Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

2º coresma b 2012

454 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

2º coresma b 2012

  1. 1. 2, 13-17 Xesús tomou consigo a Pedro, a Santiago e a seu irmán Xoán, e levounos á parte, a un monte alto. Transfigurouse diante deles. E apareceron Moisés e Elías que conversaban con el.
  2. 2. 2, 13-17 Tomando Pedro a palabra, díxolle a Xesús: “ Señor, que ben estamos aquí! Se queres, farei aquí tres tendas, unha para ti, outra para Moisés e outra para Elías”.
  3. 3. 2, 13-17
  4. 4. Xesús anunciara xa que é preciso negarse a si mesmo, tomar a cruz e seguir ao seu Mestre. Como para darlles azos no duro camiño do seguimento, toma consigo a Pedro, Santiago e Xoán e transfigúrase ante eles.
  5. 5. A montaña está chea de simbolismo. Pola soidade e pola altura, o monte é un lugar apropiado para experimentar a presenza de Deus.
  6. 6. A transfiguración amosa a gloria de Xesús, como partícipe da gloria do Pai. Tamén desvela a súa sorte futura. E a revelación da vocación á que é chamada cada día a comunidade cristiá.
  7. 7. 2, 13-17
  8. 8. Ante as satisfaccións que se nos ofrecen, descubrimos que a felicidade está en alguén. En Alguén que é a nosa luz e paz. “ Mestre, que ben estamos aquí!”.
  9. 9. Ante as mil palabras que nos confunden comprendemos que o silencio é elocuente. O silencio de Deus é a única palabra que dá vida. “ Mestre, que ben estamos aquí!”.
  10. 10. Ante as tentacións de poder e de prestixio que nos asaltan, hai que valorar a proximidade do Señor e a participación no seu destino. “ Mestre, que ben estamos aquí!”
  11. 11. “ Mestre, que ben estamos aquí!”.
  12. 12. Señor Xesús que, transfigurado no monte, nos amosas a túa gloria de Fillo de Deus, ensínanos a descubrir o camiño da cruz que nos revela a maxestad da túa luz. Amén.
  13. 13. Texto: José Román Flecha Andrés HIJO DE Deus – Salamanca Presentación: Antonia Castro Panero Música: Signore, mostrami il tuo volto

×