6. ROMARÍA DE SAN COSME
É unha romaría quese celebra na cima do monte desan Antón no concello deIrixoa.
O día propio é o 27 de setembro, pero celébrase a última fin de semana do mes.
A xente xúntase para oirmisa na capela quehai no monte. Nesta capela están as
figuras desan Cosme e san Miguel e un porco relacionado con san Antonio, que
simboliza a tentación e a luxuria. Despois comentodos xuntos a comida quelevan
das súas casas.Taménhai orquestra para pásalo ben.
Na actualidade xa non se celebra como fai anos. Non hai verbena epouca xente
queda a comerde romaría.
Brais: “A miña avoa recorda que ía á misa e despois había grandes merendas e todos
quedaban a xantar e os nenos xogaban toda a tarde. Os máis afortunados agardaban
ata a verbena da noite.”
7.
8.
9.
10. O MAGOSTO
A palabra Magosto significa “gran
fogueira”. Celébrase no mes de
novembro entre os días 1 (día de
Santos) e 11 (día de san Martiño).
Ásanse as castañas nas fogueiras e
despois de comelas xógase a coller
tizóns para tiznar as caras uns a outros.
No magosto tamén se fan xogos
populares como: a peonza, carreiras de
11. E nanosa zonatamén se cantan cantigas:
A castaña no ourizo
quixo rir e regañou,
caeu do castaño abaixo
mira que chasco levou.
Acabáronse as vendimas
e veñen as esfolladas
para comer coas mozas
catro castañas asadas.
A castaña no ourizo
eu ben sei o que ela fai:
de pequeniña medra,
despois de madura cai.
12. “NON CHAS QUERO, NON CHAS QUERO…”
Non chas quero, non chas quero
castañas do teu magosto,
non chas quero, non chas quero
que me cheiran ao chamosco.
Santo que estás no canizo
bota castañas abaixo
que anque non teño mandil
apañochas no refaixo.
Indo polo souto abaixo
atopei un ouriciño,
tres castaniñas me deu
para ti meu queridiño.
A castaña no ourizo
cria moita gravidade,
fai coma os mozos solteiros
criados na liberdade.
13. DITOS E REFRÁNS DA NOSA ZONA
O que non sabe mañas,non come castañas.
Sempre unporco ruín ha atopar cunhaboa castaña.
Concastañas asadas e sardiñas salgadas non hai ruínviño.
Fíate nas castañas asadas que, se estoupan, saíranche á cara.
Polo souto noncorrer atrás doutro.
14. ADIVIÑAS
Noairese cría, Unha señora
no aireseten; moiaseñorada,
bota una risada deulleuna risada
eperdecanto ten. equedou sennada.
Pínguele,Pínguele
estabapingando,
Fúnguele,Fúnguele,
estabafungando;
sePínguelePínguele
non pingaba,
Fúnguele,Fúnguele,
non fungaba.
(Castiñeiroexabarín)