SlideShare a Scribd company logo
1 of 25
Download to read offline
Centenario das Irmandades da Fala.
A fouce renovadora da lingua
Guía da exposición
Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
irmandades da fala
03 06 07
08 09
11 17
índice
03 introdución
06 aaventura
xornalística
07 aaventuraeditorial
08 apoesía
09 oteatro
11 principaispersoeiros
BibliotecadaDeputacióndaCoruña
http://dacoruna.gal/biblioteca
Riegodeagua,3715001ACoruña
17 aexposición
21 selección
21
introdución
IAsembleaNacionalista,Lugo17-18denovembrode1918
historia é ben coñecida: o 18 de maio de
1916, convocados por Antón Villar Ponte e
despois dunha serie de pronunciamentos e
réplicas na prensa, créase na cidade da Coruña
a primeira Irmandade da Fala.
O facho que prenderan axiña se espallou,
constituíndose a de Compostela o 28 de maio
dese mesmo ano e de seguido as de Monforte
de Lemos, Pontevedra, Ourense ou Vilalba. En
1917 nacerán as irmandades de Ferrol, Melide,
Vigo, Mondoñedo e Baralla, e en 1918 as da
Estrada, Vilagarcía, Betanzos, Ortigueira, Muxía
e Lugo.
O propio Antón Villar viña de publicar uns
meses antes o folleto "Nacionalismo gallego:
nuestra afirmación regional" que, escrito aínda
en español, estaba centrado na defensa,
dignificación e cultivo da lingua galega.
A proposta de Villar Ponte foi ben acollida
polas diferentes sensibilidades que compoñían
o galeguismo na altura. Deste xeito á reunión
constitutiva asistirán Manuel Lugrís Freire, Uxío
Carré, Tettamancy, os irmáns Vaamonde Lores
Eladio Rodríguez González, Baldomir, Banet
Fontenla ou Oviedo Arce, Antón Villar Ponte
será primeiro conselleiro da Irmandade da
Coruña, e o catedrático da USC Luís Porteiro
Garea da de Compostela. Ambos, canda a
Leandro Carré, formarán o triunvirato que
guíe os primeiros pasos do novo proxecto.
Podían ser socios, todos os homes e
mulleres galegos e maiores de 16 anos,
podendo asociarse todos aqueles que,
aínda que non naceran en Galicia, se
sentiran "galegos de corazón".Dos máis de
setecentos afiliados que chegaron a ter as
Irmandades, case catrocentos estaban
afiliados á da Coruña.
Nada como dixemos coa finalidade
inmediata de exaltar e fomentar a lingua, non
por acaso as Irmandades veñen nacer a
unha Coruña sé da tertulia da "Cova Céltica",
da Academia, da Escola Rexional de
Declamación, ou onde están sitas as editoras
de Martínez Salazar e Carré.
Os alicerces que a xeración rexionalista
plantara foran abrollando até termos por
A
p.3
1916 2016IrmandadesdaFala
primeira vez na historia contemporánea de
Galicia unha xeración urbana de clase
socialascendente, galego-falante e
conscientizada coa lingua: os Victor Casas,
Álvaro Cebreiro, Xaime Quintanilla ou Camilo
Díaz Baliño.
Mais, a verdadeira ruptura política e cultural que
constituirán as Irmandades e a de procurar
ultrapasar a experiencia da xeración anterior
que, sen restarlle un ápice de mérito, pivotara
arredor da investigación erudita, a creación e
control de sociedades e institucións e a
celebración de actos e homenaxes simbólicas e
patrióticas como as dos fusilados de Carral ou
os actos do enterro de Curros.
Co Rexurdimento o galego fora recuperado para
o uso escrito, se ben reducido á poesía e con
aparicións esporádicas no teatro e nos xornais.
Fronte a iso as Irmandades promoveron a
elaboración de dicionarios e gramáticas, de
estudios lingüísticos e reivindicaron a presenza
do galego na Administración e no ensino.
Déronlle pulo á actividade editorial coa creación
de editoras como Céltiga, Lar ou Nós e
impulsaran a creación dos coros galegos.
Intentaran, por primeira vez, estabelecer un
sistema cultural estruturado e moderno feito
desde Galicia e na lingua do país.
Orientadas orixinalmente cara a promoción da
lingua e cultura galegas, será na Asemblea de
Lugo de 1918 cando o seu campo de acción se
verá ampliado tamén caraa iniciativas de
carácter político.
Esta I Asemblea Nazonalista celebrada en Lugo
entre o 17 e 18 de novembro de 1918 conta
coa asistencia de 16 agrupacións locais
representadas por unhas 60 persoas, a metade
procedente da Coruña.
Desta Asemblea saíu o "Manifesto Nazonalista"
que supuxo a superación definitiva do
rexionalismo e que constituiría a base común de
todos os programas do nacionalismo galego até
a Guerra Civil. Nel defínese a Galicia como
nación, reclámase a autonomía integral de
Galicia e a cooficialidade do galego.
Tras a publicación da "Teoría do
nacionalismo galego" de VIcente Risco e até
a IV Asemblea Nacionalista de Monforte de
1922 as tensións entre o grupo coruñés e o
grupo ourensán venvan en aumento até que
na asemblea as Irmandades rachan. A
Irmandade da Coruña e as controladas por
ela mantéñense fieis ás formulacións
orixinais, mentres que o resto das
agrupacións se constitúen na Irmandade
Nazonalista Galega, presidida por Vicente
Risco.
A principal diferenza de criterio viraba sobre
a participación política: o núcleo ourensán
estaba máis a prol do proselitismo e a acción
cultural e o grupo coruñés era partidario da
acción política, ou dito doutro xeito: "unha
liga de intelectuais fronte a un partido de
bases".
Villar Ponte ingresa entón na Irmandade
controlada por Risco e deixa a dirección d'A
Nosa Terra. A Irmandade da Coruña, dirixida
agora por Alfredo Somoza e Ánxel Casal,
seguiu a editar A Nosa Terra durante a
ditadura de Primo de Rivera con non poucos
problemas coa censura. En 1923, convocan
a V Asemblea Nacionalista, que mantén a
liña promulgada en 1918 e elixe a Peña
Novo como primeiro Conselleiro.
Durante a seguinte década, o nacionalismo
ficará dividido en dous sectores: o que
pivota arredor da Irmandade da Coruña e
outra póla controlada por Risco e o grupo
Nós. Se ben non debemos consideralos
compartimentos estancos, as colaboracións
entre uns e outros son moi habituais:
veremos ao grupo Nós colaborar en A Nosa
Terra e aos coruñeses na revista Nós. Alén
diso todos participarán na creación e
mantemento de entidades como o
Seminario de Estudios Galegos.
p.4
1916 2016
PersoasdogrupoexcursionistadaIrmandadeda
FalaenPontedeume(1919)
IrmandadesdaFala
O número de actos e publicacións sobre as
Irmandades proxectadas para 2016 semella
darlle a razón ao viveirense.
p.5
1916 2016
“No decorrer da vida galega hai
un ano, dentro dos que
sucedidos na actual centuria,
cuia lembranza, lonxe de
s’esmorecere, cada vegada se
afirma máis e máis, até o punto de
ire abranguendo paseniño aquel
releve destacado con que as
datas cumias, as datas ergueitas e
de siñificanza singular se fan
presentes de cote no fluir dos
anos e dos pobos. Trátase dun
ano -1916- cuia importancia se
non esvaeo pasar dos días, cal
ocurre pol-o xeral, sinón pol-a
contra, ela se perfia nidiamente a
medida que o tempo pasa,
tornando cada vegada máis
presente e máis rexamente
acreedor â nosa mais crara
lembranza”.
Entre 1929 e 1930 prodúcese unha
reorganización. Villar Ponte abandona as
posicións de Risco e reintégrase na Irmandade
coruñesa e, xunto a Casares Quiroga, constitúe
a ORGA, desde a que asistirá á proclamación da
II República saíndo deputado nas eleccións das
Cortes Constituíntes en 1931.
En 1931 coa creación do Partido Galeguista as
Irmandades da Fala disólvense para integrarse
nel agás a da Coruña, que unicamente
modificou os seus estatutos. Progresivamente
durante a II República parte dos irmandiños que
están na ORGA irán ingresando no Partido
Galeguista polo que consideran unha deriva
estatalista do partido de Casares Quiroga, así
fará o propio Villar Ponte en 1934 saínda elixido
deputado de novo en 1936, mais non
chegando a tomar posesión por morrer en
marzo dunha perforación gástrica.
Despois da guerra o destino dos membros das
Irmandades foi parello ao de moitos outros que
se mantiveron fieis á República ou participaran
en actividades consideradas "subersivas",
"separatistas" ou "prosoviéticas" pola nova
barbarie gobernante: morte, exilio, depuración
ou silencio.
En 1951 no seu discurso de ingreso na Real
Academia Galega o irmán Ramón Villar Ponte
afirmaba:
CarnetdeafiliadodasIrmandades
daFaladoxornalistaXerardoRoque
IrmandadesdaFala
FundacióndoParidoGaleguista
a aventura
xornalística
RealizadapolofotógrafoegravadorPedroFerrer(1880-1939)na
cidadedaCoruña.Gravadodacabeceirad’ANosaTerra,voceiro
dasIrmandadesdaFala
16 de novembro de 1916 sae do prelo
na Coruña a cabeceira A Nosa Terra, “Idearium
da Hirmandade da Fala en Galicia e nas
colonias gallegas d’América e Portugal”. Xa tiña
existido unha cabeceira agrarista con ese nome
na década anterior, bilingüe e dun perfil
marcadamente anticaciquil.
A Nosa Terra pasará por diversas prensas,
cousa que afectará á súa periodicidade,
formato e calidade e contará cunhas tiraxes
variábeis de entre 1000 e 2000 exemplares.
Na súa etapa coruñesa, a redacción e
administración desta publicación estaba no
despacho que tiña no Cantón Grande o
avogado e escritor Xosé Iglesias Roura, que foi
o seu primeiro director. Antón Villar Ponte foi o
seguinte director até a Asemblea das
Irmandades da Fala de Monforte. A partir de
entón Víctor Casas será quen leve o peso real
da dirección, aínda que nominalmente houbera
varios directores.
En 1932, pouco despois da constitución do
partido galeguista, converterase no seu
voceiro oficial e a sé mudará a Pontevedra
sendo os seus directores Alexandre Bóveda,
Aquilino Iglesia Alvariño en 1933 ou Ramón
Suárez Picallo en 1934.
Case todos os intelectuais do primeiro terzo
do século XX colaborarían en maior ou
menor medida con A Nosa Terra: Porteiro
Garea, Xohán Vicente Viqueira, Manuel
Lugrís Freire, Roberto Blanco Torres, Amado
Carballo, Castelao, Correa Calderón,
Filgueira Valverde, Manuel Antonio, Xaime
Quintanilla ou Peña Novo.
O
p.6
1916 2016IrmandadesdaFala
a aventura
editorial
Catálogode«LAR»pubricaciónsgalegaseimprenta
n 1924 e baixo o control da Irmandade
cruñesa, Leandro Carré e Anxel Casal fundan a
editora Lar. O número 1 da colección, A miña
muller, de Wenceslao Fernández Flórez,
marcará unha liña diferente dos intentos
anteriores con estratexias editoriais que están a
funcionar no mercado español por esas datas.
Por prezo, tamaño e tratamento das ilustracións
das portadas (estarán a cargo de Camilo Díaz
Baliño, Cebreiro e Castelao) estaba en
condicións de competir coas coleccións
populares e de entretemento en español traídas
de mercados editoriais máis potentes como
Madrid e Barcelona. Se ben é certo que esa
competición está un tanto trampeada, pois para
poder competir os autores e ilustradores ceden
os seus dereitos ou colaboran
desinteresadamente.
Créase así unha colección de novelas urbanas,
curtas, de baixo prezo, con temas galegos mais
afastados dos tópicos enxebristas co obxectivo
de popularizar, estender e divulgar o interese
pola lingua e a literatura galegas.
Ademais a creación dunha colección
popular e sobre todo periódica animará aos
autores cara unha produción máis
continuada. LAR publicará as obras dos
autores máis importantes do momento e
daqueles que o serán co tempo. Así por
exemplo a primeira obra narrativa de Otero
Pedrayo, Pantelas, un home libre, será o
número 8 da colección.
A modo de contexto e para facérmonos
unha idea da importancia da editora
tomamos os datos que recolle Ernesto
Vázquez Souza en A fouce, o hórreo e o
prelo : Anxel Casal ou o libro galego
moderno: “de aproximadamente 50 libros e
folletos máis ou menos de carácter, autoría
ou temática galega, publicados en España
en 1925, 18 pertencen a LAR. De 47 en
1926, 19 son de LAR”.
E
p.7
1916 2016IrmandadesdaFala
a poesía
RetratosdospoetasAntonioNoriegaVarelaeRamónCabanillas
o principiar o século XX, a literatura
galega vivía un instante especialmente
problemático. Aínda que o número de obras
non deixaba de incrementarse, a calidade dos
textos que se producían era, polo xeral,
manifestamente inferior á lograda polas
grandes figuras do Rexurdimento (Rosalía,
Curros, Pondal...), imitados até o tópico.
Na altura temos unha poesía estancada
esteticamente, chea de tópicos reducionistas
(galego=poesía=ruralismo) coa escusa de
achegarse á mentalidade popular, ofrecendo
unha imaxe ordinaria e deforme do mundo
rural galego.
Neste contexto, o labor dos escritores
vinculados ás Irmandades supón un revulsivo
na poesía galega que abre o camiño para un
segundo rexurdimento.
A procura dunha estética fortemente identitaria
adquire especial relevo na obra dos poetas
desta época. Non por acaso no manifesto da I
Asemblea Nacionalista as Irmandades
reivindicaran a soberanía estética da nazón
galega.
Os autores máis representativos da poesía das
Irmandades foron Antonio Noriega Varela e
Ramón Cabanillas. Alén deles hai que nomear a
autores tan destacados como Gonzalo López
Abente ou Vitoriano Taibo.
O primeiro que marca timidamente o comezo
de novos camiños é Antonio Noriega Varela
(1869-1947). Podemos consideralo o máis
destacado representante dunha xeración de
transición: por unha parte acepta os temas
populares, o costumismo e o sentido cívico
dos predecesores, pero por outra podemos
ver nel certos influxos do modernismo e da
literatura portuguesa. En Do ermo vemos un
galego con menos hiperenxebrismos, unha
vontade de estilo dun galego máis culto.
Pero o poeta máis destacado da época das
Irmandades é Ramón Cabanillas
(1876-1959): O Poeta da Raza.
Recolle a inquedanza de Rosalía, o celtismo
de Pondal e a protesta de Curros (toda a
nosa tradición) introducindo elementos
renovadores modernistas. É autor dunha
vasta obra na que destaca No Desterro
(1913), Vento Mareiro (1915), Da Terra
Asoballada (1917).
O muxián Gonzalo López Abente publicou,
entre outras, as seguintes obras: Escumas da
ribeira (1911), Alento de raza (1918),
Nemancos (1929) e Centileos nas ondas
(1958). A súa novela O deputado por
Veiramar (1919) inaugurou a Bibrioteca
Galeguista das Irmandades.
A
p.8
1916 2016IrmandadesdaFala
o teatro
Fotografíadarepresentaciónde"¡¡Filla...!!,deGaloSalinas
o inicio do século viña de crearse na
Coruña a Escola Rexional de Declamación con
Galo Salinas e Lugrís Freire de referentes.
A Escola foi a primeira compañía teatral
dedicada á realización de espectáculos en
galego e constituíu a primeira iniciativa de
formación teatral que se emprendeu en Galicia.
Foi pioneiro no desenvolvemento do teatro
rexionalista e na creación dun movemento
teatral galego. Destacan A ponte (1903), de
Lugrís Freire, que supuxo unha ruptura coa
produción anterior polo emprego dun galego
contemporáneo e o uso da prosa no canto do
verso ou ¡Filla! (1892) e Lenda de horrore
(1894) de Galo Salinas.
As Irmandades crearán e animarán á creación
de coros e agrupacións folclóricas en distintos
puntos de Galicia para a representación desas
pequenas pezas teatrais, sen complicacións
escénicas, que incluían tipos populares ou
reivindicacións rexionalistas ou as dúas
conxuntamente. É o momento no que nacen
“Toxos e froles”, “Cántigas e aturuxos”,
“Agarimos da Terra” ou “Brisas do masma”
A actividade teatral destes coros e agrupacións
folclóricas foron un bo caldo de cultivo para
que a superación do teatro rexionalista e así, en
1919, se funda o Conservatorio Nacional do
Arte Galego, que escolle non inocentemente a
obra de Cabanillas A man de Santiña.
As Irmandades e o grupo Nós elevaron o
teatro galego ás cotas máis altas coñecidas
até entón. Achegaron o xénero dramático a
movementos modernistas como o
simbolismo e o expresionismo partindo de
elementos propios como o celtismo, o
atlantismo e os modelos culturais de
Portugal e Irlanda.
A man da santiña inicia un novo teatro
liberado dos tópicos anteriores: os caciques,
as meigas e o enxebrismo son substituídos
por un cadro no que a lingua galega é posta
por primeira vez en boca das clases altas e
rodeada de cultura e distinción.
Serán Ramón Cabanillas e Antón Villar Ponte
os que dean un paso máis n’O Mariscal, obra
en verso de inspiración modernista que
propaga o ideario das Irmandades da Fala a
través da figura do mariscal Pardo de Cela.
Sobre esa obra farán o libreto que,
mantendo o título e musicado por Eduardo
Rodríguez-Losada Rebellón, se converterá
na primeira ópera en galego.
Xaime Quintanilla é autor de Alén (1921),
escrita para demostrar a universalidade da
lingua galega: o escenario físico é Nova
York; o ambiente: unha sesión de
espiritismo, e a acción decorre no interior
dos personaxes.
C
p.9
1916 2016IrmandadesdaFala
Pola súa banda Armando Cotarelo Valledor
intenta crear un teatro culto e moderno, que
supere definitivamente o costumismo e o
ruralismo que aínda impregna a maioría das
obras aínda mantendo os ambientes labregos,
mariñeiros ou fidalgos. Destacan Hostia (1926)
e Trebón (1922)
Leandro Carré Alvarellos, pola súa banda, está
a defender un teatro máis urbano e refinado e
con pezas máis longas e elaboradas escribindo
máis de 50 pezas entre as que destaca
Rexurdimento (1918).
A fiestra valdeira (1927), de Rafael Dieste é o
máximo expoñente da comedia vangardista
da época.
Vicente Risco é autor dunha soa obra teatral
O bufón de El-Rei (1928), mentres que Otero
Pedrayo neste primeiro terzo de século
escribiu dúas obras: A lagarada (1929), e
Teatro de máscaras.
p.10
1916 2016
Castelaoeascarautaspara"Osvellosnondebennamorarse"
IrmandadesdaFala
principais
persoeiros
Licenciado en farmacia, profesión que
exercería durante pouco tempo en Foz
dedicouse principalmente ao xornalismo.
De orixe acomodada estudou en Lugo e
Compostela. En 1906 marcha a Madrid onde
colabora co diario republicano El País. Emigra a
Cuba en 1908 onde colabora cos medios e o
teciso asociativo dos emigrantes galegos.
Á súa volta estabelecese na Coruña onde alén
de ser redactor de La Voz de Galicia preside a
Asociación de Prensa coruñesa e colabora en
case todos os medios galegos da altura: El
Noroeste, Galicia, El Heraldo gallego... sendo
tamén bibliotecario do circo de artesáns.
Director d’A Nosa Terra, foi membro do
Seminario de Estudos Galegos e numerario da
Real Academia Galega. No eido político,
republicano e nacionalista convencido foi un
dos fundadores en 1929 da ORGA até que en
1934 se incorpora ao Partido galeguista
descontento coa deriva centralista do seu
antigo partido.
Máis alá da súa inxente obra xornalística foi un
dramaturgo de sona destacando entre a súa
obra:
p.11
1916 2016
Antón Villar Ponte
(Viveiro 1886 – A Coruña 1936)
Da emigración: Almas mortas: novela
dialogada cómico tráxica en tres estancias
O Mariscal (1926). Canda a Ramón
Cabanillas, con debuxos de Álvaro Cebreiro.
Os evanxeos da risa absoluta: anunciación
do antiquixote. Folk-drama da sinxeleza
campesina. Ilustracións de Castelao.
IrmandadesdaFala
Era fillo do editor Uxío Carré Aldao, en cuxa
libraría se celebraba a tertulia chamada Cova
Céltica.
Participou na creación da Escola Dramática
Galega, agrupación dirixida por el propio en
que desenvolveu tarefas de encenador,
escenógrafo e formador de intérpretes.
En 1924 funda na Coruña xunto a Anxel Casal
a Editorial LAR (que tamén dirixiría), plataforma
que publicou durante catro anos a colección
do mesmo nome. Entre os títulos editados
(ademais das novelas asinadas por el propio)
figuran obras de Otero, Risco, Lesta Meis,
Cabanillas, Vilar Ponte e Cotarelo.
Durante a ditadura franquista, Carré (que
ingresou na Real Academia Galega en 1945)
dirixiu a sección galega de "Artes e Letras" da
revista bracarense 4 Ventos, levou a cabo un
labor de recollida de literatura popular,
publicou ensaios sobre a nosa literatura e
colaborou frecuentemente nos xornais
coruñeses, no empeño de que non se
esquecese o realizado no campo teatral
durante aqueles anos das Irmandades.
Autor moi prolífico e gran dramaturgo na súa
obra destacan tamén unha gramática e un
dicionario galego/castelán e castelán(galego.
Obras destacadas:
p.12
1916 2016
Leandro Carré Alvarellos
(A Coruña 1888 – 1976)
Tolerías, 1917.
Noite de ruada, 1918.
Rexurdimento, 1918.
Compendio de gramática galega, 1919.
Diccionario galego-castelán I, 1928.
Diccionario galego-castelán II, 1931.
IrmandadesdaFala
Foi un dos grandes referentes do galeguismo e
da cultura en Galicia do primeiro terzo do
século XX. Foi director ou fundador, entre
outras moitas, da Escola Rexional de
Declamación, da Real Academia Galega, das
Irmandades da Fala ou do Partido Galeguista.
Con vinte anos emigrou a Cuba. Na Habana foi
elixido membro da xunta directiva do Centro
Galego e fundou e dirixiu o primeiro xornal
americano redixido totalmente en galego: A
gaita gallega (1885-1889). Alí publicou o seu
primeiro poemario (Soidades, 1894),
prologado por Curros Enríquez. De volta a
Galicia en 1896, instalouse na Coruña e
proseguiu o cultivo da literatura.
Lugrís tomou parte en todas as actividades
galeguistas da altura. Así, foi o primeiro en
utilizar nun mitin a lingua galega e figurou
entre os patrocinadores da Escola Rexional de
Declamación (1903), da que sería presidente.
Desde este momento, a maior preocupación de
Lugrís foi a de fornecer de textos á nova
entidade, todos eles cunha forte carga
reivindicativa e rompedores co costumismo
imperante. Tras a presentación da Escola
cunha peza de Salinas, a totalidade dos
espectáculos realizados polo cadro contaron
con títulos da súa autoría: A Ponte (1903),
Minia (1904) e Mareiras (1904).
A Real Academia nomeouno presidente en
1934, posto ao que renunciaría un ano máis
tarde por problemas de saúde. Nesa década,
colaborou, así mesmo, na redacción do
anteproxecto do Estatuto de Autonomía.
Obra:
p.13
1916 2016
Manuel Lugrís Freire
(Sada 1863 – A Coruña 1940)
A ponte: drama en dous actos en prosa,
1903
O pazo: comedia en dous actos, en prosa,
1916
Estadeíña: comedia en duas xornadas en
prosa, 1919
Versos de loita, 1919
Gramática do idioma galego, 1922 e 1931
IrmandadesdaFala
Licenciado en Dereito pola Universidade de
Santiago de Compostela, doutorouse en
Madrid en 1914 coa tese El sistema
parlamentario en España y sus relaciones con
el caciquismo. Foi catedrático na USC,
concelleiro agrarista e presidente das
Irmandades da Fala desta cidade.
Foi un dos creadores do nacionalismo na súa
vertente política, pois apostou por superar as
reivindicacións puramente lingüísticas e
culturais e avanzar cara a creación dunha
organización política. Tamén foi un acérrimo
defensor da lingua galega, sen esquecer a
europeización da cultura e rexeitou o
separatismo. Considerou a Galicia e a España
como dous entes diferenciados pero cunha
estreita interrelación.
Os seus escritos atenderon a un dobre núcleo
temático: definiu a España cono unha
organización defectuosa que se fundou na
oligarquía e o caciquismo e responsabilizou
aos galegos e aos factores endóxenos de
Galicia dos seus propios problemas. Defendeu
o establecemento dunha república
presidencialista e progresista.
Obra:
p.14
1916 2016
Luís Porteiro Garea
(Lugo 1889 – Frades 1918)
A los gallegos emigrados, 1918.
Discurso ô fundarse a Hirmandá de
Santiago, 1918.
IrmandadesdaFala
IrmandadesdaFala
Estudou na escola de comercio da Coruña. En
1919 comenzou a colaborar en A Nosa Terra
facendo caricaturas. Traballou en El Pueblo
Gallego, Faro de Vigo, Vida Gallega, El Ideal
Gallego e Galicia Emigrante, e deseñou a
cabeceira de Mar y Tierra.
Colaborador d’A Nosa Terra en 1922, xunto co
poeta Manuel Antonio escribiu o manifesto
Máis alá, relativo á vangarda artística e literaria
galega.
Gran caricaturista, deseñou e ilustrou canda a
Camilo Gracía Baliño e Castelao case que toda
a produción gráfica do galeguismo do primeiro
terzo do século XX.
En 1926 fixo debuxos para a edición da obra
de teatro O Mariscal, de Ramón Cabanillas e
Antón Vilar Ponte.
Por causa da Guerra Civil deixou de publicar
ata 1945. Ingresou en 1953 na Real Academia
Galega de Belas Artes "Nosa Señora do
Rosario".
p.15
1916 2016
Álvaro Cebreiro
(A Coruña 1903 – 1956)
De orixe labrega, estudou no Seminario de
Mondoñedo e despois cursou a carreira de
Dereito na USC, traballando de profesor auxiliar
de Luís Porteiro.
En 1916, ano da fundación da primeira
Irmandade da Fala, incorpórase á de
Compostela e participa na fundación da de
Vilalba.
En 1918 é redactor do Programa das
Irmandades da Fala aprobado na I Asemblea
Nacionalista celebrada en Lugo.
Lois Peña Novo foi o primeiro concelleiro
electo nunha candidatura nacionalista en
Galicia, resultando elixido no Concello da
Coruña nos comicios do 8 de febreiro de 1920.
En 1921 publica o libro La Mancomunidad
Gallega, que será a referencia dos galeguistas á
hora de concretar as medidas para o
autogoberno propostos desde as Irmandades.
Lois Peña Novo foi, con varios libros e centos
de artigospublicados en El Pueblo Gallego,
Galicia, A Nosa Terra, ou Nós, un dos principais
estudiosos da realidade socioeconómica
galega do primeiro terzo do século XX e das
tentativas da súa resolución.
Obra:
p.16
1916 2016
Lois Peña Novo
(Vilalba 1893 – Outeiro de Rei
1967)
La mancomunidad gallega, 1921
IrmandadesdaFala
a exposición
IrmandadesdaFala 20161916
o gallo do centenario das Irmandades da Fala, celébrase esta exposición "Centenario das
Irmandades da Fala. A fouce renovadora da lingua" serve como homenaxe a un grupo de
persoas que loitaron pola lingua e acultura galegas. Esta mostra pode ser visitada na entrada da
Biblioteca.
C
p.17
IrmandadesdaFala 20161916
p.18
Poesía
Folerpas : poesías gallegas / Eladio Rodríguez González. La Coruña : Andrés Martínez, 1894.
M/828
Os Calaicos / Florencio Vaamonde. Habana : Imp. Papelera “La Universal”, 1894. M/67
Almas de muller - ¡volallas n’a luz! / Francisca Herrera Garrido. La Coruña : Roel, 1915. M/847
Volvoretas / Alberto García Ferreiro. Orense : Tipografía de Antonio Otero, 1887. BM/3624
No desterró / Ramón Cabanillas. A Cruña : Biblioteca lírica Lar, 1926. BM/279
Versos de loita / Manuel Lugrís Freire. A Cruña : Tip. El Noroeste, 1919. (Terra a nosa.
Biblioteca Popular Galega ; 13). BM/1480
D’outono / Gonzalo López-Abente ; dibuxos de Cebreiro. Galicia : Ronsel, 1924. M/308
O vento segrel / Augusto María Casas. Santiago : Nós, 1932. M/386
De catro a catro : follas sin data d’un diario d’abordo / Manuel Antonio. A Cruña : Nós, 1928.
M/71
Proel / Luís Amado Carballo. Pontevedra : Alborada, 1927. M/328
O galo / Luís Amado Carballo. A Cruña : Nós, 1928. M/389
Vento mareiro / Ramón Cabanillas. Madrid : Galatea, 1921. M/900
Nao senlleira / Fermín Bouza Brey. Santiago de Galicia : Nós, 1933. M/902
Orballo da media noite / Roberto Blanco Torres. A Cruña : Nós, 1929. LS/8
Cantigas e verbas ao ar / Xulio Sigüenza. A Cruña : Nós, 1928. M/57
Teatro
A torres de Peito Burdelo : drama histórico n’un acto y-en verso / por Galo Salinas e
Rodríguez. A Cruña : Imprenta de V. Abad, 1891. M/126
A Ponte : drama en dous actos en prosa : dividido en tres cuadros ; orixinal / de M. Lugrís
Freire. -- La Coruña : Tipografía la Constancia, 1903. M/852
A tola de Sobrán : comedia galega n’un acto / Farruco Porto Rey. A Coruña : Nós, 1927.
LS/380
¡Vaites… Vaites! : pasatempo cómico n’un acto y-en prosa galega / Ricardo Frade Giráldez.
Santiago : La Comercial, 1925. M/100
O corazón d’un pedáneo : comedia nun acto / orixinal de Leandro Carré Alvarellos. A Cruña :
Lar, 192-? M/118
A venganza : cuadro tráxico nun acto / orixinal de Leandro Carré Alvarellos. A Cruña :
Tipografía Galega, 1922. M/122
Os evanxeos da risa absoluta : anunciación do antiquixote : folk-drama da sinxeleza
campesina… / Antón Vilar Ponte ; ilustracións de Castelao. Santiago : Nós, 1934. LS/21
A man da santiña : farsa en dous pasos / de R. Cabanillas. Mondariz : Imprenta do Balneario,
1920. M/146
A fiestra valdeira : comedia de remate ledo en tres lances, o derradeiro cun respiro /
maxinouna Rafael Dieste. Santiago de Compostela : El Eco de Santiago, 1927. M/110
Cantos e a la lás : de distintos puntos de Galicia / Cantigas e Aturuxos, Coro Regional de
Lugo. Lugo : [s.n.], 19-? BM/2030
Hacia el ballet gallego : ensayo / Jesús Bal y Gay. Galicia : Ronsel, 1924. M/309
O mariscal : lenda tráxica / Ramón Cabanillas e Antón Villar Ponte. A Cruña : Lar, 1926. LS/157
O mariscal [Música manuscrita] / Eduardo Rodríguez-Losada. [ca. 1929]. RL-2/1(1-5)
IrmandadesdaFala 20161916
p.19
Soberaníaestética
Alén : comedia dramática n’un acto e tres cadros, en prosa, original / Jaime Quintanilla. Ferrol : Céltiga,
1921. M/111
Sinxebra : comedia bilingüe en dos actos / Armando Cotarelo Valledor. Santiago de Compostela :
Tipografía El Eco de Santiago, 1923. M/112
NÓS : boletín mensual da cultura galega. Ourense : Sociedade Galega de Pubricacións Nós, 1920-1935.
Conceición singela do ceo / Evaristo Correa Calderón. Compostela : Libredón, 1925. BM/264
Conto de guerra / Camilo Díaz Baliño. A Cruña : Nós, 1928. M/194
El arte racial de Suárez Couto / Evaristo Correa Calderón. Galicia : Ronsel, 1925. BM/41
A tentación : ensaio de poema representabre en duas xeiras / Euxenio Carré Alvarello. A Cruña : Roel,
1921. M/147
Estatuto de Galicia : anteproyecto formado por la Comisión nombrada en la Asamblea Gallega que se
celebró en Santiago de Compostela el día 3 de julio de 1932. Santiago : El Eco, 1932. FGA/135
Luar : contos galaicos / Evaristo Correa Calderón. Ferrol : Céltiga, 192-? M/567
Cousas / Castelao. A Cruña : Lar, 1926. M/939
A rosa de cen follas : breviario de un amor / Ramón Cabanillas. Mondariz : Imprenta do Balneario, 1927.
M/899
Os nenos / Xosé Filgueira Valverde ; con ornamentacións de Luis Pintos Fonseca. A Cruña : Lar, 1925.
M/133
Almas mortas : novela dialogada cómico tráxica, en tres estancias. / Antón Villar Ponte. Ferrol : Céltiga,
1922. M/559
Da vella roseira : cantigas orixinais / Victoriano Taibo. Santiago de Compostela : Victoriano Taibo, 1925.
BM/1674
Aaventuraeditorial
O diputado por Veiramar : novela curto / Gonzalo López Abente. La Coruña : Imp. Nova, 1919.
LS/309
A Santa Compaña : traballo inédito feito adrede para Céltiga / Roberto Nóvoa Santos ;
traduzón de Xaime Quintanilla ; portada e diseños de Bello Piñeiro. Ferrol : Céltiga, 192-?
M/566
Alevamento / Luis G. Vicencio. A Cruña : Lar, 1928. BM/290
Amor sinxelo / Luis Fernández Gómez. A Cruña : El Noroeste, 1919. FGA/FOL/1/21
Saudade / Jaime Quintanilla. Ferrol : Céltiga, 1922. M/558
As Églogas do Virxilio / Publio Virgilio Marón ; traducidas a língoa galega por A. Gómez Ledo.
A Cruña : Nós, 1930. M/216
Para vivir ben de casados : pasatempo nun acto / orixinal de Leandro Carré Alvarellos. A
Cruña : Lar, 192-? M/117
Sulco e vento / Álvaro de las Casas. Ourense : Alauda, 1931. M/34
Devalar : novela / Ramón Otero Pedrayo. Santiago : Nós, 1935. M/396
A miña muller / Wenceslao Fernández Flórez. A Cruña : Lar, 1924. BM/573
Nós : boletín mensual da cultura galega. Ourense : Sociedade Galega de Pubricacións Nós,
1920-1935.
Mar ao norde / Álvaro Cunqueiro. Santiago de Galicia : Nós, 1932. M/388
Rechouchío / Álvaro de las Casas. Santiago de Compostela : Nós, 1936. M/115
IrmandadesdaFala 20161916
p.20
Acciónpolítica
Discurso do Dr. Porteiro ao fundarse a Hirmandá en Santiago : (28 mayo 1916). -- Santiago :
Tipografía Galaica, [1916?]. M/63
Víctor Said Armesto : traballo leído na noite do 3 de agosto de 1917, con motivo do homenaxe
consagrado pol-a “Irmandade da fala” […] ; e un colofón de Carré Aldao. La Coruña : Imprenta
Obreira, 1918. BM/1051
O municipio galego : conferencia lida na “Irmandade da Fala” da Cruña / Antonio Valcárcel. A
Cruña : Roel, 1917. FGA/127
Conto de guerra / Camilo Díaz Baliño. A Cruña : Nós, 1928. M/194
A los gallegos emigrados / Luís Porteiro Garea. La Coruña : La Papelera gallega, 1918.
(Propaganda das Irmandades da Fala). M/130
A xeración do 16 / Ramón Villar Ponte : e resposta de Ramón Cabanillas Enríquez. A Cruña :
Publicacións da Real Academia Galega, 1977. GAL/11235
Vocabulario castellano gallego de las Irmandades da Fala. La Coruña : Moret, 1933. BM/2331
A NOSA Terra : idearium da Irmandade da Fala en Galicia e nas colonias galegas de América e
Portugal. Edición facsimilar recomendada pola Real Academia Galega.
Método de lectura / Josefa Iglesias Vilarelle. Pontevedra : Seminario de Estudos Galegos,
1932. (Publicaciones escolares). M/198
Regionalismo, nacionalismo, separatismo / Juan Jesús González. Santiago : Nós, 193-?
BM/1713
Ensayos y poesías / Xoán Vicente Viqueira. La Coruña : Nós, 1930. M/875
Estado actual de la cultura gallega / Eduardo Blanco Amor, Ramón Suárez Picallo. 191-?.
(Propaganda galeguista). FGA/FOL/1/22
Algunhas normas para a unificación do idioma galego / Seminario de Estudos Galegos.
Santiago : Nós, 192-? M/281
Berro en lembranza dos herois de Carral / Xosé María Álvarez Blázquez. Pontevedra : Imp. De E.
Paredes Valdés, 1934. M/83
Boicentril : o druidismo e o celtismo gallego : a epopeya irlandesa / Francisco Tettamancy. A
Cruña : Imprenta y fotograbado de Ferrer, 1912. M/188
Abrente / Victoriano Taibo. Cibdá de Compostela : El Eco de Santiago, 1922. M/842
Dous folk-dramas / de W.B. Yeats ; vertidos a lingua direitamente do inglés por Plácido R.
Castro e os irmáns Vilar Ponte, con licencia do autor. Santiago de Compostela : Nós, 1935.
M/336
Abrente / Victoriano Taibo. Cibdá de Compostela : El Eco de Santiago, 1922. BM/227
A Nosa Terra : idearium da Irmandade da Fala en Galicia e nas colonias galegas de América e
Portugal. Reproducción facsimilar.
Da terra asoballada / Ramón Cabanillas. Arousa : [s.n.], 1917. EL/175
Célticos : cuentos y leyendas de Galicia / José Ojea ; con un prólogo de Manuel Murguía.
Orense : Imp. De Antonio Otero, 1883. LS/51
La civilización céltica en Galicia / Florentino López Cuevillas. Santiago de Compostela : Porto,
1953. LS/101
Nós : boletín mensual da cultura galega. Ourense : Sociedade Galega de Pubricacións Nós,
1920-1935.
ComoenIrlanda
selección
IrmandadesdaFala 20161916
p.21
AmadoCarballo,Luís
Obra completa. Vigo : Galaxia, 1995. 206 p. ; 19 cm. (Biblioteca da cultura
galega ; 36). GAL/6393
Os probes de Deus. Vigo : Promocións culturais galegas, 2002. (Foirta do
tempo ; 5). GAL/10227
Obra poética completa / Luis Amado Carballo ; edición de Luis Alonso Girgado.
– Vigo : Xerais de Galicia, D.L. 2001. GAL/9235
Beramendi,JustoG.
Obra política de Ramón Villar Ponte. Sada : Ediciós do Castro, 1991. 163 p., 20
h. de lám ; 22 cm. Contén : Doctrina nazonalista ; O sentimento nazonalista e
internazonalismo ; Historia sintética de Galicia. GAL/3297
CabanillasEnríquez,Ramón
Poesía galega completa / Ramón Cabanillas ; edición de Xosé María Dobarro e
Xosé Ramón Pena. Vigo : Xerais de Galicia, 2009. 1031 p. ; 22 cm. (Xerais ; 9.
Clásicos). GAL/16149
Obra dramática / Ramón Cabanillas ; edición de Carlos L. Bernárdez e Manuel
F. Vieites. Vigo : Xerais, 1996. 250 p. ; 19 cm. (Biblioteca das Letras Galegas ;
41). GAL/5868
No desterro / Ramón Cabanillas ; edición de Carlos L. Bernárdez. – Vigo :
Xerais, 2009. 196 p. ; 19 cm. – (Biblioteca das Letras Galegas ; 66). GAL/6318
O Mariscal ; lenda tráxica en verso / Ramón Cabanilllas, Antón Villar Ponte ;
introducción de Patricia Carballal Miñán. – A Coruña : Fundación Mondariz
Balneario, 2010. GAL/16525
Samos / Ramón Cabanillas ; edición de Carlos L. Bernárdez. – Vigo : Xerais,
2009. 127 p. : il. ; 19 cm. GAL/6307
Material prestábel
CarréAlvarellos,Leandro
Las leyendas tradicionales gallegas. 2ª ed. Madrid : Espasa Calpe, 1978. 303 p.
; 18 cm. (Austral ; 1609). GAL/7883
Obra inédita e esquecida : teatro , contos, ensaios e lendas, 1915-1972 /
Leandro Carré Alvarellos ; introducción, escolma e notas, Xosé Manuel Maceira
Fernández. – Santiago de Compostela : Alvarellos, 2006. 269 p. ; 21 cm.
(Rescate). GAL/13153
Nos picoutos de Antoín. -- 2ª ed. – Sada : Ediciós do Castro, 1975. 105 p. ; 20
cm. GAL/557
IrmandadesdaFala 20161916
p.22
Casas,Víctor
Escritos políticos / Víctor Casas ; estudio introdutorio e selección, Alberto
Romasanta. – Vigo : A Nosa Terra, 1996. 179 p. ; 21 cm. GAL/5979
Cebreiro,Álvaro
Cebreiro : escolma / edición de Clodio González Pérez. Sada : Ediciós do
Castro, 1986. 186 p. ; 17 cm. GAL/1378
LugrísFreire,Manuel
Antoloxía / Manuel Lugrís Freire ; edición de Xabier Campos Villar. Vigo
Galaxia, 2006. GAL/12374
MaceiraFernández,XoséManuel
O nacionalismo cívico : interpretación do contributo da Irmandade da Fala da
Coruña. Bertamiráns (A Coruña) : Laiovento, 2007. 173 p. ; 21 cm. GAL/148682
Nós
NÓS. – Oleiros : Edivar, 1989. 4v. : il. ; 29 cm. Contén: t.1. Céltiga 1-12 – t.2
Céltiga 13 ; LAR I, 1-16 – t.3 Lar I, 17-32 – t. 4. LAR II, 33-40 ; Biblioteca
galeguista : O diputado por Veiramar / Gonzalo López Abente. Mariña Andrade
/ Xavier Pardo. Conceición singel d’o ceo / Evaristo Correa Calderón. Contos e
diálogos / Leandro Carré Alvarellos. Alén / Jaime Quintanilla. Estado actual de
la cultura gallega / Eduardo Blanco Amor. GAL/35/1-4
PeñaNovo,Lois
La Mancomunidad gallega / Lois Peña Novo ; introducción, Justo Beramendi.
Cesuras : Carmela González Boo, 2005. 149 p. ; 23 cm. GAL/12126
Obra completa / Lois Peña Novo ; edición ao coidado de Justo Beramendi e
Manoel Roca Cendán. Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e
Intercambio Científico, 1995. GAL/9477/1-2
VillarPonte,Antón
O sentimento liberal na Galiza / discurso lido o día 24 de xullo de 1934, no acto
da súa recepción pública por Antonio Villar Ponte e resposta de Ramón Otero
Pedrayo. – A Coruña : Real Academia Gallega, 1977. 50 p. ; 25 cm. GAL/1867
IrmandadesdaFala 20161916
p.23
VillarPonte,Ramón
Nicomedes Pastor Díaz ; unha existencia exemplar. A Coruña : Fundación
Caixagalicia, 2006. GAL/12655.
A xeración do 16 / discurso lido o día 16 de xuño do 1951 na súa recepción na
Real Academia Galega por Ramón Villar Ponte ; e resposta de Ramón
Cabanillos Enríquez. A Cruña : Publicacións da Real Academia Galega, 1977.
58 p. ; 25 cm. GAL/11235; GAL/11242
Vaqueira,VicenteXoán
Da Galicia de mañá / Xohán Vicente Viqueira. Vigo : Galaxia, 1974. 40 p. ; 17
cm. GAL/1215.
Ensaios. Santiago de Compostela : El Correo Gallego, 1992. 93 p. ; 21 cm.
GAL/3618.
A reforma da educación, (1906-1936) : X.V. Viqueira e a historia da
psicopedagoxía en Galicia / Antón Consta Rico. Sada : Ediciós do Castro, 1996.
256 p. ; 21 cm. GAL/6296.
AmadoCarballo,Luís
Material de consulta en sala
O galo. A Cruña : Nós, 1928. 111 p. ; 18 cm. M/389; LS/132
Proel. Pontevedra : Alborada, 1927. 40 p. ; 23 cm. M/328; BM/1168
ANosaTerra
A NOSA TERRA : idearium da Irmandade da Fala en Galicia e nas colonias
galegas de América e Portugal. – Reprodución facsimilar. -- t. 1, nº. 1
(nov.1916); t. 9, nº 422 (17 jul. 1936); vol. 10, nº 426 ( 25 jul. 1942 ); vol. 12, nº
513 (en. 1970). -- A Coruña : Edman. 12 Vol. : il. ; 34 cm. – (Prensa. Galeguismo).
247-2
CabanillasEnríquez,Ramón
Da terra asoballada / Arousa : Galicia Nueva, 1917. EL/175
A man da santiña : farsada en dous pasos. – Mondariz : Imprenta do Balneario,
1920. M/146
IrmandadesdaFala 20161916
p.24
CarréAlvarellos,Leandro
Amor malfadado : novela señoriteira. -- A Cruña : Tip. P. Galega, [1918?]. 24 p. ;
16 cm. M/628
O Corazón d’un pedáneo : comedia nun acto. -- A Cruña : Lar, [192-?]. 52 p. ; 17
cm. -- (Biblioteca teatral Lar). M/118
Diccionario galego-castelán e vocabulario castelán-galego . – 2ª ed. -- A Cruña :
Imp. e Papalería Zincke Hermanos, 1933. 587 p. ; 18 cm. M/838; BM/2802
Gramática gallega. La Coruña : Moret, 1967. 206 p. ; 22 cm. BM/2758.
El idioma gallego en la edad media : discurso leído en … su recepción en la
Real Academia Gallega el día 3 de marzo de 1945 / por Leandro Carré ; y su
respuesta de José Filgueira Valverde. Vigo : Artes Gráficas Galicia, 1973, 48 p. ;
24 cm. FOL/5-25.
Língua e literatura da Galiza : conferencia pronunciada no Ateneu Comercial
de Braga, no día 14 de maio de 1955. [S.l.] : Quatro Ventos, 1955. 27 p. ; 23 cm.
LS/181.
O Pecado alleo : drama en tres actos / orixinal de Leandro Carré Alvarellos. – La
Coruña : Imp. Zincke Hermanos, 1923. 46 p. ; 21 cm. M/123
Rexurdimento : drama n-un acto e dous cuadros / orixinal de Leandro Carré
Alvarellos. – A Cruña : Tip. de El Noroeste, 1921. 25 p. ; 21 cm. (Teatro galego).
M/121
AmadoCarballo,Luís
Dibuxos de Cebreiro. La Coruña : El Ideal Gallego, 1958. 110 p. ; 25 cm. LS/191
Nós
NÓS : boletín mensual da cultura galega. – [Año 1, n. 1 (oct. 1920) – n. 144
(nadal 1935)]. – Ourense : Sociedade Galega de Pubricacións Nós, 1920-1935].
881
VillarPonte,Antón
Almas mortas : novela dialogada cómico tráxica, en tres estancias. Ferrol :
Céltiga, 1922. 96 p. ; 17 cm. – (Céltiga ; 3). M/559
Os evanxeos da risa absoluta : anunciación do antiquixote : folk-drama da
sinxeleza campesina… Antón Vilar Ponte ; ilustracións de Castelao. – Santiago :
Nós, 1934. BM/270
Nuestra afirmación regional / Antonio Villar Ponte. – La Coruña : Imprenta de La
Voz de Galicia, 1916. 95 p. ; 17 cm. FGA/415
Pensamento e sementeira / Antón Villar Ponte. -- Buenos Aires : Ediciones
Galicia del Centro Gallego, 19-? 413 p. ; 23 cm. BM/2701
Xornalista dunha patria / Antón Villar Ponte. Vigo ; Librodouro, 1977. 75 p. : il. ;
18 cm. BM/1591
Teatro galego : tríptico. A Cruña : Nós, 1928. 202 p. ; 18 cm. Contén: Do
caciquismo : a patria do labrego ; Da emigración : almas mortas ; Da
superstición : entre dous abismos. LS/449
IrmandadesdaFala 20161916
p.25
VillarPonte,Ramón
Días, hechos y hombres de la Real Academia Gallega. La Coruña : Roel, 1953.
47 p. ; 25 cm. M/276; BM/1961; GAL/2257
Historia sintética de Galicia. 2ª ed. – Santiago de Galicia : Nós, 1932. 305 p. ; 18
cm. M/931; BM/2321
VázquezSouza,Ernesto
A fouce, o hórreo e o prelo : Ánxel Casal ou o libro galego moderno. Sada :
Ediciós do Castro, 2003. 703 p. ; 21 cm. FGA/353
Viqueira,XoánVicente
Ensayos y poesías / J. V. Viqueira. – La Coruña : Nós, 1930. M/875; LS/450;
BM/2832
Introducción a la psicología pedagógica / J. M. Viqueira. – Madrid : Francisco
Beltrán, 1919. 3P/680

More Related Content

What's hot

Tres xeracións de poesía galega
Tres xeracións de poesía galegaTres xeracións de poesía galega
Tres xeracións de poesía galegatrafegandoronseis
 
A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNGA narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNGtrafegandoronseis
 
Inicios do século XX
Inicios do século XXInicios do século XX
Inicios do século XXxenevra
 
Os Séculos Escuros e a Ilustración
Os Séculos Escuros e a IlustraciónOs Séculos Escuros e a Ilustración
Os Séculos Escuros e a Ilustraciónnoagaliza
 
A poesía galega durante a ditadura
A poesía galega durante a ditaduraA poesía galega durante a ditadura
A poesía galega durante a ditaduratrafegandoronseis
 
Historia literatura
Historia literaturaHistoria literatura
Historia literaturamelixanro
 
Tema5 lite20
Tema5 lite20Tema5 lite20
Tema5 lite20xenevra
 
Rexurdimento
RexurdimentoRexurdimento
Rexurdimentoxenevra
 
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioLingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioRomán Landín
 
Literatura do exilio.
Literatura do exilio.Literatura do exilio.
Literatura do exilio.xenevra
 
Narrativa de posguerra
Narrativa de posguerraNarrativa de posguerra
Narrativa de posguerraXesús Amboaxe
 
Ppw Rexurdimento
Ppw RexurdimentoPpw Rexurdimento
Ppw Rexurdimentoguest7b8f3b
 
A prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzoA prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzoxoanseca
 
Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)Román Landín
 

What's hot (20)

Tres xeracións de poesía galega
Tres xeracións de poesía galegaTres xeracións de poesía galega
Tres xeracións de poesía galega
 
A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNGA narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
 
Inicios do século XX
Inicios do século XXInicios do século XX
Inicios do século XX
 
Os Séculos Escuros e a Ilustración
Os Séculos Escuros e a IlustraciónOs Séculos Escuros e a Ilustración
Os Séculos Escuros e a Ilustración
 
3. a prosa do 1º terzo do séc. xx
3. a prosa do 1º terzo do séc. xx3. a prosa do 1º terzo do séc. xx
3. a prosa do 1º terzo do séc. xx
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
A poesía galega durante a ditadura
A poesía galega durante a ditaduraA poesía galega durante a ditadura
A poesía galega durante a ditadura
 
Historia literatura
Historia literaturaHistoria literatura
Historia literatura
 
Tema5 lite20
Tema5 lite20Tema5 lite20
Tema5 lite20
 
Rexurdimento
RexurdimentoRexurdimento
Rexurdimento
 
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioLingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
 
Prosa a partir de 1975
Prosa a partir de 1975Prosa a partir de 1975
Prosa a partir de 1975
 
Rexurdimento
RexurdimentoRexurdimento
Rexurdimento
 
Vangardas 1
Vangardas 1Vangardas 1
Vangardas 1
 
Literatura do exilio.
Literatura do exilio.Literatura do exilio.
Literatura do exilio.
 
Narrativa de posguerra
Narrativa de posguerraNarrativa de posguerra
Narrativa de posguerra
 
Ppw Rexurdimento
Ppw RexurdimentoPpw Rexurdimento
Ppw Rexurdimento
 
A prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzoA prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzo
 
Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)
 
Manuel Curros Enríquez
Manuel Curros EnríquezManuel Curros Enríquez
Manuel Curros Enríquez
 

Similar to Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion. Biblioteca da Deputación da Corunha

Galeguismo E Nacionalismo
Galeguismo E NacionalismoGaleguismo E Nacionalismo
Galeguismo E NacionalismoLOKIFUMI46
 
Lite1_09
Lite1_09Lite1_09
Lite1_09xenevra
 
Lite1 09
Lite1 09Lite1 09
Lite1 09xenevra
 
O nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºB
O nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºBO nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºB
O nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºBmarloga
 
O 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XXO 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XXMarlou
 
Pallares xvi 2016 06_20
Pallares xvi 2016 06_20Pallares xvi 2016 06_20
Pallares xvi 2016 06_20Tino Grandio
 
Pallares xvi 2016 06_16
Pallares xvi 2016 06_16Pallares xvi 2016 06_16
Pallares xvi 2016 06_16Tino Grandio
 
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao NacionalismoEvolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismosebastian1983
 
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao NacionalismoEvolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismosebastian1983
 
Antolin Faraldo
Antolin FaraldoAntolin Faraldo
Antolin Faraldoalexh832
 
Xeracion nos 21
Xeracion nos 21Xeracion nos 21
Xeracion nos 21xenevra
 
Traballo bd final(2)
Traballo bd final(2)Traballo bd final(2)
Traballo bd final(2)anillampl
 
Os vellos non deben de namorarse. Castelao (por Tania Pose)
Os vellos non deben de namorarse. Castelao (por Tania Pose)Os vellos non deben de namorarse. Castelao (por Tania Pose)
Os vellos non deben de namorarse. Castelao (por Tania Pose)Marlou
 

Similar to Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion. Biblioteca da Deputación da Corunha (20)

Areal nº 6
Areal nº 6Areal nº 6
Areal nº 6
 
Galeguismo E Nacionalismo
Galeguismo E NacionalismoGaleguismo E Nacionalismo
Galeguismo E Nacionalismo
 
Lite1_09
Lite1_09Lite1_09
Lite1_09
 
Lite1 09
Lite1 09Lite1 09
Lite1 09
 
O nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºB
O nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºBO nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºB
O nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºB
 
O 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XXO 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XX
 
Pallares xvi 2016 06_20
Pallares xvi 2016 06_20Pallares xvi 2016 06_20
Pallares xvi 2016 06_20
 
Pallares xvi 2016 06_16
Pallares xvi 2016 06_16Pallares xvi 2016 06_16
Pallares xvi 2016 06_16
 
A xeración nós
A xeración nósA xeración nós
A xeración nós
 
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao NacionalismoEvolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
 
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao NacionalismoEvolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
 
As irmaldades das falas
As irmaldades das falasAs irmaldades das falas
As irmaldades das falas
 
As irmaldades das falas
As irmaldades das falasAs irmaldades das falas
As irmaldades das falas
 
Irmandades da Fala
Irmandades da FalaIrmandades da Fala
Irmandades da Fala
 
Antolin Faraldo
Antolin FaraldoAntolin Faraldo
Antolin Faraldo
 
Xeracion nos 21
Xeracion nos 21Xeracion nos 21
Xeracion nos 21
 
Traballo bd final(2)
Traballo bd final(2)Traballo bd final(2)
Traballo bd final(2)
 
Bea
BeaBea
Bea
 
Os vellos non deben de namorarse. Castelao (por Tania Pose)
Os vellos non deben de namorarse. Castelao (por Tania Pose)Os vellos non deben de namorarse. Castelao (por Tania Pose)
Os vellos non deben de namorarse. Castelao (por Tania Pose)
 
As irmandades da fala
As irmandades da falaAs irmandades da fala
As irmandades da fala
 

More from Bibliotecadicoruna

Marzo 2024 Boletin novidades Biblioteca Provincial Deputación da Coruña.pdf
Marzo 2024 Boletin novidades Biblioteca Provincial Deputación da Coruña.pdfMarzo 2024 Boletin novidades Biblioteca Provincial Deputación da Coruña.pdf
Marzo 2024 Boletin novidades Biblioteca Provincial Deputación da Coruña.pdfBibliotecadicoruna
 
Mostra Bibliográfica: #AVoltaÁProvinciaEn52Autoras_2023.pdf [Guía de Lectura]
Mostra Bibliográfica: #AVoltaÁProvinciaEn52Autoras_2023.pdf [Guía de Lectura]Mostra Bibliográfica: #AVoltaÁProvinciaEn52Autoras_2023.pdf [Guía de Lectura]
Mostra Bibliográfica: #AVoltaÁProvinciaEn52Autoras_2023.pdf [Guía de Lectura]Bibliotecadicoruna
 
Boletín de novidades febreiro 2024. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
Boletín de novidades febreiro 2024. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...Boletín de novidades febreiro 2024. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
Boletín de novidades febreiro 2024. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...Bibliotecadicoruna
 
Boletín eBiblioDaCoruna febreiro 2024.pdf
Boletín eBiblioDaCoruna febreiro 2024.pdfBoletín eBiblioDaCoruna febreiro 2024.pdf
Boletín eBiblioDaCoruna febreiro 2024.pdfBibliotecadicoruna
 
Boletín de novidades xaneiro 2024. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
Boletín de novidades xaneiro 2024. Biblioteca Provincial da Deputación da CoruñaBoletín de novidades xaneiro 2024. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
Boletín de novidades xaneiro 2024. Biblioteca Provincial da Deputación da CoruñaBibliotecadicoruna
 
Boletín da EbiblioDaCoruna xaneiro de 2024
Boletín da EbiblioDaCoruna xaneiro de 2024Boletín da EbiblioDaCoruna xaneiro de 2024
Boletín da EbiblioDaCoruna xaneiro de 2024Bibliotecadicoruna
 
25 anos sen Gonzalo Torrente Ballester : a súa obra na Biblioteca Provincial ...
25 anos sen Gonzalo Torrente Ballester : a súa obra na Biblioteca Provincial ...25 anos sen Gonzalo Torrente Ballester : a súa obra na Biblioteca Provincial ...
25 anos sen Gonzalo Torrente Ballester : a súa obra na Biblioteca Provincial ...Bibliotecadicoruna
 
Guía de lectura dos Premios de Narrativa Torrente Ballester
Guía de lectura dos Premios de Narrativa Torrente BallesterGuía de lectura dos Premios de Narrativa Torrente Ballester
Guía de lectura dos Premios de Narrativa Torrente BallesterBibliotecadicoruna
 
Boletín de novidades decembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
Boletín de novidades decembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...Boletín de novidades decembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
Boletín de novidades decembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...Bibliotecadicoruna
 
Boletín de novidades da EbiblioDaCoruna decembro 2023
Boletín de novidades da EbiblioDaCoruna decembro 2023Boletín de novidades da EbiblioDaCoruna decembro 2023
Boletín de novidades da EbiblioDaCoruna decembro 2023Bibliotecadicoruna
 
Boletín de novidades novembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
Boletín de novidades novembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...Boletín de novidades novembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
Boletín de novidades novembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...Bibliotecadicoruna
 
Boletín novidades EbiblioDaCoruna novembro 2023
Boletín novidades EbiblioDaCoruna novembro 2023Boletín novidades EbiblioDaCoruna novembro 2023
Boletín novidades EbiblioDaCoruna novembro 2023Bibliotecadicoruna
 
Guía de lectura violencia de xénero 2023.Biblioteca da Deputación da Coruña.pdf
Guía de lectura violencia de xénero 2023.Biblioteca da Deputación da Coruña.pdfGuía de lectura violencia de xénero 2023.Biblioteca da Deputación da Coruña.pdf
Guía de lectura violencia de xénero 2023.Biblioteca da Deputación da Coruña.pdfBibliotecadicoruna
 
LibrosUnicos_GuiaLectura_Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.pdf
LibrosUnicos_GuiaLectura_Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.pdfLibrosUnicos_GuiaLectura_Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.pdf
LibrosUnicos_GuiaLectura_Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.pdfBibliotecadicoruna
 
Boletín de novidades outubro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Cor...
Boletín de novidades outubro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Cor...Boletín de novidades outubro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Cor...
Boletín de novidades outubro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Cor...Bibliotecadicoruna
 
Boletín de novidades da EbiblioDaCoruna outubro 2023.pdf
Boletín de novidades da EbiblioDaCoruna outubro 2023.pdfBoletín de novidades da EbiblioDaCoruna outubro 2023.pdf
Boletín de novidades da EbiblioDaCoruna outubro 2023.pdfBibliotecadicoruna
 
Boletín de novidades setembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
Boletín de novidades setembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...Boletín de novidades setembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
Boletín de novidades setembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...Bibliotecadicoruna
 
Boletín de novidades EbiblioDaCoruna setembro 2023
Boletín de novidades EbiblioDaCoruna setembro 2023Boletín de novidades EbiblioDaCoruna setembro 2023
Boletín de novidades EbiblioDaCoruna setembro 2023Bibliotecadicoruna
 
Boletín de novidades agosto 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
Boletín de novidades agosto 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da CoruñaBoletín de novidades agosto 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
Boletín de novidades agosto 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da CoruñaBibliotecadicoruna
 
Boletín novidades EbiblioDaCoruna agosto 2023
Boletín novidades EbiblioDaCoruna agosto 2023Boletín novidades EbiblioDaCoruna agosto 2023
Boletín novidades EbiblioDaCoruna agosto 2023Bibliotecadicoruna
 

More from Bibliotecadicoruna (20)

Marzo 2024 Boletin novidades Biblioteca Provincial Deputación da Coruña.pdf
Marzo 2024 Boletin novidades Biblioteca Provincial Deputación da Coruña.pdfMarzo 2024 Boletin novidades Biblioteca Provincial Deputación da Coruña.pdf
Marzo 2024 Boletin novidades Biblioteca Provincial Deputación da Coruña.pdf
 
Mostra Bibliográfica: #AVoltaÁProvinciaEn52Autoras_2023.pdf [Guía de Lectura]
Mostra Bibliográfica: #AVoltaÁProvinciaEn52Autoras_2023.pdf [Guía de Lectura]Mostra Bibliográfica: #AVoltaÁProvinciaEn52Autoras_2023.pdf [Guía de Lectura]
Mostra Bibliográfica: #AVoltaÁProvinciaEn52Autoras_2023.pdf [Guía de Lectura]
 
Boletín de novidades febreiro 2024. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
Boletín de novidades febreiro 2024. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...Boletín de novidades febreiro 2024. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
Boletín de novidades febreiro 2024. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
 
Boletín eBiblioDaCoruna febreiro 2024.pdf
Boletín eBiblioDaCoruna febreiro 2024.pdfBoletín eBiblioDaCoruna febreiro 2024.pdf
Boletín eBiblioDaCoruna febreiro 2024.pdf
 
Boletín de novidades xaneiro 2024. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
Boletín de novidades xaneiro 2024. Biblioteca Provincial da Deputación da CoruñaBoletín de novidades xaneiro 2024. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
Boletín de novidades xaneiro 2024. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
 
Boletín da EbiblioDaCoruna xaneiro de 2024
Boletín da EbiblioDaCoruna xaneiro de 2024Boletín da EbiblioDaCoruna xaneiro de 2024
Boletín da EbiblioDaCoruna xaneiro de 2024
 
25 anos sen Gonzalo Torrente Ballester : a súa obra na Biblioteca Provincial ...
25 anos sen Gonzalo Torrente Ballester : a súa obra na Biblioteca Provincial ...25 anos sen Gonzalo Torrente Ballester : a súa obra na Biblioteca Provincial ...
25 anos sen Gonzalo Torrente Ballester : a súa obra na Biblioteca Provincial ...
 
Guía de lectura dos Premios de Narrativa Torrente Ballester
Guía de lectura dos Premios de Narrativa Torrente BallesterGuía de lectura dos Premios de Narrativa Torrente Ballester
Guía de lectura dos Premios de Narrativa Torrente Ballester
 
Boletín de novidades decembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
Boletín de novidades decembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...Boletín de novidades decembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
Boletín de novidades decembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
 
Boletín de novidades da EbiblioDaCoruna decembro 2023
Boletín de novidades da EbiblioDaCoruna decembro 2023Boletín de novidades da EbiblioDaCoruna decembro 2023
Boletín de novidades da EbiblioDaCoruna decembro 2023
 
Boletín de novidades novembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
Boletín de novidades novembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...Boletín de novidades novembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
Boletín de novidades novembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
 
Boletín novidades EbiblioDaCoruna novembro 2023
Boletín novidades EbiblioDaCoruna novembro 2023Boletín novidades EbiblioDaCoruna novembro 2023
Boletín novidades EbiblioDaCoruna novembro 2023
 
Guía de lectura violencia de xénero 2023.Biblioteca da Deputación da Coruña.pdf
Guía de lectura violencia de xénero 2023.Biblioteca da Deputación da Coruña.pdfGuía de lectura violencia de xénero 2023.Biblioteca da Deputación da Coruña.pdf
Guía de lectura violencia de xénero 2023.Biblioteca da Deputación da Coruña.pdf
 
LibrosUnicos_GuiaLectura_Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.pdf
LibrosUnicos_GuiaLectura_Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.pdfLibrosUnicos_GuiaLectura_Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.pdf
LibrosUnicos_GuiaLectura_Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.pdf
 
Boletín de novidades outubro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Cor...
Boletín de novidades outubro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Cor...Boletín de novidades outubro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Cor...
Boletín de novidades outubro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Cor...
 
Boletín de novidades da EbiblioDaCoruna outubro 2023.pdf
Boletín de novidades da EbiblioDaCoruna outubro 2023.pdfBoletín de novidades da EbiblioDaCoruna outubro 2023.pdf
Boletín de novidades da EbiblioDaCoruna outubro 2023.pdf
 
Boletín de novidades setembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
Boletín de novidades setembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...Boletín de novidades setembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
Boletín de novidades setembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
 
Boletín de novidades EbiblioDaCoruna setembro 2023
Boletín de novidades EbiblioDaCoruna setembro 2023Boletín de novidades EbiblioDaCoruna setembro 2023
Boletín de novidades EbiblioDaCoruna setembro 2023
 
Boletín de novidades agosto 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
Boletín de novidades agosto 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da CoruñaBoletín de novidades agosto 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
Boletín de novidades agosto 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
 
Boletín novidades EbiblioDaCoruna agosto 2023
Boletín novidades EbiblioDaCoruna agosto 2023Boletín novidades EbiblioDaCoruna agosto 2023
Boletín novidades EbiblioDaCoruna agosto 2023
 

Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion. Biblioteca da Deputación da Corunha

  • 1. Centenario das Irmandades da Fala. A fouce renovadora da lingua Guía da exposición Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
  • 2. irmandades da fala 03 06 07 08 09 11 17 índice 03 introdución 06 aaventura xornalística 07 aaventuraeditorial 08 apoesía 09 oteatro 11 principaispersoeiros BibliotecadaDeputacióndaCoruña http://dacoruna.gal/biblioteca Riegodeagua,3715001ACoruña 17 aexposición 21 selección 21
  • 3. introdución IAsembleaNacionalista,Lugo17-18denovembrode1918 historia é ben coñecida: o 18 de maio de 1916, convocados por Antón Villar Ponte e despois dunha serie de pronunciamentos e réplicas na prensa, créase na cidade da Coruña a primeira Irmandade da Fala. O facho que prenderan axiña se espallou, constituíndose a de Compostela o 28 de maio dese mesmo ano e de seguido as de Monforte de Lemos, Pontevedra, Ourense ou Vilalba. En 1917 nacerán as irmandades de Ferrol, Melide, Vigo, Mondoñedo e Baralla, e en 1918 as da Estrada, Vilagarcía, Betanzos, Ortigueira, Muxía e Lugo. O propio Antón Villar viña de publicar uns meses antes o folleto "Nacionalismo gallego: nuestra afirmación regional" que, escrito aínda en español, estaba centrado na defensa, dignificación e cultivo da lingua galega. A proposta de Villar Ponte foi ben acollida polas diferentes sensibilidades que compoñían o galeguismo na altura. Deste xeito á reunión constitutiva asistirán Manuel Lugrís Freire, Uxío Carré, Tettamancy, os irmáns Vaamonde Lores Eladio Rodríguez González, Baldomir, Banet Fontenla ou Oviedo Arce, Antón Villar Ponte será primeiro conselleiro da Irmandade da Coruña, e o catedrático da USC Luís Porteiro Garea da de Compostela. Ambos, canda a Leandro Carré, formarán o triunvirato que guíe os primeiros pasos do novo proxecto. Podían ser socios, todos os homes e mulleres galegos e maiores de 16 anos, podendo asociarse todos aqueles que, aínda que non naceran en Galicia, se sentiran "galegos de corazón".Dos máis de setecentos afiliados que chegaron a ter as Irmandades, case catrocentos estaban afiliados á da Coruña. Nada como dixemos coa finalidade inmediata de exaltar e fomentar a lingua, non por acaso as Irmandades veñen nacer a unha Coruña sé da tertulia da "Cova Céltica", da Academia, da Escola Rexional de Declamación, ou onde están sitas as editoras de Martínez Salazar e Carré. Os alicerces que a xeración rexionalista plantara foran abrollando até termos por A p.3 1916 2016IrmandadesdaFala
  • 4. primeira vez na historia contemporánea de Galicia unha xeración urbana de clase socialascendente, galego-falante e conscientizada coa lingua: os Victor Casas, Álvaro Cebreiro, Xaime Quintanilla ou Camilo Díaz Baliño. Mais, a verdadeira ruptura política e cultural que constituirán as Irmandades e a de procurar ultrapasar a experiencia da xeración anterior que, sen restarlle un ápice de mérito, pivotara arredor da investigación erudita, a creación e control de sociedades e institucións e a celebración de actos e homenaxes simbólicas e patrióticas como as dos fusilados de Carral ou os actos do enterro de Curros. Co Rexurdimento o galego fora recuperado para o uso escrito, se ben reducido á poesía e con aparicións esporádicas no teatro e nos xornais. Fronte a iso as Irmandades promoveron a elaboración de dicionarios e gramáticas, de estudios lingüísticos e reivindicaron a presenza do galego na Administración e no ensino. Déronlle pulo á actividade editorial coa creación de editoras como Céltiga, Lar ou Nós e impulsaran a creación dos coros galegos. Intentaran, por primeira vez, estabelecer un sistema cultural estruturado e moderno feito desde Galicia e na lingua do país. Orientadas orixinalmente cara a promoción da lingua e cultura galegas, será na Asemblea de Lugo de 1918 cando o seu campo de acción se verá ampliado tamén caraa iniciativas de carácter político. Esta I Asemblea Nazonalista celebrada en Lugo entre o 17 e 18 de novembro de 1918 conta coa asistencia de 16 agrupacións locais representadas por unhas 60 persoas, a metade procedente da Coruña. Desta Asemblea saíu o "Manifesto Nazonalista" que supuxo a superación definitiva do rexionalismo e que constituiría a base común de todos os programas do nacionalismo galego até a Guerra Civil. Nel defínese a Galicia como nación, reclámase a autonomía integral de Galicia e a cooficialidade do galego. Tras a publicación da "Teoría do nacionalismo galego" de VIcente Risco e até a IV Asemblea Nacionalista de Monforte de 1922 as tensións entre o grupo coruñés e o grupo ourensán venvan en aumento até que na asemblea as Irmandades rachan. A Irmandade da Coruña e as controladas por ela mantéñense fieis ás formulacións orixinais, mentres que o resto das agrupacións se constitúen na Irmandade Nazonalista Galega, presidida por Vicente Risco. A principal diferenza de criterio viraba sobre a participación política: o núcleo ourensán estaba máis a prol do proselitismo e a acción cultural e o grupo coruñés era partidario da acción política, ou dito doutro xeito: "unha liga de intelectuais fronte a un partido de bases". Villar Ponte ingresa entón na Irmandade controlada por Risco e deixa a dirección d'A Nosa Terra. A Irmandade da Coruña, dirixida agora por Alfredo Somoza e Ánxel Casal, seguiu a editar A Nosa Terra durante a ditadura de Primo de Rivera con non poucos problemas coa censura. En 1923, convocan a V Asemblea Nacionalista, que mantén a liña promulgada en 1918 e elixe a Peña Novo como primeiro Conselleiro. Durante a seguinte década, o nacionalismo ficará dividido en dous sectores: o que pivota arredor da Irmandade da Coruña e outra póla controlada por Risco e o grupo Nós. Se ben non debemos consideralos compartimentos estancos, as colaboracións entre uns e outros son moi habituais: veremos ao grupo Nós colaborar en A Nosa Terra e aos coruñeses na revista Nós. Alén diso todos participarán na creación e mantemento de entidades como o Seminario de Estudios Galegos. p.4 1916 2016 PersoasdogrupoexcursionistadaIrmandadeda FalaenPontedeume(1919) IrmandadesdaFala
  • 5. O número de actos e publicacións sobre as Irmandades proxectadas para 2016 semella darlle a razón ao viveirense. p.5 1916 2016 “No decorrer da vida galega hai un ano, dentro dos que sucedidos na actual centuria, cuia lembranza, lonxe de s’esmorecere, cada vegada se afirma máis e máis, até o punto de ire abranguendo paseniño aquel releve destacado con que as datas cumias, as datas ergueitas e de siñificanza singular se fan presentes de cote no fluir dos anos e dos pobos. Trátase dun ano -1916- cuia importancia se non esvaeo pasar dos días, cal ocurre pol-o xeral, sinón pol-a contra, ela se perfia nidiamente a medida que o tempo pasa, tornando cada vegada máis presente e máis rexamente acreedor â nosa mais crara lembranza”. Entre 1929 e 1930 prodúcese unha reorganización. Villar Ponte abandona as posicións de Risco e reintégrase na Irmandade coruñesa e, xunto a Casares Quiroga, constitúe a ORGA, desde a que asistirá á proclamación da II República saíndo deputado nas eleccións das Cortes Constituíntes en 1931. En 1931 coa creación do Partido Galeguista as Irmandades da Fala disólvense para integrarse nel agás a da Coruña, que unicamente modificou os seus estatutos. Progresivamente durante a II República parte dos irmandiños que están na ORGA irán ingresando no Partido Galeguista polo que consideran unha deriva estatalista do partido de Casares Quiroga, así fará o propio Villar Ponte en 1934 saínda elixido deputado de novo en 1936, mais non chegando a tomar posesión por morrer en marzo dunha perforación gástrica. Despois da guerra o destino dos membros das Irmandades foi parello ao de moitos outros que se mantiveron fieis á República ou participaran en actividades consideradas "subersivas", "separatistas" ou "prosoviéticas" pola nova barbarie gobernante: morte, exilio, depuración ou silencio. En 1951 no seu discurso de ingreso na Real Academia Galega o irmán Ramón Villar Ponte afirmaba: CarnetdeafiliadodasIrmandades daFaladoxornalistaXerardoRoque IrmandadesdaFala FundacióndoParidoGaleguista
  • 6. a aventura xornalística RealizadapolofotógrafoegravadorPedroFerrer(1880-1939)na cidadedaCoruña.Gravadodacabeceirad’ANosaTerra,voceiro dasIrmandadesdaFala 16 de novembro de 1916 sae do prelo na Coruña a cabeceira A Nosa Terra, “Idearium da Hirmandade da Fala en Galicia e nas colonias gallegas d’América e Portugal”. Xa tiña existido unha cabeceira agrarista con ese nome na década anterior, bilingüe e dun perfil marcadamente anticaciquil. A Nosa Terra pasará por diversas prensas, cousa que afectará á súa periodicidade, formato e calidade e contará cunhas tiraxes variábeis de entre 1000 e 2000 exemplares. Na súa etapa coruñesa, a redacción e administración desta publicación estaba no despacho que tiña no Cantón Grande o avogado e escritor Xosé Iglesias Roura, que foi o seu primeiro director. Antón Villar Ponte foi o seguinte director até a Asemblea das Irmandades da Fala de Monforte. A partir de entón Víctor Casas será quen leve o peso real da dirección, aínda que nominalmente houbera varios directores. En 1932, pouco despois da constitución do partido galeguista, converterase no seu voceiro oficial e a sé mudará a Pontevedra sendo os seus directores Alexandre Bóveda, Aquilino Iglesia Alvariño en 1933 ou Ramón Suárez Picallo en 1934. Case todos os intelectuais do primeiro terzo do século XX colaborarían en maior ou menor medida con A Nosa Terra: Porteiro Garea, Xohán Vicente Viqueira, Manuel Lugrís Freire, Roberto Blanco Torres, Amado Carballo, Castelao, Correa Calderón, Filgueira Valverde, Manuel Antonio, Xaime Quintanilla ou Peña Novo. O p.6 1916 2016IrmandadesdaFala
  • 7. a aventura editorial Catálogode«LAR»pubricaciónsgalegaseimprenta n 1924 e baixo o control da Irmandade cruñesa, Leandro Carré e Anxel Casal fundan a editora Lar. O número 1 da colección, A miña muller, de Wenceslao Fernández Flórez, marcará unha liña diferente dos intentos anteriores con estratexias editoriais que están a funcionar no mercado español por esas datas. Por prezo, tamaño e tratamento das ilustracións das portadas (estarán a cargo de Camilo Díaz Baliño, Cebreiro e Castelao) estaba en condicións de competir coas coleccións populares e de entretemento en español traídas de mercados editoriais máis potentes como Madrid e Barcelona. Se ben é certo que esa competición está un tanto trampeada, pois para poder competir os autores e ilustradores ceden os seus dereitos ou colaboran desinteresadamente. Créase así unha colección de novelas urbanas, curtas, de baixo prezo, con temas galegos mais afastados dos tópicos enxebristas co obxectivo de popularizar, estender e divulgar o interese pola lingua e a literatura galegas. Ademais a creación dunha colección popular e sobre todo periódica animará aos autores cara unha produción máis continuada. LAR publicará as obras dos autores máis importantes do momento e daqueles que o serán co tempo. Así por exemplo a primeira obra narrativa de Otero Pedrayo, Pantelas, un home libre, será o número 8 da colección. A modo de contexto e para facérmonos unha idea da importancia da editora tomamos os datos que recolle Ernesto Vázquez Souza en A fouce, o hórreo e o prelo : Anxel Casal ou o libro galego moderno: “de aproximadamente 50 libros e folletos máis ou menos de carácter, autoría ou temática galega, publicados en España en 1925, 18 pertencen a LAR. De 47 en 1926, 19 son de LAR”. E p.7 1916 2016IrmandadesdaFala
  • 8. a poesía RetratosdospoetasAntonioNoriegaVarelaeRamónCabanillas o principiar o século XX, a literatura galega vivía un instante especialmente problemático. Aínda que o número de obras non deixaba de incrementarse, a calidade dos textos que se producían era, polo xeral, manifestamente inferior á lograda polas grandes figuras do Rexurdimento (Rosalía, Curros, Pondal...), imitados até o tópico. Na altura temos unha poesía estancada esteticamente, chea de tópicos reducionistas (galego=poesía=ruralismo) coa escusa de achegarse á mentalidade popular, ofrecendo unha imaxe ordinaria e deforme do mundo rural galego. Neste contexto, o labor dos escritores vinculados ás Irmandades supón un revulsivo na poesía galega que abre o camiño para un segundo rexurdimento. A procura dunha estética fortemente identitaria adquire especial relevo na obra dos poetas desta época. Non por acaso no manifesto da I Asemblea Nacionalista as Irmandades reivindicaran a soberanía estética da nazón galega. Os autores máis representativos da poesía das Irmandades foron Antonio Noriega Varela e Ramón Cabanillas. Alén deles hai que nomear a autores tan destacados como Gonzalo López Abente ou Vitoriano Taibo. O primeiro que marca timidamente o comezo de novos camiños é Antonio Noriega Varela (1869-1947). Podemos consideralo o máis destacado representante dunha xeración de transición: por unha parte acepta os temas populares, o costumismo e o sentido cívico dos predecesores, pero por outra podemos ver nel certos influxos do modernismo e da literatura portuguesa. En Do ermo vemos un galego con menos hiperenxebrismos, unha vontade de estilo dun galego máis culto. Pero o poeta máis destacado da época das Irmandades é Ramón Cabanillas (1876-1959): O Poeta da Raza. Recolle a inquedanza de Rosalía, o celtismo de Pondal e a protesta de Curros (toda a nosa tradición) introducindo elementos renovadores modernistas. É autor dunha vasta obra na que destaca No Desterro (1913), Vento Mareiro (1915), Da Terra Asoballada (1917). O muxián Gonzalo López Abente publicou, entre outras, as seguintes obras: Escumas da ribeira (1911), Alento de raza (1918), Nemancos (1929) e Centileos nas ondas (1958). A súa novela O deputado por Veiramar (1919) inaugurou a Bibrioteca Galeguista das Irmandades. A p.8 1916 2016IrmandadesdaFala
  • 9. o teatro Fotografíadarepresentaciónde"¡¡Filla...!!,deGaloSalinas o inicio do século viña de crearse na Coruña a Escola Rexional de Declamación con Galo Salinas e Lugrís Freire de referentes. A Escola foi a primeira compañía teatral dedicada á realización de espectáculos en galego e constituíu a primeira iniciativa de formación teatral que se emprendeu en Galicia. Foi pioneiro no desenvolvemento do teatro rexionalista e na creación dun movemento teatral galego. Destacan A ponte (1903), de Lugrís Freire, que supuxo unha ruptura coa produción anterior polo emprego dun galego contemporáneo e o uso da prosa no canto do verso ou ¡Filla! (1892) e Lenda de horrore (1894) de Galo Salinas. As Irmandades crearán e animarán á creación de coros e agrupacións folclóricas en distintos puntos de Galicia para a representación desas pequenas pezas teatrais, sen complicacións escénicas, que incluían tipos populares ou reivindicacións rexionalistas ou as dúas conxuntamente. É o momento no que nacen “Toxos e froles”, “Cántigas e aturuxos”, “Agarimos da Terra” ou “Brisas do masma” A actividade teatral destes coros e agrupacións folclóricas foron un bo caldo de cultivo para que a superación do teatro rexionalista e así, en 1919, se funda o Conservatorio Nacional do Arte Galego, que escolle non inocentemente a obra de Cabanillas A man de Santiña. As Irmandades e o grupo Nós elevaron o teatro galego ás cotas máis altas coñecidas até entón. Achegaron o xénero dramático a movementos modernistas como o simbolismo e o expresionismo partindo de elementos propios como o celtismo, o atlantismo e os modelos culturais de Portugal e Irlanda. A man da santiña inicia un novo teatro liberado dos tópicos anteriores: os caciques, as meigas e o enxebrismo son substituídos por un cadro no que a lingua galega é posta por primeira vez en boca das clases altas e rodeada de cultura e distinción. Serán Ramón Cabanillas e Antón Villar Ponte os que dean un paso máis n’O Mariscal, obra en verso de inspiración modernista que propaga o ideario das Irmandades da Fala a través da figura do mariscal Pardo de Cela. Sobre esa obra farán o libreto que, mantendo o título e musicado por Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón, se converterá na primeira ópera en galego. Xaime Quintanilla é autor de Alén (1921), escrita para demostrar a universalidade da lingua galega: o escenario físico é Nova York; o ambiente: unha sesión de espiritismo, e a acción decorre no interior dos personaxes. C p.9 1916 2016IrmandadesdaFala
  • 10. Pola súa banda Armando Cotarelo Valledor intenta crear un teatro culto e moderno, que supere definitivamente o costumismo e o ruralismo que aínda impregna a maioría das obras aínda mantendo os ambientes labregos, mariñeiros ou fidalgos. Destacan Hostia (1926) e Trebón (1922) Leandro Carré Alvarellos, pola súa banda, está a defender un teatro máis urbano e refinado e con pezas máis longas e elaboradas escribindo máis de 50 pezas entre as que destaca Rexurdimento (1918). A fiestra valdeira (1927), de Rafael Dieste é o máximo expoñente da comedia vangardista da época. Vicente Risco é autor dunha soa obra teatral O bufón de El-Rei (1928), mentres que Otero Pedrayo neste primeiro terzo de século escribiu dúas obras: A lagarada (1929), e Teatro de máscaras. p.10 1916 2016 Castelaoeascarautaspara"Osvellosnondebennamorarse" IrmandadesdaFala
  • 11. principais persoeiros Licenciado en farmacia, profesión que exercería durante pouco tempo en Foz dedicouse principalmente ao xornalismo. De orixe acomodada estudou en Lugo e Compostela. En 1906 marcha a Madrid onde colabora co diario republicano El País. Emigra a Cuba en 1908 onde colabora cos medios e o teciso asociativo dos emigrantes galegos. Á súa volta estabelecese na Coruña onde alén de ser redactor de La Voz de Galicia preside a Asociación de Prensa coruñesa e colabora en case todos os medios galegos da altura: El Noroeste, Galicia, El Heraldo gallego... sendo tamén bibliotecario do circo de artesáns. Director d’A Nosa Terra, foi membro do Seminario de Estudos Galegos e numerario da Real Academia Galega. No eido político, republicano e nacionalista convencido foi un dos fundadores en 1929 da ORGA até que en 1934 se incorpora ao Partido galeguista descontento coa deriva centralista do seu antigo partido. Máis alá da súa inxente obra xornalística foi un dramaturgo de sona destacando entre a súa obra: p.11 1916 2016 Antón Villar Ponte (Viveiro 1886 – A Coruña 1936) Da emigración: Almas mortas: novela dialogada cómico tráxica en tres estancias O Mariscal (1926). Canda a Ramón Cabanillas, con debuxos de Álvaro Cebreiro. Os evanxeos da risa absoluta: anunciación do antiquixote. Folk-drama da sinxeleza campesina. Ilustracións de Castelao. IrmandadesdaFala
  • 12. Era fillo do editor Uxío Carré Aldao, en cuxa libraría se celebraba a tertulia chamada Cova Céltica. Participou na creación da Escola Dramática Galega, agrupación dirixida por el propio en que desenvolveu tarefas de encenador, escenógrafo e formador de intérpretes. En 1924 funda na Coruña xunto a Anxel Casal a Editorial LAR (que tamén dirixiría), plataforma que publicou durante catro anos a colección do mesmo nome. Entre os títulos editados (ademais das novelas asinadas por el propio) figuran obras de Otero, Risco, Lesta Meis, Cabanillas, Vilar Ponte e Cotarelo. Durante a ditadura franquista, Carré (que ingresou na Real Academia Galega en 1945) dirixiu a sección galega de "Artes e Letras" da revista bracarense 4 Ventos, levou a cabo un labor de recollida de literatura popular, publicou ensaios sobre a nosa literatura e colaborou frecuentemente nos xornais coruñeses, no empeño de que non se esquecese o realizado no campo teatral durante aqueles anos das Irmandades. Autor moi prolífico e gran dramaturgo na súa obra destacan tamén unha gramática e un dicionario galego/castelán e castelán(galego. Obras destacadas: p.12 1916 2016 Leandro Carré Alvarellos (A Coruña 1888 – 1976) Tolerías, 1917. Noite de ruada, 1918. Rexurdimento, 1918. Compendio de gramática galega, 1919. Diccionario galego-castelán I, 1928. Diccionario galego-castelán II, 1931. IrmandadesdaFala
  • 13. Foi un dos grandes referentes do galeguismo e da cultura en Galicia do primeiro terzo do século XX. Foi director ou fundador, entre outras moitas, da Escola Rexional de Declamación, da Real Academia Galega, das Irmandades da Fala ou do Partido Galeguista. Con vinte anos emigrou a Cuba. Na Habana foi elixido membro da xunta directiva do Centro Galego e fundou e dirixiu o primeiro xornal americano redixido totalmente en galego: A gaita gallega (1885-1889). Alí publicou o seu primeiro poemario (Soidades, 1894), prologado por Curros Enríquez. De volta a Galicia en 1896, instalouse na Coruña e proseguiu o cultivo da literatura. Lugrís tomou parte en todas as actividades galeguistas da altura. Así, foi o primeiro en utilizar nun mitin a lingua galega e figurou entre os patrocinadores da Escola Rexional de Declamación (1903), da que sería presidente. Desde este momento, a maior preocupación de Lugrís foi a de fornecer de textos á nova entidade, todos eles cunha forte carga reivindicativa e rompedores co costumismo imperante. Tras a presentación da Escola cunha peza de Salinas, a totalidade dos espectáculos realizados polo cadro contaron con títulos da súa autoría: A Ponte (1903), Minia (1904) e Mareiras (1904). A Real Academia nomeouno presidente en 1934, posto ao que renunciaría un ano máis tarde por problemas de saúde. Nesa década, colaborou, así mesmo, na redacción do anteproxecto do Estatuto de Autonomía. Obra: p.13 1916 2016 Manuel Lugrís Freire (Sada 1863 – A Coruña 1940) A ponte: drama en dous actos en prosa, 1903 O pazo: comedia en dous actos, en prosa, 1916 Estadeíña: comedia en duas xornadas en prosa, 1919 Versos de loita, 1919 Gramática do idioma galego, 1922 e 1931 IrmandadesdaFala
  • 14. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, doutorouse en Madrid en 1914 coa tese El sistema parlamentario en España y sus relaciones con el caciquismo. Foi catedrático na USC, concelleiro agrarista e presidente das Irmandades da Fala desta cidade. Foi un dos creadores do nacionalismo na súa vertente política, pois apostou por superar as reivindicacións puramente lingüísticas e culturais e avanzar cara a creación dunha organización política. Tamén foi un acérrimo defensor da lingua galega, sen esquecer a europeización da cultura e rexeitou o separatismo. Considerou a Galicia e a España como dous entes diferenciados pero cunha estreita interrelación. Os seus escritos atenderon a un dobre núcleo temático: definiu a España cono unha organización defectuosa que se fundou na oligarquía e o caciquismo e responsabilizou aos galegos e aos factores endóxenos de Galicia dos seus propios problemas. Defendeu o establecemento dunha república presidencialista e progresista. Obra: p.14 1916 2016 Luís Porteiro Garea (Lugo 1889 – Frades 1918) A los gallegos emigrados, 1918. Discurso ô fundarse a Hirmandá de Santiago, 1918. IrmandadesdaFala
  • 15. IrmandadesdaFala Estudou na escola de comercio da Coruña. En 1919 comenzou a colaborar en A Nosa Terra facendo caricaturas. Traballou en El Pueblo Gallego, Faro de Vigo, Vida Gallega, El Ideal Gallego e Galicia Emigrante, e deseñou a cabeceira de Mar y Tierra. Colaborador d’A Nosa Terra en 1922, xunto co poeta Manuel Antonio escribiu o manifesto Máis alá, relativo á vangarda artística e literaria galega. Gran caricaturista, deseñou e ilustrou canda a Camilo Gracía Baliño e Castelao case que toda a produción gráfica do galeguismo do primeiro terzo do século XX. En 1926 fixo debuxos para a edición da obra de teatro O Mariscal, de Ramón Cabanillas e Antón Vilar Ponte. Por causa da Guerra Civil deixou de publicar ata 1945. Ingresou en 1953 na Real Academia Galega de Belas Artes "Nosa Señora do Rosario". p.15 1916 2016 Álvaro Cebreiro (A Coruña 1903 – 1956)
  • 16. De orixe labrega, estudou no Seminario de Mondoñedo e despois cursou a carreira de Dereito na USC, traballando de profesor auxiliar de Luís Porteiro. En 1916, ano da fundación da primeira Irmandade da Fala, incorpórase á de Compostela e participa na fundación da de Vilalba. En 1918 é redactor do Programa das Irmandades da Fala aprobado na I Asemblea Nacionalista celebrada en Lugo. Lois Peña Novo foi o primeiro concelleiro electo nunha candidatura nacionalista en Galicia, resultando elixido no Concello da Coruña nos comicios do 8 de febreiro de 1920. En 1921 publica o libro La Mancomunidad Gallega, que será a referencia dos galeguistas á hora de concretar as medidas para o autogoberno propostos desde as Irmandades. Lois Peña Novo foi, con varios libros e centos de artigospublicados en El Pueblo Gallego, Galicia, A Nosa Terra, ou Nós, un dos principais estudiosos da realidade socioeconómica galega do primeiro terzo do século XX e das tentativas da súa resolución. Obra: p.16 1916 2016 Lois Peña Novo (Vilalba 1893 – Outeiro de Rei 1967) La mancomunidad gallega, 1921 IrmandadesdaFala
  • 17. a exposición IrmandadesdaFala 20161916 o gallo do centenario das Irmandades da Fala, celébrase esta exposición "Centenario das Irmandades da Fala. A fouce renovadora da lingua" serve como homenaxe a un grupo de persoas que loitaron pola lingua e acultura galegas. Esta mostra pode ser visitada na entrada da Biblioteca. C p.17
  • 18. IrmandadesdaFala 20161916 p.18 Poesía Folerpas : poesías gallegas / Eladio Rodríguez González. La Coruña : Andrés Martínez, 1894. M/828 Os Calaicos / Florencio Vaamonde. Habana : Imp. Papelera “La Universal”, 1894. M/67 Almas de muller - ¡volallas n’a luz! / Francisca Herrera Garrido. La Coruña : Roel, 1915. M/847 Volvoretas / Alberto García Ferreiro. Orense : Tipografía de Antonio Otero, 1887. BM/3624 No desterró / Ramón Cabanillas. A Cruña : Biblioteca lírica Lar, 1926. BM/279 Versos de loita / Manuel Lugrís Freire. A Cruña : Tip. El Noroeste, 1919. (Terra a nosa. Biblioteca Popular Galega ; 13). BM/1480 D’outono / Gonzalo López-Abente ; dibuxos de Cebreiro. Galicia : Ronsel, 1924. M/308 O vento segrel / Augusto María Casas. Santiago : Nós, 1932. M/386 De catro a catro : follas sin data d’un diario d’abordo / Manuel Antonio. A Cruña : Nós, 1928. M/71 Proel / Luís Amado Carballo. Pontevedra : Alborada, 1927. M/328 O galo / Luís Amado Carballo. A Cruña : Nós, 1928. M/389 Vento mareiro / Ramón Cabanillas. Madrid : Galatea, 1921. M/900 Nao senlleira / Fermín Bouza Brey. Santiago de Galicia : Nós, 1933. M/902 Orballo da media noite / Roberto Blanco Torres. A Cruña : Nós, 1929. LS/8 Cantigas e verbas ao ar / Xulio Sigüenza. A Cruña : Nós, 1928. M/57 Teatro A torres de Peito Burdelo : drama histórico n’un acto y-en verso / por Galo Salinas e Rodríguez. A Cruña : Imprenta de V. Abad, 1891. M/126 A Ponte : drama en dous actos en prosa : dividido en tres cuadros ; orixinal / de M. Lugrís Freire. -- La Coruña : Tipografía la Constancia, 1903. M/852 A tola de Sobrán : comedia galega n’un acto / Farruco Porto Rey. A Coruña : Nós, 1927. LS/380 ¡Vaites… Vaites! : pasatempo cómico n’un acto y-en prosa galega / Ricardo Frade Giráldez. Santiago : La Comercial, 1925. M/100 O corazón d’un pedáneo : comedia nun acto / orixinal de Leandro Carré Alvarellos. A Cruña : Lar, 192-? M/118 A venganza : cuadro tráxico nun acto / orixinal de Leandro Carré Alvarellos. A Cruña : Tipografía Galega, 1922. M/122 Os evanxeos da risa absoluta : anunciación do antiquixote : folk-drama da sinxeleza campesina… / Antón Vilar Ponte ; ilustracións de Castelao. Santiago : Nós, 1934. LS/21 A man da santiña : farsa en dous pasos / de R. Cabanillas. Mondariz : Imprenta do Balneario, 1920. M/146 A fiestra valdeira : comedia de remate ledo en tres lances, o derradeiro cun respiro / maxinouna Rafael Dieste. Santiago de Compostela : El Eco de Santiago, 1927. M/110 Cantos e a la lás : de distintos puntos de Galicia / Cantigas e Aturuxos, Coro Regional de Lugo. Lugo : [s.n.], 19-? BM/2030 Hacia el ballet gallego : ensayo / Jesús Bal y Gay. Galicia : Ronsel, 1924. M/309 O mariscal : lenda tráxica / Ramón Cabanillas e Antón Villar Ponte. A Cruña : Lar, 1926. LS/157 O mariscal [Música manuscrita] / Eduardo Rodríguez-Losada. [ca. 1929]. RL-2/1(1-5)
  • 19. IrmandadesdaFala 20161916 p.19 Soberaníaestética Alén : comedia dramática n’un acto e tres cadros, en prosa, original / Jaime Quintanilla. Ferrol : Céltiga, 1921. M/111 Sinxebra : comedia bilingüe en dos actos / Armando Cotarelo Valledor. Santiago de Compostela : Tipografía El Eco de Santiago, 1923. M/112 NÓS : boletín mensual da cultura galega. Ourense : Sociedade Galega de Pubricacións Nós, 1920-1935. Conceición singela do ceo / Evaristo Correa Calderón. Compostela : Libredón, 1925. BM/264 Conto de guerra / Camilo Díaz Baliño. A Cruña : Nós, 1928. M/194 El arte racial de Suárez Couto / Evaristo Correa Calderón. Galicia : Ronsel, 1925. BM/41 A tentación : ensaio de poema representabre en duas xeiras / Euxenio Carré Alvarello. A Cruña : Roel, 1921. M/147 Estatuto de Galicia : anteproyecto formado por la Comisión nombrada en la Asamblea Gallega que se celebró en Santiago de Compostela el día 3 de julio de 1932. Santiago : El Eco, 1932. FGA/135 Luar : contos galaicos / Evaristo Correa Calderón. Ferrol : Céltiga, 192-? M/567 Cousas / Castelao. A Cruña : Lar, 1926. M/939 A rosa de cen follas : breviario de un amor / Ramón Cabanillas. Mondariz : Imprenta do Balneario, 1927. M/899 Os nenos / Xosé Filgueira Valverde ; con ornamentacións de Luis Pintos Fonseca. A Cruña : Lar, 1925. M/133 Almas mortas : novela dialogada cómico tráxica, en tres estancias. / Antón Villar Ponte. Ferrol : Céltiga, 1922. M/559 Da vella roseira : cantigas orixinais / Victoriano Taibo. Santiago de Compostela : Victoriano Taibo, 1925. BM/1674 Aaventuraeditorial O diputado por Veiramar : novela curto / Gonzalo López Abente. La Coruña : Imp. Nova, 1919. LS/309 A Santa Compaña : traballo inédito feito adrede para Céltiga / Roberto Nóvoa Santos ; traduzón de Xaime Quintanilla ; portada e diseños de Bello Piñeiro. Ferrol : Céltiga, 192-? M/566 Alevamento / Luis G. Vicencio. A Cruña : Lar, 1928. BM/290 Amor sinxelo / Luis Fernández Gómez. A Cruña : El Noroeste, 1919. FGA/FOL/1/21 Saudade / Jaime Quintanilla. Ferrol : Céltiga, 1922. M/558 As Églogas do Virxilio / Publio Virgilio Marón ; traducidas a língoa galega por A. Gómez Ledo. A Cruña : Nós, 1930. M/216 Para vivir ben de casados : pasatempo nun acto / orixinal de Leandro Carré Alvarellos. A Cruña : Lar, 192-? M/117 Sulco e vento / Álvaro de las Casas. Ourense : Alauda, 1931. M/34 Devalar : novela / Ramón Otero Pedrayo. Santiago : Nós, 1935. M/396 A miña muller / Wenceslao Fernández Flórez. A Cruña : Lar, 1924. BM/573 Nós : boletín mensual da cultura galega. Ourense : Sociedade Galega de Pubricacións Nós, 1920-1935. Mar ao norde / Álvaro Cunqueiro. Santiago de Galicia : Nós, 1932. M/388 Rechouchío / Álvaro de las Casas. Santiago de Compostela : Nós, 1936. M/115
  • 20. IrmandadesdaFala 20161916 p.20 Acciónpolítica Discurso do Dr. Porteiro ao fundarse a Hirmandá en Santiago : (28 mayo 1916). -- Santiago : Tipografía Galaica, [1916?]. M/63 Víctor Said Armesto : traballo leído na noite do 3 de agosto de 1917, con motivo do homenaxe consagrado pol-a “Irmandade da fala” […] ; e un colofón de Carré Aldao. La Coruña : Imprenta Obreira, 1918. BM/1051 O municipio galego : conferencia lida na “Irmandade da Fala” da Cruña / Antonio Valcárcel. A Cruña : Roel, 1917. FGA/127 Conto de guerra / Camilo Díaz Baliño. A Cruña : Nós, 1928. M/194 A los gallegos emigrados / Luís Porteiro Garea. La Coruña : La Papelera gallega, 1918. (Propaganda das Irmandades da Fala). M/130 A xeración do 16 / Ramón Villar Ponte : e resposta de Ramón Cabanillas Enríquez. A Cruña : Publicacións da Real Academia Galega, 1977. GAL/11235 Vocabulario castellano gallego de las Irmandades da Fala. La Coruña : Moret, 1933. BM/2331 A NOSA Terra : idearium da Irmandade da Fala en Galicia e nas colonias galegas de América e Portugal. Edición facsimilar recomendada pola Real Academia Galega. Método de lectura / Josefa Iglesias Vilarelle. Pontevedra : Seminario de Estudos Galegos, 1932. (Publicaciones escolares). M/198 Regionalismo, nacionalismo, separatismo / Juan Jesús González. Santiago : Nós, 193-? BM/1713 Ensayos y poesías / Xoán Vicente Viqueira. La Coruña : Nós, 1930. M/875 Estado actual de la cultura gallega / Eduardo Blanco Amor, Ramón Suárez Picallo. 191-?. (Propaganda galeguista). FGA/FOL/1/22 Algunhas normas para a unificación do idioma galego / Seminario de Estudos Galegos. Santiago : Nós, 192-? M/281 Berro en lembranza dos herois de Carral / Xosé María Álvarez Blázquez. Pontevedra : Imp. De E. Paredes Valdés, 1934. M/83 Boicentril : o druidismo e o celtismo gallego : a epopeya irlandesa / Francisco Tettamancy. A Cruña : Imprenta y fotograbado de Ferrer, 1912. M/188 Abrente / Victoriano Taibo. Cibdá de Compostela : El Eco de Santiago, 1922. M/842 Dous folk-dramas / de W.B. Yeats ; vertidos a lingua direitamente do inglés por Plácido R. Castro e os irmáns Vilar Ponte, con licencia do autor. Santiago de Compostela : Nós, 1935. M/336 Abrente / Victoriano Taibo. Cibdá de Compostela : El Eco de Santiago, 1922. BM/227 A Nosa Terra : idearium da Irmandade da Fala en Galicia e nas colonias galegas de América e Portugal. Reproducción facsimilar. Da terra asoballada / Ramón Cabanillas. Arousa : [s.n.], 1917. EL/175 Célticos : cuentos y leyendas de Galicia / José Ojea ; con un prólogo de Manuel Murguía. Orense : Imp. De Antonio Otero, 1883. LS/51 La civilización céltica en Galicia / Florentino López Cuevillas. Santiago de Compostela : Porto, 1953. LS/101 Nós : boletín mensual da cultura galega. Ourense : Sociedade Galega de Pubricacións Nós, 1920-1935. ComoenIrlanda
  • 21. selección IrmandadesdaFala 20161916 p.21 AmadoCarballo,Luís Obra completa. Vigo : Galaxia, 1995. 206 p. ; 19 cm. (Biblioteca da cultura galega ; 36). GAL/6393 Os probes de Deus. Vigo : Promocións culturais galegas, 2002. (Foirta do tempo ; 5). GAL/10227 Obra poética completa / Luis Amado Carballo ; edición de Luis Alonso Girgado. – Vigo : Xerais de Galicia, D.L. 2001. GAL/9235 Beramendi,JustoG. Obra política de Ramón Villar Ponte. Sada : Ediciós do Castro, 1991. 163 p., 20 h. de lám ; 22 cm. Contén : Doctrina nazonalista ; O sentimento nazonalista e internazonalismo ; Historia sintética de Galicia. GAL/3297 CabanillasEnríquez,Ramón Poesía galega completa / Ramón Cabanillas ; edición de Xosé María Dobarro e Xosé Ramón Pena. Vigo : Xerais de Galicia, 2009. 1031 p. ; 22 cm. (Xerais ; 9. Clásicos). GAL/16149 Obra dramática / Ramón Cabanillas ; edición de Carlos L. Bernárdez e Manuel F. Vieites. Vigo : Xerais, 1996. 250 p. ; 19 cm. (Biblioteca das Letras Galegas ; 41). GAL/5868 No desterro / Ramón Cabanillas ; edición de Carlos L. Bernárdez. – Vigo : Xerais, 2009. 196 p. ; 19 cm. – (Biblioteca das Letras Galegas ; 66). GAL/6318 O Mariscal ; lenda tráxica en verso / Ramón Cabanilllas, Antón Villar Ponte ; introducción de Patricia Carballal Miñán. – A Coruña : Fundación Mondariz Balneario, 2010. GAL/16525 Samos / Ramón Cabanillas ; edición de Carlos L. Bernárdez. – Vigo : Xerais, 2009. 127 p. : il. ; 19 cm. GAL/6307 Material prestábel CarréAlvarellos,Leandro Las leyendas tradicionales gallegas. 2ª ed. Madrid : Espasa Calpe, 1978. 303 p. ; 18 cm. (Austral ; 1609). GAL/7883 Obra inédita e esquecida : teatro , contos, ensaios e lendas, 1915-1972 / Leandro Carré Alvarellos ; introducción, escolma e notas, Xosé Manuel Maceira Fernández. – Santiago de Compostela : Alvarellos, 2006. 269 p. ; 21 cm. (Rescate). GAL/13153 Nos picoutos de Antoín. -- 2ª ed. – Sada : Ediciós do Castro, 1975. 105 p. ; 20 cm. GAL/557
  • 22. IrmandadesdaFala 20161916 p.22 Casas,Víctor Escritos políticos / Víctor Casas ; estudio introdutorio e selección, Alberto Romasanta. – Vigo : A Nosa Terra, 1996. 179 p. ; 21 cm. GAL/5979 Cebreiro,Álvaro Cebreiro : escolma / edición de Clodio González Pérez. Sada : Ediciós do Castro, 1986. 186 p. ; 17 cm. GAL/1378 LugrísFreire,Manuel Antoloxía / Manuel Lugrís Freire ; edición de Xabier Campos Villar. Vigo Galaxia, 2006. GAL/12374 MaceiraFernández,XoséManuel O nacionalismo cívico : interpretación do contributo da Irmandade da Fala da Coruña. Bertamiráns (A Coruña) : Laiovento, 2007. 173 p. ; 21 cm. GAL/148682 Nós NÓS. – Oleiros : Edivar, 1989. 4v. : il. ; 29 cm. Contén: t.1. Céltiga 1-12 – t.2 Céltiga 13 ; LAR I, 1-16 – t.3 Lar I, 17-32 – t. 4. LAR II, 33-40 ; Biblioteca galeguista : O diputado por Veiramar / Gonzalo López Abente. Mariña Andrade / Xavier Pardo. Conceición singel d’o ceo / Evaristo Correa Calderón. Contos e diálogos / Leandro Carré Alvarellos. Alén / Jaime Quintanilla. Estado actual de la cultura gallega / Eduardo Blanco Amor. GAL/35/1-4 PeñaNovo,Lois La Mancomunidad gallega / Lois Peña Novo ; introducción, Justo Beramendi. Cesuras : Carmela González Boo, 2005. 149 p. ; 23 cm. GAL/12126 Obra completa / Lois Peña Novo ; edición ao coidado de Justo Beramendi e Manoel Roca Cendán. Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 1995. GAL/9477/1-2 VillarPonte,Antón O sentimento liberal na Galiza / discurso lido o día 24 de xullo de 1934, no acto da súa recepción pública por Antonio Villar Ponte e resposta de Ramón Otero Pedrayo. – A Coruña : Real Academia Gallega, 1977. 50 p. ; 25 cm. GAL/1867
  • 23. IrmandadesdaFala 20161916 p.23 VillarPonte,Ramón Nicomedes Pastor Díaz ; unha existencia exemplar. A Coruña : Fundación Caixagalicia, 2006. GAL/12655. A xeración do 16 / discurso lido o día 16 de xuño do 1951 na súa recepción na Real Academia Galega por Ramón Villar Ponte ; e resposta de Ramón Cabanillos Enríquez. A Cruña : Publicacións da Real Academia Galega, 1977. 58 p. ; 25 cm. GAL/11235; GAL/11242 Vaqueira,VicenteXoán Da Galicia de mañá / Xohán Vicente Viqueira. Vigo : Galaxia, 1974. 40 p. ; 17 cm. GAL/1215. Ensaios. Santiago de Compostela : El Correo Gallego, 1992. 93 p. ; 21 cm. GAL/3618. A reforma da educación, (1906-1936) : X.V. Viqueira e a historia da psicopedagoxía en Galicia / Antón Consta Rico. Sada : Ediciós do Castro, 1996. 256 p. ; 21 cm. GAL/6296. AmadoCarballo,Luís Material de consulta en sala O galo. A Cruña : Nós, 1928. 111 p. ; 18 cm. M/389; LS/132 Proel. Pontevedra : Alborada, 1927. 40 p. ; 23 cm. M/328; BM/1168 ANosaTerra A NOSA TERRA : idearium da Irmandade da Fala en Galicia e nas colonias galegas de América e Portugal. – Reprodución facsimilar. -- t. 1, nº. 1 (nov.1916); t. 9, nº 422 (17 jul. 1936); vol. 10, nº 426 ( 25 jul. 1942 ); vol. 12, nº 513 (en. 1970). -- A Coruña : Edman. 12 Vol. : il. ; 34 cm. – (Prensa. Galeguismo). 247-2 CabanillasEnríquez,Ramón Da terra asoballada / Arousa : Galicia Nueva, 1917. EL/175 A man da santiña : farsada en dous pasos. – Mondariz : Imprenta do Balneario, 1920. M/146
  • 24. IrmandadesdaFala 20161916 p.24 CarréAlvarellos,Leandro Amor malfadado : novela señoriteira. -- A Cruña : Tip. P. Galega, [1918?]. 24 p. ; 16 cm. M/628 O Corazón d’un pedáneo : comedia nun acto. -- A Cruña : Lar, [192-?]. 52 p. ; 17 cm. -- (Biblioteca teatral Lar). M/118 Diccionario galego-castelán e vocabulario castelán-galego . – 2ª ed. -- A Cruña : Imp. e Papalería Zincke Hermanos, 1933. 587 p. ; 18 cm. M/838; BM/2802 Gramática gallega. La Coruña : Moret, 1967. 206 p. ; 22 cm. BM/2758. El idioma gallego en la edad media : discurso leído en … su recepción en la Real Academia Gallega el día 3 de marzo de 1945 / por Leandro Carré ; y su respuesta de José Filgueira Valverde. Vigo : Artes Gráficas Galicia, 1973, 48 p. ; 24 cm. FOL/5-25. Língua e literatura da Galiza : conferencia pronunciada no Ateneu Comercial de Braga, no día 14 de maio de 1955. [S.l.] : Quatro Ventos, 1955. 27 p. ; 23 cm. LS/181. O Pecado alleo : drama en tres actos / orixinal de Leandro Carré Alvarellos. – La Coruña : Imp. Zincke Hermanos, 1923. 46 p. ; 21 cm. M/123 Rexurdimento : drama n-un acto e dous cuadros / orixinal de Leandro Carré Alvarellos. – A Cruña : Tip. de El Noroeste, 1921. 25 p. ; 21 cm. (Teatro galego). M/121 AmadoCarballo,Luís Dibuxos de Cebreiro. La Coruña : El Ideal Gallego, 1958. 110 p. ; 25 cm. LS/191 Nós NÓS : boletín mensual da cultura galega. – [Año 1, n. 1 (oct. 1920) – n. 144 (nadal 1935)]. – Ourense : Sociedade Galega de Pubricacións Nós, 1920-1935]. 881 VillarPonte,Antón Almas mortas : novela dialogada cómico tráxica, en tres estancias. Ferrol : Céltiga, 1922. 96 p. ; 17 cm. – (Céltiga ; 3). M/559 Os evanxeos da risa absoluta : anunciación do antiquixote : folk-drama da sinxeleza campesina… Antón Vilar Ponte ; ilustracións de Castelao. – Santiago : Nós, 1934. BM/270 Nuestra afirmación regional / Antonio Villar Ponte. – La Coruña : Imprenta de La Voz de Galicia, 1916. 95 p. ; 17 cm. FGA/415 Pensamento e sementeira / Antón Villar Ponte. -- Buenos Aires : Ediciones Galicia del Centro Gallego, 19-? 413 p. ; 23 cm. BM/2701 Xornalista dunha patria / Antón Villar Ponte. Vigo ; Librodouro, 1977. 75 p. : il. ; 18 cm. BM/1591 Teatro galego : tríptico. A Cruña : Nós, 1928. 202 p. ; 18 cm. Contén: Do caciquismo : a patria do labrego ; Da emigración : almas mortas ; Da superstición : entre dous abismos. LS/449
  • 25. IrmandadesdaFala 20161916 p.25 VillarPonte,Ramón Días, hechos y hombres de la Real Academia Gallega. La Coruña : Roel, 1953. 47 p. ; 25 cm. M/276; BM/1961; GAL/2257 Historia sintética de Galicia. 2ª ed. – Santiago de Galicia : Nós, 1932. 305 p. ; 18 cm. M/931; BM/2321 VázquezSouza,Ernesto A fouce, o hórreo e o prelo : Ánxel Casal ou o libro galego moderno. Sada : Ediciós do Castro, 2003. 703 p. ; 21 cm. FGA/353 Viqueira,XoánVicente Ensayos y poesías / J. V. Viqueira. – La Coruña : Nós, 1930. M/875; LS/450; BM/2832 Introducción a la psicología pedagógica / J. M. Viqueira. – Madrid : Francisco Beltrán, 1919. 3P/680