SlideShare a Scribd company logo
1 of 13
Download to read offline
Charles Chaplin
N: 16 de abril de 1889, 
Londres (Gran Bretaña)
M: 25 de decembro de 1977,
Corsier­sur­Vevey (Suíza)
Charles Spencer Chaplin naceu nun 
suburbio  de  Londres  o  16  de  abril 
de  1889.  O  seu  pai,  Charles 
Chaplin,  de  orixe  francesa,  era 
cantante de vodevil. A nai, Hannah, 
procedía  dunha  familia  burguesa 
da  cal  escapara  aos  16  anos  para 
dedicarse  ao  teatro.  Baixo  o  nome 
Florence  ou  Lily  Harvey  chegara  a 
traballar  nas  operetas  de  Gilbert  e 
Sullivan.  Hannah  tiña  tres  fillos 
dunha  relación  anterior  cun  home 
dedicado  ás  apostas  profesionais; 
os dous maiores quedaron co pai e 
o  terceiro,  Sidney,  nacido  o  17  de 
marzo de 1887, ficou ao coidado da 
nai.
Hacia  1891  os  pais  de  Chaplin 
separáronse. Charles Sr, alcohólico, 
non terá relación co fillo. 
Imaxes:  Hannah  Chaplin  +  cartel  con  Charles 
Chaplin Sr
“Viviamos  nun  cuarto  miserábel”, 
recordaba  Sidney.  “O  máis  corrente  era 
non  termos  nada  que  comer.  Nin  Charlie 
nin  eu  tiñamos  zapatos.  Aínda  lembro 
como  a  miña  nai  quitaba  os  seus  para 
darllos  a  un  de  nós,  que  iría  correndo  a 
unha  sopa  popular  para  recibir  a  única 
comida do día”. De cando en cando a nai 
ingresaba  no  hospital,  vítima  de 
depresións e crises nerviosas, e iso deixaba 
sós  ante  o  mundo  a  Sidney  e  Charlie. 
“Máis dunha vez durmimos na rúa. Tamén 
nos detiveron como indixentes. Gañamos a 
vida  como  podíamos,  a  miúdo  iamos  aos 
mercados  públicos  e  recolliamos  a  froita 
estragada,  que  entón  constituía  o  noso 
único alimento”.
Imaxe:  Charles  Chaplin  nun  centro  para  nenos  pobres  en 
Londres, 1897.
"
“I  was  hardly  aware  of  a 
crisis  because  we  lived  in a 
continual  crisis;  and,  being 
a  boy,  I  dismissed  our 
troubles  with  gracious 
forgetfulness”.
Charles Chaplin sobre a súa 
infancia.
O pai de Chaplin morreu de cirrose en 1901. 
A nai viviu algúns períodos de remisión, mais 
dende  1905  até  a  súa  morte  en  1928  a 
enfermidade  non  se  separou  dela  e  precisou 
atención sempre.
O  pequeno  Charles  atopou  un  oficio  nos 
espectáculos  de  teatro  e  variedades.  Arredor 
de  1906  Sidney  entra  na  compañía  de  Fred 
Karno  e  un  tempo  despois  consegue  que 
fichen ao seu irmán. Charles vai consolidando 
a súa posición e adquirindo certa estabilidade. 
En 1910 viaxa aos EEUU coa compañía Karno 
para  emprender  unha  longa  tour  teatral 
durante case dous anos. Uns meses despois da 
súa volta xorde unha nova xira americana.  É 
durante esa segunda viaxe cando recibe unha 
oferta  da  Keystone  para  incorporarse  á  súa 
troupe  de  actores.  Asina  un  contrato  por  un 
ano por 150$ á semana (equivalentes a máis 
de  3000   actuais)  e  debuta  no  cinema  a €
comezos de 1914 con Making a living.
Comparte pantalla con Mabel Normand ou 
Fatty  “Roscoe”  Arbukle  ás  ordes  de  Mack 
Sennett  ou  Henry  Lehrman,  mais  logo 
duns meses xa consegue ser el o escritor e 
realizador  dos  seus  filmes.  Desenvolve  o 
personaxe  de  “The  Tramp”,  coñecido  en 
España  como  “Charlot”  a  partir  da 
denominación francesa.
Medra a súa popularidade e en novembro 
de  1914  asina  un  contrato  para  o  ano 
seguinte coa produtora Essanay cun soldo 
de  1250$  semanais.  Coñece  a  Edna 
Purviance,  que  se  converterá  na  súa 
partenaire  cinematográfica  en  moitos 
filmes  e  coa  terá  tamén  unha  relación 
amorosa.  Chaplin  toma  con  calma  a 
produción  das  súas  películas,  escapa  do 
humor  puro  da  Keystone  e  introduce 
elementos  dramáticos,  románticos  e  de 
crítica  social.  Inicia  unha  longa 
colaboración  co  cámara  Roland  (Rollie) 
Totheroh, que se estenderá 40 anos.
A  súa  popularidade  acada  dimensión 
mundial.  Cando  remata  o  contrato  coa 
Essanay  recibe  varias  ofertas  e  decántase 
pola  mellor,  da  Mutual,  cun  salario  de 
10000$  semanais  máis  un  bono  de 
150000$ (foi entón que a Essanay fichou a 
Max Linder para substituílo). Concéntrase 
na  produción  de  menos  filmes  e  máis 
elaborados: The Vagabond, Easy Street, The 
Immigrant, One A.M., The Adventurer...
O  seu  éxito  é  descomunal  e  produce 
enormes beneficios ás compañías. Está en 
condicións  de  esixir  e  ao  rematar  o 
contrato  coa  Mutual  asina  pola  First 
National:  un  millón  de  dólares  por  oito 
filmes e plena liberdade. Crea o seu propio 
estudio en Hollywood. En xaneiro de 1918 
estrea A Dog's Life. Pouco despois participa 
nunha  campaña  de  recadación  de  fondos 
para  a  I  Guerra  Mundial  con  Fairbanks  e 
Pickford.
A  etapa  First  National  (1918­1923) 
complétase con Shoulder Arms, Sunnyside, 
A Day's Pleasure, The Idle Class, Pay Day e 
The  Pilgrim,  ademais  de  The  Kid,  a  súa 
primeira longametraxe (seis rolos). 
Coñece a unha actriz de 17 anos, Mildred 
Harris, e casa con ela en setembro de 1918 
ante a sospeita de embarazo, que resultou 
ser infundada. En xullo de 1919 si nace un 
fillo  da  parella,  mais  morre  aos  tres  días 
do  parto.  A  relación  remata  en  divorcio 
pouco tempo despois.
Liberado  do  contrato  coa  First  National, 
desenvolve  o  seu  primeiro  proxecto  coa 
United  Artists,  que  fundara  en  1919  con 
Griffith, Pickford e Fairbanks: A Woman of 
Paris, a maior gloria de Edna Purviance. As 
críticas  son  (merecidamente)  entusiastas 
mais o público non responde ben ante un 
filme de Chaplin sen Chaplin.
Decepcionado  coa  pobre  acollida  popular 
deste  melodrama,  regresa  á  comedia  co  seu 
seguinte  proxecto,  The  Gold  Rush.  Empeza  a 
rodaxe en febreiro de 1924 e conclúe quince 
meses  despois,  cun  investimento  de  case  un 
millón de dólares.
Reencóntrase  con  Lita  Grey,  que  aparecera 
facendo  de  anxo  en  The  Kid.  Lita  nacera  en 
1908, así que tiña 16 anos cando inician a súa 
relación.  Queda  embarazada  e  para  evitar 
problemas  coa  lei  californiana  casan  en 
México.  Teñen  dous  fillos,  Charles  (1925­
1968)  e  Sidney  (1926­2009).  O  matrimonio 
non foi precisamente feliz e en novembro de 
1926  prodúcese  a  separación.  O  divorcio 
deulle material á prensa ávida de escándalos: 
Lita acusou a Chaplin de infidelidade e abusos 
e  de  ter  desexos  sexuais  pervertidos.  Para 
frear  a  polémica  no  seu  apoxeo,  Chaplin 
accedeu a un (avultado) acordo económico.
Durante a lea do divorcio ten lugar a rodaxe de 
The  Circus,  que  finalmente  se  estrea  en  xaneiro 
de  1928.  O  cinema  sonoro  xa  é  unha  realidade 
mais Chaplin aférrase ao modelo silente con City 
Lights,  cuxa  rodaxe  volve  a  ser  unha 
demostración  do  seu  perfeccionismo  e  se  dilata 
durante máis de ano e medio. Recoñecida como 
unha  das  súas  mellores  obras,  City  Lights  foi 
tamén un éxito de público cando chegou ás salas 
en  febreiro  de  1931,  nunha  altura  na  que  os 
talkies eran xa a norma.
Este  éxito  non  impide  que  o  cineasta  viva  nun 
mar  de  dúbidas:  dunha  banda  está  convencido 
de  que  o  son  non  encaixará  cos  seus  filmes, 
doutra ten pánico a quedar anticuado e perder o 
favor  dos  espectadores.  Fai  unha  (moi)  longa 
pausa  que  aproveita  para  viaxar  por  Europa  e 
Asia. Coñece a Paulette Godard (1910­1990), coa 
que manterá unha relación de varios anos e que 
protagonizará con el o seu seguinte filme.
Modern Times (1936) foi a resposta á 
preocupación  de  Chaplin  pola 
crecente  mecanización  do  traballo  e 
deshumanización  da  sociedade.  Era 
unha  vez  máis  un  filme  mudo,  con 
efectos sonoros engadidos, mais a voz 
de Chaplin aparecía por primeira vez 
case  ao  final  para  cantar  unha 
canción  ­a  célebre  Titina­  con 
palabras inventadas. Foi a despedida 
de The Tramp, de Charlot. A acollida 
do público foi naquel momento máis 
ben morna.
En tempos turbulentos, Chaplin toma 
postura  contra  o  fascismo  en  The 
Great Dictator (1940), o seu primeiro 
filme falado, tamén o seu maior éxito 
comercial. 
Viviu  outro  polémico  affaire 
cunha  aspirante  a  actriz,  Joan 
Barry,  que  quedou  embarazada 
e reclamoulle a paternidade por 
vía  xudicial.  Malia  as  dúbidas 
científicas  sobre  este  feito  ­as 
probas de sangue desmentían a 
reclamación,  mais  non  foron 
admitidas­,  Chaplin  aceptou 
asumir a paternidade.
Pouco  tempo  máis  tarde,  en 
1943,  casou  con  Oona  O'Neill, 
(1925­1991),  filla  do  Premio 
Nobel  de  Literatura  Eugene 
O'Neill,  coa  que  estaría  unido 
até  o  final.  Tiveron  oito  fillos, 
entre eles Geraldine (1944). 
As súas últimas producións coa United 
Artists  foron  Monsieur  Verdoux 
(1947), inspirada no asasino múltiple 
Henri  Desiré  Landru;  e  Limelight 
(1952),  con  Claire  Bloom.  En  plena 
febre  anticomunista  e  coa  caza  de 
bruxas en marcha, o fiscal xeral James 
MacGranery  anuncia  en  setembro  de 
1952  que  o  permiso  de  entrada  a 
Chaplin  nos  EEUU  foi  revogado. 
Chaplin  corta  ligazóns  cos  EEUU, 
vende  a  casa  e  os  estudios  e 
establécese coa familia en Suíza. 
Fai  dous  filmes  máis  con  produción 
británica: A King in New York (1957) 
e The Countess of Hong Kong (1967). 
En 1972 obtén o León de 
Ouro  especial  do  Festival 
de  Venecia  e  un  Oscar 
honorífico  da  Academia 
de  Hollywood  (gañaría 
outro  Oscar  máis  pola 
música de Limelight o ano 
seguinte,  pois  foi  no  72 
cando  se  estreou  o  filme 
en Los Angeles).
Morreu o 25 de decembro 
de  1977,  aos  88  anos  de 
idade.

More Related Content

What's hot

Biografía literaria de vidal bolaño
Biografía literaria de vidal bolañoBiografía literaria de vidal bolaño
Biografía literaria de vidal bolaño
María Sánchez
 
Vidal Bolaño
Vidal BolañoVidal Bolaño
Vidal Bolaño
Fiz
 

What's hot (20)

Pierre Étaix
Pierre ÉtaixPierre Étaix
Pierre Étaix
 
O cine_touro
O cine_touroO cine_touro
O cine_touro
 
Miguelanxo Prado
Miguelanxo PradoMiguelanxo Prado
Miguelanxo Prado
 
Raoul Coutard (1924-2016)
Raoul Coutard (1924-2016)Raoul Coutard (1924-2016)
Raoul Coutard (1924-2016)
 
Primeiros pasos do cinema sonoro en Europa
Primeiros pasos do cinema sonoro en EuropaPrimeiros pasos do cinema sonoro en Europa
Primeiros pasos do cinema sonoro en Europa
 
Lupita Tovar (1910-2016)
Lupita Tovar (1910-2016)Lupita Tovar (1910-2016)
Lupita Tovar (1910-2016)
 
Mostra de Venecia
Mostra de VeneciaMostra de Venecia
Mostra de Venecia
 
Berlinale
BerlinaleBerlinale
Berlinale
 
A consolidación do cinema
A consolidación do cinemaA consolidación do cinema
A consolidación do cinema
 
Biografía literaria de vidal bolaño
Biografía literaria de vidal bolañoBiografía literaria de vidal bolaño
Biografía literaria de vidal bolaño
 
Fitos do cinema no mundo, 1934 1945
Fitos do cinema no mundo, 1934 1945Fitos do cinema no mundo, 1934 1945
Fitos do cinema no mundo, 1934 1945
 
Cinema galego
Cinema galegoCinema galego
Cinema galego
 
Exposición traballadoras en Galicia (1905 1989)
Exposición traballadoras en Galicia (1905 1989)Exposición traballadoras en Galicia (1905 1989)
Exposición traballadoras en Galicia (1905 1989)
 
Paul Gauguin. "El paraíso en la otra esquina". Mario Vargas Llosa
Paul Gauguin. "El paraíso en la otra esquina". Mario Vargas LlosaPaul Gauguin. "El paraíso en la otra esquina". Mario Vargas Llosa
Paul Gauguin. "El paraíso en la otra esquina". Mario Vargas Llosa
 
Vidal Bolaño
Vidal BolañoVidal Bolaño
Vidal Bolaño
 
Vidal bolaño
Vidal bolañoVidal bolaño
Vidal bolaño
 
Roberto Vidal Bolaño: Letras Galegas 2013
Roberto Vidal Bolaño: Letras Galegas 2013Roberto Vidal Bolaño: Letras Galegas 2013
Roberto Vidal Bolaño: Letras Galegas 2013
 
Hong Kong: Ann Hui e Wong Kar-wai
Hong Kong: Ann Hui e Wong Kar-waiHong Kong: Ann Hui e Wong Kar-wai
Hong Kong: Ann Hui e Wong Kar-wai
 
Orson Welles
Orson WellesOrson Welles
Orson Welles
 
3. pinceladas de arte picasso pdf
3. pinceladas de arte  picasso pdf3. pinceladas de arte  picasso pdf
3. pinceladas de arte picasso pdf
 

Similar to Charles Chaplin

Ok road movies._ies_ames_2011
Ok road movies._ies_ames_2011Ok road movies._ies_ames_2011
Ok road movies._ies_ames_2011
Eva Brañas
 

Similar to Charles Chaplin (13)

As pioneiras
As pioneirasAs pioneiras
As pioneiras
 
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difícilesA Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
 
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vidaA Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
 
Arthur Rimbaud
Arthur RimbaudArthur Rimbaud
Arthur Rimbaud
 
Hollywood, 1934-1945
Hollywood, 1934-1945Hollywood, 1934-1945
Hollywood, 1934-1945
 
Ok road movies._ies_ames_2011
Ok road movies._ies_ames_2011Ok road movies._ies_ames_2011
Ok road movies._ies_ames_2011
 
Escritoras na primeira metade do xix
Escritoras na primeira metade do xixEscritoras na primeira metade do xix
Escritoras na primeira metade do xix
 
DirectorAs: Dorothy Arzner
DirectorAs: Dorothy ArznerDirectorAs: Dorothy Arzner
DirectorAs: Dorothy Arzner
 
LUÍS SEOANE
LUÍS SEOANELUÍS SEOANE
LUÍS SEOANE
 
Alfred Hitchcock, 1930-1945
Alfred Hitchcock, 1930-1945Alfred Hitchcock, 1930-1945
Alfred Hitchcock, 1930-1945
 
Leni Riefenstahl
Leni RiefenstahlLeni Riefenstahl
Leni Riefenstahl
 
Arxentina
ArxentinaArxentina
Arxentina
 
DirectorAs: Ida Lupino
DirectorAs: Ida LupinoDirectorAs: Ida Lupino
DirectorAs: Ida Lupino
 

More from filmotecaforum

More from filmotecaforum (20)

DirectorAs - Agnès Varda (Outras historias do cinema)
DirectorAs - Agnès Varda (Outras historias do cinema)DirectorAs - Agnès Varda (Outras historias do cinema)
DirectorAs - Agnès Varda (Outras historias do cinema)
 
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
 
Cinema palestino
Cinema palestinoCinema palestino
Cinema palestino
 
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidadeA Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
 
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anosA Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
 
A preservación do cinema
A preservación do cinemaA preservación do cinema
A preservación do cinema
 
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en PortugalO Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
 
Mulleres no western
Mulleres no westernMulleres no western
Mulleres no western
 
O cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abrilO cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abril
 
Rosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallasRosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallas
 
Kinuyo Tanaka
Kinuyo TanakaKinuyo Tanaka
Kinuyo Tanaka
 
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
 
Centenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane SembèneCentenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane Sembène
 
Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80
 
Hollywood ❤️ URSS
Hollywood ❤️ URSSHollywood ❤️ URSS
Hollywood ❤️ URSS
 
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidasA SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
 
Cinemas dos pobos orixinarios
Cinemas dos pobos orixinariosCinemas dos pobos orixinarios
Cinemas dos pobos orixinarios
 
Países africanos de fala portuguesa
Países africanos de fala portuguesaPaíses africanos de fala portuguesa
Países africanos de fala portuguesa
 
Cinema e educación
Cinema e educaciónCinema e educación
Cinema e educación
 
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50
 

Charles Chaplin

  • 2. Charles Spencer Chaplin naceu nun  suburbio  de  Londres  o  16  de  abril  de  1889.  O  seu  pai,  Charles  Chaplin,  de  orixe  francesa,  era  cantante de vodevil. A nai, Hannah,  procedía  dunha  familia  burguesa  da  cal  escapara  aos  16  anos  para  dedicarse  ao  teatro.  Baixo  o  nome  Florence  ou  Lily  Harvey  chegara  a  traballar  nas  operetas  de  Gilbert  e  Sullivan.  Hannah  tiña  tres  fillos  dunha  relación  anterior  cun  home  dedicado  ás  apostas  profesionais;  os dous maiores quedaron co pai e  o  terceiro,  Sidney,  nacido  o  17  de  marzo de 1887, ficou ao coidado da  nai. Hacia  1891  os  pais  de  Chaplin  separáronse. Charles Sr, alcohólico,  non terá relación co fillo.  Imaxes:  Hannah  Chaplin  +  cartel  con  Charles  Chaplin Sr
  • 3. “Viviamos  nun  cuarto  miserábel”,  recordaba  Sidney.  “O  máis  corrente  era  non  termos  nada  que  comer.  Nin  Charlie  nin  eu  tiñamos  zapatos.  Aínda  lembro  como  a  miña  nai  quitaba  os  seus  para  darllos  a  un  de  nós,  que  iría  correndo  a  unha  sopa  popular  para  recibir  a  única  comida do día”. De cando en cando a nai  ingresaba  no  hospital,  vítima  de  depresións e crises nerviosas, e iso deixaba  sós  ante  o  mundo  a  Sidney  e  Charlie.  “Máis dunha vez durmimos na rúa. Tamén  nos detiveron como indixentes. Gañamos a  vida  como  podíamos,  a  miúdo  iamos  aos  mercados  públicos  e  recolliamos  a  froita  estragada,  que  entón  constituía  o  noso  único alimento”. Imaxe:  Charles  Chaplin  nun  centro  para  nenos  pobres  en  Londres, 1897.
  • 4. " “I  was  hardly  aware  of  a  crisis  because  we  lived  in a  continual  crisis;  and,  being  a  boy,  I  dismissed  our  troubles  with  gracious  forgetfulness”. Charles Chaplin sobre a súa  infancia. O pai de Chaplin morreu de cirrose en 1901.  A nai viviu algúns períodos de remisión, mais  dende  1905  até  a  súa  morte  en  1928  a  enfermidade  non  se  separou  dela  e  precisou  atención sempre. O  pequeno  Charles  atopou  un  oficio  nos  espectáculos  de  teatro  e  variedades.  Arredor  de  1906  Sidney  entra  na  compañía  de  Fred  Karno  e  un  tempo  despois  consegue  que  fichen ao seu irmán. Charles vai consolidando  a súa posición e adquirindo certa estabilidade.  En 1910 viaxa aos EEUU coa compañía Karno  para  emprender  unha  longa  tour  teatral  durante case dous anos. Uns meses despois da  súa volta xorde unha nova xira americana.  É  durante esa segunda viaxe cando recibe unha  oferta  da  Keystone  para  incorporarse  á  súa  troupe  de  actores.  Asina  un  contrato  por  un  ano por 150$ á semana (equivalentes a máis  de  3000   actuais)  e  debuta  no  cinema  a € comezos de 1914 con Making a living.
  • 5. Comparte pantalla con Mabel Normand ou  Fatty  “Roscoe”  Arbukle  ás  ordes  de  Mack  Sennett  ou  Henry  Lehrman,  mais  logo  duns meses xa consegue ser el o escritor e  realizador  dos  seus  filmes.  Desenvolve  o  personaxe  de  “The  Tramp”,  coñecido  en  España  como  “Charlot”  a  partir  da  denominación francesa. Medra a súa popularidade e en novembro  de  1914  asina  un  contrato  para  o  ano  seguinte coa produtora Essanay cun soldo  de  1250$  semanais.  Coñece  a  Edna  Purviance,  que  se  converterá  na  súa  partenaire  cinematográfica  en  moitos  filmes  e  coa  terá  tamén  unha  relación  amorosa.  Chaplin  toma  con  calma  a  produción  das  súas  películas,  escapa  do  humor  puro  da  Keystone  e  introduce  elementos  dramáticos,  románticos  e  de  crítica  social.  Inicia  unha  longa  colaboración  co  cámara  Roland  (Rollie)  Totheroh, que se estenderá 40 anos.
  • 6. A  súa  popularidade  acada  dimensión  mundial.  Cando  remata  o  contrato  coa  Essanay  recibe  varias  ofertas  e  decántase  pola  mellor,  da  Mutual,  cun  salario  de  10000$  semanais  máis  un  bono  de  150000$ (foi entón que a Essanay fichou a  Max Linder para substituílo). Concéntrase  na  produción  de  menos  filmes  e  máis  elaborados: The Vagabond, Easy Street, The  Immigrant, One A.M., The Adventurer... O  seu  éxito  é  descomunal  e  produce  enormes beneficios ás compañías. Está en  condicións  de  esixir  e  ao  rematar  o  contrato  coa  Mutual  asina  pola  First  National:  un  millón  de  dólares  por  oito  filmes e plena liberdade. Crea o seu propio  estudio en Hollywood. En xaneiro de 1918  estrea A Dog's Life. Pouco despois participa  nunha  campaña  de  recadación  de  fondos  para  a  I  Guerra  Mundial  con  Fairbanks  e  Pickford.
  • 7. A  etapa  First  National  (1918­1923)  complétase con Shoulder Arms, Sunnyside,  A Day's Pleasure, The Idle Class, Pay Day e  The  Pilgrim,  ademais  de  The  Kid,  a  súa  primeira longametraxe (seis rolos).  Coñece a unha actriz de 17 anos, Mildred  Harris, e casa con ela en setembro de 1918  ante a sospeita de embarazo, que resultou  ser infundada. En xullo de 1919 si nace un  fillo  da  parella,  mais  morre  aos  tres  días  do  parto.  A  relación  remata  en  divorcio  pouco tempo despois. Liberado  do  contrato  coa  First  National,  desenvolve  o  seu  primeiro  proxecto  coa  United  Artists,  que  fundara  en  1919  con  Griffith, Pickford e Fairbanks: A Woman of  Paris, a maior gloria de Edna Purviance. As  críticas  son  (merecidamente)  entusiastas  mais o público non responde ben ante un  filme de Chaplin sen Chaplin.
  • 8. Decepcionado  coa  pobre  acollida  popular  deste  melodrama,  regresa  á  comedia  co  seu  seguinte  proxecto,  The  Gold  Rush.  Empeza  a  rodaxe en febreiro de 1924 e conclúe quince  meses  despois,  cun  investimento  de  case  un  millón de dólares. Reencóntrase  con  Lita  Grey,  que  aparecera  facendo  de  anxo  en  The  Kid.  Lita  nacera  en  1908, así que tiña 16 anos cando inician a súa  relación.  Queda  embarazada  e  para  evitar  problemas  coa  lei  californiana  casan  en  México.  Teñen  dous  fillos,  Charles  (1925­ 1968)  e  Sidney  (1926­2009).  O  matrimonio  non foi precisamente feliz e en novembro de  1926  prodúcese  a  separación.  O  divorcio  deulle material á prensa ávida de escándalos:  Lita acusou a Chaplin de infidelidade e abusos  e  de  ter  desexos  sexuais  pervertidos.  Para  frear  a  polémica  no  seu  apoxeo,  Chaplin  accedeu a un (avultado) acordo económico.
  • 9. Durante a lea do divorcio ten lugar a rodaxe de  The  Circus,  que  finalmente  se  estrea  en  xaneiro  de  1928.  O  cinema  sonoro  xa  é  unha  realidade  mais Chaplin aférrase ao modelo silente con City  Lights,  cuxa  rodaxe  volve  a  ser  unha  demostración  do  seu  perfeccionismo  e  se  dilata  durante máis de ano e medio. Recoñecida como  unha  das  súas  mellores  obras,  City  Lights  foi  tamén un éxito de público cando chegou ás salas  en  febreiro  de  1931,  nunha  altura  na  que  os  talkies eran xa a norma. Este  éxito  non  impide  que  o  cineasta  viva  nun  mar  de  dúbidas:  dunha  banda  está  convencido  de  que  o  son  non  encaixará  cos  seus  filmes,  doutra ten pánico a quedar anticuado e perder o  favor  dos  espectadores.  Fai  unha  (moi)  longa  pausa  que  aproveita  para  viaxar  por  Europa  e  Asia. Coñece a Paulette Godard (1910­1990), coa  que manterá unha relación de varios anos e que  protagonizará con el o seu seguinte filme.
  • 10. Modern Times (1936) foi a resposta á  preocupación  de  Chaplin  pola  crecente  mecanización  do  traballo  e  deshumanización  da  sociedade.  Era  unha  vez  máis  un  filme  mudo,  con  efectos sonoros engadidos, mais a voz  de Chaplin aparecía por primeira vez  case  ao  final  para  cantar  unha  canción  ­a  célebre  Titina­  con  palabras inventadas. Foi a despedida  de The Tramp, de Charlot. A acollida  do público foi naquel momento máis  ben morna. En tempos turbulentos, Chaplin toma  postura  contra  o  fascismo  en  The  Great Dictator (1940), o seu primeiro  filme falado, tamén o seu maior éxito  comercial. 
  • 11. Viviu  outro  polémico  affaire  cunha  aspirante  a  actriz,  Joan  Barry,  que  quedou  embarazada  e reclamoulle a paternidade por  vía  xudicial.  Malia  as  dúbidas  científicas  sobre  este  feito  ­as  probas de sangue desmentían a  reclamación,  mais  non  foron  admitidas­,  Chaplin  aceptou  asumir a paternidade. Pouco  tempo  máis  tarde,  en  1943,  casou  con  Oona  O'Neill,  (1925­1991),  filla  do  Premio  Nobel  de  Literatura  Eugene  O'Neill,  coa  que  estaría  unido  até  o  final.  Tiveron  oito  fillos,  entre eles Geraldine (1944). 
  • 12. As súas últimas producións coa United  Artists  foron  Monsieur  Verdoux  (1947), inspirada no asasino múltiple  Henri  Desiré  Landru;  e  Limelight  (1952),  con  Claire  Bloom.  En  plena  febre  anticomunista  e  coa  caza  de  bruxas en marcha, o fiscal xeral James  MacGranery  anuncia  en  setembro  de  1952  que  o  permiso  de  entrada  a  Chaplin  nos  EEUU  foi  revogado.  Chaplin  corta  ligazóns  cos  EEUU,  vende  a  casa  e  os  estudios  e  establécese coa familia en Suíza.  Fai  dous  filmes  máis  con  produción  británica: A King in New York (1957)  e The Countess of Hong Kong (1967). 
  • 13. En 1972 obtén o León de  Ouro  especial  do  Festival  de  Venecia  e  un  Oscar  honorífico  da  Academia  de  Hollywood  (gañaría  outro  Oscar  máis  pola  música de Limelight o ano  seguinte,  pois  foi  no  72  cando  se  estreou  o  filme  en Los Angeles). Morreu o 25 de decembro  de  1977,  aos  88  anos  de  idade.