SlideShare a Scribd company logo
1 of 4
ORGANIZACIÓN SAÍDA PROXECTO RÍOS (DECEMBRO 2013)
Para levar a cabo as actividades de mostraxe formaremos tres grupos, cada
un deles sera dirixido por un profesor (Macamen, Gerado e Adán).
Os 13 alumnos de 1º Bacharelato irán con Adán, os 23 restantes de 4º da
ESO repartiranse entre os outros dous profesores.
Establecemos tres puntos de observación a nivel de tres pontes ao longo do
tramo de estudo do río Valiñadares (500 metros):
1. Ponte da Pousada (100 m augas abaixo e 100 m augas arriba)
2. Ponte da avenida de Buenos Aires (50 m augas abaixo e 50 m augas
arriba)
3. Ponte do Pasatempo (100 m. Augas abaixo e 100 m augas arriba)
ACTIVIDADES DOS GRUPOS
A) CALIDADE HIDROMORFOLÓXICA
1. Realización dun esquema e toma de datos do curso do río neste
punto. Para facelo débese observar a vexetación do bosque de
ribera, as construcións que haxa, os campos de cultivo ou
plantacións, as características do curso do río, o tipo de
solo,...considerando as dúas marxes do río. Determinaranse como
marxe esquerdo e dereito os que queden a esquerda e dereita do
observador disposto a favor de corrente.
2. Estado do bosque de ribera. Aplicaremos o chamado índice QRISI
baseado en tres parámetros: ESTRUTURA, CONTINUIDADE E
CONECTIVIDADE. Para elo cubriremos a ficha ó efecto.
3. Comprobación das alteracións ás que está sometido o río neste
tramo: usos do solo, impactos, desperdicios, colectores... Tamén
temos fichas para recabar esta información.
4. Comprobación do hábitat neste tramo: substrato de fondo, sombra
de río, heteroxeneidade, cobertura vexetal acuática... Tamén
temos fichas ó efecto.
5. Observación e descrición de restos patrimoniais: muíños,
lavadoiros, nasas, canas de pescar, barcas...Con fichas para
cumplimentar.
6. Medición do caudal do río: para saber este datos necesitamos
coñecer a velocidade e a sección.
Velocidade: Nos poñeremos nunha marxe do río e contaremos
10 pasos (serán 10 m) a favor de corrente. Dende o punto de partida
soltaremos un corcho no río que teremos amarrado a unha corda e
tomaremos nota cun cronómetro do tempo empregado polo corcho en
percorrer os 10 metros. Repetiremos a operación 4 ou 5 veces e
calcularemos a velocidade media. Lembrade velocidade= espazo/
tempo.
Sección: para calculala precisamos coñecer o largo (ancho) e a
profundidade do río. Para saber a profundidade introduciremos no
punto medio do río un pau ou vara e mediremos coa cinta métrica a
lonxitude que quedou sumerxida. Para coñecer o largo (ancho) dous de
vos dispoñeranse a ambolas dúas marxe do río e coa cinta métrica
mediremos a lonxitude. A sección será o produto de ambos.
O caudal será o produto da velocidade pola sección.
B) CALIDADE FÍSICO-QUÍMICA
1) Temperatura: introduciremos o termómetro na auga e facemos a
medición.
2) pH: botaremos a pastilla de pH no tubo de ensaio de 10 ml (grande)
con auga ata arriba. Axitamos, esperamos e comprobamos a medición
co papel de pH.
3) Nitratos: enchemos ata a metade o tubo de ensaio de 10 ml.
Introducimos a pastilla 1 de nitratos e axitamos. Despois duns
minutos engadimos a pastilla 2 e axitamos. Por último esperamos 5
minutos e comparamos coa escala colorimétrica.
4) Osíxeno disolto: Collemos unha mostra de auga no tubo pequeno.
Engadímoslle 2 pastillas para o osíxeno. Axitamos. Esperamos 5
minutos e comparamos coa escala colorimétrica.
5) Saturación de osíxeno: unha vez que temos o osíxeno disolto,
comparamos esta concentración coa temperatura e comprobamos na
táboa que temos ao efecto a saturación de osíxeno.
6) Transparencia: enchemos da auga do río o fondo dunha botella de
plástico e dispoñemos debaixo o disco Sacchi (turbidez). Anotamos a
medición. É importante facer a medición inmediatamente despois de
coller a auga para evitar a decantación.
C) CALIDADE BIOLÓXICA
1) Macroinvertebrados: capturaremos os macroinvertebrados cun
coador e depositarémolos en bandexas. Tomaremos mostras entre as
pedras, fondos areosos... dispoñendo a trampa en contra da corrente
e co lavado do follaxe que poida haber no río. Se é preciso
levaremonos as mostras ao laboratorio para unha observación
posterior. Debemos identificar as familias para poder calcular o
denimonado índice IBMWP que se basa nun código de cores.
Botaremos tamén as mangas de plancto para observar as mostras no
laboratorio.
2) Biodiversidade: tomaremos nota das especies máis representativas no
tramo. Contaredes coa axuda do profesor. Sacaremos fotos aos
especímenes, se é preciso, para facilitar a súa identificación. Neste
momento pode ser interesante posuír prismáticos que nos permitan
avistar aves o lugares máis alonxados dos arredores do noso treito.
3) Especies invasoras: temos unha ficha identificativa coas especies
invasoras máis frecuentes e características.
NOTA IMPORTANTE: COMO PARA O ESTUDO FORON
ESTABLECIDOS DOUS PUNTOS DE MOSTRAXE (PONTE DA
POUSADA E PONTE DO PASATEMPO) SOMENTE ESTES GRUPOS
FARAN AS MEDICIÓNS DE PARÁMETROS QUÍMICOS E DE
MACROINVERTEBRADOS.
PARA QUE TODOS POIDAMOS VER COMO SE FAI O GRUPO DA
PONTE DA AVENIDA DE BUENOS AIRES UNHA VEZ QUE
REMATE O SEU TRABALLO SUBIRÁ ATA A PONTE DO
PASATEMPO. ASÍ MESMO, O GRUPO DA PONTE DA POUSADA
TOMARÁ MOSTRAS DA AUGA DO SEU TRAMO E DESPOIS DE
REMATAR O SEU TRABALLO SUBIRÁ TAMÉN Á PONTE DO
PASATEMPO. SERÁ AQUÍ ONDE REALIZAREMOS AS ANÁLISES
DE PARÁMETROS QUÍMICOS CONXUNTAMENTE TODOS OS
INTEGRANTES DOS GRUPOS.

More Related Content

Viewers also liked (6)

Presentación proyecto UNEDATA
Presentación proyecto UNEDATAPresentación proyecto UNEDATA
Presentación proyecto UNEDATA
 
Informe d'avaluació del Pla de suport a l'alumnat d'ESO
Informe d'avaluació del Pla de suport a l'alumnat d'ESOInforme d'avaluació del Pla de suport a l'alumnat d'ESO
Informe d'avaluació del Pla de suport a l'alumnat d'ESO
 
proposal for sachool for orphans uganda
proposal for sachool for orphans ugandaproposal for sachool for orphans uganda
proposal for sachool for orphans uganda
 
Init() Lesson 3
Init() Lesson 3Init() Lesson 3
Init() Lesson 3
 
Bases de datos y recursos digitales para el estudio de los incunables clásico...
Bases de datos y recursos digitales para el estudio de los incunables clásico...Bases de datos y recursos digitales para el estudio de los incunables clásico...
Bases de datos y recursos digitales para el estudio de los incunables clásico...
 
Humanidades digitales y filología. Nuevos retos para el hispanismo
Humanidades digitales y filología. Nuevos retos para el hispanismoHumanidades digitales y filología. Nuevos retos para el hispanismo
Humanidades digitales y filología. Nuevos retos para el hispanismo
 

Similar to Organización saída proxecto ríos decembro

A Ría de Pontevedra. Guia de Actividades
A Ría de Pontevedra. Guia de ActividadesA Ría de Pontevedra. Guia de Actividades
A Ría de Pontevedra. Guia de Actividadescigformacion
 
Inspecci n do_r_o_castro22
Inspecci n do_r_o_castro22Inspecci n do_r_o_castro22
Inspecci n do_r_o_castro22Marga Bio
 
Proxecto Ríos - Baralla (Lugo)
Proxecto Ríos - Baralla (Lugo)Proxecto Ríos - Baralla (Lugo)
Proxecto Ríos - Baralla (Lugo)marcoscorbacho
 
Conclusións mostraxes auga chuvia muxía
Conclusións mostraxes auga chuvia muxíaConclusións mostraxes auga chuvia muxía
Conclusións mostraxes auga chuvia muxíaMarga Bio
 
Un paseo pola vía ii
Un paseo pola vía iiUn paseo pola vía ii
Un paseo pola vía iipapoularosa
 
Proxecto_23.ppt
Proxecto_23.pptProxecto_23.ppt
Proxecto_23.pptiesasorey
 
Revista landra
Revista landraRevista landra
Revista landraPilar
 

Similar to Organización saída proxecto ríos decembro (8)

A Ría de Pontevedra. Guia de Actividades
A Ría de Pontevedra. Guia de ActividadesA Ría de Pontevedra. Guia de Actividades
A Ría de Pontevedra. Guia de Actividades
 
Proxecto ríos valiñadares grupo 2
Proxecto ríos  valiñadares grupo 2Proxecto ríos  valiñadares grupo 2
Proxecto ríos valiñadares grupo 2
 
Inspecci n do_r_o_castro22
Inspecci n do_r_o_castro22Inspecci n do_r_o_castro22
Inspecci n do_r_o_castro22
 
Proxecto Ríos - Baralla (Lugo)
Proxecto Ríos - Baralla (Lugo)Proxecto Ríos - Baralla (Lugo)
Proxecto Ríos - Baralla (Lugo)
 
Conclusións mostraxes auga chuvia muxía
Conclusións mostraxes auga chuvia muxíaConclusións mostraxes auga chuvia muxía
Conclusións mostraxes auga chuvia muxía
 
Un paseo pola vía ii
Un paseo pola vía iiUn paseo pola vía ii
Un paseo pola vía ii
 
Proxecto_23.ppt
Proxecto_23.pptProxecto_23.ppt
Proxecto_23.ppt
 
Revista landra
Revista landraRevista landra
Revista landra
 

More from Adán Gonçalves. Consellería de Educación. Xunta de Galicia.

More from Adán Gonçalves. Consellería de Educación. Xunta de Galicia. (20)

Biosfera
BiosferaBiosfera
Biosfera
 
Capas fluidas da terra mugardos
Capas fluidas da terra mugardosCapas fluidas da terra mugardos
Capas fluidas da terra mugardos
 
Xeosfera
XeosferaXeosfera
Xeosfera
 
O universo e a terra
O universo e a terraO universo e a terra
O universo e a terra
 
A nosa especie mugardos
A nosa especie mugardosA nosa especie mugardos
A nosa especie mugardos
 
Inmunoloxía
InmunoloxíaInmunoloxía
Inmunoloxía
 
Microorganismos
MicroorganismosMicroorganismos
Microorganismos
 
Evolución e xenética de poboacións
Evolución e xenética de poboaciónsEvolución e xenética de poboacións
Evolución e xenética de poboacións
 
Enxeñería xenética e mutacións
Enxeñería xenética e mutaciónsEnxeñería xenética e mutacións
Enxeñería xenética e mutacións
 
Relación i
Relación iRelación i
Relación i
 
Xenética molecular
Xenética molecularXenética molecular
Xenética molecular
 
Xenética mendeliana
Xenética mendelianaXenética mendeliana
Xenética mendeliana
 
Reprodución celular
Reprodución celularReprodución celular
Reprodución celular
 
Metabolismo iii anabolismo
Metabolismo iii anabolismoMetabolismo iii anabolismo
Metabolismo iii anabolismo
 
Metabolismo ii catabolismo
Metabolismo ii catabolismoMetabolismo ii catabolismo
Metabolismo ii catabolismo
 
Metabolismo i enzimas
Metabolismo i enzimasMetabolismo i enzimas
Metabolismo i enzimas
 
Nutrición ii
Nutrición iiNutrición ii
Nutrición ii
 
Nutrición vexetais
Nutrición vexetaisNutrición vexetais
Nutrición vexetais
 
Célula iii
Célula iiiCélula iii
Célula iii
 
Célula ii
Célula iiCélula ii
Célula ii
 

Organización saída proxecto ríos decembro

  • 1. ORGANIZACIÓN SAÍDA PROXECTO RÍOS (DECEMBRO 2013) Para levar a cabo as actividades de mostraxe formaremos tres grupos, cada un deles sera dirixido por un profesor (Macamen, Gerado e Adán). Os 13 alumnos de 1º Bacharelato irán con Adán, os 23 restantes de 4º da ESO repartiranse entre os outros dous profesores. Establecemos tres puntos de observación a nivel de tres pontes ao longo do tramo de estudo do río Valiñadares (500 metros): 1. Ponte da Pousada (100 m augas abaixo e 100 m augas arriba) 2. Ponte da avenida de Buenos Aires (50 m augas abaixo e 50 m augas arriba) 3. Ponte do Pasatempo (100 m. Augas abaixo e 100 m augas arriba) ACTIVIDADES DOS GRUPOS A) CALIDADE HIDROMORFOLÓXICA 1. Realización dun esquema e toma de datos do curso do río neste punto. Para facelo débese observar a vexetación do bosque de ribera, as construcións que haxa, os campos de cultivo ou plantacións, as características do curso do río, o tipo de solo,...considerando as dúas marxes do río. Determinaranse como marxe esquerdo e dereito os que queden a esquerda e dereita do observador disposto a favor de corrente. 2. Estado do bosque de ribera. Aplicaremos o chamado índice QRISI baseado en tres parámetros: ESTRUTURA, CONTINUIDADE E CONECTIVIDADE. Para elo cubriremos a ficha ó efecto. 3. Comprobación das alteracións ás que está sometido o río neste tramo: usos do solo, impactos, desperdicios, colectores... Tamén temos fichas para recabar esta información.
  • 2. 4. Comprobación do hábitat neste tramo: substrato de fondo, sombra de río, heteroxeneidade, cobertura vexetal acuática... Tamén temos fichas ó efecto. 5. Observación e descrición de restos patrimoniais: muíños, lavadoiros, nasas, canas de pescar, barcas...Con fichas para cumplimentar. 6. Medición do caudal do río: para saber este datos necesitamos coñecer a velocidade e a sección. Velocidade: Nos poñeremos nunha marxe do río e contaremos 10 pasos (serán 10 m) a favor de corrente. Dende o punto de partida soltaremos un corcho no río que teremos amarrado a unha corda e tomaremos nota cun cronómetro do tempo empregado polo corcho en percorrer os 10 metros. Repetiremos a operación 4 ou 5 veces e calcularemos a velocidade media. Lembrade velocidade= espazo/ tempo. Sección: para calculala precisamos coñecer o largo (ancho) e a profundidade do río. Para saber a profundidade introduciremos no punto medio do río un pau ou vara e mediremos coa cinta métrica a lonxitude que quedou sumerxida. Para coñecer o largo (ancho) dous de vos dispoñeranse a ambolas dúas marxe do río e coa cinta métrica mediremos a lonxitude. A sección será o produto de ambos. O caudal será o produto da velocidade pola sección. B) CALIDADE FÍSICO-QUÍMICA 1) Temperatura: introduciremos o termómetro na auga e facemos a medición.
  • 3. 2) pH: botaremos a pastilla de pH no tubo de ensaio de 10 ml (grande) con auga ata arriba. Axitamos, esperamos e comprobamos a medición co papel de pH. 3) Nitratos: enchemos ata a metade o tubo de ensaio de 10 ml. Introducimos a pastilla 1 de nitratos e axitamos. Despois duns minutos engadimos a pastilla 2 e axitamos. Por último esperamos 5 minutos e comparamos coa escala colorimétrica. 4) Osíxeno disolto: Collemos unha mostra de auga no tubo pequeno. Engadímoslle 2 pastillas para o osíxeno. Axitamos. Esperamos 5 minutos e comparamos coa escala colorimétrica. 5) Saturación de osíxeno: unha vez que temos o osíxeno disolto, comparamos esta concentración coa temperatura e comprobamos na táboa que temos ao efecto a saturación de osíxeno. 6) Transparencia: enchemos da auga do río o fondo dunha botella de plástico e dispoñemos debaixo o disco Sacchi (turbidez). Anotamos a medición. É importante facer a medición inmediatamente despois de coller a auga para evitar a decantación. C) CALIDADE BIOLÓXICA 1) Macroinvertebrados: capturaremos os macroinvertebrados cun coador e depositarémolos en bandexas. Tomaremos mostras entre as pedras, fondos areosos... dispoñendo a trampa en contra da corrente e co lavado do follaxe que poida haber no río. Se é preciso levaremonos as mostras ao laboratorio para unha observación posterior. Debemos identificar as familias para poder calcular o denimonado índice IBMWP que se basa nun código de cores. Botaremos tamén as mangas de plancto para observar as mostras no laboratorio.
  • 4. 2) Biodiversidade: tomaremos nota das especies máis representativas no tramo. Contaredes coa axuda do profesor. Sacaremos fotos aos especímenes, se é preciso, para facilitar a súa identificación. Neste momento pode ser interesante posuír prismáticos que nos permitan avistar aves o lugares máis alonxados dos arredores do noso treito. 3) Especies invasoras: temos unha ficha identificativa coas especies invasoras máis frecuentes e características. NOTA IMPORTANTE: COMO PARA O ESTUDO FORON ESTABLECIDOS DOUS PUNTOS DE MOSTRAXE (PONTE DA POUSADA E PONTE DO PASATEMPO) SOMENTE ESTES GRUPOS FARAN AS MEDICIÓNS DE PARÁMETROS QUÍMICOS E DE MACROINVERTEBRADOS. PARA QUE TODOS POIDAMOS VER COMO SE FAI O GRUPO DA PONTE DA AVENIDA DE BUENOS AIRES UNHA VEZ QUE REMATE O SEU TRABALLO SUBIRÁ ATA A PONTE DO PASATEMPO. ASÍ MESMO, O GRUPO DA PONTE DA POUSADA TOMARÁ MOSTRAS DA AUGA DO SEU TRAMO E DESPOIS DE REMATAR O SEU TRABALLO SUBIRÁ TAMÉN Á PONTE DO PASATEMPO. SERÁ AQUÍ ONDE REALIZAREMOS AS ANÁLISES DE PARÁMETROS QUÍMICOS CONXUNTAMENTE TODOS OS INTEGRANTES DOS GRUPOS.