9. Álvaro Cunqueiro(martinez)
-Álvaro Cunqueiro Mora, nado en Mondoñedo o 22 de Decembro de 1911 e finado en Vigo o 28 de Febreiro de 1981, foi
un novelista, poeta, dramaturgo, xornalista e gastrónomo, considerado un dos grandes autores da literatura galego. En 1991 foille dedicado o Día das Letras
Galegas.
Os seus pais eran Joaquín Cunqueiro Montenegro, de profesión boticario, e Pepita Mora Moirón. Xa de pícaro lle gustaba ler, en especial lecturas populares da
época, como noveliñas sobreBuffalo Bille de Fiitz Roy, e el mesmo conta como escribiu a súa primeira novela ao xeito das do oeste na que os brancos falaban o
castelán e os indios o galego (os indios vencían aos brancos). Xa un pouco máis grandiño dedicaba tempo para ler poesía que lle aconsellaba o seu amigo José
Ramón Santeiro.
Estudou o bacharelato no Instituto Xeral e Técnico de Lugo(1921), e na capital luguesa fai boa amizade con Evaristo Correo Calderón e Ánxel Fole.
Matriculouse na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Santiago en 1927, pero abandonouna para dedicarse ao seu labor como xornalista, figurando
como redactor e colaborador de diversos xornais e revistas coma El Pueblo Gallego. Na súa etapa compostelá acudía regularmente ós faladoiros do Café
Español e entre os seus mellores amigos figuraban Francisco Fernández del Riego, Domingo García Sabell, Gonzalo Torrente Ballester, Ricardo Carballo
Calero, Carlos Maside e Xosé Eiroa. Promoveu as revistas Papel de Color e Galiza, da que editou o primeiro número o 25 de xullo de 1930.
Foi membro de primeira hora do Partido Galeguista. A sublevación dos militares sorprendeu a Cunqueiro en Mondoñedo, e por influencia da súa familia, moi
conservadora, non foi obxecto de represalias e conseguiu praza de profesor nunha escola privada en Ortigueira, á que chegou en outubro de 1936. Colaborou na
publicación local falanxista Era Azul, militou na Falanxe Española durante a Guerra Civil tendo o cargo de xefe de Prensa e Propaganda comarcal. Jesús
Suevos, o xefe territorial da Falanxe en Galicia e director de El Pueblo Gallego pediulle en 1937 que entrase na redacción do xornal como encargado da parte
literaria e colaborador de asuntos actuais; Álvaro aceptou e marchou para Vigo. Durante a súa estadía en Vigo tamén ensinou, durante un curto período de
tempo, portugués no instituto da cidade.
En novembro de 1938 Cunqueiro fixou a súa residencia en Donostia e entrou na redacción de La Voz de España. Tamén foi subdirector de Vértice, publicación
da Delegación Nacional de Prensa e Propaganda, revista na que publica La historia del caballero Rafael (1939), a súa primeira narración en castelán. Cando a
ocupación de Madrid polo exército franquista, Cunqueiro estableceuse alí o 29 de marzo e incorporouse á redacción do ABC. En 1947 regresou a Mondoñedo e
produciuse un afastamento do pensamento franquista. En 1950 volveu publicar un libro en galego, Dona de corpo delgado. A partir de 1960 exerce como
cronista oficial de Mondoñedo e ó ano seguinte estableceuse en Vigo, traballando para o Faro de Vigo como colaborador fixo. O 23 de abril de 1961 a Real
Academia Galega elixiuno como académico de número por 23 votos a favor, 6 abstencións e 1 en contra, e leu o seu discurso de ingreso dous anos despois.
Entre novembro de 1964 e xuño de 1970exerceu como director de Faro de Vigo e Faro Deportivo.
10. A súa obra (Isma)
Álvaro Cunqueiro foi un gran escritor tanto en Galicia como en España, a súa obra está escrita tanto en castelán como en galego.
Galego: Dentro da súa obra en galego podemos encontrar obras narrativas, poéticas tetrais e de ensaio. Na narrativa destaca Merlín e Familia ou As crónicas do sochantre.
Na poesía destacan Herba de aquí ou acolá ou Dona do corpo delgado. Na zona do teatro observase que era un seguidor de Shakespeare porque dous das obras que
organizou son invención deste, fixo unha función de Romeo e Xulieta e e outra sobre Hamlet (ser o no ser). E no apartado de Ensaio destacan a A cociña galega ou tesoros
novos e vellos.
Por outra parte en castelán: No apartado de poesía só ten duas obras: Elegias y canciones e Balada de las damas del tiempo pasado. Ten ensaios ou artigos coma Viajeros
Imagirarios ou El pasajero de Galicia. Na narrativa destacan Las mocedades de Ulises.
A súa obra fixo que fora coñecido a nivel nacional, pero sobre todo en Galicia, onde rindironlle homenaxe de moitas formas:
- Placa na casa onde naceu, Mondoñedo. - Placa na casa onde viviu en Vigo. - Hospital Álvaro Cunqueiro, pertencente á universidade de Vigo.
- Premios ao seu nome coma o Premio Alvaro Cunqueiro, á mellor obra de literatura dramatica en lingua galega ou o Premio Nacional de Periodismo Gastronómico.
- Foto súa decorada con alumnos do centro nas escaleiras do IES A Paralaia
- IES Alvaro Cunqueiro, centro educativo publico en Vigo. -Tivo o seu propio día das letras galegas, no ano 1991. - Foi membro da real academia galega.
- Premios en vida como o “frol de auga” (poesia) , premio conde de godó, en xornalismo, o Premio Nadal (a nivel nacional, á mellor obra inédita), o Premio Nacional de la
Crítica.
- - Unha estatua súa na praza do humor, en A coruña, e outra en Mondoñedo, lugar onde naceu.
11. Libro e lectura (Xose)
Falando de un libro en concreto, Merlín e Familia é un dos libros máis importantes na vida de Cunqueiro, foi publicado en agosto de 1955, pola
Editorial Galaxia. O nome orixinal do libro era Merlín e familia i outros contos, pero ao final abreviarono a Merlín e familia.
A súa orixe enmárcase na recuperación da narrativa dentro da literatura galega logo da Guerra Civil española, como proxecto narrativo singular
do autor. Nesa época na literatura feita en España estaba de moda o realismo social. O libro comezou a xestarse en 1953, cando Francisco
Fernández del Riego animou a Cunqueiro a que escribise unha novela en galego, intuíndo que podía ser un bo narrador, aínda que só tiña
experiencia con relatos en castelán. A obra sorprendeu porque foi a primeira novela de moitas en tomar como fonte o ciclo artúrico, que xa fora
reinterpretado por Cabanillas na obra poética Na noite estrelecida.
Nesta obra os dous primeiros capítulos son descritivos e introdutorios. No capítulo prototípico chegan estranxeiros, formulan as súas novidades,
resólvese o conflito e regresan ao seu lugar de orixe. Comeza cunha situación de partida relaxada, ociosa. Adoita haber digresións co fin de
simular a oralidade e para detallar e reafirmar o realismo. Dáselle moita importancia ás pácticas relixiosas e a cerimonia, pero tamén aparecen
feitos cotiáns que humanizan os personaxes.
(FRAGMENTO DO LIBRO) Ler o segundo capítulo: A casa de Merlín (Ler a bo ritmo, que sobra tempo)
12. Obras
Poesía
-Mar ao norde.-Poemas do si e non.
-Cantiga nova que se chama Riveira.
-Dona do corpo delgado.
-Herba de aquí e acolá.
Teatro
Función de Romeo e Xulieta
O incerto señor Don Hamlet, Príncipe de Dinamarca
A noite vai coma un río
Palabras de víspera
Xan, o bo conspirador (Rúa 26. Diálogo limiar
Narrativa
-Merlín e familia.
As crónicas do sochantre.
Escola de Menciñeiros.
Si o vello Sinbad volvese ás illas…
Xente de aquí e de acolá.
Os outros feirantes .
13. Obras
Ensaio
Tesouros novos e vellos
A cociña galega
Laude da camelia
Ollar Galicia (1981, Destino).
Álvaro Cunqueiro: escritos recuperados
100 artigos
Universo Cunqueiro
Álvaro Cunqueiro. Remuíño de prosas
O mundo que teño de meu. Artigos en língua galega. Prensa e revistas