SlideShare a Scribd company logo
1 of 8
UD 4.- VIVIR MÁIS, VIVIR MELLOR


1.- SAÚDE E ENFERMIDADE
2.- RISCOS PARA A SAÚDE
3.- TIPOS DE ENFERMIDADES MÁIS FRECUENTES: PREVENCIÓN, CAUSAS E TRATAMENTO
4.- SAÚDE PÚBLICA E MEDICINA PREVENTIVA
5.- ENFEMIDADES INFECCIOSAS
6.- O DIAGNÓSTICO DAS ENFERMIDADES
7.- TRATAMENTO DAS ENFERMIDADES: FÁRMACOS E MEDICAMENTOS
8.- TRASPLANTES E SOLIDARIDADE
9.- CONDICIONAMENTOS DA INVESTIGACIÓN MÉDICA
10.- A SANIDADE NOS PAÍSES DE BAIXO DESENVOLVEMENTO
1.- SAÚDE E ENFERMIDADE
1.1.- Concepto de saúde e enfermidade
        A Organización Mundial da Saúde (OMS) define a saúde como un estado de completo
benestar físico, mental e social, e non só como ausencia de enfermidade.
        Enfermidade: alteración do estado de saúde, é dicir, perda transitoria ou permanente do
benestar físico, psíquico ou social.
        Así, a calidade de vida dunha persoa defínese, en termos xerais, como o seu grao de
benestar, felicidade e satisfacción, que lle permite actuar e sentir a súa vida de forma positiva.
Depende, entre outros factores, da súa saúde física e mental, o seu nivel de autonomía e as súas
relacións sociais e co seu entorno. Un dos principais indicadores é a esperanza de vida ao nacer, que
é unha estimación do promedio de anos que viviría un grupo de persoas nacidas nun ano se non
variaran as condicións sanitarias e sociais, na zona que se estudia.
Curiosidade: A saúde e a enfermidade día a dia:
                 http:/www.poodwaddle.com/clocks2.htm
        Páxina web na que aparecen datos diarios e a tempo real das persoas que nacen, que
morren, de que morren, causas principais de mortalidade...
Bibliografía:
                 El hombre que confundió a su mujer con un sombrero
                 Autor: Sacks
        El médico
                 Noah Gordon.
                 Ediciones B. Grupo Z (1986)
        O estado de saúde dunha persoa é o resultado da combinación do seu xenotipo (a
información xenética que aporta) e o ambiente no que se desenvolve e vive.
Existen:
- enfermidades xenéticas: debidas a alteracións no xenoma (por exemplo o síndrome de Dawn, a
  hemofilia ou algúns tipos de diabetes)
- outras que non son determinadas directamente polo xenotipo, pero este si determina unha
  predisposición a padecelas (por exemplo as enfermidades cardiovasculares: pódese ter
  predisposición a padecelas, pero con dieta e exercico é posible que nunca se chegue a padecelas).
- enfermidades conxénitas (relacionadas coas xenéticas): son as que se manifestan desde o
  nacemento debido a algún trastorno producido durante o desenvolvemento embrionario ou durante
  o parto (por exemplo, se unha muller embarazada padece rubeola e lla transmite ao feto, este pode
  sufrir retraso mental). Moitas pódense diagnosticar antes do nacemento e, incluso, curar.


Noticia relacionada: La Voz de Galicia (3 / 12 / 2008)
 O feto é anestesiado dentro do útero da súa nai para evitar movementos imprevistos, mentres ela permanece
 esperta      en      todo     momento        e    é     informada      da     marcha       da     intervención.
 Médicos do Hospital Universitario 12 de Outubro realizan operacións cardíacas intrauterinas a fetos de entre
 21 e 25 semanas, cuxo corazón non supera o tamaño dunha moeda dun euro.
 Ata o momento realizáronse sete intervencións deste tipo, denominadas valvuloplastias, que se aplican para
 corrixir mediante dilatación estreitamentos severos das válvulas do corazón en fetos antes do seu nacemento.


                                                                                                               2
2.- RISCOS PARA A SAÚDE
     Poden ter a súa orixe:
         - No ambiente que nos rodea
         - No propio organismo (internas)
         - Nos hábitos de vida
         - No entorno sociocultural
Algúns destes factores de risco pódense modificar (os que dependen do comportamento da persoa) e
outros non (idade, sexo, xenética).
         Dacordo co tipo de riscos as agresións ás que nos expoñemos son de distinta natureza:
2.1.- Agresións ambientais
         Os organismos para a súa supervivencia débense enfrentar a condicións ambientais
adversas. Éstas pódense clasificar en:
      FÍSICAS:
              • Radiacións ionizantes (capaces de modificar a estrutura da materia): poden ter orixe
     natural (a maior parte; por exemplo do Sol chegan raios UV e algúns gamma...) ou artificial
     (residuos nucleares).
              • Ruidos. Especialmente nas cidades. Poden producir alteracións no sono, no
     comportamento e perda auditiva).
              • Variacións de temperatura. Altas temperaturas xunto con exceso de humedade (que
     impide a sudoración e, polo tanto, a refrigeración que supón) poden ser letais. O mesmo pasa co
     frío extremo.


      QUÍMICAS:
              • Contaminación do aire, como consecuencia das actividades humanas, especialmente
     a industria, a calefacción e o tráfico. As principias substancias contaminantes son: o monóxido de
     carbono, dióxido de xofre, óxidos de nitróxeno e partículas en suspensión (fume, aerosois...).
              • Contaminación da auga, debido ao uso doméstico e industrial. Estes contaminantes
     poden ser: orgánicos (augas fecais e residuos ganadeiros, pesticidas, graxas e plásticos);
     inorgánicos (nitratos e fosfatos dos abonos, así como ácidos, sales e metais tóxicos)1; biolóxicos
     (microorganismos).
              • Contaminación dos alimentos, cando conteñen substancias extranas (plaguicidas,
     metais pesados, antibióticos…) que ao inxerilas poden ter efectos negativos sobre a saúde. Ás
     veces os efectos son por acumulación e a longo prazo.


2.2.- Causas biolóxicas (internas)
         • Sexo e avellentamento (cancro mama / próstata ...)
         • Sistema interno ou constitución
1
 Nos anos cincuenta unha planta química próxima á Baía de Minamata (Xapón) descargou alta cantidade de residuos
mercuriales (metilmercurio principalmente) no mar, o cal contaminou o plancto e o pescado que foi chuchado posteriormente
polos habitantes locais, orixinando unha intoxicación masiva de características catastróficas, con 121 afectados, 46 mortos e
moitos nenos con danos severos no sistema nervioso central.
Saturnismo: enfermidade provocada pola intoxicación con chumbo. Dise que Beethoven morreo a causa do saturnismo e que
goya tivo problemas de saúde por el.
                                                                                                                                3
• Xenéticas
        Estes factores de risco non se poden modificar.


2.3.- Hábitos de vida
• Exercicio físico adaptado ao suxeito e hábitos alimentarios axeitados (prevense o cancro e
  enfemidades cardiovasculares)
• Consumo de tabaco, alcohol e drogas ilegais
• Hixiene e coidado persoal




2.4.- Entorno sociocultural
• Situación socioeconómica
•Cultura
•Vida familiar e social (disfrute de tempo libre)
• Estrés




3.- TIPOS DE ENFERMIDADES MÁIS FRECUENTES: PREVENCIÓN, CAUSAS E TRATAMENTO
    Verase a través de traballos




4.- SAÚDE PÚBLICA E MEDICINA PREVENTIVA
Saúde pública: atención á comunidade desde o punto de vista sanitario con medcios públicos.
Medicina preventiva: rama da medicina que se ocupa de impedir no individuo, na familia ou nun
grupo de poboación a aparición, o desenvolvemento e o mantenimento da enfermidade, baseándose
nos coñecementos da ciencia médica. Actúa a nivel individual e a exercen titulados relacionados coa
saúde. É máis restrinxida que a saúde pública.


                                              Prevención primaria (vacinas...)
                                              Prevención secundaria (diagnóstico precoz…)
NIVEIS DE PREVENCIÓN                               Prevención   terciaria   (mellorar   o   curso   dunha
                                              enfermidade e evitar complicacións e deterioros derivados
                                              desta...)
5.- ENFERMIDADES INFECCIOSAS
        Causadas por microorganismos patóxenos como bacterias, virus, protozoos e fungos.
- Por bacterias: cólera (pola auga), farinxite (polo aire), salmonelose (polos alimentos) ....
- Por virus: gripe (por contacto directo), hepatite A (por auga ou alimentos) e B (vía sexual ou
  sangue), papeiras, rubeola, VIH ...
- Por protozoos: malaria ou paludismo ...
- Por fungos: pé de atleta...

                                                                                                        4
5.1.- Transmisión das enfermidaddes infecciosas
        O microorganismo patóxeno pode penetrar no noso corpo por:
 Por contacto directo (a través da pel, polo aire, por relacións sexuais...)
 Por medio da auga
 Por medio dos alimentos
 Por medio de animais (mosquitos...)




5.2.- Desenvolvemento das enfermidades infecciosas
        Fases:
        1) Infección (chegada do microorganismo ao corpo e reprodución)
        2) Período de incubación (longo ou curto)
        3) Período agudo (manifestación plena con febre, dor...)
        4) Período de declive (ceden os síntomas)
        5) Convalecencia (período no que o doente se vai recobrando)


        Será importante a prevención das enfermidades infecciosas con normas de hixiene e
manipulación (evitar beber auga dubidosa, lavar as mans e as verduras, froitas, hortalizas...,
conservación e manipulación correcta de alimentos, utilización de preservativo nas relacións
sexuais...)


5.3.- A defensa contra as infeccións
        Os mecanismos de defensa do organismo poden ser:
         Inespecíficos. Actúan fronte a calquera infección; trátase da pel, das mucosas e a
                             inflamción.
         Específicos. O sistema inmunitario (o seu compoñente máis importante contitúeno os
                           linfocitos –un tipo de glóbulos brancos do sangue-). Actúa identificando
                           partículas estranas (antíxenos) que son destruídas por proteínas do
                           organismo (anticorpos).




5.4.- Trastornos do sistema inmunitario
         Enfermidades autoinmunes: o sistema inmunitario recoñece como estrana algunha
molécula do propio organimo (exemplos: esclerose múltiple, algún tipo de diabetes...)
         Alerxias: o sistema inmunitario responde ante antíxenos aos que non debería responder en
condicións normais como os que se atopan no pole, nos ácaros de pó...




                                                                                                 5
5.5.- O tratamento das enfermidades infecciosas
        Contra as enfermidades causadas por bacterias: con antibióticos. O primeiro descuberto foi
a penicilina (descuberta por Fleming quen non patentou o seu descubrimento para abaratalo; hoxe en
día a maioría están patentados).2 Tamén se empregan as sulfamidas.
           Contra as enfermidades causadas por protozoos e fungos. Con antiprotozoarios e
antifúnxicos ou funxicidas. (Son medicamentos menos efectivos que os antibióticos e máis tóxicos).
         Contra as enfermidades causadas por virus. Son máis difíciles de tratar xa que é o noso
organismo o que debe vencer a infección e eliminar o virus. Os síntomas si se combaten con
medicamentos.
          Nos últimos anos desenvolvéronse antivirais contra o VIH, causante da SIDA, e contra o virus
do herpes.


 Vacinas: Pretenden inmunizar ás persoas contra algúns organismos patóxenos (como se se tivese
padecido a enfermidade). Estimulan o noso sistema inmunolóxico para desenvolver anticorpos que
poidan contrarrestar un virus ou unha bacteria que invada o noso corpo e producir “células de
memoria”. Así, o sistema de defensa sabe que facer e responde evitando a infección.
          A primeira vacina foi descuberta por Jenner (s. XVIII- XIX) e foi para combater a viruela. Outra
personaxe importante no desenvolvemento da medicina moderna e en particular das vacinas foi Louis
PASTEUR.


          A pesar dos avances neste campo cabe preguntarse como é que a pesar de supoñer unha
enorme mellora na sa´de mundial, por que non hai vacinas para todas as enfermidades? Hai dúas
razóns poderosas:
1ª) De índole social: investígase máis nas enfermidades que afectan a persoas que viven no mundo
      desenvolvido.
2ª) De índole científica: os microorganismos teñen estratexias defensivas, de maneira que fabricar
      vacinas contra algunhas enfermidades é moi complexo.
      Unha das vacinas que máis se resiste aos investigadores é a do VIH (virus da SIDA), pese aos
múltiples intentos por obtela, debido a que é un virus que muda moi rapidamente.




6.- O DIAGNÓSTICO DAS ENFERMIDADES
          O diagnóstico é o proceso polo que se identifica a enfermidade que afecta ao paciente.
Fases:
          1) Entrevista clínica (recóllense datos útiles para o diagnóstico)
          2) Exploración física (coa vista, oído, tacto)
          3) Exploracións complementarias (probas)




2
    Trátase dun descubrimento serendípico
                                                                                                        6
A historia clínica é o documento que se vai elaborando ao longo do tempo na relación entre o
médico e o paciente. Contén información confidencial do tipo de:
- datos subxectivos proporcionados polo paciente (síntomas).
- datos obxectivos obtidos da exploración física e das complementarias.
- diagnóstico
- pronóstico ou evolución
- tratamento


6.1.- Exploracións complementarias máis empregadas
 Análise de sangue
 Técnicas de diagnóstico por imaxe (radiografía, tomografía axial computerizada –TAC ou escáner-,
resonancia magnética, ecografía, medicina nuclear –gammagrafías-, tomografía por emisión de
protóns –PET-…
 Cateterismo cardíaco
 Técnicas           de    rexistro da actividade            eléctrica   (electrocardiograma,   electroencefalograma,
                       3
electromiograma ).
 Probas de esforzo
 Técnicas endoscópicas
 Biopsia




7.- TRATAMENTO DE ENFERMIDADES: FÁRMACOS E MEDICAMENTOS
 Medicamentos: produtos que empregamos para curar, aliviar, previr ou diagnosticar unha
       enfermidade.
 Fármacos: principios activos dos medicamentos, é dicir, substancias que fan que estes teñan as
       súas propiedades.
 Reaccións adversas: efectos negativos non desexados dos medicamentos.
 Dose: cantidade axeitada do medicamento.
 Interaccións farmacolóxicas: interaccións entre distintos fármacos.
 Vías de administración dos fármacos
            - Oral (pastillas, cápsulas, comprimidos...)
            - Sublingual (algúns comprimidos)
            - Rectal (supositorios)
            - Inxección (subcutánea / intramuscular / intravenosa)
            - Intranasal (cun nebulizador)
            - Tópica ou cutánea (pomadas)




3
    Mide a actividade eléctrica dos ,úsculos e fibras nerviosas.
                                                                                                                   7
7.1.- A industria farmacéutica: patentes e xenéricos
       Para que un medicamento sexa aprobado polas autoridades sanitarias é preciso que pase as
seguintes fases:
 Pasa probas en animais de experimentación e persoas sanas. Se é satisfactorio pasa a:
 Fase de ensaio (probas con enfermos)
 Se o medicamento é efectivo, entón procédese a súa comercialización.


       Cando unha empresa descubre un fármaco novo solicita a súa patente (autorízaselle a ser a
única fabricante e comercializadora deste entre 10 e 20 anos. A partir de aí outros laboratorios poden
fabricalo. Falamos, entón, de XENÉRICO (resulta máis barato para o doente e para o país).


7.2.- O uso racional dos medicamentos
        A OMS define o uso racional dos medicamentos como aquela situación na que os doentes
reciben a medicación axeitada ás súas necesidades clínicas, nas doses precisas, segundo os
requisitos individuais, coa información para o seu uso correcto, durante un período de tempo axeitado
e ao menor coste posible para eles e para a comunidade. Isto implica:
- Elixir o medicamento axeitado á situación clínica do doente (excluir automedicación, ter en
  conta efectos secundarios...)
- O doente debe recibir información clara e precisa trala prescripción (forma de tomalo, dose,
  tempo…)
- Débese recetar o medicamento máis barato entre as diferentes posibilidades que ofrece o
 mercado.


8.- TRASPLANTES E SOLIDARIDADE
       Verase a través de lecturas




9.- CONDICIONAMENTOS DA INVESTIGACIÓN MÉDICA
       Verase a través de lecturas




10.- A SANIDADE NOS PAÍSES DE BAIXO DESENVOLVEMENTO
       Visionado dos documentais “El secreto mejor guardado” e “La vida efímera” da película En el
mundo a cada rato (UNICEF)


11.- BIBLIOGRAFÍA
    - Libros de texto de diferentes editoriais de CCMC de 1º BAC


INFORMACIÓN        COMPLEMENTARIA         SOBRE     ALIMENTACIÓN        E   EXERCICIO      FÍSICO    /
ACTIVIDADES

                                                                                                    8

More Related Content

Viewers also liked

Correo electronico
Correo electronicoCorreo electronico
Correo electroniconelly60
 
Siempre Seras Mi Papa
Siempre Seras Mi PapaSiempre Seras Mi Papa
Siempre Seras Mi Papaemmanuel1501
 
Agenda 1236
Agenda 1236Agenda 1236
Agenda 1236asutall
 
Presentaciontaller2011 catamarca
Presentaciontaller2011 catamarcaPresentaciontaller2011 catamarca
Presentaciontaller2011 catamarcamalleretdam
 
Entrada 5 quinta sesion
Entrada 5 quinta sesionEntrada 5 quinta sesion
Entrada 5 quinta sesioneducacion
 
Es imposible ser un buen profesor
Es imposible ser un buen profesorEs imposible ser un buen profesor
Es imposible ser un buen profesordimavita
 
Presentación con dapositivas de la historieta
Presentación con dapositivas de la historietaPresentación con dapositivas de la historieta
Presentación con dapositivas de la historietaLaCalenda
 
Trabajo informatica dia dia del padre
Trabajo informatica dia dia del padreTrabajo informatica dia dia del padre
Trabajo informatica dia dia del padreMateo Betancur
 
E portfolio business plan
E portfolio business plan E portfolio business plan
E portfolio business plan trissy14
 
Mesas examenes regulares feb 2015
Mesas examenes regulares feb 2015Mesas examenes regulares feb 2015
Mesas examenes regulares feb 2015cpem21
 

Viewers also liked (20)

Correo electronico
Correo electronicoCorreo electronico
Correo electronico
 
Siempre Seras Mi Papa
Siempre Seras Mi PapaSiempre Seras Mi Papa
Siempre Seras Mi Papa
 
Agenda 1236
Agenda 1236Agenda 1236
Agenda 1236
 
Presentaciontaller2011 catamarca
Presentaciontaller2011 catamarcaPresentaciontaller2011 catamarca
Presentaciontaller2011 catamarca
 
Naturales
NaturalesNaturales
Naturales
 
PresentacióN1
PresentacióN1PresentacióN1
PresentacióN1
 
Entrada 5 quinta sesion
Entrada 5 quinta sesionEntrada 5 quinta sesion
Entrada 5 quinta sesion
 
Es imposible ser un buen profesor
Es imposible ser un buen profesorEs imposible ser un buen profesor
Es imposible ser un buen profesor
 
Act 2 bloque iii
Act 2 bloque iiiAct 2 bloque iii
Act 2 bloque iii
 
Plantilla Marga2
Plantilla Marga2Plantilla Marga2
Plantilla Marga2
 
Presentación con dapositivas de la historieta
Presentación con dapositivas de la historietaPresentación con dapositivas de la historieta
Presentación con dapositivas de la historieta
 
Aprendisaje Por Proyectos
Aprendisaje Por ProyectosAprendisaje Por Proyectos
Aprendisaje Por Proyectos
 
Trabajo informatica dia dia del padre
Trabajo informatica dia dia del padreTrabajo informatica dia dia del padre
Trabajo informatica dia dia del padre
 
Gui acuatrobocas
Gui acuatrobocasGui acuatrobocas
Gui acuatrobocas
 
Cuadro act5
Cuadro act5Cuadro act5
Cuadro act5
 
Día del libro
Día del libroDía del libro
Día del libro
 
Plan de gestión de las tic
Plan de gestión de las ticPlan de gestión de las tic
Plan de gestión de las tic
 
E portfolio business plan
E portfolio business plan E portfolio business plan
E portfolio business plan
 
Mesas examenes regulares feb 2015
Mesas examenes regulares feb 2015Mesas examenes regulares feb 2015
Mesas examenes regulares feb 2015
 
Trazados basicos 2013
Trazados basicos 2013Trazados basicos 2013
Trazados basicos 2013
 

Similar to Ud 4 ccmc (20)

Vivir máis adán
Vivir máis adánVivir máis adán
Vivir máis adán
 
A nosa saúde. clara
A nosa saúde. claraA nosa saúde. clara
A nosa saúde. clara
 
A saúde
A saúdeA saúde
A saúde
 
VIH
VIHVIH
VIH
 
Aplicacións e utilidades dos microorganismos natalia
Aplicacións e utilidades dos microorganismos nataliaAplicacións e utilidades dos microorganismos natalia
Aplicacións e utilidades dos microorganismos natalia
 
A saúde humana
A saúde humanaA saúde humana
A saúde humana
 
Saúde e enfermidade
Saúde e enfermidadeSaúde e enfermidade
Saúde e enfermidade
 
Biotecnoloxía
BiotecnoloxíaBiotecnoloxía
Biotecnoloxía
 
4a saude-160212103320
4a saude-1602121033204a saude-160212103320
4a saude-160212103320
 
Saude e as enfermidades
Saude e as enfermidadesSaude e as enfermidades
Saude e as enfermidades
 
Neglected Tropical Diseases
Neglected Tropical DiseasesNeglected Tropical Diseases
Neglected Tropical Diseases
 
As Vacinas
As VacinasAs Vacinas
As Vacinas
 
1º B Grupo 2 Piringalla
1º B Grupo 2 Piringalla1º B Grupo 2 Piringalla
1º B Grupo 2 Piringalla
 
El lenguaje de la vida
El lenguaje de la vidaEl lenguaje de la vida
El lenguaje de la vida
 
Estudo de enfermidades causadas por protozoos
Estudo de enfermidades causadas por protozoosEstudo de enfermidades causadas por protozoos
Estudo de enfermidades causadas por protozoos
 
Enfermidades infecciosas
Enfermidades infecciosas Enfermidades infecciosas
Enfermidades infecciosas
 
Power a saude
Power a saudePower a saude
Power a saude
 
Obtención de medicamentos
Obtención de medicamentosObtención de medicamentos
Obtención de medicamentos
 
Trabajo coñe
Trabajo coñe Trabajo coñe
Trabajo coñe
 
A saúde. tania
A saúde. taniaA saúde. tania
A saúde. tania
 

More from juanapardo

Actividade dossier de prensa 2014
Actividade dossier de prensa 2014Actividade dossier de prensa 2014
Actividade dossier de prensa 2014juanapardo
 
Publicidade non sexista
Publicidade non sexistaPublicidade non sexista
Publicidade non sexistajuanapardo
 
Mulleres científicas
Mulleres científicasMulleres científicas
Mulleres científicasjuanapardo
 
Anuncios sexistas
Anuncios sexistasAnuncios sexistas
Anuncios sexistasjuanapardo
 
Anuncios sexistas
Anuncios sexistasAnuncios sexistas
Anuncios sexistasjuanapardo
 
Anuncios sexistas
Anuncios sexistasAnuncios sexistas
Anuncios sexistasjuanapardo
 
Anuncios sexistas
Anuncios sexistasAnuncios sexistas
Anuncios sexistasjuanapardo
 
Ficha 2 o universo
Ficha 2 o universoFicha 2 o universo
Ficha 2 o universojuanapardo
 
Ficha 3 fillos de áfrica
Ficha 3 fillos de áfricaFicha 3 fillos de áfrica
Ficha 3 fillos de áfricajuanapardo
 
Ficha 1 a ciencia e a sociedade
Ficha 1 a ciencia e a sociedadeFicha 1 a ciencia e a sociedade
Ficha 1 a ciencia e a sociedadejuanapardo
 
Actividade dossier de prensa
Actividade dossier de prensaActividade dossier de prensa
Actividade dossier de prensajuanapardo
 
Nuevos materiales.
Nuevos materiales.Nuevos materiales.
Nuevos materiales.juanapardo
 
Materiales.1274367220
Materiales.1274367220Materiales.1274367220
Materiales.1274367220juanapardo
 
Al gore.1240262326
Al gore.1240262326Al gore.1240262326
Al gore.1240262326juanapardo
 
Tema 5 para o exame
Tema 5 para o exameTema 5 para o exame
Tema 5 para o examejuanapardo
 
Tema 4 cmc para o exame
Tema 4 cmc para o exameTema 4 cmc para o exame
Tema 4 cmc para o examejuanapardo
 

More from juanapardo (20)

Actividade dossier de prensa 2014
Actividade dossier de prensa 2014Actividade dossier de prensa 2014
Actividade dossier de prensa 2014
 
Publicidade non sexista
Publicidade non sexistaPublicidade non sexista
Publicidade non sexista
 
Mulleres científicas
Mulleres científicasMulleres científicas
Mulleres científicas
 
Anuncios sexistas
Anuncios sexistasAnuncios sexistas
Anuncios sexistas
 
Anuncios sexistas
Anuncios sexistasAnuncios sexistas
Anuncios sexistas
 
Anuncios sexistas
Anuncios sexistasAnuncios sexistas
Anuncios sexistas
 
Anuncios sexistas
Anuncios sexistasAnuncios sexistas
Anuncios sexistas
 
Ficha 2 o universo
Ficha 2 o universoFicha 2 o universo
Ficha 2 o universo
 
Ficha 3 fillos de áfrica
Ficha 3 fillos de áfricaFicha 3 fillos de áfrica
Ficha 3 fillos de áfrica
 
Ficha 1 a ciencia e a sociedade
Ficha 1 a ciencia e a sociedadeFicha 1 a ciencia e a sociedade
Ficha 1 a ciencia e a sociedade
 
Actividade dossier de prensa
Actividade dossier de prensaActividade dossier de prensa
Actividade dossier de prensa
 
Nuevos materiales.
Nuevos materiales.Nuevos materiales.
Nuevos materiales.
 
Materiales
MaterialesMateriales
Materiales
 
Materiales.1274367220
Materiales.1274367220Materiales.1274367220
Materiales.1274367220
 
El agua.
El agua.El agua.
El agua.
 
La energia.
La energia.La energia.
La energia.
 
Al gore.1240262326
Al gore.1240262326Al gore.1240262326
Al gore.1240262326
 
Tema 5 para o exame
Tema 5 para o exameTema 5 para o exame
Tema 5 para o exame
 
Tema 5 cmc
Tema 5 cmcTema 5 cmc
Tema 5 cmc
 
Tema 4 cmc para o exame
Tema 4 cmc para o exameTema 4 cmc para o exame
Tema 4 cmc para o exame
 

Ud 4 ccmc

  • 1. UD 4.- VIVIR MÁIS, VIVIR MELLOR 1.- SAÚDE E ENFERMIDADE 2.- RISCOS PARA A SAÚDE 3.- TIPOS DE ENFERMIDADES MÁIS FRECUENTES: PREVENCIÓN, CAUSAS E TRATAMENTO 4.- SAÚDE PÚBLICA E MEDICINA PREVENTIVA 5.- ENFEMIDADES INFECCIOSAS 6.- O DIAGNÓSTICO DAS ENFERMIDADES 7.- TRATAMENTO DAS ENFERMIDADES: FÁRMACOS E MEDICAMENTOS 8.- TRASPLANTES E SOLIDARIDADE 9.- CONDICIONAMENTOS DA INVESTIGACIÓN MÉDICA 10.- A SANIDADE NOS PAÍSES DE BAIXO DESENVOLVEMENTO
  • 2. 1.- SAÚDE E ENFERMIDADE 1.1.- Concepto de saúde e enfermidade A Organización Mundial da Saúde (OMS) define a saúde como un estado de completo benestar físico, mental e social, e non só como ausencia de enfermidade. Enfermidade: alteración do estado de saúde, é dicir, perda transitoria ou permanente do benestar físico, psíquico ou social. Así, a calidade de vida dunha persoa defínese, en termos xerais, como o seu grao de benestar, felicidade e satisfacción, que lle permite actuar e sentir a súa vida de forma positiva. Depende, entre outros factores, da súa saúde física e mental, o seu nivel de autonomía e as súas relacións sociais e co seu entorno. Un dos principais indicadores é a esperanza de vida ao nacer, que é unha estimación do promedio de anos que viviría un grupo de persoas nacidas nun ano se non variaran as condicións sanitarias e sociais, na zona que se estudia. Curiosidade: A saúde e a enfermidade día a dia: http:/www.poodwaddle.com/clocks2.htm Páxina web na que aparecen datos diarios e a tempo real das persoas que nacen, que morren, de que morren, causas principais de mortalidade... Bibliografía: El hombre que confundió a su mujer con un sombrero Autor: Sacks El médico Noah Gordon. Ediciones B. Grupo Z (1986) O estado de saúde dunha persoa é o resultado da combinación do seu xenotipo (a información xenética que aporta) e o ambiente no que se desenvolve e vive. Existen: - enfermidades xenéticas: debidas a alteracións no xenoma (por exemplo o síndrome de Dawn, a hemofilia ou algúns tipos de diabetes) - outras que non son determinadas directamente polo xenotipo, pero este si determina unha predisposición a padecelas (por exemplo as enfermidades cardiovasculares: pódese ter predisposición a padecelas, pero con dieta e exercico é posible que nunca se chegue a padecelas). - enfermidades conxénitas (relacionadas coas xenéticas): son as que se manifestan desde o nacemento debido a algún trastorno producido durante o desenvolvemento embrionario ou durante o parto (por exemplo, se unha muller embarazada padece rubeola e lla transmite ao feto, este pode sufrir retraso mental). Moitas pódense diagnosticar antes do nacemento e, incluso, curar. Noticia relacionada: La Voz de Galicia (3 / 12 / 2008) O feto é anestesiado dentro do útero da súa nai para evitar movementos imprevistos, mentres ela permanece esperta en todo momento e é informada da marcha da intervención. Médicos do Hospital Universitario 12 de Outubro realizan operacións cardíacas intrauterinas a fetos de entre 21 e 25 semanas, cuxo corazón non supera o tamaño dunha moeda dun euro. Ata o momento realizáronse sete intervencións deste tipo, denominadas valvuloplastias, que se aplican para corrixir mediante dilatación estreitamentos severos das válvulas do corazón en fetos antes do seu nacemento. 2
  • 3. 2.- RISCOS PARA A SAÚDE Poden ter a súa orixe: - No ambiente que nos rodea - No propio organismo (internas) - Nos hábitos de vida - No entorno sociocultural Algúns destes factores de risco pódense modificar (os que dependen do comportamento da persoa) e outros non (idade, sexo, xenética). Dacordo co tipo de riscos as agresións ás que nos expoñemos son de distinta natureza: 2.1.- Agresións ambientais Os organismos para a súa supervivencia débense enfrentar a condicións ambientais adversas. Éstas pódense clasificar en:  FÍSICAS: • Radiacións ionizantes (capaces de modificar a estrutura da materia): poden ter orixe natural (a maior parte; por exemplo do Sol chegan raios UV e algúns gamma...) ou artificial (residuos nucleares). • Ruidos. Especialmente nas cidades. Poden producir alteracións no sono, no comportamento e perda auditiva). • Variacións de temperatura. Altas temperaturas xunto con exceso de humedade (que impide a sudoración e, polo tanto, a refrigeración que supón) poden ser letais. O mesmo pasa co frío extremo.  QUÍMICAS: • Contaminación do aire, como consecuencia das actividades humanas, especialmente a industria, a calefacción e o tráfico. As principias substancias contaminantes son: o monóxido de carbono, dióxido de xofre, óxidos de nitróxeno e partículas en suspensión (fume, aerosois...). • Contaminación da auga, debido ao uso doméstico e industrial. Estes contaminantes poden ser: orgánicos (augas fecais e residuos ganadeiros, pesticidas, graxas e plásticos); inorgánicos (nitratos e fosfatos dos abonos, así como ácidos, sales e metais tóxicos)1; biolóxicos (microorganismos). • Contaminación dos alimentos, cando conteñen substancias extranas (plaguicidas, metais pesados, antibióticos…) que ao inxerilas poden ter efectos negativos sobre a saúde. Ás veces os efectos son por acumulación e a longo prazo. 2.2.- Causas biolóxicas (internas) • Sexo e avellentamento (cancro mama / próstata ...) • Sistema interno ou constitución 1 Nos anos cincuenta unha planta química próxima á Baía de Minamata (Xapón) descargou alta cantidade de residuos mercuriales (metilmercurio principalmente) no mar, o cal contaminou o plancto e o pescado que foi chuchado posteriormente polos habitantes locais, orixinando unha intoxicación masiva de características catastróficas, con 121 afectados, 46 mortos e moitos nenos con danos severos no sistema nervioso central. Saturnismo: enfermidade provocada pola intoxicación con chumbo. Dise que Beethoven morreo a causa do saturnismo e que goya tivo problemas de saúde por el. 3
  • 4. • Xenéticas Estes factores de risco non se poden modificar. 2.3.- Hábitos de vida • Exercicio físico adaptado ao suxeito e hábitos alimentarios axeitados (prevense o cancro e enfemidades cardiovasculares) • Consumo de tabaco, alcohol e drogas ilegais • Hixiene e coidado persoal 2.4.- Entorno sociocultural • Situación socioeconómica •Cultura •Vida familiar e social (disfrute de tempo libre) • Estrés 3.- TIPOS DE ENFERMIDADES MÁIS FRECUENTES: PREVENCIÓN, CAUSAS E TRATAMENTO Verase a través de traballos 4.- SAÚDE PÚBLICA E MEDICINA PREVENTIVA Saúde pública: atención á comunidade desde o punto de vista sanitario con medcios públicos. Medicina preventiva: rama da medicina que se ocupa de impedir no individuo, na familia ou nun grupo de poboación a aparición, o desenvolvemento e o mantenimento da enfermidade, baseándose nos coñecementos da ciencia médica. Actúa a nivel individual e a exercen titulados relacionados coa saúde. É máis restrinxida que a saúde pública.  Prevención primaria (vacinas...)  Prevención secundaria (diagnóstico precoz…) NIVEIS DE PREVENCIÓN  Prevención terciaria (mellorar o curso dunha enfermidade e evitar complicacións e deterioros derivados desta...) 5.- ENFERMIDADES INFECCIOSAS Causadas por microorganismos patóxenos como bacterias, virus, protozoos e fungos. - Por bacterias: cólera (pola auga), farinxite (polo aire), salmonelose (polos alimentos) .... - Por virus: gripe (por contacto directo), hepatite A (por auga ou alimentos) e B (vía sexual ou sangue), papeiras, rubeola, VIH ... - Por protozoos: malaria ou paludismo ... - Por fungos: pé de atleta... 4
  • 5. 5.1.- Transmisión das enfermidaddes infecciosas O microorganismo patóxeno pode penetrar no noso corpo por:  Por contacto directo (a través da pel, polo aire, por relacións sexuais...)  Por medio da auga  Por medio dos alimentos  Por medio de animais (mosquitos...) 5.2.- Desenvolvemento das enfermidades infecciosas Fases: 1) Infección (chegada do microorganismo ao corpo e reprodución) 2) Período de incubación (longo ou curto) 3) Período agudo (manifestación plena con febre, dor...) 4) Período de declive (ceden os síntomas) 5) Convalecencia (período no que o doente se vai recobrando) Será importante a prevención das enfermidades infecciosas con normas de hixiene e manipulación (evitar beber auga dubidosa, lavar as mans e as verduras, froitas, hortalizas..., conservación e manipulación correcta de alimentos, utilización de preservativo nas relacións sexuais...) 5.3.- A defensa contra as infeccións Os mecanismos de defensa do organismo poden ser:  Inespecíficos. Actúan fronte a calquera infección; trátase da pel, das mucosas e a inflamción.  Específicos. O sistema inmunitario (o seu compoñente máis importante contitúeno os linfocitos –un tipo de glóbulos brancos do sangue-). Actúa identificando partículas estranas (antíxenos) que son destruídas por proteínas do organismo (anticorpos). 5.4.- Trastornos do sistema inmunitario  Enfermidades autoinmunes: o sistema inmunitario recoñece como estrana algunha molécula do propio organimo (exemplos: esclerose múltiple, algún tipo de diabetes...)  Alerxias: o sistema inmunitario responde ante antíxenos aos que non debería responder en condicións normais como os que se atopan no pole, nos ácaros de pó... 5
  • 6. 5.5.- O tratamento das enfermidades infecciosas  Contra as enfermidades causadas por bacterias: con antibióticos. O primeiro descuberto foi a penicilina (descuberta por Fleming quen non patentou o seu descubrimento para abaratalo; hoxe en día a maioría están patentados).2 Tamén se empregan as sulfamidas.  Contra as enfermidades causadas por protozoos e fungos. Con antiprotozoarios e antifúnxicos ou funxicidas. (Son medicamentos menos efectivos que os antibióticos e máis tóxicos).  Contra as enfermidades causadas por virus. Son máis difíciles de tratar xa que é o noso organismo o que debe vencer a infección e eliminar o virus. Os síntomas si se combaten con medicamentos. Nos últimos anos desenvolvéronse antivirais contra o VIH, causante da SIDA, e contra o virus do herpes.  Vacinas: Pretenden inmunizar ás persoas contra algúns organismos patóxenos (como se se tivese padecido a enfermidade). Estimulan o noso sistema inmunolóxico para desenvolver anticorpos que poidan contrarrestar un virus ou unha bacteria que invada o noso corpo e producir “células de memoria”. Así, o sistema de defensa sabe que facer e responde evitando a infección. A primeira vacina foi descuberta por Jenner (s. XVIII- XIX) e foi para combater a viruela. Outra personaxe importante no desenvolvemento da medicina moderna e en particular das vacinas foi Louis PASTEUR. A pesar dos avances neste campo cabe preguntarse como é que a pesar de supoñer unha enorme mellora na sa´de mundial, por que non hai vacinas para todas as enfermidades? Hai dúas razóns poderosas: 1ª) De índole social: investígase máis nas enfermidades que afectan a persoas que viven no mundo desenvolvido. 2ª) De índole científica: os microorganismos teñen estratexias defensivas, de maneira que fabricar vacinas contra algunhas enfermidades é moi complexo. Unha das vacinas que máis se resiste aos investigadores é a do VIH (virus da SIDA), pese aos múltiples intentos por obtela, debido a que é un virus que muda moi rapidamente. 6.- O DIAGNÓSTICO DAS ENFERMIDADES O diagnóstico é o proceso polo que se identifica a enfermidade que afecta ao paciente. Fases: 1) Entrevista clínica (recóllense datos útiles para o diagnóstico) 2) Exploración física (coa vista, oído, tacto) 3) Exploracións complementarias (probas) 2 Trátase dun descubrimento serendípico 6
  • 7. A historia clínica é o documento que se vai elaborando ao longo do tempo na relación entre o médico e o paciente. Contén información confidencial do tipo de: - datos subxectivos proporcionados polo paciente (síntomas). - datos obxectivos obtidos da exploración física e das complementarias. - diagnóstico - pronóstico ou evolución - tratamento 6.1.- Exploracións complementarias máis empregadas  Análise de sangue  Técnicas de diagnóstico por imaxe (radiografía, tomografía axial computerizada –TAC ou escáner-, resonancia magnética, ecografía, medicina nuclear –gammagrafías-, tomografía por emisión de protóns –PET-…  Cateterismo cardíaco  Técnicas de rexistro da actividade eléctrica (electrocardiograma, electroencefalograma, 3 electromiograma ).  Probas de esforzo  Técnicas endoscópicas  Biopsia 7.- TRATAMENTO DE ENFERMIDADES: FÁRMACOS E MEDICAMENTOS  Medicamentos: produtos que empregamos para curar, aliviar, previr ou diagnosticar unha enfermidade.  Fármacos: principios activos dos medicamentos, é dicir, substancias que fan que estes teñan as súas propiedades.  Reaccións adversas: efectos negativos non desexados dos medicamentos.  Dose: cantidade axeitada do medicamento.  Interaccións farmacolóxicas: interaccións entre distintos fármacos.  Vías de administración dos fármacos - Oral (pastillas, cápsulas, comprimidos...) - Sublingual (algúns comprimidos) - Rectal (supositorios) - Inxección (subcutánea / intramuscular / intravenosa) - Intranasal (cun nebulizador) - Tópica ou cutánea (pomadas) 3 Mide a actividade eléctrica dos ,úsculos e fibras nerviosas. 7
  • 8. 7.1.- A industria farmacéutica: patentes e xenéricos Para que un medicamento sexa aprobado polas autoridades sanitarias é preciso que pase as seguintes fases:  Pasa probas en animais de experimentación e persoas sanas. Se é satisfactorio pasa a:  Fase de ensaio (probas con enfermos)  Se o medicamento é efectivo, entón procédese a súa comercialización. Cando unha empresa descubre un fármaco novo solicita a súa patente (autorízaselle a ser a única fabricante e comercializadora deste entre 10 e 20 anos. A partir de aí outros laboratorios poden fabricalo. Falamos, entón, de XENÉRICO (resulta máis barato para o doente e para o país). 7.2.- O uso racional dos medicamentos A OMS define o uso racional dos medicamentos como aquela situación na que os doentes reciben a medicación axeitada ás súas necesidades clínicas, nas doses precisas, segundo os requisitos individuais, coa información para o seu uso correcto, durante un período de tempo axeitado e ao menor coste posible para eles e para a comunidade. Isto implica: - Elixir o medicamento axeitado á situación clínica do doente (excluir automedicación, ter en conta efectos secundarios...) - O doente debe recibir información clara e precisa trala prescripción (forma de tomalo, dose, tempo…) - Débese recetar o medicamento máis barato entre as diferentes posibilidades que ofrece o mercado. 8.- TRASPLANTES E SOLIDARIDADE Verase a través de lecturas 9.- CONDICIONAMENTOS DA INVESTIGACIÓN MÉDICA Verase a través de lecturas 10.- A SANIDADE NOS PAÍSES DE BAIXO DESENVOLVEMENTO Visionado dos documentais “El secreto mejor guardado” e “La vida efímera” da película En el mundo a cada rato (UNICEF) 11.- BIBLIOGRAFÍA - Libros de texto de diferentes editoriais de CCMC de 1º BAC INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA SOBRE ALIMENTACIÓN E EXERCICIO FÍSICO / ACTIVIDADES 8