350 metros e unha
anchura media de 32 m. Limita a duna móbil polo oeste.
Praia de Ladeira e duna
Praia de Ladeir e dunas
Praia de Ladeira
Praia da Ladeira e illote Ferreira
Praia da Ladeira e dunas
Punta de Pedrexelos, Illote Ferreira e praia da Lagoa (coa marea baixa)
Illote Ferreira
Praia da Lagoa (coa marea baixa)
PRAIA DO VILAR
Mide de 3.500 metros de longo e 30 de anchura. Pecha a lagoa do Vilar.
Praia do Vilar
Praia Do Vilar
Praia Do Vilar
LAGOA E
MARISMAS DE
CARREGAL
Está alimentada polos ríos
Artes, Sirves, Cidá e
Longo. Comunícase co
mar por un conxunto de
canles, polo que se ve
sometida ás mareas.
O Río do Mar é a principal
canle de comunicación,
está en continuo
movemento e modifica o
seu curso por mor das
correntes e dos temporais.
Lagoa de Carregal
Lagoa de Carregal
Lagoa de Carregal
LAGOA DE VIXÁN
Alimentada por un pequeno regato (rego dos Muíños), está separada do mar pola
cadea de dunas da praia.
Está rodeada de carrizos, agás pola costa onde se producen filtracións de auga
mariña e medran xuncos.
Lagoa de Vixán
Lagoa de Vixán
Lagoa de Vixán a carón da praia do Vilar
As dunas no inverno
CLIMA
Oceánico húmido. A precipitación media anual é de 1.200 mm. A temperatura
media oscila entre os 18,5 ºC no verán e os 9,5 ºC no inverno
REDE FLUVIAL
Numerosos regos de curto percorrido que nacen na serra de Barbanza e montes
próximos desembocan detras do sistema dunar e dan lugar ás barreiras areosas
que pechan as praias formando as lagoas e marismas.
A lagoa de Carregal está alimentada polos ríos Artes, Sirves, Cidá e Longo. A do
Vilar polo rego dos Muíños.
O rego de Artes separa as praias Ladeira, da Lagoa e de Vilar
O Río do Mar desauga a Lagoa de Carregal e os numerosos regos que a alimentan
RÍO DE ARTES
Nace en Folgoso, na Curota e desemboca en Corrubedo, formando unha ampla
marisma que da lugar á lagoa de Carregal, unha área de grande valor ecolóxico.
HÁBITATS
No complexo de Corrubedo atópanse representados diversos ecosistemas e
hábitats de grande interese ecolóxico: costa rochosa e areosa, cantís, dunas fixas
e móbiles, marismas, lagoas de auga doce e de auga salgada e mato. A contorna
está poboada por piñeirais e tamén hai algunhas áreas cultivadas.
A conexión da marisma co mar e as especiais condicións biolóxicas que a
caracterizan, convértena no espazo onde teñen lugar as primeiras fases de
desenvolvemento de peixes e crustáceos, que terán unha enorme importancia
posterior como especies comerciais no litoral.
Supralitoral rochoso
Praia e dunas
Trasduna
Intermareal rochoso
Piñeiral, matogueira, cultivos...
Lagoa de auga doceMarisma
Honckenya peploides, feo e cardo mariño, as primeiras plantas en colonizar a praia
FLORA
Podemos atopar case todas as comunidades vexetais de marisma, lagoas, areais
litorais e rochedos típicos de Galiza.
Na área hai censadas arredor de 250 especies vexetais entre as que se atopan
endemismos de grande interese como Ranunculus ophioglossifolius, Spiranthes
aestivalis e Omphalodes littoralis subesp. gallaecia.
ESPECIES DE INTERESE:
-Feo ou barrón (Ammophyla arenaria)
-Cardo de ribeira (Eryngium maritimum)
-Cebola das gaivotas (Pancratium maritimum)
-Arenaria (Honkenya peploides)
-Carrasco bravo (Helicrysum picardii)
-Carrascas de San Xoán (Otanthus maritimus)
-Aceda (Rumes bucephalophorus)
-Scrofularia frutescens
-Iberis procumbens
-Trevo de mar (Medicago marina)
-Omphalodes littoralis subesp. gallaecia.
-Herba de namorar (Armeria pungens)
-Correola das praias (Calystegia soldanella)
-Leiteira (Euphorbia paralias)
-Brión
-Liques
DUNAS
A vexetación está adaptada para soportar o exceso de sal das augas mariñas, a
insolación intensa, a escaseza de auga e a forza do vento.
As espigas lanudas de rabo de lebre (Lagurus ovatus)
aparecen durante o verán nos areais do litoral
Feo (Ammophyla arenaria)
Correola (Calystegia soldanella)
Arenaria do mar (Honckenya
peploides), a planta da praia que
vive máis preto da liña da marea.
Iberis procumbens
Paxariños (Linaria polygalifolia). Esta especie
de linaria florece en todos os areais costeiros
de Península Ibérica, entre Lisboa e Lugo.
Carrascas de San Xoán
(Otanthus maritimus)
Silene Scabriflora subsp. gallaecica
(endemismo do NO peninsular)
Herba de namorar (Armeria pungens)
Alyssum loiseleuri e brións na duna fixa
Orquídea espiral de verán
(Spiranthes aestivalis )Orquídea abella (Ophris apis)
Na trasduna podemos atopar as orquídeas: Dactylorhiza elata, lengüeira (Serapias lingua),
espiral de verán (Spiranthes aestivalis)…
Verdolaga mariña
MARISMAS:
-Verdolaga mariña (Halimione portulacoides)
-Limonium vulgare
-Suaeda maritima
-Najas marina
-Herba salgada (Salicornia)
-Herba de namorar (Armeria maritima)
-Xuncos
-Espartina...
Estrela das xunqueiras (Aster tripolium)
Xunco mariño.
Forma grandes pradeiras nas marismas que
so cobre ocasionalmente a marea.
LAGOAS:
-Carrizos (Phragmites communis)
-Espadanas (Tipha latifolia)
-Lirio amarelo (Iris pseudoacorus)
-Ranunculus ophioglossifolius
-Xuncos
Carrizos (Phragmites communis)
Antelas (Scirpus lacustris), xuncos típicos de
lagoas, de talos grosos de ata 2 m de alto.
Lirio amarelo (Iris pseudacorus)
Toxo
Detrás da duna fixa, onde a area deixa de ser o elemento principal do solo, aparecen as
matogueiras dominadas polos toxos, os breixos e as carrascas.
Breixo
Herba de namorar
(Armeria pubigera)
ROCHAS:
-Fento mariño (Asplenium maritimum)
-Pirixel do mar (Crithmum maritimum)
-Herba de namorar (Armeria pubigera)
-Liques
Liques: Ramalina e Xantoria
As rochas da zona supralitoral atópanse cubertas por varias clases de liques.
Uns dos máis chamativos son as caloplacas, de cor laranxa.
Por todas partes, entre as rochas do litoral, medra
o prixel do mar (Crithmun maritimum) unha planta
que os navengantes dos tempos antigos comían
en ensalada para previr o escorbuto.
Fento mariño (Asplenium maritimum)
A contorna está ocupada por piñeirais (piñeiro bravo e de repoboación) con mato de toxos,
breixos e xestas e algúns carballos.
Preto das correntes de auga hai ameneiros e salgueiros.
Bocho e verdello, dúas algas comúns
nos esteiros e marismas
Algas calcárias nunha poza mareal
ALGAS
Nas rochas e nas pozas podemos atopar verdellos, bochos, carrapuchos, algas calcárias...
FAUNA
Destaca a presenza dun grande número e variedade de aves, en especial
acuáticas, tanto sedentarias como migratorias. O valor ornitolóxico de Corrubedo
motivou a súa declaración como ZEPA e humidal RAMSAR. É, ademais, zona
húmida protexida en Galiza.
As especiais condicións biolóxicas desta zona convértena na principal área de
cría de peixes e crustáceos que habitan na costa circundante.
Lagoa de Vixán
Lontra (Lutra lutra)
MAMÍFEROS
Na contorna do parque podemos atopar raposos, teixugos, ourizos, esquíos, xabarís,
lontras...
Nas augas próximas á costa é frecuente divisar golfiños, toniñas e outros cetáceos.
Carrán cristado
(Thalasseus sandvicensis)
AVES
Hai censadas 70 especies , especialmente limícolas, anátidas e mariñas, presentes sobre
todo nas épocas de paso. A mellor época para observar as aves é entre setembro e abril. No
verán redúcese o número de especies e só permanecen as aves sedentarias: galiñola negra,
lavanco real, mergullón pequeno e galiñola de río. Nos últimos anos cría aquí a tartaraña das
xunqueiras (único lugar en Galiza na actualidade). Tamén hai un importante número de
parellas de píllara das dunas das que crían no conxunto da poboación de Galicia.
COSTA
•Mobella grande (Gavia immer)
•Corvo mariño real (Phalacrocorax carbo)
•Corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis)
•Gaivota chorona común (Larus ridibundus)
•Gaivota escura (Larus fuscus)
•Gaivota patiamarela (Larus michaellis)
•Gaivotón atlántico (Larus marinus)
•Carrán cristado (Thalasseus sandvicensis)
•Arao romeiro (Alca torda)
Gaivota patiamarela
(Larus michaellis)
PRAIA E ZONAS DE FANGO:
•Bilurico bailón (Actitis hypoleucos)
•Bilurico común (Tringa totanus)
•Bilurico pativerde (Tringa nebularia)
•Gabita euroasiática (Haematopus ostralegus)
•Mazarico chiador (Numenius phaeopus)
•Mazarico curlí (Numenius arquata)
•Mazarico rabipinto (Limosa lapponica)
•Píllara cincenta (Pluvialis squatarola)
•Píllara dourada europea (Pluvialis apricaria)
•Píllara papuda (Charadrius alexandrinus)
•Píllara real (Charadrius hiaticula)
•Píllara riscada (Arenaria interpres)
•Pilro bulebule (Calidris alba)
•Pilro curlibico (Calidris alpina) Bilurico común (Tringa totanus)
Mazarico rabipinto (Limosa lapponica)
Píllara papuda (Charadrius alexandrinus)
ten en Corrubedo o segundo núcleo de
cría de importancia en Galiza.
Para protexelas establécense medidas
durante o período de incubación.
Garza real (Ardea cinerea)
MARISMAS E LAGOAS:
•Becacina cabra (Gallinago gallinago)
•Bico de coral común (Estrilda astrild)
•Cerceta real (Anas crecca)
•Escribente das canaveiras (Emberiza schoeniclus)
•Fulepa amarela (Hippolais polyglotta)
•Fulepa dos carrizos (Acrocephalus scirpaceus)
•Fulepa grande (Acrocephalus arundinaceus)
•Galiña de río (Gallinula chloropus)
•Galiñola negra común (Fulica atra)
•Garza pequena (Ixobrychus minutus)
•Garza real (Ardea cinerea)
•Garzota común (Egretta garzetta)
•Lavanco real (Anas platyrhynchos)
•Martiño peixeiro (Alcedo atthis)
•Mergullón pequeno (Tachybaptus ruficollis)
•Papuxa cabecinegra (Sylvia melanocephala)
•Papuxa común (Sylvia communis)
•Papuxa das amoras (Sylvia atricapilla)
•Papuxa montesa (Sylvia undata)
•Pato chupón (Aythya ferina)
•Pato cincento (Anas strepera)
•Pato cullerete (Anas clypeata)
•Pernileiro común (Burhinus oedicnemus)
•Picafollas ibérico (Phylloscopus ibericus)
•Picaxuncos común (Cisticola juncidis)
•Rascón de auga (Rallus aquaticus)
•Reiseñor da auga (Cettia cetti)
Ocasionalmente achéganse os ciños.
Lavanco real, macho e femia
(Anas plathyrhynchos)
Lavandeira branca (Motacilla alba)
ZONAS DA CONTORNA E CHAIRAS AREOSAS:
•Andoriña común (Hirundo rustica)
•Avenoiteira cincenta (Caprimulgus europaeus)
•Azor común (Accipiter gentilis)
•Azulenta común (Prunella modularis)
•Bubela común (Upupa epops)
•Carrizo común (Troglodytes troglodytes)
•Chasco común (Saxicola torquata)
•Corvo viaraz (Corvus corone)
•Cotovía pequena (Lullula arborea)
•Cuco común (Cuculus canorus)
•Curuxa común (Tyto alba)
•Escribente liñaceiro (Emberiza cirlus)
•Esmerillón común (Falco columbarius)
•Estorniño negro (Sturnus unicolor)
•Estreliña riscada (Regulus ignicapillus)
•Falcón pequeno (Falco subbuteo)
•Ferreiriño común (Parus ater)
•Ferreiriño cristado (Parus cristatus)
•Ferreiriño subeliño (Aegithalos caudatus)
•Ferreiro abelleiro (Parus major)
•Ferreiro bacachís (Parus caeruleus)
•Gabeador común (Certhia brachydactyla)
•Gabián común (Accipiter nisus)
•Lagarteiro peneireiro (Falco tinnunculus)
•Lavandeira branca (Motacilla alba)
•Lavandeira verdeal (Motacilla flava)
•Laverca común (Alauda arvensis)
Pimpín común (Fringilla coelebs)
•Liñaceiro común (Carduelis cannabina
•Merlo común (Turdus merula)
•Miñato común (Buteo buteo)
•Moucho común (Athene noctua)
•Moucho das orellas (Otus scops)
•Papamoscas negro (Ficedula hypoleuca)
•Paporrubio común (Erithacus rubecula)
•Paporrubio real (Pyrrhula pyrrhula)
•Pardal chiador (Petronia petronia)
•Pardal común (Passer domesticus)
•Pardal orelleiro (Passer montanus)
•Pedreiro cincento (Oenanthe oenanthe)
•Pega marza (Garrulus glandarius)
•Pega rabilonga (Pica pica)
•Perdiz rubia (Alectoris rufa)
•Peto real (Dendrocopos major)
•Peto verdeal (Picus viridis)
•Pica das árbores (Anthus trivialis)
•Pimpín común (Fringilla coelebs)
•Pomba torcaz (Columba palumbus)
•Rabirrubio tizón (Phoenicurus ochruros)
•Rula común (Streptopelia turtur)
•Rula turca (Streptopelia decaocto)
•Tordo charlo (Turdus viscivorus)
•Tordo común (Turdus philomelos)
•Vencello común (Apus apus)
•Verderolo común (Carduelis chloris)
•Xílgaro común (Carduelis carduelis)
•Xirín común (Serinus serinus)
Paporrubio común (Erithacus rubecula)
Lagarto arnal (Timon lepidus)
RÉPTILES:
•Lagarto arnal (Timon lepidus)
•Lagarto das silvas (Lacerta schreiberi)
•Lagarta dos penedos (Podarcis hispanica)
•Lagarta común (Podarcis bocagei)
•Lagarta rabuda (Psammodromus algirus)
•Esgonzo común (Chalcides striatus)
•Esgonzo ibérico (Chalcides bedriagai)
•Escáncer común (Anguis fragilis)
•Cobra de escada (Rhinechis scalaris)
•Cobra lisa común (Coronella austriaca)
•Cobra lisa meridional (Coronella girondica)
•Cobra de colar (Natrix natrix)
•Cobra viperina (Natrix maura)
•Víbora de Seoane (Vipera seoanei)
•Sapoconcho común (Emys orbicularis)
•Tartaruga mariña común (Caretta caretta)
•Tartaruga mariña de coiro (Dermochelys coriacea)
Escáncer común (Anguis fragilis)
Sapo de esporas (Pelobates cultripes)
ANFIBIOS:
•Píntega común (Salamandra salamandra)
•Saramaganta rabilonga (Chioglossa lusitanica)
•Tritón común (Lissotriton boscai)
•Tritón verde (Triturus marmoratus)
•Tritón palmado (Lissotriton helveticus)
•Sapo pinto (Discoglossus galganoi)
•Sapo parteiro (Alytes obstetricans)
•Sapo de esporas (Pelobates cultripes
•Sapo común (Bufo bufo)
•Sapo corredor (Bufo calamita)
•Rela común (Hyla molleri)
•Ra verde común (Pelophyllax perezi)
•Ra patilonga (Rana iberica)
Ra verde común
(Pelophyllax perezi)
Robaliza
PEIXES
Nas zonas protexidas atópanse alevins dunha
grande variedade de especies. Na praia hai
robaliza, veladores, lubións...
INVERTEBRADOS
-INSECTOS: escarabellos, bolboretas, formiga
león, vésporas, libeliñas...
-CRUSTÁCEOS: cangrexos, queimacasas,
percebes, arneiróns, pulgas de area...
-MOLUSCOS: lapas, cadeluchas, navallas,
caracolas...
Escarabellos de area
(Eurynebria complanata) Eiruga da esfinxe das leiteiras
(Hyles euphorbiae)
Os percebes (Pollicipes cornucopia) son
crustáceos que viven apegados ás
rochas da costa exposta.
Son un importante recurso marisqueiro
das zonas próximas.
Peneira (Haliotis tuberculata). Esta curiosa
caracola de cuncha aplastada, cun bonito
nacarado interior, so vive en zonas rochosas
de augas limpas.
Mexillóns, lapas, arneiróns, chuponas e
cangrexos, habitantes habituais das rochas.
ACTIVIDADES
-Pesca e marisqueo nas augas próximas.
-Lecer
Os fornos de tella (Telleiras) significaron
unha industria importante no Barbanza
no s.XIX. No lugar que ocuparon os
fornos de Cortiza e de Canosa aprécianse
montículos cubertos de vexetación e
outros quedaron agochados baixo
os piñeiros.
HISTORIA-PATRIMONIO CULTURAL
•Nos espazo do parque consérvanse restos arqueolóxicos e etnográficos: castro
do Porto de Abaixo, mámoa de Pipín (O Vilar), telleiras... que dan mostra de que
estivo poboada desde tempos antigos e de antigas actividades.
•Hai numerosas lendas que fan referencia a un poboado palafítico ou á existencia
da cidade de Valverde debaixo das dunas
Maqueta e debuxo das telleiras no Centro
de Interpretación do Parque.
O Castro de Porto de Abaixo foi descuberto por casualidade en 1978 no medio duns
traballos de extracción de area propios doutros tempos. Asomaron os vellos muros dun
antigo poboado fortificado. Na actualidade pódense ver algúns dos valados da súa muralla
defensiva soterrados pola area.
LENDA DO APÓSTOLO
No medio da marisma de Carregal están as Pedras da Lagoa. Conta unha lenda que alí están
as pegadas do cabalo do Apóstolo Santiago que pegou un espectacular chimpo desde o
Monte da Cidá ás Pedras de Lavandeira, destas ás do Canal e, desde aí, a Corrubedo.
LENDA DA CIDADE ASOLAGADA
Noutros tempos existiu en Carregal a cidade de Reirís (chamada tamén de Valverde ou
Bretal). O conta o seguinte:
Conta a lenda (recollida por L. Carré Alvarellos) que “No pazo de Reirís vivía un rei coa súa filla, unha
fermosa princesa. Un día chegou alí un vello rei mouro que foi moi ben recibido. Namorouse da princesa
e pediuna en casamento, pero o rei rexeitouno por consideralo xentil e máxico, xa que manexaba a
espada con encantamentos. Alporizado, botou un engado e a terra comezou a tremer, as casas
derrubáronse e das fontes comezou a manar auga a cachón, convertendo as rúas da cidade en regos. O
rei mouro ollaba desde unha pena do monte como a cidade se mergullaba nas augas. Mentres, a
princesa invocaba a axuda das boas fadas botando as súas xoias á lagoa para que o desalmado penase
para sempre no seu fondo.
O rei de Reirís colleu a súa espada e dirixiuse ao galope a combater ao malfadado rei mouro que, por
encantamento, se converteu nun touro. A pesar desta estratexia, o animal foi asediado e obrigado a fuxir
cara a lagoa, onde caeu atrapado, mergullándose de vagar mentres choutaba e loitaba por ceibarse. Así
desapareceu bruando baixo as augas.
O rei, a princesa e as xentes de Reirís fundaron unha nova cidade noutro lugar da zona.”
Desde aquela séntese bruar o boi encantado no fondo da lagoa. Os vellos do lugar chámanlle o Ave Tora,
e disque brúa tres veces ao día e tres días á semana para anunciar mal tempo. A respiración do animal
sería a que fai borboriñar as augas.
LENDA DA DUNA ou MONTES DE AREA
Contaban os de antes que alí estaba a cidade de Valverde, que quedou asolagada pola area
no tempo dos mouros. Alí apareceu unha campá e un esquilón que foi para a capela de
Bretal e logo para a igrexa de Olveira. Despois as campás foron para Toledo porque co son
que tiñan rompían os cristais das casas que estaban cerca.
Sapoconcho de Florida (Trachemys scripta), unha especie invasora
empregada como mascota e liberada no medio natural.
PROBLEMAS
-Excesiva presión dos visitantes, en especial na duna móbil.
-Especies invasoras
A Duna móbil en
1983.
O deterioro da duna
por excesiva
presión levou a
prohibir andar por
riba dela e limitar o
acceso aos
vehísculos ás
proximidades.
A extracción de
area era unha
actividade común
antes da
declaración do
parque natural
Centro de Interpretación do Ecosistema
Litoral de Galicia (CIELGA), nun dos accesos
ao Parque Natural
PUNTOS DE INTERESE
•Centro de Interpretación do Ecosistema Litoral de Galicia (CIELGA)
•Duna Móbil
•Lagoa de Vixán
•Lagoa de Carregal
•Praias: Ladeira, A Lagoa, O Vilar
•Miradoiros da Pedra da Ra (Castrocidá) e monte Taúme, cunha boa panorámica
de todo o espazo
Corrubedo co monte Taúme ao fondo
MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta,
DEBUXOS: Mon Daporta
Actualizado en xullo de 2017

More Related Content

What's hot

Lic Carnota-Pindo
Lic Carnota-PindoLic Carnota-Pindo
Lic Carnota-Pindo
iesasorey
 

What's hot (20)

Fisterra, a costa
Fisterra, a costaFisterra, a costa
Fisterra, a costa
 
LIC Costa da Mariña Occidental
LIC Costa da Mariña OccidentalLIC Costa da Mariña Occidental
LIC Costa da Mariña Occidental
 
Ría de Foz
Ría de FozRía de Foz
Ría de Foz
 
Barreiros, a costa
Barreiros, a costaBarreiros, a costa
Barreiros, a costa
 
A costa galega
A costa galega A costa galega
A costa galega
 
LIC Costa da Morte
LIC Costa da MorteLIC Costa da Morte
LIC Costa da Morte
 
Dumbría, A Costa
Dumbría, A CostaDumbría, A Costa
Dumbría, A Costa
 
Nigrán, a costa
Nigrán, a costaNigrán, a costa
Nigrán, a costa
 
LIC Monte e Lagoa de Louro
LIC Monte e Lagoa de LouroLIC Monte e Lagoa de Louro
LIC Monte e Lagoa de Louro
 
Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón
Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de BurónReserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón
Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Lic Carnota-Pindo
Lic Carnota-PindoLic Carnota-Pindo
Lic Carnota-Pindo
 
LIC Enseada de San Simón
LIC Enseada de San SimónLIC Enseada de San Simón
LIC Enseada de San Simón
 
Ria de Viveiro
Ria de ViveiroRia de Viveiro
Ria de Viveiro
 
A Dorsal Galega
A Dorsal GalegaA Dorsal Galega
A Dorsal Galega
 
Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia
Parque Nacional das Illas Atlánticas de GaliciaParque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia
Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia
 
Foz, a costa
Foz, a costaFoz, a costa
Foz, a costa
 
LIC Carnota-Pindo
LIC Carnota-PindoLIC Carnota-Pindo
LIC Carnota-Pindo
 
Lic Río Eo
Lic Río EoLic Río Eo
Lic Río Eo
 
Cambados, A Costa
Cambados, A CostaCambados, A Costa
Cambados, A Costa
 

Similar to P N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN

Valdoviño
ValdoviñoValdoviño
Valdoviño
cenlf
 
SÁ L V O R A
SÁ L V O R ASÁ L V O R A
SÁ L V O R A
calcetin5
 

Similar to P N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN (20)

Meaño, A Costa
Meaño, A CostaMeaño, A Costa
Meaño, A Costa
 
Valdoviño
ValdoviñoValdoviño
Valdoviño
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
LIC Illas Estelas
LIC Illas EstelasLIC Illas Estelas
LIC Illas Estelas
 
LIC Ons o Grove
LIC Ons o GroveLIC Ons o Grove
LIC Ons o Grove
 
Vilaboa, a costa
Vilaboa, a costaVilaboa, a costa
Vilaboa, a costa
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
LIC Estaca de Bares
LIC Estaca de BaresLIC Estaca de Bares
LIC Estaca de Bares
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
Vilagarcía da Arousa, A Costa
Vilagarcía da Arousa, A CostaVilagarcía da Arousa, A Costa
Vilagarcía da Arousa, A Costa
 
O NOSO MAR DE ADENTRO.pptx
O NOSO MAR DE ADENTRO.pptxO NOSO MAR DE ADENTRO.pptx
O NOSO MAR DE ADENTRO.pptx
 
Ria de Cedeira
Ria de CedeiraRia de Cedeira
Ria de Cedeira
 
Ria de Camariñas
Ria de CamariñasRia de Camariñas
Ria de Camariñas
 
LIC Costa da Vela
LIC Costa da VelaLIC Costa da Vela
LIC Costa da Vela
 
Mugardos, A Costa
Mugardos, A CostaMugardos, A Costa
Mugardos, A Costa
 
LIC Ría de Foz/Masma
LIC Ría de Foz/MasmaLIC Ría de Foz/Masma
LIC Ría de Foz/Masma
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
Espazo natural Costa de Oia
Espazo natural Costa de OiaEspazo natural Costa de Oia
Espazo natural Costa de Oia
 
LIC Cabo Udra
LIC Cabo UdraLIC Cabo Udra
LIC Cabo Udra
 
SÁ L V O R A
SÁ L V O R ASÁ L V O R A
SÁ L V O R A
 

More from monadela

More from monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 
Esteiro do Baxoi
Esteiro do BaxoiEsteiro do Baxoi
Esteiro do Baxoi
 
Rias de Ares/Betanzos
Rias de Ares/BetanzosRias de Ares/Betanzos
Rias de Ares/Betanzos
 
Sada, A Costa
Sada, A CostaSada, A Costa
Sada, A Costa
 
Pontedeume, A Costa
Pontedeume, A CostaPontedeume, A Costa
Pontedeume, A Costa
 
Paderne, A Costa
Paderne, A CostaPaderne, A Costa
Paderne, A Costa
 
Miño, A Costa
Miño, A CostaMiño, A Costa
Miño, A Costa
 

Recently uploaded (8)

Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 

P N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN

  • 1. ESPAZOS NATURAIS P N Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán
  • 2. Formado por un areal de 4 km de lonxitude limitado por cantís rochosos nos seus extremos; a marisma do Carregal, a lagoa de Vixán e un amplo sistema de dunas móbiles e fixas. Vista xeral da área dunar de Corrubedo desde o monte Castro da Cidade. Ao fondo o cabo Corrubedo, á esquerda as praias Ladeira e Lagoa e no primeiro plano a lagoa de Carregal ou Artes.
  • 3. Vista aérea de Corrubedo. O sistema dunar exténdese ao longo dos 4 km de praia. A meirande parte das dunas están fixadas pola vexetación e hai unha grande duna móbil. No centro a desembocadura do río do Mar separandos as praias Ladeira e da Lagoa
  • 4. SITUACIÓN: Suroeste da Península do Barbanza (A Coruña), entre as puntas de Corrubedo e Falcoeiro. SUPERFICIE: 996 ha CONCELLOS: Ribeira (parroquias de Corrubedo, Olveira Artes e Carreira) VALORES NATURAIS: paisaxes, xeoloxía, flora e fauna
  • 5. PROTECCIÓN -Parque Natural (5 de xuño de 1992) -Incluído no Convenio de RAMSAR e declarada - zona húmida de importancia internacional ''Complexo das praias, lagoa e duna de Corrubedo'' de 984 ha. -LIC/ZEC “Complexo húmido de Corrubedo” 9.263 ha -Zona de especial protección para as aves (ZEPA) ''Complexo Litoral de Corrubedo'' (971 ha), 19 de xuño de 2003. - A área correspóndese parcialmente coa IBA 003 “Ría de Arousa – Corrubedo”, incluída no inventario de SEO/BirdLife (2012).
  • 6. Zona de especial protección para as aves (ZEPA) ''COMPLEXO LITORAL DE CORRUBEDO'' (971 ha), 19 de xuño de 2003. Destaca pola elevada diversidade e acolle regularmente especies infrecuentes ou de distribución moi localizada
  • 7. XEOLOXÍA O conxunto xeolóxico do Parque Natural formouse no período cuaternario, hai unas 12.000 ou 15.000 anos. A erosión e a acumulación da area polo vento orixinou unha barreira areosa que pechou unha antiga badía na que se formaron lagoas pouco fondas que co paso do tempo se foron colmatando. O solo do parque é maioritariamente areoso, con algunhas áreas limosas e rochosas. As rochas dominantes son os granitos.
  • 8.
  • 9. Granitos erosionados con curiosas formas
  • 10.
  • 11.
  • 12. COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO O sistema dunar exténdese ao longo dos máis de 4 km de praia. A meirande parte das dunas están fixadas pola vexetación e hai unha gran duna móbil
  • 13. A DUNA MÓBIL mide máis de 1 km de lonxitude, 200-250 m de anchura e 20 a15 m de altura e avanza en dirección noroeste. Ten un perfil asimétrico. Por barlovento, de onde proceden os ventos do suroeste e mira ao mar, ten menor pendente e é máis longa; mentres que pola banda de sotavento ten a maior pendente, superando os 30°. Desde hai uns anos está prohibido andar pola duna para protexela. Os veciños do lugar chámana Montes da Area.
  • 18. PRAIA DA LADEIRA É a máis próxima a Corrubedo. Ten unha lonxitude de 1.350 metros e unha anchura media de 32 m. Limita a duna móbil polo oeste.
  • 20. Praia de Ladeir e dunas
  • 22. Praia da Ladeira e illote Ferreira
  • 23. Praia da Ladeira e dunas
  • 24. Punta de Pedrexelos, Illote Ferreira e praia da Lagoa (coa marea baixa)
  • 26. Praia da Lagoa (coa marea baixa)
  • 27. PRAIA DO VILAR Mide de 3.500 metros de longo e 30 de anchura. Pecha a lagoa do Vilar.
  • 31. LAGOA E MARISMAS DE CARREGAL Está alimentada polos ríos Artes, Sirves, Cidá e Longo. Comunícase co mar por un conxunto de canles, polo que se ve sometida ás mareas. O Río do Mar é a principal canle de comunicación, está en continuo movemento e modifica o seu curso por mor das correntes e dos temporais.
  • 35. LAGOA DE VIXÁN Alimentada por un pequeno regato (rego dos Muíños), está separada do mar pola cadea de dunas da praia. Está rodeada de carrizos, agás pola costa onde se producen filtracións de auga mariña e medran xuncos.
  • 38. Lagoa de Vixán a carón da praia do Vilar
  • 39. As dunas no inverno CLIMA Oceánico húmido. A precipitación media anual é de 1.200 mm. A temperatura media oscila entre os 18,5 ºC no verán e os 9,5 ºC no inverno
  • 40. REDE FLUVIAL Numerosos regos de curto percorrido que nacen na serra de Barbanza e montes próximos desembocan detras do sistema dunar e dan lugar ás barreiras areosas que pechan as praias formando as lagoas e marismas. A lagoa de Carregal está alimentada polos ríos Artes, Sirves, Cidá e Longo. A do Vilar polo rego dos Muíños. O rego de Artes separa as praias Ladeira, da Lagoa e de Vilar
  • 41. O Río do Mar desauga a Lagoa de Carregal e os numerosos regos que a alimentan
  • 42. RÍO DE ARTES Nace en Folgoso, na Curota e desemboca en Corrubedo, formando unha ampla marisma que da lugar á lagoa de Carregal, unha área de grande valor ecolóxico.
  • 43. HÁBITATS No complexo de Corrubedo atópanse representados diversos ecosistemas e hábitats de grande interese ecolóxico: costa rochosa e areosa, cantís, dunas fixas e móbiles, marismas, lagoas de auga doce e de auga salgada e mato. A contorna está poboada por piñeirais e tamén hai algunhas áreas cultivadas. A conexión da marisma co mar e as especiais condicións biolóxicas que a caracterizan, convértena no espazo onde teñen lugar as primeiras fases de desenvolvemento de peixes e crustáceos, que terán unha enorme importancia posterior como especies comerciais no litoral.
  • 44. Supralitoral rochoso Praia e dunas Trasduna Intermareal rochoso
  • 46. Honckenya peploides, feo e cardo mariño, as primeiras plantas en colonizar a praia FLORA Podemos atopar case todas as comunidades vexetais de marisma, lagoas, areais litorais e rochedos típicos de Galiza. Na área hai censadas arredor de 250 especies vexetais entre as que se atopan endemismos de grande interese como Ranunculus ophioglossifolius, Spiranthes aestivalis e Omphalodes littoralis subesp. gallaecia.
  • 47. ESPECIES DE INTERESE: -Feo ou barrón (Ammophyla arenaria) -Cardo de ribeira (Eryngium maritimum) -Cebola das gaivotas (Pancratium maritimum) -Arenaria (Honkenya peploides) -Carrasco bravo (Helicrysum picardii) -Carrascas de San Xoán (Otanthus maritimus) -Aceda (Rumes bucephalophorus) -Scrofularia frutescens -Iberis procumbens -Trevo de mar (Medicago marina) -Omphalodes littoralis subesp. gallaecia. -Herba de namorar (Armeria pungens) -Correola das praias (Calystegia soldanella) -Leiteira (Euphorbia paralias) -Brión -Liques DUNAS A vexetación está adaptada para soportar o exceso de sal das augas mariñas, a insolación intensa, a escaseza de auga e a forza do vento. As espigas lanudas de rabo de lebre (Lagurus ovatus) aparecen durante o verán nos areais do litoral
  • 49. Correola (Calystegia soldanella) Arenaria do mar (Honckenya peploides), a planta da praia que vive máis preto da liña da marea.
  • 51. Paxariños (Linaria polygalifolia). Esta especie de linaria florece en todos os areais costeiros de Península Ibérica, entre Lisboa e Lugo. Carrascas de San Xoán (Otanthus maritimus)
  • 52. Silene Scabriflora subsp. gallaecica (endemismo do NO peninsular) Herba de namorar (Armeria pungens)
  • 53. Alyssum loiseleuri e brións na duna fixa
  • 54. Orquídea espiral de verán (Spiranthes aestivalis )Orquídea abella (Ophris apis) Na trasduna podemos atopar as orquídeas: Dactylorhiza elata, lengüeira (Serapias lingua), espiral de verán (Spiranthes aestivalis)…
  • 55. Verdolaga mariña MARISMAS: -Verdolaga mariña (Halimione portulacoides) -Limonium vulgare -Suaeda maritima -Najas marina -Herba salgada (Salicornia) -Herba de namorar (Armeria maritima) -Xuncos -Espartina...
  • 56. Estrela das xunqueiras (Aster tripolium) Xunco mariño. Forma grandes pradeiras nas marismas que so cobre ocasionalmente a marea.
  • 57. LAGOAS: -Carrizos (Phragmites communis) -Espadanas (Tipha latifolia) -Lirio amarelo (Iris pseudoacorus) -Ranunculus ophioglossifolius -Xuncos Carrizos (Phragmites communis)
  • 58. Antelas (Scirpus lacustris), xuncos típicos de lagoas, de talos grosos de ata 2 m de alto. Lirio amarelo (Iris pseudacorus)
  • 59. Toxo Detrás da duna fixa, onde a area deixa de ser o elemento principal do solo, aparecen as matogueiras dominadas polos toxos, os breixos e as carrascas. Breixo
  • 60. Herba de namorar (Armeria pubigera) ROCHAS: -Fento mariño (Asplenium maritimum) -Pirixel do mar (Crithmum maritimum) -Herba de namorar (Armeria pubigera) -Liques Liques: Ramalina e Xantoria
  • 61. As rochas da zona supralitoral atópanse cubertas por varias clases de liques. Uns dos máis chamativos son as caloplacas, de cor laranxa.
  • 62. Por todas partes, entre as rochas do litoral, medra o prixel do mar (Crithmun maritimum) unha planta que os navengantes dos tempos antigos comían en ensalada para previr o escorbuto. Fento mariño (Asplenium maritimum)
  • 63. A contorna está ocupada por piñeirais (piñeiro bravo e de repoboación) con mato de toxos, breixos e xestas e algúns carballos. Preto das correntes de auga hai ameneiros e salgueiros.
  • 64. Bocho e verdello, dúas algas comúns nos esteiros e marismas Algas calcárias nunha poza mareal ALGAS Nas rochas e nas pozas podemos atopar verdellos, bochos, carrapuchos, algas calcárias...
  • 65. FAUNA Destaca a presenza dun grande número e variedade de aves, en especial acuáticas, tanto sedentarias como migratorias. O valor ornitolóxico de Corrubedo motivou a súa declaración como ZEPA e humidal RAMSAR. É, ademais, zona húmida protexida en Galiza. As especiais condicións biolóxicas desta zona convértena na principal área de cría de peixes e crustáceos que habitan na costa circundante. Lagoa de Vixán
  • 66. Lontra (Lutra lutra) MAMÍFEROS Na contorna do parque podemos atopar raposos, teixugos, ourizos, esquíos, xabarís, lontras... Nas augas próximas á costa é frecuente divisar golfiños, toniñas e outros cetáceos.
  • 67. Carrán cristado (Thalasseus sandvicensis) AVES Hai censadas 70 especies , especialmente limícolas, anátidas e mariñas, presentes sobre todo nas épocas de paso. A mellor época para observar as aves é entre setembro e abril. No verán redúcese o número de especies e só permanecen as aves sedentarias: galiñola negra, lavanco real, mergullón pequeno e galiñola de río. Nos últimos anos cría aquí a tartaraña das xunqueiras (único lugar en Galiza na actualidade). Tamén hai un importante número de parellas de píllara das dunas das que crían no conxunto da poboación de Galicia. COSTA •Mobella grande (Gavia immer) •Corvo mariño real (Phalacrocorax carbo) •Corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis) •Gaivota chorona común (Larus ridibundus) •Gaivota escura (Larus fuscus) •Gaivota patiamarela (Larus michaellis) •Gaivotón atlántico (Larus marinus) •Carrán cristado (Thalasseus sandvicensis) •Arao romeiro (Alca torda) Gaivota patiamarela (Larus michaellis)
  • 68. PRAIA E ZONAS DE FANGO: •Bilurico bailón (Actitis hypoleucos) •Bilurico común (Tringa totanus) •Bilurico pativerde (Tringa nebularia) •Gabita euroasiática (Haematopus ostralegus) •Mazarico chiador (Numenius phaeopus) •Mazarico curlí (Numenius arquata) •Mazarico rabipinto (Limosa lapponica) •Píllara cincenta (Pluvialis squatarola) •Píllara dourada europea (Pluvialis apricaria) •Píllara papuda (Charadrius alexandrinus) •Píllara real (Charadrius hiaticula) •Píllara riscada (Arenaria interpres) •Pilro bulebule (Calidris alba) •Pilro curlibico (Calidris alpina) Bilurico común (Tringa totanus) Mazarico rabipinto (Limosa lapponica)
  • 69. Píllara papuda (Charadrius alexandrinus) ten en Corrubedo o segundo núcleo de cría de importancia en Galiza. Para protexelas establécense medidas durante o período de incubación.
  • 70. Garza real (Ardea cinerea) MARISMAS E LAGOAS: •Becacina cabra (Gallinago gallinago) •Bico de coral común (Estrilda astrild) •Cerceta real (Anas crecca) •Escribente das canaveiras (Emberiza schoeniclus) •Fulepa amarela (Hippolais polyglotta) •Fulepa dos carrizos (Acrocephalus scirpaceus) •Fulepa grande (Acrocephalus arundinaceus) •Galiña de río (Gallinula chloropus) •Galiñola negra común (Fulica atra) •Garza pequena (Ixobrychus minutus) •Garza real (Ardea cinerea) •Garzota común (Egretta garzetta) •Lavanco real (Anas platyrhynchos) •Martiño peixeiro (Alcedo atthis) •Mergullón pequeno (Tachybaptus ruficollis) •Papuxa cabecinegra (Sylvia melanocephala) •Papuxa común (Sylvia communis) •Papuxa das amoras (Sylvia atricapilla) •Papuxa montesa (Sylvia undata) •Pato chupón (Aythya ferina) •Pato cincento (Anas strepera) •Pato cullerete (Anas clypeata) •Pernileiro común (Burhinus oedicnemus) •Picafollas ibérico (Phylloscopus ibericus) •Picaxuncos común (Cisticola juncidis) •Rascón de auga (Rallus aquaticus) •Reiseñor da auga (Cettia cetti) Ocasionalmente achéganse os ciños. Lavanco real, macho e femia (Anas plathyrhynchos)
  • 71. Lavandeira branca (Motacilla alba) ZONAS DA CONTORNA E CHAIRAS AREOSAS: •Andoriña común (Hirundo rustica) •Avenoiteira cincenta (Caprimulgus europaeus) •Azor común (Accipiter gentilis) •Azulenta común (Prunella modularis) •Bubela común (Upupa epops) •Carrizo común (Troglodytes troglodytes) •Chasco común (Saxicola torquata) •Corvo viaraz (Corvus corone) •Cotovía pequena (Lullula arborea) •Cuco común (Cuculus canorus) •Curuxa común (Tyto alba) •Escribente liñaceiro (Emberiza cirlus) •Esmerillón común (Falco columbarius) •Estorniño negro (Sturnus unicolor) •Estreliña riscada (Regulus ignicapillus) •Falcón pequeno (Falco subbuteo) •Ferreiriño común (Parus ater) •Ferreiriño cristado (Parus cristatus) •Ferreiriño subeliño (Aegithalos caudatus) •Ferreiro abelleiro (Parus major) •Ferreiro bacachís (Parus caeruleus) •Gabeador común (Certhia brachydactyla) •Gabián común (Accipiter nisus) •Lagarteiro peneireiro (Falco tinnunculus) •Lavandeira branca (Motacilla alba) •Lavandeira verdeal (Motacilla flava) •Laverca común (Alauda arvensis)
  • 72. Pimpín común (Fringilla coelebs) •Liñaceiro común (Carduelis cannabina •Merlo común (Turdus merula) •Miñato común (Buteo buteo) •Moucho común (Athene noctua) •Moucho das orellas (Otus scops) •Papamoscas negro (Ficedula hypoleuca) •Paporrubio común (Erithacus rubecula) •Paporrubio real (Pyrrhula pyrrhula) •Pardal chiador (Petronia petronia) •Pardal común (Passer domesticus) •Pardal orelleiro (Passer montanus) •Pedreiro cincento (Oenanthe oenanthe) •Pega marza (Garrulus glandarius) •Pega rabilonga (Pica pica) •Perdiz rubia (Alectoris rufa) •Peto real (Dendrocopos major) •Peto verdeal (Picus viridis) •Pica das árbores (Anthus trivialis) •Pimpín común (Fringilla coelebs) •Pomba torcaz (Columba palumbus) •Rabirrubio tizón (Phoenicurus ochruros) •Rula común (Streptopelia turtur) •Rula turca (Streptopelia decaocto) •Tordo charlo (Turdus viscivorus) •Tordo común (Turdus philomelos) •Vencello común (Apus apus) •Verderolo común (Carduelis chloris) •Xílgaro común (Carduelis carduelis) •Xirín común (Serinus serinus) Paporrubio común (Erithacus rubecula)
  • 73. Lagarto arnal (Timon lepidus) RÉPTILES: •Lagarto arnal (Timon lepidus) •Lagarto das silvas (Lacerta schreiberi) •Lagarta dos penedos (Podarcis hispanica) •Lagarta común (Podarcis bocagei) •Lagarta rabuda (Psammodromus algirus) •Esgonzo común (Chalcides striatus) •Esgonzo ibérico (Chalcides bedriagai) •Escáncer común (Anguis fragilis) •Cobra de escada (Rhinechis scalaris) •Cobra lisa común (Coronella austriaca) •Cobra lisa meridional (Coronella girondica) •Cobra de colar (Natrix natrix) •Cobra viperina (Natrix maura) •Víbora de Seoane (Vipera seoanei) •Sapoconcho común (Emys orbicularis) •Tartaruga mariña común (Caretta caretta) •Tartaruga mariña de coiro (Dermochelys coriacea) Escáncer común (Anguis fragilis)
  • 74. Sapo de esporas (Pelobates cultripes) ANFIBIOS: •Píntega común (Salamandra salamandra) •Saramaganta rabilonga (Chioglossa lusitanica) •Tritón común (Lissotriton boscai) •Tritón verde (Triturus marmoratus) •Tritón palmado (Lissotriton helveticus) •Sapo pinto (Discoglossus galganoi) •Sapo parteiro (Alytes obstetricans) •Sapo de esporas (Pelobates cultripes •Sapo común (Bufo bufo) •Sapo corredor (Bufo calamita) •Rela común (Hyla molleri) •Ra verde común (Pelophyllax perezi) •Ra patilonga (Rana iberica) Ra verde común (Pelophyllax perezi)
  • 75. Robaliza PEIXES Nas zonas protexidas atópanse alevins dunha grande variedade de especies. Na praia hai robaliza, veladores, lubións...
  • 76. INVERTEBRADOS -INSECTOS: escarabellos, bolboretas, formiga león, vésporas, libeliñas... -CRUSTÁCEOS: cangrexos, queimacasas, percebes, arneiróns, pulgas de area... -MOLUSCOS: lapas, cadeluchas, navallas, caracolas... Escarabellos de area (Eurynebria complanata) Eiruga da esfinxe das leiteiras (Hyles euphorbiae)
  • 77. Os percebes (Pollicipes cornucopia) son crustáceos que viven apegados ás rochas da costa exposta. Son un importante recurso marisqueiro das zonas próximas.
  • 78. Peneira (Haliotis tuberculata). Esta curiosa caracola de cuncha aplastada, cun bonito nacarado interior, so vive en zonas rochosas de augas limpas. Mexillóns, lapas, arneiróns, chuponas e cangrexos, habitantes habituais das rochas.
  • 79. ACTIVIDADES -Pesca e marisqueo nas augas próximas. -Lecer
  • 80. Os fornos de tella (Telleiras) significaron unha industria importante no Barbanza no s.XIX. No lugar que ocuparon os fornos de Cortiza e de Canosa aprécianse montículos cubertos de vexetación e outros quedaron agochados baixo os piñeiros. HISTORIA-PATRIMONIO CULTURAL •Nos espazo do parque consérvanse restos arqueolóxicos e etnográficos: castro do Porto de Abaixo, mámoa de Pipín (O Vilar), telleiras... que dan mostra de que estivo poboada desde tempos antigos e de antigas actividades. •Hai numerosas lendas que fan referencia a un poboado palafítico ou á existencia da cidade de Valverde debaixo das dunas Maqueta e debuxo das telleiras no Centro de Interpretación do Parque.
  • 81. O Castro de Porto de Abaixo foi descuberto por casualidade en 1978 no medio duns traballos de extracción de area propios doutros tempos. Asomaron os vellos muros dun antigo poboado fortificado. Na actualidade pódense ver algúns dos valados da súa muralla defensiva soterrados pola area.
  • 82. LENDA DO APÓSTOLO No medio da marisma de Carregal están as Pedras da Lagoa. Conta unha lenda que alí están as pegadas do cabalo do Apóstolo Santiago que pegou un espectacular chimpo desde o Monte da Cidá ás Pedras de Lavandeira, destas ás do Canal e, desde aí, a Corrubedo.
  • 83. LENDA DA CIDADE ASOLAGADA Noutros tempos existiu en Carregal a cidade de Reirís (chamada tamén de Valverde ou Bretal). O conta o seguinte: Conta a lenda (recollida por L. Carré Alvarellos) que “No pazo de Reirís vivía un rei coa súa filla, unha fermosa princesa. Un día chegou alí un vello rei mouro que foi moi ben recibido. Namorouse da princesa e pediuna en casamento, pero o rei rexeitouno por consideralo xentil e máxico, xa que manexaba a espada con encantamentos. Alporizado, botou un engado e a terra comezou a tremer, as casas derrubáronse e das fontes comezou a manar auga a cachón, convertendo as rúas da cidade en regos. O rei mouro ollaba desde unha pena do monte como a cidade se mergullaba nas augas. Mentres, a princesa invocaba a axuda das boas fadas botando as súas xoias á lagoa para que o desalmado penase para sempre no seu fondo. O rei de Reirís colleu a súa espada e dirixiuse ao galope a combater ao malfadado rei mouro que, por encantamento, se converteu nun touro. A pesar desta estratexia, o animal foi asediado e obrigado a fuxir cara a lagoa, onde caeu atrapado, mergullándose de vagar mentres choutaba e loitaba por ceibarse. Así desapareceu bruando baixo as augas. O rei, a princesa e as xentes de Reirís fundaron unha nova cidade noutro lugar da zona.” Desde aquela séntese bruar o boi encantado no fondo da lagoa. Os vellos do lugar chámanlle o Ave Tora, e disque brúa tres veces ao día e tres días á semana para anunciar mal tempo. A respiración do animal sería a que fai borboriñar as augas.
  • 84. LENDA DA DUNA ou MONTES DE AREA Contaban os de antes que alí estaba a cidade de Valverde, que quedou asolagada pola area no tempo dos mouros. Alí apareceu unha campá e un esquilón que foi para a capela de Bretal e logo para a igrexa de Olveira. Despois as campás foron para Toledo porque co son que tiñan rompían os cristais das casas que estaban cerca.
  • 85. Sapoconcho de Florida (Trachemys scripta), unha especie invasora empregada como mascota e liberada no medio natural. PROBLEMAS -Excesiva presión dos visitantes, en especial na duna móbil. -Especies invasoras
  • 86. A Duna móbil en 1983. O deterioro da duna por excesiva presión levou a prohibir andar por riba dela e limitar o acceso aos vehísculos ás proximidades. A extracción de area era unha actividade común antes da declaración do parque natural
  • 87. Centro de Interpretación do Ecosistema Litoral de Galicia (CIELGA), nun dos accesos ao Parque Natural PUNTOS DE INTERESE •Centro de Interpretación do Ecosistema Litoral de Galicia (CIELGA) •Duna Móbil •Lagoa de Vixán •Lagoa de Carregal •Praias: Ladeira, A Lagoa, O Vilar •Miradoiros da Pedra da Ra (Castrocidá) e monte Taúme, cunha boa panorámica de todo o espazo
  • 88. Corrubedo co monte Taúme ao fondo
  • 89. MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, DEBUXOS: Mon Daporta Actualizado en xullo de 2017