2. Índice
• Información ………………………………………3
• Características………………………………….…4
• Comportamento da abella………………….…….8
• Reprodución………………………………………9
• Alimentación………………………………………10
• Ameazas .................………………………….…….11
• Distribución e Hábitat….……………………….…12
• Enlaces empregados...….……………………………...13
3. Información
• Nome Popular: Abella.
• Nome Científico: Anthophila.
• Clase: Insecta.
• Orde: Hymenoptera.
• Familia: Apoidea.
• A abella é un insecto voador coñecido por producir o mel
que se consume arredor do mundo. Pertence á orde
Hymenoptera e a superfamilia Apoidea. Sen embargo, a
abella non é só unha especie, senón que o xénero contén
cerca de 20.000 especies de abellas agrupadas en 9 familias
e non todas producen mel.
4. Características
• A cor: pode variar segundo a especie pero as máis coñecidas
son de cor negra con franxas amarelas.
Abella melífera Anthidium florentium
5. • Anatomía externa: en xeral as abellas teñen unha estrutura
longa chamada probóscide coa que inxiren o néctar das
flores. Nos machos, as antenas está compostas por 13
segmentos e nas femias por 12.
• Alas: todas as abellas teñen 2 pares sendo a parte posterior
a máis pequena e nalgunhas especies estas son tan
pequenas que impiden que a abella poida voar.
• O aguillón: chámase
ovipositor e forma parte na
reprodución da abella. Unido
ao aguillón encóntrase unha
bolsa que contén veneno pero
só as femias pican.
6. • O tamaño:
Megachile Pluto: a femia chega
a medir 3,4 cm.
Trigona mínima: non supera
os 0,21 cm.
7. • Tipos: en cada colonia ou panal conviven 3 tipos de abellas:
• A reina: é a única que pon ovos (arredor de 200.000) e esa é a
súa función. Vive preto de 4 anos.
• As obreiras: son femias estériles e encárganse de limpar o panal,
recoller o polen e coidar as crías. Non superan os 50 días.
• Os abellóns: son machos e se encargan de aparearse coa femia.
Non poden alimentarse por si mesmos xa que non teñen aguillón.
Teñen o corpo máis grande que as obreiras e uns ollos máis
saltóns.
8. Comportamento das abellas
• A abella destaca polo seu comportamento altamente
organizado e enfocado ao traballo. Forman colonias
constituídas por miles de individuos e cada un destes ten
unha función que realizar.
• Algunhas especies son agresivas pero despois de picar
morren xa que o aguillón queda na pel do afectado xunto
con parte do abdome.
• Un comportamento interesante das Melíferas descuberto
nos anos 70 polo investigador Karl von Frisch é que estas
manteñen unha forma de comunicación: a abella realiza unha
especie de danza con obxectivo de compartir información
acerca da ubicación das flores. As obreiras regresan ao panal
e comezan a danzar arriba e abaixo pola parede vertical. A
distancia ata as flores.
Depende da duración do meneo e do número de axitacións;
mentres máis lonxe se encontren as flores máis longa é a liña
e máis lento é o ritmo das axitacións.
9. Reproducción
• A abella é un animal ovíparo e só a reina pode aparearse e
poñer ovos. As larvas destinadas a ser abellas reinas
alimentaranas con xalea real e tardarán 21 días en emerxer
mentres que as destinadas a ser obreiras alimentaranas con
mel e polen e tardarán 15 días en metamorfearse. Os
machos aliméntanse igual que as obreiras pero tardarán 24
días en nacer.
10. Alimentación
• Aliméntanse a base de polen e néctar das flores. As
obreiras colectan auga para diluír a mel almacenada e
preparar o alimento das larvas. Nas abellas produtoras de
mel, a xalea real é consumida pola que será a reina. Por
outra parte as abellas do xénero Trigona son as únicas que
se alimentan de carroña.
11. Ameazas as abellas
• Dende o século pasado tanto as poboacións de abellas
silvestres sobre todo en Estados Unidos como a apicultura
sufriron un descenso debido a pérdida do habitat natural a
causa da tala e a urbanización así como o uso de
plaguicidas.
Afortunadamente estanse tomando medidas e a Unión
Europea anunciou que ten plans para restrinxir o uso de
pesticidas nocivos para as abellas.
12. Distribución e hábitat
• A abella encóntrase en todos os continentes excepto na
Antártida e soen vivir en zonas con vexetacións ricas en
flores e habitan en buratos das árbores e os paneis
construídos en comunidade.