Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

7º pascua ascensión b 2012

313 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

7º pascua ascensión b 2012

  1. 1. O Señor Xesús, despois de lles falar, elevouse ao ceo e sentou á dereita de Deus. Eles saíron a predicar oevanxeo por todas partes, e o Señor actuaba con eles e confirmaba as súas palabra cos signos que os acompañaban. Mc 16, 15-20
  2. 2. “Aquí veu e foise. Veu… encheu a nosa caixade caudais, con millóns de séculos e de séculos, deixounos unhas ferramentas… e foise”.
  3. 3. Eses versos cos que o poeta evocaa Ascensión de Xesús subliñan a responsabilidade que este misterio nos confía. Deixounos as súas ferramentas e confiounos continuar a súa misión.
  4. 4. Hai ausencias de persoas amadas que nos entristecen e nos paralizan. É como se nos faltase a vida, dicimos. E é verdade. Non podemos vivir como se a amizade e o amor non tivesen cambiado as nosas vidas.
  5. 5. Pero hai ausencias que son un modo novo de presenza. Algo diso descubrimos no momento da partida dos nosos pais. Agora pasamos nós á primeira liña. Tócanos levar adiante o mellor do seu legado, o mellor da súa esperanza.
  6. 6. A Ascensión do Señor invítanos a recobrara conciencia desa súa nova forma de presenza: El está cerca de nós.
  7. 7. E a conciencia da nosa responsabilidade: Encargounos a súa herdanza e a súa mensaxe.De nós depende agora a súa misión.
  8. 8. Dinos o Papa Bieito XVI: “A Ascensión de Cristo non é unha viaxe no espazo cara aos astros máis remotos. Non quere dicirnos que o Señor se foia un lugar afastado dos hombres e do mundo”.
  9. 9. “ Significa que El pertence completamente a Deus. El, o Fillo eterno, conducíu o noso ser humano á presenza de Deus, levou consigo a carne e o sangue nunha forma transfigurada.”
  10. 10. Cristo é para sempre “o Deus connosco”. Engade o Papa :«Nós podemos afastarnos del interiormente. Podemos vivir dándolle as costas.Pero El espéranos sempre e está cerca de nós».
  11. 11. “PROCLAMADE O EVANXEO A TODA A CREACIÓN” É unha misión para anunciar a boa nova de que Deus nos ofreceu en Xesucristo a súa vida, o seu amor e o seu perdón. E que, polo tanto, se pode vivir doutra maneira.
  12. 12. “ IDE AO MUNDO ENTEIRO” Iso fixeron sempre os discípulos de Xesús. A Igrexa é peregrina por esencia e misión.Hai que ir a “mundos” que nos resultan descoñecidos, aínda que están ao noso lado.Non valen desculpas para non emprender esa “ida”.
  13. 13. Señor Xesús,agradecémosche a túapresenza entre nós.Sen ela non poderemoscontinuar a túa misiónque é xa a nosa.Aumenta Ti a nosa fee confirma a nosa palabra.Amén.
  14. 14. José Román Flecha AndrésPALABRA DO SEÑOR –SalamancaPresentación: Antonia Castro PaneroMúsica: Kenne G.

×