SlideShare a Scribd company logo
1 of 4
Download to read offline
Nos dous anos que leva de alcalde, Alejandro Lorenzo e o goberno do
PP na Xunta prometeron: un centro de día en Atios, unha residencia de
maiores en Budiño, un refuxio para animais, un gran parque no río
Louro, unha nova praza en Pío XII, melloras na Praza de Abastos, un
novo sendeiro nas Gándaras, dúas novas escolas infantís, un novo
auditorio ou 3 millóns para a retirada de lindano en Torneiros.
Algunhas son promesas de hai xa dous anos e, de momento, ningunha
realidade.
Nos últimos 15 anos de goberno do PP na Xunta non houbo ningún
proxecto no noso concello, máis alá da ampliación do Centro de
Saúde; e este fora un proxecto iniciado polo BNG, pero que a Xunta
retardou até que o PP alcanzou a Alcaldía.
Foi co BNG, no goberno bipartito (2005-2009), cando se investiu por
última vez en materia social no noso concello: coa construción de
vivenda pública e dun Centro de Día en Torneiros; e dunha Escola
Infantil na rúa Doantes de Sangue, no centro da vila.
GOBERNAR DENDE A VERDADE
O Porriño
Bloque Nacionalista Galego febreiro 2024
BOLETÍN INFORMATIVO DO BNG-O PORRIÑO
MELLORAR A ATENCIÓN SANITARIA NO PORRIÑO É
UNHA PRIORIDADE DO BNG NO GOBERNO DA XUNTA
Hai tan só tres meses o PP negou no Pleno a saturación das axendas
médicas no centro de saúde do Porriño, para recoñecer en decembro
que o servizo de atención primaria estaba desbordado e aceptar
unha iniciativa do BNG que lle esixe á Xunta a corrección das
deficiencias sanitarias no Porriño.
A candidata do BNG á presidencia da Xunta, Ana Pontón, na súa
recente visita ao Porriño, comprometeuse a cubrir suficientemente
os servizos básicos diarios e a ampliar as prazas de pediatría e
xinecolóxica; ademais de engadir nas novas instalacións servizos de
apoio necesarios e non prestados actualmente: fisioterapia e saúde
mental.
Un goberno galego liderado polo BNG realizará tamén as actuacións
necesarias para que a Unidade de Adiccións a Drogodependentes
sexa integrada no Centro de Saúde e dotado do persoal necesario,
tendo en conta o peso de poboación da área que atende.
O candidato do BNG por Pontevedra, Luís Bará, avanza que desde o
goberno galego impulsará un proxecto de recuperación do río Louro no
Porriño, incluíndo negociar desde a Xunta coa empresa e os axentes
sociais o traslado do matadoiro.
Bará valorou positivamente que, desde o Pleno do Porriño, o BNG teña
iniciado o trámite para denominar ENIL (Espazo Natural de Interese
Local) o Louro e os seus regatos e criticou que o goberno que dirixe
Alejandro Lorenzo teña parado o expediente. Destacou a diferenza
entre as políticas que defenden o ecosistema e os valores ecolóxicos e
o “desarrollismo” que non respecta a contorna. A intención do goberno
que preside Alejandro Lorenzo é usar o espazo á beira do río para
grandes eventos, permitir o tráfico rodado e crear zonas de
aparcamento; todas estas opcións son un proxecto incompatible co
recoñecemento ambiental que se pretende conseguir.
“É unha ferramenta poderosa ao alcance da administración local que
axudaría a rexenerar os bosques de ribeira e tamén a defendelos de
futuras ameazas, ademais de conseguir unha maior implicación cidadá
no coidado activo do río ao estimar os nosos valores naturais” “O
Porriño terá nun goberno galego liderado por Ana Pontón un aliado na
defensa do Louro”.
O BNG IMPULSARÁ DESDE A XUNTA
O TRASLADO DO MATADOIRO DO PORRIÑO
Rúa Ramón González nº14
644 68 79 61
oporrinho@bng.gal @bngoporrinho
@bngoporrinho
@bng.oporrino
UNHA MELLOR GALIZA...
EDUCACIÓN: Reforma integral do CEIP Xosé Fernandez López, para
mellorar en eficiencia enerxética e accesibilidade. Foi construído nos
anos 70 e ten problemas de insonorización e illamento. Ademais,
necesítase crear unha nova escola infantil.
SOTERRAMENTO DE LIÑAS DE ALTA TENSIÓN en Torneiros e en
Atios, próximas a vivendas e centros de ensino. Unha vella demanda
da veciñanza que o PP nunca quixo levar a cabo.
MOBILIDADE EN BUDIÑO: Urbanización da estrada vella que une
Budiño con Salceda, que conecta zonas poboadas da parroquia e
carece de beirarrúas ou beiravías en moitos tramos, o que causa
inseguridade viaria nas inmediacións do colexio.
MELLOR CONEXIÓN CO POLÍGONO DA GRANXA coa construción
dunha variante á PO-510, desde o km 4 até o enlace coa A55, para
aliviar a alta densidade de tráfico nesta estrada e na contorna da zona
industrial.
ACTO PÚBLICO DA CAMPAÑA NO PORRIÑO:
LUNS 12 DE FEBREIRO ÁS 20H NO CENTRO CÍVICO
(edificio antigos xulgados)
Intervirán: Pedro Pereira (portavoz municipal) e as candidatas por
Pontevedra Cristina Fernández Davila e Rocío Barreiro Rodríguez.
Contacta co BNG!

More Related Content

More from BNGdoPorrinho

More from BNGdoPorrinho (8)

Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdfPrograma electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdf
 
As mentiras de Alejandro
As mentiras de AlejandroAs mentiras de Alejandro
As mentiras de Alejandro
 
Voceiro BNG O Porriño xuño 2021
Voceiro BNG O Porriño xuño 2021Voceiro BNG O Porriño xuño 2021
Voceiro BNG O Porriño xuño 2021
 
Conclusions Conferencia internacional de cidades solidarias co pobo saharaui
Conclusions Conferencia internacional de cidades solidarias co pobo saharauiConclusions Conferencia internacional de cidades solidarias co pobo saharaui
Conclusions Conferencia internacional de cidades solidarias co pobo saharaui
 
Tríptico informativo
Tríptico informativoTríptico informativo
Tríptico informativo
 
Díptico informativo do BNG
Díptico informativo do BNGDíptico informativo do BNG
Díptico informativo do BNG
 
Entrevista a Pedro Pereira
Entrevista a Pedro PereiraEntrevista a Pedro Pereira
Entrevista a Pedro Pereira
 
Programa do BNG do Porriño en lectura fácil
Programa do BNG do Porriño en lectura fácilPrograma do BNG do Porriño en lectura fácil
Programa do BNG do Porriño en lectura fácil
 

Boletín BNG O Porriño - febreiro de 2024

  • 1. Nos dous anos que leva de alcalde, Alejandro Lorenzo e o goberno do PP na Xunta prometeron: un centro de día en Atios, unha residencia de maiores en Budiño, un refuxio para animais, un gran parque no río Louro, unha nova praza en Pío XII, melloras na Praza de Abastos, un novo sendeiro nas Gándaras, dúas novas escolas infantís, un novo auditorio ou 3 millóns para a retirada de lindano en Torneiros. Algunhas son promesas de hai xa dous anos e, de momento, ningunha realidade. Nos últimos 15 anos de goberno do PP na Xunta non houbo ningún proxecto no noso concello, máis alá da ampliación do Centro de Saúde; e este fora un proxecto iniciado polo BNG, pero que a Xunta retardou até que o PP alcanzou a Alcaldía. Foi co BNG, no goberno bipartito (2005-2009), cando se investiu por última vez en materia social no noso concello: coa construción de vivenda pública e dun Centro de Día en Torneiros; e dunha Escola Infantil na rúa Doantes de Sangue, no centro da vila. GOBERNAR DENDE A VERDADE O Porriño Bloque Nacionalista Galego febreiro 2024 BOLETÍN INFORMATIVO DO BNG-O PORRIÑO
  • 2. MELLORAR A ATENCIÓN SANITARIA NO PORRIÑO É UNHA PRIORIDADE DO BNG NO GOBERNO DA XUNTA Hai tan só tres meses o PP negou no Pleno a saturación das axendas médicas no centro de saúde do Porriño, para recoñecer en decembro que o servizo de atención primaria estaba desbordado e aceptar unha iniciativa do BNG que lle esixe á Xunta a corrección das deficiencias sanitarias no Porriño. A candidata do BNG á presidencia da Xunta, Ana Pontón, na súa recente visita ao Porriño, comprometeuse a cubrir suficientemente os servizos básicos diarios e a ampliar as prazas de pediatría e xinecolóxica; ademais de engadir nas novas instalacións servizos de apoio necesarios e non prestados actualmente: fisioterapia e saúde mental. Un goberno galego liderado polo BNG realizará tamén as actuacións necesarias para que a Unidade de Adiccións a Drogodependentes sexa integrada no Centro de Saúde e dotado do persoal necesario, tendo en conta o peso de poboación da área que atende.
  • 3. O candidato do BNG por Pontevedra, Luís Bará, avanza que desde o goberno galego impulsará un proxecto de recuperación do río Louro no Porriño, incluíndo negociar desde a Xunta coa empresa e os axentes sociais o traslado do matadoiro. Bará valorou positivamente que, desde o Pleno do Porriño, o BNG teña iniciado o trámite para denominar ENIL (Espazo Natural de Interese Local) o Louro e os seus regatos e criticou que o goberno que dirixe Alejandro Lorenzo teña parado o expediente. Destacou a diferenza entre as políticas que defenden o ecosistema e os valores ecolóxicos e o “desarrollismo” que non respecta a contorna. A intención do goberno que preside Alejandro Lorenzo é usar o espazo á beira do río para grandes eventos, permitir o tráfico rodado e crear zonas de aparcamento; todas estas opcións son un proxecto incompatible co recoñecemento ambiental que se pretende conseguir. “É unha ferramenta poderosa ao alcance da administración local que axudaría a rexenerar os bosques de ribeira e tamén a defendelos de futuras ameazas, ademais de conseguir unha maior implicación cidadá no coidado activo do río ao estimar os nosos valores naturais” “O Porriño terá nun goberno galego liderado por Ana Pontón un aliado na defensa do Louro”. O BNG IMPULSARÁ DESDE A XUNTA O TRASLADO DO MATADOIRO DO PORRIÑO
  • 4. Rúa Ramón González nº14 644 68 79 61 oporrinho@bng.gal @bngoporrinho @bngoporrinho @bng.oporrino UNHA MELLOR GALIZA... EDUCACIÓN: Reforma integral do CEIP Xosé Fernandez López, para mellorar en eficiencia enerxética e accesibilidade. Foi construído nos anos 70 e ten problemas de insonorización e illamento. Ademais, necesítase crear unha nova escola infantil. SOTERRAMENTO DE LIÑAS DE ALTA TENSIÓN en Torneiros e en Atios, próximas a vivendas e centros de ensino. Unha vella demanda da veciñanza que o PP nunca quixo levar a cabo. MOBILIDADE EN BUDIÑO: Urbanización da estrada vella que une Budiño con Salceda, que conecta zonas poboadas da parroquia e carece de beirarrúas ou beiravías en moitos tramos, o que causa inseguridade viaria nas inmediacións do colexio. MELLOR CONEXIÓN CO POLÍGONO DA GRANXA coa construción dunha variante á PO-510, desde o km 4 até o enlace coa A55, para aliviar a alta densidade de tráfico nesta estrada e na contorna da zona industrial. ACTO PÚBLICO DA CAMPAÑA NO PORRIÑO: LUNS 12 DE FEBREIRO ÁS 20H NO CENTRO CÍVICO (edificio antigos xulgados) Intervirán: Pedro Pereira (portavoz municipal) e as candidatas por Pontevedra Cristina Fernández Davila e Rocío Barreiro Rodríguez. Contacta co BNG!