SlideShare a Scribd company logo
1 of 8
Download to read offline
Estación de Cornes
Estación de Carril
Viaduto do Sar
O que caracteriza a
construción dunha rede
ferroviaria en Galicia é a súa
tardanza con relación ao resto
da rede de España, xa que a
primeira liña de ferrocarril
española creouse na Illa de
Cuba o 19 de novembro de
1837, entre Habana e Güines,
cunha lonxitude de 28
quilómetros, coa fin de
transportar os produtos
agrícolas desa rexión ata a
Habana. Logo, na Península
Ibérica, o tramo entre
Barcelona e Mataró poñerase
en marcha o 28 de outubro de
1848 e contribuirá a facilitar
o crecemento desa zona do
Maresme, zona que estará
moi industrializada. A
continuación virán as liñas
Madrid-Aranxuez, en 1951, e
Langreo-Xixón, en 1842.
Nos anos seguintes haberá
unha gran expansión do
ferrocarril por diferentes
lugares de España.
Ese retraso do que se fala ao
comezo pode ser debido,
entre outras cousas, á
dificultade no trazado ou á
imposibilidade de
financiación e, tamén, o que
se lle podería chamar
"localismo" dos grupos
económicamente dominantes
que se opuñan a todo trazado
que non pasase por onde a
eles lle conviña. Todo isto,
xunto coas grandes
compañías que buscaban o
xeito de que os trazados
tiveran menos dificultade e
tivesen unha rentabilidade a
corto prazo, fixo que os
tempos se fosen prolongando.
Pero ao fin chegou o
momento esperado. Foi aquel
15 de setembro de 1873
cando se inauguraba o
primeiro ferrocarril de
AÍ VEN O TREN
Coñecido coma o "Ferro-
carril Compostelano de la
Infanta Isabel", percorre unha
distancia de case 42
quilómetros, atravesando o
Val da Maía, a comarca do
Ullán e bordeando a Ría de
Arousa. Cruza os ríos Sar e
Ulla por medio de dúas
pontes metálicas, a Ponte de
Ferro, en Conxo, e a Ponte da
Ínsua, entre Padrón e Cesures;
pontes que foron construídas
na fundición de H.J. Polter,
en Manchester.
Para realizar este proxecto
de ferrocarril foi preciso abrir
dous túneles, o da Fervenza,
en Conxo, e o do Faramello.
Era a finais do S XIX e as
primeiras estacións de
ferrocarril facíanse de
madeira. Entre Cornes e
Carril había seis estacións
intermedias: Casal, Osebe, A
Escravitude, Padrón, Cesures
e Catoira.
O día no que se inaugurou,
os pobos de Carril e Santiago
de Compostela saíron en
masa cara as súas estacións.
Este tren inaugural partía de
Cornes e alí, na estación,
reuníronse autoridades
eclesiásticas, civís, militares,
xudiciais e os máximos
responsables deste ferrocarril
que, a iso das once da mañá,
asistiron á bendición das catro
locomotoras que ían cubrir
este servizo e que foran
bautizadas cos nomes de
Santiago, Carril,
Pontevedra e Coruña,
mentres soaban os compases
das Bandas de Música de
Artillería e a da cidade de
Santiago, tocando a Marcha
Real.
Rematado este acto, tivo lugar a colocación dos convidados nos coches dispostos segundo as
respectivas categorías daqueles.
Ao mesmo tempo, en Carril, soltábase un globo aerostático do que penduraban uns panos de seda
bordados para a ocasión e que, pouco a pouco, ían caendo sobre os asistentes.
Compoñíase este tren de dúas locomotoras, dez vagóns, dous garda-freos e dous furgóns, un deles
descuberto, onde ía a Banda de Artillería que tocou durante todo o traxecto diferentes pezas e himnos
nacionais.
Partiu o tren ás 12:04 h e chegou a Carril ás 14:20 h da tarde.
Todas as estacións do traxecto estaban vistosamente engalanadas, especialmente as dúas extremas e
as pontes sobre o Sar e o Ulla.
Chegados a Carril preparouse un xantar para 150 persoas nunha das cocheiras da estación, onde
disfrutaron dun almorzo que foi acompañado por brindes e discursos.
O regreso desde Carril tivo lugar ás 16:40 h e
a súa chegada a Cornes ás 6:22 h.
O servizo regular comezaría ao día seguinte
ao da inauguración con tres frecuencias
diarias nas dúas direccións e cos seguintes
horarios:
Cornes - Carril: 8 h - 14:30 h - 22:30 h
Carril - Cornes: 5:30 h - 11:30 h - 16:25 h
Os prezos da viaxe, entre estas estacións,
oscilaban segundo o tipo de vagón:
1ª clase: 20,16 reais
2ª clase: 15,12 reais
3ª clase: 9,07 reais
( 1 real é unha antiga moeda equivalente a una
cuarta parte dunha peseta)
A construción deste ferrocarril, que en 1886 levaría o nome de
"The West Railway Company Limited", pero máis coñecido
por "The West" ("Te-Bes"), tiña coma principal obxectivo facer
máis cómodo e barato o transporte de mercadorías entre Santiago de
Compostela e Carril e viceversa. Moitos pensaban que, ao ter
conexión directa entre estas dúas cidades, poñería en perigo o
desenvolvemento no tráfico de mercadorías no porto de Cesures,
pero foi todo o contrario. Este porto medraría en importancia e, a
través do mesmo, seguirían mandándose e recibindo todo tipo de
mercadorías. Todo isto, unido á existencia dunha estación de
ferrocarril, aumentaría moito máis a súa importancia como porto
fluvial.
Viaduto da Chanca
Viaduto da liña Redondela - Ourense
Viaduto da liña Pontevedra - Redondela
Coincidindo coas festas do San
Froilán, o 5 de outubro de 1875
inaugúrase o tramo A
Coruña-Lugo coa presenza da
Raíña Isabel II.
Foi a "Compañía de los
Ferrocarriles de Asturias,
Galicia y León", e que
posteriormente sería absorbida
pola "Compañía de los
Caminos de Hierro del Norte
de España", a encargada das
obras, cun trazado de 115
quilómetros de lonxitude.
A obra máis destacada deste
tramo é o viaduto da Chanca,
construído en granito e pizarra
e cunha lonxitude de 298 m.,
baixo a dirección do enxeñeiro
Ángel G. del Hoyo e que cruza
por enriba do barrio da Chanca
e atravesa o río Rato.
En 1877, o rei Alfonso XII,
acompañado pola raíña Mª
Cristina, inaugura a liña
Redondela -Vigo. Pero será o
27 de marzo de 1878 cando a
liña chegue a Guillarei e o, 18
de xuño, completarase ata
Caldelas de Tui e Salvaterra-
As Neves.
En 1880 chega a primeira
locomotora a Ourense, co
que entra en funcionamento o
tramo Ourense-Vigo de 131,6
quilómetros bordeando o río
Miño ata pouco antes de
Guillarei. Atravesa trece
túneles, o maior dos cales é o
chamado de Freita, entre as
estacións de Filgueira e Frieira.
En Guillarei hai un pequeno
ramal que chega a Tui e logo a
Portugal , inaugurado en1886.
Entre Vigo e Guillarei hai 34
quilómetros e cara Redondela
temos o túnel dos Valos, o
maior desta liña e, tras pasar o
túnel coñecido como da
Portela, a liña bordea a Ría de
Vigo, onde está o final desta
liña ferroviaria.
O 18 de xuño de 1881, unha vez concluído Arbo-
Ourense, queda inaugurada a liña completa desde
Vigo, pasando por Porriño. Construíuse un viaduto
en Redondela, coñecido posteriormente coma
"Viaducto de Madrid", obra do enxeñeiro
Boquerín, e polo que pasou a primeira locomotora
o 30 de xuño de 1876. Este tramo lévao acabo a
Compañía MZVO.
NA CHEGADA A OURENSE DA PRIMEIRA LOCOMOTORA (1881)
I
Velaí ven, velaí ven avantando
comaros e corgas, e vales, e cerros.
¡Vinde vela, mociños e mozas!
¡Saludaina, rapaces e vellos!
Por onde ela pasa
fecunda os terreos,
espértanse os homes,
frolecen os eidos.
Velaí ven, velaí ven tan oupada,
tan milagrosiña, con paso tan meigo,
que parece unha Nosa Señora,
unha Nosa Señora de ferro.
Tras dela non veñen
abades nin cregos;
mais vén a fartura
¡i a luz i o progreso!
II
Catedral, demagogo de pedra,
dun pobo fanático erguida no medio,
repinica esas chocas campanas
en sinal de alegría e contento.
Asocia esas voces
ó son dos pandeiros,
¡ás santas surrisas
de terras e ceos!
E ti, río dos grandes destinos,
que os himnos ensaias dos trunfos
ibéricos,
requeimáda-las fauces de sede
vén o monstro a beber no teu seo.
Bon samaritano,
dálle auga ó sedento;
que a máquena é o Cristo
dos tempos modernos
Faise eco deste acontecemento o poeta Manuel Curros Enríquez no poema titulado:
Tamén outros autores galegos utilizaron o tren coma eixe condutor das súas obras; sen ir moi lonxe,
poderiamos citar ao rianxeiro Rafael Dieste coa obra titulada “O vello que quería velo tren” Un vello que vivía
coa súa filla mailo marido e co seu neto. Empezou a dicirlles que quería ver o tren antes de ir para o outro
mundo, pero ninguén lle facía caso. Un día o curo enterouse do que pasaba e colleu ao vello e mailo neto e
levounos a ver o tren.
Desde ese momento a compañía explotadora do ferrocarril chamouse "Ferrocarriles de Medina a Zamora y de
Orense a Vigo". Será o 16 de maio de 1884 cando, a locomotora denominada Pontevedra nº2, circule por
primeira vez no tramo entre Pontevedra e Redondela, de 19 quilómetros de lonxitude, que uniría a capital da
provincia tanto con Vigo como con Ourense. Pero
haberá que esperar ata o 30 de xuño cando se
inaugure oficialmente.
Estación de Vigo
Viaduto da Barca Lérez
Destacan neste tramo as construcións
do túnel de Figueirido, a ponte
metálica sobre a desembocadura do río
Verdugo, entre Pontesampaio e
Arcade e o viaduto de Redondela,
coñecido coma viaduto Pontevedra,
obras do enxeñeiro Cardedera Ponzán e
realizados pola "Compañía Maquinista
terrestre y Marítima de Barcelona".
En 1884 entra en funcionamento o
tramo Ourense - Os Peares. É neste
último lugar no que se constrúe unha
ponte metálica, xusto onde o Sil se
xunta co Miño.
En 1885 entra en servizo o tramo
Ourense - Monforte e Monforte - Os
Peares, o que facilita a conexión entre
Vigo e Madrid.
Intentáronse axilizar a obras deste
último tramo de Monforte, xa que ao
unirse a liña na localidade leonesa de
Toral de los Vados facilitará unha
rápida comunicación de Galicia con
Madrid. Ese interese por avanzar as
obras é debido ao crecemento
demográfico desta última cidade que
esixía un maior abastecemento de
alimentos, principalmente carne de
vacún, procedente de Galicia.
Nos seguintes anos vai expandíndose
a liña ferroviaria. Os 33 quilómetros
que separan Carril da cidade de
Pontevedra inaugúranse o 24 de xullo
de 1899. A locomotora encargada desta
viaxe inaugural levaba o nome de
“Caldas de Reyes”, podía circular a
unha velocidade de 30 quilómetros por
hora e ía manexada polo coñecido
maquinista Sr. Porto.
De Carril a Pontevedra instaláronse
tres estacións, xa construídas de
ladrillo e cemento: Rubiáns, Portas e
Portela
Levantáronse para este tramo dúas
pontes metálicas sobre os ríos Umia,
no lugar de Paraíso, en Portas, e o río
Lérez, en Pontevedra. Así mesmo foi
preciso abrir o túnel de San Amaro na
Portela, Barro.
Viaduto Os peares
Despois de todas estas obras, xa é posible viaxar desde Catoira ata Madrid ou Barcelona a través de
Redondela, dentro da liña Pontevedra-Vigo.
Pero terían que pasar 142 anos para que vexamos de novo como por Catoira pasa un novo tren;
chega o tempo da Alta Velocidade e das grandes obras de enxeñería. Temos moi preto de nós o novo
viaduto sobre o río Ulla, aquí en Catoira, considerado coma a ponte metálica máis longa de Europa,
con 1620 metros de lonxitude que servirá para a circulación dos novos trens que unirán as cidades de
Vigo e A Coruña, acortando de forma considerable a duración da viaxe.
A primeira viaxe de supervisión,
que non inaugural, entre A Coruña
e Vigo, levouse a cabo o pasado 30
de marzo. Acompañaban á Ministra
de Fomento, Ana Pastor, o
presidente da Xunta de Galicia,
Alberto Núñez Feijoo que, xunto
cun gran número de autoridades,
percorreron os 155 quilómetros dos
que consta esta nova liña
ferroviaria. Saíu este tren desde A
Coruña ás 17:33h e chegou a
Santiago ás17:55h. Alí subiu ao
tren o alcalde desta cidade, Agustín
Hernández.
Cara ás 18:15h o tren atravesaba o
viaduto sobre o Ulla, en Catoira, e
despois de 57 min. facía a súa
chegada a Pontevedra. Arredor das
18:53h, o AVE rematou esta
primeira viaxe na nova e moderna
estación de Urzaiz, en Vigo.
Pero sería o sábado, día 18, cando
comezara a funcionar de forma
regular este novo tren.
Desta maneira, repasando un pouco a historia do ferrocarril
en España e Galicia, quixeramos que se entenda que,
naquela época, o paso do tren por unha localidade traía
consigo unha mellora notable nas comunicacións e unha
apertura cara novos mercados; significaba riqueza e
progreso das cidades e pobos que tiñan a sorte de posuír
unha estación do tren, porque arredor da estación creábase
vida social no ir e vir de pasaxeiros e mercadorías.
Moitos lugares naceron ou medraron no entorno da estación do tren. Sen ir
máis lonxe, o exemplo témolo aquí en Catoira, onde a estación de
ferrocarril deu lugar a que ao seu carón de desenvolvese a principal fonte
de economía deste pobo, co asentamento de importantes industrias;
dalgunha maneira chegaba O Progreso. Moitas destas industrias deixaron
de ter actividade, pero hai anos eran o eixe principal do desenvolvemento
económico e social desta localidade.

More Related Content

Viewers also liked

Ley general del servicio profesional docente
Ley general del servicio profesional docenteLey general del servicio profesional docente
Ley general del servicio profesional docenteSonia Tejero
 
Guía didáctica del medio audiovisual
Guía didáctica del medio audiovisualGuía didáctica del medio audiovisual
Guía didáctica del medio audiovisualMarinaMedina22
 
Tiempo de FVPA nº1
Tiempo de FVPA nº1Tiempo de FVPA nº1
Tiempo de FVPA nº1messifan_777
 
"Power Point el pan de cada dia"
"Power Point el pan de cada dia""Power Point el pan de cada dia"
"Power Point el pan de cada dia"LuisaPinzonP
 
¿Quien quiere ser millonario? Una versión sobre Antonio Nariño.
¿Quien quiere ser millonario? Una versión sobre Antonio Nariño.¿Quien quiere ser millonario? Una versión sobre Antonio Nariño.
¿Quien quiere ser millonario? Una versión sobre Antonio Nariño.Ginna Ortega
 
6 de Mayo- Día Mundial Contra el ASMA
6 de Mayo- Día Mundial Contra el ASMA6 de Mayo- Día Mundial Contra el ASMA
6 de Mayo- Día Mundial Contra el ASMAChristian Mtz
 
Manual de usuario PowerPoint
Manual de usuario PowerPointManual de usuario PowerPoint
Manual de usuario PowerPointLILIANA CASTRO
 
Sociedad colombiana de apiterapia
Sociedad colombiana de apiterapiaSociedad colombiana de apiterapia
Sociedad colombiana de apiterapia4p1t3r4p14
 
Tabla de contenido e ilustraciones.
Tabla de contenido e ilustraciones.Tabla de contenido e ilustraciones.
Tabla de contenido e ilustraciones.jv_04
 
Hipoacúsico o sordo ceuta
Hipoacúsico o sordo ceutaHipoacúsico o sordo ceuta
Hipoacúsico o sordo ceutalola
 

Viewers also liked (20)

Libro italiano 3 al 25 junio 2010
Libro italiano 3 al 25 junio 2010Libro italiano 3 al 25 junio 2010
Libro italiano 3 al 25 junio 2010
 
Ley general del servicio profesional docente
Ley general del servicio profesional docenteLey general del servicio profesional docente
Ley general del servicio profesional docente
 
Guía didáctica del medio audiovisual
Guía didáctica del medio audiovisualGuía didáctica del medio audiovisual
Guía didáctica del medio audiovisual
 
Presentacion laura lopez
Presentacion laura lopezPresentacion laura lopez
Presentacion laura lopez
 
Dioste dice
Dioste diceDioste dice
Dioste dice
 
Tiempo de FVPA nº1
Tiempo de FVPA nº1Tiempo de FVPA nº1
Tiempo de FVPA nº1
 
Educar
EducarEducar
Educar
 
Vocación profesional
Vocación profesionalVocación profesional
Vocación profesional
 
"Power Point el pan de cada dia"
"Power Point el pan de cada dia""Power Point el pan de cada dia"
"Power Point el pan de cada dia"
 
¿Quien quiere ser millonario? Una versión sobre Antonio Nariño.
¿Quien quiere ser millonario? Una versión sobre Antonio Nariño.¿Quien quiere ser millonario? Una versión sobre Antonio Nariño.
¿Quien quiere ser millonario? Una versión sobre Antonio Nariño.
 
6 de Mayo- Día Mundial Contra el ASMA
6 de Mayo- Día Mundial Contra el ASMA6 de Mayo- Día Mundial Contra el ASMA
6 de Mayo- Día Mundial Contra el ASMA
 
Manual de usuario PowerPoint
Manual de usuario PowerPointManual de usuario PowerPoint
Manual de usuario PowerPoint
 
Sociedad colombiana de apiterapia
Sociedad colombiana de apiterapiaSociedad colombiana de apiterapia
Sociedad colombiana de apiterapia
 
Expo ciudad y hombre
Expo ciudad y hombreExpo ciudad y hombre
Expo ciudad y hombre
 
Tabla de contenido e ilustraciones.
Tabla de contenido e ilustraciones.Tabla de contenido e ilustraciones.
Tabla de contenido e ilustraciones.
 
Hipoacúsico o sordo ceuta
Hipoacúsico o sordo ceutaHipoacúsico o sordo ceuta
Hipoacúsico o sordo ceuta
 
Agujeros negros
Agujeros negrosAgujeros negros
Agujeros negros
 
Ley de kirchhoff
Ley de kirchhoffLey de kirchhoff
Ley de kirchhoff
 
La educación a distancia
La educación a distanciaLa educación a distancia
La educación a distancia
 
Jung carl psicologia de la transferencia
Jung carl   psicologia de la transferenciaJung carl   psicologia de la transferencia
Jung carl psicologia de la transferencia
 

Similar to Ai vai o tren

Ourense Medieval. Prazas, rúas, murallas e portas
Ourense Medieval. Prazas, rúas, murallas e portasOurense Medieval. Prazas, rúas, murallas e portas
Ourense Medieval. Prazas, rúas, murallas e portasvictorefisica1
 
1912-2012 Centenario da anexión do concello de Santa María de Oza
1912-2012 Centenario da anexión do concello de Santa María de Oza1912-2012 Centenario da anexión do concello de Santa María de Oza
1912-2012 Centenario da anexión do concello de Santa María de OzaAgrela Elvixeo
 
1912-2012 Centenario da anexión do concello de Oza
1912-2012 Centenario da anexión do concello de Oza1912-2012 Centenario da anexión do concello de Oza
1912-2012 Centenario da anexión do concello de OzaAgrela Elvixeo
 
Historia de Caldas de Reis
Historia de Caldas de ReisHistoria de Caldas de Reis
Historia de Caldas de Reisrexinaortigueira
 
Caldas de reis
Caldas de reisCaldas de reis
Caldas de reisAquis Fala
 
Informacion complementaria
Informacion complementariaInformacion complementaria
Informacion complementariaEncarna Lago
 
Enerxía hidráulica
Enerxía hidráulicaEnerxía hidráulica
Enerxía hidráulicamonadela
 
Datos ourense medieval
Datos ourense medievalDatos ourense medieval
Datos ourense medievalvictorefisica1
 
As obras públicas romanas
As obras públicas romanasAs obras públicas romanas
As obras públicas romanasamaucucaxado
 
A auga en santiago de compostela
A auga en santiago de compostelaA auga en santiago de compostela
A auga en santiago de compostelacerredo
 
Tema 15 Galicia na Hispania romana
Tema 15 Galicia na Hispania romanaTema 15 Galicia na Hispania romana
Tema 15 Galicia na Hispania romanarubempaul
 
Concello de Arzúa
Concello de ArzúaConcello de Arzúa
Concello de Arzúasiil_
 
Obras romanas na Península Ibérica
Obras romanas na Península IbéricaObras romanas na Península Ibérica
Obras romanas na Península IbéricaElena Redondo
 
Arquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloArquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloxistina
 
Arquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloArquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloxistina
 
Coñecer as cidades
Coñecer as cidadesCoñecer as cidades
Coñecer as cidadesestherduran
 
Mergúllate na túa cidade 2
Mergúllate na túa cidade   2Mergúllate na túa cidade   2
Mergúllate na túa cidade 2mmcos
 

Similar to Ai vai o tren (20)

Ourense Medieval. Prazas, rúas, murallas e portas
Ourense Medieval. Prazas, rúas, murallas e portasOurense Medieval. Prazas, rúas, murallas e portas
Ourense Medieval. Prazas, rúas, murallas e portas
 
1912-2012 Centenario da anexión do concello de Santa María de Oza
1912-2012 Centenario da anexión do concello de Santa María de Oza1912-2012 Centenario da anexión do concello de Santa María de Oza
1912-2012 Centenario da anexión do concello de Santa María de Oza
 
1912-2012 Centenario da anexión do concello de Oza
1912-2012 Centenario da anexión do concello de Oza1912-2012 Centenario da anexión do concello de Oza
1912-2012 Centenario da anexión do concello de Oza
 
Historia de Caldas de Reis
Historia de Caldas de ReisHistoria de Caldas de Reis
Historia de Caldas de Reis
 
Caldas de reis
Caldas de reisCaldas de reis
Caldas de reis
 
Informacion complementaria
Informacion complementariaInformacion complementaria
Informacion complementaria
 
Enerxía hidráulica
Enerxía hidráulicaEnerxía hidráulica
Enerxía hidráulica
 
Datos ourense medieval
Datos ourense medievalDatos ourense medieval
Datos ourense medieval
 
As obras públicas romanas
As obras públicas romanasAs obras públicas romanas
As obras públicas romanas
 
Evolución do tren
Evolución do trenEvolución do tren
Evolución do tren
 
HISTORIA DO CARRIL
HISTORIA DO CARRILHISTORIA DO CARRIL
HISTORIA DO CARRIL
 
A auga en santiago de compostela
A auga en santiago de compostelaA auga en santiago de compostela
A auga en santiago de compostela
 
Proxecto Via Nova
Proxecto Via NovaProxecto Via Nova
Proxecto Via Nova
 
Tema 15 Galicia na Hispania romana
Tema 15 Galicia na Hispania romanaTema 15 Galicia na Hispania romana
Tema 15 Galicia na Hispania romana
 
Concello de Arzúa
Concello de ArzúaConcello de Arzúa
Concello de Arzúa
 
Obras romanas na Península Ibérica
Obras romanas na Península IbéricaObras romanas na Península Ibérica
Obras romanas na Península Ibérica
 
Arquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloArquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concello
 
Arquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloArquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concello
 
Coñecer as cidades
Coñecer as cidadesCoñecer as cidades
Coñecer as cidades
 
Mergúllate na túa cidade 2
Mergúllate na túa cidade   2Mergúllate na túa cidade   2
Mergúllate na túa cidade 2
 

Ai vai o tren

  • 1. Estación de Cornes Estación de Carril Viaduto do Sar O que caracteriza a construción dunha rede ferroviaria en Galicia é a súa tardanza con relación ao resto da rede de España, xa que a primeira liña de ferrocarril española creouse na Illa de Cuba o 19 de novembro de 1837, entre Habana e Güines, cunha lonxitude de 28 quilómetros, coa fin de transportar os produtos agrícolas desa rexión ata a Habana. Logo, na Península Ibérica, o tramo entre Barcelona e Mataró poñerase en marcha o 28 de outubro de 1848 e contribuirá a facilitar o crecemento desa zona do Maresme, zona que estará moi industrializada. A continuación virán as liñas Madrid-Aranxuez, en 1951, e Langreo-Xixón, en 1842. Nos anos seguintes haberá unha gran expansión do ferrocarril por diferentes lugares de España. Ese retraso do que se fala ao comezo pode ser debido, entre outras cousas, á dificultade no trazado ou á imposibilidade de financiación e, tamén, o que se lle podería chamar "localismo" dos grupos económicamente dominantes que se opuñan a todo trazado que non pasase por onde a eles lle conviña. Todo isto, xunto coas grandes compañías que buscaban o xeito de que os trazados tiveran menos dificultade e tivesen unha rentabilidade a corto prazo, fixo que os tempos se fosen prolongando. Pero ao fin chegou o momento esperado. Foi aquel 15 de setembro de 1873 cando se inauguraba o primeiro ferrocarril de AÍ VEN O TREN Coñecido coma o "Ferro- carril Compostelano de la Infanta Isabel", percorre unha distancia de case 42 quilómetros, atravesando o Val da Maía, a comarca do Ullán e bordeando a Ría de Arousa. Cruza os ríos Sar e Ulla por medio de dúas pontes metálicas, a Ponte de Ferro, en Conxo, e a Ponte da Ínsua, entre Padrón e Cesures; pontes que foron construídas na fundición de H.J. Polter, en Manchester. Para realizar este proxecto de ferrocarril foi preciso abrir dous túneles, o da Fervenza, en Conxo, e o do Faramello. Era a finais do S XIX e as primeiras estacións de ferrocarril facíanse de madeira. Entre Cornes e Carril había seis estacións intermedias: Casal, Osebe, A Escravitude, Padrón, Cesures e Catoira. O día no que se inaugurou, os pobos de Carril e Santiago de Compostela saíron en masa cara as súas estacións. Este tren inaugural partía de Cornes e alí, na estación, reuníronse autoridades eclesiásticas, civís, militares, xudiciais e os máximos responsables deste ferrocarril que, a iso das once da mañá, asistiron á bendición das catro locomotoras que ían cubrir este servizo e que foran bautizadas cos nomes de Santiago, Carril, Pontevedra e Coruña, mentres soaban os compases das Bandas de Música de Artillería e a da cidade de Santiago, tocando a Marcha Real.
  • 2. Rematado este acto, tivo lugar a colocación dos convidados nos coches dispostos segundo as respectivas categorías daqueles. Ao mesmo tempo, en Carril, soltábase un globo aerostático do que penduraban uns panos de seda bordados para a ocasión e que, pouco a pouco, ían caendo sobre os asistentes. Compoñíase este tren de dúas locomotoras, dez vagóns, dous garda-freos e dous furgóns, un deles descuberto, onde ía a Banda de Artillería que tocou durante todo o traxecto diferentes pezas e himnos nacionais. Partiu o tren ás 12:04 h e chegou a Carril ás 14:20 h da tarde. Todas as estacións do traxecto estaban vistosamente engalanadas, especialmente as dúas extremas e as pontes sobre o Sar e o Ulla. Chegados a Carril preparouse un xantar para 150 persoas nunha das cocheiras da estación, onde disfrutaron dun almorzo que foi acompañado por brindes e discursos. O regreso desde Carril tivo lugar ás 16:40 h e a súa chegada a Cornes ás 6:22 h. O servizo regular comezaría ao día seguinte ao da inauguración con tres frecuencias diarias nas dúas direccións e cos seguintes horarios: Cornes - Carril: 8 h - 14:30 h - 22:30 h Carril - Cornes: 5:30 h - 11:30 h - 16:25 h Os prezos da viaxe, entre estas estacións, oscilaban segundo o tipo de vagón: 1ª clase: 20,16 reais 2ª clase: 15,12 reais 3ª clase: 9,07 reais ( 1 real é unha antiga moeda equivalente a una cuarta parte dunha peseta) A construción deste ferrocarril, que en 1886 levaría o nome de "The West Railway Company Limited", pero máis coñecido por "The West" ("Te-Bes"), tiña coma principal obxectivo facer máis cómodo e barato o transporte de mercadorías entre Santiago de Compostela e Carril e viceversa. Moitos pensaban que, ao ter conexión directa entre estas dúas cidades, poñería en perigo o desenvolvemento no tráfico de mercadorías no porto de Cesures, pero foi todo o contrario. Este porto medraría en importancia e, a través do mesmo, seguirían mandándose e recibindo todo tipo de mercadorías. Todo isto, unido á existencia dunha estación de ferrocarril, aumentaría moito máis a súa importancia como porto fluvial.
  • 3. Viaduto da Chanca Viaduto da liña Redondela - Ourense Viaduto da liña Pontevedra - Redondela Coincidindo coas festas do San Froilán, o 5 de outubro de 1875 inaugúrase o tramo A Coruña-Lugo coa presenza da Raíña Isabel II. Foi a "Compañía de los Ferrocarriles de Asturias, Galicia y León", e que posteriormente sería absorbida pola "Compañía de los Caminos de Hierro del Norte de España", a encargada das obras, cun trazado de 115 quilómetros de lonxitude. A obra máis destacada deste tramo é o viaduto da Chanca, construído en granito e pizarra e cunha lonxitude de 298 m., baixo a dirección do enxeñeiro Ángel G. del Hoyo e que cruza por enriba do barrio da Chanca e atravesa o río Rato. En 1877, o rei Alfonso XII, acompañado pola raíña Mª Cristina, inaugura a liña Redondela -Vigo. Pero será o 27 de marzo de 1878 cando a liña chegue a Guillarei e o, 18 de xuño, completarase ata Caldelas de Tui e Salvaterra- As Neves. En 1880 chega a primeira locomotora a Ourense, co que entra en funcionamento o tramo Ourense-Vigo de 131,6 quilómetros bordeando o río Miño ata pouco antes de Guillarei. Atravesa trece túneles, o maior dos cales é o chamado de Freita, entre as estacións de Filgueira e Frieira. En Guillarei hai un pequeno ramal que chega a Tui e logo a Portugal , inaugurado en1886. Entre Vigo e Guillarei hai 34 quilómetros e cara Redondela temos o túnel dos Valos, o maior desta liña e, tras pasar o túnel coñecido como da Portela, a liña bordea a Ría de Vigo, onde está o final desta liña ferroviaria. O 18 de xuño de 1881, unha vez concluído Arbo- Ourense, queda inaugurada a liña completa desde Vigo, pasando por Porriño. Construíuse un viaduto en Redondela, coñecido posteriormente coma "Viaducto de Madrid", obra do enxeñeiro Boquerín, e polo que pasou a primeira locomotora o 30 de xuño de 1876. Este tramo lévao acabo a Compañía MZVO.
  • 4. NA CHEGADA A OURENSE DA PRIMEIRA LOCOMOTORA (1881) I Velaí ven, velaí ven avantando comaros e corgas, e vales, e cerros. ¡Vinde vela, mociños e mozas! ¡Saludaina, rapaces e vellos! Por onde ela pasa fecunda os terreos, espértanse os homes, frolecen os eidos. Velaí ven, velaí ven tan oupada, tan milagrosiña, con paso tan meigo, que parece unha Nosa Señora, unha Nosa Señora de ferro. Tras dela non veñen abades nin cregos; mais vén a fartura ¡i a luz i o progreso! II Catedral, demagogo de pedra, dun pobo fanático erguida no medio, repinica esas chocas campanas en sinal de alegría e contento. Asocia esas voces ó son dos pandeiros, ¡ás santas surrisas de terras e ceos! E ti, río dos grandes destinos, que os himnos ensaias dos trunfos ibéricos, requeimáda-las fauces de sede vén o monstro a beber no teu seo. Bon samaritano, dálle auga ó sedento; que a máquena é o Cristo dos tempos modernos Faise eco deste acontecemento o poeta Manuel Curros Enríquez no poema titulado: Tamén outros autores galegos utilizaron o tren coma eixe condutor das súas obras; sen ir moi lonxe, poderiamos citar ao rianxeiro Rafael Dieste coa obra titulada “O vello que quería velo tren” Un vello que vivía coa súa filla mailo marido e co seu neto. Empezou a dicirlles que quería ver o tren antes de ir para o outro mundo, pero ninguén lle facía caso. Un día o curo enterouse do que pasaba e colleu ao vello e mailo neto e levounos a ver o tren. Desde ese momento a compañía explotadora do ferrocarril chamouse "Ferrocarriles de Medina a Zamora y de Orense a Vigo". Será o 16 de maio de 1884 cando, a locomotora denominada Pontevedra nº2, circule por primeira vez no tramo entre Pontevedra e Redondela, de 19 quilómetros de lonxitude, que uniría a capital da
  • 5. provincia tanto con Vigo como con Ourense. Pero haberá que esperar ata o 30 de xuño cando se inaugure oficialmente. Estación de Vigo Viaduto da Barca Lérez Destacan neste tramo as construcións do túnel de Figueirido, a ponte metálica sobre a desembocadura do río Verdugo, entre Pontesampaio e Arcade e o viaduto de Redondela, coñecido coma viaduto Pontevedra, obras do enxeñeiro Cardedera Ponzán e realizados pola "Compañía Maquinista terrestre y Marítima de Barcelona". En 1884 entra en funcionamento o tramo Ourense - Os Peares. É neste último lugar no que se constrúe unha ponte metálica, xusto onde o Sil se xunta co Miño. En 1885 entra en servizo o tramo Ourense - Monforte e Monforte - Os Peares, o que facilita a conexión entre Vigo e Madrid. Intentáronse axilizar a obras deste último tramo de Monforte, xa que ao unirse a liña na localidade leonesa de Toral de los Vados facilitará unha rápida comunicación de Galicia con Madrid. Ese interese por avanzar as obras é debido ao crecemento demográfico desta última cidade que esixía un maior abastecemento de alimentos, principalmente carne de vacún, procedente de Galicia. Nos seguintes anos vai expandíndose a liña ferroviaria. Os 33 quilómetros que separan Carril da cidade de Pontevedra inaugúranse o 24 de xullo de 1899. A locomotora encargada desta viaxe inaugural levaba o nome de “Caldas de Reyes”, podía circular a unha velocidade de 30 quilómetros por hora e ía manexada polo coñecido maquinista Sr. Porto. De Carril a Pontevedra instaláronse tres estacións, xa construídas de ladrillo e cemento: Rubiáns, Portas e Portela Levantáronse para este tramo dúas pontes metálicas sobre os ríos Umia, no lugar de Paraíso, en Portas, e o río Lérez, en Pontevedra. Así mesmo foi preciso abrir o túnel de San Amaro na Portela, Barro. Viaduto Os peares
  • 6.
  • 7. Despois de todas estas obras, xa é posible viaxar desde Catoira ata Madrid ou Barcelona a través de Redondela, dentro da liña Pontevedra-Vigo. Pero terían que pasar 142 anos para que vexamos de novo como por Catoira pasa un novo tren; chega o tempo da Alta Velocidade e das grandes obras de enxeñería. Temos moi preto de nós o novo viaduto sobre o río Ulla, aquí en Catoira, considerado coma a ponte metálica máis longa de Europa, con 1620 metros de lonxitude que servirá para a circulación dos novos trens que unirán as cidades de Vigo e A Coruña, acortando de forma considerable a duración da viaxe. A primeira viaxe de supervisión, que non inaugural, entre A Coruña e Vigo, levouse a cabo o pasado 30 de marzo. Acompañaban á Ministra de Fomento, Ana Pastor, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo que, xunto cun gran número de autoridades, percorreron os 155 quilómetros dos que consta esta nova liña ferroviaria. Saíu este tren desde A Coruña ás 17:33h e chegou a Santiago ás17:55h. Alí subiu ao tren o alcalde desta cidade, Agustín Hernández. Cara ás 18:15h o tren atravesaba o viaduto sobre o Ulla, en Catoira, e despois de 57 min. facía a súa chegada a Pontevedra. Arredor das 18:53h, o AVE rematou esta primeira viaxe na nova e moderna estación de Urzaiz, en Vigo. Pero sería o sábado, día 18, cando comezara a funcionar de forma regular este novo tren. Desta maneira, repasando un pouco a historia do ferrocarril en España e Galicia, quixeramos que se entenda que, naquela época, o paso do tren por unha localidade traía consigo unha mellora notable nas comunicacións e unha apertura cara novos mercados; significaba riqueza e progreso das cidades e pobos que tiñan a sorte de posuír unha estación do tren, porque arredor da estación creábase vida social no ir e vir de pasaxeiros e mercadorías.
  • 8. Moitos lugares naceron ou medraron no entorno da estación do tren. Sen ir máis lonxe, o exemplo témolo aquí en Catoira, onde a estación de ferrocarril deu lugar a que ao seu carón de desenvolvese a principal fonte de economía deste pobo, co asentamento de importantes industrias; dalgunha maneira chegaba O Progreso. Moitas destas industrias deixaron de ter actividade, pero hai anos eran o eixe principal do desenvolvemento económico e social desta localidade.