SlideShare a Scribd company logo
1 of 3
Download to read offline
SEMANA SANTA – JUEVES SANTO 9 de abril de 2009
CONFERENCIA EPISCOPAL ESPAÑOLA
http://www.conferenciaepiscopal.es 1
XOVES SANTO (B)
PRIMEIRA LECTURA Ex 12, 1-8. 11-14
Lectura do libro do Éxodo
Naqueles días, o Señor díxolles en Exipto a Moisés e a Aharón:
- Teredes este mes polo primeiro dos meses, o mes principal de todo o ano. Dicídelle a
toda a comunidade de Israel: "Que no día dez deste mes cadaquén se procure un año
por familia, un por casa. Se a familia é moi pequena para come-lo año enteiro, que se
xunte co seu veciño, co máis próximo á súa casa, de xeito que, tendo en conta o
número de comensais, o año se axuste ó que entre todos poidan comer.
O animal, que será sen defecto, macho e dun ano, procurarédelo entre os años ou entre
os cabritos.
Gardarédelo ata o catorce deste mes e, entre lusco e fusco dese día, inmolarao a
comunidade toda de Israel en asemblea. Colleréde-lo sangue e mollaredes con el as
xambas e o lintel das casas nas que se vai comer.
Comeréde-la carne esa noite, asada no lume, con pan sen levedar e con verduras
amargas.
Comerédelo deste xeito: A cintura cinguida, as sandalias nos pés, o caxato na man.
Comerédelo ás presas, pois é a Pascua, o Paso do Señor.
Esa noite pasarei eu por todo Exipto e ferirei de morte a tódolos primoxénitos, desde
os dos homes ata os do gando. Farei cumprida xustiza contra tódolos deuses de Exipto.
Eu, o Señor.
O sangue será o sinal das casas onde vós habitades. En vendo o sangue, pasarei sen me
deter, e así, cando eu fira a Exipto, non vos tocará a vós a praga exterminadora.
Este día quedaravos como lembranza perpetua e faredes nel festa ó Señor. Será festa
de precepto por tódalas xeracións".
SEMANA SANTA – JUEVES SANTO 9 de abril de 2009
CONFERENCIA EPISCOPAL ESPAÑOLA
http://www.conferenciaepiscopal.es 2
SALMO RESPONSORIAL Sal 115, 12-13. 15-16bc. 17-18
R/. (cf. 1 Cor 10, 16): O cáliz de bendición é a comuñón do Sangue de Cristo.
¿Con que lle pagarei ó Señor
todo o ben que me fixo?
Alzarei a copa da salvación,
invocando o nome do Señor.
É preciosa ós ollos do Señor
a morte dos seus amigos.
Señor, eu son o teu servo,
servo teu e fillo da túa serva:
¡ti rompíche-las miñas cadeas!
Ofrecereiche un sacrificio de loanza,
invocando o teu nome, Señor.
Cumprirei os meus votos ó Señor,
á vista de todo o seu pobo.
SEGUNDA LECTURA 1 Cor 11, 23-26
Lectura da Primera Carta do Apóstolo San Paulo ós Corintios
Irmáns:
Eu recibín do Señor, e transmitinvos tamén a vós, que o Señor Xesús, na noite en que
o entregaron, colleu pan e, despois de dar gracias, partiuno e dixo: "Isto é o meu corpo,
que se entrega por vós; facede isto en memoria miña".
Do mesmo xeito, despois de cear, tomou a copa dicindo: "Esta copa é a Nova Alianza,
no meu sangue; cada vez que a bebades, facédeo en memoria miña".
Polo tanto, cada vez que comedes este pan e bebedes esta copa, anunciáde-la morte do
Señor, ata que El volva.
SEMANA SANTA – JUEVES SANTO 9 de abril de 2009
CONFERENCIA EPISCOPAL ESPAÑOLA
http://www.conferenciaepiscopal.es 3
EVANCEO Xn 13, 1-15
Lectura do Santo Evanxeo segundo Xoán
Antes da festa da Pascua, sabía Xesús que lle chegara a hora de pasar deste mundo
para onda o Pai; e xa que amara os seus que estaban no mundo, amounos ata a fin.
E mentres ceaban -xa o Satán lle movera o corazón a Xudas, o de Simón Iscariote,
para que o entregase-, sabendo que o Pai lle puxera todo nas mans, e que saíra de Deus
e ía onda Deus, ergueuse da mesa e deixou a túnica; e collendo unha toalla, cinguiuse
con ela. Despois, botou auga nunha palangana e comezou a lavárlle-los pes ós
discípulos e a secárllelos coa toalla que levaba cinguida.
Pero, cando chegou onda Simón Pedro, este díxolle:
- Señor, ¿vasme ti lava-los pés a min?
Xesús respondeulle:
- O que eu fago, ti non o entendes agora; halo comprender despois.
Pedro replicoulle:
- Ti non me lavara-los pés a min endexamais.
Xesús respondeulle:
- Se non te lavo, non terás parte comigo.
Exclamou Simón Pedro:
- Señor, daquela os pés, as mans e maila cabeza.
Dille Xesús:
- Quen se bañou, non precisa máis que lava-los pes, pois está todo limpo; e vós estades
limpos, aínda que non todos.
Sabía quen o había de entregar: por iso dixo "non todos estades limpos".
Despois de que Xesús lles lavou os pés e vestiu a súa túnica, sentou outra vez e
preguntoulles:
- ¿Comprendéde-lo que fixen convosco? Vós chamádesme "Mestre" e "Señor" e
dicides ben porque o son. Logo, se eu, o Señor e o Mestre, vos lavei os pés, tamén vós
debedes lavárvo-los pés uns a outros.
Deivos así un exemplo, para que, como eu fixen convosco, así fagades tamén vós.

More Related Content

What's hot (9)

III Domingo de Coresma
III Domingo de CoresmaIII Domingo de Coresma
III Domingo de Coresma
 
XXXIII Domingo
XXXIII DomingoXXXIII Domingo
XXXIII Domingo
 
Pascua03
Pascua03Pascua03
Pascua03
 
33º domingo toc 2013
33º domingo toc 201333º domingo toc 2013
33º domingo toc 2013
 
3º coresma c
3º coresma c3º coresma c
3º coresma c
 
Bolmarzo 2 new
Bolmarzo 2 newBolmarzo 2 new
Bolmarzo 2 new
 
4 coresma b 2012
4 coresma  b  20124 coresma  b  2012
4 coresma b 2012
 
Cuaresma05
Cuaresma05Cuaresma05
Cuaresma05
 
Corpus09
Corpus09Corpus09
Corpus09
 

Similar to Lecturas b (20)

Lecturas B DOMINGO DE RAMOS
Lecturas B DOMINGO DE RAMOSLecturas B DOMINGO DE RAMOS
Lecturas B DOMINGO DE RAMOS
 
Xoves santo na casa 2020 os tilos
Xoves santo na casa 2020 os tilosXoves santo na casa 2020 os tilos
Xoves santo na casa 2020 os tilos
 
Pentecostes
PentecostesPentecostes
Pentecostes
 
CELEBRACIÓN 26 DE ABRIL
CELEBRACIÓN 26 DE ABRILCELEBRACIÓN 26 DE ABRIL
CELEBRACIÓN 26 DE ABRIL
 
Ordinario20
Ordinario20Ordinario20
Ordinario20
 
Pascua02
Pascua02Pascua02
Pascua02
 
Pascua VI
Pascua VIPascua VI
Pascua VI
 
Ramos na casa 2020 parroquia os tilos
Ramos na casa 2020 parroquia os tilosRamos na casa 2020 parroquia os tilos
Ramos na casa 2020 parroquia os tilos
 
Galician - The Protevangelion.pdf
Galician - The Protevangelion.pdfGalician - The Protevangelion.pdf
Galician - The Protevangelion.pdf
 
Domingo iv b lecturas
Domingo iv b lecturasDomingo iv b lecturas
Domingo iv b lecturas
 
Ordinario22
Ordinario22Ordinario22
Ordinario22
 
Galician - The Epistle of Paul the Apostle to the Laodiceans.pdf
Galician - The Epistle of Paul the Apostle to the Laodiceans.pdfGalician - The Epistle of Paul the Apostle to the Laodiceans.pdf
Galician - The Epistle of Paul the Apostle to the Laodiceans.pdf
 
V domingo coresma 2020 na casa
V domingo coresma 2020 na casaV domingo coresma 2020 na casa
V domingo coresma 2020 na casa
 
Galician - Testament of Zebulun.pdf
Galician - Testament of Zebulun.pdfGalician - Testament of Zebulun.pdf
Galician - Testament of Zebulun.pdf
 
Venres Santo
Venres SantoVenres Santo
Venres Santo
 
Pascua05
Pascua05Pascua05
Pascua05
 
Pascua04
Pascua04Pascua04
Pascua04
 
3º coresma c 2013
3º coresma c 2013 3º coresma c 2013
3º coresma c 2013
 
Ordinario26
Ordinario26Ordinario26
Ordinario26
 
Boletin otono17 new
Boletin otono17 newBoletin otono17 new
Boletin otono17 new
 

More from Manuel Lage Lorenzo (20)

Plano biblio
Plano biblioPlano biblio
Plano biblio
 
Ordinario23
Ordinario23Ordinario23
Ordinario23
 
Ordinario19
Ordinario19Ordinario19
Ordinario19
 
Lecturas domingo xviii b
Lecturas domingo xviii bLecturas domingo xviii b
Lecturas domingo xviii b
 
Papa francesco 20150624-udienza-generale
Papa francesco 20150624-udienza-generalePapa francesco 20150624-udienza-generale
Papa francesco 20150624-udienza-generale
 
Ordinario14
Ordinario14Ordinario14
Ordinario14
 
Papa francesco 20150617-udienza-generale
Papa francesco 20150617-udienza-generalePapa francesco 20150617-udienza-generale
Papa francesco 20150617-udienza-generale
 
Ordinario13
Ordinario13Ordinario13
Ordinario13
 
La familia 18 familia e enfermidade
La familia 18 familia e enfermidadeLa familia 18 familia e enfermidade
La familia 18 familia e enfermidade
 
Ordinario12
Ordinario12Ordinario12
Ordinario12
 
Pasatempos domingo xi do tempo odinario
Pasatempos domingo xi do tempo odinarioPasatempos domingo xi do tempo odinario
Pasatempos domingo xi do tempo odinario
 
15 evan-ord-11-b-semillas en-manos_de_dios
15 evan-ord-11-b-semillas en-manos_de_dios15 evan-ord-11-b-semillas en-manos_de_dios
15 evan-ord-11-b-semillas en-manos_de_dios
 
Lecturas domingo x to b
Lecturas domingo x to bLecturas domingo x to b
Lecturas domingo x to b
 
Pasatempo corpus
Pasatempo corpusPasatempo corpus
Pasatempo corpus
 
Evangelio 15-ord-b-10-corpus christi-esto_es_mi-cuerpo_esta_es_mi_sangre_sangre
Evangelio 15-ord-b-10-corpus christi-esto_es_mi-cuerpo_esta_es_mi_sangre_sangreEvangelio 15-ord-b-10-corpus christi-esto_es_mi-cuerpo_esta_es_mi_sangre_sangre
Evangelio 15-ord-b-10-corpus christi-esto_es_mi-cuerpo_esta_es_mi_sangre_sangre
 
Sen título 1
Sen título 1Sen título 1
Sen título 1
 
15 evan-ord-9-b-trinidad
15 evan-ord-9-b-trinidad15 evan-ord-9-b-trinidad
15 evan-ord-9-b-trinidad
 
Papa francesco 20150527-udienza-generale
Papa francesco 20150527-udienza-generalePapa francesco 20150527-udienza-generale
Papa francesco 20150527-udienza-generale
 
Trinidad
TrinidadTrinidad
Trinidad
 
Pasatempos pentecoste
Pasatempos pentecostePasatempos pentecoste
Pasatempos pentecoste
 

Lecturas b

  • 1. SEMANA SANTA – JUEVES SANTO 9 de abril de 2009 CONFERENCIA EPISCOPAL ESPAÑOLA http://www.conferenciaepiscopal.es 1 XOVES SANTO (B) PRIMEIRA LECTURA Ex 12, 1-8. 11-14 Lectura do libro do Éxodo Naqueles días, o Señor díxolles en Exipto a Moisés e a Aharón: - Teredes este mes polo primeiro dos meses, o mes principal de todo o ano. Dicídelle a toda a comunidade de Israel: "Que no día dez deste mes cadaquén se procure un año por familia, un por casa. Se a familia é moi pequena para come-lo año enteiro, que se xunte co seu veciño, co máis próximo á súa casa, de xeito que, tendo en conta o número de comensais, o año se axuste ó que entre todos poidan comer. O animal, que será sen defecto, macho e dun ano, procurarédelo entre os años ou entre os cabritos. Gardarédelo ata o catorce deste mes e, entre lusco e fusco dese día, inmolarao a comunidade toda de Israel en asemblea. Colleréde-lo sangue e mollaredes con el as xambas e o lintel das casas nas que se vai comer. Comeréde-la carne esa noite, asada no lume, con pan sen levedar e con verduras amargas. Comerédelo deste xeito: A cintura cinguida, as sandalias nos pés, o caxato na man. Comerédelo ás presas, pois é a Pascua, o Paso do Señor. Esa noite pasarei eu por todo Exipto e ferirei de morte a tódolos primoxénitos, desde os dos homes ata os do gando. Farei cumprida xustiza contra tódolos deuses de Exipto. Eu, o Señor. O sangue será o sinal das casas onde vós habitades. En vendo o sangue, pasarei sen me deter, e así, cando eu fira a Exipto, non vos tocará a vós a praga exterminadora. Este día quedaravos como lembranza perpetua e faredes nel festa ó Señor. Será festa de precepto por tódalas xeracións".
  • 2. SEMANA SANTA – JUEVES SANTO 9 de abril de 2009 CONFERENCIA EPISCOPAL ESPAÑOLA http://www.conferenciaepiscopal.es 2 SALMO RESPONSORIAL Sal 115, 12-13. 15-16bc. 17-18 R/. (cf. 1 Cor 10, 16): O cáliz de bendición é a comuñón do Sangue de Cristo. ¿Con que lle pagarei ó Señor todo o ben que me fixo? Alzarei a copa da salvación, invocando o nome do Señor. É preciosa ós ollos do Señor a morte dos seus amigos. Señor, eu son o teu servo, servo teu e fillo da túa serva: ¡ti rompíche-las miñas cadeas! Ofrecereiche un sacrificio de loanza, invocando o teu nome, Señor. Cumprirei os meus votos ó Señor, á vista de todo o seu pobo. SEGUNDA LECTURA 1 Cor 11, 23-26 Lectura da Primera Carta do Apóstolo San Paulo ós Corintios Irmáns: Eu recibín do Señor, e transmitinvos tamén a vós, que o Señor Xesús, na noite en que o entregaron, colleu pan e, despois de dar gracias, partiuno e dixo: "Isto é o meu corpo, que se entrega por vós; facede isto en memoria miña". Do mesmo xeito, despois de cear, tomou a copa dicindo: "Esta copa é a Nova Alianza, no meu sangue; cada vez que a bebades, facédeo en memoria miña". Polo tanto, cada vez que comedes este pan e bebedes esta copa, anunciáde-la morte do Señor, ata que El volva.
  • 3. SEMANA SANTA – JUEVES SANTO 9 de abril de 2009 CONFERENCIA EPISCOPAL ESPAÑOLA http://www.conferenciaepiscopal.es 3 EVANCEO Xn 13, 1-15 Lectura do Santo Evanxeo segundo Xoán Antes da festa da Pascua, sabía Xesús que lle chegara a hora de pasar deste mundo para onda o Pai; e xa que amara os seus que estaban no mundo, amounos ata a fin. E mentres ceaban -xa o Satán lle movera o corazón a Xudas, o de Simón Iscariote, para que o entregase-, sabendo que o Pai lle puxera todo nas mans, e que saíra de Deus e ía onda Deus, ergueuse da mesa e deixou a túnica; e collendo unha toalla, cinguiuse con ela. Despois, botou auga nunha palangana e comezou a lavárlle-los pes ós discípulos e a secárllelos coa toalla que levaba cinguida. Pero, cando chegou onda Simón Pedro, este díxolle: - Señor, ¿vasme ti lava-los pés a min? Xesús respondeulle: - O que eu fago, ti non o entendes agora; halo comprender despois. Pedro replicoulle: - Ti non me lavara-los pés a min endexamais. Xesús respondeulle: - Se non te lavo, non terás parte comigo. Exclamou Simón Pedro: - Señor, daquela os pés, as mans e maila cabeza. Dille Xesús: - Quen se bañou, non precisa máis que lava-los pes, pois está todo limpo; e vós estades limpos, aínda que non todos. Sabía quen o había de entregar: por iso dixo "non todos estades limpos". Despois de que Xesús lles lavou os pés e vestiu a súa túnica, sentou outra vez e preguntoulles: - ¿Comprendéde-lo que fixen convosco? Vós chamádesme "Mestre" e "Señor" e dicides ben porque o son. Logo, se eu, o Señor e o Mestre, vos lavei os pés, tamén vós debedes lavárvo-los pés uns a outros. Deivos así un exemplo, para que, como eu fixen convosco, así fagades tamén vós.