Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

3º domingo tob 2012

420 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

3º domingo tob 2012

  1. 1. Cando prenderon a Xoán, Xesús marchou a Galilea a proclamar o evanxeo de Deus. 3º Domingo do Tempo Ordinario – Ciclo B
  2. 2. E dicía: - O tempo está cumprido e chega o Reino de Deus: Convertédevos e crede na Boa Nova. Mc 1, 14-15
  3. 3. Xonás é recordado sobre todo pola balea que o devora nun mar revolto pola tempestade. Parece o protagonista dun conto inverosímil. Ninguén viaxa durante tres días no ventre dun cetáceo e se dedica mentres tanto a compoñer un fermoso salmo.
  4. 4. O autor, con trazos incribles quería transmitir a máis crible das mensaxes sobre o amor de Deus. Deus ama os homes, incluso os pecadores. E ten enxeño de abondo para invitalos á conversión.
  5. 5. O Libro de Xonás é ademais un fermoso relato sobre o humor de Deus. Un Deus que confía de verdade nun profeta rabechudo, que non acaba de aceptar a misión que lle encomenda. Nada menos que ir predicar a Nínive, a capital do imperio opresor!
  6. 6. Cando viu Deus que os ninivitas se convertían da súa mala vida, tivo piedade do seu pobo o Señor. Esa é a grande ensinanza. Deus é compasivo, pero non é nacionalista. O seu amor non ten fronteiras.
  7. 7. O Evanxeo de hoxe compara a Xesús con Xonás na mensaxe que vai predicando por terras de Galilea: “ O tempo está cumprido e chega o Reino de Deus: Convertédevos e crede na Boa Nova”.
  8. 8. Porque Deus é o noso Rei e Señor, é necesario e posible vivir doutra maneira. Porque somos membros dun Reino estupendo non podemos vivir como os malfeitores.
  9. 9. Difícilmente poderá cambiar de vida e de valores, quen non cre na mensaxe que anuncia a maxestade de Deus e a súa bondade. Pero non é verdadeiro crente quen non traduce a súa fe nun cambio e renovación de vida.
  10. 10. Ese pregón evanxélico foi confiado á Igrexa e a cada un dos cristiáns. Para anuncialo de forma crible hai que facelo propio e vivilo con sinceridade. “ Convertédevos e crede na Boa Nova”
  11. 11. Señor Xesús, que nunca esquezamos estas primeiras palabras coas que inicias a túa misión entre nós. Aumenta a nosa fe e apoia a nosa vontade de converternos. Amén.
  12. 12. Texto: José Román Flecha Andrés PALABRA DEL SEÑOR –Salamanca Presentación: Antonia Castro Panero Música: Magnum Mysterium

×