Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Castelao

7,015 views

Published on

Aspiramos a que Galiza sexa simplemente un paraíso

Published in: Education
  • Be the first to comment

Castelao

  1. 1. CASTELAO Aspiramos a que Galiza sexa simplemente un paraíso.
  2. 2. ÍNDICE 1. Castelao. A vida • O artista plástico • O escritor • O político 2. Castelao. A morte 3. Castelao. A pegada ENDLG e Departamento de Galego do IES Félix Muriel. Rianxo, 30 de xaneiro de 2015
  3. 3. Castelao. A vida Non lle poñades chatas á obra mentres non se remate. O que pense que vai mal que traballe nela, hai sitio para todos.
  4. 4. O 30 de xaneiro de 1886 naceu en Rianxo Alfonso Rodríguez Castelao, fillo do patrón de pesca Mariano Rodríguez Dios e de Xaquina Castelao Jannes. O seu nome familiar nunca foi Afonso como lle puxera o crego, senón Daniel, como o profeta Daniel, a quen o Mestre Mateo retratou sorrindo no Pórtico da Gloria por ser o primeiro santo que soubo rir. Castelao. A vida (1886) Casa familiar de Castelao en Rianxo
  5. 5. Castelao. A vida (1895) A experiencia da emigración percorre toda a existencia de Castelao. O neno Daniel viviuna en carne propia desde fóra e desde dentro: • fillo dun pai emigrado ás Pampas arxentinas ao pouco de nacer, en 1886 • estadía de tres anos nas propias Pampas, onde se reencontra co pai en 1895. O adulto Castelao acabará sufrindo a emigración forzosa: • a experiencia do exilio • morte en Bos Aires en 1950 Castelao recollerá estas experiencias e a vida de moitos galegos “desterrados” nas súas obras (Cousas, Retrincos, Os dous de sempre); mais tamén as causas desa emigración-exilio serán obxecto de análise no seu ensaio Sempre en Galiza. Castelao cando embarcou para Arxentina
  6. 6. Castelao. A vida (1900) De regreso da emigración, no inicio do século XX, Castelao vai cursar en Compostela o bacharelato e a carreira de Medicina. Despois renunciará a exercer a profesión e só axudará circunstancialmente como médico rural nas epidemias de gripe que se producen na segunda década do século. Nos anos composteláns xorde a súa vocación pola pintura e pola caricatura na súa vertente humorística, desempeñando papeis en obras de teatro e participando na tuna universitaria. Castelao actuando como tuno nos seus anos de estudante en Compostela.
  7. 7. Fíxenme médico por amor ao meu pai. Non exerzo a profesión por amor á humanidade. Castelao. A vida Castelao actuando nunha obra teatral galega nos seus anos de estudante en Compostela.
  8. 8. Castelao. A vida Na miña primeira mocedade dina da Casa da Troya, cando a miña ialma sofría de xarampón e non pensaba máis que en saír de tuno tocando a guitarra polas rúas, fixen os primeiros debuxos humorísticos nunha revista pra americanos. Acúsome de ser eu quen dou empezo a isas carantoñas porcas, a ises monicreques noxentos, a ise humorismo de taberna que aínda hoxe campa na mesma revista pra regalía dos Licenciados da Castelao actuando como tuno nos seus anos de estudante en Compostela.
  9. 9. Da man do seu pai (alcalde de Rianxo en dúas ocasións), Castelao comeza a militar no Partido Conservador de Antonio Maura en 1910. Vai tomar parte activa nas loitas locais como director administrativo do voceiro satírico conservador El Barbero Municipal, combatendo o caciquismo practicado polo bando liberal, que ten como máximo expoñente a Viturro. A súa ideoloxía política aínda non está formada nin é encadrábel no conservadorismo. Ese Partido Conservador viña de asumir certos postulados do rexionalismo. Talvez por iso, algúns motivos reivindicativos do Castelao maduro (como a vaca esquelética muxida polo cacique, que acabará simbolizando á propia Galiza no cartel da campaña do Estatuto de 1936), con lixeiras variacións, xa aparecen nas páxinas desta publicación local. Castelao. A vida (1910)
  10. 10. Castelao casa en 1912 coa moza estradense Virxinia Pereira, compañeira da maior parte dos seus días, das súas viaxes e de case todos os seus avatares. Neste mesmo ano adhírese ao movemento agrario de Basilio Álvarez, a Liga Agraria de Acción Gallega. Castelao. A vida (1912) Castelao e a súa dona, Virxinia.
  11. 11. No crucial ano de 1916, oposita á praza de Auxiliar de Estatística e fixa a súa residencia en Pontevedra, cidade da súa vida e da súa obra, tal e como confesa no folleto Meu Pontevedra!, feito público anos despois no exilio. Castelao. A vida (1916) Castelao na porta da súa casa en Pontevedra, en compañía do pintor Luís Seoane e outros artistas. Eu vivín longos anos de ledicia en Pontevedra, aferrado á fermosura dos seus arredores, coma quen non pode desprenderse dos brazos mornos dunha noiva. E débolle a Pontevedra o mellor da miña vida e agora padezo saudades
  12. 12. Comeza por estes anos a publicar na prensa as estampas do álbum Nós, nas que se conxuga o amor polas nosas clases populares e unha crecente preocupación polos dereitos nacionais de Galiza. Case simultaneamente, en Ourense aparece La Centuria (1917), breve experiencia neosófica e esotérica do que pouco máis tarde será o Grupo Nós. Os intelectuais inadaptados, Vicente Risco, Otero Pedrayo e López Cuevillas acaban ingresando nas Irmandades da Fala en 1918, na primeira Asemblea Nacionalista. Por estes anos, Castelao é dos que experimentan a revelación da nación oprimida e senten o temor ante a posibilidade da súa morte por asimilación a unha cultura allea. Castelao. A vida (1916)
  13. 13. Alfredo Brañas xa morrera e a nosa terra deixábase asimilar estupidamente, sen azos para revivir. Eu, daquela, tíñame polo derradeiro supervivente dunha Patria suicida. E foi nese intre cando chegou a min a voz de Vilar Ponte, voz que xuntou a uns cantos “bos e xenerosos” que non nos coñeciamos pero que dende entón ficamos trabados por unha irmandade que ningún acontecimento pode romper xa. O nome de Vilar Ponte significa para min a orixe do galeguismo. Castelao. A vida No retorno de Antón Vilar Ponte (Castelao. A Nosa Terra, 1934) Vilar Ponte nunha caricatura de Castelao.
  14. 14. Castelao é consciente das fondas transformacións que se están a dar no noso país, sumido secularmente na subordinación e no atraso. Faise eco da historia dun pobo cargado de sufrimentos. Comparte a aspiración a conseguir a propiedade da terra librándoa dos foros e a modernización das estruturas agrarias, e retrata os episodios represivos contra as mobilizacións agrarias, tal e como testemuñan o álbum Nós e Un ollo de vidro. Neste contexto Castelao ve a especificidade da realidade galega e a necesidade dun proxecto político propio. Castelao. A vida (1918) A asunción do nacionalismo faise inequívoca a partir da celebración da I Asemblea Nacionalista (Lugo, 18 de novembro de 1918).
  15. 15. Tendo Galiza tódal-as características esenciais de nazonalidade, nós nomeámonos, de hoxe para sempre, nazonalistas galegos, xa que a verba “rexionalismo” Castelao. A vida (1918) A asunción do nacionalismo faise inequívoca a partir da celebración da I Asemblea Nacionalista (Lugo, 18 de novembro de 1918).
  16. 16. En 1919 nace o Castelao narrador, coa publicación de catro relatos breves na revista A Nosa Terra. Este estilo literario, tan característico da obra de Castelao, comezou a publicarse como contos pero pronto pasou a constituírse nas Cousas, primeiro formadas só por textos e logo por textos ilustrados por el mesmo e que foron publicándose en distintos medios e, anos despois, agrupados baixo formato libro (con modificacións formais, engadidos e supresións) baixo os títulos de Cousas. Primeiro libro (1926), Cousas. Segundo libro (1929) ou Retrincos (1934). Castelao. A vida (1919)
  17. 17. En Castelao sintetízase, desde un primeiro momento, o amplo abano de tarefas culturais que cómpre acometer de inmediato sobre Galiza: a pintura, o debuxo humorístico, os valores etnográficos, a caricatura, o gravado, o cartelismo, as cruces de pedra, o refraneiro popular, a ilustración de libros, xornais, revistas, o teatro de Arte, etc. Exemplos destas contribucións fanse patentes na revista Nós (1920), que tiña como principal obxectivo restaurar e universalizar a cultura galega e na que Castelao exerceu como director artístico. Castelao. A vida (1920)
  18. 18. Castelao. A vida (1921) En 1921, grazas a unha bolsa de viaxe da Xunta de Ampliación de Estudos, viaxou a Francia (París), Bélxica (Bruxelas, Gante, Bruxas e Antuerpen) e Alemaña (Berlín e Múnic)para estudar a arte deses países; froito desa viaxe realizada entre xaneiro e outubro foi o diario que escribiu e que publicou parcialmente a revista Nós en 1922-1923, e en 1977 saiu á luz co título de Diario 1921.
  19. 19. En 1922 publica a súa obra Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete (o seu primeiro relato publicado como libro independente). Publicouna a editorial Céltiga, promovida polas Irmandades da Fala de Ferrol. Pretendía contribuír á divulgación da literatura en lingua galega entre as clases populares cun xénero doado de ler e atractivo polos asuntos tratados. Semella concibida para a intervención pública: foi inserida previamente na conferencia “Humorismo. Debuxo humorístico. Caricatura”, Castelao. A vida (1922) “Debaixo do humorismo hai sempre unha grande door; por iso no ceo non hai humoristas” (cita de Mark Twain).
  20. 20. Oíndolles decir que o progreso vai cara á unidade tomei a parola para aclarar que o progreso iña cara a harmonía e que se o progreso fose cara isa unidade antipática, antiestética, antinatural e criminal, por riba do progreso está a perfeución e que nós, os galegos, por un desexo de perfeución e por unha dinidade que xa vai Castelao. A vida (1922) “Debaixo do humorismo hai sempre unha grande door; por iso no ceo non hai humoristas” (cita de Mark Twain).
  21. 21. Castelao. A vida (1926) A obra narrativa de Castelao arranca dos pés literarios dos seus debuxos e estampas, que van ocupando cada vez maior extensión. En 1926 e 1929 publícanse os dous libros de Cousas, formado por relatos con ilustracións. É considerado un “subxénero autóctono” e unha das máis orixinais creacións da literatura galega contemporánea. No limiar, “A carón da Natureza”, Castelao reflexiona sobre as limitacións da pintura á hora de expresarse; por iso decide ser “un ventureiro das letras”. Castelao sérvese do Modernismo para a estética decorativa deste libro
  22. 22. Castelao. A vida (1926) Chamábanlle a ‘marquesiña’ e os seus peíños endexamais se calzaron Vai á fonte, depelica patacas e chámanlle a Marquesiña. Non foi á escola por non ter chambra que pór, e chámanlle a Marquesiña. Non probou máis lambetadas que unha pedra de azucre, e chámanlle a Marquesiña. A súa nai é tan probe que traballa de xornaleira na casa As clases populares, labregos, mariñeiros, mulleres e nenos son os protagonistas de Cousas
  23. 23. Castelao. A vida (1927) En Pontevedra comeza a colaborar axiña cos intelectuais da vila e nos círculos culturais que alí existían, como o coro Aires da Terra, e na creación da Coral Polifónica . O Castelao escenógrafo naceu precisamente para os decorados dunha das representacións desta Coral. Máis adiante, en 1927, participará como membro fundador do Museo de Pontevedra. O Museo de Pontevedra fundouse en 1927 no Pazo de Castro Monteagudo, edificación de 1760
  24. 24. O seu único fillo, Alfonso Xesús, que nace ao ano seguinte de casaren, morrerá prematuramente en 1928, con só catorce anos. Este feito dramático, unido á segunda crise de cegueira sufrida por Castelao nas mesmas datas (a primeira fora en 1914) son o preludio da súa entrega á causa política do país. Castelao. A vida (1928) Castelao co seu fillo, en Cambados.
  25. 25. Cunha nova axuda da Xunta de Ampliación de Estudos, marchou en 1929 a Bretaña coa súa dona, para estudar os cruceiros bretóns, que recolleu no libro As cruces de pedra na Bretaña, editado polo Seminario de Estudos Galegos en 1930. Outra publicación desta época de especial transcendencia foi un traballo en colaboración con Fermín Bouza-Brey sobre os Escudos de Rianxo, publicado en Nós. De aí sairá o modelo do futuro escudo de Galiza coa serea, a bandeira e a lenda Denantes mortos que escravos. Castelao. A vida (1929)
  26. 26. En 1930 publícase o seu libro de debuxos Cincoenta homes por dez reás. Hai moita tenrura galega e moita apelación á autoestima, a recoñecérmonos como pobo. Castelao segue fiel nos seus desenvolvementos narrativos ao principio de mínima extensión e máxima intensidade, ao que chamamos “simplificación”, propia da caricatura Castelao. A vida (1930)
  27. 27. Eu non sei se vos decataredes do valimento dos meus homes. Son abreviaturas, estractos, esencias, resumos. Son homes que podedes trocar en personaxes de novela. E se vos peta darlle máis aquel ó voso xogo que ó meu talento, aínda podedes dicir que os inventades. Para calificar ós homes Castelao. A vida (1930)
  28. 28. O compromiso con Galiza de Castelao, canalizado por vía artística até o de agora, vaise converter en acción política incesante ata a súa morte. Como persoa de recoñecida popularidade, Castelao é dos artistas ou dos intelectuais que renuncian a acabar a súa obra por asumir un lugar na política, por necesidade e por imperativo moral, porque “para modelar un povo de barro é forzoso luxar as mans”. Castelao. A vida (1931) Fundación do Partido Galeguista en Pontevedra en Decembro de 1931, significou a unificación do nacionalismo político.
  29. 29. No contexto do Estado español imos asistir, coa instauración da segunda República en 1931 á apertura dun novo e efémero réxime de liberdades formais, que posibilita a formulación das reivindicacións nacionais galegas con meridiana claridade, mais non permite aínda asentar unha estrutura de Estado de carácter plurinacional nin o mínimo recoñecemento para linguas como o galego. Castelao. A vida (1931) Castelao e Otero Pedrayo, deputados en Cortes da República, son recibidos na Generalitat de Catalunya, en xullo de 1931.
  30. 30. Castelao. A vida (1931) O compromiso coas clases populares e a ideoloxía nacionalista de Castelao recóllense nas estampas de Nós, que se dan a coñecer na prensa entre os anos dezaseis e dezaoito, “cando Galiza se esperguizaba dun longo sono”, tal e como se recolle nas palabras do limiar do álbum que será publicado en 1931. Atopamos aquí xa unha declarada vocación de reflectir a totalidade da problemática galega; en síntese, o pobo e a nación.
  31. 31. Castelao. A vida (1931) Cincuenta imaxes que conforman unha radiografía completa das “tremendas angurias do decotío labrego e mariñeiro” da Galiza de comezos do século XX. A intencionalidade declarada é provocar desacougos, chamar a rebeldías, amosar inconformismo cara ás vellas inxustizas; non hai “vocación de estupefaciente”, como el mesmo declara.
  32. 32. Castelao. A vida (1931) Yo no he cultivado jamás el arte por el arte. El arte para mí no ha sido más que un elemento, un recurso, un medio de expresión y con el lápiz o la pluma sólo he querido ser un intérprete fiel de mi pueblo, de sus dolores y de sus esperanzas. Dibujé siempre en gallego; escribí siempre en gallego; y si sacáis lo que hay de gallego y de humano en mi
  33. 33. Castelao. A vida (1931) Este album debe considerarse un fito inaugural da súa arte e da súa traxectoria ideolóxica. Recolle nel tres pensamentos fundamentais na súa traxectoria política: • A negación da asimilación… Lástema de bois!,
  34. 34. Castelao. A vida (1931) • A analoxía ou afinidade con outras loitas exemplares de liberación nacional, como Irlanda. -Érguete pelengrín, que o paxaro está enriba de ti. “Como en Irlanda, érguete e anda
  35. 35. Castelao. A vida (1931) •A reintegración. Na beira do Miño. E os da banda de alá son máis estranxeiros que os de (Non se sabe que lle respondeu o
  36. 36. En xullo de 1933 foi nomeado académico da Real Academia Galega e o acto de ingreso realizouse en 1934. O 25 de xullo deste ano Castelao tomou posesión co discurso sobre As cruces de pedra na Galiza, libro que se publicaría tras a súa morte. Respondeu a este discurso Antón Vilar Ponte. O 25 de xullo de 1933, os galeguistas promoven unha alianza cos nacionalistas vascos e cataláns, o que se coñeceu como pacto Galeusca. Castelao. A vida (1933) Recepción de Castelao e Vilar Ponte con motivo do seu ingreso na RAG o 25 de xullo de 1934 .
  37. 37. Castelao fala no limiar de “retrincos en carne viva que poden amostrarse tal como se conservan na memoria”, pregándonos que os tomemos por certos e verdadeiros. Porén, sabedor de que a verosimilitude é clave na obra de arte literaria, remata matizando con ironía: “se coidades que son mentiras eu perdónovos por adiantado”. Son 5 relatos aparentemente autobiográficos, que van desde as vivencias da emigración nas Pampas ao Castelao deputado das Cortes Constituíntes. Retrincos (1934)
  38. 38. Retrincos (1934) Tiña eu once anos cando meu pai, que estaba na Arxentina, nos chamou cabo de si; e alá fomos embarcados miña nai e mais eu, nun paquete alemán. Castelao. O segredo, Retrincos
  39. 39. Os dous de sempre (1934) Esta novela, publicada pola editorial Nós en 1934, leva dedicatoria cun epígrafe dirixido “ÓS MOZOS GALEGOS”. Seguramente un Castelao xa inmerso na loita política pola dignificación de Galiza e consciente das dificultades da mesma, vía no campo da mocidade un grande potencial para o nacionalismo e para o futuro de Galiza. É a primeira novela de Castelao e a derradeira entrega na traxectoria da súa narrativa. A crítica literaria española colocouna no xénero picaresco e como réplica de El Quijote. Concluíu que Castelao era un gran prosista, mais un novelista falido.
  40. 40. Os dous de sempre (1934) A interpretación filosófica da novela cuestiona o mito da liberdade individual (o Rañolas representado polo paxaro da estampa da portada), evidencia as limitacións impostas polas circunstancias: determinismos sociais, educacionais e fisiolóxicos. As tendencias dominantes en Pedriño e en Rañolas, sendo diferentes, son as dúas egocéntricas, individualistas e autodestrutivas. Castelao quere transmitirnos que a verdadeira realización e felicidade humanas só se conseguirán superando o individualismo e dotando os individuos de conciencia social e altruísta, dentro dun modelo de sociedade alternativo ao capitalista. Desde a óptica da Filosofía aplicada a obra posúe unha enorme complexidade.
  41. 41. Os dous de sempre (1934) “Os tortos consellos da miseria fórano empurrando cara a escravitude ¡Malia o día que conquireu o “dereito ao traballo” para trocarse de home ceibe en escravo do fisco i en azacán dos “burgueses” que lle levaban relós de ouro para compoñer!
  42. 42. Durante o Bienio Negro de Lerroux, Castelao sofre un desterro de dez meses, ao igual que o Secretario de Organización do Partido Galeguista, Alexandre Bóveda. Será neste intre, en Badaxoz, cando Castelao comece a redacción do Sempre en Galiza. Castelao. A vida (1934) Castelao emprega o topónimo Galiza, porque é a denominación orixinaria do Reino, posterior ao nome romano de Gallequia. Termo de preferencia usado no galego medieval, Galiza caeu en desuso durante os «Séculos Escuros» (desde Isabel a Católica ata 1863, ano de publicación de Cantares Gallegos). Actualmente, as Normas do idioma galego tamén aceptan Galiza como forma lexítima en galego xunto á forma Galicia.
  43. 43. Castelao ten un papel de primeira orde na redacción, plebiscito e promulgación do Estatuto de Autonomía, concibido como instrumento indispensábel para avanzar no recoñecemento da autodeterminación de Galiza. Tanto Castelao como o Partido Galeguista defenderon o obxectivo de lograr a “Autodeterminación política de Galiza dentro da forma de goberno republicana”. Castelao confiaba en que este era un primeiro paso cara ao recoñecemento mínimo do carácter plurinacional do Estado e mesmo a confederación con Portugal. Castelao. A vida (1936) Castelao nun mítin polo Estatuto, no Paseo da Ferradura, en Santiago.
  44. 44. Castelao non abdicou dos seus principios e, tras non poucos avatares e estorbos, conseguiu que o texto do Estatuto tomase estado parlamentario. Á súa firmeza e perseveranza neste acto debemos hoxe os galegos o feito de que Galiza sexa considerada nacionalidade histórica ao igual que Euskadi e Cataluña. Castelao. A vida (1936)
  45. 45. Castelao mantén o seu compromiso antifascista durante a Guerra civil desde a especificidade galega. Nun dos episodios máis negros da historia de España, Castelao é quen de conxugar na práctica o seu compromiso democrático, republicano e antifascista coas súas conviccións de nacionalista galego que aspira a que o seu pobo poida desenvolver o seu futuro en paz e liberdade. As atrocidades cometidas polos insurrectos fascistas en Galiza, dan pé ás estarrecedoras imaxes dos álbumes Atila en Galicia, Galicia mártir e Milicianos, coas que Castelao foi embaixador da causa republicana ante o mundo (URSS, EUA, Cuba, Arxentina...). Castelao. A vida (1936-39)
  46. 46. Castelao. A vida (1936-39)
  47. 47. Castelao. A vida (1936-39)
  48. 48. Castelao. A vida (1936-39) Eisí sería Hespaña
  49. 49. Castelao no exilio continuou a loita pola causa galega. Unha vez que se instaura o rexime franquista será en Buenos Aires onde comece o seu exilio no que morrerá en 1950. Xunto a moitos outros galegos exiliados ou emigrados, vai tratar de manter a loita política en diversas frontes. Castelao. A vida (1938-50) Castelao nun acto a prol da República Española en New York. Á súa dereita Suárez Picallo e á súa esquerda Basilio Álvarez.
  50. 50. Desde o exilio, Castelao contribuirá á reflotación da cultura galega con obras da magnitude de Os vellos non deben de namorarse (1941), Sempre en Galiza (1944) ou As cruces de pedra na Galiza (1949); manterá acesa a lexitimidade democrática das eleccións de 1936 (Consello de Galiza); coordenará esforzos con outras formacións nacionalistas do Estado de cara ao recoñecemento plurinacional deste (Galeuzca); colaborará cos gobernos republicanos no exilio (ministro do Goberno Giral). Castelao. A vida (1938-50) Castelao en Rio de Janeiro, nunha recepción aos galeguistas e aos republicanos , cando marchou a París a integrar o Goberno da República no exilio.
  51. 51. Cando cheguéi a Bós Aires, sentáronme nunha cadeira, cobríronme cun fanal e dixéronme que era un "símbolo". Axiña comprendín que a cadeira era un ataúde, o fanal era unha sepultura i eu era o "difunto Castelao". Comparábanme a Curros e a Rosalía, e cicáis por eso mesmo non concebían que estivese vivo. Invitábanme a facer o morto —a ver, ouvir e calar—, porque deste xeito recibiría moitas honras [...]. Pero sucedéu que non quixen morrer dentro dun fanal, atafegado nunha campana pneumática, Castelao. A vida (1940)
  52. 52. Castelao. A vida (1941) En 1941 estréase en Bos Aires, pola Compañía de Maruxa Villanueva, a única peza teatral de Castelao, Os vellos non deben de namorarse. O texto desta obra sería publicado pola editorial Galaxia en 1953, mais habería que agardar para ollala representada na súa terra até 1961. O propio autor dirixiu a obra e encargouse da escenografía, das máscaras, do vestiario… Talvez por iso resulta unha obra imaxinada máis por un pintor que por un literato. Primeira edición de Galaxia, en 1953
  53. 53. Castelao. A vida (1941) Desde os anos vinte, Castelao viña matinando na idea de innovar a produción teatral galega, seguindo as orientacións das Irmandades da Fala, cun proxecto próximo ao Teatro de Arte no que primase un discurso interartístico con confluencias musicais, elementos pictóricos, danza, folclore, etc. Castelao bota man da súa formación como artista plástico e escolle a fórmula da caricatura para elaborar esta peza dramática, que cualifica como “síntesis artística ou máis ben artimaña escenográfica”. Primeira edición de Galaxia, en 1953
  54. 54. Castelao expresou a través da súa práctica política, artística ou literaria o seu pensamento, mais tamén empregou o ensaio como xeito de deixar formalizado doutrinalmente a súas conviccións mais fondas. Sempre en Galiza é a sintese do seu ideario, publicado en 1944 en Bos Aires, grazas ao apoio económico dos emigrados galegos. Castelao. A vida (1944) Ensaio cumio do nacionalismo galego ou “biblia do galeguismo”, nace como resultado de situar a Galiza como problema esencial, de preocupación polo estudo da súa historia e de confianza no seu futuro.
  55. 55. “Eu dígovos que os galegos soio impoñeremos respeto cando se nos considere capaces de tronzar os vencellos que nos xunguen a Hespaña e cando nós mesmos deprendamos a Castelao. A vida (1944)
  56. 56. (...) Hespaña, cuio nome tivemos que humedecer cunha letra de máis para facelo respeitable aos nosos ollos, pois do seu goberno sóio se nos ocurre decir que é máis odioso por hipócrita que por tiránico. Sacámolle á verba España todo canto ten de prosapia castelán (abonda engadirlle unha H Castelao. A vida (1944)
  57. 57. Hespañoes somos, de hespañoes debemos prezarnos tódolos habitantes da península; pero de casteláns, non. Castelao. A vida (1944)
  58. 58. Cataluña, Euzcadi e Galiza teñen a misión histórica de transformaren a estructura xurídica de Hespaña; pero Galiza ten, ademáis, outra misión trascendente: a de atraguer Portugal á comunidade da Castelao. A vida (1944)
  59. 59. Concebimos a Hespaña como un soio estado, constituído polo libre consentimento de catro pobos: Castela, Cataluña, Euzcadi e Galiza. Castelao. A vida (1944)
  60. 60. Unha nación é soberán e ten dereito a organizarse autonomicamente, sen máis límites que os derivados do respeito ao dereito igoal das demais nacionalidades. A nación ten dereito a federarse con outras e a separarse da federación cando lle conviñer. Unha nacionalidade, pois, ten dereito, incluso, a constituírse en Estado independente. Castelao. A vida (1944)
  61. 61. Os ingleses aldraxan aos escoceses; os franceses aos bretóns; os casteláns aos galegos. E todos eses aldraxes non son máis que un recoñecemento tácito do "carácter nacional". Non somos separatistas da Hespaña verdadeira nin tan siquera da falsa e ficticia, se é que esta nos permite creer na súa transformación; é decir, se nos deixa manifestar os nosos Castelao. A vida (1944)
  62. 62. ¿Ten Galiza un idioma proprio? Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latín, irmán do castelán e pai do portugués. Idioma apto e axeitado para ser vehículo dunha cultura moderna e co que aínda podemos Castelao. A vida (1944)
  63. 63. ¿Con que dereito se nos obriga a deprendermos a lingua de Castela e non se obriga aos casteláns a deprenderen a nosa? E xa é hora de decir que Galiza será forte en Hespaña cando se negue a falar en Castelao. A vida (1944)
  64. 64. Un pobo sometido á loita de dous idiomas acaba por non saber espresar o que sinte. Cando a un pobo que canta e fala nunha língoa creada polo seu proprio xenio, se lle impón a obriga de adoptar un idioma estraño á súa personalidade afectiva, prodúcese Castelao. A vida (1944)
  65. 65. A dominación de Galiza endexamais será efectiva entrementras fale un idioma diferente do castelán. Castelao. A vida (1944) Se aínda somos galegos é por obra e gracia do
  66. 66. En 1948 pronúncia o ALBA DE GRORIA, o seu discurso máis fermoso e tamén o derradeiro, no Centro Galego de Buenos Aires. Nel Castelao expresa a saudade dos emigrados pola terra lonxana e sérvese da imaxe da Santa Compaña para falar de galegos inmortais: comeza por Prisciliano e acaba por Alfredo Brañas e Don Ramón... Pero, unha vez que pasou a Santa Compaña de “inmortais galegos”, veñen os verdadeiros galegos e galegas... Castelao. A vida (1948) Derradeiro discurso lido por Castelao o Día de Galiza de 1948 .
  67. 67. (...) veremos xurdir do Humos da terra-nai, da terra, da nosa terra, saturada de cinzas humáns, unha infinida moitedume de luciñas e vagalumes, que son os seres innominados que ninguén recorda xa, e que todos xuntos forman o substractum insobornabel da patria galega”. (...) Esas ánimas sen nome son as que crearon o idioma que en Castelao. A vida (1948) Derradeiro discurso lido por Castelao o Día de Galiza de 1948 .
  68. 68. Castelao, recluído no seu domicilio e cada vez con maiores dores –que el describía como que "xa está eiquí o corvo, xa está o corvo peteirando", dedícase a preparar a edición de As cruces de pedra na Galiza pero só consegue ver impresas e asinar as primeiras páxinas. Castelao. A vida (1949)
  69. 69. Castelao. A vida (1949-50) Nos últimos anos da súa vida, Castelao seguía a pensar que o peor desterro é o que se sofre na propia terra privada de liberdade, á que non estaba disposto a renunciar. Por iso, aínda que desde 1936 a 1950 non puido pisar terra galega, seguía tendo a Galiza no centro do pensamento. Derradeira fotografía de Castelao vivo. Na Biblioteca do Centro Ourensán de Bos Aires.
  70. 70. Castelao. A morte (1950) O 7 de xaneiro de 1950, Castelao morre en Bos Aires. Foi embalsamado para cumprir o seu desexo de, algún día, regresar a Galiza. Os seus foron envoltos coa bandeira, para el sagrada, da patria galega e cubertos por terra tamén galega.
  71. 71. Castelao. A morte (1950) Velatorio de Castelao no salón principal do Centro Galego en Bos Aires
  72. 72. Castelao. A morte (1950) Os restos de Daniel Castelao foron conducidos nunha carroza, seguida de multitude de carrozas florais, cos honores dun xefe de estado polas avenidas de Bos Aires camiño do cemiterio de La Chacarita, en 1950.
  73. 73. Castelao. A morte (1950) Inhumación de Castelao no Panteón do Centro Galego de Bos Aires, no cemiterio de La Chacarita.
  74. 74. Castelao. A segunda morte (1984) Os restos de Daniel Castelao foron repatriados en 1984 desde Bos Aires, nunhas condicións polémicas, con protestas e mobilizacións do nacionalismo galego contra a manipulación da súa memoria. Hoxe repousan no Panteón de Galegos Ilustres en San Domingos de Bonaval. Imaxes gravadas pola TVG o 28 de xuño de 1984
  75. 75. Castelao. O artista Castelao é orixinal por unha serie de características: a) Porque traduce conscientemente o compromiso político do autor, mais sen ser panfletaria; b) Porque a súa escrita oscila entre o popular e o culto, entre o tradicional e a estilización e a innovación; c) Porque se dá unha constante asociación entre a obra gráfica e a literaria, constatándose unha evolución desde a obra gráfica á literaria; d) Porque é a expresión da singularidade galega para chegar á universalidade, toda ela está percorrida por valores dun fondo humanismo; e) Porque o procedemento máis característico é a “simplificación”, a selección dun “intre de máxima intensidade” que pode definir toda unha vida, propio da caricatura. Castelao. A pegada
  76. 76. Castelao. O político Castelao era consciente de estar intervindo no devir histórico do seu país e coidaba que o seu legado ideolóxico había de dar froito en vida súa ou na dos seus herdeiros políticos. Escribiré un segundo tomo de “Sempre en Galiza”, con la crónica exacta y documentada de todo cuanto ocurrió desde que mi tierra perdió su libertad, y si no llego a ver al pueblo gallego con los Castelao. A pegada
  77. 77. Castelao. A pegada Olla meu irmáu honrado o que acontez con Daniel: os que o tiñan desterrado agora falan ben del. (Continuar lendo...) Poema de Celso Emilio Ferreiro,
  78. 78. Castelao. A pegada –Eu non teño culpa de que Galicia posúa as caracerísticas dunha nacionalidade, mais creo que debe renunciar a parte dos seus dereitos naturais. Con que poida respirar libremente abóndalle. A Galicia abóndalle con poder resolver os seus problemas vitais e eu gostaría dunha Galicia coas portas abertas, sen carabineiros. Somos internacionalistas por convencemento e universalistas por natureza. Lembra que no ceo quedou un camiño de estrelas para sinalar a nosa comunicación co mundo antigo e no fondo do Atlántico debe existir un Aplicación para móbil de Sempre en Galiza
  79. 79. Castelao pola paz, especialmente a lingüística, cada 30 de Xaneiro Debuxo de Castelao pola paz, na tarxeta que milleiros de demócratas de Europa e de América enviaron á ONU.
  80. 80. FONTES • Número especial de A Nosa Terra adicado a Castelao no Día de Galiza de 1950 •Curso online ofrecido pola Central Intersindical Galega e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, con materiais e recursos de Xan Garrido, Xan Leira, M. Rei Romeu e Paulo Porta. •CASTELAO E OS IRMÁNS DA LIBERDADE (Xan Leira) •Singularidade de Castelao (M. REI ROMEU) •EVOLUCION ARTÍSTICA DE CASTELAO (Paulo Porta) •ESTRELA NA ALBA, O PENSAMENTO POLÍTICO DE CASTELAO (Xan Garrido)
  81. 81. FONTES NA REDE •Galipedia •Pinterest •Alex Ferreiro •Dous inéditos de Castelao na rede •Castelao obra gráfica (en español) •Recursos sobre Castelao na rede (Concello de Pontevedra) •Castelao na rede (web)
  82. 82. FONTES DAS IMAXES A insua de Insua Sei o que nos figestes.. Revista Nós Galipedia Fundación Otero Pedrayo Terra e tempo Galipedia Fundación Plácido Castro RAG Sermos Galiza Gorinho A C Suárez Picallo Galipedia allPaintings allPaitings Todocolección.net
  83. 83. FONTES DAS IMAXES Os libros de anxel casal Galiza.cig As imaxes utilizadas nesta presentación que carecen de hiperligazón foron obtidas no número especial de A Nosa Terra adicado a Castelao no Día de Galiza de 1950 latostadora Literalingua Castelao na rede Xabre.gal presbookspresbookspresbookspresbooks todocoleccion,.net

×