SlideShare a Scribd company logo
1 of 50
a bolboreta
da seda
Unha lenda chinesa conta que o
descubrimento da seda fixoo
unha antiga emperatriz a que,
mentras tomaba o te debaixo
dunha moreira, lle caeu un
casulo na taza e cando o quixo
coller empezou a desfiañarse e
ela, á que lle gustaban moito as
labores de tecido, admirada
pola finura e o brillo de aquel fío
e empezou a traballar con el.
O secreto da elaboración dos
tecidos de seda gardouse
celosamente durante moito
tempo.
A bolboreta da eiruga da seda (Bombix mori) é orixinaria do norte de China, onde
se cría desde hai uns 5.500 anos para aproveitar o fío co que a eiruga constrúe o
casulo no que se agocha para facer a súa metamorfose a adulto.
A bolboreta da eiruga da
seda é un insecto de
cor blanca-crema, de
corpo voluminoso e
peludo, duns 3 cm de
longo e entre 4 e 5 cm
de envergadura alar.
Non se atopa en estado
silvestre nin pode voar.
Bolboreta macho. Os machos recoñécense polas antenas
máis plumosas e o abdome máis estreito.
Bolboreta femia. As femias son algo máis grandes
e teñen o abdome máis voluminoso
A bolboreta
como insecto
ten o corpo
dividido en tres
partes: cabeza
(con ollos
compostos,
boca e
antenas), torax
(con tres pares
de patas e dous
pares de ás) e
abdome
(ocupado, case
todo, polos
órganos
reproductores)
CABEZA
TORAX ABDOME
A eiruga ten o corpo dividido e 13 segmentos. O primeiro correspóndelle á cabeza,
os tres seguintes son os segmentos torácicos, que levan patas, e os restantes son
os segmentos abdominais, os catro intermedios e o derradeiro levan unhas falsas
patas con sistemas de suxección.
CABEZA
TORAX
ABDOME
Orificios respiratorios
Tubo dixestivo
Glándulas seríceas Tubo de
Malpigi
Vaso sanguíneo dorsal
Vaso sanguíneo ventral
Tubo
dixestivo
Boca
Fieira
As eirugas aliméntanse de follas de moreira. As bolboretas non comen
En canto saen do
casulo os machos
buscan ás femias
para emparellarse.
Un pouco despois as femias poñen de 400 a 500 ovos.
O ciclo vital é o propio
dos lepidópteros e
pasa polas catro fases
básicas: ovo, larva ou
eiruga, crisálida ou
pupa e imago ou
adulto.
Os ovos miden entre 1 e 1,5 mm de longo. Nun gramo caben de 1.000 a 1.500 ovos
O desenvolvemento
do embrión dura
arredor de 15 días.
En climas fríos a
eclosión non se
produce ata que
pasa o inverno, e
depende da
temperatura
ambiental, para
coincidir coa
aparición das follas
da moreira das que
se alimenta.
Nos 30 ou 35 días
que dura a fase de
larva realizan catro
mudas.
Cando saen
do ovo as
eirugas miden
uns 3 mm de
longo e son
de cor gris. Xa
producen
seda.
Eirugas de 1 día
de vida
Aos 6 días fan a primera muda, que dura unhas 24 horas.
Eirugas recén
eclosionadas e
outras a piques de
facer a primeira
muda
Eirugas facendo a
primeira muda
Eirugas despois da
primeira muda
Na segunda
idade (fase
larvaria despois
da primeira
muda) que dura
3 ou 4 días,
empezan a
diferenciarse os
caracteres de
cada variedade
de eiruga.
Eirugas na terceira idade
Despois da segunda muda (terceira idade larvaria) é cando mellor se
diferencian as distintas variedades das eirugas
Eirugas de distintas variedades de bolboretas productoras de seda.
Na cuarta idade
as eirugas
fanse máis
brancas. O
período de
muda desta
fase á seguinte
é moito máis
longo e dura
varios días.
Eirugas da quinta idade, a última da fase larvaria.
Ao remate da fase larvaria a eiruga acada os 8 ou 9 cm de lonxitude.
Eiruga completamente desenvolvida
A eiruga da
seda está
considerada o
animal que máis
come. Ao longo
da súa curta
vida, de 30 a 35
días, medra ata
30 veces o
tamaño que tiña
ao nacer,
aumenta ata
9.000 veces o
peso e unhas
6.000 veces o
volume .
Cando completa o
desenvolvemento a
eiruga busca un lugar
seco e illado para
construir o casulo no que
pasará a fase de pupa.
Un proceso no que
invirte de 2 a 3 días
Para transformarse
en crisálida a eiruga
péchase no casulo,
para iso produce, en
dúas glándulas que
ten na parte de
abaixo e ao longo do
corpo, un líquido,
que se solidifica en
contacto co aire, co
que forma arredor de
sí unha envoltura
dun único fío de ata
1.500 metros de
longo.
A forma, o tamaño e
a cor dos casulos
depende da
variedade da
bolboreta que o
produce.
Corte dun
casulo. No
interior
podemos
ver os
restos da
muda e a
crisálida.
Para saíren do
casulo as
bolboretas
fúrano cunha
secreción
aceda que
rompe a seda.
Bolboretas recén saídas do casulo
Logo viven
entre 3 e 15
días nos que
só buscan
parella, as
femias
poñen os
ovos e logo
morren.
O ciclo de vida da bolboreta da seda complétase nuns 60 días, que é o tempo
que transcorre entre o nacemento da larva, o desenvolvemento da eiruga, a
crisalidación, a saída do adulto e a morte deste despois da pósta.
Morus alba, Morus
rubra e Morus nigra;
moreira blanca,
moreira vermella e
moreira negra. Son
árbores de tamaño
medio, entre 13 e 15 m
de altura, oriundos das
zonas templadas de
Asia que medran rápido
cando novos. Usáronse
como árbores de
sombra nas beiras das
estradas e utilízanse en
xardíns porque
soportan ben as podas.
Nas zonas productoras
de seda cultívanse para
alimentar as eirugas.
As
moreiras
Teñen follas alternas, ovais,
enteiras (de lobuladas a
fortemente lobuladas nos
exemplares novos da moreira
branca). De cor verde
brillante, lustrosas pola cara
e máis claras polo revés.
Follas de moreira vermella
Follas de moreira negra
Follas
lobuladas de
ponlas novas
de moreira
branca
As flores, pequenas e agrupadas en
espigas, transfórmanse en froitos
compostos, de 2 a 3 cm, de cor
vermella, negra ou brancos, según a
especie. Os froitos son comestibles e
de bo sabor agás os da moreira
branca que son insípidos.
Froitos de moreira negra
Froitos de moreira branca
Froitos de moreira vermella
Pódense criar
eirugas da seda
como pasatempo,
a pequena escala
e a nivel industrial.
Para levar a cabo
esta actividade é
necesario
dispoñer de
espazo e, sobre
todo, un número
de árbores
produtores de
alimento axeitado
á cantidade de
eirugas que se
queren criar.
A cría industrial de
eirugas da seda faise en
grandes espazos
acondicionados con
temperatura luz e
humidade controladas,
que acollen moitos
milleiros de individuos
de variedades
seleccionadas, para
conseguir unha
uniformidade no
desenvolvemento e a
calidade requerida. As
eirugas teñen que
dispoñer
constantemente de
alimento fresco
suficiente, que se lles
suministra dúas veces
ao día, e hai que
hixienizar e limpar os
espazos regularmente.
Bandexas de cría de eirugas
A partir do
décimo día da
formación,
recóllense os
casulos
retirándos dos
soportes
Logo
“afóganse” ou
escáldanse as
crisálidas.
Os casulos
límpanse,
retíraselle a
seda frouxa de
fóra, e
selecciónanse.
Casulos limpos e seleccionados, listos para a saca da seda
Para sacar un kg de
seda crúa son
necesarios 5.500
casulos.
Para ter o fío, ou
facer a saca da
seda, métese o
casulo en auga a
ferver para que se
disolva o
aglutinante que
mantén as febras
apegadas. Logo
cóllese a febra e
tirando dela
desenfíase para
facer madeixas.
A seda que se
obtén con este
proceso chámase
seda crúa.
Con varias febras faise
un fío.
Con varios fíos
enrolados outros fíos de
maior resistencia.
As madeixas cócense e
blanquéanse con auga
e xabón e sécanse ao
sol para que gañen
elasticidade, brillo e
suavidade.
Por último tínguense ou
déixanse coa súa cor
orixinal, e xa quedan
listas para tecer.
Teas e
complementos
feitos con seda.
A seda máis fina
do mundo faise en
Kawamata
(Xapón). Coñécese
como “Ás de fada”,
os fíos son a
sexta parte de
gordos que un pelo
humano. As
prendas son case
transparentes e
tan lixeiras que
case non se sente
o seu contacto coa
pel.
fin
As imaxes foron collidas da internet.
Agradezolle aos autores a súa dispoñibilidade e agardo que saiban disculpar
o uso que fixen delas.
Mon Daporta
COUSIÑAS FEITAS NA CASA

More Related Content

Similar to A eiruga da seda

Judit Os Cogumelos
Judit Os CogumelosJudit Os Cogumelos
Judit Os Cogumelos
guestb35b1c
 
Bioloxía do dragal
Bioloxía do dragalBioloxía do dragal
Bioloxía do dragal
satelite1
 
6.tricópteros noelia y javier
6.tricópteros noelia y javier6.tricópteros noelia y javier
6.tricópteros noelia y javier
Plecoptero
 

Similar to A eiruga da seda (20)

A ovella
A ovellaA ovella
A ovella
 
As abellas
As abellasAs abellas
As abellas
 
As abellas
As abellasAs abellas
As abellas
 
Reprodución
ReproduciónReprodución
Reprodución
 
As formigas
As formigas As formigas
As formigas
 
Judit Os Cogumelos
Judit Os CogumelosJudit Os Cogumelos
Judit Os Cogumelos
 
Roque e as pombas I
Roque e as pombas IRoque e as pombas I
Roque e as pombas I
 
Os sapoconchos I
Os sapoconchos IOs sapoconchos I
Os sapoconchos I
 
Yoli
YoliYoli
Yoli
 
Os insectos
Os insectosOs insectos
Os insectos
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptx
 
Bolboretiña
BolboretiñaBolboretiña
Bolboretiña
 
Anátidas (1)
Anátidas (1)Anátidas (1)
Anátidas (1)
 
11.anisóptero, cordulegastérido david vázquez
11.anisóptero, cordulegastérido david vázquez11.anisóptero, cordulegastérido david vázquez
11.anisóptero, cordulegastérido david vázquez
 
Bioloxía do dragal
Bioloxía do dragalBioloxía do dragal
Bioloxía do dragal
 
O pavo
O pavoO pavo
O pavo
 
A ra
A raA ra
A ra
 
A ra
A raA ra
A ra
 
A pomba
A pombaA pomba
A pomba
 
6.tricópteros noelia y javier
6.tricópteros noelia y javier6.tricópteros noelia y javier
6.tricópteros noelia y javier
 

More from MonContos

More from MonContos (20)

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptx
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptx
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptx
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptx
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptx
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptx
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptx
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptx
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptx
 
petos.pptx
petos.pptxpetos.pptx
petos.pptx
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didáctica
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
 
Paco Leiro
Paco LeiroPaco Leiro
Paco Leiro
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papel
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papel
 
Rata Luísa, barcos de papel
Rata Luísa,  barcos de papelRata Luísa,  barcos de papel
Rata Luísa, barcos de papel
 

Recently uploaded (8)

Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 

A eiruga da seda

  • 2. Unha lenda chinesa conta que o descubrimento da seda fixoo unha antiga emperatriz a que, mentras tomaba o te debaixo dunha moreira, lle caeu un casulo na taza e cando o quixo coller empezou a desfiañarse e ela, á que lle gustaban moito as labores de tecido, admirada pola finura e o brillo de aquel fío e empezou a traballar con el. O secreto da elaboración dos tecidos de seda gardouse celosamente durante moito tempo.
  • 3. A bolboreta da eiruga da seda (Bombix mori) é orixinaria do norte de China, onde se cría desde hai uns 5.500 anos para aproveitar o fío co que a eiruga constrúe o casulo no que se agocha para facer a súa metamorfose a adulto.
  • 4. A bolboreta da eiruga da seda é un insecto de cor blanca-crema, de corpo voluminoso e peludo, duns 3 cm de longo e entre 4 e 5 cm de envergadura alar. Non se atopa en estado silvestre nin pode voar.
  • 5. Bolboreta macho. Os machos recoñécense polas antenas máis plumosas e o abdome máis estreito.
  • 6. Bolboreta femia. As femias son algo máis grandes e teñen o abdome máis voluminoso
  • 7. A bolboreta como insecto ten o corpo dividido en tres partes: cabeza (con ollos compostos, boca e antenas), torax (con tres pares de patas e dous pares de ás) e abdome (ocupado, case todo, polos órganos reproductores) CABEZA TORAX ABDOME
  • 8. A eiruga ten o corpo dividido e 13 segmentos. O primeiro correspóndelle á cabeza, os tres seguintes son os segmentos torácicos, que levan patas, e os restantes son os segmentos abdominais, os catro intermedios e o derradeiro levan unhas falsas patas con sistemas de suxección. CABEZA TORAX ABDOME Orificios respiratorios Tubo dixestivo Glándulas seríceas Tubo de Malpigi Vaso sanguíneo dorsal Vaso sanguíneo ventral Tubo dixestivo Boca Fieira
  • 9. As eirugas aliméntanse de follas de moreira. As bolboretas non comen
  • 10. En canto saen do casulo os machos buscan ás femias para emparellarse.
  • 11. Un pouco despois as femias poñen de 400 a 500 ovos.
  • 12. O ciclo vital é o propio dos lepidópteros e pasa polas catro fases básicas: ovo, larva ou eiruga, crisálida ou pupa e imago ou adulto.
  • 13. Os ovos miden entre 1 e 1,5 mm de longo. Nun gramo caben de 1.000 a 1.500 ovos
  • 14. O desenvolvemento do embrión dura arredor de 15 días. En climas fríos a eclosión non se produce ata que pasa o inverno, e depende da temperatura ambiental, para coincidir coa aparición das follas da moreira das que se alimenta. Nos 30 ou 35 días que dura a fase de larva realizan catro mudas.
  • 15. Cando saen do ovo as eirugas miden uns 3 mm de longo e son de cor gris. Xa producen seda. Eirugas de 1 día de vida
  • 16. Aos 6 días fan a primera muda, que dura unhas 24 horas. Eirugas recén eclosionadas e outras a piques de facer a primeira muda
  • 18. Eirugas despois da primeira muda Na segunda idade (fase larvaria despois da primeira muda) que dura 3 ou 4 días, empezan a diferenciarse os caracteres de cada variedade de eiruga.
  • 19. Eirugas na terceira idade Despois da segunda muda (terceira idade larvaria) é cando mellor se diferencian as distintas variedades das eirugas
  • 20. Eirugas de distintas variedades de bolboretas productoras de seda.
  • 21. Na cuarta idade as eirugas fanse máis brancas. O período de muda desta fase á seguinte é moito máis longo e dura varios días.
  • 22. Eirugas da quinta idade, a última da fase larvaria.
  • 23. Ao remate da fase larvaria a eiruga acada os 8 ou 9 cm de lonxitude. Eiruga completamente desenvolvida
  • 24. A eiruga da seda está considerada o animal que máis come. Ao longo da súa curta vida, de 30 a 35 días, medra ata 30 veces o tamaño que tiña ao nacer, aumenta ata 9.000 veces o peso e unhas 6.000 veces o volume .
  • 25. Cando completa o desenvolvemento a eiruga busca un lugar seco e illado para construir o casulo no que pasará a fase de pupa. Un proceso no que invirte de 2 a 3 días
  • 26. Para transformarse en crisálida a eiruga péchase no casulo, para iso produce, en dúas glándulas que ten na parte de abaixo e ao longo do corpo, un líquido, que se solidifica en contacto co aire, co que forma arredor de sí unha envoltura dun único fío de ata 1.500 metros de longo.
  • 27. A forma, o tamaño e a cor dos casulos depende da variedade da bolboreta que o produce.
  • 28. Corte dun casulo. No interior podemos ver os restos da muda e a crisálida.
  • 29. Para saíren do casulo as bolboretas fúrano cunha secreción aceda que rompe a seda.
  • 30. Bolboretas recén saídas do casulo Logo viven entre 3 e 15 días nos que só buscan parella, as femias poñen os ovos e logo morren.
  • 31. O ciclo de vida da bolboreta da seda complétase nuns 60 días, que é o tempo que transcorre entre o nacemento da larva, o desenvolvemento da eiruga, a crisalidación, a saída do adulto e a morte deste despois da pósta.
  • 32. Morus alba, Morus rubra e Morus nigra; moreira blanca, moreira vermella e moreira negra. Son árbores de tamaño medio, entre 13 e 15 m de altura, oriundos das zonas templadas de Asia que medran rápido cando novos. Usáronse como árbores de sombra nas beiras das estradas e utilízanse en xardíns porque soportan ben as podas. Nas zonas productoras de seda cultívanse para alimentar as eirugas. As moreiras
  • 33. Teñen follas alternas, ovais, enteiras (de lobuladas a fortemente lobuladas nos exemplares novos da moreira branca). De cor verde brillante, lustrosas pola cara e máis claras polo revés. Follas de moreira vermella Follas de moreira negra Follas lobuladas de ponlas novas de moreira branca
  • 34. As flores, pequenas e agrupadas en espigas, transfórmanse en froitos compostos, de 2 a 3 cm, de cor vermella, negra ou brancos, según a especie. Os froitos son comestibles e de bo sabor agás os da moreira branca que son insípidos. Froitos de moreira negra Froitos de moreira branca Froitos de moreira vermella
  • 35. Pódense criar eirugas da seda como pasatempo, a pequena escala e a nivel industrial. Para levar a cabo esta actividade é necesario dispoñer de espazo e, sobre todo, un número de árbores produtores de alimento axeitado á cantidade de eirugas que se queren criar.
  • 36. A cría industrial de eirugas da seda faise en grandes espazos acondicionados con temperatura luz e humidade controladas, que acollen moitos milleiros de individuos de variedades seleccionadas, para conseguir unha uniformidade no desenvolvemento e a calidade requerida. As eirugas teñen que dispoñer constantemente de alimento fresco suficiente, que se lles suministra dúas veces ao día, e hai que hixienizar e limpar os espazos regularmente. Bandexas de cría de eirugas
  • 37.
  • 38. A partir do décimo día da formación, recóllense os casulos retirándos dos soportes
  • 40. Os casulos límpanse, retíraselle a seda frouxa de fóra, e selecciónanse.
  • 41. Casulos limpos e seleccionados, listos para a saca da seda
  • 42. Para sacar un kg de seda crúa son necesarios 5.500 casulos.
  • 43. Para ter o fío, ou facer a saca da seda, métese o casulo en auga a ferver para que se disolva o aglutinante que mantén as febras apegadas. Logo cóllese a febra e tirando dela desenfíase para facer madeixas. A seda que se obtén con este proceso chámase seda crúa.
  • 44.
  • 45.
  • 46.
  • 47. Con varias febras faise un fío. Con varios fíos enrolados outros fíos de maior resistencia. As madeixas cócense e blanquéanse con auga e xabón e sécanse ao sol para que gañen elasticidade, brillo e suavidade. Por último tínguense ou déixanse coa súa cor orixinal, e xa quedan listas para tecer.
  • 49. A seda máis fina do mundo faise en Kawamata (Xapón). Coñécese como “Ás de fada”, os fíos son a sexta parte de gordos que un pelo humano. As prendas son case transparentes e tan lixeiras que case non se sente o seu contacto coa pel.
  • 50. fin As imaxes foron collidas da internet. Agradezolle aos autores a súa dispoñibilidade e agardo que saiban disculpar o uso que fixen delas. Mon Daporta COUSIÑAS FEITAS NA CASA