Tema 6. A diversidade da economía española

392 views

Published on

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
392
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
59
Actions
Shares
0
Downloads
3
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Tema 6. A diversidade da economía española

  1. 1. TEMA 6.- A DIVERSIDADEDA ECONOMÍA ESPAÑOLA
  2. 2. 1.- A evolución da economía española En España, o proceso de renovación da actividade económica foi débil e moderado ao longo do século XIX e comezos do XX, arrancando con forza desde mediados do pasado século, especialmente na década de 1960. Desde entón, o desenvolvemento económico pasa por períodos de expansión e crecemento e por outros de contracción e crise, dependendo das circunstancias internas e da conxuntura internacional. 1.1.- A recente modernización Nas décadas finais do século XX e nos inicios do século XXI, España viviu un proceso de modernización e desenvolvemento económico que é apreciable en aspectos como: Crecemento estable e continuado do PIB e, consecuentemente, da renda per cápita, manifestada nunha notable melloría das condicións de vida dos españois e no seu poder adquisitivo, con melloras nos servizos de educación, sanidade, subsidio de desemprego, pensións de xubilación... cubertas polas institucións públicas, o que se denomina estado do benestar. Terciarización da economía manifestada na diminución dos sectores primario e secundario e un elevado crecemento do terciario. No entanto, existían e existen numerosas trabas e dificultades que limitan o crecemento e dificultan unha maior transformación do conxunto da economía, como:
  3. 3.  Reducidos investimentos en investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica (i+D+i), tanto por parte das administracións públicas como da empresa privada, que alcanzan unicamente Ao 1,05% do PIB. Como consecuencia, existe unha forte dependencia do estranxeiro nas innovacións tecnolóxicas e científicas. Predominio das pequenas e medianas empresas e industrias, con escasa presenza de multinacionais (telefónica, Repsol, Pescanova, Inditex...). A escaseza de materias primas para a industria e de fontes de enerxía, especialmente das non renovables, e que son as máis utilizadas (petróleo, gas natural), limita o crecemento económico, enrarece a produción e obriga a investir elevadas cantidades de capitais na súa adquisición aos países produtores. Existen obstáculos físicos que dificultan o desenvolvemento económico de determinadas zonas (disposición do relevo, que dificulta e encarece as infraestruturas; ríos que non permiten a navegación; a deficiente calidade de moitas terras de cultivo; a aridez e escaseza de auga...).
  4. 4. 1.2.- A crise económica A crise financeira iniciada en 2007 en Estados Unidos provocou unha crise económica global, que afectou a todos os países, pero en maior medida aqueles máis directamente vinculados coa economía norteamericana. España foi un dos países máis duramente afectados e desde entón pasa por unha fase de contracción e retroceso manifestada en: O descenso continuado do PIB. Tamén se produce unha diminución da renda per cápita dos españois, que en 2009 era un 4,1% inferior a de 2008. Incremento considerable da taxa de desemprego, unha das máis elevadas da UE (do 20,33% no 2010). O desemprego afecta máis as mulleres, que seguen cobrando menos que os homes por igual traballo, e os mozos e mozas, especialmente os cualificados, que buscan o seu primeiro emprego.2.- As actividades do sector primario Agricultura, gandaría, aproveitamento do bosque e pesca, as actividades básicas do sector primario ven reducir cada vez máis o seu peso no conxunto da economía (arredor do 2,3% do PIB) e no número de persoas que nel traballa (4,1% no 2009, fronte ao 63,3% en 1900).
  5. 5. Vendimia
  6. 6. 2.1.- As actividades agrícolas A agricultura española superou, en termos xerais, o sistema tradicional e presentando hoxe características dunha agricultura modernizada tales como: emprego de novas técnicas, tendencia á especialización por rexións, crecente mecanización, selección de sementes, ampliación do regadío, cultivos transxénicos... Entre os principais cultivos destacan: Os cereais: -trigo, cebada, avea, centeo, millo- con grandes superficies dedicadas nas provincias do interior de España. A vide, utilizada como froita e para a elaboración de viño,destacando a produción de Castela-A Mancha. Noutras zonas de menor extensión lógranse boas calidades e prestixio (cava catalán, A Rioxa, Xerez, Montilla, Ribeira do Douro, Rías Baixas). A oliveira, empregada para oliva de mesa e para a obtención de aceite, ten concentrada a súa produción en Estremadura e Andalucía, especialmente nas provincias de Xaén e Córdoba. España é o primeiro produtor mundial de aceite de oliva.
  7. 7.  As leguminosas –lentellas, garavanzos, fabas- cultívanse asociadas aos cereais e fan de España o primeiro país produtor da UE. As froitas e hortalizas, con rexións especializadas e produtos de alta calidade: Valencia en cítricos, Navarra en espárragos, Canarias en plátanos, Lleida en peras e mazás, Murcia en pementos e tomates... O arroz, un cereal cultivado especialmente no baixo Ebro, Valencia, Sevilla e Badaxoz. Os cultivos industriais, aqueles que precisan ser transformados para ser consumidos (tabaco, algodón, xirasol, remolacha azucreira). A floricultura, en plena expansión en Levante e Cataluña.
  8. 8. Recollida de olivas
  9. 9. Produción de laranxas
  10. 10. 2.2.- A gandaría É un sector que experimentou unha gran transformación na súa estrutura e produción, o que permitiu un importante crecemento dos rendementos. En 2006 había en España: - + de 180 millóns de aves - 20 millóns de cabezas de gando porcino - 6 “ bovino especializadas en carne e leite Téndese a potenciar a gandaría intensiva, concentrando os animais en granxas. A gandaría extensiva, na que os animais pacen ao aire libre, a mecanización é mínima e os rendementos baixos. Segue especializada por zonas: gando vacún no norte peninsular; ovino e caprino no interior e Andalucía; porcino en Estremadura.2.3.- O aproveitamento forestal As especies máis abundantes son as frondosas (castiñeiro, chopo, eucalipto, carballo, faia) e coníferas
  11. 11. (piñeiro). Nos últimos vinte anos a produción mantívose arredor dos 15 millóns de metros cúbicos, pero o seu valor económico vai en progresivo aumento. Ademais da obtención de madeira resina e cortiza, as árbores proporcionan a materia prima para a elaboración de produtos como os taboleiros de aglomerado, cartón e papel. As masas boscosas máis importantes están na franxa cantábrica, no noroeste e no suroeste peninsular.2.4.- Paisaxes agrarias españolas A combinación das condicións naturais e a acción humana permite diferenciar en España cinco tipos básicos de paisaxes agrarias. a) Paisaxe agraria da España oceánica ou húmida Tipo de hábitat: disperso, con moitos núcleos de poboación. Propiedade da terra: parcelas pequenas (minifundismo); hai zonas con parcelas de maior tamaño onde se implantou a concentración parcelaria.
  12. 12.  A agricultura baséase no policultivo tradicional que tende á especialización en cultivos de horta e forraxe para o gando. A gandaría é a principal actividade económica, especializada no gando vacún. A explotación forestal é importante pola abundancia de árbores (carballos, castiñeiros, piñeiros, eucaliptos).b) Paisaxe agraria mediterránea Tipo de hábitat: conviven o poboamento disperso máis tradicional coa tendencia a concentración. A propiedade da terra: pequena e mediana nas terras de secaño e pequenas nas de regadío. A agricultura é de secaño no val do Guadalquivir e nas zonas prelitorais (cereais, vide, oliveira, amendoeira); a de regadío alcanza elevados rendementos (hortalizas e froitas –cítricos no Levante e tropicais nas zonas de Granada e Málaga). A gandaría ovina e caprina é abundante nas terras de secaño; no val do Guadalquivir (reses bravas); Cataluña posúe unha importante gandaría bovina e
  13. 13.  A explotación forestal aproveita especialmente a aciñeira, o piñeiro e a sobreira.c) Paisaxe agraria do interior peninsular Tipo de hábitat: concentrado. A propiedade da terra: minifundio no val do Douro e latifundios no resto. A agricultura de secaño domina na meseta e zonas non regadas do val do Ebro (cereal, vide e oliveira). A de regadío nas veigas dos ríos (froitas, hortalizas, forraxes e plantas industriais – tabaco, lúpulo, remolacha azucreira, etc. A gandaría ovina e caprina domina no centro e sur da Meseta e, no oeste, a porcina. A explotación forestal ten pouca importancia.d) Paisaxe agraria de montaña húmida Tipo de hábitat: disperso e escaso. A propiedade da terra: pequenas parcelas, con abundancia de propiedade comunal. A agricultura do fondo dos vales produce cultivos de horta; a maiores alturas (cultivos herbáceos e
  14. 14.  A gandaría bovina, ovina e caprina pace ao aire libre en réxime extensivo. A explotación forestal (piñeiros, eucaliptos e castiñeiros).e) Paisaxe agraria das illas Canarias Tipo de hábitat: concentrado e cada vez máis escaso. A propiedade da terra: pequenas e medianas explotacións conviven coas grandes dedicadas ao regadío. A agricultura de secaño (vide e patacas); nos regadíos abundan os monocultivos (plátano, tomate, piña, aguacate, pemento). A gandaría é escasa (ovina e caprina). A explotación forestal é mínima pola escasa presenza de arborado.
  15. 15. 3.- A pesca É a actividade destinada a obter recursosalimenticios das augas do mar, os ríos e lagos. Acosta española está organizada en 8 rexións,sendo a do noroeste a máis importante. A maioría das capturas son peixes (pescada,sardiña, anchoas, atún, bonito...) e unha cuartaparte do total son moluscos (polbo, lura,choupa). Cada vez cobra maior importancia aacuicultura (cría en catividade de especies demar ou de río).
  16. 16. O destino básico é o consumo humano, ben en frescoou transformado (salgadura, conxelación, conserva), etamén para a obtención de fariñas e aceites. Na actualidade esta actividade ten moitosproblemas: esgotamento de moitos caladoiros,restricións que impoñen determinados países a pescarnas augas de control exclusivo, as cotas que impón aUE, fixando topes as capturas, a necesidade derenovación e modernización das flotas, a carestía doscombustibles e a inseguridade dalgunhas zonas depesca. Como consecuencia de todo o anterior, a poboacióndedicada á pesca descende progresivamente, así comoa porcentaxe da achega do sector pesqueiro no PIB.3.- A industria e a súa reestruturación Os avances da tecnoloxía actual obriga a todas asindustrias a renovarse para poder competir no mercadointernacional (globalización).
  17. 17. 3.1.- As bases da industria As materias primas e as fontes de enerxía son as bases fundamentais da industria. As materias primas son os recursos que emprega a industria para elaborar os seus produtos. Segundo a súa orixe, poden ser orgánicas, as que proceden das actividades do sector primario, ou minerais, as procedentes de xacementos mineiros (ferro, cobre, chumbo...) e de canteiras (granito, lousa, mármore, arxila...). España é deficitaria nalgunha das orgánicas (algodón, madeira...) e moitas das minerais. As fontes de enerxía permiten o funcionamento da industria para que transforme as materias primas. Unhas son renovables (hidráulica, eólica, solar) e outras non (petróleo, gas, carbón). España é deficitaria xa que importa o 85% da enerxía que consume. Entre as máis utilizadas están: - o petróleo, a máis empregada en todo tipo de industrias e nos transportes. España aínda que non produce si ten unha importante capacidade de refino do cru que importa de países como Libia, Nixeria, Arabia Saudí e México;
  18. 18. • - o carbón foi a fonte principal dos inicios da industrialización. Segue a ser importante para a produción eléctrica nas centrais térmicas. O autoabastecemento cobre o 35% do total consumido, destacando a produción da conca asturleonesa; - gas natural é unha enerxía que aumenta progresivamente o seu consumo por ser barato, ter unha elevada capacidade calorífica e baixo nivel de contaminación. España produce o 2,5% do que consume, importando de Alxeria, Nixeria e Noruega a maior parte; - a enerxía nuclear, obtida da fisión dos átomos de uranio (xacementos en Salamanca e Badaxoz), é toda ela de produción nacional e serve fundamentalmente para a produción de electricidade. A súa produción está estancada polo perigo que representan os seus residuos; - enerxía hidráulica, a obtida das augas embalsadas que moven turbinas que xeran electricidade, é a máis abundante en España. Na produción destaca Galicia e os grandes encoros dos ríos Ebro, Douro e Teixo; - outras enerxías que aumentan lentamente a súa produción e consumo son : a solar, na que destaca a produción de Canarias, Andalucía e Baleares;
  19. 19.  a eólica, cunha produción en aumento especialmente en Galicia, Navarra, Aragón e Canarias; a biomasa, na que destaca a produción de Andalucía. 3.2.- Características e localización da industria A industrialización española desenvolvese con forza a partir da segunda metade do século XX debido, en gran parte, ao impulso do Estado. Entre 1977 e 1985 atravesou unha dura fase de axuste e reconversión. Na última década, experimentou un crecemento global continuado grazas a renovación e modernización que permitiu a mellora da produción en cantidade e calidade. . Pero a partir de 2008 entrou nunha nova crise. A industria española presenta hoxe as seguintes características: Forte dependencia do exterior en materias primas, fontes de enerxía e tecnoloxía. Importantes cambios pola incorporación das novas tecnoloxías e nos sistemas de produción (descentralización, subcontratas, produción flexible...). Progresiva mellora da calidade dos produtos. Aumento progresivo das exportacións Predominio das pequenas e medianas empresas
  20. 20.  Redución da intervención do estado Cambio no perfil dos traballadores, aumentando o número de técnicos e diminuíndo os manuais. Escasos investimentos en I+D+i Crecente preocupación polas cuestións medioambientais. En canto a localización, a industria española presenta fortes desequilibrios, cunha elevada concentración nunhas zonas –todas periféricas agás Madrid- e un gran déficit noutras. Pódense diferenciar: As áreas históricas: Cataluña e Levante (téxtil, maquinaria, química, alimentación), País Vasco e Asturias (minaría, siderurxia, metalurxia). Madrid pode incluírse neste grupo, aínda que o seu desenvolvemento é posterior e por causas diferentes (política estatal de favorecer á capital). Áreas de recente creación, a partir de mediados do século XX, o estímulo estatal axuda a xurdir novos focos industriais na periferia de cidades como Valladolid, Zaragoza, Sevilla, Vigo e A Coruña, entre outras.
  21. 21. 3.3.- Os sectores industriais Co desenvolvemento da industria na década de 1960, España multiplicou e diversificou a súa industria de modo que, na actualidade, conta cunha gran variedade de sectores entre os que destacan: Os sectores tradicionais: Siderurxia, localizada en Cataluña, Levante, País Vasco e Asturias; a industria naval, concentrada en grandes estaleiros (Ferrol, Vigo, Cádiz, Valencia, Bilbao). A parte da construción de barcos, momento no que hai unha forte recuperación, se lle engade as reparacións e a construción de plataformas petrolíferas; a industria téxtil do coiro e do calzado, importante en Cataluña, Andalucía e Valencia, ten que enfrontarse á competencia con menores prezos, ademais da pirataría industrial; o sector da minaría está en retroceso polo esgotamento dos mellores filóns ou en vías de extinción (carbón, cinc, piritas, mercurio...). Os sectores máis dinámicos. Presentan boas expectativas de futuro pola calidade dos seus produtos e unha demanda en aumento.
  22. 22. • Posúen unha organización flexible e, polo xeral, contan con abundante capital estranxeiro. A maioría son industrias de bens de consumo. Destacan a industria automobilística, na que España e o 4º produtor europeo, conta cunha alta participación de capital estranxeiro e que ten as principais fábricas en Vigo (PSA Peugeot – Citroën), Valladolid (FASA – Renault), Valencia (Ford), Barcelona (SEAT); industrias alimentarias –lácteas, cárnicas, conservas, aceite, bebidas, tabaco... - están moi repartidas por toda España. A presenza de capital estranxeiro é notable xa que en seis de cada dez empresas son filiais de empresas multinacionais; industria química e farmacéutica, con múltiples actividades e empresas tanto de actividades de base (petroquímica, plásticos...) como de consumo (deterxentes, cosmética, medicamentos); téxtil e confección, un sector de gran importancia en Galicia, Cataluña e Valencia (Inditex, Mango...); o sector da edificación e das obras públicas achega case o 20% da produción industrial e da emprego ao 10% da poboación.
  23. 23. 4.- Os servizosÉ o motor da economía, o máis importante na creacióndo PIB (60%), na creación de emprego (71% dapoboación ocupada) e o número de empresas (arredorde 2 millóns) dedicadas ao transporte, comercio,turismo, tecnoloxías da información, inmobiliarias e dealuguer, servizos a empresas, actividades recreativas eculturais e servizos persoais. Todo isto permite falar daterciarización da economía española.4.1.- O desenvolvemento do sector terciario O seu forte crecemento está relacionado con: - Aumento da capacidade adquisitiva dos españois - A mellora da capacitación profesional - A mellora das infraestruturas viarias (autovías,autopistas, liñas de alta velocidade...) - Aumento dos servizos públicos (educación,sanidade, asistencia) proporcionados polo Estado e asComunidades Autónomas - Os cambios producidos nas traballadoras etraballadores da industria actual, co aumento detécnicos cualificados.
  24. 24. Entre as características máis salientables están: Máis da metade das empresas teñen menos de 2 traballadores o que indica o elevado número de negocios familiares; só 2,5% teñen máis de 20 traballadores, aínda que o seu negocio supera o 35% do total do sector. As comunidades autónomas con maior participación no volume de negocios son Madrid e Cataluña, que suman algo máis da metade do conxunto español. 4.2.- Transportes e comunicacións Os transportes poden realizarse por: – Estradas (9.600 km de autovías, 2.700 km de autoestradas, 170.000 de estradas principais e 510.000 de secundarias) polas que circulan uns 31 millóns de vehículos. A disposición da rede é radial, con centro en Madrid.
  25. 25. – Ferrocarril (13.000 km de vía ancha por RENFE e 2.000 km de vía estreita por FEVE) que está modernizando as unidades e acurtando os tempos dos traxectos coas liñas de alta velocidade (AVE). O ferrocarril segue a ser un importante medio de transporte para mercadorías pesadas. – Metro, o transporte máis utilizado nas cidades que o posúen para transporte de viaxeiros: Madrid, Barcelona, Valencia, Bilbao. – Transporte aéreo utiliza avións e aeroportos, entre os que destacan os de Baraxas (Madrid), El Prat (Barcelona). Os que reciben máis turistas son os de Palma de Mallorca, Málaga, Gran Canaria e Tenerife. – Transporte marítimo serve, fundamentalmente para o comercio de mercadorías de gran volume co exterior. España posúe unha importante flota de mercantes e numerosos portos. As comunicacións destacan polo auxe das novas tecnoloxías, especialmente das telecomunicacións:
  26. 26. de comunicacións entre particulares e empresas (teléfono fixo e móbil, Fax, correo electrónico, internet) e servizo rápido de mercadorías (mensaxaría urxente). 4.3.- As actividades comerciais O comercio representa o 65% do volume de negocio do conxunto do sector servizos. España está entre os cinco primeiros países da UE por volume de negocio do comercio. A balanza comercial é deficitaria, pois son maiores as importacións que as exportacións; os ingresos por turismo e os investimentos estranxeiros compensan en parte este déficit. O comercio interior sofre un proceso de transformación derivado, esencialmente, da instalación de grandes superficies comerciais, moitas delas filiais de multinacionais, e supermercados, que obrigan a unha reestruturación do pequeno comercio tradicional. No comercio exterior, España intercambia o maior volume de mercadorías cos países da UE, América Latina, EE UU, Xapón e Oriente Próximo. As maiores importacións corresponden a petróleo, gas natural e produtos industriais de alta tecnoloxía.
  27. 27. Nas exportacións destacan os produtos agrarios, o sector automobilístico e produtos semielaborados. 4.4.- O turismo España é un dos primeiros países do mundo en número de turistas, atraídos polo sol e as praias, as paisaxes naturais, e a riqueza e variedade da oferta cultural. É unha actividade que dá emprego a miles de españois e de estranxeiros. Os aloxamentos turísticos poden ser hoteis (uns 17.000 que ofertan 1.600.000 prazas), apartamentos (130.000 con capacidade para 500.000 persoas, cámpings, aloxamentos de turismo rural, etc. O turismo tradicional en España é o que busca sol e praia. Os destinos favoritos dos españois son Canarias, Andalucía, Cataluña e a Comunidade Valenciana. Os dos estranxeiros –ingleses, alemáns, franceses- son as Baleares, Canarias, a Costa do Sol malagueña e a Costa Brava catalá. É un turismo masivo que ten fortes efectos medioambientais (excesiva urbanización, elevado consumo de auga, densidade de tráfico...).
  28. 28.  Outras modalidades turísticas: o turismo rural, que potencia vivir uns días de ocio en contacto coa natureza e as xentes do mundo rural; o de balnearios, unha modalidade que recobra importancia como medicina alternativa; o deportivo, que ofrece múltiples variantes, desde o golf aos deportes de neve; o cultural e historiográfico, que trata de atraer turistas mediante o deseño de programas musicais, de teatro, danza, exposicións, circuítos que inclúen visitas a centros históricos e artísticos. 5.- Os desequilibrios territoriais O desenvolvemento económico actual mantén un dos trazos característicos dos inicios da industrialización, é dicir, os fortes contrastes rexionais, que tratan de paliarse mediante políticas oficiais destinadas a corrixilos.
  29. 29. 5.1.- Os contrastes entre comunidades autónomas Comunidades máis desenvolvidas, nas que se inclúen os territorios industrializados inicialmente (Cataluña, País Vasco). Madrid, beneficiada por unha política económica que fixo da súa área metropolitana un importante foco industrial e de servizos. Comunidades de desenvolvemento máis recente como Navarra, que lidera hoxe o crecemento económico por comunidades autónomas, ben situada xeograficamente no corredor do Ebro, onde tamén se sitúa A Rioxa. Baleares, grazas á achega do sector servizos. Comunidades de desenvolvemento medio, un grupo formado por Valencia, Murcia, Asturias, e Cantabria, unha no interior –Castela e León- e o arquipélago de Canarias. Comunidades de baixo desenvolvemento, formado por dúas comunidades situadas na periferia – Andalucía e Galicia- e outras dúas no interior –Castela A Mancha e Estremadura.
  30. 30. Estes contrastes veñen de antigo, intensificándose coa industrialización do século XIX e hoxe son apreciables en datos como: a poboación (con densidades moito menores as menos desenvolvidas e cunha poboación moito máis envellecida); os sectores económicos (mentres que en Madrid e no País Vasco o sector agrario achega só o 1% do PIB, en Andalucía e Estremadura alcanza o 14%); a porcentaxe de empresas en relación á poboación, onde se aprecia claramente a disparidade entre comunidades tradicionalmente agrarias que manteñen índices de desenvolvemento menor.5.2.- Medidas correctoras dos desequilibrios Co obxecto de aproximar os valores económicos das comunidades autónomas e da calidade de vida dos seus habitantes, os diferentes gobernos puxeron en práctica políticas correctoras. Entre as medidas adoptadas destacaron a creación dos Polos de Desenvolvemento nos anos sesenta, Axencias de Desenvolvemento Rexional (1980), os fondos procedentes da UE (FEDER, FEOGA, FEP, FSE...).

×