Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Manuel María. Letras Galegas. 2016

2,668 views

Published on

Rápida aproximación para sacar a Manuel María das aulas

Published in: Education
  • Be the first to comment

Manuel María. Letras Galegas. 2016

  1. 1. Eu son Manuel María. Nacín no 29, o 6 de Outono, en Outeiro de Rei da Terra Chá. Son dunha caste rexa de labregos Fieles á súa terra e ao seu Deus. Agora son un namorado. Eu son Manuel María, Cantor da Terra Chá que algunhos din. Cantor da terra chá que leva un clavada nas entrañas, Penso eu. Eu son Manuel María, labrego con algo de poeta. Por eso gardo as albas no fondo dos meus ollos e ando de vagar o meu camiño, e pídolles ás cousas a súa tenrura e aos homes pídolles verdade. Non teño máis tarefa: Son unha humilde folla que salaia Na noite escura movida polo vento. Eu son Manuel María, Un son tan só, lonxano e feble. Documentos persoais, 1958
  2. 2. Manuel María cos seus pais e irmáns en 1940. Na casa familiar seu pai tiña os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro.
  3. 3. Manuel María Fernández Teixeiro nace en Outeiro de Rei da Terra Chá (Lugo) o 6 de outubro de 1929, no seo dunha familia de labregos ben acomodada. Prepara o ingreso no Instituto cun mestre co que le e comenta textos poéticos galegos. Inicia o Bacharelato no curso 1942-43 no Instituto Masculino de Lugo. En maio de 1943, morre o seu pai e faise cargo da súa educación o seu tío paterno, párroco e profesor de Filosofía no Instituto. Sempre que pode, retorna a Outeiro de Rei, onde se integra no mundo labrego e aprende a facer versos cun magnífico narrador oral que traballa na súa casa como xornaleiro, Manuel de Paderna. Manuel María aos 11 anos, altura á que decubriu a literatura galega a través da antoloxíaa de Ánxel María de las Casas e da Literatura Gallega de Carré Aldao.
  4. 4. Manuel María con 16 anos no internado dos Maristas (1945) e, posteriormente , no equipo de futbol do instituto de Lugo (1949).
  5. 5. Con só dezanove anos pronuncia no Círculo das Artes de Lugo a súa primeira conferencia, que lle permitirá intégrase nas tertulias (únicos foros de debate que naquela época escapaban ao control do poder) do café Méndez Núñez, nas que participan escritores como Luis Pimentel, Ánxel Xohán, Ánxel Fole, Ramón Piñeiro, Aquilino Iglesia Alvariño, Álvaro Cunqueiro ou Carballo Calero.
  6. 6. Convértese en editor da revista Xistral e escribe o seu primeiro poema, Cantiga derradeira. Ese verán escribe tamén o seu primeiro poemario (surrealista, onírico, imaxinista, existencialista, saudosista…), Muiñeiro de brétemas, que sairá ao ano seguinte (1950) na colección Benito Soto e que marcará a aparición dunha nova corrente poética na lírica galega: a Escola da Tebra. Mariñeiro de luares só sinto o teu influxo, ai amor, a sotavento. ¡Ás veces vou muiñando o teu querer nun muíño que me move a barlovento! Ramón Lorenzo Alexandr e Cribeiro
  7. 7. Tras fracasar nos exames de Filosofía e Letras (mesmo suspende Literatura), o seu tío obrígao a estudar Dereito; da dor pola renuncia á carreira que quería nacen os versos de Morrendo a cada intre (1950). A morte, atropelado por un coche, do seu irmán máis novo prodúcelle unha profunda crise íntima e relixiosa que o leva a escribir Libro de pregos (1951), que non publicará até 1962. En 1954 publica Advento, que escribira entre estes dous libros anteriores. Tamén publica un libro de contos e catro obras de teatro, entre as que destaca Barriga verde (1968).
  8. 8. Inquirín a miña inocencia no cabalo sen brida do meu verso. Neste verán apático rachei flores coa miña carraxe de verdade verbeneira. Miña nai confesoume que eu tiña unha alma moi moderna. As miñas verbas tiveron agullas secretas para aquel xoven profesor que me suspendeu literatura. Agacheime de min mesmo algunha vez e respirei ávidos ventos nacidos máis aló da cursi primavera. Escribireille lindas cartas á miña simpática monada: pomba de verbas sen sentido. De aquí para diante seguirei facendo versos, cumprirei 50 anos e morrerei unha noite de inverno sen silencio de estrelas nin de flores.
  9. 9. Quixera poder escribir un poema sinxelo, emocionado, puro e branco. Un poema perfecto, ausente de ritmo, case sen palabras. Un poema leve e fino que conteña todas as dimensiós imprecisas do meu ser. ¡Se puidera escribir un gran poema -espírito, carne, lume- que pechara as miñas tristezas, as propias bágoas! Sei que nunca endexamais lograrei un poema puro, puro, total e misterioso. ¡Se fora capaz de despir o meu espírito nun máxico poema feito só de amor, de luz e de nostalxia!
  10. 10. ¡Teño medo! ¡De todo canto ollo case nada comprendo...! ¡E tremo...! ¡Tremo, Señor, como a folliña movida polo vento!
  11. 11. Fai o servizo militar en Compostela, onde coincide con Uxío Novoneyra. Manterá unha grande relación cos galeguistas, especialmente con Otero Pedrayo e Carlos Maside,quen o achega á realidade do pensamento marxista. Publica o seu segundo poemario e gaña o Premio Castelao de Poesía do Centro Galego de Bos Aires. No verán de 1953 escribe a primeira redacción de Terra Chá, que é un verdadeiro reencontro coa vida chairega e coas súas raigames labregas. Con Uxío Novoneyra e Ramón Piñeiro en Compostela
  12. 12. ¡Hei de ir á Feira do Monte, á de Rábade e á de Castro! ¡Hei de ir á Feira do Monte anque teña que ir de arrastro! Despois, se o tempo deixa, a Moimenta irei mercar. ¡Vendín en Vilalba a Teixa, quedei sen vaca para arar! ¡Hei de ir á Feira do Monte que é pró domingo que vén! ¡E ti, miña dona, disponte, que te hei de levar tamén!
  13. 13. Uxío Novoneyra, Ramón Piñeiro, A. Bonet, Pura Vázquez, Manuel María e Carlos Maside, en Compostela, 1952. En 1956 Manuel María coñece a Saleta Goi. Casan en Lugo tres anos máis tarde e pouco despois instálanse os dous en Monforte de Lemos, onde o poeta exercerá a actividade profesional de Procurador até a súa xubilación.
  14. 14. Entre 1959 e 1963 mantén unha grande relación con Vicente Risco, Otero Pedrayo, Cuevillas... e asiste ás primeiras reunións para reorganizar o nacionalismo galego, un proceso político no que é clave a figura de Méndez Ferrín. É a época do Consello da Mocedade e da ruptura co piñeirismo. Intensifica, así mesmo, a súa creación, non só como poeta, senón tamén como narrador e dramaturgo. Desta época cómpre destacar libros como Documentos persoaes (1958) e Mar Maior (1963).
  15. 15. Guía comercial Dende agora os poetas non precisan andar ollando a lúa para inspirarse, abóndalles con ler os nosos ANUNCIOS POR PALABRAS: "Véndense angurias, estrelas, albas, lúas e solpores. Véndense diccionarios da rima tenros como nata. Temos almas de flores e chíos de paxaros. Todo moi barato. Damos 30 prazos. Remesamos os pedidos a reembolso, en gran velocidade e porte pago."
  16. 16. Están fóra da lei as estrelas, a Primavera, as flores e os paxaros. Dáse este bando en tal e cal para que se cumpra de orde do alcalde. Asinado, carimbado e rubricado. Bando Prohíbese, por orde da Alcaldía, que medren porque si as rosas do xardín municipal. Dende agora as pombas teñen que pedir licenza para voar. Prohíbeselle á lúa andar ceiba de noite polo ceo. A lúa é unha tola que anda espida dando mal exemplo ás nenas castas e aos fillos de familia. Pagarán trabucos os poetas. Prohíbese soñar de 10 a 11. Prohíbese tamén derramar bágoas. Pódese chorar tan só cando hai sequía pra que non fiquen baldeiros os pantanos. Un só se pode emocionar os Xoves e os Domingos cando toca a Banda do Concello no quiosco.
  17. 17. ¿Que importa, irmao, que morra o día se a súa morte abre en nós a esperanza do mencer? Non temas. Aínda o paxaron ten canciós e as estrelas se alcenden cada noite. Verbas a un irmao Escoita, irmao, as miñas verbas: son sinxelas e impuras como as verbas feridas co coitelo dos beizos, cada día. Vouche dicir tan só que teño a miña mao tendida aberta, núa e viva como o mar. Que teño, irmao, maduro o corazón para gardar nel as verbas túas. Que a vida é moi fermosa aínda que hai homes que teñen os beizos emporcados con verbas de falsía, e o corazón podre polo odio, e as maos pingando sangue, e agachados, no fondo dos seus petos, en vixía, coitelos e pistolas asasinas.
  18. 18. Manuel María está comprometido coa resistencia cultural que caracterizou as primeiras etapas da ditadura e que agora se incrementa: •Aparecen os primeiros partidos nacionalistas galegos, a Unión do Povo Galego (UPG) e o Partido Socialista Galego (PSG). •Desenvólvense as primeiras folgas obreiras, a loita labrega contra FENOSA e as revoltas na Universidade.
  19. 19. •Participa na presentación de Raimon e da Nova Canción Galega •Participa na creación da colección de poesía Val de Lemos. •Pariticipa na edición de discos en colaboración coa discográfica EDIGSA •Inaugura a Libraría Xistral
  20. 20. Nestes anos a súa literatura é cada vez máis comprometida e combativa: Os soños na gaiola, Versos para un país de minifundios, Versos para cantar en feiras e romaxes, Remol, Canciós do lusco ao fusco… Tamén publica dúas narracións e tres obras dramáticas entre as que destaca Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela (1979).
  21. 21. En 1975 presenta a súa renuncia como membro correspondente da Real Academia Galega dada a total ineficacia desta institución en defensa da lingua galega. Dona a propiedade de Edicións Xistral ao recén creado Frente Cultural da AN-PG, organización da que Manuel María será un activo militante.
  22. 22. GALICIA Galicia docemente Está ollando ó mar: ¡ten vales e montañas E terras pra labrar! Ten portos, mariñeiros Cidades e labregos ¡cargados de traballos Cargados de trafegos! Galicia é unha nai Velliña, soñadora: ¡na voz da gaita rise, Na voz da gaita chora! Galicia é o que vemos: A terra o mar, o vento... ¡pro hai outra galicia Que vai no sentimento! Galicia somos nós: A xente e mais a fala. ¡si buscas a galicia En ti tes que atopa- la! Galicia somos nós: A xente e mais a fala. ¡si buscas a galicia En ti tes que atopa- la!
  23. 23. MANUAL PARA DEPRENDER PARA SEÑORITO Aínda que un non sexa moi bonito non é difícil chegar a señorito. Primeiro hai que odiar o comunismo, e pensar somentes en un mismo, non facerlle moito caso aos pais, tratar con certo desprecio aos demais. Hai que ter en conta o que convén, adequirir modales finos, codearse só con "xente ben", aproveitados, cucos e cretinos, ser socio de todos os casinos, mercar sempre autos deportivos e traxes e corbatas elegantes, coñecer toda clás de aperitivos, saberse comportar nos restaurantes, distinguir os wiskis ao cheiralos, entender de bridge e de canasta, de golf, de tenis e cabalos, non alternar con xente doutra casta. Tamén é convenente ter querida, xantar e cear sempre a deshoras, abusar o que se poida da bebida e ser moi galante coas señoras. Non falar galego endexamais (é idioma do pobo, moi vulgar), vivir do que súan os demais, ¡e denantes morrer que traballar!
  24. 24. CANCIÓN PRA CANTAR TODOS OS DÍAS Hai que defender o idioma como sexa: con rabia, con furor, a metrallazos. Hai que defender a fala en loita rexa con tanques, avións e a puñetazos. Hai que ser duros, peleóns, intransixentes cos que teñen vocación de señoritos, cos porcos desertores repelentes, cos cabras, cos castróns e cos cabritos. Temos que pelexar cos renegados, cos que intentan borrar a nosa fala. Temos que loitar cos desleigados que desexan matala e enterrala. Seríamos, sen fala, unhos ninguén, unhas cantas galiñas desplumadas. Os nosos inimigos saben ben que as palabras vencen ás espadas. O idioma somos nós, povo comun, vencello que nos xungue e ten en pé, herencia secular de cada un, fogar no que arde acesa a nosa fe.
  25. 25. Coa chegada da democracia, Manuel María regresa ao amor e á Terra Chá como temas de creación literaria. Inicia un novo rumbo poético con Poemas ao Outono. Manterá o seu compromiso activo co nacionalismo galego, así o recolle o seu poemario Poemas para construír unha patria. Formará parte das candidaturas ao Senado e ao Concello de Monforte.
  26. 26. POEMA DO ALLEADO Son un bilingüista moi apaixonado, un colonialista ben colonizado. Teño lingua nai, e unha lingua pai e unha lingua filla que marabilla. ... ... ... ... ... ... Son un alleado fino e progresista ben domesticado. ¡Son un castrapista como está mandado!
  27. 27. Nestes anos escribe e publica a súa poesía máis intimista e humanista. Medra a súa produción dramática, até 16 obras. E continúa a súa produción en prosa, até 7 novas obras. Participa activamente nas actividades da Asociación Socio- Pedagóxica Galega e da Asociación de Escritores en Lingua Galega.
  28. 28. Viaxa por por Europa. Recibe homenaxes e premios. Especialmente significativos foron a homenaxe que a AS-PG lle tributou no Teatro Rosalía de Castro en 1995 e a entrada como académico numerario na Real Academia Galega en 2003.
  29. 29. A FALA O idioma é a chave coa que abrimos o mundo: o salouco máis feble, o pesar máis profundo. O idioma é a vida, o coitelo da dor, o murmurio do vento, a palabra de amor. O idioma é o tempo, é a voz dos avós e ese breve ronsel que deixaremos nós. O idioma é un herdo, patrimonio do pobo, maxicamente vello, eternamente novo. O idioma é a patria, a esencia máis nosa, a creación común meirande e poderosa. O idioma é a forza que nos xungue e sostén. ¡Se perdemos a fala non seremos ninguén! O idioma é o amor, o latexo, a verdade, a fonte da que agroma a máis forte irmandade. Renunciar ao idioma é ser mudo e morrer. ¡Precisamos a lingua se queremos vencer!
  30. 30. En 1998 Manuel María e Saleta deciden vivir na Coruña, onde pasa os seus últimos anos e onde manterá unha tertulia no Kirs. Tamén manterá o seu activismo cultural, político e social até o final.
  31. 31. Publicará as súas derradeiras obras: Brétemas do muiñeiro, Os carreiros do soño e Elexías á miña vida pequeniña. En 2001 publícase a súa Obra Poética Completa, da man da editorial Espiral Maior, que dirixe Miguel Anxo Fernán Vello.
  32. 32. Os meus inimigos cando falan de min poñen xofre nas súas verbas, tan íntimas, tan sinxelas, tan saídas dese anaco de carne que leva por nome corazón. E eu case son feliz coas súas intrigas, coa súa dozura, coa súa morte que non ma dan a min por covardía. O seu sorriso amargo esvara pola miña carne como un peixe, e as súas frases amarelas finxen rosas cando me chaman amorosamente "meu querido amigo“. Eu e mais eles imos andando distraídos pola vida, imos ao mesmo café, ao mesmo cinema, e agachamos as mesmas mentiras debaixo dos mesmos estúpidos sorrisos: e ás veces até me convidan a fumar cerimoniosamente. Os meus inimigos cando me acoitelen aínda me han de seguir chamando "meu querido amigo".
  33. 33. O 8 de setembro de 2004 falece na Coruña. O seu corpo foi velado no Panteón de Galegos Ilustres e enterrado en Outeiro de Rei no medio dunha multitude de galegos e galegas que quixeron dar o seu derradeiro adeus ao poeta nacional de Galiza. Deixou tras de si arredor de 1500 versos espallados em 49 obras poéticas, 13 narracións, 26 obras dramáticas e 10 ensaios.
  34. 34. ENDL do IES Félix Muriel - Rianxo
  35. 35. •Para elaborar esta presentación… •Casa Museo Manuel María (Imaxes e contidos) •Real Academia Galega (Biografía) •365 días para Manuel María (Textos) •Son de poetas (Música) Para saber máis… •Primavera das Letras •Mercedes Queixas •Para atopar todos os recursos… •CENDLG

×