Plan tic 2010 2011

601 views

Published on

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
601
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
2
Actions
Shares
0
Downloads
5
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Plan tic 2010 2011

  1. 1. PLAN DE INTRODUCCIÓN DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN CURSO 2.010 - 2011CONTEXTUALIZACIÓNPartimos dun centro -C.E.I.P. Fermín Bouza Brey/ Ponteareas- que ten unha dotacióninsuficiente de ordenadores para o nº de alumnos/as (máis de 600) que tenmatriculados. A maioría dos ordenadores están obsoletos e non soportan os programaseducativos actuais mási básicos. Os teclados e ratóns adoitan estar inservibles debidoà insufciente dotación de ordenadores por alumno/a (16 ordenadores para máis de 600alumnos/as). Hai problemas de horario para que o alumnado de infantil acuda á aula deinformática. O alumnado tampouco pode realizar actividades de impresión ou escaneoda información coa que vai a traballar. O centro educativo (de 28 unidades) só contacunha pizarra dixital.A aula de informática non ten suficiente luz natural e a non ten a necesaria ventilaciónpara un espazo tan pequeno no que se atopan acendidos durante cinco horas seguidas16 ordenadores, xunto cunha media de 20 alumnos/as.XUSTIFICACIÓNNo Decreto 130/2007, do 28 de xuño, polo que se establece o currículo da educación primariana Comunidade Autónoma de Galicia establécese1. Artigo 3º.-Obxectivos da educación primaria(...)i) Iniciarse na utilización, para a aprendizaxe, das tecnoloxías da información e dacomunicación, desenvolvendo un espírito crítico ante as mensaxes que recibe e elabora.j) Utilizar diferentes representacións e expresións artísticas e iniciarse na construción depropostas visuais.2. Artigo 6º.-Áreas de coñecemento.(...) 1
  2. 2. 3. Sen prexuízo do seu tratamento específico nalgunha das áreas da etapa, a comprensiónlectora, a expresión oral e escrita, a comunicación audiovisual, as tecnoloxías da informacióne da comunicación e a educación en valores traballaranse en todas as áreas.(...)5. Os centros docentes elaborarán e aplicarán, ademais, o plan de introducción dastecnoloxías da información e da comunicación que se axustará ás directrices que sepublican como anexo V deste decreto.3. No ANEXO I sinálase como competencias básicas(...) 4. Tratamento da información e competencia dixital. (...)Tratamento da información e competencia dixital.Esta competencia consiste en dispoñer de habilidades para buscar, obter, procesar ecomunicar información, e para transformala en coñecemento. Incorpora diferentes habilidades,que van desde o acceso á información ata a súa transmisión en distintos soportes unha veztratada, incluíndo a utilización das tecnoloxías da información e da comunicación comoelemento esencial para informarse, aprender e comunicarse.Está asociada coa procura, selección, rexistro e tratamento ou análise da información,utilizando técnicas e estratexias diversas para acceder a ela segundo a fonte á cal se acuda eo soporte que se utilice (oral, impreso, audiovisual, dixital ou multimedia). Require o dominio delinguaxes específicas básicas (textual, numérica, icónica, visual, gráfica e sonora) e das súaspautas de descodificación e de transferencia, así como aplicar en distintas situacións econtextos o coñecemento dos diferentes tipos de información, das súas fontes, das súasposibilidades e da súa localización, así como as linguaxes e soportes.4. ANEXO V axústanse as directrices do Plan de introducción das tecnoloxías dainformación e da comunicación, especifícanse os elementos da competenciadixital. “Trátase de que o alumnado, ao rematar a escolarización obrigatoria, acade unhacompetencia dixital.Esta competencia consiste en dispoñer de habilidades para buscar, obter, procesar ecomunicar información, para transformala en coñecemento. Incorpora diferentes habilidades,que van desde o acceso á información ata a súa transmisión en distintos soportes unha veztratada, incluíndo a utilización das TIC como elemento esencial para informarse, aprender ecomunicarse.Para que isto se poida poñer en práctica con garantía de éxito e de coherencia, resultanecesaria a creación dun plan de introducción das tecnoloxías da información e dacomunicación no centro e na aula coa participación activa de todo o equipo docente, que unha 2
  3. 3. vez aprobado, se incorporará á programación xeral anual de centro, e a súa avaliación, á súamemoria.Cada proxecto será único atendendo ás características e ás posibilidades que se poden acadartendo en conta a situación xeográfica, o tipo de alumnado, a formación do profesorado e asinfraestructuras dispoñibles.Deseñaranse unhas pautas para realizar un seguimento e avaliación do plan, polo menostrimestral, polas persoas coordinadoras de ciclo e -en caso de existir- pola persoa coordinadorado plan, que determinarán, se é o caso, aspectos a mellorar. 3
  4. 4. 1. OBXECTIVOS.Neste apartado indícanse os obxectivos xerais establecidos no ANEXO V do Decreto130/2007. Estes obxectivos xerais desglósanse en obxectivos máis concretos a desenvolverno actual curso escolar.1. Fomentar a páxina web do centro como espazo de comunicación e de colaboración con toda a comunidade educativa.2. Coordinar a acción do profesorado de distintas áreas e materias en relación ao traballo coas TIC.3. Facilitar o acceso a esta ferramenta por parte do alumnado con necesidades especiais de apoio educativo e nas tarefas de apoio e reforzo de aprendizaxes.4. Impulsar a comunicación con outros centros e localidades, para coñecer e transmitir valores sociais e de respecto doutros costumes e outras formas de vida.5. Potenciar a capacidade de razoamento do alumnado, a súa motivación e o seu afán de coñecemento.6. Fornecer ao alumnado estratexias para obter e xestionar a información conseguida mediante o uso das TIC.7. Utilizar programas e contornos que faciliten a consecución dos obxectivos propostos nas diferentes áreas do currículo.8. Utilizar o ordenador como medio de creación, de integración, de cooperación e de expresión das propias ideas.9. Potenciar a comunicación cos seus iguais.10. Mellorar a proposta pedagóxica do profesorado e a súa práctica docente ao aproveitar as posibilidades que ofrecen as TIC.11. Empregar as TIC para o traballo cotián e nas actividades de aula: programacións, proxectos, explicacións, actividades...12. Consultar e obter información a través das TIC, tanto para temas profesionais como para experiencias interesantes para a súa actividade docente.13. Intercambiar experiencias, coñecementos, iniciativas... en diversas redes de colaboración como a internet.14. Lograr a integración das TIC como medio dinámico de comunicación, de maneira que se constitúan nun elemento común de información e de contacto con todos os axentes do proceso educativo, facilitando a conexión entre eles. 4
  5. 5. 15. A través das asociacións de nais e de pais dos centros, poñer en marcha mecanismos para aproveitar a infraestrutura tecnolóxica e favorecer a adquisición por parte de nais e pais dos coñecementos necesarios para un uso proveitoso das TIC.16. Favorecer a superación das limitacións de acceso ás TIC derivadas das desigualdades sociais.BLOQUE 1:AS TIC PARA A COMUNICACIÓN INTERNAObxectivos - Mellorar a páxina web do centro. Crear un área privada para o profesorado de tal xeito que nela se poda acceder a todos os documentos ou informacións que os diferentes equipos queran transmitir. - Conformar un equipo de mantemento da web distribuíndo as tarefas de mantemento das diferentes páxinas. - Lograr a implicación de todo o profesorado na mellora dos contidos. - Lograr a implicación da ANPA na mellora dos contidos. - Lograr que todas as aulas teñan polo menos un ordenador e conexión a internet. - Programar un curso en coordinación co CFR de Vigo sobre seguridade na rede e sistemas de protección antivirus dirixido ao profesorado do centro.BLOQUE 2:AS TIC COMO TECNOLOXÍA DIDÁCTICAObxectivos- Facer unha avaliación dos programas instalados e das preferencias de uso polo profesorado respecto ás distintas áreas e materias do currículo.- Facer un mantemento e control rutinario dos ordenadores buscando a súa maior operatividade e a súa protección contra ataques de virus (malware ou código malicioso).- Facer un rexistro dos ordenadores que debido a súa antigüidade non soportan os programas didácticos actuais co obxectivo de substituir compoñentes ou actualizalos se é posible. 5
  6. 6. - Rendibilizar os ordenadores que aínda están sen estrear, antes de que queden obsoletos.- Instalar ou mercar programas educativos de interese educativo.- Utilizar regularmente programas informáticos que potencien os procesos cognitivos.- Facer uso da pizarra dixital na sala 1 prefabricada –adicada a medios audiovisuais- para que non interfira co horario de biblioteca asignado a cada titoría e así poder empregar este recurso todo o profesorado.- Facer uso dos escáneres e impresoras que están sen estrear, antes de que se estropeen pola falta de uso.BLOQUE 3:AS TIC COMO COMPETENCIA PERSOAL PARA O ALUMNADOObxectivos- Achegar a todo o alumnado o coñecemento e uso responsable das novas TIC.- Aproveitar as sesións de informática para introducir o uso dos seguintes programas: Paint, word, excel.- Saber obter e manipular información obtida na rede que fomenten a comprensión, interiorización e adquisición de novos contidos.- Empregar adecuadamente os diferentes materiaris multimedia e programa educativos.- Utilizar os buscadores de internet para resolver problemas de contidos das distintas áreas .- Configuraciòn persoal de correo-e e blog.- Coñecer a importancia e a utilización dun antivirus como ferramenta de seguridade.BLOQUE 4:AS TIC PARA O INTERCAMBIO SOCIOCULTURALObxectivos- Mellorar a disposición de enlaces con outros centros.- Impulsar a correspondencia entre alumnos/as de diversos centros e/ou países .- Facer un uso e manexo responsable da información en internet. 6
  7. 7. 2. METODOLOXÍANo desenvolvemento deste plan teranse en conta os seguintes criterios: 2.1. Estratexias de coordinación do profesorado das distintas áreas e niveis educativos. 2.2. Utilización e aproveitamento dos recursos humanos e materiais existentes no centro en beneficio do proxecto. 2.3. Organización dos espazos do centro. 2.4. Fomento dos valores democráticos, tratamento da diversidade, atención ao alumnado con necesidade específica de apoio educativo e medidas para promover o acceso ás TIC en condicións de igualdade por parte de persoas dos dous sexos e de diferentes condicións sociais. 2.5. Uso da biblioteca escolar como centro de recursos multimedia para a obtención de información e para a aprendizaxe. 2.6. Detección de necesidades formativas do profesorado. Elaboración dun plan de formación interno que permita difundir boas prácticas e aproveitar ideas e coñecementos dos compañeiros e compañeiras docentes. 2.7. Medidas para difundir o proxecto entre o alumnado, as familias e a comunidade educativa en xeral, de maneira que se fomente a súa participación nel.3. Recursos.ADSCRICIÓN/ESPACIO DOTACIÓNDirección 1 ordenador 1 fax 1 ordenador portátil 1 impresora láserXefatura de Estudios 1 ordenador 1 impresora de inxección. 1 portátilSecretaría 3 ordenadores 7
  8. 8. 1 impresora láser 1 impresora de inxección 1 escáner 1 impresora-fotocopiadora en rede 1 impresora- fotocopiadora color (encuadernadora) 1 portátilDepartamento de Orientación 1 ordenador 1 impresora láserSala de profesores 5 ordenadores. 1 escáner 1 TV convencionalAula de informática 16 ordenadoresEducación Infantil 7 ordenadores portátiles 2 ordenadores AULARIO 1 impresora inxección MAIOR 1 TV analóxica 1 vídeo-DVD. 1 ordenador CASITA 1 TV analóxica2º Ciclo de Primaria 7 ordenadores portátilesAula de PT 1 ordenadorAula de AL 1 ordenadorBiblioteca/ Sala de usos múltiples 2 ordenadores 8
  9. 9. 1 ordenador 1 canón de imaxe fixo. 1 pantalla 1 pizarra dixital 1 TV analóxica 1 vídeo analóxico 1 DVD 1 portáltilSala 1 prefabricada 1 ordenador 1 canón de imaxe fixo. 1 pantallaBúnker da sala profesores 1 vídeocámara analóxica 4 cámaras dixitais.Búnker de secretaría 8 ordenadores sen estrear 2 portátiles sen estrear4. Equipo TIC ESPECIALIDADE NOME E APELIDOS AULA E. Primaria José Vilar López 1º B E. Primaria Beatriz Iglesias Rodríguez 3º A E. Primaria Alejandro Mera Cuevas 2º A E. Primaria Hortensia Bautista Fernández 4ª C E. Primaria María Taboada Blanco 4º A E. Primaria Gloria Phillipon de Arriba 3º D E. Infantil Paloma Manzano González Inglés Judit Puente-Dodd Fernández5. Plan de avaliación 9
  10. 10. Avaliación continua. Rexistraranse os obxectivos que se vaian acadando así comoas dificultades que se vaian atopando durante o proceso e reflexionarase ebuscaranse as súas causas.Avaliación final. Anotaránse os obxectivos acadados e os aspectos a mellorar para ovindeiro curso; servirá como proceso de autoevaluación.Instrumentos de avaliación. Enquisas ó alumnado, profesorado e familias. Observación directa e rexistro do desenvolvemento do proxecto. Ponteareas, 8 de outubro de 2010.EQUIPO DE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN 10

×