SlideShare a Scribd company logo
1 of 6
IES Ramón Caamaño- Curso 2014-15
Plan Proxecta: Querote+ (Socializando).
IES Ramón Caamaño- Muxía
■ Profesorado participante
- Ana Mª Loriente Acebedo, prof. de Debuxo, titora 3º PDC
- Divina Oróns García, prof. de Matemáticas
- Mª de la Fe Vega Madroñero, prof. de Lingua Castelá e Literatura
- Leticia Quintela Caamaño, prof. de Xeografía e historia, titora 3º A
- Margarita Tobío Recarey, prof. Bioloxía e xeoloxía
-Xoán Bautista Mariño Abuin, prof. Francés
-Mª Jesús García Taboada, Orientadora e coordinadora
■ Introdución
Os temas que vamos abordar dende o proxecto que presentamos, responden a
un conxunto de contidos, temas e eixes que conducindo actividade escolar non
están adscritos a ningunha materia en particular, pero impregnan a totalidade do
currículo impartido no centro educativo. Ademais o interese de abordar estes
temas non só está na relación que teñen có currículo de 3º de ESO, senón que
afectan a diferentes aspectos da vida dos alumnos/as, non só dentro do contexto
escolar, senón que tamén están presentes nas súas relacións cotiás e nos seus
tempos de lecer. A sociedade en xeral, adultos, mozos e nenos, son fonte e
modelo de transmisión de valores sociais, por ex: a consideración social do
alcohol ou as diferentes formas de afrontar e solucionar os conflitos. Tamén os
medios de comunicación xogan un rol moi importante, porque transmiten
modelos, que sendo construtivos poderían favorecer a práctica de novas
actitudes dentro da sociedade. Por ex: a tolerancia cero co consumo de alcohol
entre os máis novos, ou habilidades para a resolución de conflitos de xeito
IES Ramón Caamaño- Curso 2014-15
pacífico. Dende un centro educativo non podemos vivir ó marxe da realidade e
do contexto no que nos atopamos, pero tampouco podemos darnos por
vencidos, senón que temos que intentar previr, dentro das nosas posibilidades,
os problemas que lles poden carrexar ós alumnos/as certas condutas ou hábitos
non aconsellables (consumo de alcohol,violencia, mal uso das TIC). Somos
conscientes de que son temas moi amplos, polo que é imposible abordalos na
súa totalidade durante un curso escolar, pese a estes problemas presentamos un
proxecto baseado nun tratamento interdisciplinar dos mesmos dende diferentes
áreas de 3º de ESO. As áreas dende as que se abordaran son:
• 2ª Lingua Extranxeira (Francés)
• Lingua Castelá e Literatura
• Bioloxía e xeoloxía
• Matemáticas
• Titoría
■ Obxectivos
• Intentar que rapazas e rapaces comprendan dun xeito crítico o mundo no
que viven e actúen con criterio na procura do benestar individual e
colectivo,mediante o coñecemento e xestión das propias emocións.
• Fomentar condutas que transmitan valores de respecto e igualdade, de
xeito que favorezan a prevención de actitudes e situacións violentas.
• Promover o recoñecemento das emocións propias e alleas, diferenciando
as que son axeitadas (empatía, ledicia...) daquelas que non o son (ira,
rabia..), así como propoñerlles as estratexias necesarias para mellorar o
seu nivel de control.
• Axudarlles a mellorar as súas estratexias de relación e convivencia cós
demais, non só no centro educativo, senón implementandoas nos
diferentes contextos nos que se atopen.
• Informar e asesorar ós alumnos/as sobre os diferentes usos das TICS,
analizando as ventaxas e inconvintes dos mesmos.
IES Ramón Caamaño- Curso 2014-15
• Concienciar os alumnos/as sobre ós riscos do consumo excesivo do
alcohol, así coma a súa influencia en distintas actitudes e
comportamentos que realicen.
• Ofertar ós alumnos/as as ferramentas axeitadas para que sexan capaces de
adoptar unha actitude crítica sobre o consumo de alcohol, e as
consecuencias que ten nun futuro próximo.
■ Metodoloxía
A metodoloxía baséase na participación activa do alumnado que será o
protagonista da súa aprendizaxe, contribuíndo a crear un clima de cooperación e
sensibilización acerca dos temas que se traten,sen esquecer unha perspectiva
interdisciplinar no tratamento das diferentes temáticas propostas. Entre as
técnicas que se desenvolveran hai que salientar as técnicas de traballo en grupo
e cooperación entre os alumnos/as.
• Nas titorías (3º A- 3º PDC) vanse traballar habilidades sociais e
resolución de conflitos, incidindo en aspectos como: Control
emocional,coñecéndome máis (as miñas prioridades e as dos
demais),regras e normas da clase, as relacións cos demais (dentro e fora
da aula),como é a miña conduta, resolución de conflitos, buscar distintas
solucións. Para desenvolver estes aspectos valeranse de:Distintos textos
que traten os temas propostos, diferentes cuestionarios (avaliación da
conduta, de actitudes..),traballo en pequeno e gran grupo sobre as
posibles solucións os casos propostos ,rolle playing ou dramatización
dalgunha situación conflitiva e buscar dunha maneira conxunta de
solucións, elaboración en grupo das normas da clase e das sancións que
supón o non telas en conta, buscar información sobre diferentes conflitos
bélicos - prensa, internet- e propoñer as posibles solucións que deberían
adoptar as partes implicadas para poder evitalos. A maioría das
actividades propostas nun primeiro intre faríanse a nivel de grupos
pequenos e logo en gran grupo.
IES Ramón Caamaño- Curso 2014-15
• En Bioloxía e xeoloxía traballarase co alumnado a promoción de hábitos
saudables, evitando condutas de risco (consumo de alcohol..). O plan de
traballo será o seguinte:
Introdución o tema do botellón realizando un xogo de rol, creación na
plataforma educativa Edmodo, por parte do alumnado, de probas de
opción múltiple sobre os efectos do consumo do alcohol. Traballarán en
equipo e realizarán un concurso entre os distintos equipos. Preparación
dunha Campaña de prevención do consumo de alcohol entre adolescentes
a través da gravación dun vídeo.
• En matemáticas abordaran distintos temas (consumo de alcohol,
bulling,malos tratos..) a partir da análise de funcións e gráficas e análises
estatísticos referidos a estes temas, de poder ser os datos do estado
referiranse ó contexto no que se topa o centro.
• En Lingua e Literatura Castelá abordarase o tema da convivencia e
resolución de conflitos a través da lectura en clase de fragmentos
literarios (textos de autores estudiados durante o curso, sen descartar
outros) posta en común das reflexións do alumnado e redacción das
conclusións as que chegaron.
• Lingua Francesa abordaran o tema das diferentes formas de socialización
de acordo a cultura, país, rexión..a través das diferentes maneiras de
saudar segun sexa España ou Francia, as diversas formas de dicir: ola,
adeus, os bicos e distintos xestos. Estes aspectos traballaranse coa lectura
de textos nos que se vexan, e visualizarán películas nas que aparezan
estes aspectos. A partir da reflexión dos diferentes temas traballados
realizaran en grupo murais, e carteis que fagan alusión os aspectos
tratados.
■ Avaliación
A avaliación que propoñemos do proxecto presentado enmarcase nun paradigma
cualitativo dende o que intentamos comprender como se desenvolve o proceso
avaliador, coa finalidade de melloralo, centrándonos máis nos procesos ca nos
resultados, pois intentamos describir e interpretar as interacións que teñen lugar
dentro da aula e no centro (alumno/a-alumno/a, alumno/a-profesor/a), así como
IES Ramón Caamaño- Curso 2014-15
os problemas e propostas de mellora dadas polos implicados durante a súa posta
e marcha. As características deste modelo son:
• Integral, facendo unha análise de todos os aspectos relacionados co seu
desenvolvemento, intentando mellorar aqueles que o fan máis lento.
• Formativa, durante o proceso vanse levar a cabo todos aqueles cambios
que sexan necesarios para mellorar o seu desenvolvemento , de acordo
cos datos que nos van proporcionando as avaliacións realizadas, dende a
perspectiva de todos os participantes no mesmo.
• Autoavaliación, cada un dos implicados no proxecto avaliará a súa propia
práctica, como punto de partida para desenvolver todas aquelas medidas
necesarias para mellorala.
• Criterial, considerando como criterio a consecución dos obxectivos
propostos, nivel de adquisición das diferentes capacidades por parte dos
alumnos/as.
• Funcional,có obxectivo de que serva para algo, e neste caso queremos
que serva para mellorar a nosa práctica cotiá e para fortalecer e
interiorizar certas condutas no alumnado, relativas os temas que se
abordan.
Para acadar as finalidades propostas realizaremos o proceso de avaliación en
tres intres:
• Avaliación inicial, valoramos as carencias que presenta ó alumnado, os
seus intereses e motivacións e por isto pensamos que é necesario tratar
estes temas dende unha perspectiva interdisciplinar. Dende cada unha das
materias implicadas no proxecto o profesor/a avaliou a situación de
partida dos alumnos/as para tratar os distintos temas a partir dos
coñecementos previos que posúen.
• Avaliación continua, realizarase durante o desenvolvemento do proxecto
ó longo do curso, co obxectivo de mellorar e modificar todos aqueles
aspectos que non axuden a súa axeitada realización, e tamén para
solventar todos aqueles problemas que poidan xurdir durante o seu
desenvolvemento.
IES Ramón Caamaño- Curso 2014-15
• Avaliación final, para determinar se acadamos ou non os obxectivos
propostos, nivel en que se lograron as competencias traballadas, grao de
implicación no mesmo,aspectos a mellorar e aqueles a tratar nun posterior
desenvolvemento do mesmo
A realización deste proceso de avaliación supón: levar a cabo reunións
periódicas entre todos os implicados no mesmo para nun primeiro momento
saber cal é o punto de partida tanto do profesor/a como dos alumnos/as en
relación ós temas a tratar, e logo continuar cás mesmas para saber como se vai a
desenvolver o proxecto, aspectos que hai que mellorar ou modificar. Para obter
a información necesaria pasaranse cuestionarios e enquisas os alumnos/as
durante o seu desenvolvemento (tamén o seu remate) para saber o que lles
parecen os temas tratados e como lles axudan a mellorar a súa convivencia e
relacións non só dentro do centro senón tamén fora do mesmo. Cos datos
obtidos (profesores/as, alumnos/as) farase unha síntese valorativa do proxecto
na que se plasmarán: aspectos positivos e negativos, puntos a mellorar, aspectos
non tratados que se deberían contemplar, problemas que xurdiran durante o seu
desenvolvemento, propostas de mellora, para unha próxima posta en práctica
do mesmo.

More Related Content

Similar to Proxecta, quérote + , (socializando)

Plan proxecta parte 3 organización
Plan proxecta parte 3 organizaciónPlan proxecta parte 3 organización
Plan proxecta parte 3 organizaciónmmbarros
 
Decreto convivencia
Decreto convivenciaDecreto convivencia
Decreto convivenciaConchi Fraga
 
Proxecto competencia aprender_aprender
Proxecto competencia aprender_aprenderProxecto competencia aprender_aprender
Proxecto competencia aprender_aprendermercemartinez
 
Competencias básicas e avaliación de diagnóstico. Galicia 2009
Competencias básicas e avaliación de diagnóstico. Galicia 2009Competencias básicas e avaliación de diagnóstico. Galicia 2009
Competencias básicas e avaliación de diagnóstico. Galicia 2009Marcelino José Veiguela Fuentes
 
Presentacion do Módulo de Didactica da Educación Infantil
Presentacion do Módulo de Didactica da Educación InfantilPresentacion do Módulo de Didactica da Educación Infantil
Presentacion do Módulo de Didactica da Educación InfantilArturo Iglesias
 
Proxecto Proa 09 10
Proxecto Proa 09 10Proxecto Proa 09 10
Proxecto Proa 09 10josemiguens
 
Proxecto Difusión PIALE 2016 Gabriela
Proxecto Difusión PIALE 2016 GabrielaProxecto Difusión PIALE 2016 Gabriela
Proxecto Difusión PIALE 2016 Gabrielagabriela sanchez
 
Tâche 1: Protocole d`évaluation initiale
Tâche 1: Protocole d`évaluation initialeTâche 1: Protocole d`évaluation initiale
Tâche 1: Protocole d`évaluation initialeEmmaFigueira
 
Competencias básicas e probas de diagnóstico Galicia 2009
Competencias básicas e probas de diagnóstico Galicia 2009Competencias básicas e probas de diagnóstico Galicia 2009
Competencias básicas e probas de diagnóstico Galicia 2009Marcelino José Veiguela Fuentes
 
Informe de 1ª avaliación 2015 16
Informe de 1ª avaliación 2015 16Informe de 1ª avaliación 2015 16
Informe de 1ª avaliación 2015 16Anxos bibliotequeira
 
Proxectos ies valadares
Proxectos ies valadaresProxectos ies valadares
Proxectos ies valadaresIESVALADARES1
 
OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS
OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAISOBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS
OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAISCarmen165
 
Argalhando competencias
Argalhando competenciasArgalhando competencias
Argalhando competenciasSusana Arins
 

Similar to Proxecta, quérote + , (socializando) (20)

Plan proxecta parte 3 organización
Plan proxecta parte 3 organizaciónPlan proxecta parte 3 organización
Plan proxecta parte 3 organización
 
Decreto convivencia
Decreto convivenciaDecreto convivencia
Decreto convivencia
 
Proxecto competencia aprender_aprender
Proxecto competencia aprender_aprenderProxecto competencia aprender_aprender
Proxecto competencia aprender_aprender
 
Sexo con seso
Sexo con sesoSexo con seso
Sexo con seso
 
Oie
OieOie
Oie
 
Oie
OieOie
Oie
 
Competencias básicas e avaliación de diagnóstico. Galicia 2009
Competencias básicas e avaliación de diagnóstico. Galicia 2009Competencias básicas e avaliación de diagnóstico. Galicia 2009
Competencias básicas e avaliación de diagnóstico. Galicia 2009
 
Plan de convivencia
Plan de convivenciaPlan de convivencia
Plan de convivencia
 
Presentacion do Módulo de Didactica da Educación Infantil
Presentacion do Módulo de Didactica da Educación InfantilPresentacion do Módulo de Didactica da Educación Infantil
Presentacion do Módulo de Didactica da Educación Infantil
 
Proxecto Proa 09 10
Proxecto Proa 09 10Proxecto Proa 09 10
Proxecto Proa 09 10
 
Proxecto Difusión PIALE 2016 Gabriela
Proxecto Difusión PIALE 2016 GabrielaProxecto Difusión PIALE 2016 Gabriela
Proxecto Difusión PIALE 2016 Gabriela
 
Pxa 16 17
Pxa 16 17 Pxa 16 17
Pxa 16 17
 
Pxa 16 17
Pxa 16 17Pxa 16 17
Pxa 16 17
 
Tâche 1: Protocole d`évaluation initiale
Tâche 1: Protocole d`évaluation initialeTâche 1: Protocole d`évaluation initiale
Tâche 1: Protocole d`évaluation initiale
 
Pxa 20 21
Pxa 20 21Pxa 20 21
Pxa 20 21
 
Competencias básicas e probas de diagnóstico Galicia 2009
Competencias básicas e probas de diagnóstico Galicia 2009Competencias básicas e probas de diagnóstico Galicia 2009
Competencias básicas e probas de diagnóstico Galicia 2009
 
Informe de 1ª avaliación 2015 16
Informe de 1ª avaliación 2015 16Informe de 1ª avaliación 2015 16
Informe de 1ª avaliación 2015 16
 
Proxectos ies valadares
Proxectos ies valadaresProxectos ies valadares
Proxectos ies valadares
 
OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS
OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAISOBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS
OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS
 
Argalhando competencias
Argalhando competenciasArgalhando competencias
Argalhando competencias
 

More from Marga Bio

Atapuerca(jose e anxo)
Atapuerca(jose e anxo)Atapuerca(jose e anxo)
Atapuerca(jose e anxo)Marga Bio
 
Meteocarlaeloy
MeteocarlaeloyMeteocarlaeloy
MeteocarlaeloyMarga Bio
 
Avaliación do proxecto meteomuxía alumnado
Avaliación do proxecto meteomuxía   alumnadoAvaliación do proxecto meteomuxía   alumnado
Avaliación do proxecto meteomuxía alumnadoMarga Bio
 
Avaliación do proxecto meteomuxía profesorado
Avaliación do proxecto meteomuxía   profesoradoAvaliación do proxecto meteomuxía   profesorado
Avaliación do proxecto meteomuxía profesoradoMarga Bio
 
Estudo estatístico
Estudo estatísticoEstudo estatístico
Estudo estatísticoMarga Bio
 
Os volcáns e a súa influencia no clima
Os volcáns e a súa influencia no climaOs volcáns e a súa influencia no clima
Os volcáns e a súa influencia no climaMarga Bio
 
Reglemeteojeucool
ReglemeteojeucoolReglemeteojeucool
ReglemeteojeucoolMarga Bio
 
Marcelino Claudia Mónica Biometeoroloxía
Marcelino Claudia Mónica BiometeoroloxíaMarcelino Claudia Mónica Biometeoroloxía
Marcelino Claudia Mónica BiometeoroloxíaMarga Bio
 
Biometeoroloxía sandra noelia jenifer loida
Biometeoroloxía sandra noelia jenifer loidaBiometeoroloxía sandra noelia jenifer loida
Biometeoroloxía sandra noelia jenifer loidaMarga Bio
 
O secadoiro de congro de muxía
O secadoiro de congro de muxíaO secadoiro de congro de muxía
O secadoiro de congro de muxíaMarga Bio
 
Presión atmosférica 1º eso
Presión atmosférica 1º esoPresión atmosférica 1º eso
Presión atmosférica 1º esoMarga Bio
 
Concurso de fotografía a3 (1)
Concurso de fotografía a3 (1)Concurso de fotografía a3 (1)
Concurso de fotografía a3 (1)Marga Bio
 
Visitemart6dec2014
Visitemart6dec2014Visitemart6dec2014
Visitemart6dec2014Marga Bio
 
Visitemart6dec2014
Visitemart6dec2014Visitemart6dec2014
Visitemart6dec2014Marga Bio
 
Meteo muxía 14 15
Meteo muxía 14 15Meteo muxía 14 15
Meteo muxía 14 15Marga Bio
 

More from Marga Bio (20)

Atapuerca(jose e anxo)
Atapuerca(jose e anxo)Atapuerca(jose e anxo)
Atapuerca(jose e anxo)
 
Meteocarlaeloy
MeteocarlaeloyMeteocarlaeloy
Meteocarlaeloy
 
Avaliación do proxecto meteomuxía alumnado
Avaliación do proxecto meteomuxía   alumnadoAvaliación do proxecto meteomuxía   alumnado
Avaliación do proxecto meteomuxía alumnado
 
Avaliación do proxecto meteomuxía profesorado
Avaliación do proxecto meteomuxía   profesoradoAvaliación do proxecto meteomuxía   profesorado
Avaliación do proxecto meteomuxía profesorado
 
Análise
AnáliseAnálise
Análise
 
Estudo estatístico
Estudo estatísticoEstudo estatístico
Estudo estatístico
 
Os volcáns e a súa influencia no clima
Os volcáns e a súa influencia no climaOs volcáns e a súa influencia no clima
Os volcáns e a súa influencia no clima
 
Reglemeteojeucool
ReglemeteojeucoolReglemeteojeucool
Reglemeteojeucool
 
Marcelino Claudia Mónica Biometeoroloxía
Marcelino Claudia Mónica BiometeoroloxíaMarcelino Claudia Mónica Biometeoroloxía
Marcelino Claudia Mónica Biometeoroloxía
 
Tornados
TornadosTornados
Tornados
 
Pre tem
Pre temPre tem
Pre tem
 
Pre humi
Pre humiPre humi
Pre humi
 
Biometeoroloxía sandra noelia jenifer loida
Biometeoroloxía sandra noelia jenifer loidaBiometeoroloxía sandra noelia jenifer loida
Biometeoroloxía sandra noelia jenifer loida
 
O secadoiro de congro de muxía
O secadoiro de congro de muxíaO secadoiro de congro de muxía
O secadoiro de congro de muxía
 
Presión atmosférica 1º eso
Presión atmosférica 1º esoPresión atmosférica 1º eso
Presión atmosférica 1º eso
 
Concurso de fotografía a3 (1)
Concurso de fotografía a3 (1)Concurso de fotografía a3 (1)
Concurso de fotografía a3 (1)
 
Visitemart6dec2014
Visitemart6dec2014Visitemart6dec2014
Visitemart6dec2014
 
Visitemart6dec2014
Visitemart6dec2014Visitemart6dec2014
Visitemart6dec2014
 
Ficha meteo
Ficha meteoFicha meteo
Ficha meteo
 
Meteo muxía 14 15
Meteo muxía 14 15Meteo muxía 14 15
Meteo muxía 14 15
 

Proxecta, quérote + , (socializando)

  • 1. IES Ramón Caamaño- Curso 2014-15 Plan Proxecta: Querote+ (Socializando). IES Ramón Caamaño- Muxía ■ Profesorado participante - Ana Mª Loriente Acebedo, prof. de Debuxo, titora 3º PDC - Divina Oróns García, prof. de Matemáticas - Mª de la Fe Vega Madroñero, prof. de Lingua Castelá e Literatura - Leticia Quintela Caamaño, prof. de Xeografía e historia, titora 3º A - Margarita Tobío Recarey, prof. Bioloxía e xeoloxía -Xoán Bautista Mariño Abuin, prof. Francés -Mª Jesús García Taboada, Orientadora e coordinadora ■ Introdución Os temas que vamos abordar dende o proxecto que presentamos, responden a un conxunto de contidos, temas e eixes que conducindo actividade escolar non están adscritos a ningunha materia en particular, pero impregnan a totalidade do currículo impartido no centro educativo. Ademais o interese de abordar estes temas non só está na relación que teñen có currículo de 3º de ESO, senón que afectan a diferentes aspectos da vida dos alumnos/as, non só dentro do contexto escolar, senón que tamén están presentes nas súas relacións cotiás e nos seus tempos de lecer. A sociedade en xeral, adultos, mozos e nenos, son fonte e modelo de transmisión de valores sociais, por ex: a consideración social do alcohol ou as diferentes formas de afrontar e solucionar os conflitos. Tamén os medios de comunicación xogan un rol moi importante, porque transmiten modelos, que sendo construtivos poderían favorecer a práctica de novas actitudes dentro da sociedade. Por ex: a tolerancia cero co consumo de alcohol entre os máis novos, ou habilidades para a resolución de conflitos de xeito
  • 2. IES Ramón Caamaño- Curso 2014-15 pacífico. Dende un centro educativo non podemos vivir ó marxe da realidade e do contexto no que nos atopamos, pero tampouco podemos darnos por vencidos, senón que temos que intentar previr, dentro das nosas posibilidades, os problemas que lles poden carrexar ós alumnos/as certas condutas ou hábitos non aconsellables (consumo de alcohol,violencia, mal uso das TIC). Somos conscientes de que son temas moi amplos, polo que é imposible abordalos na súa totalidade durante un curso escolar, pese a estes problemas presentamos un proxecto baseado nun tratamento interdisciplinar dos mesmos dende diferentes áreas de 3º de ESO. As áreas dende as que se abordaran son: • 2ª Lingua Extranxeira (Francés) • Lingua Castelá e Literatura • Bioloxía e xeoloxía • Matemáticas • Titoría ■ Obxectivos • Intentar que rapazas e rapaces comprendan dun xeito crítico o mundo no que viven e actúen con criterio na procura do benestar individual e colectivo,mediante o coñecemento e xestión das propias emocións. • Fomentar condutas que transmitan valores de respecto e igualdade, de xeito que favorezan a prevención de actitudes e situacións violentas. • Promover o recoñecemento das emocións propias e alleas, diferenciando as que son axeitadas (empatía, ledicia...) daquelas que non o son (ira, rabia..), así como propoñerlles as estratexias necesarias para mellorar o seu nivel de control. • Axudarlles a mellorar as súas estratexias de relación e convivencia cós demais, non só no centro educativo, senón implementandoas nos diferentes contextos nos que se atopen. • Informar e asesorar ós alumnos/as sobre os diferentes usos das TICS, analizando as ventaxas e inconvintes dos mesmos.
  • 3. IES Ramón Caamaño- Curso 2014-15 • Concienciar os alumnos/as sobre ós riscos do consumo excesivo do alcohol, así coma a súa influencia en distintas actitudes e comportamentos que realicen. • Ofertar ós alumnos/as as ferramentas axeitadas para que sexan capaces de adoptar unha actitude crítica sobre o consumo de alcohol, e as consecuencias que ten nun futuro próximo. ■ Metodoloxía A metodoloxía baséase na participación activa do alumnado que será o protagonista da súa aprendizaxe, contribuíndo a crear un clima de cooperación e sensibilización acerca dos temas que se traten,sen esquecer unha perspectiva interdisciplinar no tratamento das diferentes temáticas propostas. Entre as técnicas que se desenvolveran hai que salientar as técnicas de traballo en grupo e cooperación entre os alumnos/as. • Nas titorías (3º A- 3º PDC) vanse traballar habilidades sociais e resolución de conflitos, incidindo en aspectos como: Control emocional,coñecéndome máis (as miñas prioridades e as dos demais),regras e normas da clase, as relacións cos demais (dentro e fora da aula),como é a miña conduta, resolución de conflitos, buscar distintas solucións. Para desenvolver estes aspectos valeranse de:Distintos textos que traten os temas propostos, diferentes cuestionarios (avaliación da conduta, de actitudes..),traballo en pequeno e gran grupo sobre as posibles solucións os casos propostos ,rolle playing ou dramatización dalgunha situación conflitiva e buscar dunha maneira conxunta de solucións, elaboración en grupo das normas da clase e das sancións que supón o non telas en conta, buscar información sobre diferentes conflitos bélicos - prensa, internet- e propoñer as posibles solucións que deberían adoptar as partes implicadas para poder evitalos. A maioría das actividades propostas nun primeiro intre faríanse a nivel de grupos pequenos e logo en gran grupo.
  • 4. IES Ramón Caamaño- Curso 2014-15 • En Bioloxía e xeoloxía traballarase co alumnado a promoción de hábitos saudables, evitando condutas de risco (consumo de alcohol..). O plan de traballo será o seguinte: Introdución o tema do botellón realizando un xogo de rol, creación na plataforma educativa Edmodo, por parte do alumnado, de probas de opción múltiple sobre os efectos do consumo do alcohol. Traballarán en equipo e realizarán un concurso entre os distintos equipos. Preparación dunha Campaña de prevención do consumo de alcohol entre adolescentes a través da gravación dun vídeo. • En matemáticas abordaran distintos temas (consumo de alcohol, bulling,malos tratos..) a partir da análise de funcións e gráficas e análises estatísticos referidos a estes temas, de poder ser os datos do estado referiranse ó contexto no que se topa o centro. • En Lingua e Literatura Castelá abordarase o tema da convivencia e resolución de conflitos a través da lectura en clase de fragmentos literarios (textos de autores estudiados durante o curso, sen descartar outros) posta en común das reflexións do alumnado e redacción das conclusións as que chegaron. • Lingua Francesa abordaran o tema das diferentes formas de socialización de acordo a cultura, país, rexión..a través das diferentes maneiras de saudar segun sexa España ou Francia, as diversas formas de dicir: ola, adeus, os bicos e distintos xestos. Estes aspectos traballaranse coa lectura de textos nos que se vexan, e visualizarán películas nas que aparezan estes aspectos. A partir da reflexión dos diferentes temas traballados realizaran en grupo murais, e carteis que fagan alusión os aspectos tratados. ■ Avaliación A avaliación que propoñemos do proxecto presentado enmarcase nun paradigma cualitativo dende o que intentamos comprender como se desenvolve o proceso avaliador, coa finalidade de melloralo, centrándonos máis nos procesos ca nos resultados, pois intentamos describir e interpretar as interacións que teñen lugar dentro da aula e no centro (alumno/a-alumno/a, alumno/a-profesor/a), así como
  • 5. IES Ramón Caamaño- Curso 2014-15 os problemas e propostas de mellora dadas polos implicados durante a súa posta e marcha. As características deste modelo son: • Integral, facendo unha análise de todos os aspectos relacionados co seu desenvolvemento, intentando mellorar aqueles que o fan máis lento. • Formativa, durante o proceso vanse levar a cabo todos aqueles cambios que sexan necesarios para mellorar o seu desenvolvemento , de acordo cos datos que nos van proporcionando as avaliacións realizadas, dende a perspectiva de todos os participantes no mesmo. • Autoavaliación, cada un dos implicados no proxecto avaliará a súa propia práctica, como punto de partida para desenvolver todas aquelas medidas necesarias para mellorala. • Criterial, considerando como criterio a consecución dos obxectivos propostos, nivel de adquisición das diferentes capacidades por parte dos alumnos/as. • Funcional,có obxectivo de que serva para algo, e neste caso queremos que serva para mellorar a nosa práctica cotiá e para fortalecer e interiorizar certas condutas no alumnado, relativas os temas que se abordan. Para acadar as finalidades propostas realizaremos o proceso de avaliación en tres intres: • Avaliación inicial, valoramos as carencias que presenta ó alumnado, os seus intereses e motivacións e por isto pensamos que é necesario tratar estes temas dende unha perspectiva interdisciplinar. Dende cada unha das materias implicadas no proxecto o profesor/a avaliou a situación de partida dos alumnos/as para tratar os distintos temas a partir dos coñecementos previos que posúen. • Avaliación continua, realizarase durante o desenvolvemento do proxecto ó longo do curso, co obxectivo de mellorar e modificar todos aqueles aspectos que non axuden a súa axeitada realización, e tamén para solventar todos aqueles problemas que poidan xurdir durante o seu desenvolvemento.
  • 6. IES Ramón Caamaño- Curso 2014-15 • Avaliación final, para determinar se acadamos ou non os obxectivos propostos, nivel en que se lograron as competencias traballadas, grao de implicación no mesmo,aspectos a mellorar e aqueles a tratar nun posterior desenvolvemento do mesmo A realización deste proceso de avaliación supón: levar a cabo reunións periódicas entre todos os implicados no mesmo para nun primeiro momento saber cal é o punto de partida tanto do profesor/a como dos alumnos/as en relación ós temas a tratar, e logo continuar cás mesmas para saber como se vai a desenvolver o proxecto, aspectos que hai que mellorar ou modificar. Para obter a información necesaria pasaranse cuestionarios e enquisas os alumnos/as durante o seu desenvolvemento (tamén o seu remate) para saber o que lles parecen os temas tratados e como lles axudan a mellorar a súa convivencia e relacións non só dentro do centro senón tamén fora do mesmo. Cos datos obtidos (profesores/as, alumnos/as) farase unha síntese valorativa do proxecto na que se plasmarán: aspectos positivos e negativos, puntos a mellorar, aspectos non tratados que se deberían contemplar, problemas que xurdiran durante o seu desenvolvemento, propostas de mellora, para unha próxima posta en práctica do mesmo.