2. Ramón Caride
2. 1. Cea, Ourense... que queda en Vostede -e na súa obra- deste espazo nativo? Ten algo que ver coa visión que aparece nun seu
poema titulado “Ourense néboa” onde se nos falta dun Ourense misterioso, silencioso, escuro... morto?
Sempre queda algo, ou moito. Se cadra adicarse a algo tan disparatado coma soñar mundos provén dunha inadaptación inicial a este.
Ese poema pedíronmo para conmemorar un aniversario do colexio de curas onde pasei sete anos. Decidín que ou facía unha cousa
sinceira, aínda que me doese lembrar, ou non gustase aos demandantes, ou non faría nada. A esta altura, xa non teño porque andar
con mixiricadas. Tentei ser fiel, trinta anos máis tarde, ás sensacións que tiña naquel momento, e como se di nese mesmo poema, a
nivel social, “as cousas tampouco mudaron tanto”.
2. Estuda Bioloxía... e despois a maior parte da súa obra literaria camiña polo vieiro da ciencia e da ficción... ou as dúas unidas:
ciencia-ficción... Como nos podería xustificar esta escolla temática?
Non foi unha escolla temática premeditada. As historias escolléronme a min, e non ao revés. Nas máis de cincuenta obras que levo
publicado hai moito que non é ciencia ficción, pero xa me cansa combatir este tópico, así que quedarei para os restos como autor de
ciencia-ficción. En canto a que traballo como profesor de ciencias naturais, a relación non é necesariamente causa-efecto, aínda que
o traballo nas aulas si me permite coñecer á xente nova, e tentar non aburrila de máis nas obras adicadas a eles.
3. A nosa literatura tivo que ir descubrindo a súa validez para todo tipo de xéneros especialmente na última parte do século pasado.
Era Vostede consciente que a esta nosa literatura lle faltaba o espazo da ciencia-ficción?
Era consciente, ciencia-ficción nas novelas galegas non había, e a pouca que había era moi deficiente por falta de formación
científica dos autores, que viñan do mundo das letras. Pero a miña intención ante todo foi divertirme facendo Soños eléctricos, antes
que a de cubrir baleiro ningún.
martes 2 de diciembre de 2014
3. Ramón Caride
4. A obra Soños eléctricos vai ser a súa primeira novela longa, vai ser premiada (“Premio Blanco Amor”) e vai marcar un antes e un
despois na nosa narrativa de ciencia-ficción... Que supuxo para Vostede esta obra?
Ao comezo unha gran alegría, tiña trinta e cinco anos, e fun un dos gañadores máis novos do premio. Subín a unha nube. Á larga, todo
se volveu mais complicado, como sempre pasa na vida. Houbo altos e baixos, mesmo teño outras obras, menos valoradas, nas que
investín máis tempo e esforzo. Como bo galego, non me queixo. Aínda hoxe, atopo xente de trinta e máis anos, que di: “nunca lera
nada en galego semellante a esa novela”, e alédame. Pero véxome moi lonxe de moitas cousas desa obra, hoxe non as faría así. Isto
tamén é inevitábel.
5. A súa primeira novela de literatura infanto-xuvenil foi Perigo vexetal... Que foi o que o animou a continuar co ciclo marcado
polos personaxes principais até se encontrar precisamente nestes intres a voltas coa quinta obra da serie (O camiño da Estadea)? A
visión persoal súa non sufriría cambios abondo nestes vinte anos que separan a primeira da quinta, máxime ao falarmos destas novelas
para un público máis concreto? Chegaremos a ver a sexta tal e como estaba previsto nun principio?
Un día falando con Manolo Bragado, o director de Xerais, botamos contas e vimos que ía facer vinte anos da publicación de Perigo
vexetal, en 1995, e unha boa forma de conmemoralo era rematar a serie, redactando por fin a última novela que tiña bocexada hai
unha chea de anos. Niso ando. Vai ser a séptima aventura, tras Perigo, Ameaza na Antártida, A negrura do mar, O futuro roubado, O
misterio do prión e A primeira aventura, estas dúas últimas sairon en volume conxunto con A negrura do mar, certo que as hai máis
longas e máis curtas. Polo de agora, vai ser a última, sempre pensei en sete. Pero nunca se sabe, se cadra as miñas fillas anímanse a
seguir a saga.
Evidentemente, máis de dez anos tras A negrura, eu mudei abondo, e Said e Sheila tamén. Esta entrega é moi “jevi”, témome,
dura e desencantada, pero volvo á resposta da pregunta 1, un autor non ter porque ser complacente nin andar rebaixando a súa
crítica para agradar, debe ser fiel á obra ante todo.
martes 2 de diciembre de 2014
4. Realmente, os relatos desta recompilación xa estaban feitos, aínda que espallados
ou inencontrábeis, o único que fixen foi ordenalos, corrixilos, e darlles un enfoque
unitario. Iso si, o relato máis longo do volume, O reinado dos ceos, é totalmente
novo. Fixen esta antoloxía porque son un gran lector de literatura fantástica, en
todas as súas vertentes, a tamén porque me apetecía ter un libro cos meus amigos
da editora Urco, especializada neste tipo de literatura.
Ramón Caride
6. E agora vémolo mergullado nunha nova temática: a literatura fantástica de terror
(Flash Back 13) Por que se inmisciu nesta nova vertente da literatura fantástica?
7. Vemos que é Vostede un escritor moi prolífico, son moitas as obras que saen da
súa pluma... Este feito é indicativo de que a nosa literatura está nun momento
especial ou ben pode ser algo circunstancial?
Eu só podo falar por min mesmo, non sei como está a literatura galega en xeral. Hai
problemas abondo, como para empezar a detallalos e non parar. Pero escribir só
require tres cousas: imaxinación, tempo, e un soporte físico para poñer as letras. En
canto haxa estas tres cousas seguirá habendo escritores. Pola miña banda, non teño
planos de futuro. Só dúas obras abertas agora e varias inéditas. O que pasará despois
non o sei.
Retrato de Uxía Zamar Barcala
martes 2 de diciembre de 2014
5. Ramón Caride
8. A ecoloxía está moi presente na súa obra literaria -especialmente na infanto-xuvenil- por moito de ficción que sexa... Que procura
coa presenza deste compromiso? Busca unha fin didáctica ou máis ben un complemento á trama da obra? Falar de ecoloxía no futuro
será un exemplo para tomarmos conciencia do mal que estamos a facer na actualidade?
Mirade o mundo como está e vós diredes… Hai unha crise económico-ambiental global. Preocúpame como pai, como cidadán, como
educador, e tamén como autor, á forza. Todo acaba por saír na ficción, mesmo que un non queira. Evidentemente, non sei con certeza
como será o futuro, o situar as cousas daquela é un xeito de falar de hoxe mesmo, é claro.
Foto de Uxía Caride
martes 2 de diciembre de 2014
6. Ramón Caride
9. A chamada “triloxía do lume” (Soños eléctricos / Sarou / O sangue dos camiños) terá continuidade? Foron os recoñecementos que
recibiu a primeira os que o levaron a continuar até a triloxía actual?
Entendo que co de triloxía actual vos referides a Exogamia 0.3, Endogamia 0.2 e Singamia 0.1, esta última aínda sen rematar. Pois
non, esta nova triloxía concebina como tal desde o principio, en cambio De sombras e de lume, é unha triloxía involuntaria de novelas
independentes e moi distintas entre si en canto a ambientación, extensión, etcétera, que non obstante, teñen fortes semellanzas
entre elas que me fixeron reunilas nunha triloxía cando me decatei, ao publicar a terceira, O sangue.
martes 2 de diciembre de 2014
7. Ramón Caride
10. A serie da que se falou antes chamada “As aventuras de Said e Sheila” que vai completarse coa quinta obra está ilustrada nada
menos que por Miguelanxo Prado. Que supuxo para Vostede ver as súas obras con semellante complemento ilustrativo? Habería
que se parar máis neste apartado complementario?
Por suposto, Miguel é un gran artista e vello amigo. Contar con el foi esencial para a serie.
Sería comezar a falar del, e da súa obra, e non parar…
11. Tamén se achegou Vostede a crear guións para cómics... Podería falarnos aquí de que cómics
estamos a falar? Cales eran as temáticas destes cómics?
O guión que fixen parte do relato “Unha dorna vella”, incluído en Sarou/Louzós, pero é outra
cousa. É outro medio e outra linguaxe, a visual. Teño a sorte de traballar nel cun gran artista e
vello amigo, Jaime Asensi, pero é un traballo moi lento, pois el tampouco lle pode adicar todas
as horas en exclusiva a isto. Tardaremos anos en rematalo aínda.
Foto de J. L. Oubiña
12. Sabemos que tamén escribiu teatro infantil. Quedou este teatro en simples representacións ou teremos que agardar para velo
publicado?
Historia dunha sobreira fíxeno para representar na escola e andivo décadas circulando en fotocopias. Hai uns anos publicouno
Everest Galicia nunha edición fermosísima e doada de atopar, ilustrada por Suso Cubeiro e con prólogo de Vázquez Pintor.
Recoméndovola.
martes 2 de diciembre de 2014
8. Ramón Caride
13. Os medios de comunicación tamén tiveron unha fonda presenza súa (series xornalísticas, colaboracións en suplementos
especialmente literarios, opinión... programas radiofónicos...) Bota de menos a presenza da literatura de noso precisamente nos
actuais medios de comunicación?
E tanto! A visibilidade da creación literaria en galego é moi escasa nestes días, moitos espazos desapareceron, internet cubriu algo
este oco. Eu persoalmente, ando algo afastado porque estes meses me absorve a creación.
14. Acadou varios premios literarios... Que supuxeron estes recoñecementos para Vostede? Que peso teñen os premios literarios na
nosa literatura?
Os cartos nunca veñen mal, e a visibilidade mediática que dan tampouco, representan que máis xente sabe o que fas, e algunha pode
lerte. Pero hai que relativizar: un premio non engade nada ao texto real da obra, se a novela é infumable sen premio, segue séndoo
con premio. E a inversa: fracasar nun premio tampouco lle quita nada á novela.
O peso económico que teñen os premios é excesivo, pero non é culpa dos premios en si mesmos, senón porque case todo o demais
fallou, ultimamente. No do canon, depende do canonizador, cando llo dan a un amigo o premio volvese máis importante, e viceversa.
Moitísimas grazas, don Ramón Caride, por permitir mergullármonos na súa narrativa, unha narrativa diferente para nós que
simplemente fixo enriquecernos literariamente
martes 2 de diciembre de 2014
10. Un personaxe identifique?
literario co que se
Un monumento
salientábel?
Calquera petroglifo,
tan actual coma
futurista
Un/ha autor/-a e unha obra
literaria galegos?
Unha película de cine?
Un personaxe galego e un estranxeiro?
Teresa Romero e Pablo Iglesias, xa que
están de moda os dous estes días
Cal é a súa fonte de
inspiración
literaria
obra autor/-estranxeiros?
a e unha Un/ha Agora estou relendo todos os relatos de Julio
Cortázar, BESTIARIO, TODOS LOS
FUEGOS EL FUEGO, etce´tera e tamén os
CUENTOS COMPLETOS de J.G. Ballard,
parécenme dous autores prodixiosos.
Darío Gancedo, é o meu alter-ego na
novela O SANGUE DOS CAMIÑOS
e nalgúns relatos de DEDRE
Teño dous grandes autores e amigos non moi
recoñecidos cunha obra inxente: Xoán Fuentes Castro,
por exemplo coa novela A TORRE NO DESERTO, e
Xosé Váquez Pintor, con SEARA, entre moitos outros
Marcos,
Sierra, Quintiá…
Xesús Manuel Xurxo Xerardo máis novos: A vida, cal senón?
Acabo de ver RELATOS
SALVAJES, unha peli
arxentina, redonda e dura.
Unha obra teatral?
A ENGRANAXE de
J.P. Sartre, cada vez
máis actual
martes 2 de diciembre de 2014
11. Un feito histórico?
Un anceio por realizar?
Ver un texto meu levado ao
cine
Un lugar para visitar? e un lugar
para descansar?
Marrackech ou México. O Caribe
Mundo rural/urbano? Praia/
montaña?
Son rural e de montaña, por
iso vivo á beira do mar
A publicación de A
ORIXE DAS
ESPECIES de
Charles Darwin
Unha utopía?
Ver unha democracia
democrática, e non o
remedo que
padecemos.
Un tipo de música? Unha
canción?
Calquera dos Rolling Stones, os
Who, David Bowie…
Un lugar axeitado para a
lectura?
A miña casa
Un/ha autor/-a con quen se
identifique?
Calquera ao que lea e disfrute, pode ser Alice
Munro ou Frank Miller
Outro entretemento
ademais da lectura?
Pasear, falar, estar coa
familia e os amigos. Vivir,
coma calquera
martes 2 de diciembre de 2014