SlideShare a Scribd company logo
1 of 4
Download to read offline
Pedro Pereira e
Cami Moreira,
representantes
da fronte
nacionalista,
integraranse no
Goberno
municipal do
Porriño
O BNG entrará a formar parte dun co-goberno municipal no
Concello tras o acordo asinado
Pedro Pereira, actual portavoz
municipal do BNG no Porriño e a súa
compañeira Cami Moreira, pendente de
recoller a súa acta de concelleira despois
do relevo producido na formación
nacionalista nos pasados días, asumirán
diversas áreas dentro do goberno
municipal con base nun acordo
programático e de estrutura entre o BNG e
o PSOE, co obxectivo de impulsar políticas
transformadoras da realidade actual do
concello do Porriño.
O grupo municipal do BNG, tras a
delegación feita pola alcaldía, asumirá
áreas importantes para as que se porá a
traballar de inmediato, marcando unha
serie de liñas iniciais para poñer en
marcha todos aqueles proxectos que
consideramos prioritarios para a
veciñanza. Estes proxectos están
desenvolvidos no programa electoral do
BNG do Porriño, abertos ás iniciativas ou
suxestións que a cidadanía nos traslade,
xa que a participación cidadá é unha
cuestión prioritaria para nós.
“O BNG levará a cabo
iniciativas que fomenten a
participación cidadá
O PORRIÑO
Acordo de goberno acadado entre o BNG e o
PSdG para o mandato 2019-2023
Unha vez asinado o acordo entre as dúas
formacións políticas que facilitaba a investidura
de Eva García como Alcaldesa do Porriño, ao
mesmo tempo deixábase aberta a opción de
poder chegar a un futuro acordo de goberno. O
acordo inicial para a investidura tiña como
obxectivos impulsar políticas transformadoras
en distintos planos da realidade social e política
do concello, en materias tan importantes como
as políticas de igualdade, a prestación de
servizos públicos, a participación cidadá, a
transparencia, as boas prácticas no exercicio da
función pública ou a defensa do noso idioma.
Dende as bases nacionalistas tívose presente a
necesaria implicación da organización na
consecución dos obxectivos que se marcaron, e
non deixar que este documento fose papel
mollado, polo que se decidiu seguir traballando
na consecución dos mesmos, ata acadar un
pacto que respondese a estas premisas.
As concellarías que asume o Bloque
Nacionalista Galego serán Urbanismo,
Ordenación do Territorio, Patrimonio Municipal
do Solo, Infraestruturas e Mobilidade e a xestión
municipal sobre as traídas de augas veciñais,
ademais de Xuventude, Cultura, Festas,
Normalización Lingüística e Igualdade. A
Primeira Tenencia da Alcaldía recaerá tamén no
BNG.
Dentro do documento asinado tamén se
acordou delegar outras competencias propias da
Alcaldía tanto na Xunta de Goberno Local como
no propio Pleno, en prol dunha maior
transparencia na xestión municipal.
En concreto, na Xunta de Goberno Local
deléganse as competencias de outorgamento de
licenzas de obra maior e menor, aprobación da
oferta de emprego público, delegación de
licenzas de actividades inocuas, aprobación de
instrumentos de desenvolvemento urbanístico,
contratacións e concesións de servizos cando
estes superen o 2% dos recursos ordinarios do
Concello e aprobación de proxectos de obras e
servizos.
No Pleno tamén serán delegadas as
competencias de venta, permuta, arrendamento
ou cesión do patrimonio municipal do solo e a
adquisición de bens mobles ou inmobles cando
superen o 2% dos recursos ordinarios do
Concello.
“
Un acordo que posibilite a
transformación do concello
do Porriño
O BNG e o PSdG acordan tamén impulsar
nos primeiros cen días de co-goberno distintas
iniciativas que o BNG consideraba necesarias
para o inicio dunha nova forma de facer política,
como a creación de distintos consellos
municipais, a aprobación do regulamento de
participación cidadá, a elaboración da proposta
de orzamentos para o exercicio 2020 ou a
constitución dun grupo de traballo para
coordinar as accións relativas á
descontaminación de solos afectados por
residuos de lindano, entre outras.
do BNG do Porriño
Pedro Pereira
Primeira Tenencia da Alcaldía e Concelleiro de
Urbanismo, Ordenación do Territorio, Patrimonio
Municipal do Solo, Infraestruturas, Mobilidade e
Traídas de augas veciñais
Comeza unha etapa na que impulsaremos unha mellor atención ás
demandas sociais da veciñanza. Iniciaremos unha rolda de
reunións sobre a Ordenación do Territorio con todos os grupos políticos da corporación e coas
distintas asociacións ou comunidades veciñais, representantes do tecido comercial e industrial do
Porriño. Consideramos que o novo Plan de Ordenación Municipal debe contar coa maior
transparencia e consenso posibles.
Faremos un estudo das infraestruturas nas parroquias, camiños, estradas, redes de auga, de
saneamento, para elaborar un plan de necesidades e marcar as prioridades. No eido das redes de
auga veciñal hai que, por un lado, recoñecer o traballo das distintas directivas das comunidades de
augas do Porriño e, polo outro, establecer canles de cooperación coas traídas de auga para que
ofrezan un servizo de calidade e impulsar liñas de axudas.
A recuperación de espazo público para as persoas vai ser o eixo principal do BNG e da nosa acción
de goberno. Iniciaremos os estudos para a redacción do proxecto de humanización e peonalización
do Barrio de San Bieito e do seu entorno. Traballaremos tamén na creación dun espazo público no
entorno do río Louro.
Cami Moreira
Concelleira de Cultura, Festas, Normalización
Lingüística, Igualdade e Xuventude
Tendo en conta tanto a realidade social como cultural existentes no
concello, nestas áreas impulsaremos accións cos recursos
económicos dispoñibles, combinadas con medidas que só requiren
vontade política para levalas a cabo.
Crearemos o Consello Municipal da Cultura para dinamizar o sector coa promoción, divulgación e
impulso da creación cultural. Impulsaremos a creación dunha Escola das Artes, onde poidan
converxer a formación, a integración e a participación de disciplinas como o teatro, o audiovisual, a
danza, etc., traballando para que sexa unha realidade no menor espazo de tempo posible.
Poremos en marcha o Servizo de Normalización Lingüística para impulsar políticas que poñan en
valor o noso idioma, tanto na actividade do Concello como fóra del.
Co obxectivo de conseguir un concello igualitario, para o que é imprescindible a colaboración e
implicación de toda a veciñanza, actualizaremos e difundiremos as medidas recollidas no Plan
Integral contra a Violencia de Xénero. Ademais, na loita contra a desigualdade impulsaremos, entre
outras cuestións, a inclusión de cláusulas para a igualdade nas contratacións, subvencións e
convenios.
Traballaremos arreo para facer realidade a Casa da Xuventude, un espazo para que as mozas e os
mozos do Porriño poidan desenvolver os seus proxectos.
Bloque Nacionalista Galego
R/ Ramón González nº14 - Local A
O Porriño
http://oporrinho.bng.gal/
oporrinho@bng.gal
Horario de atención á cidadanía
no local do BNG do Porriño:
Tódolos xoves de 18:00h a 20:00h
ANA PONTÓN: "O cambio real para os
galegos e galegas só é un: facernos valer.
Aquí e en Madrid"
Que opina da nova
convocatoria de eleccións
xerais para o 10 de novembro?
Opino o que a grande maioría da xente.
Que a política española está a facer o
ridículo e a demostrar o grao de
irresponsabilidade dos seus partidos.
Comprendo perfectamente a decepción e
o enfado das persoas votantes de PSOE e
Unidas Podemos, moitas delas votáronos
pola apelación ao "voto útil fronte a
dereita". Xa se veu para que. Non chegan a
acordos porque poñen sempre por diante os
seus intereses partidarios e os seus egos aos
intereses da sociedade, que quere e necesita
seriedade e altura na acción política. Dentro do
malo, algo bo: para Galiza é unha oportunidade
para cambiar. Nada de resignación: hai que
transformar a decepción e o enfado nunha
aposta forte por recuperar voz propia para o
noso país, a través do BNG. Esta é a mensaxe
que temos que trasladar con moita forza e
claridade.
Con que perspectivas encara o
BNG as Xerais?
Con toda a forza e toda a ilusión de devolver á
sociedade galega unha representación propia e
digna en Madrid. Se algo xa saben os galegos e
galegas é que aquí o único cambio real pasa por
facernos valer como país. O PSOE, PP ou
Podemos diríxenos desde Madrid e son partidos
que actúan ao servizo do que digan os seus
xefes aló. Galiza non pinta nada nese esquema,
somos sempre moeda de cambio. Chegou o
momento de facernos respectar como pobo, de
facernos valer. Non imos ser menos que vascos,
cataláns, valencianos, canarios, cántabros,...
Somos un país digno e temos que ter voz propia.
O BNG vai garantilo, estamos en condicións de
facelo e percibimos que moita xente que nas
pasadas xerais votou outras forzas desta volta
vai apostar polo BNG, por moitos motivos.
Expliquémolo ben e con claridade: fronte ao
circo da política española, temos a oportunidade
de actuar diferente. Cun voto de esquerda,
transformador, a unha forza política seria e
responsábel como o BNG, que ademais dará voz
propia a Galiza, sen complexos e con absoluta
firmeza na defensa da sociedade galega.

More Related Content

Similar to Voceiro BNG O Porriño outubro 2019

ACTA NÚM. 5 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 5 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑAACTA NÚM. 5 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 5 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑAPSOE A BAÑA
 
CxG Vigo - Programa Municipais 2015
CxG Vigo - Programa Municipais 2015CxG Vigo - Programa Municipais 2015
CxG Vigo - Programa Municipais 2015Mortadelo007
 
Programa BNG Burela 2019
Programa BNG Burela 2019Programa BNG Burela 2019
Programa BNG Burela 2019burelao
 
Proposta de actuación nas deputacións provinciais. Acordo BNG-PSdeG-PSOE
Proposta de actuación nas deputacións provinciais. Acordo BNG-PSdeG-PSOEProposta de actuación nas deputacións provinciais. Acordo BNG-PSdeG-PSOE
Proposta de actuación nas deputacións provinciais. Acordo BNG-PSdeG-PSOEBNG - Bloque Nacionalista Galego
 
Boletin do PSOE Bergondo
Boletin do PSOE BergondoBoletin do PSOE Bergondo
Boletin do PSOE Bergondopsdegbergondo
 
Xornal PSOE Bergondo
Xornal PSOE Bergondo Xornal PSOE Bergondo
Xornal PSOE Bergondo psdegbergondo
 
Tes que sabelo! febreiro 2016
Tes que sabelo! febreiro 2016Tes que sabelo! febreiro 2016
Tes que sabelo! febreiro 2016bngaestrada
 
ACTA NÚM. 3 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 3 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑAACTA NÚM. 3 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 3 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑAPSOE A BAÑA
 
Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso!
Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso!Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso!
Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso!Ansotegi GZ
 
Programa electoral esquerda unida narón 2015
Programa electoral esquerda unida narón 2015Programa electoral esquerda unida narón 2015
Programa electoral esquerda unida narón 2015ferrolano
 
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdfPrograma electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdfBNGdoPorrinho
 
Programa electoral das municipais 2015
Programa electoral das municipais 2015Programa electoral das municipais 2015
Programa electoral das municipais 2015bngaestrada
 
Manifesto pola Cooperacion do Partido Popular
Manifesto pola Cooperacion do Partido PopularManifesto pola Cooperacion do Partido Popular
Manifesto pola Cooperacion do Partido PopularCarlos Negreira
 
Díptico informativo do BNG
Díptico informativo do BNGDíptico informativo do BNG
Díptico informativo do BNGBNGdoPorrinho
 

Similar to Voceiro BNG O Porriño outubro 2019 (20)

Voceiro abril 2015
Voceiro abril 2015Voceiro abril 2015
Voceiro abril 2015
 
PERO ..... QUE É ISO DO POS?
PERO ..... QUE É ISO DO POS?PERO ..... QUE É ISO DO POS?
PERO ..... QUE É ISO DO POS?
 
ACTA NÚM. 5 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 5 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑAACTA NÚM. 5 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 5 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
 
CxG Vigo - Programa Municipais 2015
CxG Vigo - Programa Municipais 2015CxG Vigo - Programa Municipais 2015
CxG Vigo - Programa Municipais 2015
 
Programa BNG Burela 2019
Programa BNG Burela 2019Programa BNG Burela 2019
Programa BNG Burela 2019
 
programa bng ribadeo 2023.pdf
programa bng ribadeo 2023.pdfprograma bng ribadeo 2023.pdf
programa bng ribadeo 2023.pdf
 
Proposta de actuación nas deputacións provinciais. Acordo BNG-PSdeG-PSOE
Proposta de actuación nas deputacións provinciais. Acordo BNG-PSdeG-PSOEProposta de actuación nas deputacións provinciais. Acordo BNG-PSdeG-PSOE
Proposta de actuación nas deputacións provinciais. Acordo BNG-PSdeG-PSOE
 
PG.pdf
PG.pdfPG.pdf
PG.pdf
 
Concellos en rede por galiza
Concellos en rede por galizaConcellos en rede por galiza
Concellos en rede por galiza
 
Boletin do PSOE Bergondo
Boletin do PSOE BergondoBoletin do PSOE Bergondo
Boletin do PSOE Bergondo
 
Xornal PSOE Bergondo
Xornal PSOE Bergondo Xornal PSOE Bergondo
Xornal PSOE Bergondo
 
Tes que sabelo! febreiro 2016
Tes que sabelo! febreiro 2016Tes que sabelo! febreiro 2016
Tes que sabelo! febreiro 2016
 
ACTA NÚM. 3 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 3 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑAACTA NÚM. 3 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 3 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
 
Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso!
Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso!Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso!
Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso!
 
Programa electoral esquerda unida narón 2015
Programa electoral esquerda unida narón 2015Programa electoral esquerda unida narón 2015
Programa electoral esquerda unida narón 2015
 
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdfPrograma electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdf
 
Programa electoral das municipais 2015
Programa electoral das municipais 2015Programa electoral das municipais 2015
Programa electoral das municipais 2015
 
Manifesto pola Cooperacion do Partido Popular
Manifesto pola Cooperacion do Partido PopularManifesto pola Cooperacion do Partido Popular
Manifesto pola Cooperacion do Partido Popular
 
Díptico informativo do BNG
Díptico informativo do BNGDíptico informativo do BNG
Díptico informativo do BNG
 
Boletin fec abril 2018
Boletin fec abril 2018Boletin fec abril 2018
Boletin fec abril 2018
 

More from BNGdoPorrinho

Boletín BNG O Porriño - febreiro de 2024
Boletín BNG O Porriño - febreiro de 2024Boletín BNG O Porriño - febreiro de 2024
Boletín BNG O Porriño - febreiro de 2024BNGdoPorrinho
 
As mentiras de Alejandro
As mentiras de AlejandroAs mentiras de Alejandro
As mentiras de AlejandroBNGdoPorrinho
 
Voceiro BNG O Porriño xuño 2021
Voceiro BNG O Porriño xuño 2021Voceiro BNG O Porriño xuño 2021
Voceiro BNG O Porriño xuño 2021BNGdoPorrinho
 
Conclusions Conferencia internacional de cidades solidarias co pobo saharaui
Conclusions Conferencia internacional de cidades solidarias co pobo saharauiConclusions Conferencia internacional de cidades solidarias co pobo saharaui
Conclusions Conferencia internacional de cidades solidarias co pobo saharauiBNGdoPorrinho
 
Entrevista a Pedro Pereira
Entrevista a Pedro PereiraEntrevista a Pedro Pereira
Entrevista a Pedro PereiraBNGdoPorrinho
 
Programa do BNG do Porriño en lectura fácil
Programa do BNG do Porriño en lectura fácilPrograma do BNG do Porriño en lectura fácil
Programa do BNG do Porriño en lectura fácilBNGdoPorrinho
 

More from BNGdoPorrinho (6)

Boletín BNG O Porriño - febreiro de 2024
Boletín BNG O Porriño - febreiro de 2024Boletín BNG O Porriño - febreiro de 2024
Boletín BNG O Porriño - febreiro de 2024
 
As mentiras de Alejandro
As mentiras de AlejandroAs mentiras de Alejandro
As mentiras de Alejandro
 
Voceiro BNG O Porriño xuño 2021
Voceiro BNG O Porriño xuño 2021Voceiro BNG O Porriño xuño 2021
Voceiro BNG O Porriño xuño 2021
 
Conclusions Conferencia internacional de cidades solidarias co pobo saharaui
Conclusions Conferencia internacional de cidades solidarias co pobo saharauiConclusions Conferencia internacional de cidades solidarias co pobo saharaui
Conclusions Conferencia internacional de cidades solidarias co pobo saharaui
 
Entrevista a Pedro Pereira
Entrevista a Pedro PereiraEntrevista a Pedro Pereira
Entrevista a Pedro Pereira
 
Programa do BNG do Porriño en lectura fácil
Programa do BNG do Porriño en lectura fácilPrograma do BNG do Porriño en lectura fácil
Programa do BNG do Porriño en lectura fácil
 

Voceiro BNG O Porriño outubro 2019

  • 1. Pedro Pereira e Cami Moreira, representantes da fronte nacionalista, integraranse no Goberno municipal do Porriño O BNG entrará a formar parte dun co-goberno municipal no Concello tras o acordo asinado Pedro Pereira, actual portavoz municipal do BNG no Porriño e a súa compañeira Cami Moreira, pendente de recoller a súa acta de concelleira despois do relevo producido na formación nacionalista nos pasados días, asumirán diversas áreas dentro do goberno municipal con base nun acordo programático e de estrutura entre o BNG e o PSOE, co obxectivo de impulsar políticas transformadoras da realidade actual do concello do Porriño. O grupo municipal do BNG, tras a delegación feita pola alcaldía, asumirá áreas importantes para as que se porá a traballar de inmediato, marcando unha serie de liñas iniciais para poñer en marcha todos aqueles proxectos que consideramos prioritarios para a veciñanza. Estes proxectos están desenvolvidos no programa electoral do BNG do Porriño, abertos ás iniciativas ou suxestións que a cidadanía nos traslade, xa que a participación cidadá é unha cuestión prioritaria para nós. “O BNG levará a cabo iniciativas que fomenten a participación cidadá O PORRIÑO
  • 2. Acordo de goberno acadado entre o BNG e o PSdG para o mandato 2019-2023 Unha vez asinado o acordo entre as dúas formacións políticas que facilitaba a investidura de Eva García como Alcaldesa do Porriño, ao mesmo tempo deixábase aberta a opción de poder chegar a un futuro acordo de goberno. O acordo inicial para a investidura tiña como obxectivos impulsar políticas transformadoras en distintos planos da realidade social e política do concello, en materias tan importantes como as políticas de igualdade, a prestación de servizos públicos, a participación cidadá, a transparencia, as boas prácticas no exercicio da función pública ou a defensa do noso idioma. Dende as bases nacionalistas tívose presente a necesaria implicación da organización na consecución dos obxectivos que se marcaron, e non deixar que este documento fose papel mollado, polo que se decidiu seguir traballando na consecución dos mesmos, ata acadar un pacto que respondese a estas premisas. As concellarías que asume o Bloque Nacionalista Galego serán Urbanismo, Ordenación do Territorio, Patrimonio Municipal do Solo, Infraestruturas e Mobilidade e a xestión municipal sobre as traídas de augas veciñais, ademais de Xuventude, Cultura, Festas, Normalización Lingüística e Igualdade. A Primeira Tenencia da Alcaldía recaerá tamén no BNG. Dentro do documento asinado tamén se acordou delegar outras competencias propias da Alcaldía tanto na Xunta de Goberno Local como no propio Pleno, en prol dunha maior transparencia na xestión municipal. En concreto, na Xunta de Goberno Local deléganse as competencias de outorgamento de licenzas de obra maior e menor, aprobación da oferta de emprego público, delegación de licenzas de actividades inocuas, aprobación de instrumentos de desenvolvemento urbanístico, contratacións e concesións de servizos cando estes superen o 2% dos recursos ordinarios do Concello e aprobación de proxectos de obras e servizos. No Pleno tamén serán delegadas as competencias de venta, permuta, arrendamento ou cesión do patrimonio municipal do solo e a adquisición de bens mobles ou inmobles cando superen o 2% dos recursos ordinarios do Concello. “ Un acordo que posibilite a transformación do concello do Porriño O BNG e o PSdG acordan tamén impulsar nos primeiros cen días de co-goberno distintas iniciativas que o BNG consideraba necesarias para o inicio dunha nova forma de facer política, como a creación de distintos consellos municipais, a aprobación do regulamento de participación cidadá, a elaboración da proposta de orzamentos para o exercicio 2020 ou a constitución dun grupo de traballo para coordinar as accións relativas á descontaminación de solos afectados por residuos de lindano, entre outras. do BNG do Porriño
  • 3. Pedro Pereira Primeira Tenencia da Alcaldía e Concelleiro de Urbanismo, Ordenación do Territorio, Patrimonio Municipal do Solo, Infraestruturas, Mobilidade e Traídas de augas veciñais Comeza unha etapa na que impulsaremos unha mellor atención ás demandas sociais da veciñanza. Iniciaremos unha rolda de reunións sobre a Ordenación do Territorio con todos os grupos políticos da corporación e coas distintas asociacións ou comunidades veciñais, representantes do tecido comercial e industrial do Porriño. Consideramos que o novo Plan de Ordenación Municipal debe contar coa maior transparencia e consenso posibles. Faremos un estudo das infraestruturas nas parroquias, camiños, estradas, redes de auga, de saneamento, para elaborar un plan de necesidades e marcar as prioridades. No eido das redes de auga veciñal hai que, por un lado, recoñecer o traballo das distintas directivas das comunidades de augas do Porriño e, polo outro, establecer canles de cooperación coas traídas de auga para que ofrezan un servizo de calidade e impulsar liñas de axudas. A recuperación de espazo público para as persoas vai ser o eixo principal do BNG e da nosa acción de goberno. Iniciaremos os estudos para a redacción do proxecto de humanización e peonalización do Barrio de San Bieito e do seu entorno. Traballaremos tamén na creación dun espazo público no entorno do río Louro. Cami Moreira Concelleira de Cultura, Festas, Normalización Lingüística, Igualdade e Xuventude Tendo en conta tanto a realidade social como cultural existentes no concello, nestas áreas impulsaremos accións cos recursos económicos dispoñibles, combinadas con medidas que só requiren vontade política para levalas a cabo. Crearemos o Consello Municipal da Cultura para dinamizar o sector coa promoción, divulgación e impulso da creación cultural. Impulsaremos a creación dunha Escola das Artes, onde poidan converxer a formación, a integración e a participación de disciplinas como o teatro, o audiovisual, a danza, etc., traballando para que sexa unha realidade no menor espazo de tempo posible. Poremos en marcha o Servizo de Normalización Lingüística para impulsar políticas que poñan en valor o noso idioma, tanto na actividade do Concello como fóra del. Co obxectivo de conseguir un concello igualitario, para o que é imprescindible a colaboración e implicación de toda a veciñanza, actualizaremos e difundiremos as medidas recollidas no Plan Integral contra a Violencia de Xénero. Ademais, na loita contra a desigualdade impulsaremos, entre outras cuestións, a inclusión de cláusulas para a igualdade nas contratacións, subvencións e convenios. Traballaremos arreo para facer realidade a Casa da Xuventude, un espazo para que as mozas e os mozos do Porriño poidan desenvolver os seus proxectos.
  • 4. Bloque Nacionalista Galego R/ Ramón González nº14 - Local A O Porriño http://oporrinho.bng.gal/ oporrinho@bng.gal Horario de atención á cidadanía no local do BNG do Porriño: Tódolos xoves de 18:00h a 20:00h ANA PONTÓN: "O cambio real para os galegos e galegas só é un: facernos valer. Aquí e en Madrid" Que opina da nova convocatoria de eleccións xerais para o 10 de novembro? Opino o que a grande maioría da xente. Que a política española está a facer o ridículo e a demostrar o grao de irresponsabilidade dos seus partidos. Comprendo perfectamente a decepción e o enfado das persoas votantes de PSOE e Unidas Podemos, moitas delas votáronos pola apelación ao "voto útil fronte a dereita". Xa se veu para que. Non chegan a acordos porque poñen sempre por diante os seus intereses partidarios e os seus egos aos intereses da sociedade, que quere e necesita seriedade e altura na acción política. Dentro do malo, algo bo: para Galiza é unha oportunidade para cambiar. Nada de resignación: hai que transformar a decepción e o enfado nunha aposta forte por recuperar voz propia para o noso país, a través do BNG. Esta é a mensaxe que temos que trasladar con moita forza e claridade. Con que perspectivas encara o BNG as Xerais? Con toda a forza e toda a ilusión de devolver á sociedade galega unha representación propia e digna en Madrid. Se algo xa saben os galegos e galegas é que aquí o único cambio real pasa por facernos valer como país. O PSOE, PP ou Podemos diríxenos desde Madrid e son partidos que actúan ao servizo do que digan os seus xefes aló. Galiza non pinta nada nese esquema, somos sempre moeda de cambio. Chegou o momento de facernos respectar como pobo, de facernos valer. Non imos ser menos que vascos, cataláns, valencianos, canarios, cántabros,... Somos un país digno e temos que ter voz propia. O BNG vai garantilo, estamos en condicións de facelo e percibimos que moita xente que nas pasadas xerais votou outras forzas desta volta vai apostar polo BNG, por moitos motivos. Expliquémolo ben e con claridade: fronte ao circo da política española, temos a oportunidade de actuar diferente. Cun voto de esquerda, transformador, a unha forza política seria e responsábel como o BNG, que ademais dará voz propia a Galiza, sen complexos e con absoluta firmeza na defensa da sociedade galega.