1. O RELEVO DE INTERIOR PENINSULAR
A Meseta e os seus sistemas montañosos
A meseta é unha chaira elevada que se estende polas
comunidades de Castela e León,Castela-A Mancha,Madrid
e Extremadura.
É a meseta máis extensa e elevada de Europa,cunha altura
media de 650 m sobre o nivel do mar.
No seu interior sitúanse dous sistemas montañosos:
-O Sistema Central:
Encóntrase no centro da Meseta e divídea en dúas
partes : A Submeseta Norte que está ocupada polo val
do río Duero e a Submeseta Sur cos vales dos ríos Tajo
e Guadiana.
O Sistema Central está formado por serras que superan os
2.000 m de altitude.Destacan as serras de:
Somosierra,Guadarrama,Gata e Gredos.Nesta última
serra atópase o cume maís alto: o pico
Almanzor(2.592m)
-Os Montes de Toledo
Sitúanse na zona central da submeseta sur,entre os
vales dos ríos Tajo e Guadiana.Teñen unha altura media
inferior á do Sistema Central.
OS SISTEMAS MONTAÑOSOS QUE BORDEAN A
MESETA
2. A Meseta está practicamente rodeada por catro grandes
cadeas montañosas.
-Os Montes de León:
Os Montes de León están situados ao noroeste da Meseta
e separan esta do Macizo Galaico,entre Castela e León e
Galicia.
-A Cordilleira Cantábrica
Situada ao norte da Península,a Cordilleira Cantábrica
esténdese paralela á costa e separa a Meseta do mar
Cantábrico.Actúa de límite entre Castela e León,Cantabria
e Asturias.
Nesta última comunidade encóntranse os Picos de
Europa cuxo cume máis alto é Torrecerredo ( 2.648m).
-O Sistema Ibérico
Separa a Meseta da depresión do Ebro.Esténdese polas
comunidades de Castela e León,A Rioxa,Aragón,Castela-A
Mancha e Comunidade Valenciana.
Destacan os Picos de Urbión,e as serras de Albarracín
e o Moncayo,onde se encontra o pico máis alto: O
Moncayo(2.313m)
-Serra Morena
Encóntrase ao sur,separando a Meseta do val do
Guadalquivir.Esténdese desde o límite de Portugal,no
oeste,ata os sistemas Béticos,no leste.
3. O RELEVO DE INTERIOR PENINSULAR II
No exterior da Meseta hai cinco sistemas montañosos
- O Macizo Galaico
Situado ao noroeste da Península.É un conxunto de
bloques montañosos de pouca altitude e cumios
redondeados.Destacan os picos de: Cabeza de
Manzaneda 1.778)e Pena Trevinca (2.124)
- Os Montes Vascos:
Están situados ao norte,entre a Cordilleira Cantábrica e
os Pireneos.Trátase dun conxunto de montañas con
relevo desigual.O pico máis alto é Aitxurri
- Os Pireneos:
Situados ao nordés da Península,esténdese desde o Mar
Cantábrico ata o Mar Meditérraneo formando fronteira
natural entre España e Francia.O pico máis alto é o
Aneto (3.404m)
- A Cordilleira Costero Catalá
4. Vai desde os Pireneos ata o río Ebro.A paisaxe está
formada por serras que non alcanzan grandes alturas.
- O Sistema Bético
Esténdese desde o estreito de Xibraltar ata o Cabo de la
Nau,en Alacant.Está formado por dúas Cordilleiras que
discurren case paralelas.
A Cordilleria Penibética:
Encóntrase próxima a costa sur do Mar
Meditérraneo.Nela encóntrase a Serra de Ronda de
Serra Nevada.Nesta última localizanse as maiores
alturas: O Veleta o o Mulhacén,que é o pico máis alto
da Península.
A Cordilleira Subbética:
Encóntrase no interior e é menos elevada que a
Penibética.Como serra de interese está Cazorla.
AS DEPRESIÓNS EXTERIORES Á MESETA
Unha depresión é unha zona chaira,de pouca
altitude,rodeada de zonas máis altas,por onde transcorre
un río.Na península hai dúas grandes depresións:
- A depresión do Ebro:
É unha extensa chaira de forma triangular,situada entre
e Sistema Ibérico e os Pireneos.Por ele discorre o río
Ebro en cuxa desembocadura deposita os materiais que
arrastra ao longo do seu curso e da lugar a unha zona de
terra chamada Delta,que queda entre os brazos do río.
5. - A depresión do Guadalquivir:
É tamén unha extensa chaira triangular,situada entre
Serra Morena e a Cordilleira Subbética,que está
atravesada polo río Guadalquivir.O río,preto da
desembocadura,inunda o terreo e forma marismas,que
son zonas de cultivo moi fértiles.
O RELEVO DOS ARQUIPÉLAGOS
Os arquipélagos,ademáis de estar situados en mares
diferentes,o de Baleares no Mediterráneo e o de Canarias no
Oceáno Atlántico,presentan relevos distintos.
O RELEVO DE BALEARES
Baleares localízase no mar Mediterráneo,fronte á costa
oriental da Península.
O seu relevo é en xeral montañoso e está relacionado co da
Península.En Mallora,Eivissa e Formentera,o relevo é unha
prolongación do sistema Bético,en en Menorca,ca cordilleira
Costeiro-Catalá.
6. A maior altitude é o pico de Puig Mayor na Serra de
Tramuntana( Mallorca)
O RELEVO DE CANARIAS
É montañoso e de orixe volcánica,o que orixinou unha paisaxe
moi peculiar.O pico máis alto de España encóntrase na illa de
Tenerife,o Teide,un volcán de 3.718 m.