Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

A lingua no 1º terzo do s.xx

1,270 views

Published on

Published in: Education
  • Be the first to comment

A lingua no 1º terzo do s.xx

  1. 1. Lingua e Literatura Galega 4ºeso A LINGUA NO 1º TERZO DO S. XX Se o século XIX supuxo un momento fundamental para a lingua, ao se recuperar anivel escrito despois da longa decadencia dos Séculos Escuros (séculos XVI-XVIII), oséculo XX vai significar outro avance cualitativo importante, consistente en proxectar ogalego a outros campos (ensaio político e científico, xornalismo, actos públicos...) dosque ata entón estivera excluído. Reivindícase así o galego como medio de expresiónnatural en todas as facetas da vida. Este avance vén marcado pola aparición deimportantes movementos de carácter nacionalista que continúan o labor iniciado noséculo anterior polos movementos provincialista e rexionalista. A vinculación da loita a favor da lingua co movemento nacionalista é tan clara queprecisamente este naceu co nome de Irmandades da Fala (fundadas na Coruña en1916) e dotouse dun medio de expresión exclusivamente en galego, a xa históricapublicación A nosa terra. Mais se as Irmandades naceron co obxectivo de defender adignificación e a ampliación de usos da lingua, dous anos máis tarde, en 1918, e xaformando parte delas figuras tan destacadas como os irmáns Vilar Ponte, Castelao,Risco, Losada Diéguez ou Cabanillas, formulan un plano xeral de actuación políticatendente a lograr o autogoberno pleno para Galicia e a súa federación co resto dasnacións que compoñen a Península Ibérica. Ao lado desta proposta, formulada polosector "político", vai cobrando forza o sector "culturalista", que pretende a potenciacióne defensa da cultura galega e renuncia desde un comezo á loita política. No ano 1920, comeza a publicación da revista Nós, voceiro da xeración cultural domesmo nome á que se vinculan, entre outros, Risco, Cuevillas, Castelao e OteroPedraio. O seu programa consiste en sacar a cultura galega do folclorismo e do influxoda cultura castelá, tentando por un lado, modernizala, tirándolle o exceso delocalismo, ruralismo e costumismo que ata entón a caracterizaba e, por outro lado,universalizala, ao poñela en contacto directo coas ideas e os movementos culturaisvixentes en Europa. Para tal fin, os homes da revista Nós acollen nas súas páxinastraducións, informacións ou noticias do que se fai noutras literaturas ao tempo que sepreocupan por todos os aspectos da cultura galega. Con eles, o galego logra a súamadureza literaria e é empregado en obras de carácter científico de todo tipo (historia,etnografía, arqueoloxía, filosofía, socioloxía...). Como herdeiros e fillos ideolóxicos da xeración Nós, un grupo de estudantesuniversitarios entre os que figuran Carvalho Calero, Filgueira Valverde e Bouza Breyfunda en 1923 o Seminario de Estudos Galegos, coa finalidade de dotar a Galizadunha institución que fixese posible o estudo de todos os seus aspectos. Con eles,potenciarase e ampliarase o uso do galego na prosa científica e técnica edesenvolverase unha actividade investigadora e divulgadora en diferentes campos. Chegada a República, en 1931, todo o galeguismo vai confluír no PartidoGaleguista, que tiña como obxectivo a consecución da autonomía política paraGalicia, centrando os seus esforzos na redacción dun estatuto de autonomía que seráaprobado polas Cortes españolas en 1936. Neste estatuto establécese, no artigo 40,a cooficialidade de galego e castelán. O golpe de Estado franquista impide a súaentrada en vigor. A preocupación fundamental dos intelectuais galeguistas do primeiro terzo doséculo é dignificar a lingua, rescatándoa dos estereotipos de ruralidade e incultura cosque viña asociado. De aí que realicen un labor intenso no estudo do idioma e na
  2. 2. ampliación dos seus ámbitos de uso, outorgándolle un prestixio que lle negaba a vidaoficial e administrativa, totalmente castelanizada. Combaten así tamén os argumentosdemagóxicos dos detractores do galego que afirmaban que o seu uso só servía paraillarnos e incomunicarnos da cultura universal. A tese destes autores é precisamente acontraria: só desde a identificación coa lingua e cultura propias se pode acceder aoutras linguas e culturas. Os escritores deste período caracterízanse por intentar superar o dialectalismo ouinterdialectalismo do período anterior, en favor dun intento de supradialectalismo queconstituirá o xerme dunha posterior normativa unificadora. A tarefa principal é apurificación da lingua de castelanismos. Este labor, acometido sen unha seria baselingüística por parte dos escritores, levará á adopción de formas pseudoevolucionadasou simplemente inventadas por un afán diferencialista do castelán. Rexéitanseformas cultas coincidentes co castelán, empregándose no seu lugar outrashipergaleguizadas ou vulgares (así, por exemplo, palabras como brillar, organizar,ambiente, concepción, pobre, ou esperanza aparecen con frecuencia como brilar,orgaizar, ambente, conceución, probe e espranza). Moitos destes erros perdurarán ataos nosos días. Por outra parte, a toma de contacto co galego medieval a raíz das edicións dascantigas e outros documentos, unida a un desexo de depuración da lingua e ánecesidade de cubrir os baleiros léxicos levan a certos escritores a retomar formasarcaicas e xa desaparecidas na lingua, moitas veces coa mesma intencióndiferencialista (e encontrámonos así con formas como outo, conquerir, coor, cibdadeou parescer en lugar das correctas alto, conseguir, cor, cidade, parecer). Configúraseasí un galego en parte afastado da fala real, arbitrario e en certa medida de laboratorioque continuará vixente nos anos de posguerra. No que respecta á cuestión ortográfica, o castelán continúa a ser a referenciafundamental. Persiste unha grande inseguridade gráfica, fundamentalmente naquelesfenómenos exclusivos do galego para os que o castelán non aporta solucións. Enmateria de acentuación non hai uniformidade en ningún autor, continúan as vacilaciónsno emprego do h, no de b e v ou no de i e y (encontrámonos con beira e veira,Hespaña e España, hai e hay). Tampouco se resolve a cuestión da representación dofonema / /. Aínda que a maioría dos autores opta polo uso de x, algúns tanimportantes como López Cuevillas ou Vicente Viqueira son constantes no usoetimolóxico de g, j, x (geral, hoje, deixar). No que si houbo un acordo bastantexeneralizado foi na práctica dunha escritura foneticista herdeira da do século XIX nareprodución de fenómenos de fonética sintáctica propios da fala que dá pé a unhagran profusión de apóstrofos e guións de enlace (s´asconden, sobr´esto, quen-o, non-o). Durante estes anos materialízanse os primeiros intentos de camiñar cara áconsecución dunha lingua estándar, entre os que destacan o Compendio deGramática Galega promovido polas Irmandades da Fala, do que é autor CarréAlvarellos e, sobre todo, o traballo titulado Algunhas normas pra a unificazón do idiomagalego do Seminario de Estudos Galegos que, pensado en principio para usoexclusivamente interno, tivo unha gran difusión, sendo adoptado na súa totalidade poloboletín A Nosa Terra, daquela órgano de expresión do Partido Galeguista.
  3. 3. DIALECTALISMO Uso literario de formas dialectais correspon- dentes á zona propia de cada escritorINTERDIALECTALISMO Uso literario de formas dialectais proceden- tes de diferentes áreas lingüísticas mestura- das, sen ningún criterio filolóxicoSUPRADIALECTALISMO Procura dun modelo de lingua unificado,va- léndose das formas existentes na fala galega, Escollidos con criterios científicos
  4. 4. SELECCIÓN DE TEXTOS Texto 1. Acto de constitución da Real Academia Galega (1906) No acto de constitución oficial da Real Academia Galega fíxose un uso peculiar das linguas galega ecastelán: o galego foi utilizado nos poemas que se leron do decurso da cerimonia inaugural, pero osdiscursos oficiais foron pronunciados en castelán. Este paradoxo manifesta moi claramente a situaciónsociolingüística da época, na que o emprego do galego na poesía era aceptado con normalidade, pero osactos formais de tipo institucional permanecían reservados ao castelán; incluso se eran, como é estecaso, de marcado carácter galeguista. Porque el idioma de cada pueblo es el característico más puro y más poderoso de la nacionalidad.Gentes que hablan la lengua que no le es propia es un pueblo que no se pertenece... (Manuel Murguía,Discurso do presidente) Já chegarán os días, Veu a maturidade, Q´os bardos anunciarán; Vosa miés verdecente; D´as gándras largazías, Gallegos, despertáde, As brétomas escuras s´alongaran Baruda e forte gente,... (Eduardo Pondal) Texto 2. Tres poemas de R. Cabanillas. A Porteiro Garea A rosa que sangra Acción Galega ¡Irmáns! En pé, sereos, A ALMA é unha roseira a limpa frente erguida, frorecida, cuaxada¡Irmáns! ¡Irmáns gallegos! envoltos na brancura de rosiñas bermellas¡Dende Ortegal ó Miño da luz que cai de riba, e de rosiñas brancas.a folla do fouciño o corazón abertofagamos ebrillar! a toda verba amiga, Alegrías e penas e nunha man a fouce son o vento que pasa;Que vexa a Vila podre, e noutra man a oliva, ás veces trebonada.coveira da canalla, arredor da bandeira azul e branca,á Aldea que traballa arredor da bandeira de Galicia, Unha bágoa que surde,disposta para loitar. cantémo-lo dereito unha rosa que estala... a libre nova vida! son rosiñas que caienAntes de ser escravos, da roseira da alma!¡irmáns, irmáns gallegos! Validos de treidoresque corra o sangue a regos a noite da Frouseira Miña nai que me arrola,dende a montana ó mar. á patria escravizaron un amor que me chama, uns reises de Castela. a estreliña da groria¡Ergámonos sin medo! Comestas polo tempo, no sendeiro da espranza...¡Que o lume da toxeira xa afloxan as cadeas… Cando a vida comenza,envolva na fogueira ¡irmáns asoballados ¡cántas rosiñas brancas!o pazo siñorial! de xentes estranxeiras, ergámo-la bandeira azul e branca! Un filliño que morre,Xa o fato de caciques, ¡E ó pé da enseña da nazón galega un amor que se apaga,Iadróns e herexes, fuxe cantémo-lo dereito a ilusión que se afogaó redentor empuxe a libertar a Terra! no remuílo das ágoas...da alma rexional. ¡Cántas rosas bermellas ¡Irmáns no amor á Suevia ao mediar a xornada!Antes de ser escravos, de lexendaria historia,¡irmáns, irmáns gallegos! ¡en pé! ¡en pé dispostos Xa son vello, e o vento,que corra a sangre a regos a non morrer sin loita! vento de trebonada,dende a montana ó val. ¡O día do Medulio desfolloume a roseira, con sangue quente e roxa a roseira da alma. mercámo-lo dereito a libre, honrada chouza! Pero esta dór da Terra ¡Xa está ó vento a bandeira azul e branca! ferida e escravizada... ¡A oliva nunha man, a fouce noutra, ¡qué rosiña bermella! berremos alto e forte: ¡Cómo doi! ¡Cómo sangra! “¡A nosa terra é nosa!”
  5. 5. Texto 3. Fragmentos dun artigo de Antón Vilar Ponte (1917) Texto 4. Vicente Risco, "Nós, os inadaptados" (1933) Ja dixen como pelengriñamos polas cosmogonías, polas metafísecas e polas estéticas. Pois ben, coma aquilinglés de Chesterton que despoixas de moitas viages polo mundo, atopou unha terra descoñecida que resultouser a fin de contas Gran Bretaña, igual nos pasou a nós. Despois de tantas voltas e revoltas, despois de tantasviravoltas e trasvoltas polas lonjanías do espazo e do tempo, en precura de algo inédito que nos salvara dohabitual e vulgar, viñemos dar na solprendente descoberta de que Galiza, a nosa Terra, oculta ao noso ollar porun espeso estrato de cultura allea, falsa e ruín, vulgar e filistea, ofercíanos un mundo tan esteso, tan novo, taninédito, tan descoñecido, como os que andábamos a precurar por aí adiante. Pra salvármonos do vulgar, pra redimírmonos do habitual, non cumpría ollar ao longe; cumpría ollar benperto, arredor de nós, en nós mesmos, adentro de nós mesmos. Á beira nosa, constituíndo o meio natural noque cecais non se movera o noso entendemento,mais no que de seguro movíase o noso esprito, ise siñal daman de Deus nas almas escolleitas, estaba, donándolle vida e seiva, a nosa Terra desfigurada e descolecida.Adentro de nós, constituíndo o máis fondo do noso ser, estaba a ialma de Galiza.

×