BIODIVERSIDADE 2010 Ano Internacional da
BIODIVERSIDADE  ou  DIVERSIDADE BIOLÓXICA :  concepto recente, definido no  Cumio da Terra  celebrado en  Río de Janeiro (...
1. DIVERSIDADE TAXONÓMICA ou ESPECÍFICA É a variedade de especies ou outras categorías taxonómicas, como xéneros ou famili...
PUNTOS QUENTES DE BIODIVERSIDADE (Myers, 1988) Na actualidade, hai designadas 34 puntos quentes no mundo, que albergan o 5...
Ó longo do tempo xeolóxico producíronse cinco extincións masivas que afectaron fundamentalmente a especies especialistas (...
2. DIVERSIDADE XENÉTICA É a variabilidade que existe na información xenética ou xenoma dunha especie, resultado de mutació...
3. DIVERSIDADE DE ECOSISTEMAS É a variabilidade do conxunto de ecosistemas, hábitats e nichos ecolóxicos presentes na bios...
CAUSAS DA PERDA DE BIODIVERSIDADE As ameazas contra a diversidade biolóxica débense principalmente ao crecemento da poboac...
3. A introducción de especies exóticas. As especies exóticas ou invasoras poden desprazar ás especies nativas por competen...
5. A contaminación do solo, a auga e a atmosfera. 4. O cambio climático. 6. A caza furtiva e o comercio internacional. O q...
CONSERVACIÓN DA BIODIVERSIDADE Convenio sobre a Diversidade Biolóxica:  foi asinado na Conferencia de Río de Janeiro (1992...
As medidas máis axeitadas para a conservación da biodiversidade son: 1. Realizar estudos para evaluar o estado dos ecosist...
3. Protección dos ecosistemas in situ. A  Rede Natura 2000  é o principal instrumento para a conservación da natureza na U...
4. Promulgar leises e establecer Convenios e acordos internacionais  en favor da biodiversidade e velar polo seu cumplimen...
BIODIVERSIDADE EN ESPAÑA Cada rexión bioxeográfica posúe unhas características xeoclimáticas peculiares, que determinan qu...
Dos cerca de 200 tipos de hábitats prioritarios considerados dende o punto de vista de conservación en Europa, o 65% atópa...
¿Por qué tanta diversidade? Situación xeográfica:  a Península, pola súa situación xeográfica posúe climas moi variados. R...
ESPAZOS NATURAIS PROTEXIDOS EN GALICIA 1  Parque Nacional 6  Parque Naturais 8  Zonas de Especial Protección de Aves (ZEPA...
“ Convenio sobre la Diversidad Biológica” o de Biodiversidad , hecho en  Río de Janeiro  el 5 de junio de 1992; ratificado...
Upcoming SlideShare
Loading in …5
×

Biodiversidad

2,386 views

Published on

Published in: Education
0 Comments
2 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

No Downloads
Views
Total views
2,386
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
7
Actions
Shares
0
Downloads
24
Comments
0
Likes
2
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Biodiversidad

  1. 1. BIODIVERSIDADE 2010 Ano Internacional da
  2. 2. BIODIVERSIDADE ou DIVERSIDADE BIOLÓXICA : concepto recente, definido no Cumio da Terra celebrado en Río de Janeiro (1992) como: “ variabilidade de organismos vivos de calqueira fonte, incluidos, entre outras cousas, os ecosistemas terrestres e mariños e outros ecosistemas acuáticos, e os complexos ecolóxicos dos que forman parte; comprende a diversidade dentro de cada especie, entre as especies e dos ecosistemas”. Compoñentes: 1. A diversidade taxonómica ou específica. 2. A diversidade xenética. 3. A diversidade ecolóxica.
  3. 3. 1. DIVERSIDADE TAXONÓMICA ou ESPECÍFICA É a variedade de especies ou outras categorías taxonómicas, como xéneros ou familias, nunha área e nun tempo determinados. Estímase que o número de especies descritas oscila arredor de 1,75 millóns. Sin embargo, as estimacións sobre o número total de especies vivintes varían entre os 4 e os 30 millóns de especies. Cada día se describen máis de 10000 especies, das cales, os insectos representan o 62% dos animais descritos. En función da súa área de distribución atopamos: 1. Especies cosmopolitas: teñen unha ampla distribución xeográfica e están repartidas por toda a Terra. 2. Especies endémicas: a súa área de distribución atópase restrinxida a una zona concreta. As illas teñen elevado número de endemismos debido ó seu aillamento xeográfico.
  4. 4. PUNTOS QUENTES DE BIODIVERSIDADE (Myers, 1988) Na actualidade, hai designadas 34 puntos quentes no mundo, que albergan o 50% das plantas vasculares e o 42% de todos os vertebrados terrestres. A maioría dos puntos quentes son biomas de bosque tropical, dende sabana ata pluvisilva.
  5. 5. Ó longo do tempo xeolóxico producíronse cinco extincións masivas que afectaron fundamentalmente a especies especialistas (estrategas da K) dando lugar a unha disminución da biodiversidade. Hoxe en día, sen embargo, a diversidade biolóxica atópase no seu punto máximo. VARIACIÓN TEMPORAL DA DIVERSIDADE ESPECÍFICA Índice do Planeta Vivinte ( LPI, Living Planet Index ) : é un índicador da presión humana sobre o medio ambiente que foi establecido polo PNUMA (Programa de Nacións Unidas para o Medio Ambiente) en colaboración coa organización non gubernamental WWF (World Wildlife Fund) . O seu obxectivo é medir a variación da biodiversidade mundial dende 1970 ata o momento actual. Confirmase que o planeta sufre unha tasa de perda de biodiversidade comparable ás extincións masivas. As poboacións máis afectadas atópanse nos ecosistemas de auga doce.
  6. 6. 2. DIVERSIDADE XENÉTICA É a variabilidade que existe na información xenética ou xenoma dunha especie, resultado de mutacións que orixinan variantes dos xenes primitivos ou alelos. A diversidade xenética é fundamental nas poboacións, pois a súa supervivencia e a adaptación ós cambios ambientais están condicionadas pola existencia dun certo grado de heterocigosis e dun fluxo xenético entre poboacións diferentes (exogamia), que evite a consanguinidade. A mariposa do abedul posúe dúas coloracións alternativas. A forma blanca mimetízase cos líques que medran sobre as ramas e troncos do abedul. Nas zonas contaminadas aumentaron as poboacións da variedade melánica, debido a que se mimetizaban mellor cos troncos oscurecidos polo efecto da contaminación.
  7. 7. 3. DIVERSIDADE DE ECOSISTEMAS É a variabilidade do conxunto de ecosistemas, hábitats e nichos ecolóxicos presentes na biosfera en todas as súas escalas. Bioma : é un conxunto de ecosistemas terrestres con semellantes condicións climáticas e caracterizados polo seu tipo de vexetación predominante.
  8. 8. CAUSAS DA PERDA DE BIODIVERSIDADE As ameazas contra a diversidade biolóxica débense principalmente ao crecemento da poboación humana. As principales causas desta perda de biodiversidade son: 1. A destrucción, degradación e fragmentación de hábitats: é a causa máis importante de perda de especies. 2. A sobreexplotación de especies .
  9. 9. 3. A introducción de especies exóticas. As especies exóticas ou invasoras poden desprazar ás especies nativas por competencia cos recursos, ser os seus depredarores ou modificar o ambiente perxudicándoas.
  10. 10. 5. A contaminación do solo, a auga e a atmosfera. 4. O cambio climático. 6. A caza furtiva e o comercio internacional. O quentamento global representa unha ameaza para a biodiversidade, sobre todo para os anfibios e os arrecifes de coral.
  11. 11. CONSERVACIÓN DA BIODIVERSIDADE Convenio sobre a Diversidade Biolóxica: foi asinado na Conferencia de Río de Janeiro (1992) como resposta á preocupación pola pérda de biodiversidade e o recoñecemento da importancia que elo supón para a vida das persoas. Obxectivos : - A conservación da diversidade biolóxica. - A utilización sostible dos seus compoñentes. - A participación xusta e equitativa nos beneficios que xurdan da utilización dos recursos xenéticos. A participación no Convenio é casi universal. Cada país está obrigado a elaborar estratexias e plans de acción para a conservación e uso sostible da biodiversidade.
  12. 12. As medidas máis axeitadas para a conservación da biodiversidade son: 1. Realizar estudos para evaluar o estado dos ecosistemas e das especies. Son moi utilizados os indicadores ambientais de Presión, Estado e Resposta (PER), a pegada ecolóxica e o Índice do Planeta Vivinte . 2. Establecer un modelo de desarrollo sostible. Esto permitirá compatibilizar o desenvolvemento rural e a obtención de recursos coa conservación.
  13. 13. 3. Protección dos ecosistemas in situ. A Rede Natura 2000 é o principal instrumento para a conservación da natureza na Unión Europea. A súa finalidade é asegurar a supervivencia a longo prazo das especies e os hábitats máis ameazados de Eurora, contribuindo a deter a perda da biodiversidade ocasionada polo impacto adverso das actividades humanas. Consta de: - Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPA) - Lugares de Interese Comunitario (LIC) - Zonas de Especial Conservación (ZEC) - Zonas RAMSAR (humidais de importancia internacional)
  14. 14. 4. Promulgar leises e establecer Convenios e acordos internacionais en favor da biodiversidade e velar polo seu cumplimento. Convenio CITES (Convención sobre o Comercio Internacional de Especies Ameazadas de Fauna e Flora Silvestres) da ONU (1975). Actualmente están adheridos a este convenio 173 países, entre eles España. Este convenio persigue a conservación das especies mediante o control do seu comercio e prohíbe o comercio das que se atopan en perigo de extinción.
  15. 15. BIODIVERSIDADE EN ESPAÑA Cada rexión bioxeográfica posúe unhas características xeoclimáticas peculiares, que determinan que a súa flora e fauna compartan uns caracteres comúns. España posúe o 54% da biodiversidade europea. España é o país que ten maior diversidade de hábitats da Unión Europea.
  16. 16. Dos cerca de 200 tipos de hábitats prioritarios considerados dende o punto de vista de conservación en Europa, o 65% atópanse en España. O 28% da superficie está incluido na Rede Natura 2000. Datos sobre a biodiversidade en España Dentro de Europa, España é o país que conta cun maior número de especies de aves, mamíferos e reptís e é a terceira en anfibios e peixes. Ten entre 55.000 e 60.000 especies de flora e fauna, das cales 10.000 son de flora (en toda Europa hay 12.000) e 25.000 invertebrados. Ademais a Península Ibérica é un importante punto de paso nas viaxes migratorias de moitas especies europeas. O número de especies endémicas na Península estímase nunhas 1.700 especies. Ademais, nas Illas Canarias existen outros cerca de 500 endemismos.
  17. 17. ¿Por qué tanta diversidade? Situación xeográfica: a Península, pola súa situación xeográfica posúe climas moi variados. Relieve montañoso: a abundancia de montañas, algunhas con neves perpétuas, aumenta o número de hábitats e engade zonas de clima de montaña ás anteriores. As Illas Canarias: a flora e fauna das Illas Canarias é totalmente distinta a da Península, polo seu clima e porque ao ser illas teñen abundancia de especies endémicas. Retraso no desenvolvemento económico: a industrialización e o desenvolvemento económico de España foi máis lento que noutros países europeos, o que permitiu manter grandes extensións naturais mellor conservadas.
  18. 18. ESPAZOS NATURAIS PROTEXIDOS EN GALICIA 1 Parque Nacional 6 Parque Naturais 8 Zonas de Especial Protección de Aves (ZEPA's) 5 Zonas húmidas de importancia internacional (Zonas RAMSAR) 4 Monumentos Naturais 3 Sitios de interese nacional 57 Espazos en réxime de protección xeral
  19. 19. “ Convenio sobre la Diversidad Biológica” o de Biodiversidad , hecho en Río de Janeiro el 5 de junio de 1992; ratificado por España “ Convenio de Berna” (1979), relativo a la Conservación de la Vida Silvestre y del Medio Natural en Europa , ratificado en 1986 (B.O.E. 01-10-1986). En el B.O.E. del 21-5-1997 constan especies endémicas de flora canaria propuestas por el Estado Español para su inclusión en el anejo I, y en el de 7-6-1997 la publicación de las enmiendas adoptadas a los Anejos I y II. “ Convenio de Washington” , de 3 de marzo de 1973, sobre Comercio Internacional de Especies Amenazadas de la Fauna y Flora Silvestre (CITES) , ratificado en España mediante Instrumento de 6 de mayo de 1986 (BOE 30.07.1986 y 10.08.1991). “ Convenio RAMSAR” (Irán, 1971), relativo a Humedales de Importancia Internacional, especialmente como hábitat de aves acuáticas , ratificado en 2 1982 (B.O.E. 20.08.1982). También contiene un Protocolo de enmienda, en vigor para España desde 1987. “ Convenio de París” , de 1972, sobre Protección del Patrimonio Mundial, ratificado en 1975. Convenios Internacionales ratificados por España en materia de medioambiente

×