Equipo de Innovación en Normalización Lingüística.
                   Curso 2009-2010
   Luís Seoane López naceu en Bos Aires no barrio porteño de Montserrat o 1 de xuño
    de 1910. Foron os seus pais Luís ...
En 1920 ingresa no Instituto de Ensino Secundario "Xelmírez". Aos 14
anos inicia os seus primeiros pasos como escritor coa...
En 1927 comeza os seus estudios de dereito licenciándose en 1932 na
Universidade de Compostela; durante a súa etapa univer...
Co alzamento de Franco, Seoane consegue fuxir cara a Portugal e
desde Lisboa parte para Bos Aires. Ao chegar á súa cidade ...
Seoane fundará con Arturo Cuadrado unha serie de editoriais, entre elas as
edicións de "EMECÉ" e "Botella al Mar". Tamén f...
En relación ás súas múltiples exposicións individuais e colectivas sería moi
extenso incluilas nesta breve biografía. Mais...
O s eu ami go Rafael Alberti con quen comparti u o exi li o na Arxenti na adi coulle este
 poema que si nteti za algúns ra...
María Balteira
María Pita
RUI XORDO
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Upcoming SlideShare
Loading in …5
×

Caderno para colorear

2,295 views

Published on

Published in: Education
0 Comments
1 Like
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

No Downloads
Views
Total views
2,295
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
553
Actions
Shares
0
Downloads
12
Comments
0
Likes
1
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Caderno para colorear

  1. 1. Equipo de Innovación en Normalización Lingüística. Curso 2009-2010
  2. 2.  Luís Seoane López naceu en Bos Aires no barrio porteño de Montserrat o 1 de xuño de 1910. Foron os seus pais Luís Seoane Broco, natural de Arzúa, e María López Mosquera, de Arca (O Pino). A familia Seoane López tivo outros dous fillos Rafael e Estela. En 1916 a familia de Luís volve para Galiza establecéndose na Coruña. Nesta cidade realiza os seus estudios primarios ata que se traslada a Santiago de Compostela.  n 1920 ingresa no Instituto de Ensino Secundario "Xelmírez". Aos 14 anos inicia os seus primeiros pasos como escritor coa obra de teatro "El percebe en su tinta". A esta idade comeza a súa verdadeira vocación pola pintura. Os seus primeiros debuxos expoñeraos no trinque dun comercio da Praza do Toural. A Seoane gustáballe lembrar a emoción que sentiu cando fixo a súa primeira exposición e a satisfacción que sentiu coa venda dun dos seus debuxos. O poeta compostelán Arturo Cuadrado lembrará nun dos seus tantos discursos como iniciara a súa amizade con Seoane que durou ata a súa morte: "Camiñaba polas pedras santas e molladas da miña universal Compostela, cando de pronto un trinque detívome o paso, uns fermosos debuxos chamáronme a atención. ¿Quen podía ter debuxado aquelo tan impactante?, pregunteime. Sen agardar entrei a preguntar quen era o autor daqueles fermosos debuxos. A dona do comercio contestoume: `Fíxoos o meu sobriño´, e eu díxenlle: `Quixera coñecer a este gran artista´. Así comezaría a amizade entre dous homes que xuntos realizarían unha morea de iniciativas políticas e culturais tanto en Galiza como posteriormente no exilio.
  3. 3. En 1920 ingresa no Instituto de Ensino Secundario "Xelmírez". Aos 14 anos inicia os seus primeiros pasos como escritor coa obra de teatro "El percebe en su tinta". A esta idade comeza a súa verdadeira vocación pola pintura. Os seus primeiros debuxos expoñeraos no trinque dun comercio da Praza do Toural. A Seoane gustáballe lembrar a emoción que sentiu cando fixo a súa primeira exposición e a satisfacción que sentiu coa venda dun dos seus debuxos. O poeta compostelán Arturo Cuadrado lembrará nun dos seus tantos discursos como iniciara a súa amizade con Seoane que durou ata a súa morte: "Camiñaba polas pedras santas e molladas da miña universal Compostela, cando de pronto un trinque detívome o paso, uns fermosos debuxos chamáronme a atención. ¿Quen podía ter debuxado aquelo tan impactante?, pregunteime. Sen agardar entrei a preguntar quen era o autor daqueles fermosos debuxos. A dona do comercio contestoume: `Fíxoos o meu sobriño´, e eu díxenlle: `Quixera coñecer a este gran artista´. Así comezaría a amizade entre dous homes que xuntos realizarían unha morea de iniciativas políticas e culturais tanto en Galiza como posteriormente no exilio.
  4. 4. En 1927 comeza os seus estudios de dereito licenciándose en 1932 na Universidade de Compostela; durante a súa etapa universitaria participou activamente na FUE. En 1929 realiza a súa primeira exposición na Sala "Amigos da Arte". Durante os primeiros anos da década do trinta Seoane ten unha constante actividade política e artística. Os seus debuxos ilustran os xornais e revistas máis comprometidos da época: "Resol", "Ser", "Claridad", "Universitarios", "Yunque", "Pueblo Gallego" de Vigo, etc. O seu vínculo co editor Ánxel Casal aproxímao ao mundo das artes gráficas e aos escritores máis destacados do momento. Nesta época ilustra "Mar ao Norde" (1932), "Cantiga Nova que se chama riveira" (1933) e "Poemas do sí e do non" 1932) de Álvaro Cunqueiro, "Huellas" de Feliciano Rolán (1932) e "Corazón ao vento" de Iglesias Alvariño (1933). A vida intelectual de Santiago de Compostela daquela era moi intensa, as tertulias do "Café Derby" e as do "Español" concentraban a diario aos máis esclarecidos da intelectualidade galega. Neses cafés fixo amizade con Cuadrado, Maside, Rafael Dieste, Eiroa, Manteiga, Manuel Antonio, Amado Carballo, García Sabell, Cunqueiro, Fole, Suárez Picallo e un grupo de patriotas do prestixio de Alfonso Castelao. Seoane ten durante esta etapa republicana unha activa militancia de esquerda dentro do espacio galeguista. Foi así que se sumou ao manifesto de intelectuais que poñen en cuestionamento a política de dereitas do goberno republicano de turno. Posteriormente integra a dirección dun novo partido dirixido por Xesús González, Unión Socialista Galega. Neste partido está moi pouco tempo para integrarse definitivamente no Partido Galeguista. Seoane dentro deste partido formará parte da corrente de esquerda marxista que orientaba o deputado Ramón Suárez Picallo. Durante a campaña do plebiscito e nas eleccións do 36 participa ilustrando a campaña electoral das forzas de esquerda con contundentes carteis solicitando o voto para a autonomía ou para a Frente Popular.
  5. 5. Co alzamento de Franco, Seoane consegue fuxir cara a Portugal e desde Lisboa parte para Bos Aires. Ao chegar á súa cidade de nacemento, súmase ás entidades que estaban organizando a solidariedade cos loitadores da república. Así incorpórase á Federación de Sociedades Galegas, institución fundada por Antón Alonso Ríos, e que destacaba polas súas posturas galeguistas de esquerda. Coa derrota dos leais aos poucos van chegando os seus amigos exiliados, Castelao, Núñez Búa, Dieste, Elpidio Villaverde, Arturo Cuadrado, Álvaro de las Casas, María Victoria Villaverde e posteriormente Alonso Ríos, Ramón de Valenzuela e Lorenzo Varela. O seu entrañable amigo Arturo Cuadrado nas súas memorias inéditas lembrará os primeiros anos desta amizade en Bos Aires: "Cando cheguei ao porto de Bos Aires xunto á miña muller Amparo Alvajar en 1940 víñamos no mesmo barco xunto a un grupo de exiliados e amigos entre eles Elpidio Villaverde e a súa familia. Divisábamos Bos Aires desde a proa, era unha cidade impresionante. Dábanos medo, tíñamos que comezar unha nova vida. Alá lonxe deixábamos a mítica rosa de pedra, a Berenguela e a ilusión asasinada polo franquismo. Mais non se podía mirar para atrás. Había que volver a comezar como o primeiro día. No porto confundíanse as apertas, as bágoas, as lembranzas. Alí estaba Seoane esperándonos, listo para empezar traballar. Despois de lle contar sobre algúns amigos en común díxome Seoane: "Arturo temos que poñernos a traballar. Cos exiliados irmáns debemos de fundar unha loxia de carácter patriótica". Así foi como fundamos a "Logia Antolín Faraldo" onde á parte de nós os dous estaban Blanco Amor, Gumersindo Sánchez Guisande, Antonio Baltar, Rey Baltar, Elpidio Villaverde e Horacio Bermúdez Abente. Na casa deste último xuntábamonos para facer as nosas reunións. En moitas delas naceron algunhas das iniciativas que marcarían unha etapa importante da colectividade galega. Foi naquela época que resolvemos con Seoane fundar editoriais. Seguramente unha das iniciativas máis importantes que tomamos na Antolín Faraldo foi impulsar a Fundación do Fogar Galego para Anciáns". Seoane durante a primeira etapa de exilio vincularase tamén ao mundo intelectual arxentino formando parte das tertulias do mítico Café Tortoni da Avenida de Maio. Polas tardes escritores e artistas arxentinos compartían café e copas cos exiliados Alberti, Casona, Colmeiro, Lorenzo Varela, Dieste, Maruja Mallo, Federico Ribas, Xosé Suárez, compartían mesa e tertulia con Raúl González Tuñón, Capdevila, Paco Luís Bernárdez, Sábato, etc. Por aquela cidade e por aquelas tertulias onde se soñaba o retorno a Galiza e a derrota do fascismo, pasaron tamén personalidades da altura de Pablo Neruda ou de Nicolás Guillén. Outra das tertulias que contará coa presencia de Seoane e a maioría dos exiliados galegos foi a que se xuntaba no restaurante "Casa de la Troya" de propiedade dos irmáns Villaverde.
  6. 6. Seoane fundará con Arturo Cuadrado unha serie de editoriais, entre elas as edicións de "EMECÉ" e "Botella al Mar". Tamén fundará con Lorenzo Varela e Cuadrado unha das mellores revistas literarias latinoamericanas do seu tempo "Correo Literario". Funda a Editorial Citania, Cuco-Rei, a Revista " Galiza Emigrante" e o programa radial que leva o mesmo nome. Seoane co seu infatigable traballo intelectual e artístico vaise consolidando como un dos mellores artistas arxentinos; a súa obra pictórica comeza a cotizarse nun Bos Aires culto e esixente. As súas obras comezan a expoñerse nas mellores galerías. Cuadrado dirá nun artigo alusivo a Seoane sobre a súa pintura: "Nácese para unha soa misión. E por pintar ou ver un só cadro ben paga a pena existir. Esta existencia é a que nos enlaza co pasado. E o artista que non inflúa sobre a lembranza non terá forza para alterar o presente e menos o futuro. No caso de Luís Seoane -ou sexa no meu máis amado caso - cúmprese con creces esa misión do artista como creador e como home. Un dos seus actos máis luminosos é que sendo el excepcionalmente só sen se parecer a ningún outro é o artista que ten máis unidade cós que o precederon . Ante os seus cadros -como ante os cadros de Picasso - atopamos sempre un antecedente, o embruxado antecedente que vén desbordando desde as cavernas milenarias cara á realización do mañá, coa seguridade conseguida na trasmisión da tradición. Na pintura de Luís Seoane xorde como unha amenaza á súa formidable impaciencia, impaciencia rica en experiencias ancestrais. O seu mundo non nace dun capricho nin da frivolidade de inventar. O seu mundo, a súa cor ou a súa forma, é producto dunha necesidade. Luís Seoane é un pintor necesario. O seu entusiasmo vigoroso dános un recoñecemento do que antes non existía, do que non era visible. Así, Luís Seoane é portador dunha mensaxe para este tempo noso. Tanto saber e tanto labor lévanos ao estado de éxtase imprescindible para o creador sincero. E xa entre o abordado espectáculo -para que máis- a clara advertencia é non dicir nada, mergullarse no camiño do artista, e soñar que o mellor sería pintar como o pintor". Entre a extensa obra escrita por Seoane podemos nomear en narración "Tres hojas de ruda y un ajo verde" 1940. En poema: "Fardel do eisiliado" 1952, "Na brétema, Santiago" 1956, "As cicatrices" 1959, "A maior abondamento " 1972, "Obra poética" 1977. En teatro escribiu: "La soldadera" 1957 e o "Irlandés astrólogo" 1959.
  7. 7. En relación ás súas múltiples exposicións individuais e colectivas sería moi extenso incluilas nesta breve biografía. Mais podemos mencionar a primeira en 1929 nos Amigos da Arte de Santiago de Compostela, e no 1949 en Twenty Brook Street de Londres. En 1950 no Instituto de Arte Contemporáneo de Lima. En 1950 en Arte Bella de Montevideo. Nese mesmo ano expón na Sociedade Hebraica de Bos Aires. En 1956 na Galería Sudamericana de Nova York . En 1963 na Dirección Xeral de Belas Artes de Madrid. En 1967 nas Galerías Buchholz de Múnic e a Galería Boissere de Colonia (Alemania). O destacado político galeguista Xosé Núñez Búa no seu libro "Revoeira" comenta unha simpática anécdota de Luís Seoane cando regresaba de Europa: "En 1964 volvía a Bos Aires despois de máis dun ano de estadía en Europa. En Ezeiza sostivo este diálogo co empregado de alfándega que lle tocou cachear a súa equipaxe: —¿Que garda nese tubo de cartón tan grande? —Teas pintadas. —¿Pintadas? —Si, son para montar cadros artísticos. —¡Ah! Son cadros artísticos. —Poden chegar a selo. —Ben, iso paga imposto. ¿Trae vostede as facturas de compra? —Non porque as teas pinteinas eu para expoñer porque o meu oficio é pintor. —Entón deberá vostede deixalas e vilas retirar despois de constituír unha caución mentres non volve vostede con elas ao seu país. —Precisamente, xa volvo. Eu son arxentino de nacemento e con domicilio en Bos Aires. —¿Con esa pronuncia? —Aproximadamente a mesma que tiña D. José de San Martín cando volveu e aínda non existía alfándega arxentina." En 1970 expoñerá na Academia de Ciencias da Habana. Estas serán algunhas das máis importantes exposicións de Seoane. Antes de partir para o seu definitivo encontro con Galiza realizou a súa última exposición na Galería Bonino de Bos Aires. Foi nesta exposición onde coñecín a Seoane. Aquel día percorría a galería o escritor Lueiro Rey, amigo de Seoane que estaba de xira por Bos Aires xunto á súa inseparable compañeira. Lembro aquela exposición coa presencia de importantes figuras da vida arxentina. A famosa presentadora da televisión Pinky estaba entre o público que admiraba as súas obras como se foran imaxes dun templo sagrado. Cuadrado, Francisco Lores, Molinari, Henrique Albor eran outros dos presentes. Días despois puiden coñecer máis a fondo a este universal galego, cando a través da Revista "Arte y Cultura" pedíronme que lle realizara unha entrevista. Luís Seoane foi o pintor que sintetizou a Galiza nas súas cores. Coa morte de Castelao en 1950 Seoane convértese na personalidade de maior peso intelectual e político da emigración galega da Arxentina. Seoane mantivo firme ata a súa morte os ideais que o caracterizaron durante a súa prolífera vida. Foi un auténtico nacionalista no político e un internacionalista no ideolóxico .
  8. 8. O s eu ami go Rafael Alberti con quen comparti u o exi li o na Arxenti na adi coulle este poema que si nteti za algúns ras gos da creati vi dade de Seoane : " U n color Finister r e , golp ea n d o. O jo que sueña el mar, colo r mojado. U n pi nce l que se h i ere, que hasta romp e a llora r, y h asta se muere. P or los camin o s de nebli na, vi oler o s, gai teros, perros y santo s pordi o se r o s. U na aldea velada en la reti na. C olore s con músicas y danzas de romer o s, playas serias de pescado r e s. El cántaro es de amor, la patata, el pimie nt o , la botel la y el mozo que se lleva la flor. Y la lluvia y el vient o. (La lluvia, si, pinto r, ese consta n t e pañuel o popula r que ya lava o deslava tu colo r) . Q uema, distant e el lar un canto de emigra n t e. Y si emp r e, en tu paleta, una nostal g ia quieta. ¡ Y el mar!". Luí s Seoane ao pouco de chegar á Coruña falecí a no ano 1978 . O xeni al pi ntor galego - arxenti no , seguramen te o mái s uni ve rs al de todos os nosos arti stas, dei xounos unha obra artí sti ca e polí ti ca i nmens a. A s úa fi gura é lembrada na actuali dade por unha fundaci ó n que leva o seu nome . http://enciclopediadaemigraciongalega.com/biografias/seoane_luis.htm
  9. 9. María Balteira
  10. 10. María Pita
  11. 11. RUI XORDO

×