Como contar

554 views

Published on

David Cabaleiro estuda o sistema de medidas que se usa na Galiza tradicional

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
554
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
204
Actions
Shares
0
Downloads
2
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Como contar

  1. 1. Introdución Unha característica dos corpos a través da cal podemos establecer comparacións entre eles chámase magnitude. En Galicia, dende hai moito tempo, a xente empregou e segue a empregar moitas unidades para medir as distintas magnitudes. Como sucedía en moitos outros puntos de Europa, estes sistemas tradicionais tiñan moitas variacións locais e rexionais.
  2. 2. Lonxitude Braza Extensión dos brazos abertos. Usábase para medir profundidades. Varía segundo a persoa que mide. Pé ou Tercia Equivale á medida do pé. Varía, pero son máis ou menos 12 pulgadas.
  3. 3. LonxitudeVara Fai referencia a un obxecto de madeira empregado como medida. En Redondela dicían que era a altura dun home co brazo levantado. Milla Empregábase no mundo do mar, e aínda se usa en moitos países. Equivale a 1852 metros. Dela deriva o nó.
  4. 4. Lonxitude Polgada Medida do dedo polgar dobrado. A tradución a cm é variable ao depender da lonxitude do dedo de cada persoa. Furco Extensión dende o polgar ao dedo índice. Tamén depende da lonxitude do dedo de cada persoa.
  5. 5. Lonxitude Palmo ou cuarta Lonxitude que vai dende o dedo maimiño ao polgar. Equivale a 9 polgadas. Paso ou zancada Distancia que hai entre os dous pés separados. Non ten un valor exacto.
  6. 6. Superficie Fanega Empregábase para medir grandes extensións de terreo. Equivale a 2.103 metros cadrados. Copelo Utilizábase na provincia de Ourense, aínda na actualidade se usa en Celanova. Equivale a 21 metros cadrados.
  7. 7. Superficie Vara Emprégase só en Carnota. Equivalía a 2 m². Tamén existe a vara lonxitudinal. Cuartillo É a vintecatroava parte do ferrado. A equivalencia é variable, pois este varía en cada Concello.
  8. 8. Superficie Ferrado Úsase fundamentalmente na agricultura. Tamén recibe este nome unha medida de capacidade, pero como medida de superficie anda arredor dos 500 m2 . Varía moito segundo as diferentes zonas do país. Por exemplo, en Silleda equivale a 536 metros cadrados.
  9. 9. Tempo Sorte En zonas de regadío en Ourense dividíase o día en seis sortes (catro de día e dúas de noite) que marcaban os turnos de rega. En promedio equivalía a 6 horas nas nocturnas e tres nas diurnas (aínda que variaba ao longo do 2 Sortes de 6 horas 4 Sortes de 3 horas
  10. 10. Contaxe Manda Equivale a 4 pezas de froita. No mundo do mar empregábase tamén para contar as sardiñas. 25 mandas = 1 cento. Ducia Significa doce, e séguese usando para contar os ovos, entre outros. No mar tiña valores variables, por exemplo, na Coruña era 29.
  11. 11. Contaxe Quiñón No mundo do mar era a parte dos beneficios da pesca que lle correspondía a cada mariñeiro. Na arte do cerco era a unha peza de 10 ou 40 metros de rede. Vareta Nas factorías de salga de sardiña contábase por varetas, uns arames onde se ensarillaban unha vez sacadas da salmoira. Cada unha levaba 25 exemplares.
  12. 12. Contaxe Medida Empregada para contar peixes de pequeno tamaño. Era moi variable, e segundo os lugares había equivalencias como 1 medida = 700 mandas. Rixelo Nas zonas de pastoreo servía para contar as unidades animal-día que o pastor tiña a cargo. O pastor recibía un día de manutención por cada 7 rixelos.
  13. 13. Peso Libra Equivale aproximadamente a medio quilo. Onza Equivale aproximadamente a 25 gramos. Quintal Equivale aproximadamente a 40-50 Kg.
  14. 14. Capacidade Cuartillo Equivale a 1/4 de litro, agás nas Rías Baixas, que valía medio. Neto É o equivalente a medio litro, ou o que é o mesmo, 2 cuartillos.  
  15. 15. Capacidade Azumbre Aproximadamente, é o equivalente a dous litros. Cuartilla É o equivalente a 4 litros, ou o que é o mesmo, 2 azumbres.
  16. 16. Capacidade Canada É moi variable. Equivale a oito litros, pero nalgúns lugares cinco ou seis litros. Cántaro ou ola Medida de capacidade usada para o viño, aceite… Equivale a dezaseis litros.
  17. 17. Capacidade Cabazo En Redondela é igual a 20 litros, pero nos concellos limítrofes poden ser 16 ou 14 litros. Sella É moi irregular. Pode variar dende os cinco e seis litros ata chegar aos quince litros.
  18. 18. Capacidade Ferrado Empregado para medir o gran. Recibe este nome porque o recipiente de madeira empregado como medida ten os cantos reforzados de ferro. Varía entre os 12 Kg e os 20 kg segundo a clase de gran. Ten o mesmo nome ca o ferrado de superficie debido á coincidencia entre gran e terreo
  19. 19. Capacidade Cunca Dezaseisava parte dun ferrado. Cuarto Cuarta parte dun ferrado ou 4 cuncas. Esca Medio ferrado ou dous cuartos.  
  20. 20. FINFIN

×