CARLOS CASARES
LETRAS GALEGAS 2017
INDICE
A vida ...en Xinzo.............................................................................Diapositivas 3-4
A vida ...en Ourense.......................................................................Diapositivas 5-7
A vida ...en Compostela................................................................Diapositivas 8-16
A vida ...en Viana do Bolo.............................................................Diapositivas 17
A vida ...en Bilbao...........................................................................Diapositivas 18
A vida ...entre Ourense e Suecia..................................................Diapositivas 19-20
A vida ...en Cangas........................................................................Diapositivas 21-35
A vida ...en Vigo..............................................................................Diapositivas 36-44
A morte ...en Vigo...........................................................................Diapositiva 45
A vida ...en Xinzo
Se me preguntan o que son, respondo: un contador de historias.
Carlos Casares
Mouriño naceu un 24
de agosto de 1941 en
Ourense. A súa infancia
transcorreu entre a
parroquia de Beiro e
Xinzo de Limia, onde
trasladaran ao seu pai,
mestre de profesión.
A vida ...en Xinzo
Se me preguntan o que son, respondo: un contador de historias.
A súa personalidade ergueuse sobre un substrato
familiar de raíz rural (un pai máis ben republicano,
apenas relixioso e desafecto ao réxime franquista e
unha nai devota crente, católica practicante e cunha
saga familiar de figuras eclesiásticas entre tíos,
irmáns e curmáns) e un substrato social tamén de
raíz rural (noites arredor da lareira, historias
fantásticas contadas polo tío Lamas, o pracer de
observar o mundo e de contalo) propio das xentes
da Limia e Ourense, propio da cultura campesiña cun
único idioma: o galego.
A vida ...en Ourense
Eu quería ser bispo, non cura. Bispo con moto e cabalo.
O rapaz Carlos, o Kubalita,
adoraba o futbol, o cine e reparar
pequenas máquinas no obradoiro
que o seu pai montara na escola.
Pero a súa nai apártao do mundo
libre da aldea galega para
ingresalo no Seminario de
Ourense, onde o emprego do
galego estaba estritamente
prohibido e severamente penado.
A vida ...en Ourense
Eu quería ser bispo, non cura. Bispo con moto e cabalo.
A súa adolescencia viviuna internado no
Seminario (52-58), onde padeceu
represalias idiomáticas: Cada vez que dicías
unha palabra en galego tiñas que escribir
mil, cinco mil, dez mil veces “no hablaré
gallego”. Neste réxime carcerario naceu o
seu espírito inconformista e a súa primeira
experiencia literaria: El averno, periódico
humorístico que lle valeu tantos castigos
como para saír do Seminario e acabar o
Bacharelato por libre no Instituto.
A vida ...en Ourense
O sistema era claramente represivo (por perseguir até perseguía as
festas do Entroido). A imposición era violenta (con enfrontamentos
a tiros entre maquis e gardas civís).
No último curso de Bacharelato (1959),
gaña un concurso de contos presidido por
Vicente Risco, que lle permitirá asistir aos
seus faladoiros e coñecer da súa man a
obra de Castelao.
O país vivía na “longa noite de pedra”
(apoxeo do nacional-catolicismo) e o
Galeguismo comezara a artellarse arredor
da editorial Galaxia (de 1950).
A vida ...en Compostela
Vento ferido. 1967.
Na década dos 60, en Compostela, Casares
vai estudar Filoloxía Románica e o mesmo
ano no que obtén o título, 1967, publicará a
súa primeira obra: os doce relatos de Vento
ferido. Pero Compostela vai supor moito
máis para el, pois vai entrar no activismo
galeguista e na resistencia clandestina,
tentando mediar entre os círculos
galeguistas e a esquerda universitaria que se
atopaba moi afastada da cuestión galega.
A vida ...en Compostela
Vento ferido. 1967.
Son relatos que supoñen o inicio da súa
narrativa e que abordan a temática da
frustración e da violencia a través de
distintas voces narrativas, con reiterada
presenza do monólogo interior e servíndose
da ruptura temporal, como era habitual nas
obras d@s escritor@s vencellados á Nova
Narrativa Galega, c@s que comparte
Casares a ansia de renovación técnica, se
ben se distancia deles pola presenza das
realidades galegas nos seus textos.
A vida ...en Compostela
Vento ferido. 1967.
Este libro nace como resposta ao mito
Mourullo. Eu lin “Memorias de Tains” e non
me convenceu. Dificultaba o contacto cos
lectores. Lela era máis un esforzo de
vontade ca un pracer.
A vida ...en Compostela
Piñeiro foi o máis importante que atopei en Santiago. Moito máis
importante que a Universidade.
En Compostela entrou en contacto
cos poetas Arcadio López-Casanova
e Salvador García-Bodaño, a través
deste último comezou a tomar
contacto co galeguismo cultural da
Asociación O Galo. Pero, grazas ao
primeiro coñeceu a alguén que sería
fundamental na súa vida: Ramón
Piñeiro.
A vida ...en Compostela
Os galeguistas eramos uns bichos raros, que non tiñamos atractivo nin
interese político para a esquerda estudantil.
Formando parte da resistencia
democrática contra o
franquismo, primeiro desde
unha posición de cristián
progresista e despois como
socialista galeguista, participou
na primeira homenaxe floral a
Rosalía, no primeiro ano que o
réxime permitiu a celebración
do Día das Letras Galegas
(1963).
Curiosamente o primeiro acto da RAG no Primeiro
Día das Letras Galegas de 1963 foi a ofrenda floral a
Murguía.
A vida ...en Compostela
A lingua dos galegos é o galego e eu, desde o meu oficio, estou a
defender esa lingua con todas as miñas forzas.
No ano en que publicou Vento
ferido, 1967, participou na
organización do recital do cantautor
Raimon, que sería o desencadeante
do movemento Voces Ceibes,
expresión galega da canción
protesta; de grande importancia para
a galeguización universitaria, pois
Casares e García-Bodaño traduciron
as cancións do catalán ao galego.
A vida ...en Compostela
A galiña azul. 1968
Obra pioneira da literatura infantil en
galego, que o autor confesa que escribiu
non por afección persoal, senón polo seu
compromiso co idioma.
A literatura para nenos é literatura coas mesmas
exixencias que a literatura para adultos. Eu
escribín algunhas cousas para nenos pero por
razóns circunstanciais.
A vida ...en Compostela
Cambio en tres. 1969
É a primeira novela de Casares, na que dá
prioridade ao experimentalismo técnico sobre
a historia para expresar unha visión crítica e
intelectualizada da sociedade, a través dun
narrador-testemuña de perfil sociocultural
baixo, un emigrante retornado, que lle permite
integrar a temática social.
A vida ...en Compostela
Cambio en tres. 1969
Por un lado non me gustaba o que se
chamaba o ruralismo temático e o
tradicionalismo formal da narrativa galega,
pero tampouco me gustaba a deserción que
da realidade galega facían os narradores
novos. Por iso quixen combinar unha
temática tópica, como a emigración, cunha
forma vangardista.
A vida ...en Viana do Bolo
Cuns curas novos de Ribadavia e outros mozos da vila, organicei a
proxección da película “Nove cartas a Berta”, de Patino, con coloquios
sobre a liberdade de expresión ou a sexualidade. Entrou a garda civil, pois
coas nosas ideas “perturbabamos a paz do pobo”.
Acabada a carreira e co título recén
estreado, Casares é destinado ao
Colexio Público de Viana do Bolo, pero,
acusado de comunista, será expulsado
do centro e prohibiraselle o exercicio
da docencia en Galicia.
A vida ...en Bilbao
Estou casado cunha rapaza sueca e paso catro meses ao ano no
país máis liberal e tolerante do mundo.
A procura de traballo fóra do país
levouno ao Colexio Vizcaya, en
Bilbao, onde pasou o curso 70-71.
Nese ano traduciu O principiño.
No tren de regreso a casa, dun
xeito casual, coñecerá á sueca
Kristina Berg, quen, mes e medio
despois, converterase na súa
muller.
A vida ...entre Ourense e Suecia
Estou casado cunha rapaza sueca e paso catro meses ao ano no
país máis liberal e tolerante do mundo.
...logo de vivir o resto do ano no
meu país en tensión, con
expedientes, con listas negras, con
todo o mundo dono da verdade e
querendo matar, esmagar a verdade
do veciño, logo de vivir así, pasar
tres ou catro meses naquel país é
para min un descanso impagable.
As laranxas máis laranxas de todas as laranxas. 1973
Entre o 72 e o 74 mantén por primeira vez unha
sección propia no xornal La Región, con
ilustracións de Siro López.
Traballa na Escola de Secretariado da Caixa de
Aforros Provincial e agarda polas oposicións. Son
os anos de implicación na vida cultural ourensá: le
en galego o pregón do magosto no 72, participa
na organización das segundas Xornadas de Cine,
colabora coa Mostra Internacional de Teatro
Abrente de Ribadavia, na que O Facho estrea a súa
obra As laranxas máis laranxas de todas as
laranxas.
A vida ...entre Ourense e Suecia
Aprobadas as oposicións de 1974,
entra no Instituto María Soliño de
Cangas, como profesor agregado de
Lingua e Literatura Española. A dou
meses de iniciar o curso ábreselle un
expediente por solidarizarse coa folga
do profesorado non numerario, ao
mesmo tempo que outros profesores
que salientaban na loita antifranquista.
A vida ...en Cangas
A literatura non ten por que
interesarlle a todo o mundo. A miúdo,
quen ensina literatura dá por sentado,
na clase, que os trinta rapaces que o
escoitan teñen todos os mesmos
intereses. E iso é falso. A literatura é
algo que en principio só lle interesa a
unha minoría.
O profesor ten que facer que os rapaces gocen lendo
A vida ...en Cangas
É a novela que pecha a súa primeira etapa de
formación e experimentación como escritor. Tamén é
a máis lograda desta etapa, pola que obtivo o premio
XXV anos de Editorial Galaxia e o Premio da Crítica
Española.
Permite contemplar o proceso da xeración de
posguerra, a través da evocación psicolóxica do seu
protagonista, lembrando a súa infancia na aldea, a súa
adolescencia no colexio e a súa mocidade na
Universidade. Recolle a traumática experiencia de
Casares como seminarista.
Xoguetes pra un tempo prohibido. 1975
A vida ...en Cangas
Quería facer a novela moderna dos
universitarios do meu tempo. Hai nese libro
elementos biográficos. Coincide co ambiente
de posguerra, o ambiente político e relixioso
opresivo. A obra pretendía poñer en cuestión
toda unha vida, que non era só a miña, senón a
de moita xente, por iso teño dito que pode
considerarse unha novela autobiográfica dunha
xeración enteira.
Éme moi difícil escribir sen partir dunha vivencia concreta.
A vida ...en Cangas
Antes d escribir esta novela matinei moito sobre
a linguaxe que debía empregar. Quería chegar á
xente, porque hai que conquistar lectores para a
literatura galega. Unha novela non se pode ler
cun dicionario na man.
Xa hai dificultades de abondo para ler en galego.
Temos que loitar por un galego literario o máis
popular posible sen que isto signifique un
castrapo abafante.
A base do meu galego é a lingua que escoitei nas aldeas onde vivín
rodeado dun ambiente galego e onde ninguén falaba castelán.
A vida ...en Cangas
En 1975 inaugura en La voz
de Galicia esta sección que
manterá até 1992 e que
servirá de escaparate para
levar os libros galegos ao
gran público.
A ledicia de ler. 1975
A vida ...en Cangas
En 1977 convértese no
membro máis novo da
RAG, co seu ensaio O
desastre de 1898 e os
escritores galegos.
O desastre de 1898 e os escritores galegos. 1977
A vida ...en Cangas
Obra composta por doce relatos cuxo fío condutor son
episodios históricos ocorridos entre o s. X e o s. XX. Neles
mestúrase a historia coa fantasía, xogando con textos
apócrifos, como querendo construír unha Historia
Alternativa de Galicia.
Casares mostra unha visión desacralizada da Historia,
botando man do humor e inspirándose en Cunqueiro ou
en Borges.
Nesta obra o autor abandona a artificiosidade técnica na
procura da sinxeleza formal, interesado agora en
suxestionar a través da anécdota.
Os escuros soños de Clío. 1979
A vida ...en Cangas
Cando publiquei este libro quería facer unha
literatura que non tivese que ver coa
experiencia, senón coa imaxinación. Foi entón
cando empecei a interesarme menos polos
aspectos formais da narrativa.
O meu lector identifícase cunha maneira de ver o mundo irónica, con humor.
A vida ...en Cangas
Nesta viraxe cara ao fantástico, empeza o
interese de Casares por Cunqueiro; mais
seguen presentes os temas de sempre: a
intolerancia, o dogmatismo e as diversas
formas de violencia que poden oprimir ao ser
humano.
Esta é a terceira novela de Casares (a máis
coñecida), que o autor dedicou ao seu
padriño, o cura de Beiro.
Tras a figura do protagonista (un bispo, que
debe enfrontarse á curia escandalizada pola
chegada do primeiro cinematógrafo a unha
pequena vila galega a principios do s. XX)
atópase o seu parente Enrique Pérez
Serantes, quen salvara a vida a Fidel Castro e
chegara a arcebispo en Cuba.
Ilustrísima. 1980
A vida ...en Cangas
Comecei a estar farto de literatura que falase
sempre da infancia e de lembranzas persoais
e pensei que debía basearse na imaxinación,
aínda aproveitándose de vivencias.
Empecei pensando en escribir un conto para
confrontar dúas posturas ante un mesmo
feito: a chegada do cine a unha vila galega.
Unha tolerante e bondadosa e outra
intransixente e dogmática. Todo lubricado
por un humor dulcificador.
O humor é un elemento ironizante e antidogmático.
A vida ...en Cangas
Casares vese totalmente involucrado na
axitada vida política española tras a morte
do ditador. Inicialmente afín ao Partido
Socialista Galego, acaba defendendo a
integración no PSOE, para imprimirlle unha
liña galeguista a ese partido
Acabará como deputado no Parlamento de
Galicia de 1981 polo PSOE.
O compromiso político debe manifestarse no plano cidadán. O escritor
debe coidar que a súa pluma non estea ao servizo de intereses
opresores.
A vida ...en Cangas
Eu definiríame como un ser tolerante con
aqueles que o son tamén. Nunca a
sociedade foi tan intolerante coma hoxe.
Todo o mundo coida ter a verdade no peto.
Eu non teño ningunha verdade. Eu teño o
confusionismo que temos todos e, quen
non sexa confuso, posiblemente sexa un
dogmático.
Prodúcenme graza as actitudes dogmáticas. Ante elas non sinto
indignación. Cando vexo a alguén moi seguro, dáme a risa.
A vida ...en Cangas
Na RAG, Casares apoiou a súa conversión en
institución encargada de elaborar a norma da
lingua galega, o que propiciou o ingreso dun
bo número de lingüistas na Academia.
Foi o impulsor das Normas..., elaboradas
conxuntamente co ILG e aprobadas en 1982.
Tamén sería el quen abriría o debate público
que en 1999 deu paso ao proceso de reforma
consensuada das mesmas.
Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. 1982
A vida ...en Cangas
No Parlamento Galego, o seu papel foi clave na
redacción e aprobación de dúas leis:
 A Lei de Normalización Lingüística, aprobada
en 1983 por unanimidade.
 A creación do Consello da Cultura Galega,
organismo autónomo dos poderes públicos
que recordaba que Galicia posuía unha cultura
e unha lingua propias e ambas constituían os
fundamentos da personalidade nacional
galega.
Lei de Normalización Lingüística. 1983
A vida ...en Cangas
En 1983, Casares trasládase como
catedrático ao Instituto de S. Tomé en
Vigo e pasa a vivir a Vilariño (Nigrán).
Nese ano viaxa á URSS para impartir
conferencias.
A súa columna A ledicia de ler deixa paso
a Á marxe, columna diaria que foi
tomando forma de dietario.
En 1986 convértese no director de
Galaxia.
Galaxia, unha institución non lucrativa, cultural. Fiel ao que quixeron os
fundadores: loitar pola cultura do país.
A vida ...en Vigo
En 1987, Casares participa con Ramón Piñeiro, desde o
Consello da Cultura Galega, no Encontro de culturas
minoritarias.
Síntome escritor dunha lingua
minorizada e responsable por
isto. Doutra maneira escribiría
en castelán. Podería ir a Madrid
e dedicarme á literatura
exclusivamente.
Para min é clarísimo que
pertenzo a unha lingua non
normalizada e esa conciencia é
a que me inclina a limitarme e
perder oportunidades.
A vida ...en Vigo
Esta obra é unha novela construída a partir de
dez informes procesais a cargo dun funcionairo,
que procura dar conta das circuntancias que
rodearonn a morte dun boticario.
Con ela Casares volve sobre a intransixencia e o
fanatismo, agora no mundo da política. O pano
de fondo é unha materia recorrente na
anrrativa galega: a guerra civil.
Os mortos daquel verán. 1987
A vida ...en Vigo
Con esta obra quería seguir o ciclo que
comezara con “Ilustrísima”, de reflexión sobre
o dogmatismo, de feito é dar voltas sobre o
mesmo tema, pero utilizando como marco
ambiental os días anteriores e iniciais da
guerra.
Os mortos daquel verán. 1987
A vida ...en Vigo
En 1996 concédeselle a excedencia da
docencia para dedicarse á presidencia do
Consello da Cultura Galega.
A actividade editorial, a política, a
literatura, a Academia, a presidencia do
CCG, todo formaba parte para el dun
único compromiso co proceso de
normalización cultural de Galicia e de
afortalamento do seu idioma e das súas
institucións propias.
A imaxinación ten moito que aportar á sociedade. Hai pouca
imaxinación na política e iso asústame.
A vida ...en Vigo
Esta novela presenta a figura dun intelectual
galeguista, visto por unha muller, antiga
namorada súa e que reside fronte á súa casa. A
vida do intelectual na posguerra está centrada
na relixión e na exaltación do réxime.
Moitas das características dese intelectual
coinciden coa figura de Vicente Risco.
Deus sentado nun sillón azul. 1996
A vida ...en Vigo
Eu quería escribir unha novela sobre a
responsabilidade dos intelectuais. O
protagonista é un símbola da intelixencia sen
moral.
É unha novela de interiores, sen acción, que
transcorre na cabeza dunha muller.
Tende á descrición dos sentimentos e ao
detallismo.
Hai que garantir a liberdade da creación, o seu dereito de creador, que
tamén é un dereito humano.
A vida ...en Vigo
Esta é a súa derradeira novela. Centrada en
Ourense, manipulando elementos autobiográficos,
volve sobre os temas que desde o inicio estiveron
presentes na narrativa de Casares: a violencia e o
dogmatismo. Pretende con ela mostrar a soberbia
do intelectual, intelixente pero desalmado.
Trátase dunha novela que inclúe tres novelas: unha
de amor, unha histórica e unha de ideas;
amalgamadas coma nun cubo de Rubrik.
O sol do verán. 2002
A vida ...en Vigo
Para moitos críticos esta é a mellor novela de Casares,
que se abre coa cita de Albert Camus directa ao asunto
da obra: o coñecemento da verdade fai imposible o
amor e acaba coa felicidade dos protagonistas, como
se só quen ignoran (ou os parvos) puideran ser felices.
A obra parece pechar o círculo da traxectoria de
Casares, que se iniciara escoitando as narracións da
tradición oral nos veráns de Beiro, agora evocados,
volvendo outra vez a infancia.
A verdade do ser e do sentir.
A vida ...en Vigo
Carlos foise daquela maneira inesperada, como se partise de viaxe para
sempre sen avisar, amparado pola escuridade e sen dicirme adeus.
Aquí xace alguén que nunca quixo morrer e que tivo a sorte de nacer
home, non deus.
A morte ...en Vigo
O 9 de marzo de 2002, inesperadamente
(como el premonitoriamente deixara escrito
no inicio da súa derradeira novela), morre na
súa casa de Nigrán, dun ataque ao corazón.
A escritora portuguesa, Inês Pedrosa, que
compartira con el o Expreso da Literatura
por Europa, recollera o epitafio...
Na vida hai que saber se
un quere ser médico ou
se o que quere é ter
unha bata branca. Isto
pásalle á xente que
pensa na literatura para
ser famosa. Eu a
literatura enténdoa
como escribir o que me
peta.
Reflexión
Eu non teño na cabeza
iso que se chama a
carreira literaria, que
obriga a publicar un libro
cada ano. Escribo cando
me apetece e non me
apetece sempre.
Gústanme moitas
cousas: papar a mosca,
falar cos amigos, xogar
cos trens eléctricos,
andar en moto, ler.
Reflexión
Eu teño unha visión
puramente narrativa da
vida. En realidade,
gústame contar o
mundo máis que pensar
nel. Se me piden que
fale de algo, que dea
unha opinión ou exprese
unha idea, dunha
maneira espontánea
póñome a contar.
Reflexión
FONTES DAS IMAXES
FONTES DE INFORMACIÓN
 Carlos Casares , un contador de historias. Henrique Monteagudo. Editorial Galaxia, 2017
 Páxina web da Fundación Carlos Casares: http://fundacioncarloscasares.org/biografia/
 Páxina da As-pg arredor da Literatura Galega: http://literaturagalega.as-pg.gal/autoras-
es/casares-mourino-carlos.html
 Blogue. Historia de Xinzo.
 Carlos Casares e o futbol en Xinzo: https://historiadexinzo.wordpress.com/2017/04/11/carlos-
casares-e-o-futbol-en-xinzo/
 Carlos Casares no Entroido de Xinzo: https://historiadexinzo.wordpress.com/2017/04/07/carlos-
casares-no-entroido-de-xinzo/

Carlos Casares. Letras galegas 2017

  • 1.
  • 2.
    INDICE A vida ...enXinzo.............................................................................Diapositivas 3-4 A vida ...en Ourense.......................................................................Diapositivas 5-7 A vida ...en Compostela................................................................Diapositivas 8-16 A vida ...en Viana do Bolo.............................................................Diapositivas 17 A vida ...en Bilbao...........................................................................Diapositivas 18 A vida ...entre Ourense e Suecia..................................................Diapositivas 19-20 A vida ...en Cangas........................................................................Diapositivas 21-35 A vida ...en Vigo..............................................................................Diapositivas 36-44 A morte ...en Vigo...........................................................................Diapositiva 45
  • 3.
    A vida ...enXinzo Se me preguntan o que son, respondo: un contador de historias. Carlos Casares Mouriño naceu un 24 de agosto de 1941 en Ourense. A súa infancia transcorreu entre a parroquia de Beiro e Xinzo de Limia, onde trasladaran ao seu pai, mestre de profesión.
  • 4.
    A vida ...enXinzo Se me preguntan o que son, respondo: un contador de historias. A súa personalidade ergueuse sobre un substrato familiar de raíz rural (un pai máis ben republicano, apenas relixioso e desafecto ao réxime franquista e unha nai devota crente, católica practicante e cunha saga familiar de figuras eclesiásticas entre tíos, irmáns e curmáns) e un substrato social tamén de raíz rural (noites arredor da lareira, historias fantásticas contadas polo tío Lamas, o pracer de observar o mundo e de contalo) propio das xentes da Limia e Ourense, propio da cultura campesiña cun único idioma: o galego.
  • 5.
    A vida ...enOurense Eu quería ser bispo, non cura. Bispo con moto e cabalo. O rapaz Carlos, o Kubalita, adoraba o futbol, o cine e reparar pequenas máquinas no obradoiro que o seu pai montara na escola. Pero a súa nai apártao do mundo libre da aldea galega para ingresalo no Seminario de Ourense, onde o emprego do galego estaba estritamente prohibido e severamente penado.
  • 6.
    A vida ...enOurense Eu quería ser bispo, non cura. Bispo con moto e cabalo. A súa adolescencia viviuna internado no Seminario (52-58), onde padeceu represalias idiomáticas: Cada vez que dicías unha palabra en galego tiñas que escribir mil, cinco mil, dez mil veces “no hablaré gallego”. Neste réxime carcerario naceu o seu espírito inconformista e a súa primeira experiencia literaria: El averno, periódico humorístico que lle valeu tantos castigos como para saír do Seminario e acabar o Bacharelato por libre no Instituto.
  • 7.
    A vida ...enOurense O sistema era claramente represivo (por perseguir até perseguía as festas do Entroido). A imposición era violenta (con enfrontamentos a tiros entre maquis e gardas civís). No último curso de Bacharelato (1959), gaña un concurso de contos presidido por Vicente Risco, que lle permitirá asistir aos seus faladoiros e coñecer da súa man a obra de Castelao. O país vivía na “longa noite de pedra” (apoxeo do nacional-catolicismo) e o Galeguismo comezara a artellarse arredor da editorial Galaxia (de 1950).
  • 8.
    A vida ...enCompostela Vento ferido. 1967. Na década dos 60, en Compostela, Casares vai estudar Filoloxía Románica e o mesmo ano no que obtén o título, 1967, publicará a súa primeira obra: os doce relatos de Vento ferido. Pero Compostela vai supor moito máis para el, pois vai entrar no activismo galeguista e na resistencia clandestina, tentando mediar entre os círculos galeguistas e a esquerda universitaria que se atopaba moi afastada da cuestión galega.
  • 9.
    A vida ...enCompostela Vento ferido. 1967. Son relatos que supoñen o inicio da súa narrativa e que abordan a temática da frustración e da violencia a través de distintas voces narrativas, con reiterada presenza do monólogo interior e servíndose da ruptura temporal, como era habitual nas obras d@s escritor@s vencellados á Nova Narrativa Galega, c@s que comparte Casares a ansia de renovación técnica, se ben se distancia deles pola presenza das realidades galegas nos seus textos.
  • 10.
    A vida ...enCompostela Vento ferido. 1967. Este libro nace como resposta ao mito Mourullo. Eu lin “Memorias de Tains” e non me convenceu. Dificultaba o contacto cos lectores. Lela era máis un esforzo de vontade ca un pracer.
  • 11.
    A vida ...enCompostela Piñeiro foi o máis importante que atopei en Santiago. Moito máis importante que a Universidade. En Compostela entrou en contacto cos poetas Arcadio López-Casanova e Salvador García-Bodaño, a través deste último comezou a tomar contacto co galeguismo cultural da Asociación O Galo. Pero, grazas ao primeiro coñeceu a alguén que sería fundamental na súa vida: Ramón Piñeiro.
  • 12.
    A vida ...enCompostela Os galeguistas eramos uns bichos raros, que non tiñamos atractivo nin interese político para a esquerda estudantil. Formando parte da resistencia democrática contra o franquismo, primeiro desde unha posición de cristián progresista e despois como socialista galeguista, participou na primeira homenaxe floral a Rosalía, no primeiro ano que o réxime permitiu a celebración do Día das Letras Galegas (1963). Curiosamente o primeiro acto da RAG no Primeiro Día das Letras Galegas de 1963 foi a ofrenda floral a Murguía.
  • 13.
    A vida ...enCompostela A lingua dos galegos é o galego e eu, desde o meu oficio, estou a defender esa lingua con todas as miñas forzas. No ano en que publicou Vento ferido, 1967, participou na organización do recital do cantautor Raimon, que sería o desencadeante do movemento Voces Ceibes, expresión galega da canción protesta; de grande importancia para a galeguización universitaria, pois Casares e García-Bodaño traduciron as cancións do catalán ao galego.
  • 14.
    A vida ...enCompostela A galiña azul. 1968 Obra pioneira da literatura infantil en galego, que o autor confesa que escribiu non por afección persoal, senón polo seu compromiso co idioma. A literatura para nenos é literatura coas mesmas exixencias que a literatura para adultos. Eu escribín algunhas cousas para nenos pero por razóns circunstanciais.
  • 15.
    A vida ...enCompostela Cambio en tres. 1969 É a primeira novela de Casares, na que dá prioridade ao experimentalismo técnico sobre a historia para expresar unha visión crítica e intelectualizada da sociedade, a través dun narrador-testemuña de perfil sociocultural baixo, un emigrante retornado, que lle permite integrar a temática social.
  • 16.
    A vida ...enCompostela Cambio en tres. 1969 Por un lado non me gustaba o que se chamaba o ruralismo temático e o tradicionalismo formal da narrativa galega, pero tampouco me gustaba a deserción que da realidade galega facían os narradores novos. Por iso quixen combinar unha temática tópica, como a emigración, cunha forma vangardista.
  • 17.
    A vida ...enViana do Bolo Cuns curas novos de Ribadavia e outros mozos da vila, organicei a proxección da película “Nove cartas a Berta”, de Patino, con coloquios sobre a liberdade de expresión ou a sexualidade. Entrou a garda civil, pois coas nosas ideas “perturbabamos a paz do pobo”. Acabada a carreira e co título recén estreado, Casares é destinado ao Colexio Público de Viana do Bolo, pero, acusado de comunista, será expulsado do centro e prohibiraselle o exercicio da docencia en Galicia.
  • 18.
    A vida ...enBilbao Estou casado cunha rapaza sueca e paso catro meses ao ano no país máis liberal e tolerante do mundo. A procura de traballo fóra do país levouno ao Colexio Vizcaya, en Bilbao, onde pasou o curso 70-71. Nese ano traduciu O principiño. No tren de regreso a casa, dun xeito casual, coñecerá á sueca Kristina Berg, quen, mes e medio despois, converterase na súa muller.
  • 19.
    A vida ...entreOurense e Suecia Estou casado cunha rapaza sueca e paso catro meses ao ano no país máis liberal e tolerante do mundo. ...logo de vivir o resto do ano no meu país en tensión, con expedientes, con listas negras, con todo o mundo dono da verdade e querendo matar, esmagar a verdade do veciño, logo de vivir así, pasar tres ou catro meses naquel país é para min un descanso impagable.
  • 20.
    As laranxas máislaranxas de todas as laranxas. 1973 Entre o 72 e o 74 mantén por primeira vez unha sección propia no xornal La Región, con ilustracións de Siro López. Traballa na Escola de Secretariado da Caixa de Aforros Provincial e agarda polas oposicións. Son os anos de implicación na vida cultural ourensá: le en galego o pregón do magosto no 72, participa na organización das segundas Xornadas de Cine, colabora coa Mostra Internacional de Teatro Abrente de Ribadavia, na que O Facho estrea a súa obra As laranxas máis laranxas de todas as laranxas. A vida ...entre Ourense e Suecia
  • 21.
    Aprobadas as oposiciónsde 1974, entra no Instituto María Soliño de Cangas, como profesor agregado de Lingua e Literatura Española. A dou meses de iniciar o curso ábreselle un expediente por solidarizarse coa folga do profesorado non numerario, ao mesmo tempo que outros profesores que salientaban na loita antifranquista. A vida ...en Cangas
  • 22.
    A literatura nonten por que interesarlle a todo o mundo. A miúdo, quen ensina literatura dá por sentado, na clase, que os trinta rapaces que o escoitan teñen todos os mesmos intereses. E iso é falso. A literatura é algo que en principio só lle interesa a unha minoría. O profesor ten que facer que os rapaces gocen lendo A vida ...en Cangas
  • 23.
    É a novelaque pecha a súa primeira etapa de formación e experimentación como escritor. Tamén é a máis lograda desta etapa, pola que obtivo o premio XXV anos de Editorial Galaxia e o Premio da Crítica Española. Permite contemplar o proceso da xeración de posguerra, a través da evocación psicolóxica do seu protagonista, lembrando a súa infancia na aldea, a súa adolescencia no colexio e a súa mocidade na Universidade. Recolle a traumática experiencia de Casares como seminarista. Xoguetes pra un tempo prohibido. 1975 A vida ...en Cangas
  • 24.
    Quería facer anovela moderna dos universitarios do meu tempo. Hai nese libro elementos biográficos. Coincide co ambiente de posguerra, o ambiente político e relixioso opresivo. A obra pretendía poñer en cuestión toda unha vida, que non era só a miña, senón a de moita xente, por iso teño dito que pode considerarse unha novela autobiográfica dunha xeración enteira. Éme moi difícil escribir sen partir dunha vivencia concreta. A vida ...en Cangas
  • 25.
    Antes d escribiresta novela matinei moito sobre a linguaxe que debía empregar. Quería chegar á xente, porque hai que conquistar lectores para a literatura galega. Unha novela non se pode ler cun dicionario na man. Xa hai dificultades de abondo para ler en galego. Temos que loitar por un galego literario o máis popular posible sen que isto signifique un castrapo abafante. A base do meu galego é a lingua que escoitei nas aldeas onde vivín rodeado dun ambiente galego e onde ninguén falaba castelán. A vida ...en Cangas
  • 26.
    En 1975 inauguraen La voz de Galicia esta sección que manterá até 1992 e que servirá de escaparate para levar os libros galegos ao gran público. A ledicia de ler. 1975 A vida ...en Cangas
  • 27.
    En 1977 convérteseno membro máis novo da RAG, co seu ensaio O desastre de 1898 e os escritores galegos. O desastre de 1898 e os escritores galegos. 1977 A vida ...en Cangas
  • 28.
    Obra composta pordoce relatos cuxo fío condutor son episodios históricos ocorridos entre o s. X e o s. XX. Neles mestúrase a historia coa fantasía, xogando con textos apócrifos, como querendo construír unha Historia Alternativa de Galicia. Casares mostra unha visión desacralizada da Historia, botando man do humor e inspirándose en Cunqueiro ou en Borges. Nesta obra o autor abandona a artificiosidade técnica na procura da sinxeleza formal, interesado agora en suxestionar a través da anécdota. Os escuros soños de Clío. 1979 A vida ...en Cangas
  • 29.
    Cando publiquei estelibro quería facer unha literatura que non tivese que ver coa experiencia, senón coa imaxinación. Foi entón cando empecei a interesarme menos polos aspectos formais da narrativa. O meu lector identifícase cunha maneira de ver o mundo irónica, con humor. A vida ...en Cangas Nesta viraxe cara ao fantástico, empeza o interese de Casares por Cunqueiro; mais seguen presentes os temas de sempre: a intolerancia, o dogmatismo e as diversas formas de violencia que poden oprimir ao ser humano.
  • 30.
    Esta é aterceira novela de Casares (a máis coñecida), que o autor dedicou ao seu padriño, o cura de Beiro. Tras a figura do protagonista (un bispo, que debe enfrontarse á curia escandalizada pola chegada do primeiro cinematógrafo a unha pequena vila galega a principios do s. XX) atópase o seu parente Enrique Pérez Serantes, quen salvara a vida a Fidel Castro e chegara a arcebispo en Cuba. Ilustrísima. 1980 A vida ...en Cangas
  • 31.
    Comecei a estarfarto de literatura que falase sempre da infancia e de lembranzas persoais e pensei que debía basearse na imaxinación, aínda aproveitándose de vivencias. Empecei pensando en escribir un conto para confrontar dúas posturas ante un mesmo feito: a chegada do cine a unha vila galega. Unha tolerante e bondadosa e outra intransixente e dogmática. Todo lubricado por un humor dulcificador. O humor é un elemento ironizante e antidogmático. A vida ...en Cangas
  • 32.
    Casares vese totalmenteinvolucrado na axitada vida política española tras a morte do ditador. Inicialmente afín ao Partido Socialista Galego, acaba defendendo a integración no PSOE, para imprimirlle unha liña galeguista a ese partido Acabará como deputado no Parlamento de Galicia de 1981 polo PSOE. O compromiso político debe manifestarse no plano cidadán. O escritor debe coidar que a súa pluma non estea ao servizo de intereses opresores. A vida ...en Cangas
  • 33.
    Eu definiríame comoun ser tolerante con aqueles que o son tamén. Nunca a sociedade foi tan intolerante coma hoxe. Todo o mundo coida ter a verdade no peto. Eu non teño ningunha verdade. Eu teño o confusionismo que temos todos e, quen non sexa confuso, posiblemente sexa un dogmático. Prodúcenme graza as actitudes dogmáticas. Ante elas non sinto indignación. Cando vexo a alguén moi seguro, dáme a risa. A vida ...en Cangas
  • 34.
    Na RAG, Casaresapoiou a súa conversión en institución encargada de elaborar a norma da lingua galega, o que propiciou o ingreso dun bo número de lingüistas na Academia. Foi o impulsor das Normas..., elaboradas conxuntamente co ILG e aprobadas en 1982. Tamén sería el quen abriría o debate público que en 1999 deu paso ao proceso de reforma consensuada das mesmas. Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. 1982 A vida ...en Cangas
  • 35.
    No Parlamento Galego,o seu papel foi clave na redacción e aprobación de dúas leis:  A Lei de Normalización Lingüística, aprobada en 1983 por unanimidade.  A creación do Consello da Cultura Galega, organismo autónomo dos poderes públicos que recordaba que Galicia posuía unha cultura e unha lingua propias e ambas constituían os fundamentos da personalidade nacional galega. Lei de Normalización Lingüística. 1983 A vida ...en Cangas
  • 36.
    En 1983, Casarestrasládase como catedrático ao Instituto de S. Tomé en Vigo e pasa a vivir a Vilariño (Nigrán). Nese ano viaxa á URSS para impartir conferencias. A súa columna A ledicia de ler deixa paso a Á marxe, columna diaria que foi tomando forma de dietario. En 1986 convértese no director de Galaxia. Galaxia, unha institución non lucrativa, cultural. Fiel ao que quixeron os fundadores: loitar pola cultura do país. A vida ...en Vigo
  • 37.
    En 1987, Casaresparticipa con Ramón Piñeiro, desde o Consello da Cultura Galega, no Encontro de culturas minoritarias. Síntome escritor dunha lingua minorizada e responsable por isto. Doutra maneira escribiría en castelán. Podería ir a Madrid e dedicarme á literatura exclusivamente. Para min é clarísimo que pertenzo a unha lingua non normalizada e esa conciencia é a que me inclina a limitarme e perder oportunidades. A vida ...en Vigo
  • 38.
    Esta obra éunha novela construída a partir de dez informes procesais a cargo dun funcionairo, que procura dar conta das circuntancias que rodearonn a morte dun boticario. Con ela Casares volve sobre a intransixencia e o fanatismo, agora no mundo da política. O pano de fondo é unha materia recorrente na anrrativa galega: a guerra civil. Os mortos daquel verán. 1987 A vida ...en Vigo
  • 39.
    Con esta obraquería seguir o ciclo que comezara con “Ilustrísima”, de reflexión sobre o dogmatismo, de feito é dar voltas sobre o mesmo tema, pero utilizando como marco ambiental os días anteriores e iniciais da guerra. Os mortos daquel verán. 1987 A vida ...en Vigo
  • 40.
    En 1996 concédesellea excedencia da docencia para dedicarse á presidencia do Consello da Cultura Galega. A actividade editorial, a política, a literatura, a Academia, a presidencia do CCG, todo formaba parte para el dun único compromiso co proceso de normalización cultural de Galicia e de afortalamento do seu idioma e das súas institucións propias. A imaxinación ten moito que aportar á sociedade. Hai pouca imaxinación na política e iso asústame. A vida ...en Vigo
  • 41.
    Esta novela presentaa figura dun intelectual galeguista, visto por unha muller, antiga namorada súa e que reside fronte á súa casa. A vida do intelectual na posguerra está centrada na relixión e na exaltación do réxime. Moitas das características dese intelectual coinciden coa figura de Vicente Risco. Deus sentado nun sillón azul. 1996 A vida ...en Vigo
  • 42.
    Eu quería escribirunha novela sobre a responsabilidade dos intelectuais. O protagonista é un símbola da intelixencia sen moral. É unha novela de interiores, sen acción, que transcorre na cabeza dunha muller. Tende á descrición dos sentimentos e ao detallismo. Hai que garantir a liberdade da creación, o seu dereito de creador, que tamén é un dereito humano. A vida ...en Vigo
  • 43.
    Esta é asúa derradeira novela. Centrada en Ourense, manipulando elementos autobiográficos, volve sobre os temas que desde o inicio estiveron presentes na narrativa de Casares: a violencia e o dogmatismo. Pretende con ela mostrar a soberbia do intelectual, intelixente pero desalmado. Trátase dunha novela que inclúe tres novelas: unha de amor, unha histórica e unha de ideas; amalgamadas coma nun cubo de Rubrik. O sol do verán. 2002 A vida ...en Vigo
  • 44.
    Para moitos críticosesta é a mellor novela de Casares, que se abre coa cita de Albert Camus directa ao asunto da obra: o coñecemento da verdade fai imposible o amor e acaba coa felicidade dos protagonistas, como se só quen ignoran (ou os parvos) puideran ser felices. A obra parece pechar o círculo da traxectoria de Casares, que se iniciara escoitando as narracións da tradición oral nos veráns de Beiro, agora evocados, volvendo outra vez a infancia. A verdade do ser e do sentir. A vida ...en Vigo
  • 45.
    Carlos foise daquelamaneira inesperada, como se partise de viaxe para sempre sen avisar, amparado pola escuridade e sen dicirme adeus. Aquí xace alguén que nunca quixo morrer e que tivo a sorte de nacer home, non deus. A morte ...en Vigo O 9 de marzo de 2002, inesperadamente (como el premonitoriamente deixara escrito no inicio da súa derradeira novela), morre na súa casa de Nigrán, dun ataque ao corazón. A escritora portuguesa, Inês Pedrosa, que compartira con el o Expreso da Literatura por Europa, recollera o epitafio...
  • 46.
    Na vida haique saber se un quere ser médico ou se o que quere é ter unha bata branca. Isto pásalle á xente que pensa na literatura para ser famosa. Eu a literatura enténdoa como escribir o que me peta. Reflexión
  • 47.
    Eu non teñona cabeza iso que se chama a carreira literaria, que obriga a publicar un libro cada ano. Escribo cando me apetece e non me apetece sempre. Gústanme moitas cousas: papar a mosca, falar cos amigos, xogar cos trens eléctricos, andar en moto, ler. Reflexión
  • 48.
    Eu teño unhavisión puramente narrativa da vida. En realidade, gústame contar o mundo máis que pensar nel. Se me piden que fale de algo, que dea unha opinión ou exprese unha idea, dunha maneira espontánea póñome a contar. Reflexión
  • 49.
  • 50.
    FONTES DE INFORMACIÓN Carlos Casares , un contador de historias. Henrique Monteagudo. Editorial Galaxia, 2017  Páxina web da Fundación Carlos Casares: http://fundacioncarloscasares.org/biografia/  Páxina da As-pg arredor da Literatura Galega: http://literaturagalega.as-pg.gal/autoras- es/casares-mourino-carlos.html  Blogue. Historia de Xinzo.  Carlos Casares e o futbol en Xinzo: https://historiadexinzo.wordpress.com/2017/04/11/carlos- casares-e-o-futbol-en-xinzo/  Carlos Casares no Entroido de Xinzo: https://historiadexinzo.wordpress.com/2017/04/07/carlos- casares-no-entroido-de-xinzo/