Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

4 coresma b 2012

390 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

4 coresma b 2012

  1. 1. De tal xeito amou Deus o mundo, que lle deu o seuFillo único, para que todo o que cre nel non se perda, senón que teña vida eterna. Xn. 3, 14-16
  2. 2. A escuridade é o reino dos que tratan de ocultarse da xustiza. Ladróns, asasinos, aditos ao alcohol…converteron a noite no seu tempo favorito.
  3. 3. Para evitar os delitos abonda con frecuencia con iluminar os lugares máis perigosos.Por iso os farois son as primeras víctimas dos malfeitores.
  4. 4. O profeta Isaíaspronuncia un ai! contraos que executan as súas obras nas tebras e se oufanan da súa impunidade dicindo: “Quen nos ve, quen nos coñece?
  5. 5. O evanxeo de hoxe coloca esta frase na boca de Xesús:“ Todo o que obra perversamente detesta a luz”
  6. 6. O evanxeo de Xoán dicía que“a Palabra era a luz verdadeira”. Viña ao mundo para iluminar os camiños da humanidade. Pero, “veu á súa casa e os seus non a recibiron”.
  7. 7. No diálogo con Nicodemo, Xesús contrapón dous grupos de persoas:  O que non se achega á luz para non ser acusado polas súas obras e o que realiza a verdade para que se vexa que as súas obras están feitas segundo Deus.
  8. 8. Xesús é a luz do mundo. Quen lle volve as costas, resígnase a vivir nas tebras.
  9. 9. “De tal xeito amou Deus o mundo, que lle deu o seu Filloúnico, para que todo o que cre nel non se perda, senón que teña vida eterna”.
  10. 10. Nunca se dixera que os Deuses pagánsamasen os seres humanos. Agora anúnciaseque o Deus de Xesucristo se caracteriza polo seu amor ao mundo que El creou.
  11. 11. É o Mestre e o Señor.Pero é, sobre todo, o Fillo de Deusé o reflexo da súa mesma bondade.
  12. 12. Crer no Fillo e aceptar a súa luz: velaí o camiño da salvación.O Fillo foi enviado “para que o mundo se salve por el”.
  13. 13. Señor Xesús, Fillo do Pai e Luz do mundo,ti libráchesnos das tebras.Que a nosa fe nos leve a encontrar en tia vida e a salvación. Amén.
  14. 14. Texto: José Román Flecha Andrés PALABRA DEL SEÑOR – SalamancaPresentación: Antonia Castro PaneroMúsica: MINVOCHERÀ E IO LESAUDIRÒ

×