SlideShare a Scribd company logo
1 of 5
Pepe Carreiro, o señor dos Bolechas. O estudio do debuxante
e humorista gráfico é unha sorte de barullo, onde tanto se
pode topar o bosquexo dunha aventura dos pequechos da
familia Bolechas, como os adhesivos dos Barbanzóns, a
familia que habita no Castro de Baroña. Debuxante, humorista
gráfico e comiqueiro, Pepe Carreiro traballa de xeito
“intuitivo” no trazo pero coa cabeza moi fría na idea. Gusta
da documentación pero tamén da crítica, unha das
constantes da súa traxectoria. Foi censurado en moitas
ocasión, pero non lle preocupa porque é síntoma de que as
súas tiras molestan e provocan a reflexión, fins últimos, ao seu
ver, do humor gráfico. Despois de trinta anos neste eido ten
consolidado un estilo e demostrado que se topa cómodo en
rexistros moi diferentes.




Pepe Carreiro cos seus personaxes.

Xulia é unha nena de catro anos que vive en Bruxelas, de pais
galegos. Aínda non sabe ler pero coñece de memoria todos
as aventuras de Tatá, Carlos, Braulio, as xémeas Pili e Loli,
Sonia e o canciño Chispa. Nunha das súas viaxes a Vigo
coñeceu a Pepe Carreiro. Con toda naturalidade, o primeiro
que deu en preguntar a súa nai foi “mamá, ese home é o
papá dos Bolechas?”.

E é que para Xulia, como para un gran número de nenos
galegos, o debuxante Pepe Carreiro xa conta con oco de seu
no olimpo do imaxinario infantil. Débello todo a popular
familia dos Bolechas, unha serie iniciada no ano 2000 da man
da editorial A Nosa Terra, na que os fillos dunha familia
numerosa fan da vida cotiá unha aventura constante

Na actualidade, hai publicados preto de 200 títulos, entre
todas as coleccións que ten en marcha a editora. Como
explica o debuxante, os Bolechas saltaron ao prelo por unha
necesidade de realizar proxectos propios. Por aquel entón
Pepe Carreiro ilustraba contos infantís por encargo, historias
populares que recuncaban en personaxes máxicos, fadas,
princesas e conxuros.

Apetecíalle debuxar sobre a realidade e, “de forma intuitiva”
foron xurdindo no papel os seis pequechos, unha familia
numerosa que pouco ten que ver coas unidades familiares
actuais. “Gústame facer moitos personaxes” comenta o
debuxante “porque así os nenos poden identificarse mellor
con algún deles.

De pequeno lía as aventuras do Capitán Trueno e
fascinábame que existisen tantos protagonistas. Daba máis
xogo e a historia adquiría máis profundidade”.

Aínda que as formas dos pequechos evolucionaron dende o
primeiro título Os Bolechas lavan o can, o certo é que o
debuxante mantivo o cotiá como fonte de inspiración e a
observación dos movementos dos rapaces como modelo dos
seus libros. “Fuxo de moralinas e de didactismos, para que os
nenos gocen mentres len” sinala.

Debuxante, comiqueiro e humorista gráfico, Pepe Carreiro
pinta historias que lle gustaría ter lido de pequeno. Con todo,
non considera que na súa época de primeiro lector existise un
gran baleiro no que a literatura infantil se refire. “Paseino moi
ben lendo.

Lía todas as historietas que se publicaban do Capitán Trueno,
as da escola Bruguera, como Mortadelo e Filemón,
Rompetechos, Pepe Gotera e Otilio, Zipi e Zape, e os contos
que se tiraron da serie Vamos a la cama, de Estudios Moro”.

Quizais esas sexan as súas influencias máis inconscientes
(moitos poden ver parecidos entre a familia que invitaba aos
nenos a deitarse cedo coa dos Bolechas) pero en realidade
son moitas máis as que foron matizando o estilo propio que
agora exhibe Carreiro.

Malia todo, a fascinación do debuxante polos traballos de
Bruguera levárono a partir dos 14 anos a colaborar con estes
estudios.

“Mandeilles varios debuxos, e eles fixéronme chegar un
guión. Mantivemos contacto durante varios anos, pero dicían
que non tiña calidade suficiente e nunca me publicaron
nada”, comenta. Corenta anos despois, Carreiro é un dos
debuxantes e humoristas gráficos máis reputados do país,
creador de toda unha galería de personaxes que
arremedaron durante anos con sinxelos trazos a actualidade.

Coches tirados por cabalos, os primeiros debuxos

Uns dos primeiros debuxos de Pepe Carreiro foron carros
tirados por cabalos. Os seus pais rexentaban un bar e no Vigo
de finais da década dos 50 aínda era habitual que o reparto
das bebidas se fixese neste tipo de vehículos. Nas horas
mortas, o seu pai sentaba nunha mesa para realizar por
afección un curso de debuxo por correspondencia.

Con tan só catro anos, Pepe Carreiro púñase ao seu carón,
collía os lapis e das súas mans regordechas saían os primeiros
garabatos, que non foron outra cousa que aqueles cabalos,
coa cabeza tapada mentres facían o reparto para que non se
asustasen, e os persoeiros que entraban a tomar uns viños e
que chamaban a atención do cativo.

Pódese dicir que o gusto polo debuxo de Pepe Carreiro
naceu no bar do seu pai e se alimentou nas aulas. No colexio
realizaba caricaturas dos compañeiros e dos profesores e
rápido colleron sona as súas dotes como debuxante.

A bomba dos Beatles estoupou cando tiña ao redor de dez
anos. Carreiro recorda con cariño e con gracia como rapazas
maiores ca el lle pedían debuxos daqueles melenudos que as
facían tolear.
Para o público xeral, especialmente o que se tope máis
próximo ao mundo infantil, Pepe Carreiro saltou á primeira
liña da creación galega no ano 2000 da man dos Bolechas.

Pero Carreiro ten unha traxectoria como debuxante moi
dilatada, de como ilustrador como humorista gráfico na
prensa diaria que se remonta no tempo. Máis de 30 anos
contados a través de viñetas nos que Carreiro foi marcando
un camiño dentro da creación do país, unha andaina que se
abriu con aquela tira cómica para o voceiro comunista A voz
do pobo.

Titulábase O fillo de Breogán, un pequeno celta que tanto se
puña da parte das tractoradas como se sumaba as
reivindicacións do sector do metal. O bosquexo concibiuse
nunha pequena pensión de Santiago, onde estudaba con 19
anos despois de moito documentarse.

Despois saltarían ás rotativas o Galo Camilo, un animal con
xeitos de filósofo, acompañado do Pito Celso, a encarnación
da rebeldía da mocidade, e a as reflexións feministas de
Rosa, unha muller con rulos que falaba co seu compañeiro
dende o sofá da súa casa.

Faro de Vigo, La Voz de Galicia, A Peneira, El Mundo, El
Pueblo Gallego, o semanario Teima, Diario de Galicia e
actualmente A Nosa Terra valéronlle de soporte para
transmitir dende o humor a crítica social e política, aínda que
a censura dos medios tamén fixo aparición na súa
traxectoria.

O autor lamenta que na actualidade “non hai humor gráfico
nos xornais, os debuxantes caen no chiste e descoñecen que
a historia do humor galego e do humor universal vai da man
da denuncia”. Ao seu ver “se as viñetas non molestan non
están ben feitas”. “Gústame o humor gráfico pero nunca
contei con vivir del, porque non é posíbel” apunta.

O debuxante foi ademais un dos fundadores de Can sen dono
en 1980, que naceu coa vontade de servir de vehículo a
todas as opinións, sen censuras. Nela participaron autores
como Xaquín Marín, Gogue, Antón Mascato, Picho Suárez,
Claudio López Garrido.

Carreiro tamén participou noutra experiencia similar, a
publicación Xo!, que levaba por subtítulo A voz que cala as
bestas, que sobreviviu inicialmente cunha periodicidade
semanal durante tres meses, e que se prolongaría durante un
ano máis saíndo mensualmente.

No seu currículo figura tamén a creación da Historia de Galiza
para rapaces e da Historia universal tamén para o público
infantil. Coa editorial Toxosoutos ten en marcha a serie Os
Barbanzóns, unha familia castrexa que habita no Castro de
Baroña. Estes días vén de editarse Os pequenos Barbanzóns,
unha versión adaptada da serie para os primeiros lectores.

É probábel que cando Xulia creza non se lembre da
anécdota con Pepe Carreiro. Pero, con moita dificultade
esquecerá aos Bolechas, uns personaxes que, xunto con
outras das creacións de Carreiro xa contan cun lugar
destacado dentro da historia gráfica galega.

More Related Content

What's hot

Carlos Casares. Letras galegas 2017
Carlos Casares. Letras galegas 2017Carlos Casares. Letras galegas 2017
Carlos Casares. Letras galegas 2017Marlou
 
Manuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo GonzálezManuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo GonzálezAsnosasletras
 
03 A madurez o compromiso coa cultura
03 A madurez o compromiso coa cultura03 A madurez o compromiso coa cultura
03 A madurez o compromiso coa culturaiescc
 
Apravia lg2013 def
Apravia lg2013 defApravia lg2013 def
Apravia lg2013 defbiblioinsua
 
Manuel María Fernández Teixeiro (por Manuel Losada e Ricardo Rial)
Manuel María Fernández Teixeiro (por Manuel Losada e Ricardo Rial)Manuel María Fernández Teixeiro (por Manuel Losada e Ricardo Rial)
Manuel María Fernández Teixeiro (por Manuel Losada e Ricardo Rial)Marlou
 
Caderno para colorear
Caderno para colorearCaderno para colorear
Caderno para colorearcalcetin5
 
Emilia pardo bazan (candela e carla)
Emilia pardo bazan (candela e carla)Emilia pardo bazan (candela e carla)
Emilia pardo bazan (candela e carla)RemoeaLinguaLinguaGa
 

What's hot (13)

Guia primaria-2020
Guia primaria-2020Guia primaria-2020
Guia primaria-2020
 
Carlos Casares. Letras galegas 2017
Carlos Casares. Letras galegas 2017Carlos Casares. Letras galegas 2017
Carlos Casares. Letras galegas 2017
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Celso emilio ferreiro ps.
Celso emilio ferreiro ps.Celso emilio ferreiro ps.
Celso emilio ferreiro ps.
 
Manuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo GonzálezManuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo González
 
03 A madurez o compromiso coa cultura
03 A madurez o compromiso coa cultura03 A madurez o compromiso coa cultura
03 A madurez o compromiso coa cultura
 
Apravia lg2013 def
Apravia lg2013 defApravia lg2013 def
Apravia lg2013 def
 
Carlos Casares
Carlos CasaresCarlos Casares
Carlos Casares
 
Castelao en Marín
Castelao en MarínCastelao en Marín
Castelao en Marín
 
Manuel María Fernández Teixeiro (por Manuel Losada e Ricardo Rial)
Manuel María Fernández Teixeiro (por Manuel Losada e Ricardo Rial)Manuel María Fernández Teixeiro (por Manuel Losada e Ricardo Rial)
Manuel María Fernández Teixeiro (por Manuel Losada e Ricardo Rial)
 
Caderno para colorear
Caderno para colorearCaderno para colorear
Caderno para colorear
 
Emilia pardo bazan (candela e carla)
Emilia pardo bazan (candela e carla)Emilia pardo bazan (candela e carla)
Emilia pardo bazan (candela e carla)
 
Concepcion arenal (ana e enma)
Concepcion arenal (ana e enma)Concepcion arenal (ana e enma)
Concepcion arenal (ana e enma)
 

Similar to Pepe carreiro

Fiadeiro Letras Galegas 2017
Fiadeiro Letras Galegas 2017Fiadeiro Letras Galegas 2017
Fiadeiro Letras Galegas 2017ceipmontemogos
 
castelao
castelaocastelao
castelaoxenevra
 
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razónsLecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razónsBibliotecaRevoltas
 
Anton riveiro coello
Anton riveiro coelloAnton riveiro coello
Anton riveiro coelloAsnosasletras
 
Anton riveiro coello
Anton riveiro coelloAnton riveiro coello
Anton riveiro coelloAsnosasletras
 
Caderno para colorear
Caderno para colorearCaderno para colorear
Caderno para colorearcalcetin5
 
3. pinceladas de arte picasso pdf
3. pinceladas de arte  picasso pdf3. pinceladas de arte  picasso pdf
3. pinceladas de arte picasso pdfmarixgv
 
A pegada de Os vellos non deben de namorarse na sociedade da época.pdf
A pegada de Os vellos non deben de namorarse na sociedade da época.pdfA pegada de Os vellos non deben de namorarse na sociedade da época.pdf
A pegada de Os vellos non deben de namorarse na sociedade da época.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Castelao
CastelaoCastelao
CastelaoMarlou
 
Entrevista Miguel Anxo Fernández
Entrevista Miguel Anxo FernándezEntrevista Miguel Anxo Fernández
Entrevista Miguel Anxo FernándezAsnosasletras
 
Escolma de caligramas e colaxes ies de porto do son
Escolma de caligramas e colaxes ies de porto do sonEscolma de caligramas e colaxes ies de porto do son
Escolma de caligramas e colaxes ies de porto do sonCurtisbiblio
 
Escolma de caligramas e colaxes IES de Porto do Son
Escolma de caligramas e colaxes IES de Porto do SonEscolma de caligramas e colaxes IES de Porto do Son
Escolma de caligramas e colaxes IES de Porto do SonRomán Landín
 
Anton fraguas do local ao universal
Anton fraguas do local ao universalAnton fraguas do local ao universal
Anton fraguas do local ao universalNoeliaVentosinosBast
 
Unidade Didáctica ÁLvarez Blázquez
Unidade Didáctica ÁLvarez BlázquezUnidade Didáctica ÁLvarez Blázquez
Unidade Didáctica ÁLvarez BlázquezRomán Landín
 

Similar to Pepe carreiro (20)

Fiadeiro Letras Galegas 2017
Fiadeiro Letras Galegas 2017Fiadeiro Letras Galegas 2017
Fiadeiro Letras Galegas 2017
 
Fiadeiro 2017
Fiadeiro 2017Fiadeiro 2017
Fiadeiro 2017
 
castelao
castelaocastelao
castelao
 
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razónsLecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
 
Xesus Constela
Xesus ConstelaXesus Constela
Xesus Constela
 
Anton riveiro coello
Anton riveiro coelloAnton riveiro coello
Anton riveiro coello
 
Anton riveiro coello
Anton riveiro coelloAnton riveiro coello
Anton riveiro coello
 
Anxos Sumai
Anxos SumaiAnxos Sumai
Anxos Sumai
 
Caderno para colorear
Caderno para colorearCaderno para colorear
Caderno para colorear
 
3. pinceladas de arte picasso pdf
3. pinceladas de arte  picasso pdf3. pinceladas de arte  picasso pdf
3. pinceladas de arte picasso pdf
 
Carlos G. Reigosa
Carlos G. ReigosaCarlos G. Reigosa
Carlos G. Reigosa
 
O cómic(1)
O cómic(1)O cómic(1)
O cómic(1)
 
A pegada de Os vellos non deben de namorarse na sociedade da época.pdf
A pegada de Os vellos non deben de namorarse na sociedade da época.pdfA pegada de Os vellos non deben de namorarse na sociedade da época.pdf
A pegada de Os vellos non deben de namorarse na sociedade da época.pdf
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Entrevista Miguel Anxo Fernández
Entrevista Miguel Anxo FernándezEntrevista Miguel Anxo Fernández
Entrevista Miguel Anxo Fernández
 
Escolma de caligramas e colaxes ies de porto do son
Escolma de caligramas e colaxes ies de porto do sonEscolma de caligramas e colaxes ies de porto do son
Escolma de caligramas e colaxes ies de porto do son
 
Escolma de caligramas e colaxes IES de Porto do Son
Escolma de caligramas e colaxes IES de Porto do SonEscolma de caligramas e colaxes IES de Porto do Son
Escolma de caligramas e colaxes IES de Porto do Son
 
Anton fraguas do local ao universal
Anton fraguas do local ao universalAnton fraguas do local ao universal
Anton fraguas do local ao universal
 
"A esmorga", de Blanco Amor
"A esmorga", de Blanco Amor"A esmorga", de Blanco Amor
"A esmorga", de Blanco Amor
 
Unidade Didáctica ÁLvarez Blázquez
Unidade Didáctica ÁLvarez BlázquezUnidade Didáctica ÁLvarez Blázquez
Unidade Didáctica ÁLvarez Blázquez
 

More from ceipvirxedorocio

Tutorial 1 notebook 10. tema la paz
Tutorial  1   notebook 10. tema la pazTutorial  1   notebook 10. tema la paz
Tutorial 1 notebook 10. tema la pazceipvirxedorocio
 
Listaxe de todos os libros 2013 2014
Listaxe de todos os libros 2013 2014Listaxe de todos os libros 2013 2014
Listaxe de todos os libros 2013 2014ceipvirxedorocio
 
Libros de texto 2012 2013 ed. infantil e ed. primaria
Libros de texto 2012 2013 ed. infantil e ed. primariaLibros de texto 2012 2013 ed. infantil e ed. primaria
Libros de texto 2012 2013 ed. infantil e ed. primariaceipvirxedorocio
 
Galego conto picolindo ENFADO
Galego conto picolindo ENFADOGalego conto picolindo ENFADO
Galego conto picolindo ENFADOceipvirxedorocio
 
Conto sobre el amor en galego
Conto sobre el amor en galegoConto sobre el amor en galego
Conto sobre el amor en galegoceipvirxedorocio
 
Utf 8 '-'tríptico é bo que os nenos aprendan ben o galego-1
Utf 8 '-'tríptico é bo que os nenos aprendan ben o galego-1Utf 8 '-'tríptico é bo que os nenos aprendan ben o galego-1
Utf 8 '-'tríptico é bo que os nenos aprendan ben o galego-1ceipvirxedorocio
 
El tamaño del mied opara el blog
El tamaño del mied opara el blogEl tamaño del mied opara el blog
El tamaño del mied opara el blogceipvirxedorocio
 
El tamaño del miedo para ed. infantil
El tamaño del miedo para ed. infantilEl tamaño del miedo para ed. infantil
El tamaño del miedo para ed. infantilceipvirxedorocio
 

More from ceipvirxedorocio (20)

Expertos cine galego
Expertos  cine galegoExpertos  cine galego
Expertos cine galego
 
Tutorial 1 notebook 10. tema la paz
Tutorial  1   notebook 10. tema la pazTutorial  1   notebook 10. tema la paz
Tutorial 1 notebook 10. tema la paz
 
Listaxe de todos os libros 2013 2014
Listaxe de todos os libros 2013 2014Listaxe de todos os libros 2013 2014
Listaxe de todos os libros 2013 2014
 
A idade media
A idade mediaA idade media
A idade media
 
Libros de texto 2012 2013 ed. infantil e ed. primaria
Libros de texto 2012 2013 ed. infantil e ed. primariaLibros de texto 2012 2013 ed. infantil e ed. primaria
Libros de texto 2012 2013 ed. infantil e ed. primaria
 
Pupi en merida 2
Pupi en merida 2Pupi en merida 2
Pupi en merida 2
 
Galego conto picolindo ENFADO
Galego conto picolindo ENFADOGalego conto picolindo ENFADO
Galego conto picolindo ENFADO
 
Conto sobre el amor en galego
Conto sobre el amor en galegoConto sobre el amor en galego
Conto sobre el amor en galego
 
Cuento picolindo alegria
Cuento picolindo  alegriaCuento picolindo  alegria
Cuento picolindo alegria
 
Conto en galego tristura
Conto en galego tristuraConto en galego tristura
Conto en galego tristura
 
Cuento sobre la tristeza
Cuento sobre la tristezaCuento sobre la tristeza
Cuento sobre la tristeza
 
Unidade didactica nadal
Unidade didactica nadalUnidade didactica nadal
Unidade didactica nadal
 
Utf 8 '-'tríptico é bo que os nenos aprendan ben o galego-1
Utf 8 '-'tríptico é bo que os nenos aprendan ben o galego-1Utf 8 '-'tríptico é bo que os nenos aprendan ben o galego-1
Utf 8 '-'tríptico é bo que os nenos aprendan ben o galego-1
 
O tamaño do MEDO.
O tamaño do MEDO. O tamaño do MEDO.
O tamaño do MEDO.
 
O tamaño do medo
O tamaño do medo O tamaño do medo
O tamaño do medo
 
Angela novoa blanco
Angela novoa blancoAngela novoa blanco
Angela novoa blanco
 
El tamaño del mied opara el blog
El tamaño del mied opara el blogEl tamaño del mied opara el blog
El tamaño del mied opara el blog
 
El tamaño del miedo para ed. infantil
El tamaño del miedo para ed. infantilEl tamaño del miedo para ed. infantil
El tamaño del miedo para ed. infantil
 
Ramón maría aller ulloa
Ramón maría aller ulloaRamón maría aller ulloa
Ramón maría aller ulloa
 
Ramón maría aller ulloa
Ramón maría aller ulloaRamón maría aller ulloa
Ramón maría aller ulloa
 

Pepe carreiro

  • 1. Pepe Carreiro, o señor dos Bolechas. O estudio do debuxante e humorista gráfico é unha sorte de barullo, onde tanto se pode topar o bosquexo dunha aventura dos pequechos da familia Bolechas, como os adhesivos dos Barbanzóns, a familia que habita no Castro de Baroña. Debuxante, humorista gráfico e comiqueiro, Pepe Carreiro traballa de xeito “intuitivo” no trazo pero coa cabeza moi fría na idea. Gusta da documentación pero tamén da crítica, unha das constantes da súa traxectoria. Foi censurado en moitas ocasión, pero non lle preocupa porque é síntoma de que as súas tiras molestan e provocan a reflexión, fins últimos, ao seu ver, do humor gráfico. Despois de trinta anos neste eido ten consolidado un estilo e demostrado que se topa cómodo en rexistros moi diferentes. Pepe Carreiro cos seus personaxes. Xulia é unha nena de catro anos que vive en Bruxelas, de pais galegos. Aínda non sabe ler pero coñece de memoria todos as aventuras de Tatá, Carlos, Braulio, as xémeas Pili e Loli, Sonia e o canciño Chispa. Nunha das súas viaxes a Vigo coñeceu a Pepe Carreiro. Con toda naturalidade, o primeiro que deu en preguntar a súa nai foi “mamá, ese home é o papá dos Bolechas?”. E é que para Xulia, como para un gran número de nenos galegos, o debuxante Pepe Carreiro xa conta con oco de seu no olimpo do imaxinario infantil. Débello todo a popular familia dos Bolechas, unha serie iniciada no ano 2000 da man
  • 2. da editorial A Nosa Terra, na que os fillos dunha familia numerosa fan da vida cotiá unha aventura constante Na actualidade, hai publicados preto de 200 títulos, entre todas as coleccións que ten en marcha a editora. Como explica o debuxante, os Bolechas saltaron ao prelo por unha necesidade de realizar proxectos propios. Por aquel entón Pepe Carreiro ilustraba contos infantís por encargo, historias populares que recuncaban en personaxes máxicos, fadas, princesas e conxuros. Apetecíalle debuxar sobre a realidade e, “de forma intuitiva” foron xurdindo no papel os seis pequechos, unha familia numerosa que pouco ten que ver coas unidades familiares actuais. “Gústame facer moitos personaxes” comenta o debuxante “porque así os nenos poden identificarse mellor con algún deles. De pequeno lía as aventuras do Capitán Trueno e fascinábame que existisen tantos protagonistas. Daba máis xogo e a historia adquiría máis profundidade”. Aínda que as formas dos pequechos evolucionaron dende o primeiro título Os Bolechas lavan o can, o certo é que o debuxante mantivo o cotiá como fonte de inspiración e a observación dos movementos dos rapaces como modelo dos seus libros. “Fuxo de moralinas e de didactismos, para que os nenos gocen mentres len” sinala. Debuxante, comiqueiro e humorista gráfico, Pepe Carreiro pinta historias que lle gustaría ter lido de pequeno. Con todo, non considera que na súa época de primeiro lector existise un gran baleiro no que a literatura infantil se refire. “Paseino moi ben lendo. Lía todas as historietas que se publicaban do Capitán Trueno, as da escola Bruguera, como Mortadelo e Filemón, Rompetechos, Pepe Gotera e Otilio, Zipi e Zape, e os contos que se tiraron da serie Vamos a la cama, de Estudios Moro”. Quizais esas sexan as súas influencias máis inconscientes (moitos poden ver parecidos entre a familia que invitaba aos
  • 3. nenos a deitarse cedo coa dos Bolechas) pero en realidade son moitas máis as que foron matizando o estilo propio que agora exhibe Carreiro. Malia todo, a fascinación do debuxante polos traballos de Bruguera levárono a partir dos 14 anos a colaborar con estes estudios. “Mandeilles varios debuxos, e eles fixéronme chegar un guión. Mantivemos contacto durante varios anos, pero dicían que non tiña calidade suficiente e nunca me publicaron nada”, comenta. Corenta anos despois, Carreiro é un dos debuxantes e humoristas gráficos máis reputados do país, creador de toda unha galería de personaxes que arremedaron durante anos con sinxelos trazos a actualidade. Coches tirados por cabalos, os primeiros debuxos Uns dos primeiros debuxos de Pepe Carreiro foron carros tirados por cabalos. Os seus pais rexentaban un bar e no Vigo de finais da década dos 50 aínda era habitual que o reparto das bebidas se fixese neste tipo de vehículos. Nas horas mortas, o seu pai sentaba nunha mesa para realizar por afección un curso de debuxo por correspondencia. Con tan só catro anos, Pepe Carreiro púñase ao seu carón, collía os lapis e das súas mans regordechas saían os primeiros garabatos, que non foron outra cousa que aqueles cabalos, coa cabeza tapada mentres facían o reparto para que non se asustasen, e os persoeiros que entraban a tomar uns viños e que chamaban a atención do cativo. Pódese dicir que o gusto polo debuxo de Pepe Carreiro naceu no bar do seu pai e se alimentou nas aulas. No colexio realizaba caricaturas dos compañeiros e dos profesores e rápido colleron sona as súas dotes como debuxante. A bomba dos Beatles estoupou cando tiña ao redor de dez anos. Carreiro recorda con cariño e con gracia como rapazas maiores ca el lle pedían debuxos daqueles melenudos que as facían tolear.
  • 4. Para o público xeral, especialmente o que se tope máis próximo ao mundo infantil, Pepe Carreiro saltou á primeira liña da creación galega no ano 2000 da man dos Bolechas. Pero Carreiro ten unha traxectoria como debuxante moi dilatada, de como ilustrador como humorista gráfico na prensa diaria que se remonta no tempo. Máis de 30 anos contados a través de viñetas nos que Carreiro foi marcando un camiño dentro da creación do país, unha andaina que se abriu con aquela tira cómica para o voceiro comunista A voz do pobo. Titulábase O fillo de Breogán, un pequeno celta que tanto se puña da parte das tractoradas como se sumaba as reivindicacións do sector do metal. O bosquexo concibiuse nunha pequena pensión de Santiago, onde estudaba con 19 anos despois de moito documentarse. Despois saltarían ás rotativas o Galo Camilo, un animal con xeitos de filósofo, acompañado do Pito Celso, a encarnación da rebeldía da mocidade, e a as reflexións feministas de Rosa, unha muller con rulos que falaba co seu compañeiro dende o sofá da súa casa. Faro de Vigo, La Voz de Galicia, A Peneira, El Mundo, El Pueblo Gallego, o semanario Teima, Diario de Galicia e actualmente A Nosa Terra valéronlle de soporte para transmitir dende o humor a crítica social e política, aínda que a censura dos medios tamén fixo aparición na súa traxectoria. O autor lamenta que na actualidade “non hai humor gráfico nos xornais, os debuxantes caen no chiste e descoñecen que a historia do humor galego e do humor universal vai da man da denuncia”. Ao seu ver “se as viñetas non molestan non están ben feitas”. “Gústame o humor gráfico pero nunca contei con vivir del, porque non é posíbel” apunta. O debuxante foi ademais un dos fundadores de Can sen dono en 1980, que naceu coa vontade de servir de vehículo a
  • 5. todas as opinións, sen censuras. Nela participaron autores como Xaquín Marín, Gogue, Antón Mascato, Picho Suárez, Claudio López Garrido. Carreiro tamén participou noutra experiencia similar, a publicación Xo!, que levaba por subtítulo A voz que cala as bestas, que sobreviviu inicialmente cunha periodicidade semanal durante tres meses, e que se prolongaría durante un ano máis saíndo mensualmente. No seu currículo figura tamén a creación da Historia de Galiza para rapaces e da Historia universal tamén para o público infantil. Coa editorial Toxosoutos ten en marcha a serie Os Barbanzóns, unha familia castrexa que habita no Castro de Baroña. Estes días vén de editarse Os pequenos Barbanzóns, unha versión adaptada da serie para os primeiros lectores. É probábel que cando Xulia creza non se lembre da anécdota con Pepe Carreiro. Pero, con moita dificultade esquecerá aos Bolechas, uns personaxes que, xunto con outras das creacións de Carreiro xa contan cun lugar destacado dentro da historia gráfica galega.