SlideShare a Scribd company logo
1 of 54
o medio natural
OS ECOSISTEMAS
A vida na Terra está organizada arredor da situación de equilibrio
que se produce entre as condicións ambientais e a capacidade dos
seres para sobreviviren e prosperar nelas.
ORGANIZACIÓN DA VIDA NA TERRA
BIOMA: conxunto de seres
adaptados a unhas características
climáticas semellantes.
ECOSISTEMA: conxunto formado polos
seres vivos, o lugar onde viven e as
condicións ambientais propias dese lugar.
COMUNIDADE: conxunto de seres diferentes
que viven nun lugar determinado.
POBOACIÓN: conxunto de
seres da mesma especie.
BIOSFERA: zona do planeta
na que se desenvolve a vida.
INDIVIDUO: exemplar de cada
especie de seres vivos.
Os ecosistemas son a comunidade que forman os
seres vivos e o espazo onde viven e se relacionan.
Son sistemas organizados que teñen un equilibrio estable,
mantéñense en funcionamento, sen intervención allea.
Os ecosistemas son unha unidade formada por partes
relacionadas de tal xeito que a modificación de un dos seus
compoñentes implica, necesariamente, a alteración de
todos os demais.
ECOSISTEMA
BIOTOPO
Un lugar físico:
espazo e ambiente
(os compoñentes do substrato,
o aire, a auga, a luz, a calor,,,)
COMUNIDADE ou BIOCENOSE:
Un conxunto de seres que comparten
ese mesmo biotopo,
relacionados entre sí e co medio físico.
A diversidade de especies que presenta
unha comunidade indica a riqueza
biolóxica do ecosistema.
BIOCENOSE
Animais (ras, lagartiño da auga, carpas,
insectos, miñocas…). Vexetais (algas, espiga
de auga, espadaina, ambroíño…).
ECOSISTEMA : poza ou lagoa
BIOTOPO
substrato mergullado e exterior (rochas e
solo), auga doce, aire, luz, calor...
Cada biotopo presenta unhas características ambientais uniformes
(determinadas polo clima) pero dentro del podemos atopar lugares que
posúen características diferentes, que reúnen as condicións necesarias para
a vida dunha especie determinada: son os hábitats.
Dentro dos ecosistemas prodúcense modificacións provocadas polo
movemento de individuos que chegan ou se van del, como consecuencia
da reprodución dos seus poboadores ou o desprazamento de individuos
procedentes doutras zonas.
Para que un ecosistema se manteña en equilibrio é necesario que
funcionen correctamente as relacións entre os seus elementos.
RELACIÓNS ENTRE SERES DA MESMA ESPECIE
Os individuos da mesma especie poden vivir illados ou formar
grupos (familias, manadas, colonias, sociedades).
INDIVIDUOS SOLITARIOS.
Abellón
Lagarto
Polbo
SOCIEDADE: individuos entre
os que se establece unha
distribución de funcións.
Vesporeiro
Formigueiro
Albatros. Colonia de cría.
Colonia de miñocas de area
Manadas, rebaños, bandos,
mandas, cardumes...
Iguanas mariñas
Lobos mariños. Grupo familiar polígamo.
Parella. Grupo familiar monógamo.
Abatros
Cegoñas
Parella de corvos mariños coidando á cría
Lique. Agrupación simbiótica dun fungo e dunha alga
SIMBIOSE: relación de beneficio mutuo entre dúas especies
alga
fungo
COMPETENCIA: relación que se establece entre seres que
conviven nun mesmo lugar e teñen necesidades semellantes.
Os individuos adoitan marcan dalgún xeito o seu territorio (con
sinais olfativas, sonoras ou visuais)
Ave marcando o territorio co seu canto
Can marcando o territorio cos ouriños
DEPREDACIÓN: relación entre unha
especie (depredador) e outra, (presa) da
que se alimenta. Araña cazando.
Araña cazando unha mosca
Corvo mariño
pescando
PARASITISMO: é un xeito de depredación moi especializado no que o
depredador explota á víctima.
Os parásitos adoitan fixarse sobre os tecidos da víctima para extraerlle
substancias nutritivas (sangue dos animais, zugos dos vexetais...)
Barba de raposo (Cuscuta epithymum).
Unha planta que parasita ás outras
alimentándose do seu zugo.
Saculina carcini.
Parásito dos
cangrexos.
Pulgóns. Aliméntase
da saiba das plantas.
ALELOPATÍA: algúns vexetais producen substancias que
impiden ou dificultan o desenvolvemento de outros seres.
As follas dos eucaliptos producen unha substancia
que non deixa medrar aos competidores.
Alcanforeiro. Produce
substancias que alonxan
aos insectos.
Fiúncho. Alonxa aos
insectos do solo.
COMENSALISMO: especies que utilizan como alimento restos do alimento
do patrón e ás veces restos do seu corpo (mudas, descamacións...)
Peixes piloto e tiburón
De Duncan Wright (User:Sabine's Sunbird) - en: Image:Nurse shark with
remoras.jpg, CC BY-SA 3.0, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?
curid=1263876
TANATOCRESE: cando un individuo aproveita restos doutro
como refuxio, protección, camuflaxe...
O cangrexo ermitán mete o seu corpo nunha caracola baleira
FORESIA: uso doutro ser vivo
como medio de transporte
A rémora ten uns órganos a
xeito de ventosas que emprega
para suxeitarse aos animais
máis grandes.
ANTIBIOSE: relación antagónica que presentan certas especies que, ao viviren no
mesmo medio producen algún mecanismo polo que se elimina unha delas. É
característica dalgúns microorganismos.
Penicillium. Algúns fungos producen antibióticos que bloquean ou matan ás bacterias.
PIRÁMIDE
ALIMENTARIA
CADEAS ALIMENTICIAS
Relacións de
dependencia que se
crean entre diferentes
individuos polas súas
necesidades alimentarias.
No punto de partida de todas
as cadeas alimenticias
atópanse os vexetais, os
únicos seres capaces de
utilizar a enerxía do sol para
transformar as substancias
minerais en orgánicas.
Cadea alimenticia no mar
CADEA ALIMENTICIA. RÍO
O oso polar (Thalarctos marítimus).
Un exemplo de adaptacións ao medio: a súa
cor é a mesma que a do xeo e a neve; ten o
pelo moi espeso, o que impide o intercambio
de calor co ambiente; ten os pes moi anchos,
o que lle proporciona unha ancha base de
sustentación e axúdalle na natación; hiberna e
pode pasar máis de tres meses sen comer.
Para desenvolverse con éxito nun ambiente determinado os seres vivos
precisan adaptarse, dispor de mecanismos tanto fisiolóxicos como
morfolóxicos e modificacións do comportamento que lle permitan medrar
e reproducirse baixo as condicións que se dan nesa zona.
Estes caracteres comúns a todos os membros dunha poboación foron
herdados dos seus proxenitores e trasmítense aos descendentes.
AS RELACIÓNS ENTRE OS SERES VIVOS
(BIOCENOSE) E O MEDIO (BIOTOPO)
ADAPTACIÓNS MORFOLÓXICAS: modificacións do aspecto exterior
(formas, cores) que lles permiten realizar con éxito unha función nun
ambente determinado: locomoción, alimentación, defensa ...
Toupeira (Talpa occidentalis).
A forma do corpo e a posición e a
estrutura das patas están dispostas
para a vida subterránea.
Xirrio. Paxaro especialmente
adaptado á vida no aire. Ten as ás
longas e as patas curtas.
Ra. As patas traseiras longas e
palmeadas permítenlle saltar e nadar.
A dentadura do gato é a típica dun
carnívoro, cos incisivos pequenos e os
dentes cairos moi desenvolvidos.
Crías de avenoiteira (Caprimulgus
europaeus). A cor do seu plumón
mimetízaas coa contorna.
Xacinto de auga (Eichhornia crassipes).
Unha planta que vive aboiando grazas a
que os peciolos das súas follas teñen unha
estrutura esponxosa que almacena aire.
As flores son adaptacións das plantas
para chamar a atención dos insectos para
que as polinicen.
ADAPTACIÓNS DE CONDUTA: modificacións do comportamento necesarias
para enfrontarse aos distintos factores ambientais e aos outros seres vivos:
aparición de hábitos relacionados coa obtención de alimento, coas condicións
ambientais, coa defensa do medio (refuxios, abrigos, mecanismos
reguladores...) e dos depredadores (camuflaxe, fuxida, imitación, secreción de
velenos, órganos especializados...).
A facilidade con que é posible
atopar algo comestible en
contornos urbáns fai que algunhas
aves modifiquen as súas pautas de
busca de alimento.
ADAPTACIÓNS BIOLÓXICAS: modificacións internas e externas que lle
permiten axustar as súas actividades aos cambios de temperatura, aos ritmos
naturais: noite-día, ciclos lunares, estacións.
Víbora do deserto
Camelo
Adaptación á calor e á seca:
-Actividade nocturna e descanso
nas horas de calor.
-Vida subterránea.
-Grandes orellas para ventilarse
(lebre, raposo e lagartos do
deserto)
-Cubertas que impiden a
transpiración ou reflicten a luz
(reptiles, artrópodos, plantas).
-Retención da auga do corpo
(plantas crasas, dromedario,
camelo…)
As plantas almacenan auga, teñen cubertas coirentas ou veludas para
illarse, sen poros para impedir a perda de auga, cores craras para
impedir o quecemento, ou entran en período de descanso.
Carrascas de San Xoán
Herba coral
Os morcegos xúntanse
para a hibernación.
ADAPTACIÓNS AO FRÍO:
-Substancias anticonxelantes no
sangue (colémbolos, peixes).
-Acumulación de grandes
reservas de graxa que actúan
como illante.
-Pelaxe mesto e longo que impide
a circulación do aire entre a pel e
o exterior.
-Redución de funcións vitais:
hibernación, perda das follas nas
plantas....
-Construción de refuxios.
-Migracións.
-Morte deixando asegurando a
descendencia coa posta de ovos
ou dispersión de sementes.
Moitas limícolas pasan o inverno en Galiza fuxindo do frío do norte de Europa
As cores marelas das follas das árbores prodúcense pola alteración da clorofila
como consecuencia do acurtamento dos días e o descenso das temperaturas.
Indican a súa próxima caída e son sinal da chegada do inverno.
ADAPTACIÓNS AOS CICLOS DA NATUREZA
A terra está sometida a fenómenos que orixinan fluctuacións e ritmos
diferentes: movementos de rotación e translación, mareas, ciclos lunares...
Os seres vivos responden con cambios rítmicos no seu comportamento.
Morcego, animal de vida nocturna
Diurnos: desenvolven a súa actividade
principalmente polo día. Pardal
CICLOS DIARIOS
A sucesión do día e a noite cos cambios ambientais (luz,
temperatura, humidade...) correpóndese con rimos de
actividade ou descanso dos seres.
Nocturnos: desenvolven a súa actividade
principalmente pola noite. Avelaiona.
Aurorais: carriza, coello, achicoria
Vespertinos: xabarín, dondiego
CICLOS MENSUAIS
Relacionados coa Lúa.
Inflúe no ciclo reprodutor de algúns animais, especialmente nos acuáticos de
fecundación externa.
Corais By NOAA, Emma Hickerson - [2]
[3], Public Domain,
https://commons.wikimedia.org/w/
index.php?curid=21937548
CICLOS ANUAIS
Seguindo aos cambios nas estacións. Nas plantas afecta á caída da folla,
floración maduración do froito...
Nos animais afecta aos ciclo reprodutivos, hibernación, muda, cambios na
prumaxe, nas migracións e no cambio de actividade en xeral.
As ras pasa o inverno enterradas na
lama do fondo das pozas e na
primavera reanudan a actividade.
RITMOS DA MAREAS
Os movementos periódicos (cada seis horas aproximadamenre) de ascenso e
descenso do nivel do mar deixa unha gran área costeira exposta á seca e ao
cambios de temperatura.
Os animais mariños que viven nas rochas
apéganse e péchanse almacenando auga:
mexillón, lapa, percebe, caramuxo, arneirón...
Outros refúxianse nas fendas e pozas.
Moitos animais mariños entérranse no
substrato e almacenan auga para resistir
durante a marea baixa: cangrexos,
moluscos bivalvos, miñocas...
CIRCULACIÓN
DE MATERIA E
ENERXÍA NOS
ECOSISTEMAS
A ONDE VAN PARAR
OS RESIDUOS DA NATUREZA?
O equilibrio nos ecosistemas mantense pola
circulación “pechada” dos materiais dos
mesmos que comeza co aproveitamento da
auga, o dióxido de carbono (CO2) e os minerais
do solo por parte das plantas grazas á enerxía
luminosa que chega do sol. Continúa a través
dos diferentes animais dos que sae en forma
de excrementos e outros restos (incluídos eles
mesmos ao morrer) e volve ao comezo coa
axuda dos organismos descompoñedores.
DESCOMPOÑEDORES
Fungos
Larvas de insectos
CICLO DO CARBONO
CICLO DO CALCIO
CICLO DO NITRÓXENO
MONTAXE: Adela Leiro
FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, Vikipedia.
DEBUXOS: Mon Daporta
Acttuyalizado en xaneido de 2018

More Related Content

What's hot (20)

Tema 6. vertebrados
Tema 6. vertebradosTema 6. vertebrados
Tema 6. vertebrados
 
Animais invertebrados
Animais invertebradosAnimais invertebrados
Animais invertebrados
 
Os ecosistemas novo
Os ecosistemas novoOs ecosistemas novo
Os ecosistemas novo
 
Estructura e función dos seres vivos
Estructura e función dos seres vivosEstructura e función dos seres vivos
Estructura e función dos seres vivos
 
Tema 5. a biosfera
Tema 5. a biosferaTema 5. a biosfera
Tema 5. a biosfera
 
O ecosistema
O ecosistemaO ecosistema
O ecosistema
 
A estrutura dos ecosistemas maría casares (t 5)
A estrutura dos ecosistemas maría casares (t 5)A estrutura dos ecosistemas maría casares (t 5)
A estrutura dos ecosistemas maría casares (t 5)
 
Plantas carnívoras
Plantas carnívorasPlantas carnívoras
Plantas carnívoras
 
6.tricópteros noelia y javier
6.tricópteros noelia y javier6.tricópteros noelia y javier
6.tricópteros noelia y javier
 
Biosfera
BiosferaBiosfera
Biosfera
 
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivosClasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
 
Ecosistemas
EcosistemasEcosistemas
Ecosistemas
 
CRUSTÁCEOS, MIRIÁPODOS, ARÁCNIDOS
CRUSTÁCEOS, MIRIÁPODOS, ARÁCNIDOSCRUSTÁCEOS, MIRIÁPODOS, ARÁCNIDOS
CRUSTÁCEOS, MIRIÁPODOS, ARÁCNIDOS
 
Os seres vivos tema 1
Os seres vivos tema 1Os seres vivos tema 1
Os seres vivos tema 1
 
Diego
DiegoDiego
Diego
 
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivosClasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
 
Os ecosistemas
Os ecosistemas Os ecosistemas
Os ecosistemas
 
Tema 8. Funcións Vitais dos Animais
Tema 8. Funcións Vitais dos AnimaisTema 8. Funcións Vitais dos Animais
Tema 8. Funcións Vitais dos Animais
 
Moluscos
Moluscos Moluscos
Moluscos
 
Resumo temas i-ii-coñec-quinto
Resumo temas i-ii-coñec-quintoResumo temas i-ii-coñec-quinto
Resumo temas i-ii-coñec-quinto
 

Similar to Os ecosistemas

Macroinvertebrados Elena.pptx
Macroinvertebrados Elena.pptxMacroinvertebrados Elena.pptx
Macroinvertebrados Elena.pptxiesasorey
 
Animais e ecosistemas_t5_natu_5_b
Animais e ecosistemas_t5_natu_5_bAnimais e ecosistemas_t5_natu_5_b
Animais e ecosistemas_t5_natu_5_bSonia Vidal Puga
 
Nematodos anélidos moluscos
Nematodos anélidos moluscosNematodos anélidos moluscos
Nematodos anélidos moluscosLourdes Pereira
 
Que é un ecosistema
Que é un ecosistemaQue é un ecosistema
Que é un ecosistemaSV4B
 
Os Ecosistemas
Os EcosistemasOs Ecosistemas
Os EcosistemasCristina
 
Nematodos anélidos moluscos
Nematodos anélidos moluscosNematodos anélidos moluscos
Nematodos anélidos moluscosLourdes Pereira
 
Nematodos anélidos moluscos
Nematodos anélidos moluscosNematodos anélidos moluscos
Nematodos anélidos moluscosLourdes Pereira
 
Unudade 6 moneras e outros
Unudade 6 moneras e outrosUnudade 6 moneras e outros
Unudade 6 moneras e outroscooonchiiitaaa
 
Os ecosistemas (Educación Primaria)
Os ecosistemas (Educación Primaria)Os ecosistemas (Educación Primaria)
Os ecosistemas (Educación Primaria)monadela
 
RÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptxRÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptxiesasorey
 

Similar to Os ecosistemas (20)

Macroinvertebrados Elena.pptx
Macroinvertebrados Elena.pptxMacroinvertebrados Elena.pptx
Macroinvertebrados Elena.pptx
 
Animais e ecosistemas_t5_natu_5_b
Animais e ecosistemas_t5_natu_5_bAnimais e ecosistemas_t5_natu_5_b
Animais e ecosistemas_t5_natu_5_b
 
Nematodos anélidos moluscos
Nematodos anélidos moluscosNematodos anélidos moluscos
Nematodos anélidos moluscos
 
Que é un ecosistema
Que é un ecosistemaQue é un ecosistema
Que é un ecosistema
 
Os animais
Os animaisOs animais
Os animais
 
Os Ecosistemas
Os EcosistemasOs Ecosistemas
Os Ecosistemas
 
Animais
AnimaisAnimais
Animais
 
Nematodos anélidos moluscos
Nematodos anélidos moluscosNematodos anélidos moluscos
Nematodos anélidos moluscos
 
Nematodos anélidos moluscos
Nematodos anélidos moluscosNematodos anélidos moluscos
Nematodos anélidos moluscos
 
Protistas
ProtistasProtistas
Protistas
 
Unudade 6 moneras e outros
Unudade 6 moneras e outrosUnudade 6 moneras e outros
Unudade 6 moneras e outros
 
Ecosist 1
Ecosist 1Ecosist 1
Ecosist 1
 
Ecosist 1
Ecosist 1Ecosist 1
Ecosist 1
 
Os ecosistemas (Educación Primaria)
Os ecosistemas (Educación Primaria)Os ecosistemas (Educación Primaria)
Os ecosistemas (Educación Primaria)
 
RÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptxRÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptx
 
O reino animal
O reino animalO reino animal
O reino animal
 
O reino animal
O reino animalO reino animal
O reino animal
 
O reino animal
O reino animalO reino animal
O reino animal
 
O reino animal
O reino animalO reino animal
O reino animal
 
O reino animal
O reino animalO reino animal
O reino animal
 

More from monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 

More from monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

Os ecosistemas

  • 1. o medio natural OS ECOSISTEMAS
  • 2. A vida na Terra está organizada arredor da situación de equilibrio que se produce entre as condicións ambientais e a capacidade dos seres para sobreviviren e prosperar nelas.
  • 3. ORGANIZACIÓN DA VIDA NA TERRA BIOMA: conxunto de seres adaptados a unhas características climáticas semellantes. ECOSISTEMA: conxunto formado polos seres vivos, o lugar onde viven e as condicións ambientais propias dese lugar. COMUNIDADE: conxunto de seres diferentes que viven nun lugar determinado. POBOACIÓN: conxunto de seres da mesma especie. BIOSFERA: zona do planeta na que se desenvolve a vida. INDIVIDUO: exemplar de cada especie de seres vivos.
  • 4. Os ecosistemas son a comunidade que forman os seres vivos e o espazo onde viven e se relacionan. Son sistemas organizados que teñen un equilibrio estable, mantéñense en funcionamento, sen intervención allea. Os ecosistemas son unha unidade formada por partes relacionadas de tal xeito que a modificación de un dos seus compoñentes implica, necesariamente, a alteración de todos os demais.
  • 5. ECOSISTEMA BIOTOPO Un lugar físico: espazo e ambiente (os compoñentes do substrato, o aire, a auga, a luz, a calor,,,) COMUNIDADE ou BIOCENOSE: Un conxunto de seres que comparten ese mesmo biotopo, relacionados entre sí e co medio físico. A diversidade de especies que presenta unha comunidade indica a riqueza biolóxica do ecosistema.
  • 6. BIOCENOSE Animais (ras, lagartiño da auga, carpas, insectos, miñocas…). Vexetais (algas, espiga de auga, espadaina, ambroíño…). ECOSISTEMA : poza ou lagoa BIOTOPO substrato mergullado e exterior (rochas e solo), auga doce, aire, luz, calor...
  • 7. Cada biotopo presenta unhas características ambientais uniformes (determinadas polo clima) pero dentro del podemos atopar lugares que posúen características diferentes, que reúnen as condicións necesarias para a vida dunha especie determinada: son os hábitats.
  • 8. Dentro dos ecosistemas prodúcense modificacións provocadas polo movemento de individuos que chegan ou se van del, como consecuencia da reprodución dos seus poboadores ou o desprazamento de individuos procedentes doutras zonas. Para que un ecosistema se manteña en equilibrio é necesario que funcionen correctamente as relacións entre os seus elementos.
  • 9. RELACIÓNS ENTRE SERES DA MESMA ESPECIE Os individuos da mesma especie poden vivir illados ou formar grupos (familias, manadas, colonias, sociedades). INDIVIDUOS SOLITARIOS. Abellón Lagarto Polbo
  • 10. SOCIEDADE: individuos entre os que se establece unha distribución de funcións. Vesporeiro Formigueiro
  • 11. Albatros. Colonia de cría. Colonia de miñocas de area
  • 14. Lobos mariños. Grupo familiar polígamo.
  • 15. Parella. Grupo familiar monógamo. Abatros Cegoñas
  • 16. Parella de corvos mariños coidando á cría
  • 17. Lique. Agrupación simbiótica dun fungo e dunha alga SIMBIOSE: relación de beneficio mutuo entre dúas especies alga fungo
  • 18. COMPETENCIA: relación que se establece entre seres que conviven nun mesmo lugar e teñen necesidades semellantes. Os individuos adoitan marcan dalgún xeito o seu territorio (con sinais olfativas, sonoras ou visuais) Ave marcando o territorio co seu canto Can marcando o territorio cos ouriños
  • 19. DEPREDACIÓN: relación entre unha especie (depredador) e outra, (presa) da que se alimenta. Araña cazando. Araña cazando unha mosca Corvo mariño pescando
  • 20. PARASITISMO: é un xeito de depredación moi especializado no que o depredador explota á víctima. Os parásitos adoitan fixarse sobre os tecidos da víctima para extraerlle substancias nutritivas (sangue dos animais, zugos dos vexetais...) Barba de raposo (Cuscuta epithymum). Unha planta que parasita ás outras alimentándose do seu zugo. Saculina carcini. Parásito dos cangrexos. Pulgóns. Aliméntase da saiba das plantas.
  • 21. ALELOPATÍA: algúns vexetais producen substancias que impiden ou dificultan o desenvolvemento de outros seres. As follas dos eucaliptos producen unha substancia que non deixa medrar aos competidores.
  • 22. Alcanforeiro. Produce substancias que alonxan aos insectos. Fiúncho. Alonxa aos insectos do solo.
  • 23. COMENSALISMO: especies que utilizan como alimento restos do alimento do patrón e ás veces restos do seu corpo (mudas, descamacións...) Peixes piloto e tiburón De Duncan Wright (User:Sabine's Sunbird) - en: Image:Nurse shark with remoras.jpg, CC BY-SA 3.0, https://commons.wikimedia.org/w/index.php? curid=1263876
  • 24. TANATOCRESE: cando un individuo aproveita restos doutro como refuxio, protección, camuflaxe... O cangrexo ermitán mete o seu corpo nunha caracola baleira
  • 25. FORESIA: uso doutro ser vivo como medio de transporte A rémora ten uns órganos a xeito de ventosas que emprega para suxeitarse aos animais máis grandes.
  • 26. ANTIBIOSE: relación antagónica que presentan certas especies que, ao viviren no mesmo medio producen algún mecanismo polo que se elimina unha delas. É característica dalgúns microorganismos. Penicillium. Algúns fungos producen antibióticos que bloquean ou matan ás bacterias.
  • 27. PIRÁMIDE ALIMENTARIA CADEAS ALIMENTICIAS Relacións de dependencia que se crean entre diferentes individuos polas súas necesidades alimentarias. No punto de partida de todas as cadeas alimenticias atópanse os vexetais, os únicos seres capaces de utilizar a enerxía do sol para transformar as substancias minerais en orgánicas.
  • 30. O oso polar (Thalarctos marítimus). Un exemplo de adaptacións ao medio: a súa cor é a mesma que a do xeo e a neve; ten o pelo moi espeso, o que impide o intercambio de calor co ambiente; ten os pes moi anchos, o que lle proporciona unha ancha base de sustentación e axúdalle na natación; hiberna e pode pasar máis de tres meses sen comer. Para desenvolverse con éxito nun ambiente determinado os seres vivos precisan adaptarse, dispor de mecanismos tanto fisiolóxicos como morfolóxicos e modificacións do comportamento que lle permitan medrar e reproducirse baixo as condicións que se dan nesa zona. Estes caracteres comúns a todos os membros dunha poboación foron herdados dos seus proxenitores e trasmítense aos descendentes. AS RELACIÓNS ENTRE OS SERES VIVOS (BIOCENOSE) E O MEDIO (BIOTOPO)
  • 31. ADAPTACIÓNS MORFOLÓXICAS: modificacións do aspecto exterior (formas, cores) que lles permiten realizar con éxito unha función nun ambente determinado: locomoción, alimentación, defensa ... Toupeira (Talpa occidentalis). A forma do corpo e a posición e a estrutura das patas están dispostas para a vida subterránea. Xirrio. Paxaro especialmente adaptado á vida no aire. Ten as ás longas e as patas curtas.
  • 32. Ra. As patas traseiras longas e palmeadas permítenlle saltar e nadar. A dentadura do gato é a típica dun carnívoro, cos incisivos pequenos e os dentes cairos moi desenvolvidos. Crías de avenoiteira (Caprimulgus europaeus). A cor do seu plumón mimetízaas coa contorna.
  • 33. Xacinto de auga (Eichhornia crassipes). Unha planta que vive aboiando grazas a que os peciolos das súas follas teñen unha estrutura esponxosa que almacena aire. As flores son adaptacións das plantas para chamar a atención dos insectos para que as polinicen.
  • 34. ADAPTACIÓNS DE CONDUTA: modificacións do comportamento necesarias para enfrontarse aos distintos factores ambientais e aos outros seres vivos: aparición de hábitos relacionados coa obtención de alimento, coas condicións ambientais, coa defensa do medio (refuxios, abrigos, mecanismos reguladores...) e dos depredadores (camuflaxe, fuxida, imitación, secreción de velenos, órganos especializados...). A facilidade con que é posible atopar algo comestible en contornos urbáns fai que algunhas aves modifiquen as súas pautas de busca de alimento.
  • 35. ADAPTACIÓNS BIOLÓXICAS: modificacións internas e externas que lle permiten axustar as súas actividades aos cambios de temperatura, aos ritmos naturais: noite-día, ciclos lunares, estacións. Víbora do deserto Camelo Adaptación á calor e á seca: -Actividade nocturna e descanso nas horas de calor. -Vida subterránea. -Grandes orellas para ventilarse (lebre, raposo e lagartos do deserto) -Cubertas que impiden a transpiración ou reflicten a luz (reptiles, artrópodos, plantas). -Retención da auga do corpo (plantas crasas, dromedario, camelo…)
  • 36. As plantas almacenan auga, teñen cubertas coirentas ou veludas para illarse, sen poros para impedir a perda de auga, cores craras para impedir o quecemento, ou entran en período de descanso.
  • 37. Carrascas de San Xoán Herba coral
  • 38. Os morcegos xúntanse para a hibernación. ADAPTACIÓNS AO FRÍO: -Substancias anticonxelantes no sangue (colémbolos, peixes). -Acumulación de grandes reservas de graxa que actúan como illante. -Pelaxe mesto e longo que impide a circulación do aire entre a pel e o exterior. -Redución de funcións vitais: hibernación, perda das follas nas plantas.... -Construción de refuxios. -Migracións. -Morte deixando asegurando a descendencia coa posta de ovos ou dispersión de sementes.
  • 39. Moitas limícolas pasan o inverno en Galiza fuxindo do frío do norte de Europa
  • 40. As cores marelas das follas das árbores prodúcense pola alteración da clorofila como consecuencia do acurtamento dos días e o descenso das temperaturas. Indican a súa próxima caída e son sinal da chegada do inverno.
  • 41. ADAPTACIÓNS AOS CICLOS DA NATUREZA A terra está sometida a fenómenos que orixinan fluctuacións e ritmos diferentes: movementos de rotación e translación, mareas, ciclos lunares... Os seres vivos responden con cambios rítmicos no seu comportamento. Morcego, animal de vida nocturna
  • 42. Diurnos: desenvolven a súa actividade principalmente polo día. Pardal CICLOS DIARIOS A sucesión do día e a noite cos cambios ambientais (luz, temperatura, humidade...) correpóndese con rimos de actividade ou descanso dos seres. Nocturnos: desenvolven a súa actividade principalmente pola noite. Avelaiona.
  • 45. CICLOS MENSUAIS Relacionados coa Lúa. Inflúe no ciclo reprodutor de algúns animais, especialmente nos acuáticos de fecundación externa. Corais By NOAA, Emma Hickerson - [2] [3], Public Domain, https://commons.wikimedia.org/w/ index.php?curid=21937548
  • 46. CICLOS ANUAIS Seguindo aos cambios nas estacións. Nas plantas afecta á caída da folla, floración maduración do froito... Nos animais afecta aos ciclo reprodutivos, hibernación, muda, cambios na prumaxe, nas migracións e no cambio de actividade en xeral. As ras pasa o inverno enterradas na lama do fondo das pozas e na primavera reanudan a actividade.
  • 47. RITMOS DA MAREAS Os movementos periódicos (cada seis horas aproximadamenre) de ascenso e descenso do nivel do mar deixa unha gran área costeira exposta á seca e ao cambios de temperatura. Os animais mariños que viven nas rochas apéganse e péchanse almacenando auga: mexillón, lapa, percebe, caramuxo, arneirón... Outros refúxianse nas fendas e pozas. Moitos animais mariños entérranse no substrato e almacenan auga para resistir durante a marea baixa: cangrexos, moluscos bivalvos, miñocas...
  • 49. A ONDE VAN PARAR OS RESIDUOS DA NATUREZA? O equilibrio nos ecosistemas mantense pola circulación “pechada” dos materiais dos mesmos que comeza co aproveitamento da auga, o dióxido de carbono (CO2) e os minerais do solo por parte das plantas grazas á enerxía luminosa que chega do sol. Continúa a través dos diferentes animais dos que sae en forma de excrementos e outros restos (incluídos eles mesmos ao morrer) e volve ao comezo coa axuda dos organismos descompoñedores.
  • 54. MONTAXE: Adela Leiro FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, Vikipedia. DEBUXOS: Mon Daporta Acttuyalizado en xaneido de 2018