SlideShare a Scribd company logo
1 of 10
Download to read offline
os
T R A D U C I Ó N
C I E N C I A S D A
N A T U R E Z A .
Q U I N T O C U R S O .
2 0 1 4 / 1 5 .
A U L A P L A N E T A
Pepe
CEIP ROSALÍA DE CASTRO
(LUGO)
OS
ECOSISTEMAS
TEMA VI- OS ECOSISTEMAS. CIENCIAS DA NATUREZA5º EP
Ceip Rosalía de Castro, LUGO Traducido de AulaPlaneta 2014- 2015
O ecosistema
Baobab en Senegal Muchas plantas das
zonas áridas acumulan auga nos seus
madeiros como esta clase de árbore.
Unha poza, o fondo mariño, os
cumes das montañas, a selva, o
deserto, o curso alto dun río... son distintos exemplos de ecosistemas.
En cada un deles o medio inerte presenta especiais condicións de
relevo, chan, luz, humidade, temperatura, vento... que determinan as
características dos seres vivos que o habitan e se adaptan a el.
Os seres vivos e o medio que ocupan e no que se relacionan forman o
ecosistema.
Nun ecosistema encontramos todo tipo de seres vivos: seres
microscópicos (como virus e bacterias), animais, plantas e fungos. O
conxunto de plantas que hai nun ecosistema constitúen a flora do
ecosistema. O conxunto de animais, a súa fauna.
Os ecosistemas terrestres, como o bosque ou o prado, son aqueles
nos cales os seres vivos se desenvolven no aire. En cambio os ecosistemas
acuáticos son os que están dominados pola auga, como o litoral mariño, o
río ou o mar aberto.
OS BIOMAS DA TERRA
L agoa Negra de Soria (Castela e
León) Las augas superficiais dos lagos e
lagoas de montaña, que en verán adoitan
estar a unha temperatura media de 22 °C,
xearanse ao chegar o inverno.
Os mares e océanos, a
superficie dos continentes, as covas
e grutas subterráneas... son os lugares do noso planeta nos cales podemos
TEMA VI- OS ECOSISTEMAS. CIENCIAS DA NATUREZA5º EP
Ceip Rosalía de Castro, LUGO Traducido de AulaPlaneta 2014- 2015
encontrar seres vivos. A parte do noso planeta onde se desenvolve a vida
recibe o nome de biosfera.
Na Terra obsérvanse zonas que poden ocupar extensas áreas da
superficie, nas cales os distintos ecosistemas presentan unhas caracte-
rísticas comúns e os seres vivos que os ocupan mostran unhas
adaptacións parecidas porque pertencen a un mesmo tipo de clima. Estes
grandes espazos que coinciden, de forma máis ou menos regular, nas
distintas zonas climáticas terrestres reciben o nome de biomas.
Os desertos fríos e cálidos, a tundra polar, os bosques de árbores de
folla caduca dos climas mornos, os bosques de folla perenne do clima
mediterráneo, as selvas e as illas son algúns dos biomas terrestres.
Poboacións e comunidades
Distribución das comunidades vexetais nunha
aba Feixe click sobre a imaxe para ver o
elemento multimedia.
Nun ecosistema podemos
encontrar unha gran diversidade
de especies de todo tipo de seres
vivos (plantas, animais, fungos e
microorganismos).
O conxunto de todos os individuos dunha mesma especie que habitan
nun determinado ecosistema forman a súa poboación. Así o número total
de lebres ou de carballos que hai nun ecosistema representan a poboación
de lebres ou carballos deste hábitat.
O mantemento das distintas poboacións que integran un ecosistema
é a proba do seu bo estado de saúde. O número de individuos que integran
cada unha das distintas poboacións ten que ser o suficiente como para
asegurar a supervivencia da devandita especie, pero non debe ser excesivo,
xa que demasiados individuos poderían comportar un desequilibrio que
afectaría gravemente ao conxunto do ecosistema.
As poboacións de animais, de plantas, etc., que forman parte
dun mesmo ecosistema constitúen as súas distintas comunidades. Así o
conxunto de poboacións de animais forman a súa comunidade animal; as
poboacións das distintas plantas, a súa comunidade vexetal, e así
sucesivamente.
TEMA VI- OS ECOSISTEMAS. CIENCIAS DA NATUREZA5º EP
Ceip Rosalía de Castro, LUGO Traducido de AulaPlaneta 2014- 2015
Produtores, consumidores e
descompoñedores
Enerxía e alimentación
Os seres vivos que forman parte dun ecosistema dependen os uns
dos outros para vivir.
Segundo a forma que estes teñen de obter o alimento podémolos
agrupar en tres grandes categorías:
 Os produtores. As plantas son os produtores do ecosistema, pois
elas mesmas se fabrican o seu alimento e todas as substancias que
precisan para desenvolverse, a partir do dióxido de carbono do aire, a
auga e os sales minerais do chan.
 Os consumidores. Os animais herbívoros, como as eirugas ou o
cervo, son os consumidores de primeira orde, pois se alimentan
de plantas. Os animais carnívoros, como o paporrubio ou o raposo,
son consumidores secundarios, xa que se alimentan doutros
animais.
TEMA VI- OS ECOSISTEMAS. CIENCIAS DA NATUREZA5º EP
Ceip Rosalía de Castro, LUGO Traducido de AulaPlaneta 2014- 2015
 Os descompoñedores. Todos os animais, microorganismos e fungos
que teñen como alimento os restos de plantas e animais (cadáveres,
excrementos, follas secas, madeiros vellos...) e os descompoñen ata
convertelos novamente en materia inerte, son os descompoñedores
do ecosistema
As cadeas alimentarias
O primeiro eslabón As follas das plantas
serven de alimento aos insectos que, á súa
vez, son o alimento de aves, réptiles,
anfibios, etc.
Nos ecosistemas, as
substancias que elaboran as plantas
(os produtores) van pasando duns seres vivos a outros (consumidores
primarios e secundarios) en forma do alimento que toman os uns dos
outros, e toda a materia orgánica que se xera neste proceso é reciclada, á
fin, polos descompoñedores.
Se ordenamos todos os seres vivos que teñen unha relación de
dependencia en canto ao alimento, formaremos unha serie que recibe o
nome de cadea alimentaria.
Vexámolo cun exemplo:
 As algas son o alimento dalgúns caracois, que á súa vez son cazados
por cangrexos, que serven de alimento ao polbo, que é pescado polo
ser humano.
Nun esquema esta cadea se puiden representar así:
Alga - caracol - cangrexo - polbo - ser humano.
Cada membro da cadea recibe o nome de eslabón.
Para que un ecosistema funcione correctamente todas as cadeas
alimentarias que o compoñen han de estar completas, deben ter todos os
seus eslabóns.
AS REDES ALIMENTARIAS
As relacións dos seres vivos dun ecosistema son moi complexas, xa
que cada un deles forma parte de máis dunha cadea alimentaria. Por
TEMA VI- OS ECOSISTEMAS. CIENCIAS DA NATUREZA5º EP
Ceip Rosalía de Castro, LUGO Traducido de AulaPlaneta 2014- 2015
exemplo, un rato pode ser alimento dun moucho, unha denociña, un ourizo,
unha serpe ou un raposo, entre outros
animais carnívoros.
León e cebra Os consumidores secundarios, como
o león, obteñen a materia e a enerxía dos
produtores a través dos consumidores primarios
(herbívoros).
En xeral, a alimentación dos seres
vivos é variada. Isto representa unha
estratexia de supervivencia: canto máis variada é unha dieta, máis
posibilidades tense de estar ben alimentado.
Así pois, as diversas cadeas alimentarias dun mesmo ecosistema
conéctanse as unhas coas outras formando un sistema complexo, chamado
rede alimentaria
.
AS PIRÁMIDES ALIMENTARIAS
Pir ámide trófica dun
ecosistema mediterráneo
As distintas cadeas
alimentarias dun
ecosistema pódense
representar en forma
vertical:
 no piso inferior situamos os produtores (plantas).
 no segundo aos consumidores de primeira orde (herbívoros).
TEMA VI- OS ECOSISTEMAS. CIENCIAS DA NATUREZA5º EP
Ceip Rosalía de Castro, LUGO Traducido de AulaPlaneta 2014- 2015
 no terceiro os consumidores de segundo orde (carnívoros), e así
sucesivamente.
 no último nivel sitúanse os super predadores, que son os animais
que non teñen cazadores, como a aguia, a quenlla, o oso, ou o
mesmo ser humano.
Ao representar verticalmente un ecosistema observamos que, na
maioría dos casos, adquire unha forma de triángulo, cunha ampla base (a
formada por todas as plantas), e que nivel a nivel, se vai reducindo o
número de especies representadas. Ao chegar ao último nivel,
encontraremos, polo xeral, unha soa especie.
Esta representación recibe o nome de pirámide alimentaria e
permítenos observar a diversidade de especies que compoñen o
ecosistema e como se distribúen os diferentes eslabóns ou pisos que a
configuran.
Relacións de competencia
Rivalidade A competencia establécese
entre animais desta ou de diferente
especie, pero sempre dentro dun
equilibrio.
Nun ecosistema hai unha
constante competencia entre as
diferentes especies que viven nel. Por exemplo, as plantas (os
produtores) rivalizan para ocupar o chan, captar a luz, etc. Pola súa
banda os consumidores tamén rivalizan entre eles.
Pero esta pugna ten unhas determinadas regras que permiten que o
ecosistema alcance un equilibrio que faga posible a subsistencia do
conxunto de especies que o integran:
 Unha suficiente cantidade e variedade de especies que o
forman, é dicir a súa diversidade.
 O número axeitado e suficiente de individuos que forman as
distintas poboacións do ecosistema.
 Os diferentes nichos ecolóxicos que ocupan as especies que
o forman. Isto significa que os seres que viven nel se
especializan en ter unhas axudas distintas, como tamén
TEMA VI- OS ECOSISTEMAS. CIENCIAS DA NATUREZA5º EP
Ceip Rosalía de Castro, LUGO Traducido de AulaPlaneta 2014- 2015
condutas e formas de vida variadas, para así evitar un
excesivo conflito que poña en perigo a súa subsistencia. Por
exemplo, non todos os herbívoros se alimentan só de follas,
nin da mesma especie de plantas: uns aliméntanse do néctar
das flores, outros dos froitos, algúns do zume...
INTRODUCIÓN DE NOVAS ESPECIES
I nvasión no río Ebro Alguns tramos do
río Ebro víronse afectados pola invasión do
mexillón cebra.
O ser humano introduciu
especies de plantas e animais nos
ecosistemas naturais, ás veces por
accidente e ás veces de forma
deliberada. Cando as novas
especies conseguen adaptarse e sobrevivir nos novos hábitats, o fan a
custa das especies autóctonas (as propias do lugar) e, na maioría dos
casos, provocan graves prexuízos ao conxunto do ecosistema, pois
convértense en pragas.
Isto é así porque no seu novo medio é moi probable que non
encontren especies que regulen a súa expansión. Por exemplo, se é un
herbívoro non encontra carnívoros que o cacen e se é un carnívoro
compite e ocupa o nicho ecolóxico doutros. Se se trata dunha planta
invade o espazo ao non ter herbívoros que controlen a súa expansión.
Nos nosos ríos temos dous claros exemplos diso: o cangrexo de río
americano e o mexillón cebra. O cangrexo de río americano
introduciuse xa hai algúns anos e practicamente rematou, en moitas
zonas, co noso cangrexo de río. O mexillón cebra introduciuse máis
recentemente e chegou a causar un grave problema económico para o ser
humano, pois invade as conducións de auga e as inutiliza
TEMA VI- OS ECOSISTEMAS. CIENCIAS DA NATUREZA5º EP
Ceip Rosalía de Castro, LUGO Traducido de AulaPlaneta 2014- 2015
O equilibrio ecolóxico
Delta dorío Niger (Nixeria)Os deltas dos
ríos son moi importantes para o equilibrio
ecolóxico.
Cando todos os seres vivos que
compoñen un ecosistema teñen a
posibilidade de relacionarse,
alimentarse e reproducirse nel, dicimos que está en equilibrio.
O equilibrio ecolóxico non é un estado pasivo, estático, no que se tende
ao repouso. Todo o contrario, o equilibrio ecolóxico representa unha
relación dinámica na que todo evoluciona, móvese. Nun ecosistema
equilibrado, os produtores, as plantas, poden crecer e desenvolverse; os
consumidores primarios, os herbívoros, e os secundarios, os carnívoros,
encontran o seu alimento; e os descompoñedores reciclan a materia
orgánica para que o ciclo da vida se reinicie de forma incesante. Cando
nun ecosistema a vida se renova de forma continua, e as poboacións que o
integran se mostran constantes encóntrase en equilibrio ecolóxico.
Este equilibrio é moi fráxil e pódese romper só con que unha ou poucas
especies que forman parte do ecosistema desapareza ou se introduzan
outras novas.
O ser humano e o medio
natural
Parque nacional
de Garajonay (A Gomera,
Canarias) La crecente conciencia social
sobre a protección e a vixilancia do
ámbito permitiu delimitar e xestionar
amplas zonas naturais de
características únicas.
Os ecosistemas son
complexas estruturas nas que
se relacionan un gran número
de especies de seres vivos,
TEMA VI- OS ECOSISTEMAS. CIENCIAS DA NATUREZA5º EP
Ceip Rosalía de Castro, LUGO Traducido de AulaPlaneta 2014- 2015
cada unhas das cales cumpre unha misión específica, ocupando un
determinado nicho ecolóxico.
Este equilibrio é moi fráxil porque calquera cambio que altera as
relacións acaba por influír, máis pronto ou máis tarde, no resto de
poboacións. As consecuencias que trae consigo a alteración do equilibrio
ecolóxico poden ser moi graves.
Por desgracia, en moitos casos a actividade humana atende
unicamente aos seus propios intereses inmediatos e esquece o valor que
ten, para a súa propia existencia, a conservación do medio natural.
A contaminación, a destrución dos bosques pola talla e os incendios, a
introdución de novas especies, a construción de infraestruturas
(autoestradas, encoros...) son algúns exemplos de accións humanas,
algunhas das cales danan de forma irreversible o medio natural.
Algunhas civilizacións, como as dos maias, desapareceron cando
alteraron irreversiblemente o seu medio natural, entre outras razóns. Nas
nosas mans está evitar que suceda o mesmo coa nosa.

More Related Content

What's hot (20)

Ecosistemas da terra (t6)
Ecosistemas da terra (t6)Ecosistemas da terra (t6)
Ecosistemas da terra (t6)
 
Elemental, queridos humanos
Elemental, queridos humanosElemental, queridos humanos
Elemental, queridos humanos
 
Habitat e nicho ecolóxico
Habitat e nicho ecolóxicoHabitat e nicho ecolóxico
Habitat e nicho ecolóxico
 
Biosfera
BiosferaBiosfera
Biosfera
 
Os Ecosistemas
Os EcosistemasOs Ecosistemas
Os Ecosistemas
 
Biodiversidade
BiodiversidadeBiodiversidade
Biodiversidade
 
Tema 10. Reino Fungos, Protistas e Moneras
Tema 10. Reino Fungos, Protistas e MonerasTema 10. Reino Fungos, Protistas e Moneras
Tema 10. Reino Fungos, Protistas e Moneras
 
Organizacion e diversidade da biosfera
Organizacion e diversidade da biosferaOrganizacion e diversidade da biosfera
Organizacion e diversidade da biosfera
 
Unidade 4 dinámica dos ecosistemas (1ª parte)
Unidade 4 dinámica dos ecosistemas (1ª parte)Unidade 4 dinámica dos ecosistemas (1ª parte)
Unidade 4 dinámica dos ecosistemas (1ª parte)
 
Os ecosistemas
Os ecosistemasOs ecosistemas
Os ecosistemas
 
Ud6 Historia Da Vida (1º Eso)
Ud6 Historia Da Vida (1º Eso)Ud6 Historia Da Vida (1º Eso)
Ud6 Historia Da Vida (1º Eso)
 
Recursos enerxéticos 2014
Recursos enerxéticos 2014Recursos enerxéticos 2014
Recursos enerxéticos 2014
 
Formación dunha especie
Formación dunha especieFormación dunha especie
Formación dunha especie
 
Naturais resumo tema_5_quinto
Naturais resumo tema_5_quintoNaturais resumo tema_5_quinto
Naturais resumo tema_5_quinto
 
Os ecosistemas novo
Os ecosistemas novoOs ecosistemas novo
Os ecosistemas novo
 
Sucesion ecologica bio 4 t7 transformacións nos ecosistemas
Sucesion ecologica bio 4 t7 transformacións nos ecosistemasSucesion ecologica bio 4 t7 transformacións nos ecosistemas
Sucesion ecologica bio 4 t7 transformacións nos ecosistemas
 
Estructura e función dos seres vivos
Estructura e función dos seres vivosEstructura e función dos seres vivos
Estructura e función dos seres vivos
 
O ecosistema II
O ecosistema IIO ecosistema II
O ecosistema II
 
Bio diversidade
Bio diversidadeBio diversidade
Bio diversidade
 
Tema 7. invertebrados
Tema 7. invertebradosTema 7. invertebrados
Tema 7. invertebrados
 

Similar to O ecosistema

Que é un ecosistema
Que é un ecosistemaQue é un ecosistema
Que é un ecosistemaSV4B
 
Unidade 6 ecosistemas
Unidade 6  ecosistemasUnidade 6  ecosistemas
Unidade 6 ecosistemasmartamosquera
 
Unidad 3 diego-e_izan
Unidad 3 diego-e_izanUnidad 3 diego-e_izan
Unidad 3 diego-e_izanpaulaif
 
Organización y diversidad en la biosfera
Organización y diversidad en la biosferaOrganización y diversidad en la biosfera
Organización y diversidad en la biosferajmsantaeufemia
 
Animais e ecosistemas_t5_natu_5_b
Animais e ecosistemas_t5_natu_5_bAnimais e ecosistemas_t5_natu_5_b
Animais e ecosistemas_t5_natu_5_bSonia Vidal Puga
 
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivosClasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivosLOPEZMOURENZA
 
Dinámica dos ecosistemas
Dinámica dos ecosistemasDinámica dos ecosistemas
Dinámica dos ecosistemasirenetraba
 
Cambios nos ecosistemas
Cambios nos ecosistemasCambios nos ecosistemas
Cambios nos ecosistemasirenetraba
 

Similar to O ecosistema (20)

Que é un ecosistema
Que é un ecosistemaQue é un ecosistema
Que é un ecosistema
 
Unidade 6 ecosistemas
Unidade 6  ecosistemasUnidade 6  ecosistemas
Unidade 6 ecosistemas
 
Os animais
Os animaisOs animais
Os animais
 
Unidad 3 diego-e_izan
Unidad 3 diego-e_izanUnidad 3 diego-e_izan
Unidad 3 diego-e_izan
 
Organización y diversidad en la biosfera
Organización y diversidad en la biosferaOrganización y diversidad en la biosfera
Organización y diversidad en la biosfera
 
Animais e ecosistemas_t5_natu_5_b
Animais e ecosistemas_t5_natu_5_bAnimais e ecosistemas_t5_natu_5_b
Animais e ecosistemas_t5_natu_5_b
 
Os ecosistemas
Os ecosistemasOs ecosistemas
Os ecosistemas
 
Tema 5 osecosistemas
Tema 5 osecosistemasTema 5 osecosistemas
Tema 5 osecosistemas
 
1º eso. Ciencias Naturais. Tema 9. A terra e os seres vivos. Adaptacións
1º eso. Ciencias Naturais. Tema 9. A terra e os seres vivos. Adaptacións1º eso. Ciencias Naturais. Tema 9. A terra e os seres vivos. Adaptacións
1º eso. Ciencias Naturais. Tema 9. A terra e os seres vivos. Adaptacións
 
Biosfera
BiosferaBiosfera
Biosfera
 
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivosClasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
 
1º eso. t10. clasificación s. v. fungos e protoctistas. en galego
1º eso. t10. clasificación s. v. fungos e protoctistas. en galego1º eso. t10. clasificación s. v. fungos e protoctistas. en galego
1º eso. t10. clasificación s. v. fungos e protoctistas. en galego
 
Ecosist 1
Ecosist 1Ecosist 1
Ecosist 1
 
Ecosist 1
Ecosist 1Ecosist 1
Ecosist 1
 
Dinámica dos ecosistemas
Dinámica dos ecosistemasDinámica dos ecosistemas
Dinámica dos ecosistemas
 
Biodiversidad
BiodiversidadBiodiversidad
Biodiversidad
 
As ToupiñAs
As ToupiñAsAs ToupiñAs
As ToupiñAs
 
As ToupiñAs
As ToupiñAsAs ToupiñAs
As ToupiñAs
 
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivosClasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
 
Cambios nos ecosistemas
Cambios nos ecosistemasCambios nos ecosistemas
Cambios nos ecosistemas
 

More from LOPEZMOURENZA

Forzas 131126050757-phpapp01
Forzas 131126050757-phpapp01Forzas 131126050757-phpapp01
Forzas 131126050757-phpapp01LOPEZMOURENZA
 
Asforzasasmquinaseosinventos 150507065818-lva1-app6891
Asforzasasmquinaseosinventos 150507065818-lva1-app6891Asforzasasmquinaseosinventos 150507065818-lva1-app6891
Asforzasasmquinaseosinventos 150507065818-lva1-app6891LOPEZMOURENZA
 
As máquinas simple1
As máquinas simple1As máquinas simple1
As máquinas simple1LOPEZMOURENZA
 
As forzas e máquinas
As forzas e máquinasAs forzas e máquinas
As forzas e máquinasLOPEZMOURENZA
 
As máquinas compostas
As máquinas compostasAs máquinas compostas
As máquinas compostasLOPEZMOURENZA
 
historiadonosoplaneta-150512183506-lva1-app6891
 historiadonosoplaneta-150512183506-lva1-app6891 historiadonosoplaneta-150512183506-lva1-app6891
historiadonosoplaneta-150512183506-lva1-app6891LOPEZMOURENZA
 
Paisaxeerelevo 150512183858-lva1-app6891
Paisaxeerelevo 150512183858-lva1-app6891Paisaxeerelevo 150512183858-lva1-app6891
Paisaxeerelevo 150512183858-lva1-app6891LOPEZMOURENZA
 
Trabojo del rio Tajo poesia
Trabojo del rio Tajo poesiaTrabojo del rio Tajo poesia
Trabojo del rio Tajo poesiaLOPEZMOURENZA
 
Río Guadalquivir definitivo pdf
Río Guadalquivir definitivo pdfRío Guadalquivir definitivo pdf
Río Guadalquivir definitivo pdfLOPEZMOURENZA
 
Información del popplet
Información del poppletInformación del popplet
Información del poppletLOPEZMOURENZA
 

More from LOPEZMOURENZA (20)

Máqunas e aparelos
Máqunas e aparelosMáqunas e aparelos
Máqunas e aparelos
 
Forzas 131126050757-phpapp01
Forzas 131126050757-phpapp01Forzas 131126050757-phpapp01
Forzas 131126050757-phpapp01
 
Asforzasasmquinaseosinventos 150507065818-lva1-app6891
Asforzasasmquinaseosinventos 150507065818-lva1-app6891Asforzasasmquinaseosinventos 150507065818-lva1-app6891
Asforzasasmquinaseosinventos 150507065818-lva1-app6891
 
As máquinas simple1
As máquinas simple1As máquinas simple1
As máquinas simple1
 
As forzas e máquinas
As forzas e máquinasAs forzas e máquinas
As forzas e máquinas
 
As máquinas compostas
As máquinas compostasAs máquinas compostas
As máquinas compostas
 
Manual mind42
Manual mind42Manual mind42
Manual mind42
 
historiadonosoplaneta-150512183506-lva1-app6891
 historiadonosoplaneta-150512183506-lva1-app6891 historiadonosoplaneta-150512183506-lva1-app6891
historiadonosoplaneta-150512183506-lva1-app6891
 
Paisaxeerelevo 150512183858-lva1-app6891
Paisaxeerelevo 150512183858-lva1-app6891Paisaxeerelevo 150512183858-lva1-app6891
Paisaxeerelevo 150512183858-lva1-app6891
 
O son ii
O son iiO son ii
O son ii
 
A luz
A luzA luz
A luz
 
A luz
A luzA luz
A luz
 
Enerxia nuclear
Enerxia nuclearEnerxia nuclear
Enerxia nuclear
 
enerxia nuclear
enerxia nuclearenerxia nuclear
enerxia nuclear
 
Trabojo del rio Tajo poesia
Trabojo del rio Tajo poesiaTrabojo del rio Tajo poesia
Trabojo del rio Tajo poesia
 
Río Guadalquivir definitivo pdf
Río Guadalquivir definitivo pdfRío Guadalquivir definitivo pdf
Río Guadalquivir definitivo pdf
 
Información del popplet
Información del poppletInformación del popplet
Información del popplet
 
Enerxia xeotermica
Enerxia xeotermicaEnerxia xeotermica
Enerxia xeotermica
 
Enerxia nuclear
Enerxia nuclearEnerxia nuclear
Enerxia nuclear
 
Biocombustible
BiocombustibleBiocombustible
Biocombustible
 

O ecosistema

  • 1. os T R A D U C I Ó N C I E N C I A S D A N A T U R E Z A . Q U I N T O C U R S O . 2 0 1 4 / 1 5 . A U L A P L A N E T A Pepe CEIP ROSALÍA DE CASTRO (LUGO) OS ECOSISTEMAS
  • 2. TEMA VI- OS ECOSISTEMAS. CIENCIAS DA NATUREZA5º EP Ceip Rosalía de Castro, LUGO Traducido de AulaPlaneta 2014- 2015 O ecosistema Baobab en Senegal Muchas plantas das zonas áridas acumulan auga nos seus madeiros como esta clase de árbore. Unha poza, o fondo mariño, os cumes das montañas, a selva, o deserto, o curso alto dun río... son distintos exemplos de ecosistemas. En cada un deles o medio inerte presenta especiais condicións de relevo, chan, luz, humidade, temperatura, vento... que determinan as características dos seres vivos que o habitan e se adaptan a el. Os seres vivos e o medio que ocupan e no que se relacionan forman o ecosistema. Nun ecosistema encontramos todo tipo de seres vivos: seres microscópicos (como virus e bacterias), animais, plantas e fungos. O conxunto de plantas que hai nun ecosistema constitúen a flora do ecosistema. O conxunto de animais, a súa fauna. Os ecosistemas terrestres, como o bosque ou o prado, son aqueles nos cales os seres vivos se desenvolven no aire. En cambio os ecosistemas acuáticos son os que están dominados pola auga, como o litoral mariño, o río ou o mar aberto. OS BIOMAS DA TERRA L agoa Negra de Soria (Castela e León) Las augas superficiais dos lagos e lagoas de montaña, que en verán adoitan estar a unha temperatura media de 22 °C, xearanse ao chegar o inverno. Os mares e océanos, a superficie dos continentes, as covas e grutas subterráneas... son os lugares do noso planeta nos cales podemos
  • 3. TEMA VI- OS ECOSISTEMAS. CIENCIAS DA NATUREZA5º EP Ceip Rosalía de Castro, LUGO Traducido de AulaPlaneta 2014- 2015 encontrar seres vivos. A parte do noso planeta onde se desenvolve a vida recibe o nome de biosfera. Na Terra obsérvanse zonas que poden ocupar extensas áreas da superficie, nas cales os distintos ecosistemas presentan unhas caracte- rísticas comúns e os seres vivos que os ocupan mostran unhas adaptacións parecidas porque pertencen a un mesmo tipo de clima. Estes grandes espazos que coinciden, de forma máis ou menos regular, nas distintas zonas climáticas terrestres reciben o nome de biomas. Os desertos fríos e cálidos, a tundra polar, os bosques de árbores de folla caduca dos climas mornos, os bosques de folla perenne do clima mediterráneo, as selvas e as illas son algúns dos biomas terrestres. Poboacións e comunidades Distribución das comunidades vexetais nunha aba Feixe click sobre a imaxe para ver o elemento multimedia. Nun ecosistema podemos encontrar unha gran diversidade de especies de todo tipo de seres vivos (plantas, animais, fungos e microorganismos). O conxunto de todos os individuos dunha mesma especie que habitan nun determinado ecosistema forman a súa poboación. Así o número total de lebres ou de carballos que hai nun ecosistema representan a poboación de lebres ou carballos deste hábitat. O mantemento das distintas poboacións que integran un ecosistema é a proba do seu bo estado de saúde. O número de individuos que integran cada unha das distintas poboacións ten que ser o suficiente como para asegurar a supervivencia da devandita especie, pero non debe ser excesivo, xa que demasiados individuos poderían comportar un desequilibrio que afectaría gravemente ao conxunto do ecosistema. As poboacións de animais, de plantas, etc., que forman parte dun mesmo ecosistema constitúen as súas distintas comunidades. Así o conxunto de poboacións de animais forman a súa comunidade animal; as poboacións das distintas plantas, a súa comunidade vexetal, e así sucesivamente.
  • 4. TEMA VI- OS ECOSISTEMAS. CIENCIAS DA NATUREZA5º EP Ceip Rosalía de Castro, LUGO Traducido de AulaPlaneta 2014- 2015 Produtores, consumidores e descompoñedores Enerxía e alimentación Os seres vivos que forman parte dun ecosistema dependen os uns dos outros para vivir. Segundo a forma que estes teñen de obter o alimento podémolos agrupar en tres grandes categorías:  Os produtores. As plantas son os produtores do ecosistema, pois elas mesmas se fabrican o seu alimento e todas as substancias que precisan para desenvolverse, a partir do dióxido de carbono do aire, a auga e os sales minerais do chan.  Os consumidores. Os animais herbívoros, como as eirugas ou o cervo, son os consumidores de primeira orde, pois se alimentan de plantas. Os animais carnívoros, como o paporrubio ou o raposo, son consumidores secundarios, xa que se alimentan doutros animais.
  • 5. TEMA VI- OS ECOSISTEMAS. CIENCIAS DA NATUREZA5º EP Ceip Rosalía de Castro, LUGO Traducido de AulaPlaneta 2014- 2015  Os descompoñedores. Todos os animais, microorganismos e fungos que teñen como alimento os restos de plantas e animais (cadáveres, excrementos, follas secas, madeiros vellos...) e os descompoñen ata convertelos novamente en materia inerte, son os descompoñedores do ecosistema As cadeas alimentarias O primeiro eslabón As follas das plantas serven de alimento aos insectos que, á súa vez, son o alimento de aves, réptiles, anfibios, etc. Nos ecosistemas, as substancias que elaboran as plantas (os produtores) van pasando duns seres vivos a outros (consumidores primarios e secundarios) en forma do alimento que toman os uns dos outros, e toda a materia orgánica que se xera neste proceso é reciclada, á fin, polos descompoñedores. Se ordenamos todos os seres vivos que teñen unha relación de dependencia en canto ao alimento, formaremos unha serie que recibe o nome de cadea alimentaria. Vexámolo cun exemplo:  As algas son o alimento dalgúns caracois, que á súa vez son cazados por cangrexos, que serven de alimento ao polbo, que é pescado polo ser humano. Nun esquema esta cadea se puiden representar así: Alga - caracol - cangrexo - polbo - ser humano. Cada membro da cadea recibe o nome de eslabón. Para que un ecosistema funcione correctamente todas as cadeas alimentarias que o compoñen han de estar completas, deben ter todos os seus eslabóns. AS REDES ALIMENTARIAS As relacións dos seres vivos dun ecosistema son moi complexas, xa que cada un deles forma parte de máis dunha cadea alimentaria. Por
  • 6. TEMA VI- OS ECOSISTEMAS. CIENCIAS DA NATUREZA5º EP Ceip Rosalía de Castro, LUGO Traducido de AulaPlaneta 2014- 2015 exemplo, un rato pode ser alimento dun moucho, unha denociña, un ourizo, unha serpe ou un raposo, entre outros animais carnívoros. León e cebra Os consumidores secundarios, como o león, obteñen a materia e a enerxía dos produtores a través dos consumidores primarios (herbívoros). En xeral, a alimentación dos seres vivos é variada. Isto representa unha estratexia de supervivencia: canto máis variada é unha dieta, máis posibilidades tense de estar ben alimentado. Así pois, as diversas cadeas alimentarias dun mesmo ecosistema conéctanse as unhas coas outras formando un sistema complexo, chamado rede alimentaria . AS PIRÁMIDES ALIMENTARIAS Pir ámide trófica dun ecosistema mediterráneo As distintas cadeas alimentarias dun ecosistema pódense representar en forma vertical:  no piso inferior situamos os produtores (plantas).  no segundo aos consumidores de primeira orde (herbívoros).
  • 7. TEMA VI- OS ECOSISTEMAS. CIENCIAS DA NATUREZA5º EP Ceip Rosalía de Castro, LUGO Traducido de AulaPlaneta 2014- 2015  no terceiro os consumidores de segundo orde (carnívoros), e así sucesivamente.  no último nivel sitúanse os super predadores, que son os animais que non teñen cazadores, como a aguia, a quenlla, o oso, ou o mesmo ser humano. Ao representar verticalmente un ecosistema observamos que, na maioría dos casos, adquire unha forma de triángulo, cunha ampla base (a formada por todas as plantas), e que nivel a nivel, se vai reducindo o número de especies representadas. Ao chegar ao último nivel, encontraremos, polo xeral, unha soa especie. Esta representación recibe o nome de pirámide alimentaria e permítenos observar a diversidade de especies que compoñen o ecosistema e como se distribúen os diferentes eslabóns ou pisos que a configuran. Relacións de competencia Rivalidade A competencia establécese entre animais desta ou de diferente especie, pero sempre dentro dun equilibrio. Nun ecosistema hai unha constante competencia entre as diferentes especies que viven nel. Por exemplo, as plantas (os produtores) rivalizan para ocupar o chan, captar a luz, etc. Pola súa banda os consumidores tamén rivalizan entre eles. Pero esta pugna ten unhas determinadas regras que permiten que o ecosistema alcance un equilibrio que faga posible a subsistencia do conxunto de especies que o integran:  Unha suficiente cantidade e variedade de especies que o forman, é dicir a súa diversidade.  O número axeitado e suficiente de individuos que forman as distintas poboacións do ecosistema.  Os diferentes nichos ecolóxicos que ocupan as especies que o forman. Isto significa que os seres que viven nel se especializan en ter unhas axudas distintas, como tamén
  • 8. TEMA VI- OS ECOSISTEMAS. CIENCIAS DA NATUREZA5º EP Ceip Rosalía de Castro, LUGO Traducido de AulaPlaneta 2014- 2015 condutas e formas de vida variadas, para así evitar un excesivo conflito que poña en perigo a súa subsistencia. Por exemplo, non todos os herbívoros se alimentan só de follas, nin da mesma especie de plantas: uns aliméntanse do néctar das flores, outros dos froitos, algúns do zume... INTRODUCIÓN DE NOVAS ESPECIES I nvasión no río Ebro Alguns tramos do río Ebro víronse afectados pola invasión do mexillón cebra. O ser humano introduciu especies de plantas e animais nos ecosistemas naturais, ás veces por accidente e ás veces de forma deliberada. Cando as novas especies conseguen adaptarse e sobrevivir nos novos hábitats, o fan a custa das especies autóctonas (as propias do lugar) e, na maioría dos casos, provocan graves prexuízos ao conxunto do ecosistema, pois convértense en pragas. Isto é así porque no seu novo medio é moi probable que non encontren especies que regulen a súa expansión. Por exemplo, se é un herbívoro non encontra carnívoros que o cacen e se é un carnívoro compite e ocupa o nicho ecolóxico doutros. Se se trata dunha planta invade o espazo ao non ter herbívoros que controlen a súa expansión. Nos nosos ríos temos dous claros exemplos diso: o cangrexo de río americano e o mexillón cebra. O cangrexo de río americano introduciuse xa hai algúns anos e practicamente rematou, en moitas zonas, co noso cangrexo de río. O mexillón cebra introduciuse máis recentemente e chegou a causar un grave problema económico para o ser humano, pois invade as conducións de auga e as inutiliza
  • 9. TEMA VI- OS ECOSISTEMAS. CIENCIAS DA NATUREZA5º EP Ceip Rosalía de Castro, LUGO Traducido de AulaPlaneta 2014- 2015 O equilibrio ecolóxico Delta dorío Niger (Nixeria)Os deltas dos ríos son moi importantes para o equilibrio ecolóxico. Cando todos os seres vivos que compoñen un ecosistema teñen a posibilidade de relacionarse, alimentarse e reproducirse nel, dicimos que está en equilibrio. O equilibrio ecolóxico non é un estado pasivo, estático, no que se tende ao repouso. Todo o contrario, o equilibrio ecolóxico representa unha relación dinámica na que todo evoluciona, móvese. Nun ecosistema equilibrado, os produtores, as plantas, poden crecer e desenvolverse; os consumidores primarios, os herbívoros, e os secundarios, os carnívoros, encontran o seu alimento; e os descompoñedores reciclan a materia orgánica para que o ciclo da vida se reinicie de forma incesante. Cando nun ecosistema a vida se renova de forma continua, e as poboacións que o integran se mostran constantes encóntrase en equilibrio ecolóxico. Este equilibrio é moi fráxil e pódese romper só con que unha ou poucas especies que forman parte do ecosistema desapareza ou se introduzan outras novas. O ser humano e o medio natural Parque nacional de Garajonay (A Gomera, Canarias) La crecente conciencia social sobre a protección e a vixilancia do ámbito permitiu delimitar e xestionar amplas zonas naturais de características únicas. Os ecosistemas son complexas estruturas nas que se relacionan un gran número de especies de seres vivos,
  • 10. TEMA VI- OS ECOSISTEMAS. CIENCIAS DA NATUREZA5º EP Ceip Rosalía de Castro, LUGO Traducido de AulaPlaneta 2014- 2015 cada unhas das cales cumpre unha misión específica, ocupando un determinado nicho ecolóxico. Este equilibrio é moi fráxil porque calquera cambio que altera as relacións acaba por influír, máis pronto ou máis tarde, no resto de poboacións. As consecuencias que trae consigo a alteración do equilibrio ecolóxico poden ser moi graves. Por desgracia, en moitos casos a actividade humana atende unicamente aos seus propios intereses inmediatos e esquece o valor que ten, para a súa propia existencia, a conservación do medio natural. A contaminación, a destrución dos bosques pola talla e os incendios, a introdución de novas especies, a construción de infraestruturas (autoestradas, encoros...) son algúns exemplos de accións humanas, algunhas das cales danan de forma irreversible o medio natural. Algunhas civilizacións, como as dos maias, desapareceron cando alteraron irreversiblemente o seu medio natural, entre outras razóns. Nas nosas mans está evitar que suceda o mesmo coa nosa.