SlideShare a Scribd company logo
1 of 54
XEOGRAFÍA DE ESPAÑA               Eva
     2º BACH          www.aulasabertas.blogspot.com
Páx. 265-266
Nos últimos anos, a gandaría coñeceu un notable desenvolvemento en
    España, e hoxe en día representa un 40% da produción final agraria, fronte
    ao 60% da agricultura. Esta crecente importancia veu acompañada por:
   Un cambio das funcións asignadas á actividade gandeira, que de ser só un
    complemento da agricultura, aumentou a súa importancia económica ante o
    crecente consumo dos seus produtos.
   A modernización das explotacións, incorporando todo tipo de melloras
    técnicas no seu funcionamento. Coa mecanización e a tecnificación
    incrementouse notablemente a produción.
   Unha diferente evolución das especies en función da súa rendibilidade e das
    limitacións ao seu aumento impostas polas políticas agrarias. Obtiveronse
    razas selectas que proporcionan elevados rendementos.
   Importantes modificacións na súa distribución territorial, que resulta cada
    vez menos dependente das condicións naturais, ao aumentar a importancia da
    gandaría estabulada.
 A gandaría tiña como funcións principais as de
  fornecer de animais de labor as tarefas agrícolas
  (gando bovino e equino) e a produción de la
  (gando ovino).
 A produción de carne e leite para a alimentación
  era complementaria, ao seren produtos que só
  unha parte da poboación podía incluír como
  parte habitual da súa dieta.
 O gando bovino era máis frecuente nas rexións
  húmidas, e o ovino e caprino nas secas, pero
  resultaba frecuente certa mestura de especies
  no territorio.
 O gando porcino e aviario era bastante
  habitual, en pequenas cantidades, dentro das
  explotacións familiares.
   Case desapareceu a utilización de animais de labor ante o
    avance da mecanización, e tamén perdeu importancia a
    produción de la ante os baixos prezos e o aumento das
    importacións.
   Produciuse unha intensificación da actividade, crecendo a
    estabulación do gando en granxas onde é alimentado a
    partir de pensos.
   Pola contra, case desapareceron algunhas prácticas
    seculares como a transhumancia estacional dos
    rabaños, entre os pastos de montaña no verán e os de
    chaira no inverno, que foron a base da prosperidade
    económica de numerosas comarcas hoxe en declive.
   A gandaría destínase hoxe principalmente á alimentación
    da poboación, o que vai unido ao forte aumento do
    consumo de carne, leite e ovos. Iso supuxo, a miúdo, a
    substitución das razas autóctonas por outras de maior
    produción e por conseguinte, maior rendibilidade.
   As necesidades do mercado obrigaron á especialización e á
    intensificación das explotacións.
   Os diversos tipos de especies tiveron un
    crecemento moi desigual, que tamén
    modificou a súa distribución espacial.
   A evolución nos últimos tempos, así como as
    medidas tomadas pola PAC, comportaron un
    claro descenso do bovino e un incremento do
    porcino e do avícola. Tamén provocaron o
    aumento da cunicultura e da apicultura.
   Localízase principalmente en Galicia, Principado de
    Asturias, Cantabria e zona pirenaica.
   Conta con 6,5 millóns de cabezas
   O 80% das cabezas destínanse a produción de carne
    e coiros; destacan as razas charolesa e limusina, que
    alcanzan maior peso ca as razas autóctonas.
    Localízanse, sobre todo, nas áreas montañosas e nas
    devesas occidentais, aínda que as granxas intensivas
    para a engorda de becerros proliferaron tamén en
    territorios con escaseza de pastos, totalmente
    dependentes da compra de pensos.
   O outro 20% do gando vacún dedícase á produción de
    leite, pero a súa evolución foi máis negativa ante a
    competencia doutros países europeos e o
    establecemento de cotas leiteiras pola PAC, que
    eliminaron moitas explotacións familiares de moi
    pequeno tamaño. Dentro deste sector, que se localiza
    especialmente nas rexións cantábricas, predomina a
    raza frisoa.
 Descensono consumo de carne de vacún e
 dos produtos lácteos derivados

 Cotas
      lácteas impostas pola UE que limitan a
 produción de leite e provocan a diminución
 do número de vacas de leite
   Localízase, sobre todo, en
    Estremadura, Aragón, Navarra e na zona
    da Meseta.
   A súa distribución é bastante dispersa con
    maior importancia no interior
    peninsular, onde aproveitan pastos
    estacionais: Castela- A Mancha, Gástela e
    León, Estremadura e Aragón suman o 70%
    do total.
   Conta con 24 millóns de cabezas
   Sufriu un forte retroceso hai catro décadas
    ao caer o prezo da la e emigraren moitos
    pastores.
   Nos últimos anos foise recuperando ao
    aumentar a demanda de carne de cordeiro
    e leite para fabricar queixos.
   Hai unha gran variedade de razas segundo
    rexións
O éxodo rural  redución do número de
 pastores

 Reduciónda superficie destinada a pastos
 para o gando ou a repoboación forestal

 Escasarendibilidade que proporciona a súa
 explotación
   Críanse de xeito intensivo en
    Cataluña, Castela e León, Aragón e
    na Rexión de Murcia, onde
    proliferan as granxas onde se realiza
    a engorda rápida de animais
   Mantense a importancia da raza
    ibérica, criada de forma extensiva
    nas devesas
    salmantinas, estremeñas e
    onubenses, que xera produtos de
    alta calidade e crecente demanda
    nacional e internacional.
   Conta con preto de 24 millóns de
    cabezas
   Experimentou un rápido crecemento
    nas últimas décadas.
 Baixo   prezo da súa carne



 Sistemade cría intensiva (cría estabulada e
 expansión dos pensos) para lograr un maior
 rendemento
    O gando aviario É O QUE REXISTROU UN
    MAIOR AUMENTO NOS ÚLTIMOS
    TEMPOS, con granxas que funcionan como
    verdadeiras fábricas automatizadas que
    chegan a superar, en ocasións, os 50 000
    animais, a partir do consumo intensivo de
    pensos e un sistema de produción
    continua.
   O aumento rexistrado no consumo de
    carne de polo e ovos ten a súa orixe na
    expansión das granxas avícolas, mentres
    outros tipos de granxas
    (pavos, paspallases, avestruces, parrulos
    etc.) teñen escasa importancia ata o
    momento.
   Cataluña, Castela e León e Aragón son as
    CCAA nas que máis abundan as
    explotacións de cría avícola intensiva.
 Andalucía e a Meseta
 Terreos áridos ou montañosos con
  pastos escasos e de pouca
  calidade, como os do sueste
  peninsular e Canarias.
 Conta con 3 millóns de cabezas
 Sempre foi complementario do ovino
 Utilizado para a fabricación de
  queixos e consumo de carne.
 Maila ao seu descenso a produción
  mantense grazas a demanda do leite
  de cabra para a fabricación de
  queixos artesanais.
 Repoboación forestal nas zonas onde antes
 estaban as cabras

 Consumo xeneralizado de leite de vaca en
 vez do de cabra
 http://sociaisvigo.blogspot.com/2012/01/o-
  sector-primario.html
 http://www.youtube.com/watch?v=enKSLIVC
  hx8&feature=player_embedded#!
Páx. 266-267
   Coidado e explotación dos bosques.
    Os principais produtos que se
    obteñen da explotación forestal son
    a madeira, a cortiza, a resina, os
    piñóns, as bagas, os froitos
    silvestres e os cogomelos. Destaca
    ademais o uso cinexético das zonas
    forestais.

   A explotación forestal en España
    realízase principalmente nos
    bosques atlánticos e do norte
    situados no Macizo Galaico, na
    Cordilleira Cantábrica, nos
    Pirineos, no Sistema Central e nos
    Montes de Toledo.
A  explotación forestal en España, a pesar do
  incremento dos rendementos nos últimos
  anos, está moi por debaixo do que se obtén no
  norte de Europa.
 En España existen 26 millóns de hectáreas
  cualificadas como montes, que non están
  cultivadas nin ocupadas por prados e pastos, o que
  representa algo máis da metade do territorio.
  Dentro dese conxunto, os bosques ocupan uns 15
  millóns de hectáreas (32% da superficie total).
 O peso económico destas actividades en España é
  moi inferior ao das actividades agrarias.
 Nalgunhas comarcas, o aproveitamento dos
  recursos forestais ten importancia.
   Obtención de madeira para carpintaría, fabricación de
    mobles, construción, fabricación de pasta de papel, ou uso de
    leña e carbón vexetal como combustible.
   Produción de cortiza, utilizada na fabricación de rollas e paneis
    illantes, dos que os países ibéricos son principais produtores
    mundiais. Obtense das sobreiras de Andalucía, Estremadura e
    Cataluña. A súa produción exportase a toda Europa.
   Resina, utilizada como materia prima na fabricación de pinturas
    e colas. Procede sobre todo dos bosques do Val do Douro.
   Recolección de alimentos como
    castañas, landras, piñas, bagas, froitos silvestres, cogomelos
    etc.
   Uso cinexético: a caza, tanto maior
    (xabaril, corzo, rebezo, cabra hispánica) coma menor
    (perdiz, paspallás, coello, lebre...), regulada polos coutos e a
    expedición de licenzas de caza e pesca. Actividade tradicional
    que hoxe está en auxe.
   Algúns bosques constitúen un recurso turístico de grande
É a máis importante forma de explotación dos bosques de España
 A utilización económica de bosques e montes varía segundo o tipo de
   propiedade: dous terzos do total son propiedade privada, caracterizada pola
   súa gran fragmentación (media de 3 hectáreas), o que dificulta unha
   explotación forestal racional e rendible; e o terzo restante é de propiedade
   pública, cun tamaño moi superior (500 hectáreas), teñen grande importancia
   na conservación das áreas forestais, porque permaneceron á marxe dos
   intereses do mercado.
 A principal rexión produtora de madeira é Galicia, de onde se extrae case a
   metade da madeira obtida no país, seguida polas rexións do Cantábrico (20% do
   total) e as áreas montañosas de Cástela e León (10%).
 A produción madeireira en España está a reducirse de forma lenta na última
   década. A causa atópase no aumento das importacións. Máis da cuarta parte da
   madeira que se consome en España procede xa de importacións, tanto
   procedentes de países tropicais (Brasil, Congo etc.) coma nórdicos
   (Rusia, Canadá etc.).
 As principais especies explotadas pódense dividir en dous grandes grupos: as
   frondosas na metade occidental da Península Ibérica
   (aciñeiras, sobreiras, carballos, faias, castiñeiros, nogueiras etc.); e as
   coníferas na metade oriental da Península e nas illas (piñeiros
   piñoneiros, resineiro, carrasco canario, sabina albar).
 Na metade occidental da Península Ibérica
  (aciñeiras, sobreiras, carballos, faias, castiñeiros, n
  ogueiras etc.), con climas de maior humidade e
  suavidade térmica.
 Ofrecen, na súa maioría, madeiras de calidade pola
  súa resistencia, que alcanzan un elevado prezo e se
  utilizan para a fabricación de mobles e na
  construción.
 Especies de crecemento lento, polo que a súa
  explotación debe ser controlada.
 Na actualidade, preténdese fomentar a repoboación
  con estas especies alí onde son autóctonas, fronte a
  piñeiros e eucaliptos, de maior crecemento
  madeirable, pero que esgotan e acidifican o solo con
  máis rapidez, sofren un maior risco de incendio e os
  seus produtos teñen menor valor no mercado.
Bosque pernnifolio
Bosque caducifolio
 Na metade oriental da Península e ñas illas
 Diferentes especies segundo o grao de aridez e o
  tipo de solo: piñeiros
  piñoneiros, resineiro, carrasco, de Córsega ou
  canario, sabina albar etc...
 Ocupan unha superficie lixeiramente superior, en
  parte, por beneficiárense dunha política de
  repoboacións masivas desde o pasado século, que
  apostou por especies de rápido crecemento como
  ocorre con boa parte dos piñeirais.
 Ofrecen, polo xeral, madeiras brandas, de calidade
  escasa ou media, que se destinan a industria de
  taboleiros e aglomerados, á fabricación de mobles
  baratos, así como á produción de pasta de papel.
 Incendios,   tras os cales se especula coa terra
  queimada.
 Corta incontrolada, ligada a unha industria
  concreta.
 Acción antrópica que despraza ao bosque autóctono
  (faia, aciñeira, carballo, sobreira).


- A repoboación con especies non autóctonas de
  rápido crecemento (piñeiro).As coniferas predominan
  sobre o resto (52%).
- Cultivos forestais non autóctonos (eucalipto).
 http://www.iesgrancapitan.org/profesores/
 bvaquero/bloggeografia/temasgeografia/te
 masgeografia/tema10elespacioruralyloscon
 dicionantes.pdf

 http://www.slideshare.net/isaacbuzo/los-
 paisajes-agrarios-de-espaa

 http://www.slideshare.net/alumnesflorida/
 geografia-de-espaa-los-paisajes-agrarios
Páx. 267-272
   España é a primeira potencia pesqueira da UE.

   Elevado consumo de peixe.

   Falta de caladoiros dende o recoñecemento das augas xurisdicionais (imposición da zona
    de 200 millas de augas territoriais)  fenas en caladoiros afastados.

   O 90% das capturas son peixes (atún, bonito, bacallau, sardiña, arenque) e o 10%
    restante crústaceos e moluscos.

   PPC (Política Pesqueira Común) busca o desenvolvemento harmonioso do sector
    pesqueiro, de acordó con criterios de eficacia e de rendibilidade económica, dentro do
    respecto ao medio, buscando o equilibrio entre a capacidade extractiva e a
    potencialidade dos recursos pesqueiros, as rendas dos pescadores e a oferta dos
    consumidores a prezos razoables.

   A pesca é unha actividade en declive, tanto polo escaso número de mariñeiros coma
    polo número de capturas ou de barcos

   Na actualidade, aínda que o total capturado é menor ao de hai anos, o valor total é
    superior xa que se pescan especies máis cotizadas.
PESCA TRADICIONAL                 PESCA INDUSTRIAL OU TECNIFICADA
       OU ARTESANAL
Técnicas tradicionais            Gran volume de capturas para abastecer aos
                                 mercados.
Aparellos de pesca sinxelos:
arcos, frechas, arpóns, nasas,   Necesita: recursos económicos, unha tecnoloxía
anzois e redes.                  avanzada e unhas infraestruturas portuarias.

Practícase preto da costa.       A pesca de baixura, próxima á costa. Os barcos
                                 proven cada día de peixe fresco as lonxas, desde
Sistemas superficiais de cerco e onde se distribúe aos mercados locáis e
de cebo                          rexionais.

Sistemas de fondo como o       A pesca de altura, que se despraza a gran
arrastre                       distancia da costa española, aos caladoiros
                               internacionais. Realízana frotas de grandes
Redes fixas como as almadrabas barcos con tecnoloxía avanzada, como sonares
                               ou GPS, que lles permiten detectar os bancos de
                               peixes.
   Frota de grande altura (buques de máis de 250 toneladas
    de rexistro bruto) coma a de altura (de 100 a 250
    toneladas) sufriron un importante retroceso como
    consecuencia da aplicación dos límites territoriais
    internacionais.

   A frota litoral ou de baixura (de 20 a 100 toneladas), a
    pesar de ser a máis numerosa en toneladas, é a que
    sufriu máis as consecuencias da crise, posto que, por unha
    parte, necesita investimento para renovarse e, pola
    outra, a limitación das 200 millas prexudicouna
    notablemente.

   A frota familiar ou artesanal (de menos de 20
    toneladas), en cambio, puido seguir subsistindo porque, a
    pesar de pescar menos cantidade, as especies pescadas
    son de alto valor comercial e moi apreciadas en
    gastronomía.
 O litoral español divídese en oito rexións
  pesqueiras:
  Cantábrica, Noroeste, Suratlántica, Surmediterrá
  nea, Levante, Tramontana, Balear e Canaria
 Concentración da frota nalgunhas áreas pesqueiras
  e, en concreto, en determinados portos.
 Os portos onde están matriculados o 75% dos barcos
  pesqueiros son os de Galicia (50%), País
  Vasco, Canarias e Andalucía que son rexións de
  longa tradición pesqueira. Cataluña e a
  Comunidade Valenciana destacan á súa vez entre as
  rexións mediterráneas
 A rexión do Noroeste é a máis importante, tanto en
  cantidade coma en valor da súa pesca, porque reúne
  máis do 85 % do total da frota. Os seus principais
  portos son o de Vigo (concentra a frota de grande
  altura) e o da Coruña (composición máis variada).
 Os portos que seguen en importancia son os das
  cidades andaluzas de Huelva e Alxeciras, na rexión
  Suratlántica. As Palmas, na rexión Canaria, é
  igualmeme destacable.
 O litoral mediterráneo. así como as rexións de
  Levante, Tramontana e Balear, engloban portos de
  menor importancia, xa que a súa riqueza mariña foi
  sobreexplotada.
 Os caladoiros peninsulares están limitados pola
  escasa superficie da nosa plataforma continental, á
  vez que sofren a sobreexplotación e están esgotados.
   Mediterráneo: a temperatura media é superior a do
    Atlántico, a salinidade é maior, existe menos fitoplancto
    (alimento básico dos peixes) e as mareas son case
    inexistentes  riqueza pesqueira é menor, aínda que
    destaca a captura de peixes emigrantes
    (sardina, bocarte, atún e bonito), capturados con aparellos
    de cerco e de arrastre, así como con redes fixas
    (almadrabas).

   Atlántico cántabro: temperatura media é
    inferior, salinidade é menor, existe máis fitoplancto e
    teñen lugar mareas  riqueza pesqueira maior. Destacan
    o atún, o bonito, o peixe espada, a sardina, o bocarte, a
    meiga, o peixe sapo, a pescada, o ollomol e o xurelo.

   Costa atlántica andaluza, pesca de
    sardina, bocarte, ameixa, navalla, lura, gamba e
    lagostino, que na actualidade acusan síntomas de
    esgotamento.
 Os principais caladoiros para a frota española están
  no Atlántico norte, tanto en augas comunitarias
  (Gran Sol, Irlanda, Escocia e golfo de Biscaia) coma
  nas proximidades da península da Terra Nova, en
  Canadá.
 Pero tamén faena nas proximidades do Sahara
  occidental, Mauritania e Senegal, estendéndose cara
  ao Atlántico sur (Angola, Namibia, Malvinas etc.).
 A crecente competencia doutras frotas obrigou nos
  últimos anos a que certos buques conxeladores
  operen agora incluso no océano Indico
  (Mozambique, Somalia, illas Seicheles), aumentando
  os custos e riscos do seu traballo.
 Envellecemento da frota
 Envellecemento da poboación ocupada na pesca.
 Esgotamento dos caladoiros nacionais pola súa
  sobreexplotación
 Problemas de contaminación dalgunhas augas
  por verteduras industriais e urbanas ou de
  petroleiros.
 Restricións nas augas de numerosos países en
  que pesca a frota española con cotas máximas
  anuais e unha limitación no número de licenzas
  concedidas; esta é a orixe dalgúns conflitos
  (Marrocos, Mauritania, Canadá etc.).
   Dependen na a maior parte da Política Pesqueira
    Comunitaria, existente desde 1983. Entre as medidas
    inclúense:
   Prohibición de certas artes de pesca que esgotan os
    fondos ou do consumo de crías, que impide a rexeneración
    das especies.
   Renovación da frota pesqueira, con axudas financeiras ao
    desmantelamento de barcos antigos e a súa substitución
    por outros novos.
   Creación de empresas mixtas nos países en cuxas augas se
    pesca, que inclúen o emprego dunha certa proporción de
    pescadores deses países en barcos españois.
   Fomento da acuicultura e da innovación nos cultivos
    marinos, para compensar a redución das capturas.
   Subvencións á diversificación de actividades en áreas
    onde a actividade pesqueira era predominante, para xerar
    outros empregos,
   Primeira zona pesqueira de España e de Europa en volume de pesca desembarcada, o que se
    manifesta na dimensión da súa frota, no volume de pesca e no número de postas de traballo
    que xera (orixinando unha importante actividade económica, que contribúe cun 12% á riqueza
    económica galega), fomentando outras actividades económicas.
   A frota pesqueira con porto base en Galicia é a máis importante de todas as rexións europeas e
    tamén é a maior do Estado (Galicia posúe preto do 40 % dos barcos españois).
   A maior parte dos buques galegos son de pequeno porte (o 80%)
   A frota pesqueira galega opera tanto dentro das nosas augas coma fóra do ámbito territorial de
    Galicia (presente en case todos os caladoiros do mundo).
   Xunto á pesca, o marisqueo e a acuicultura son dúas actividades con grande importancia en
    Galicia.
   O marisqueo xurdiu como un complemento á economía familiar, pero desde os anos 50
    experimentou un considerable pulo ao se incrementar a demanda.
   Pola súa parte, a acuicultura preséntase como unha alternativa á pesca tradicional, ao permitir
    obter unha maior produtividade sen esgotar os recursos. Galicia é líder neste sector, pois posúe
    a maior parte dos centros acuicultores de España e da UE. As instalacións concéntranse sobre
    todo nas Rías Baixas.
   Tamén hai explotacións de auga doce (de troitas, carpas, anguías...). É unha actividade en
    crecemento e ten moi boas expectativas de futuro.
O sector pesqueiro está a experimentar desde hai décadas unha forte crise:


   Esgotamento dos caladoiros


   Límite de 200 millas de augas territoriais como área pesqueira exclusiva
    de cada país polo cal Galicia tivo que deixar de faenar en zonas onde
    tradicionalmente o fixera


   A Política Pesqueira Comunitaria (PPC) reduciu o número de licencias
    pesqueiras e a cota de capturas, o que provocou a perda de empregos e a
    diminución do número de barcos e das especies capturadas


   Os intereses da frota galega foron deixados a un lado nos convenios
    pesqueiros que a UE negociou con terceiros países (Canadá, Marrocos...).


   A contaminación das augas e das costas (o afundimento do Prestige no
    2002 tivo consecuencias especialmente tráxicas).
A  poboación rural
 As explotacións agrarias
 Técnicas e sistemas agrarios
 Estrutura gandeira
 Política Agrícola Común.
Páx. 219-221
                                                        Páx. 272

   Diminúe a partir da segunda metade do século XX  DESAGRARIZACIÓN


CAUSAS
   Éxodo rural
   O período desarrollista, iniciado tras o Plan de Estabilización de
    1959, modificou situación ao acelerar o proceso de industrialización e, en
    paralelo, provocar un éxodo rural asociado a unha intensa desagrarización
   Modernización dos traballos agrícolas
   Proceso de urbanización  urbanización do campo (rururbanización)


CONSECUENCIAS
   Demográficas  perda de habitantes
   Socioeconómicas  Despoboamento  aumento da ruralidade
   Ambientais  limpeza do monte?
A poboación activa de España dedicada ao
 sector primario reduciuse ao longo do século
 xx.

1960, a taxa do sector primario era case do 40 %
  da poboación activa.
1980  17,1 %
2008  3,9%.

 Paralelamente, creceu a poboación vinculada
 ao sector secundario e, sobre todo, ao sector
 terciario. Produciuse, polo tanto, un abandono
 das zonas rurais.
O proceso de desagrarización foi máis
intenso naqueles territorios que coñeceron
un maior desenvolvemento
industrial, contan con grandes cidades, ou
presentan un forte crecemento do turismo
nas últimas décadas. Iso explica que en
Madrid, o País Vasco, así como en boa parte
de Cataluña e os dous arquipélagos, a
porcentaxe de poboación agraria non supere
o 2% do total de ocupados.
En cambio, os valores máis altos de
ocupación en actividades agrarias
corresponden as provincias do interior
peninsular, en especial as que bordean a
fronteira con Portugal ou corresponden a
áreas montañosas e menos accesibles. No
litoral, tan so as provincias de
Murcia, Almería e Huelva presentan tamén
porcentaxes de poboación agraria superiores
ao 8%, debido á expansión da agricultura
intensiva baixo plástico.
En todas as provincias, os traballadores
agrarios son xa unha minoría. Pero boa parte
dos seus produtos son a base da industria
agroalimentaria e tamén contribúen a
preservar algúns produtos de calidade
vinculados a territorios concretos.
   Cultivos leñosos: plantas arbóreas ou arbustivas, que permanecen no campo tras a
    colleita anual. Característicos da cultura mediterránea: o oliveiral e o viñedo.
   Cultivos herbáceos: esixen a súa sementeira anual e inclúen, principalmente
    cereais como trigo, cebada, centeo, avea e millo, as leguminosas
    (feixóns, garavanzos, lentellas etc.) e a pataca, hortalizas e outros cultivos
    industriais (remolacha azucreira, tabaco, forraxeiras. Son os que ocupan maior
    superficie, pero a súa produtividade por hectárea resulta bastante baixa.
   As áreas de regadío ocupan unha quinta parte das terras cultivadas, pero nela
    xéranse dous terzos da produción agrícola total, debido aos altos rendementos que
    se obteñen. Litoral mediterráneo e Canarias. Ao seren estas deficitarias en recursos
    hídricos superficiais, acódese a extraer augas subterráneas e, nalgúns casos, ao
    transvasamento doutras cuncas (como o que une o Texo e o Segura) ou á
    desalgadura de auga marina. Estase a substituir de forma progresiva a rega por
    inundación a partir canles e regos, aínda maioritaria, pola aspersión ou a rega
    localizada por goteo, que aforran auga.
   As áreas de secaño son amplamente dominantes segundo a superficie
    ocupada, pero a súa produtividade é moi inferior e está sometida, ademáis, a
    maiores variacións interanuais por secas, xeadas, episodios de chuvias
    torrenciais, sarabia etc. A clásica triloxía mediterránea, formada por
    cereais, viñedo e oliveira, aínda ocupa a maior parte destas áreas.
Modernización dos sistemas de cultivo
A agricultura española actual coñeceu un intenso proceso de modernización, o que
   permitiu elevar a súa eficiencia. As transformacións máis importantes son:
   Unha crecente especialización do territorio nos cultivos para os que se teñen
    mellores condicións competitivas, abandonando o resto. A substitución do policultivo
    polo monocultivo provoca maior rendibilidade.
   Maior investimento de capital para incorporar maquinaria
    (tractores, colleitadoras, motores para rega etc.), produtos químicos
    (fertilizantes, herbicidas, praguicidas etc.) ou sementes seleccionadas e
    transxénicas, manipuladas xeneticamente. Este tipo de investimentos reduce a
    necesidade de traballadores e aumenta os rendementos, aínda que tamén pode ter
    consecuencias negativas: os residuos químicos poden contaminar o solo ou as
    augas, e existe un debate sobre os posibles riscos para a saúde derivados do consumo
    de produtos transxénicos.
   Forte incremento da superficie en regadío, que permite multiplicar ata por seis as
    producións obtidas en secaño, pero tamén provoca a sobreexplotación de certos
    acuíferos e crecentes conflitos pola auga.
   Incorporación de novas técnicas de cultivo, como o enarenado ou o cultivo baixo
    plástico. No enarenado altérnanse capas de área e esterco, permitindo cultivar
    terras moi pouco fértiles; sobre todo, no sueste peninsular. O cultivo baixo plástico
    asociase ao uso de técnicas avanzadas como o cultivo hidropónico, sen solo, a rega
    por goteo, ou a creación de microclimas controlados a distancia con medios
    informáticos.                                                         Páx. 262
 Paisaxe montañosa
 Vexetación predominante/usos do solo: pastos + cultivo
  + bosques
 Hábitat disperso
 Clima húmido  verde da vexetación
 Zona do norte de España
 Presenza da gandaría
 Estrutura da propiedade en pequenas parcelas
 Agricultura e gandaría intensivas
 Casa aliñadas xunto a estrada ou aos camiños (hábitat
  disperso)
 Adaptación do medio humano e da súa actividade
  económica ao clima e as condición naturais
 http://geoperspectivas2bachiller.blogspot.com/
 2011/01/1_17.html

More Related Content

What's hot

A gandería
A ganderíaA gandería
A ganderíamonadela
 
A agricultura en Galiza
A agricultura en GalizaA agricultura en Galiza
A agricultura en Galizamonadela
 
Tema 3 A agricultura, a gandaría, a pesca e a silvicultura
Tema 3 A agricultura, a gandaría, a pesca e a silviculturaTema 3 A agricultura, a gandaría, a pesca e a silvicultura
Tema 3 A agricultura, a gandaría, a pesca e a silviculturarubempaul
 
Sector primario temas e vocabulario
Sector primario   temas e vocabularioSector primario   temas e vocabulario
Sector primario temas e vocabularioEvaPaula
 
Paisaxes agrarias en España
Paisaxes agrarias en EspañaPaisaxes agrarias en España
Paisaxes agrarias en Españaguest417724e2c
 
XEO2-Sector primario
XEO2-Sector primarioXEO2-Sector primario
XEO2-Sector primarioaialo1
 
O sector primario
O sector primarioO sector primario
O sector primariorubempaul
 
Razas autóctonas galegas
Razas autóctonas galegasRazas autóctonas galegas
Razas autóctonas galegasiesasorey
 
A agricultura en España. Os usos do espazo rural
A agricultura en España. Os usos do espazo rural A agricultura en España. Os usos do espazo rural
A agricultura en España. Os usos do espazo rural Carlosbabilon
 
Presentacion 3eso ud4 completa
Presentacion 3eso ud4 completaPresentacion 3eso ud4 completa
Presentacion 3eso ud4 completaEnrique Cardona
 

What's hot (17)

Tema 8
Tema 8Tema 8
Tema 8
 
A gandería
A ganderíaA gandería
A gandería
 
O sector primario
O sector primarioO sector primario
O sector primario
 
A agricultura en Galiza
A agricultura en GalizaA agricultura en Galiza
A agricultura en Galiza
 
Tema 3 A agricultura, a gandaría, a pesca e a silvicultura
Tema 3 A agricultura, a gandaría, a pesca e a silviculturaTema 3 A agricultura, a gandaría, a pesca e a silvicultura
Tema 3 A agricultura, a gandaría, a pesca e a silvicultura
 
Tema 8
Tema 8Tema 8
Tema 8
 
Sector primario temas e vocabulario
Sector primario   temas e vocabularioSector primario   temas e vocabulario
Sector primario temas e vocabulario
 
Paisaxes agrarias en España
Paisaxes agrarias en EspañaPaisaxes agrarias en España
Paisaxes agrarias en España
 
XEO2-Sector primario
XEO2-Sector primarioXEO2-Sector primario
XEO2-Sector primario
 
O sector primario
O sector primarioO sector primario
O sector primario
 
Tema 8
Tema 8Tema 8
Tema 8
 
Tema 8
Tema 8 Tema 8
Tema 8
 
Razas autóctonas galegas
Razas autóctonas galegasRazas autóctonas galegas
Razas autóctonas galegas
 
Tema 8 - Xeografía.
Tema 8 - Xeografía.Tema 8 - Xeografía.
Tema 8 - Xeografía.
 
A agricultura en España. Os usos do espazo rural
A agricultura en España. Os usos do espazo rural A agricultura en España. Os usos do espazo rural
A agricultura en España. Os usos do espazo rural
 
Presentacion 3eso ud4 completa
Presentacion 3eso ud4 completaPresentacion 3eso ud4 completa
Presentacion 3eso ud4 completa
 
Un sector lácteo próspero (set 15)
Un sector lácteo próspero (set 15)Un sector lácteo próspero (set 15)
Un sector lácteo próspero (set 15)
 

Viewers also liked

Intro to Xamarin.Forms : A C# way to develop mobile app
Intro to Xamarin.Forms : A C# way to develop mobile appIntro to Xamarin.Forms : A C# way to develop mobile app
Intro to Xamarin.Forms : A C# way to develop mobile appMindfire Solutions
 
2013 ADAO Silver Sponsor: Nemeroff Law Firm
2013 ADAO Silver Sponsor: Nemeroff Law Firm2013 ADAO Silver Sponsor: Nemeroff Law Firm
2013 ADAO Silver Sponsor: Nemeroff Law FirmLinda Reinstein
 
Linda Reinstein, "Asbestos: Past, Present & Future"
Linda Reinstein, "Asbestos: Past, Present & Future"Linda Reinstein, "Asbestos: Past, Present & Future"
Linda Reinstein, "Asbestos: Past, Present & Future"Linda Reinstein
 
Part 2. Nation Report
Part 2. Nation ReportPart 2. Nation Report
Part 2. Nation Reportjake flores
 
How to . . . put it about
How to . . . put it aboutHow to . . . put it about
How to . . . put it aboutjimmichell
 
Educating Decision Makers and Telling Our Story (aka Advocacy Lessons from t...
Educating Decision Makers and Telling Our Story (aka Advocacy Lessons from t...Educating Decision Makers and Telling Our Story (aka Advocacy Lessons from t...
Educating Decision Makers and Telling Our Story (aka Advocacy Lessons from t...Jim McKay
 
Produccion y desarrollo Donaji Torres
Produccion y desarrollo Donaji TorresProduccion y desarrollo Donaji Torres
Produccion y desarrollo Donaji TorresDonaji Torres Huerta
 
2013 ADAO Platinum Sponsor: Simmons Law Firm
2013 ADAO Platinum Sponsor: Simmons Law Firm2013 ADAO Platinum Sponsor: Simmons Law Firm
2013 ADAO Platinum Sponsor: Simmons Law FirmLinda Reinstein
 
Sales 101 2 3
Sales 101 2 3Sales 101 2 3
Sales 101 2 3gwbricker
 
Governance, Risk and Compliance for Life Sciences Companies
Governance, Risk and Compliance for Life Sciences CompaniesGovernance, Risk and Compliance for Life Sciences Companies
Governance, Risk and Compliance for Life Sciences CompaniesFindWhitePapers
 
Valor Support - Customer Success Story
Valor Support - Customer Success StoryValor Support - Customer Success Story
Valor Support - Customer Success StoryBLmarketing
 
Aviso abertura interpretelgp
Aviso abertura interpretelgpAviso abertura interpretelgp
Aviso abertura interpretelgplourde cruz
 

Viewers also liked (20)

HMRC Update
HMRC UpdateHMRC Update
HMRC Update
 
Intro to Xamarin.Forms : A C# way to develop mobile app
Intro to Xamarin.Forms : A C# way to develop mobile appIntro to Xamarin.Forms : A C# way to develop mobile app
Intro to Xamarin.Forms : A C# way to develop mobile app
 
2013 ADAO Silver Sponsor: Nemeroff Law Firm
2013 ADAO Silver Sponsor: Nemeroff Law Firm2013 ADAO Silver Sponsor: Nemeroff Law Firm
2013 ADAO Silver Sponsor: Nemeroff Law Firm
 
New Media Explained
New Media ExplainedNew Media Explained
New Media Explained
 
Linda Reinstein, "Asbestos: Past, Present & Future"
Linda Reinstein, "Asbestos: Past, Present & Future"Linda Reinstein, "Asbestos: Past, Present & Future"
Linda Reinstein, "Asbestos: Past, Present & Future"
 
Java Google Web Toolkit-GWT
Java Google Web Toolkit-GWTJava Google Web Toolkit-GWT
Java Google Web Toolkit-GWT
 
Mishel
MishelMishel
Mishel
 
Treasure Island
Treasure IslandTreasure Island
Treasure Island
 
Red cableada
Red cableadaRed cableada
Red cableada
 
Part 2. Nation Report
Part 2. Nation ReportPart 2. Nation Report
Part 2. Nation Report
 
How to . . . put it about
How to . . . put it aboutHow to . . . put it about
How to . . . put it about
 
Educating Decision Makers and Telling Our Story (aka Advocacy Lessons from t...
Educating Decision Makers and Telling Our Story (aka Advocacy Lessons from t...Educating Decision Makers and Telling Our Story (aka Advocacy Lessons from t...
Educating Decision Makers and Telling Our Story (aka Advocacy Lessons from t...
 
The Last Of The Mohicans
The Last Of The MohicansThe Last Of The Mohicans
The Last Of The Mohicans
 
Produccion y desarrollo Donaji Torres
Produccion y desarrollo Donaji TorresProduccion y desarrollo Donaji Torres
Produccion y desarrollo Donaji Torres
 
2013 ADAO Platinum Sponsor: Simmons Law Firm
2013 ADAO Platinum Sponsor: Simmons Law Firm2013 ADAO Platinum Sponsor: Simmons Law Firm
2013 ADAO Platinum Sponsor: Simmons Law Firm
 
Sales 101 2 3
Sales 101 2 3Sales 101 2 3
Sales 101 2 3
 
Governance, Risk and Compliance for Life Sciences Companies
Governance, Risk and Compliance for Life Sciences CompaniesGovernance, Risk and Compliance for Life Sciences Companies
Governance, Risk and Compliance for Life Sciences Companies
 
The Adventures Of Huckleberry Finn
The Adventures Of Huckleberry FinnThe Adventures Of Huckleberry Finn
The Adventures Of Huckleberry Finn
 
Valor Support - Customer Success Story
Valor Support - Customer Success StoryValor Support - Customer Success Story
Valor Support - Customer Success Story
 
Aviso abertura interpretelgp
Aviso abertura interpretelgpAviso abertura interpretelgp
Aviso abertura interpretelgp
 

Similar to UD 13 Sector Primario 2ª parte

As economías de España e Galicia
As economías de España e GaliciaAs economías de España e Galicia
As economías de España e Galiciayagobr7
 
Resumen del tema 9
Resumen del tema 9Resumen del tema 9
Resumen del tema 9pedrostl
 
Economía de España e Galicia (Antía)
Economía de España e Galicia (Antía)Economía de España e Galicia (Antía)
Economía de España e Galicia (Antía)alagob2
 
Tema 6. A diversidade da economía española
Tema 6.  A diversidade da economía españolaTema 6.  A diversidade da economía española
Tema 6. A diversidade da economía españolapacovali
 
U 13 Sector Primario 1ª parte
U 13 Sector Primario 1ª parteU 13 Sector Primario 1ª parte
U 13 Sector Primario 1ª parteEvaPaula
 
Xª humana de Galicia - Sectores Económicos
Xª humana de Galicia  - Sectores EconómicosXª humana de Galicia  - Sectores Económicos
Xª humana de Galicia - Sectores Económicosccssdidactica ddoval
 
9. actividades agrarias e pesqueiras.
9. actividades agrarias e pesqueiras.9. actividades agrarias e pesqueiras.
9. actividades agrarias e pesqueiras.Ismael Vide González
 
Tema 12. lección 5.1. agricultura en galicia.
Tema 12. lección 5.1. agricultura en galicia.Tema 12. lección 5.1. agricultura en galicia.
Tema 12. lección 5.1. agricultura en galicia.dudashistoria
 
Tema 5 os espazos do sector primario 2014-15
Tema 5 os espazos do sector primario 2014-15Tema 5 os espazos do sector primario 2014-15
Tema 5 os espazos do sector primario 2014-15santiago
 
Economía de españa e galicia
Economía de españa e galiciaEconomía de españa e galicia
Economía de españa e galiciaalboradadiegog
 
Tema 5 os espazos do sector primario 2014-15
Tema 5 os espazos do sector primario 2014-15Tema 5 os espazos do sector primario 2014-15
Tema 5 os espazos do sector primario 2014-15santiago
 
Animais en perigo de extinción en Galicia
Animais en perigo de extinción en GaliciaAnimais en perigo de extinción en Galicia
Animais en perigo de extinción en GaliciaAs Ferreiras Silleda
 
O sector primario no mundo
O sector primario no mundoO sector primario no mundo
O sector primario no mundomasinisa
 
Tema 8 de geografia
Tema 8 de geografiaTema 8 de geografia
Tema 8 de geografiamssl1998
 

Similar to UD 13 Sector Primario 2ª parte (20)

As economías de España e Galicia
As economías de España e GaliciaAs economías de España e Galicia
As economías de España e Galicia
 
Resumen del tema 9
Resumen del tema 9Resumen del tema 9
Resumen del tema 9
 
Economía de España e Galicia (Antía)
Economía de España e Galicia (Antía)Economía de España e Galicia (Antía)
Economía de España e Galicia (Antía)
 
Tema 6. A diversidade da economía española
Tema 6.  A diversidade da economía españolaTema 6.  A diversidade da economía española
Tema 6. A diversidade da economía española
 
U 13 Sector Primario 1ª parte
U 13 Sector Primario 1ª parteU 13 Sector Primario 1ª parte
U 13 Sector Primario 1ª parte
 
Xª humana de Galicia - Sectores Económicos
Xª humana de Galicia  - Sectores EconómicosXª humana de Galicia  - Sectores Económicos
Xª humana de Galicia - Sectores Económicos
 
Xeografia 3
Xeografia 3Xeografia 3
Xeografia 3
 
9. actividades agrarias e pesqueiras.
9. actividades agrarias e pesqueiras.9. actividades agrarias e pesqueiras.
9. actividades agrarias e pesqueiras.
 
Tema 12. lección 5.1. agricultura en galicia.
Tema 12. lección 5.1. agricultura en galicia.Tema 12. lección 5.1. agricultura en galicia.
Tema 12. lección 5.1. agricultura en galicia.
 
Tema 8
Tema 8Tema 8
Tema 8
 
O sector primario
O sector primarioO sector primario
O sector primario
 
Tema 5 os espazos do sector primario 2014-15
Tema 5 os espazos do sector primario 2014-15Tema 5 os espazos do sector primario 2014-15
Tema 5 os espazos do sector primario 2014-15
 
Economía de españa e galicia
Economía de españa e galiciaEconomía de españa e galicia
Economía de españa e galicia
 
Tema 7 o sector primario
Tema 7  o sector primarioTema 7  o sector primario
Tema 7 o sector primario
 
Tema 5 os espazos do sector primario 2014-15
Tema 5 os espazos do sector primario 2014-15Tema 5 os espazos do sector primario 2014-15
Tema 5 os espazos do sector primario 2014-15
 
O sector primario
O sector primarioO sector primario
O sector primario
 
Animais en perigo de extinción en Galicia
Animais en perigo de extinción en GaliciaAnimais en perigo de extinción en Galicia
Animais en perigo de extinción en Galicia
 
Tema 8
Tema 8Tema 8
Tema 8
 
O sector primario no mundo
O sector primario no mundoO sector primario no mundo
O sector primario no mundo
 
Tema 8 de geografia
Tema 8 de geografiaTema 8 de geografia
Tema 8 de geografia
 

UD 13 Sector Primario 2ª parte

  • 1. XEOGRAFÍA DE ESPAÑA Eva 2º BACH www.aulasabertas.blogspot.com
  • 3. Nos últimos anos, a gandaría coñeceu un notable desenvolvemento en España, e hoxe en día representa un 40% da produción final agraria, fronte ao 60% da agricultura. Esta crecente importancia veu acompañada por:  Un cambio das funcións asignadas á actividade gandeira, que de ser só un complemento da agricultura, aumentou a súa importancia económica ante o crecente consumo dos seus produtos.  A modernización das explotacións, incorporando todo tipo de melloras técnicas no seu funcionamento. Coa mecanización e a tecnificación incrementouse notablemente a produción.  Unha diferente evolución das especies en función da súa rendibilidade e das limitacións ao seu aumento impostas polas políticas agrarias. Obtiveronse razas selectas que proporcionan elevados rendementos.  Importantes modificacións na súa distribución territorial, que resulta cada vez menos dependente das condicións naturais, ao aumentar a importancia da gandaría estabulada.
  • 4.  A gandaría tiña como funcións principais as de fornecer de animais de labor as tarefas agrícolas (gando bovino e equino) e a produción de la (gando ovino).  A produción de carne e leite para a alimentación era complementaria, ao seren produtos que só unha parte da poboación podía incluír como parte habitual da súa dieta.  O gando bovino era máis frecuente nas rexións húmidas, e o ovino e caprino nas secas, pero resultaba frecuente certa mestura de especies no territorio.  O gando porcino e aviario era bastante habitual, en pequenas cantidades, dentro das explotacións familiares.
  • 5. Case desapareceu a utilización de animais de labor ante o avance da mecanización, e tamén perdeu importancia a produción de la ante os baixos prezos e o aumento das importacións.  Produciuse unha intensificación da actividade, crecendo a estabulación do gando en granxas onde é alimentado a partir de pensos.  Pola contra, case desapareceron algunhas prácticas seculares como a transhumancia estacional dos rabaños, entre os pastos de montaña no verán e os de chaira no inverno, que foron a base da prosperidade económica de numerosas comarcas hoxe en declive.  A gandaría destínase hoxe principalmente á alimentación da poboación, o que vai unido ao forte aumento do consumo de carne, leite e ovos. Iso supuxo, a miúdo, a substitución das razas autóctonas por outras de maior produción e por conseguinte, maior rendibilidade.  As necesidades do mercado obrigaron á especialización e á intensificación das explotacións.
  • 6.
  • 7. Os diversos tipos de especies tiveron un crecemento moi desigual, que tamén modificou a súa distribución espacial.  A evolución nos últimos tempos, así como as medidas tomadas pola PAC, comportaron un claro descenso do bovino e un incremento do porcino e do avícola. Tamén provocaron o aumento da cunicultura e da apicultura.
  • 8.
  • 9. Localízase principalmente en Galicia, Principado de Asturias, Cantabria e zona pirenaica.  Conta con 6,5 millóns de cabezas  O 80% das cabezas destínanse a produción de carne e coiros; destacan as razas charolesa e limusina, que alcanzan maior peso ca as razas autóctonas. Localízanse, sobre todo, nas áreas montañosas e nas devesas occidentais, aínda que as granxas intensivas para a engorda de becerros proliferaron tamén en territorios con escaseza de pastos, totalmente dependentes da compra de pensos.  O outro 20% do gando vacún dedícase á produción de leite, pero a súa evolución foi máis negativa ante a competencia doutros países europeos e o establecemento de cotas leiteiras pola PAC, que eliminaron moitas explotacións familiares de moi pequeno tamaño. Dentro deste sector, que se localiza especialmente nas rexións cantábricas, predomina a raza frisoa.
  • 10.  Descensono consumo de carne de vacún e dos produtos lácteos derivados  Cotas lácteas impostas pola UE que limitan a produción de leite e provocan a diminución do número de vacas de leite
  • 11.
  • 12. Localízase, sobre todo, en Estremadura, Aragón, Navarra e na zona da Meseta.  A súa distribución é bastante dispersa con maior importancia no interior peninsular, onde aproveitan pastos estacionais: Castela- A Mancha, Gástela e León, Estremadura e Aragón suman o 70% do total.  Conta con 24 millóns de cabezas  Sufriu un forte retroceso hai catro décadas ao caer o prezo da la e emigraren moitos pastores.  Nos últimos anos foise recuperando ao aumentar a demanda de carne de cordeiro e leite para fabricar queixos.  Hai unha gran variedade de razas segundo rexións
  • 13. O éxodo rural  redución do número de pastores  Reduciónda superficie destinada a pastos para o gando ou a repoboación forestal  Escasarendibilidade que proporciona a súa explotación
  • 14. Críanse de xeito intensivo en Cataluña, Castela e León, Aragón e na Rexión de Murcia, onde proliferan as granxas onde se realiza a engorda rápida de animais  Mantense a importancia da raza ibérica, criada de forma extensiva nas devesas salmantinas, estremeñas e onubenses, que xera produtos de alta calidade e crecente demanda nacional e internacional.  Conta con preto de 24 millóns de cabezas  Experimentou un rápido crecemento nas últimas décadas.
  • 15.  Baixo prezo da súa carne  Sistemade cría intensiva (cría estabulada e expansión dos pensos) para lograr un maior rendemento
  • 16. O gando aviario É O QUE REXISTROU UN MAIOR AUMENTO NOS ÚLTIMOS TEMPOS, con granxas que funcionan como verdadeiras fábricas automatizadas que chegan a superar, en ocasións, os 50 000 animais, a partir do consumo intensivo de pensos e un sistema de produción continua.  O aumento rexistrado no consumo de carne de polo e ovos ten a súa orixe na expansión das granxas avícolas, mentres outros tipos de granxas (pavos, paspallases, avestruces, parrulos etc.) teñen escasa importancia ata o momento.  Cataluña, Castela e León e Aragón son as CCAA nas que máis abundan as explotacións de cría avícola intensiva.
  • 17.
  • 18.  Andalucía e a Meseta  Terreos áridos ou montañosos con pastos escasos e de pouca calidade, como os do sueste peninsular e Canarias.  Conta con 3 millóns de cabezas  Sempre foi complementario do ovino  Utilizado para a fabricación de queixos e consumo de carne.  Maila ao seu descenso a produción mantense grazas a demanda do leite de cabra para a fabricación de queixos artesanais.
  • 19.  Repoboación forestal nas zonas onde antes estaban as cabras  Consumo xeneralizado de leite de vaca en vez do de cabra
  • 20.  http://sociaisvigo.blogspot.com/2012/01/o- sector-primario.html  http://www.youtube.com/watch?v=enKSLIVC hx8&feature=player_embedded#!
  • 22. Coidado e explotación dos bosques. Os principais produtos que se obteñen da explotación forestal son a madeira, a cortiza, a resina, os piñóns, as bagas, os froitos silvestres e os cogomelos. Destaca ademais o uso cinexético das zonas forestais.  A explotación forestal en España realízase principalmente nos bosques atlánticos e do norte situados no Macizo Galaico, na Cordilleira Cantábrica, nos Pirineos, no Sistema Central e nos Montes de Toledo.
  • 23. A explotación forestal en España, a pesar do incremento dos rendementos nos últimos anos, está moi por debaixo do que se obtén no norte de Europa.  En España existen 26 millóns de hectáreas cualificadas como montes, que non están cultivadas nin ocupadas por prados e pastos, o que representa algo máis da metade do territorio. Dentro dese conxunto, os bosques ocupan uns 15 millóns de hectáreas (32% da superficie total).  O peso económico destas actividades en España é moi inferior ao das actividades agrarias.  Nalgunhas comarcas, o aproveitamento dos recursos forestais ten importancia.
  • 24. Obtención de madeira para carpintaría, fabricación de mobles, construción, fabricación de pasta de papel, ou uso de leña e carbón vexetal como combustible.  Produción de cortiza, utilizada na fabricación de rollas e paneis illantes, dos que os países ibéricos son principais produtores mundiais. Obtense das sobreiras de Andalucía, Estremadura e Cataluña. A súa produción exportase a toda Europa.  Resina, utilizada como materia prima na fabricación de pinturas e colas. Procede sobre todo dos bosques do Val do Douro.  Recolección de alimentos como castañas, landras, piñas, bagas, froitos silvestres, cogomelos etc.  Uso cinexético: a caza, tanto maior (xabaril, corzo, rebezo, cabra hispánica) coma menor (perdiz, paspallás, coello, lebre...), regulada polos coutos e a expedición de licenzas de caza e pesca. Actividade tradicional que hoxe está en auxe.  Algúns bosques constitúen un recurso turístico de grande
  • 25. É a máis importante forma de explotación dos bosques de España  A utilización económica de bosques e montes varía segundo o tipo de propiedade: dous terzos do total son propiedade privada, caracterizada pola súa gran fragmentación (media de 3 hectáreas), o que dificulta unha explotación forestal racional e rendible; e o terzo restante é de propiedade pública, cun tamaño moi superior (500 hectáreas), teñen grande importancia na conservación das áreas forestais, porque permaneceron á marxe dos intereses do mercado.  A principal rexión produtora de madeira é Galicia, de onde se extrae case a metade da madeira obtida no país, seguida polas rexións do Cantábrico (20% do total) e as áreas montañosas de Cástela e León (10%).  A produción madeireira en España está a reducirse de forma lenta na última década. A causa atópase no aumento das importacións. Máis da cuarta parte da madeira que se consome en España procede xa de importacións, tanto procedentes de países tropicais (Brasil, Congo etc.) coma nórdicos (Rusia, Canadá etc.).  As principais especies explotadas pódense dividir en dous grandes grupos: as frondosas na metade occidental da Península Ibérica (aciñeiras, sobreiras, carballos, faias, castiñeiros, nogueiras etc.); e as coníferas na metade oriental da Península e nas illas (piñeiros piñoneiros, resineiro, carrasco canario, sabina albar).
  • 26.  Na metade occidental da Península Ibérica (aciñeiras, sobreiras, carballos, faias, castiñeiros, n ogueiras etc.), con climas de maior humidade e suavidade térmica.  Ofrecen, na súa maioría, madeiras de calidade pola súa resistencia, que alcanzan un elevado prezo e se utilizan para a fabricación de mobles e na construción.  Especies de crecemento lento, polo que a súa explotación debe ser controlada.  Na actualidade, preténdese fomentar a repoboación con estas especies alí onde son autóctonas, fronte a piñeiros e eucaliptos, de maior crecemento madeirable, pero que esgotan e acidifican o solo con máis rapidez, sofren un maior risco de incendio e os seus produtos teñen menor valor no mercado.
  • 29.  Na metade oriental da Península e ñas illas  Diferentes especies segundo o grao de aridez e o tipo de solo: piñeiros piñoneiros, resineiro, carrasco, de Córsega ou canario, sabina albar etc...  Ocupan unha superficie lixeiramente superior, en parte, por beneficiárense dunha política de repoboacións masivas desde o pasado século, que apostou por especies de rápido crecemento como ocorre con boa parte dos piñeirais.  Ofrecen, polo xeral, madeiras brandas, de calidade escasa ou media, que se destinan a industria de taboleiros e aglomerados, á fabricación de mobles baratos, así como á produción de pasta de papel.
  • 30.
  • 31.
  • 32.  Incendios, tras os cales se especula coa terra queimada.  Corta incontrolada, ligada a unha industria concreta.  Acción antrópica que despraza ao bosque autóctono (faia, aciñeira, carballo, sobreira). - A repoboación con especies non autóctonas de rápido crecemento (piñeiro).As coniferas predominan sobre o resto (52%). - Cultivos forestais non autóctonos (eucalipto).
  • 33.
  • 34.  http://www.iesgrancapitan.org/profesores/ bvaquero/bloggeografia/temasgeografia/te masgeografia/tema10elespacioruralyloscon dicionantes.pdf  http://www.slideshare.net/isaacbuzo/los- paisajes-agrarios-de-espaa  http://www.slideshare.net/alumnesflorida/ geografia-de-espaa-los-paisajes-agrarios
  • 36. España é a primeira potencia pesqueira da UE.  Elevado consumo de peixe.  Falta de caladoiros dende o recoñecemento das augas xurisdicionais (imposición da zona de 200 millas de augas territoriais)  fenas en caladoiros afastados.  O 90% das capturas son peixes (atún, bonito, bacallau, sardiña, arenque) e o 10% restante crústaceos e moluscos.  PPC (Política Pesqueira Común) busca o desenvolvemento harmonioso do sector pesqueiro, de acordó con criterios de eficacia e de rendibilidade económica, dentro do respecto ao medio, buscando o equilibrio entre a capacidade extractiva e a potencialidade dos recursos pesqueiros, as rendas dos pescadores e a oferta dos consumidores a prezos razoables.  A pesca é unha actividade en declive, tanto polo escaso número de mariñeiros coma polo número de capturas ou de barcos  Na actualidade, aínda que o total capturado é menor ao de hai anos, o valor total é superior xa que se pescan especies máis cotizadas.
  • 37. PESCA TRADICIONAL PESCA INDUSTRIAL OU TECNIFICADA OU ARTESANAL Técnicas tradicionais Gran volume de capturas para abastecer aos mercados. Aparellos de pesca sinxelos: arcos, frechas, arpóns, nasas, Necesita: recursos económicos, unha tecnoloxía anzois e redes. avanzada e unhas infraestruturas portuarias. Practícase preto da costa. A pesca de baixura, próxima á costa. Os barcos proven cada día de peixe fresco as lonxas, desde Sistemas superficiais de cerco e onde se distribúe aos mercados locáis e de cebo rexionais. Sistemas de fondo como o A pesca de altura, que se despraza a gran arrastre distancia da costa española, aos caladoiros internacionais. Realízana frotas de grandes Redes fixas como as almadrabas barcos con tecnoloxía avanzada, como sonares ou GPS, que lles permiten detectar os bancos de peixes.
  • 38. Frota de grande altura (buques de máis de 250 toneladas de rexistro bruto) coma a de altura (de 100 a 250 toneladas) sufriron un importante retroceso como consecuencia da aplicación dos límites territoriais internacionais.  A frota litoral ou de baixura (de 20 a 100 toneladas), a pesar de ser a máis numerosa en toneladas, é a que sufriu máis as consecuencias da crise, posto que, por unha parte, necesita investimento para renovarse e, pola outra, a limitación das 200 millas prexudicouna notablemente.  A frota familiar ou artesanal (de menos de 20 toneladas), en cambio, puido seguir subsistindo porque, a pesar de pescar menos cantidade, as especies pescadas son de alto valor comercial e moi apreciadas en gastronomía.
  • 39.  O litoral español divídese en oito rexións pesqueiras: Cantábrica, Noroeste, Suratlántica, Surmediterrá nea, Levante, Tramontana, Balear e Canaria  Concentración da frota nalgunhas áreas pesqueiras e, en concreto, en determinados portos.  Os portos onde están matriculados o 75% dos barcos pesqueiros son os de Galicia (50%), País Vasco, Canarias e Andalucía que son rexións de longa tradición pesqueira. Cataluña e a Comunidade Valenciana destacan á súa vez entre as rexións mediterráneas
  • 40.  A rexión do Noroeste é a máis importante, tanto en cantidade coma en valor da súa pesca, porque reúne máis do 85 % do total da frota. Os seus principais portos son o de Vigo (concentra a frota de grande altura) e o da Coruña (composición máis variada).  Os portos que seguen en importancia son os das cidades andaluzas de Huelva e Alxeciras, na rexión Suratlántica. As Palmas, na rexión Canaria, é igualmeme destacable.  O litoral mediterráneo. así como as rexións de Levante, Tramontana e Balear, engloban portos de menor importancia, xa que a súa riqueza mariña foi sobreexplotada.  Os caladoiros peninsulares están limitados pola escasa superficie da nosa plataforma continental, á vez que sofren a sobreexplotación e están esgotados.
  • 41. Mediterráneo: a temperatura media é superior a do Atlántico, a salinidade é maior, existe menos fitoplancto (alimento básico dos peixes) e as mareas son case inexistentes  riqueza pesqueira é menor, aínda que destaca a captura de peixes emigrantes (sardina, bocarte, atún e bonito), capturados con aparellos de cerco e de arrastre, así como con redes fixas (almadrabas).  Atlántico cántabro: temperatura media é inferior, salinidade é menor, existe máis fitoplancto e teñen lugar mareas  riqueza pesqueira maior. Destacan o atún, o bonito, o peixe espada, a sardina, o bocarte, a meiga, o peixe sapo, a pescada, o ollomol e o xurelo.  Costa atlántica andaluza, pesca de sardina, bocarte, ameixa, navalla, lura, gamba e lagostino, que na actualidade acusan síntomas de esgotamento.
  • 42.  Os principais caladoiros para a frota española están no Atlántico norte, tanto en augas comunitarias (Gran Sol, Irlanda, Escocia e golfo de Biscaia) coma nas proximidades da península da Terra Nova, en Canadá.  Pero tamén faena nas proximidades do Sahara occidental, Mauritania e Senegal, estendéndose cara ao Atlántico sur (Angola, Namibia, Malvinas etc.).  A crecente competencia doutras frotas obrigou nos últimos anos a que certos buques conxeladores operen agora incluso no océano Indico (Mozambique, Somalia, illas Seicheles), aumentando os custos e riscos do seu traballo.
  • 43.  Envellecemento da frota  Envellecemento da poboación ocupada na pesca.  Esgotamento dos caladoiros nacionais pola súa sobreexplotación  Problemas de contaminación dalgunhas augas por verteduras industriais e urbanas ou de petroleiros.  Restricións nas augas de numerosos países en que pesca a frota española con cotas máximas anuais e unha limitación no número de licenzas concedidas; esta é a orixe dalgúns conflitos (Marrocos, Mauritania, Canadá etc.).
  • 44. Dependen na a maior parte da Política Pesqueira Comunitaria, existente desde 1983. Entre as medidas inclúense:  Prohibición de certas artes de pesca que esgotan os fondos ou do consumo de crías, que impide a rexeneración das especies.  Renovación da frota pesqueira, con axudas financeiras ao desmantelamento de barcos antigos e a súa substitución por outros novos.  Creación de empresas mixtas nos países en cuxas augas se pesca, que inclúen o emprego dunha certa proporción de pescadores deses países en barcos españois.  Fomento da acuicultura e da innovación nos cultivos marinos, para compensar a redución das capturas.  Subvencións á diversificación de actividades en áreas onde a actividade pesqueira era predominante, para xerar outros empregos,
  • 45. Primeira zona pesqueira de España e de Europa en volume de pesca desembarcada, o que se manifesta na dimensión da súa frota, no volume de pesca e no número de postas de traballo que xera (orixinando unha importante actividade económica, que contribúe cun 12% á riqueza económica galega), fomentando outras actividades económicas.  A frota pesqueira con porto base en Galicia é a máis importante de todas as rexións europeas e tamén é a maior do Estado (Galicia posúe preto do 40 % dos barcos españois).  A maior parte dos buques galegos son de pequeno porte (o 80%)  A frota pesqueira galega opera tanto dentro das nosas augas coma fóra do ámbito territorial de Galicia (presente en case todos os caladoiros do mundo).  Xunto á pesca, o marisqueo e a acuicultura son dúas actividades con grande importancia en Galicia.  O marisqueo xurdiu como un complemento á economía familiar, pero desde os anos 50 experimentou un considerable pulo ao se incrementar a demanda.  Pola súa parte, a acuicultura preséntase como unha alternativa á pesca tradicional, ao permitir obter unha maior produtividade sen esgotar os recursos. Galicia é líder neste sector, pois posúe a maior parte dos centros acuicultores de España e da UE. As instalacións concéntranse sobre todo nas Rías Baixas.  Tamén hai explotacións de auga doce (de troitas, carpas, anguías...). É unha actividade en crecemento e ten moi boas expectativas de futuro.
  • 46. O sector pesqueiro está a experimentar desde hai décadas unha forte crise:  Esgotamento dos caladoiros  Límite de 200 millas de augas territoriais como área pesqueira exclusiva de cada país polo cal Galicia tivo que deixar de faenar en zonas onde tradicionalmente o fixera  A Política Pesqueira Comunitaria (PPC) reduciu o número de licencias pesqueiras e a cota de capturas, o que provocou a perda de empregos e a diminución do número de barcos e das especies capturadas  Os intereses da frota galega foron deixados a un lado nos convenios pesqueiros que a UE negociou con terceiros países (Canadá, Marrocos...).  A contaminación das augas e das costas (o afundimento do Prestige no 2002 tivo consecuencias especialmente tráxicas).
  • 47. A poboación rural  As explotacións agrarias  Técnicas e sistemas agrarios  Estrutura gandeira  Política Agrícola Común.
  • 48. Páx. 219-221 Páx. 272  Diminúe a partir da segunda metade do século XX  DESAGRARIZACIÓN CAUSAS  Éxodo rural  O período desarrollista, iniciado tras o Plan de Estabilización de 1959, modificou situación ao acelerar o proceso de industrialización e, en paralelo, provocar un éxodo rural asociado a unha intensa desagrarización  Modernización dos traballos agrícolas  Proceso de urbanización  urbanización do campo (rururbanización) CONSECUENCIAS  Demográficas  perda de habitantes  Socioeconómicas  Despoboamento  aumento da ruralidade  Ambientais  limpeza do monte?
  • 49. A poboación activa de España dedicada ao sector primario reduciuse ao longo do século xx. 1960, a taxa do sector primario era case do 40 % da poboación activa. 1980  17,1 % 2008  3,9%.  Paralelamente, creceu a poboación vinculada ao sector secundario e, sobre todo, ao sector terciario. Produciuse, polo tanto, un abandono das zonas rurais.
  • 50. O proceso de desagrarización foi máis intenso naqueles territorios que coñeceron un maior desenvolvemento industrial, contan con grandes cidades, ou presentan un forte crecemento do turismo nas últimas décadas. Iso explica que en Madrid, o País Vasco, así como en boa parte de Cataluña e os dous arquipélagos, a porcentaxe de poboación agraria non supere o 2% do total de ocupados. En cambio, os valores máis altos de ocupación en actividades agrarias corresponden as provincias do interior peninsular, en especial as que bordean a fronteira con Portugal ou corresponden a áreas montañosas e menos accesibles. No litoral, tan so as provincias de Murcia, Almería e Huelva presentan tamén porcentaxes de poboación agraria superiores ao 8%, debido á expansión da agricultura intensiva baixo plástico. En todas as provincias, os traballadores agrarios son xa unha minoría. Pero boa parte dos seus produtos son a base da industria agroalimentaria e tamén contribúen a preservar algúns produtos de calidade vinculados a territorios concretos.
  • 51. Cultivos leñosos: plantas arbóreas ou arbustivas, que permanecen no campo tras a colleita anual. Característicos da cultura mediterránea: o oliveiral e o viñedo.  Cultivos herbáceos: esixen a súa sementeira anual e inclúen, principalmente cereais como trigo, cebada, centeo, avea e millo, as leguminosas (feixóns, garavanzos, lentellas etc.) e a pataca, hortalizas e outros cultivos industriais (remolacha azucreira, tabaco, forraxeiras. Son os que ocupan maior superficie, pero a súa produtividade por hectárea resulta bastante baixa.  As áreas de regadío ocupan unha quinta parte das terras cultivadas, pero nela xéranse dous terzos da produción agrícola total, debido aos altos rendementos que se obteñen. Litoral mediterráneo e Canarias. Ao seren estas deficitarias en recursos hídricos superficiais, acódese a extraer augas subterráneas e, nalgúns casos, ao transvasamento doutras cuncas (como o que une o Texo e o Segura) ou á desalgadura de auga marina. Estase a substituir de forma progresiva a rega por inundación a partir canles e regos, aínda maioritaria, pola aspersión ou a rega localizada por goteo, que aforran auga.  As áreas de secaño son amplamente dominantes segundo a superficie ocupada, pero a súa produtividade é moi inferior e está sometida, ademáis, a maiores variacións interanuais por secas, xeadas, episodios de chuvias torrenciais, sarabia etc. A clásica triloxía mediterránea, formada por cereais, viñedo e oliveira, aínda ocupa a maior parte destas áreas.
  • 52. Modernización dos sistemas de cultivo A agricultura española actual coñeceu un intenso proceso de modernización, o que permitiu elevar a súa eficiencia. As transformacións máis importantes son:  Unha crecente especialización do territorio nos cultivos para os que se teñen mellores condicións competitivas, abandonando o resto. A substitución do policultivo polo monocultivo provoca maior rendibilidade.  Maior investimento de capital para incorporar maquinaria (tractores, colleitadoras, motores para rega etc.), produtos químicos (fertilizantes, herbicidas, praguicidas etc.) ou sementes seleccionadas e transxénicas, manipuladas xeneticamente. Este tipo de investimentos reduce a necesidade de traballadores e aumenta os rendementos, aínda que tamén pode ter consecuencias negativas: os residuos químicos poden contaminar o solo ou as augas, e existe un debate sobre os posibles riscos para a saúde derivados do consumo de produtos transxénicos.  Forte incremento da superficie en regadío, que permite multiplicar ata por seis as producións obtidas en secaño, pero tamén provoca a sobreexplotación de certos acuíferos e crecentes conflitos pola auga.  Incorporación de novas técnicas de cultivo, como o enarenado ou o cultivo baixo plástico. No enarenado altérnanse capas de área e esterco, permitindo cultivar terras moi pouco fértiles; sobre todo, no sueste peninsular. O cultivo baixo plástico asociase ao uso de técnicas avanzadas como o cultivo hidropónico, sen solo, a rega por goteo, ou a creación de microclimas controlados a distancia con medios informáticos. Páx. 262
  • 53.  Paisaxe montañosa  Vexetación predominante/usos do solo: pastos + cultivo + bosques  Hábitat disperso  Clima húmido  verde da vexetación  Zona do norte de España  Presenza da gandaría  Estrutura da propiedade en pequenas parcelas  Agricultura e gandaría intensivas  Casa aliñadas xunto a estrada ou aos camiños (hábitat disperso)  Adaptación do medio humano e da súa actividade económica ao clima e as condición naturais