SlideShare a Scribd company logo
1 of 6
Download to read offline
IES Ramón Caamaño- Curso 2014-15 
Plan Proxecta: Querote+ (Socializando). 
IES Ramón Caamaño- Muxía 
■ Profesorado participante 
- Ana Mª Loriente Acebedo, prof. de Debuxo, titora 3º PDC 
- Divina Oróns García, prof. de Matemáticas 
- Mª de la Fe Vega Madroñero, prof. de Lingua Castelá e Literatura 
- Leticia Quintela Caamaño, prof. de Xeografía e historia, titora 3º A 
- Margarita Tobio Recarey, prof. Bioloxía e xeoloxía 
-Xoán Bautista Mariño Abuin, prof. Francés 
-Mª Jesús García Taboada, Orientadora e coordinadora 
■ Introducción 
Os temas que vamos abordar dende o proxecto que presentamos, responden a 
un conxunto de contidos, temas e eixes que conducindo actividade escolar non 
están adscritos a ningunha materia en particular, pero impregnan a totalidade do 
currículo impartido no centro educativo. Ademais o interese de abordar estes 
temas non só está na relación que teñen có currículo de 3º de ESO, senón que 
afectan a diferentes aspectos da vida dos alumnos/as, non só dentro do contexto 
escolar, senón que tamén están presentes nas súas relacións cotiás e nos seus 
tempos de lecer. A sociedade en xeral, adultos, mozos e nenos, son fonte e 
modelo de transmisión de valores sociais, por ex: a consideración social do 
alcohol ou as diferentes formas de afrontar e solucionar os conflitos. Tamén os 
medios de comunicación xogan un rol moi importante, porque transmiten 
modelos, que sendo construtivos poderían favorecer a práctica de novas 
actitudes dentro da sociedade. Por ex: a tolerancia cero co consumo de alcohol 
entre os máis novos, ou habilidades para a resolución de conflitos de xeito
IES Ramón Caamaño- Curso 2014-15 
pacífico. Dende un centro educativo non podemos vivir ó marxe da realidade e 
do contexto no que nos atopamos, pero tampouco podemos darnos por 
vencidos, senón que temos que intentar previr, dentro das nosas posibilidades, 
os problemas que lles poden carrexar ós alumnos/as certas condutas ou hábitos 
non aconsellables (consumo de alcohol,violencia, mal uso das TIC). Somos 
conscientes de que son temas moi amplos, polo que é imposible abordalos na 
súa totalidade durante un curso escolar, pese a estes problemas presentamos un 
proxecto baseado nun tratamento interdisciplinar dos mesmos dende diferentes 
áreas de 3º de ESO. As áreas dende as que se abordaran son: 
• 2ª Lingua Extranxeira (Francés) 
• Lingua Castelá e Literatura 
• Bioloxía e Xeoloxía 
• Matemáticas 
• Titoría 
■ Obxectivos 
• Intentar que rapazas e rapaces comprendan dun xeito crítico o mundo no 
que viven e actúen con criterio na procura do benestar individual e 
colectivo,mediante o coñecemento e xestión das propias emocións. 
• Fomentar condutas que transmitan valores de respecto e igualdade, de 
xeito que favorezan a prevención de actitudes e situacións violentas. 
• Promover o recoñecemento das emocións propias e alleas, diferenciando 
as que son axeitadas (empatía, ledicia...) daquelas que non o son (ira, 
rabia..), así como propoñerlles as estratexias necesarias para mellorar o 
seu nivel de control. 
• Axudarlles a mellorar as súas estratexias de relación e convivencia cós 
demais, non só no centro educativo, senón implementandoas nos 
diferentes contextos nos que se atopen. 
• Informar e asesorar ós alumnos/as sobre os diferentes usos das TICS, 
analizando as ventaxas e inconvintes dos mesmos.
IES Ramón Caamaño- Curso 2014-15 
• Concienciar os alumnos/as sobre ós riscos do consumo excesivo do 
alcohol, así coma a súa influencia en distintas actitudes e 
comportamentos que realicen. 
• Ofertar ós alumnos/as as ferramentas axeitadas para que sexan capaces de 
adoptar unha actitude crítica sobre o consumo de alcohol, e as 
consecuencias que ten nun futuro próximo. 
■ Metodoloxía 
A metodoloxía basease na participación activa do alumnado que será o 
protagonista da súa aprendizaxe, contribuíndo a crear un clima de cooperación e 
sensibilización acerca dos temas que se traten,sen esquecer unha perspectiva 
interdisciplinar no tratamento das diferentes temáticas propostas. Entre as 
técnicas que se desenvolveran hai que salientar as técnicas de traballo en grupo 
e cooperación entre os alumnos/as. 
• Nas titorías (3º A- 3º PDC) vanse traballar habilidades sociais e 
resolución de conflitos, incidindo en aspectos como: Control 
emocional,coñecéndome máis (as miñas prioridades e as dos 
demais),regras e normas da clase, as relacións cos demais (dentro e fora 
da aula),como é a miña conduta, resolución de conflitos, buscar distintas 
solucións. Para desenvolver estes aspectos valeranse de:Distintos textos 
que traten os temas propostos, diferentes cuestionarios (avaliación da 
conduta, de actitudes..),traballo en pequeno e gran grupo sobre as 
posibles solucións os casos propostos ,rolle playing ou dramatización 
dalgunha situación conflitiva e buscar dunha maneira conxunta de 
solucións, elaboración en grupo das normas da clase e das sancións que 
supón o non telas en conta, buscar información sobre diferentes conflitos 
bélicos - prensa, internet- e propoñer as posibles solucións que deberían 
adoptar as partes implicadas para poder evitalos. A maioría das 
actividades propostas nun primeiro intre faríanse a nivel de grupos 
pequenos e logo en gran grupo.
IES Ramón Caamaño- Curso 2014-15 
• En Bioloxía e Xeoloxía traballarase co alumnado a promoción de hábitos 
saudables,evitando condutas de risco (consumo de alcohol..). O plan de 
traballo será o seguinte: Introdución o tema do botellón realizando un 
xogo de rol,creación na plataforma educativa Edmodo, por parte do 
alumnado, de probas de opción múltiple sobre os efectos do consumo do 
alcohol,traballarán en equipo e realizarán un concurso entre os distintos 
equipos. Preparación dunha Campaña de prevención do consumo de 
alcohol entre adolescentes a través da gravación dun vídeo. 
• En matemáticas abordaran distintos temas (consumo de alcohol, 
bulling,malos tratos..) a partir da análise de funcións e gráficas e análises 
estatísticos referidos a estes temas, de poder ser os datos do estado 
referiranse ó contexto no que se topa o centro. 
• En Lingua e Literatura Castelá abordarase o tema da convivencia e 
resolución de conflitos a través da lectura en clase de fragmentos 
literarios (textos de autores estudiados durante o curso, sen descartar 
outros) posta en común das reflexións do alumnado e redacción das 
conclusións as que chegaron. 
• Lingua Francesa abordaran o tema das diferentes formas de socialización 
de acordo a cultura, país, rexión..a través das diferentes maneiras de 
saudar segun sexa España ou Francia, as diversas formas de dicir: ola, 
adeus, os bicos e distintos xestos. Estes aspectos traballaranse coa lectura 
de textos nos que se vexan, e visualizarán películas nas que aparezan 
estes aspectos. A partir da reflexión dos diferentes temas traballados 
realizaran en grupo murais, e carteis que fagan alusión os aspectos 
tratados. 
■ Avaliación 
A avaliación que propoñemos do proxecto presentado enmarcase nun paradigma 
cualitativo dende o que intentamos comprender como se desenvolve o proceso 
avaliador, coa finalidade de melloralo, centrándonos máis nos procesos ca nos 
resultados, pois intentamos describir e interpretar as interacións que teñen lugar 
dentro da aula e no centro (alumno/a-alumno/a, alumno/a-profesor/a), así como
IES Ramón Caamaño- Curso 2014-15 
os problemas e propostas de mellora dadas polos implicados durante a súa posta 
e marcha. As características deste modelo son: 
• Integral, facendo unha análise de todos os aspectos relacionados co seu 
desenvolvemento, intentando mellorar aqueles que o fan máis lento. 
• Formativa, durante o proceso vanse levar a cabo todos aqueles cambios 
que sexan necesarios para mellorar o seu desenvolvemento , de acordo 
cos datos que nos van proporcionando as avaliacións realizadas, dende a 
perspectiva de todos os participantes no mesmo. 
• Autoavaliación, cada un dos implicados no proxecto avaliará a súa propia 
práctica, como punto de partida para desenvolver todas aquelas medidas 
necesarias para mellorala. 
• Criterial, considerando como criterio a consecución dos obxectivos 
propostos, nivel de adquisición das diferentes capacidades por parte dos 
alumnos/as. 
• Funcional,có obxectivo de que serva para algo, e neste caso queremos 
que serva para mellorar a nosa práctica cotiá e para fortalecer e 
interiorizar certas condutas no alumnado, relativas os temas que se 
abordan. 
Para acadar as finalidades propostas realizaremos o proceso de avaliación en 
tres intres: 
• Avaliación inicial, valoramos as carencias que presenta ó alumnado, os 
seus intereses e motivacións e por isto pensamos que é necesario tratar 
estes temas dende unha perspectiva interdisciplinar. Dende cada unha das 
materias implicadas no proxecto o profesor/a avaliou a situación de 
partida dos alumnos/as para tratar os distintos temas a partir dos 
coñecementos previos que posúen. 
• Avaliación continua, realizarase durante o desenvolvemento do proxecto
IES Ramón Caamaño- Curso 2014-15 
ó longo do curso, co obxectivo de mellorar e modificar todos aqueles 
aspectos que non axuden a súa axeitada realización, e tamén para 
solventar todos aqueles problemas que poidan xurdir durante o seu 
desenvolvemento. 
• Avaliación final, para determinar se acadamos ou non os obxectivos 
propostos, nivel en que se lograron as competencias traballadas, grao de 
implicación no mesmo,aspectos a mellorar e aqueles a tratar nun posterior 
desenvolvemento do mesmo 
A realización deste proceso de avaliación supón: levar a cabo reunións 
periódicas entre todos os implicados no mesmo para nun primeiro momento 
saber cal é o punto de partida tanto do profesor/a como dos alumnos/as en 
relación ós temas a tratar, e logo continuar cás mesmas para saber como se vai a 
desenvolver o proxecto, aspectos que hai que mellorar ou modificar. Para obter 
a información necesaria pasaranse cuestionarios e enquisas os alumnos/as 
durante o seu desenvolvemento (tamén o seu remate) para saber o que lles 
parecen os temas tratados e como lles axudan a mellorar a súa convivencia e 
relacións non só dentro do centro senón tamén fora do mesmo. Cos datos 
obtidos (profesores/as, alumnos/as) farase unha síntese valorativa do proxecto 
na que se plasmarán: aspectos positivos e negativos, puntos a mellorar, aspectos 
non tratados que se deberían contemplar, problemas que xurdiran durante o seu 
desenvolvemento, propostas de mellora, para unha próxima posta en práctica 
do mesmo.

More Related Content

Viewers also liked (16)

7 soneto xxiii de garcilaso
7 soneto xxiii de garcilaso7 soneto xxiii de garcilaso
7 soneto xxiii de garcilaso
 
0 finalidad y metodologia
0 finalidad y metodologia0 finalidad y metodologia
0 finalidad y metodologia
 
1 introduccion
1 introduccion1 introduccion
1 introduccion
 
4 texto de el conde lucanor-hombre
4 texto de el conde lucanor-hombre4 texto de el conde lucanor-hombre
4 texto de el conde lucanor-hombre
 
6 fragmentos de las coplas
6 fragmentos de las coplas6 fragmentos de las coplas
6 fragmentos de las coplas
 
3 texto del cid-judios de burgos
3 texto del cid-judios de burgos3 texto del cid-judios de burgos
3 texto del cid-judios de burgos
 
Denuncia de agresión
Denuncia de agresiónDenuncia de agresión
Denuncia de agresión
 
8 conclusiones
8 conclusiones8 conclusiones
8 conclusiones
 
Guia completa habilidades sociales para adolescentes
Guia completa habilidades sociales para adolescentesGuia completa habilidades sociales para adolescentes
Guia completa habilidades sociales para adolescentes
 
Salutation
SalutationSalutation
Salutation
 
Bisou
BisouBisou
Bisou
 
Gestes
GestesGestes
Gestes
 
Guille
GuilleGuille
Guille
 
Carol, una chica de mi instituto
Carol, una chica de mi institutoCarol, una chica de mi instituto
Carol, una chica de mi instituto
 
Relacionarse con compañeros con discapacidad
Relacionarse con compañeros con discapacidadRelacionarse con compañeros con discapacidad
Relacionarse con compañeros con discapacidad
 
Paginas de matematicas
Paginas de matematicasPaginas de matematicas
Paginas de matematicas
 

Similar to Proxecta, quérote + , (socializando)

Plan proxecta parte 3 organización
Plan proxecta parte 3 organizaciónPlan proxecta parte 3 organización
Plan proxecta parte 3 organización
mmbarros
 
Guía didáctica: A posta en práctica da acción titorial
Guía didáctica: A posta en práctica da acción titorialGuía didáctica: A posta en práctica da acción titorial
Guía didáctica: A posta en práctica da acción titorial
Accion_titorial
 
Guía didáctica A posta en práctica da acción titorial
Guía didáctica A posta en práctica da acción titorialGuía didáctica A posta en práctica da acción titorial
Guía didáctica A posta en práctica da acción titorial
Accion_titorial
 
Proxecto competencia aprender_aprender
Proxecto competencia aprender_aprenderProxecto competencia aprender_aprender
Proxecto competencia aprender_aprender
mercemartinez
 

Similar to Proxecta, quérote + , (socializando) (20)

Plan proxecta parte 3 organización
Plan proxecta parte 3 organizaciónPlan proxecta parte 3 organización
Plan proxecta parte 3 organización
 
Guia didactica:Posta en práctica da acción titorial
Guia didactica:Posta en práctica da acción titorialGuia didactica:Posta en práctica da acción titorial
Guia didactica:Posta en práctica da acción titorial
 
Decreto convivencia
Decreto convivenciaDecreto convivencia
Decreto convivencia
 
Guía didáctica: A posta en práctica da acción titorial
Guía didáctica: A posta en práctica da acción titorialGuía didáctica: A posta en práctica da acción titorial
Guía didáctica: A posta en práctica da acción titorial
 
Oie
OieOie
Oie
 
Oie
OieOie
Oie
 
Guía didáctica A posta en práctica da acción titorial
Guía didáctica A posta en práctica da acción titorialGuía didáctica A posta en práctica da acción titorial
Guía didáctica A posta en práctica da acción titorial
 
Sexo con seso
Sexo con sesoSexo con seso
Sexo con seso
 
Plan de convivencia
Plan de convivenciaPlan de convivencia
Plan de convivencia
 
Proxecto competencia aprender_aprender
Proxecto competencia aprender_aprenderProxecto competencia aprender_aprender
Proxecto competencia aprender_aprender
 
Competencias básicas e avaliación de diagnóstico. Galicia 2009
Competencias básicas e avaliación de diagnóstico. Galicia 2009Competencias básicas e avaliación de diagnóstico. Galicia 2009
Competencias básicas e avaliación de diagnóstico. Galicia 2009
 
OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS
OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAISOBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS
OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS
 
Pxa 16 17
Pxa 16 17 Pxa 16 17
Pxa 16 17
 
Pxa 16 17
Pxa 16 17Pxa 16 17
Pxa 16 17
 
Presentacion do Módulo de Didactica da Educación Infantil
Presentacion do Módulo de Didactica da Educación InfantilPresentacion do Módulo de Didactica da Educación Infantil
Presentacion do Módulo de Didactica da Educación Infantil
 
Pxa 20 21
Pxa 20 21Pxa 20 21
Pxa 20 21
 
Competencias básicas e probas de diagnóstico Galicia 2009
Competencias básicas e probas de diagnóstico Galicia 2009Competencias básicas e probas de diagnóstico Galicia 2009
Competencias básicas e probas de diagnóstico Galicia 2009
 
I+D MEDIA
I+D MEDIAI+D MEDIA
I+D MEDIA
 
Os valores agóchanse detrás da conduta
Os valores agóchanse detrás da condutaOs valores agóchanse detrás da conduta
Os valores agóchanse detrás da conduta
 
Na familia aprendemos a convivir a partir de pautas educativas
Na familia aprendemos a convivir a partir de pautas educativasNa familia aprendemos a convivir a partir de pautas educativas
Na familia aprendemos a convivir a partir de pautas educativas
 

Recently uploaded (7)

Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 

Proxecta, quérote + , (socializando)

  • 1. IES Ramón Caamaño- Curso 2014-15 Plan Proxecta: Querote+ (Socializando). IES Ramón Caamaño- Muxía ■ Profesorado participante - Ana Mª Loriente Acebedo, prof. de Debuxo, titora 3º PDC - Divina Oróns García, prof. de Matemáticas - Mª de la Fe Vega Madroñero, prof. de Lingua Castelá e Literatura - Leticia Quintela Caamaño, prof. de Xeografía e historia, titora 3º A - Margarita Tobio Recarey, prof. Bioloxía e xeoloxía -Xoán Bautista Mariño Abuin, prof. Francés -Mª Jesús García Taboada, Orientadora e coordinadora ■ Introducción Os temas que vamos abordar dende o proxecto que presentamos, responden a un conxunto de contidos, temas e eixes que conducindo actividade escolar non están adscritos a ningunha materia en particular, pero impregnan a totalidade do currículo impartido no centro educativo. Ademais o interese de abordar estes temas non só está na relación que teñen có currículo de 3º de ESO, senón que afectan a diferentes aspectos da vida dos alumnos/as, non só dentro do contexto escolar, senón que tamén están presentes nas súas relacións cotiás e nos seus tempos de lecer. A sociedade en xeral, adultos, mozos e nenos, son fonte e modelo de transmisión de valores sociais, por ex: a consideración social do alcohol ou as diferentes formas de afrontar e solucionar os conflitos. Tamén os medios de comunicación xogan un rol moi importante, porque transmiten modelos, que sendo construtivos poderían favorecer a práctica de novas actitudes dentro da sociedade. Por ex: a tolerancia cero co consumo de alcohol entre os máis novos, ou habilidades para a resolución de conflitos de xeito
  • 2. IES Ramón Caamaño- Curso 2014-15 pacífico. Dende un centro educativo non podemos vivir ó marxe da realidade e do contexto no que nos atopamos, pero tampouco podemos darnos por vencidos, senón que temos que intentar previr, dentro das nosas posibilidades, os problemas que lles poden carrexar ós alumnos/as certas condutas ou hábitos non aconsellables (consumo de alcohol,violencia, mal uso das TIC). Somos conscientes de que son temas moi amplos, polo que é imposible abordalos na súa totalidade durante un curso escolar, pese a estes problemas presentamos un proxecto baseado nun tratamento interdisciplinar dos mesmos dende diferentes áreas de 3º de ESO. As áreas dende as que se abordaran son: • 2ª Lingua Extranxeira (Francés) • Lingua Castelá e Literatura • Bioloxía e Xeoloxía • Matemáticas • Titoría ■ Obxectivos • Intentar que rapazas e rapaces comprendan dun xeito crítico o mundo no que viven e actúen con criterio na procura do benestar individual e colectivo,mediante o coñecemento e xestión das propias emocións. • Fomentar condutas que transmitan valores de respecto e igualdade, de xeito que favorezan a prevención de actitudes e situacións violentas. • Promover o recoñecemento das emocións propias e alleas, diferenciando as que son axeitadas (empatía, ledicia...) daquelas que non o son (ira, rabia..), así como propoñerlles as estratexias necesarias para mellorar o seu nivel de control. • Axudarlles a mellorar as súas estratexias de relación e convivencia cós demais, non só no centro educativo, senón implementandoas nos diferentes contextos nos que se atopen. • Informar e asesorar ós alumnos/as sobre os diferentes usos das TICS, analizando as ventaxas e inconvintes dos mesmos.
  • 3. IES Ramón Caamaño- Curso 2014-15 • Concienciar os alumnos/as sobre ós riscos do consumo excesivo do alcohol, así coma a súa influencia en distintas actitudes e comportamentos que realicen. • Ofertar ós alumnos/as as ferramentas axeitadas para que sexan capaces de adoptar unha actitude crítica sobre o consumo de alcohol, e as consecuencias que ten nun futuro próximo. ■ Metodoloxía A metodoloxía basease na participación activa do alumnado que será o protagonista da súa aprendizaxe, contribuíndo a crear un clima de cooperación e sensibilización acerca dos temas que se traten,sen esquecer unha perspectiva interdisciplinar no tratamento das diferentes temáticas propostas. Entre as técnicas que se desenvolveran hai que salientar as técnicas de traballo en grupo e cooperación entre os alumnos/as. • Nas titorías (3º A- 3º PDC) vanse traballar habilidades sociais e resolución de conflitos, incidindo en aspectos como: Control emocional,coñecéndome máis (as miñas prioridades e as dos demais),regras e normas da clase, as relacións cos demais (dentro e fora da aula),como é a miña conduta, resolución de conflitos, buscar distintas solucións. Para desenvolver estes aspectos valeranse de:Distintos textos que traten os temas propostos, diferentes cuestionarios (avaliación da conduta, de actitudes..),traballo en pequeno e gran grupo sobre as posibles solucións os casos propostos ,rolle playing ou dramatización dalgunha situación conflitiva e buscar dunha maneira conxunta de solucións, elaboración en grupo das normas da clase e das sancións que supón o non telas en conta, buscar información sobre diferentes conflitos bélicos - prensa, internet- e propoñer as posibles solucións que deberían adoptar as partes implicadas para poder evitalos. A maioría das actividades propostas nun primeiro intre faríanse a nivel de grupos pequenos e logo en gran grupo.
  • 4. IES Ramón Caamaño- Curso 2014-15 • En Bioloxía e Xeoloxía traballarase co alumnado a promoción de hábitos saudables,evitando condutas de risco (consumo de alcohol..). O plan de traballo será o seguinte: Introdución o tema do botellón realizando un xogo de rol,creación na plataforma educativa Edmodo, por parte do alumnado, de probas de opción múltiple sobre os efectos do consumo do alcohol,traballarán en equipo e realizarán un concurso entre os distintos equipos. Preparación dunha Campaña de prevención do consumo de alcohol entre adolescentes a través da gravación dun vídeo. • En matemáticas abordaran distintos temas (consumo de alcohol, bulling,malos tratos..) a partir da análise de funcións e gráficas e análises estatísticos referidos a estes temas, de poder ser os datos do estado referiranse ó contexto no que se topa o centro. • En Lingua e Literatura Castelá abordarase o tema da convivencia e resolución de conflitos a través da lectura en clase de fragmentos literarios (textos de autores estudiados durante o curso, sen descartar outros) posta en común das reflexións do alumnado e redacción das conclusións as que chegaron. • Lingua Francesa abordaran o tema das diferentes formas de socialización de acordo a cultura, país, rexión..a través das diferentes maneiras de saudar segun sexa España ou Francia, as diversas formas de dicir: ola, adeus, os bicos e distintos xestos. Estes aspectos traballaranse coa lectura de textos nos que se vexan, e visualizarán películas nas que aparezan estes aspectos. A partir da reflexión dos diferentes temas traballados realizaran en grupo murais, e carteis que fagan alusión os aspectos tratados. ■ Avaliación A avaliación que propoñemos do proxecto presentado enmarcase nun paradigma cualitativo dende o que intentamos comprender como se desenvolve o proceso avaliador, coa finalidade de melloralo, centrándonos máis nos procesos ca nos resultados, pois intentamos describir e interpretar as interacións que teñen lugar dentro da aula e no centro (alumno/a-alumno/a, alumno/a-profesor/a), así como
  • 5. IES Ramón Caamaño- Curso 2014-15 os problemas e propostas de mellora dadas polos implicados durante a súa posta e marcha. As características deste modelo son: • Integral, facendo unha análise de todos os aspectos relacionados co seu desenvolvemento, intentando mellorar aqueles que o fan máis lento. • Formativa, durante o proceso vanse levar a cabo todos aqueles cambios que sexan necesarios para mellorar o seu desenvolvemento , de acordo cos datos que nos van proporcionando as avaliacións realizadas, dende a perspectiva de todos os participantes no mesmo. • Autoavaliación, cada un dos implicados no proxecto avaliará a súa propia práctica, como punto de partida para desenvolver todas aquelas medidas necesarias para mellorala. • Criterial, considerando como criterio a consecución dos obxectivos propostos, nivel de adquisición das diferentes capacidades por parte dos alumnos/as. • Funcional,có obxectivo de que serva para algo, e neste caso queremos que serva para mellorar a nosa práctica cotiá e para fortalecer e interiorizar certas condutas no alumnado, relativas os temas que se abordan. Para acadar as finalidades propostas realizaremos o proceso de avaliación en tres intres: • Avaliación inicial, valoramos as carencias que presenta ó alumnado, os seus intereses e motivacións e por isto pensamos que é necesario tratar estes temas dende unha perspectiva interdisciplinar. Dende cada unha das materias implicadas no proxecto o profesor/a avaliou a situación de partida dos alumnos/as para tratar os distintos temas a partir dos coñecementos previos que posúen. • Avaliación continua, realizarase durante o desenvolvemento do proxecto
  • 6. IES Ramón Caamaño- Curso 2014-15 ó longo do curso, co obxectivo de mellorar e modificar todos aqueles aspectos que non axuden a súa axeitada realización, e tamén para solventar todos aqueles problemas que poidan xurdir durante o seu desenvolvemento. • Avaliación final, para determinar se acadamos ou non os obxectivos propostos, nivel en que se lograron as competencias traballadas, grao de implicación no mesmo,aspectos a mellorar e aqueles a tratar nun posterior desenvolvemento do mesmo A realización deste proceso de avaliación supón: levar a cabo reunións periódicas entre todos os implicados no mesmo para nun primeiro momento saber cal é o punto de partida tanto do profesor/a como dos alumnos/as en relación ós temas a tratar, e logo continuar cás mesmas para saber como se vai a desenvolver o proxecto, aspectos que hai que mellorar ou modificar. Para obter a información necesaria pasaranse cuestionarios e enquisas os alumnos/as durante o seu desenvolvemento (tamén o seu remate) para saber o que lles parecen os temas tratados e como lles axudan a mellorar a súa convivencia e relacións non só dentro do centro senón tamén fora do mesmo. Cos datos obtidos (profesores/as, alumnos/as) farase unha síntese valorativa do proxecto na que se plasmarán: aspectos positivos e negativos, puntos a mellorar, aspectos non tratados que se deberían contemplar, problemas que xurdiran durante o seu desenvolvemento, propostas de mellora, para unha próxima posta en práctica do mesmo.