SlideShare a Scribd company logo
1 of 8
Download to read offline
PROPOSTA PARA A ACTUACIÓN NAS
DEPUTACIÓNS PROVINCIAIS
POLA SUPERACIÓN DO MODELO
As organizacións políticas abaixo asinantes consideramos as deputacións como un
modelo de organización territorial e institucional non adaptado á realidade social e
territorial de Galiza, que provoca dispersión competencial, non aproveitamento
eficaz e ineficiencia na xestión dos recursos e a descoordinación institucional.
Apostamos así por unha transformación radical do funcionamento destas
institucións, afondando na súa democratización e co obxectivo fundamental de
servizo ao pobo galego no seu conxunto. Xulgamos como principio irrenunciábel
garantir o funcionamento obxectivo e transparente das deputacións, así como
eliminar todo tipo de arbitrariedade e/ou discriminación no desenvolvemento da
súa actividade.
Partimos, pois, as dúas forzas políticas asinantes, de posicións que abranguen
desde a supresión das deputacións que defende o nacionalismo galego, por
constituír un modelo de organización territorial alleo á realidade galega, até un
modelo de reforma destas para convertelas en institucións máis modernas,
racionais, transparentes e democráticas, que no ámbito competencial non
dupliquen ou tripliquen as competencias das diferentes institucións, que postula o
socialismo galego.
En todo caso, partillamos a urxente necesidade de planificar e desenvolver una
reorganización, simplificación e adelgazamento competencial, que nos leve a un
modelo de xestión en que as deputacións se centren nas competencias propias
evitando as referidas duplicidades coa Xunta e cos concellos.
A reflexión compartida de que se fai, como se fai e en que se gastan os recursos
que posúen as deputacións, lévanos a subscribir o presente Acordo que ten como
obxectivo principal garantir a igualdade na prestación dos servizos básicos,
independentemente do concello de Galiza en que se resida, con criterios de
transparencia que permitan corrixir desequilibrios territoriais e sociais.
Consideramos prioritario reforzar as actuacións de carácter supramunicipal, que
aposten pola prestación cooperativa de servizos locais apoiando estruturas de
carácter comarcal.
Trátase, en definitiva, dun primeiro paso firme para adaptar as deputacións
provinciais a cada realidade territorial, con base nunha racionalización
administrativa e do gasto público centrada na redución de estruturas burocráticas.
Deste xeito, será posíbel destinar maiores recursos ao mantemento de servizos
básicos para a cidadanía, afondar na súa democratización e en fórmulas de
transparencia e participación que posibiliten a intervención dos concellos en cantos
asuntos afectaren directamente aos seus intereses.
1. SOBRE COMPETENCIAS E O SEU EXERCICIO
Partindo da premisa inicial do complexo encaixe das deputacións provinciais no
actual marco institucional e competencial, tamén é certo que son institucións que
teñen atribuída a xestión dunha importante cantidade de recursos públicos e,
mentres non se reformularen ou desapareceren, deben contribuír a garantir xunto
cos concellos e a Xunta que todos os veciños e todas as veciñas teñan acceso aos
mesmos servizos, con independencia da poboación que teña o concello en que
vivan. Esta debe ser a función prioritaria das institucións provinciais nestes tempos:
destinar os seus recursos económicos ao financiamento dos servizos básicos locais.
Resulta imprescindíbel pois, rematar coa arbitrariedade no uso dos recursos e na
acción política, así como introducir modificacións profundas nas actuacións que
desenvolvan as deputacións para adaptarse, no seu funcionamento, á realidade
territorial, institucional, política e social do ámbito en que desenvolven as súas
competencias.
O noso obxectivo primordial é corrixir os desequilibrios territoriais e sociais entre
os concellos e respectar a autonomía local de todos eles, con independencia da cor
política dos seus gobernos municipais. Acordamos, neste contexto actual,
acometer ao longo deste mandato nas deputacións, unha decidida política de
delimitación das súas función, axuntándoas ao seu estrito marco
competencial: a cooperación xurídica e técnica cos concellos e impulsar a maior
transferencia de recursos económicos posíbeis cara aos concellos pequenos e
medianos.
2. MEDIDAS XERAIS
2.1. Transferencia de competencias e comarcalización
Nos primeiros tres meses de goberno, as deputacións emprazarán a Xunta de
Galiza a iniciar un proceso de negociación respecto das seguintes cuestións:
- Transferencia á Xunta de todos os equipamentos e servizos impropios ou
que deben ter unha articulación a nivel galego que aínda posúen ou prestan
as deputacións, entre outros: centros docentes, centros de menores,
bibliotecas, museos, teatros, infraestruturas deportivas, laboratorios e
centros de experimentación agraria, servizos de emerxencias, parques
comarcais de bombeiros etc.
- Transferencia á Xunta da rede viaria principal interurbana.
- Os orzamentos que aproben as deputacións provinciais uniranse aos Xerais
da Xunta, ofrecendo a vontade de coordinación da súa actividade ao goberno
galego en todo canto afectar ao interese xeral do pobo galego. Neste sentido,
trátase de consensuar e coordinar plans e/ou programas de actuación en
materias con competencias concorrentes coa Xunta, para deseñar liñas de
actuación comúns que se recollan nas partidas orzamentarias tanto da Xunta
como das deputacións.
- Avanzar na coordinación dos servizos de recadación tributaria con vistas á
integración nunha Axencia Tributaria Galega.
Por outra banda, as deputacións deseñarán e impulsarán estruturas comarcais e
potenciarán as entidades asociativas dos concellos para a prestación cooperativa
dos servizos sociais.
2.2. Os concellos como centro decisorio das políticas
As deputacións mudarán o xeito de se relacionaren cos concellos. As deputacións
deben ser, fundamentalmente, asistentes organizativas e transmisoras de recursos
financeiros cara aos concellos. E débeno facer, conforme á legalidade vixente, con
base en criterios obxectivos e que aseguren corrixir desequilibrios territoriais.
As liñas básicas de actuación neste sentido, serían as seguintes:
1. Elaborar un orzamento en que se distribúan os recursos, a través de
subvencións aos concellos, con base en criterios previamente consultados
cos concellos, entre as distintas áreas de actuación (investimentos,
actuacións de promoción económica, políticas sociais, política cultural e
deportiva).
2. Fixar as bases da distribución, entregar os fondos aos concellos e verificar
que dedican eses fondos ás finalidades previstas. Mais a xestión e
administración destes é de cada concello.
3. Suprimir axudas e investimentos directos das deputacións, agás de xeito
transitorio en tanto non se acometeren as transferencias de servizos e
infraestruturas propias.
4. Manter unha estrutura de cooperación e apoio técnico aos concellos, tamén
especializada na captación de fondos e axudas non ordinarios (europeos,
I+D…).
5. Transferencia aos concellos de vías urbanas urbanizadas e das que teñen
carácter municipal.
2.3. Criterios de equidade e xustiza social
As deputacións corrixirán as desviacións prexudiciais para a equidade no acceso
aos servizos básicos de competencia municipal. Por todos isto, adoptaranse as
seguintes medidas:
- Garantirase a equidade absoluta coa desaparición de todo tipo de
arbitrariedade, discriminacións e favoritismos.
- Planificaranse medidas encamiñadas a garantir a igualdade de servizos
básicos para toda a poboación na escala axeitada a cada situación.
- Prestarase atención prioritaria ás competencias propias: prestación de
servizos de competencia municipal e á rede viaria provincial.
- Centraranse en actuacións de competencia municipal.
- Colaborase cos sectores estratéxicos do territorio, mais sempre entendida
como medidas complementares e sen interferir na prestación dos servizos
básicos.
- Poranse en marcha medidas de mellora e posta en valor da nosa cultura e
do patrimonio material e inmaterial.
- Comprometeranse coa normalización lingüística como criterio transversal e
con planificación comarcal. Garantirase o uso do galego por parte dos
membros da Corporación cando realizaren actividades en función do seu
cargo.
- Apoiarán as políticas de igualdade e conciliación e esixirase o estudo do
impacto de xénero en todas as accións que realizaren.
- Terán como obxectivo a defensa do territorio e o combate contra o
despoboamento, na perspectiva de protexer o ambiente e garantir un futuro
digno para as futuras xeracións.
3. DEMOCRACIA E PARTICIPACIÓN
3.1. No relativo á Corporación é obrigado:
- Reforzar a Xunta de Portavoces.
- Modificar regulamentos orgánicos para acadar unha maior democratización.
- Garantir a maior participación dos grupos políticos nas decisións.
- Incrementar a capacidade de decisión do Pleno.
3.2. En relación co Goberno:
- Acordar a distribución efectiva das responsabilidades executivas baseada
nunha distribución consensuada entre as forzas políticas que conformen o
goberno. Esta distribución implicará a delegación plena das competencias
que suporá a sinatura delegada en áreas concretas, con autorización de
gasto até as contías fixadas na Lei de Contratos do sector público para gastos
menores.
- Garantir un goberno non presidencialista, tamén eliminando as partidas de
uso discrecional por parte de quen exercer a presidencia.
- Tomar decisións colexiadas por consenso sobre todos os eixos de traballo
respectando a posterior autonomía de xestión.
- Realizar xuntanzas previas dos grupos políticos do goberno para estudar os
proxectos e puntos que se desenvolverán nas xuntas de goberno pactando a
conformación da Orde do día que será formulada pola Presidencia. Se
existiren discrepancias nalgún asunto, este non se incluirá na Orde do día e
ficará adiado até resolver negociadamente as controversias. Fóra deste
procedemento só poderán incluírse na Orde do día asuntos que non fosen
previamente analizados polos grupos políticos do goberno en casos de
xustificada e extraordinaria urxencia e necesidade acreditando que o atraso
provocaría prexuízos para a deputación ou para as persoas interesadas.
- Fiscalizar o traballo realizado.
3.3. Respecto das actuacións directas das deputacións:
- Realizar unha profunda reorganización e simplificación, eliminando duplicidades
cos concellos e coa Xunta de Galiza.
- Enfocar estas cara a competencias propias das deputacións ou municipais, e
coa máxima descentralización da xestión nos concellos. Só cando os
concellos careceren de capacidade organizativa ou cando for realidade a
maior eficacia de prestar o servizo a deputación, faraas a entidade provincial
ou a mancomunidade respectiva.
- Garantir o funcionamento transparente das empresas públicas.
- Realizar plans xenéricos para os concellos de menos de 50.000 habitantes. As
actuacións en cidades de máis de 50.000 habitantes dedicaranse
fundamentalmente a actuacións mediante convenios en instalacións
deportivas, actuacións sobre patrimonio, estradas e urbanizacións, grandes
dotacións e/ou actuacións ambientais ou aqueloutras onde estiver
acreditado un interese supramunicipal.
- Suprimir todos os planos das deputacións que axuden ou subvencionen
directamente a asociacións ou entidades para fins de competencia municipal.
- Limitar a un máximo dun 5% do orzamento inicial o dedicado a subvencións
nominativas ou excepcionais, xustificadas polo interese xeral.
- Ter criterios obxectivos de distribución de plans provinciais. Simplificación e
redución dos planos provinciais.
- Potenciar novas áreas, sempre baixo o criterio de apoiar a prestación de
servizos dos concellos desde unha perspectiva supramunicipal:
- Mobilidade e seguranza viaria con directrices e colaboración cos concellos
para a redacción de plans municipais (comarcais ou provincial) de Mobilidade
Sustentábel e Segura.
- Accesibilidade universal.
- Residuos: plantas comarcais de elaboración de compost en función da
dispoñibilidade de terreos e de concellos dispostos a se adheriren.
- Montes. Potenciar o seu uso ambiental e social, colaborando para a
creación de parques forestais de uso público, en colaboración con concellos e
comunidades de montes veciñais.
- Enerxía. Potenciar o planeamento orientado á eficiencia enerxética e ao
fomento das enerxías renovábeis.
– Dereitos animais. Eliminación de subsidios dedicados á organización de
touradas e aposta por servizos comarcalizados de atención aos animais.
3.4. Criterios que rexen a política de contratación e transparencia:
1. Desenvolver unha política de contratación de persoal con criterios de
obxectividade, mérito e capacidade.
2. Reducir, logo de estudar cada caso polo miúdo, as partidas destinadas a
persoal eventual.
3. Eliminar o recurso ás asistencias técnicas para a contratación como persoal
propio.
4. Elaborar listaxes para a provisión temporal de postos de traballo con
criterios obxectivos consensuados coas organizacións sindicais con
representación na corporación.
5. Eliminar as direccións de área.
6. Reducir as partidas destinadas a relacións públicas, prensa e publicidade.
Reducir ao mínimo imprescindíbel a contratación baixo a modalidade de
patrocinio publicitario ou comercial a través das deputacións ou organismos
e entes dependentes.
7. Facer efectivo o principio de transparencia nas contratacións
estabelecendo como criterio xeral a realización de convocatorias públicas e
abertas tamén nos procedementos negociados sen publicidade.
8. Garantir a presenza das organizacións sindicais nas mesas de contratación.
9. Modernizar as webs institucionais, onde figurarán todos os datos relativos
á contratación, axudas, retribucións de altos cargos, ademais de información
puntual (con periodicidade mensual) da situación económica das
deputacións. Con este fin, crearase un portal de transparencia. Dar de alta as
web co dominio .gal.
4. COMISIÓN DE SEGUIMENTO
Constitúese unha Comisión paritaria entre o PSdeG-PSOE e o BNG conformada
por 8 persoas para avaliar o cumprimento do presente Acordo e estabelecer as
medidas correctoras precisas para o seu desenvolvemento.
Esta Comisión reunirase, como mínimo, dúas veces ao ano e cando o solicitar unha
das partes.
Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2015
Pilar Cancela Rodríguez
Secretaria de Organización do
PsdG-PSOE
Bieito Lobeira Domínguez
Secretario de Organización do BNG

More Related Content

Similar to Proposta de actuación nas deputacións provinciais. Acordo BNG-PSdeG-PSOE

CxG Vigo - Programa Municipais 2015
CxG Vigo - Programa Municipais 2015CxG Vigo - Programa Municipais 2015
CxG Vigo - Programa Municipais 2015Mortadelo007
 
Programa Ferrol en Común
Programa Ferrol en ComúnPrograma Ferrol en Común
Programa Ferrol en ComúnJorge Suárez
 
Voceiro BNG O Porriño outubro 2019
Voceiro BNG O Porriño outubro 2019Voceiro BNG O Porriño outubro 2019
Voceiro BNG O Porriño outubro 2019BNGdoPorrinho
 
Decalogotransparenci aslide
Decalogotransparenci aslideDecalogotransparenci aslide
Decalogotransparenci aslideNico Casares
 
Programa BNG Burela 2019
Programa BNG Burela 2019Programa BNG Burela 2019
Programa BNG Burela 2019burelao
 
24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf
24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf
24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdfTecer Galicia Tecer Podemos
 
Decalogotransparenci aslide
Decalogotransparenci aslideDecalogotransparenci aslide
Decalogotransparenci aslideNico Casares
 
Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso!
Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso!Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso!
Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso!Ansotegi GZ
 
Propostas de resolución presentadas no Debate sobre o estado da Nación Galega...
Propostas de resolución presentadas no Debate sobre o estado da Nación Galega...Propostas de resolución presentadas no Debate sobre o estado da Nación Galega...
Propostas de resolución presentadas no Debate sobre o estado da Nación Galega...BNG - Bloque Nacionalista Galego
 
Manifesto pola Cooperacion do Partido Popular
Manifesto pola Cooperacion do Partido PopularManifesto pola Cooperacion do Partido Popular
Manifesto pola Cooperacion do Partido PopularCarlos Negreira
 
Novas da xustiza nº1035.
Novas da xustiza nº1035. Novas da xustiza nº1035.
Novas da xustiza nº1035. CCOOXustiza
 
Bases subvencióndeputación
Bases subvencióndeputaciónBases subvencióndeputación
Bases subvencióndeputaciónkikovsli
 
Compromiso Ético dos candidatos de esquerda unida narón
Compromiso Ético dos candidatos de esquerda unida narónCompromiso Ético dos candidatos de esquerda unida narón
Compromiso Ético dos candidatos de esquerda unida narónferrolano
 
Bases guion de_xenero
Bases guion de_xeneroBases guion de_xenero
Bases guion de_xenerosatelite1
 
Pleno, Cambre, 13 Julio De 2007
Pleno, Cambre, 13 Julio De 2007Pleno, Cambre, 13 Julio De 2007
Pleno, Cambre, 13 Julio De 2007guestcde99d
 
Pleno, Cambre, 13 Julio De 2007
Pleno, Cambre, 13 Julio De 2007Pleno, Cambre, 13 Julio De 2007
Pleno, Cambre, 13 Julio De 2007el emboscado
 

Similar to Proposta de actuación nas deputacións provinciais. Acordo BNG-PSdeG-PSOE (20)

CxG Vigo - Programa Municipais 2015
CxG Vigo - Programa Municipais 2015CxG Vigo - Programa Municipais 2015
CxG Vigo - Programa Municipais 2015
 
Programa Ferrol en Común
Programa Ferrol en ComúnPrograma Ferrol en Común
Programa Ferrol en Común
 
Voceiro BNG O Porriño outubro 2019
Voceiro BNG O Porriño outubro 2019Voceiro BNG O Porriño outubro 2019
Voceiro BNG O Porriño outubro 2019
 
Decalogotransparenci aslide
Decalogotransparenci aslideDecalogotransparenci aslide
Decalogotransparenci aslide
 
Programa BNG Burela 2019
Programa BNG Burela 2019Programa BNG Burela 2019
Programa BNG Burela 2019
 
24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf
24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf
24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf
 
Decalogotransparenci aslide
Decalogotransparenci aslideDecalogotransparenci aslide
Decalogotransparenci aslide
 
Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso!
Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso!Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso!
Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso!
 
PERO ..... QUE É ISO DO POS?
PERO ..... QUE É ISO DO POS?PERO ..... QUE É ISO DO POS?
PERO ..... QUE É ISO DO POS?
 
Propostas de resolución presentadas no Debate sobre o estado da Nación Galega...
Propostas de resolución presentadas no Debate sobre o estado da Nación Galega...Propostas de resolución presentadas no Debate sobre o estado da Nación Galega...
Propostas de resolución presentadas no Debate sobre o estado da Nación Galega...
 
Manifesto pola Cooperacion do Partido Popular
Manifesto pola Cooperacion do Partido PopularManifesto pola Cooperacion do Partido Popular
Manifesto pola Cooperacion do Partido Popular
 
Novas da xustiza nº1035.
Novas da xustiza nº1035. Novas da xustiza nº1035.
Novas da xustiza nº1035.
 
Bases subvencióndeputación
Bases subvencióndeputaciónBases subvencióndeputación
Bases subvencióndeputación
 
Compromiso Ético dos candidatos de esquerda unida narón
Compromiso Ético dos candidatos de esquerda unida narónCompromiso Ético dos candidatos de esquerda unida narón
Compromiso Ético dos candidatos de esquerda unida narón
 
Bases guion de_xenero
Bases guion de_xeneroBases guion de_xenero
Bases guion de_xenero
 
Proxecto de lei de acción voluntaria
Proxecto de lei de acción voluntariaProxecto de lei de acción voluntaria
Proxecto de lei de acción voluntaria
 
Manifiesto
ManifiestoManifiesto
Manifiesto
 
Pleno, Cambre, 13 Julio De 2007
Pleno, Cambre, 13 Julio De 2007Pleno, Cambre, 13 Julio De 2007
Pleno, Cambre, 13 Julio De 2007
 
Pleno, Cambre, 13 Julio De 2007
Pleno, Cambre, 13 Julio De 2007Pleno, Cambre, 13 Julio De 2007
Pleno, Cambre, 13 Julio De 2007
 
¿ CÓMO VES A SANIDADE PÚBLICA?
¿ CÓMO VES A SANIDADE PÚBLICA?¿ CÓMO VES A SANIDADE PÚBLICA?
¿ CÓMO VES A SANIDADE PÚBLICA?
 

More from BNG - Bloque Nacionalista Galego

Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machista
Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machistaDecálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machista
Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machistaBNG - Bloque Nacionalista Galego
 
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.BNG - Bloque Nacionalista Galego
 
O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafa
O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafaO espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafa
O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafaBNG - Bloque Nacionalista Galego
 
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencialDesconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencialBNG - Bloque Nacionalista Galego
 
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...BNG - Bloque Nacionalista Galego
 
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirus
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirusPropostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirus
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirusBNG - Bloque Nacionalista Galego
 

More from BNG - Bloque Nacionalista Galego (20)

Queremos vida. Queremos futuro. Altri non.
Queremos vida. Queremos futuro. Altri non.Queremos vida. Queremos futuro. Altri non.
Queremos vida. Queremos futuro. Altri non.
 
Mellor local. Mellor Galego. Campaña comercio local 2023
Mellor local. Mellor Galego. Campaña comercio local 2023Mellor local. Mellor Galego. Campaña comercio local 2023
Mellor local. Mellor Galego. Campaña comercio local 2023
 
Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machista
Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machistaDecálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machista
Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machista
 
Programa electoral das Xerais de 2023
Programa electoral das Xerais de 2023Programa electoral das Xerais de 2023
Programa electoral das Xerais de 2023
 
Decálogo de compromisos do BNG para facer valer Galiza
Decálogo de compromisos do BNG para facer valer GalizaDecálogo de compromisos do BNG para facer valer Galiza
Decálogo de compromisos do BNG para facer valer Galiza
 
Folleto Día da Patria Galega
Folleto Día da Patria GalegaFolleto Día da Patria Galega
Folleto Día da Patria Galega
 
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.
 
Queremos tren
Queremos trenQueremos tren
Queremos tren
 
90 anos do Partido Galeguista
90 anos do Partido Galeguista90 anos do Partido Galeguista
90 anos do Partido Galeguista
 
O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafa
O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafaO espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafa
O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafa
 
Defendamos a sanidade pública
Defendamos a sanidade públicaDefendamos a sanidade pública
Defendamos a sanidade pública
 
8M. Sostemos o presente. Cambiemos o futuro.
8M. Sostemos o presente. Cambiemos o futuro.8M. Sostemos o presente. Cambiemos o futuro.
8M. Sostemos o presente. Cambiemos o futuro.
 
Propostas BNG "Xerar Futuro. Galiza Next."
Propostas BNG "Xerar Futuro. Galiza Next."Propostas BNG "Xerar Futuro. Galiza Next."
Propostas BNG "Xerar Futuro. Galiza Next."
 
Proxecto para a recuperación produtiva das rías galegas
Proxecto para a recuperación produtiva das rías galegasProxecto para a recuperación produtiva das rías galegas
Proxecto para a recuperación produtiva das rías galegas
 
100 anos de Nós
100 anos de Nós100 anos de Nós
100 anos de Nós
 
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencialDesconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial
 
100 anos do Día da Patria Galega
100 anos do Día da Patria Galega100 anos do Día da Patria Galega
100 anos do Día da Patria Galega
 
Programa electoral das Galegas 2020
Programa electoral das Galegas 2020Programa electoral das Galegas 2020
Programa electoral das Galegas 2020
 
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...
 
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirus
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirusPropostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirus
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirus
 

Proposta de actuación nas deputacións provinciais. Acordo BNG-PSdeG-PSOE

  • 1. PROPOSTA PARA A ACTUACIÓN NAS DEPUTACIÓNS PROVINCIAIS POLA SUPERACIÓN DO MODELO As organizacións políticas abaixo asinantes consideramos as deputacións como un modelo de organización territorial e institucional non adaptado á realidade social e territorial de Galiza, que provoca dispersión competencial, non aproveitamento eficaz e ineficiencia na xestión dos recursos e a descoordinación institucional. Apostamos así por unha transformación radical do funcionamento destas institucións, afondando na súa democratización e co obxectivo fundamental de servizo ao pobo galego no seu conxunto. Xulgamos como principio irrenunciábel garantir o funcionamento obxectivo e transparente das deputacións, así como eliminar todo tipo de arbitrariedade e/ou discriminación no desenvolvemento da súa actividade. Partimos, pois, as dúas forzas políticas asinantes, de posicións que abranguen desde a supresión das deputacións que defende o nacionalismo galego, por constituír un modelo de organización territorial alleo á realidade galega, até un modelo de reforma destas para convertelas en institucións máis modernas, racionais, transparentes e democráticas, que no ámbito competencial non dupliquen ou tripliquen as competencias das diferentes institucións, que postula o socialismo galego. En todo caso, partillamos a urxente necesidade de planificar e desenvolver una reorganización, simplificación e adelgazamento competencial, que nos leve a un modelo de xestión en que as deputacións se centren nas competencias propias evitando as referidas duplicidades coa Xunta e cos concellos. A reflexión compartida de que se fai, como se fai e en que se gastan os recursos que posúen as deputacións, lévanos a subscribir o presente Acordo que ten como
  • 2. obxectivo principal garantir a igualdade na prestación dos servizos básicos, independentemente do concello de Galiza en que se resida, con criterios de transparencia que permitan corrixir desequilibrios territoriais e sociais. Consideramos prioritario reforzar as actuacións de carácter supramunicipal, que aposten pola prestación cooperativa de servizos locais apoiando estruturas de carácter comarcal. Trátase, en definitiva, dun primeiro paso firme para adaptar as deputacións provinciais a cada realidade territorial, con base nunha racionalización administrativa e do gasto público centrada na redución de estruturas burocráticas. Deste xeito, será posíbel destinar maiores recursos ao mantemento de servizos básicos para a cidadanía, afondar na súa democratización e en fórmulas de transparencia e participación que posibiliten a intervención dos concellos en cantos asuntos afectaren directamente aos seus intereses. 1. SOBRE COMPETENCIAS E O SEU EXERCICIO Partindo da premisa inicial do complexo encaixe das deputacións provinciais no actual marco institucional e competencial, tamén é certo que son institucións que teñen atribuída a xestión dunha importante cantidade de recursos públicos e, mentres non se reformularen ou desapareceren, deben contribuír a garantir xunto cos concellos e a Xunta que todos os veciños e todas as veciñas teñan acceso aos mesmos servizos, con independencia da poboación que teña o concello en que vivan. Esta debe ser a función prioritaria das institucións provinciais nestes tempos: destinar os seus recursos económicos ao financiamento dos servizos básicos locais. Resulta imprescindíbel pois, rematar coa arbitrariedade no uso dos recursos e na acción política, así como introducir modificacións profundas nas actuacións que desenvolvan as deputacións para adaptarse, no seu funcionamento, á realidade territorial, institucional, política e social do ámbito en que desenvolven as súas competencias. O noso obxectivo primordial é corrixir os desequilibrios territoriais e sociais entre os concellos e respectar a autonomía local de todos eles, con independencia da cor política dos seus gobernos municipais. Acordamos, neste contexto actual, acometer ao longo deste mandato nas deputacións, unha decidida política de delimitación das súas función, axuntándoas ao seu estrito marco competencial: a cooperación xurídica e técnica cos concellos e impulsar a maior
  • 3. transferencia de recursos económicos posíbeis cara aos concellos pequenos e medianos. 2. MEDIDAS XERAIS 2.1. Transferencia de competencias e comarcalización Nos primeiros tres meses de goberno, as deputacións emprazarán a Xunta de Galiza a iniciar un proceso de negociación respecto das seguintes cuestións: - Transferencia á Xunta de todos os equipamentos e servizos impropios ou que deben ter unha articulación a nivel galego que aínda posúen ou prestan as deputacións, entre outros: centros docentes, centros de menores, bibliotecas, museos, teatros, infraestruturas deportivas, laboratorios e centros de experimentación agraria, servizos de emerxencias, parques comarcais de bombeiros etc. - Transferencia á Xunta da rede viaria principal interurbana. - Os orzamentos que aproben as deputacións provinciais uniranse aos Xerais da Xunta, ofrecendo a vontade de coordinación da súa actividade ao goberno galego en todo canto afectar ao interese xeral do pobo galego. Neste sentido, trátase de consensuar e coordinar plans e/ou programas de actuación en materias con competencias concorrentes coa Xunta, para deseñar liñas de actuación comúns que se recollan nas partidas orzamentarias tanto da Xunta como das deputacións. - Avanzar na coordinación dos servizos de recadación tributaria con vistas á integración nunha Axencia Tributaria Galega. Por outra banda, as deputacións deseñarán e impulsarán estruturas comarcais e potenciarán as entidades asociativas dos concellos para a prestación cooperativa dos servizos sociais. 2.2. Os concellos como centro decisorio das políticas As deputacións mudarán o xeito de se relacionaren cos concellos. As deputacións deben ser, fundamentalmente, asistentes organizativas e transmisoras de recursos financeiros cara aos concellos. E débeno facer, conforme á legalidade vixente, con base en criterios obxectivos e que aseguren corrixir desequilibrios territoriais.
  • 4. As liñas básicas de actuación neste sentido, serían as seguintes: 1. Elaborar un orzamento en que se distribúan os recursos, a través de subvencións aos concellos, con base en criterios previamente consultados cos concellos, entre as distintas áreas de actuación (investimentos, actuacións de promoción económica, políticas sociais, política cultural e deportiva). 2. Fixar as bases da distribución, entregar os fondos aos concellos e verificar que dedican eses fondos ás finalidades previstas. Mais a xestión e administración destes é de cada concello. 3. Suprimir axudas e investimentos directos das deputacións, agás de xeito transitorio en tanto non se acometeren as transferencias de servizos e infraestruturas propias. 4. Manter unha estrutura de cooperación e apoio técnico aos concellos, tamén especializada na captación de fondos e axudas non ordinarios (europeos, I+D…). 5. Transferencia aos concellos de vías urbanas urbanizadas e das que teñen carácter municipal. 2.3. Criterios de equidade e xustiza social As deputacións corrixirán as desviacións prexudiciais para a equidade no acceso aos servizos básicos de competencia municipal. Por todos isto, adoptaranse as seguintes medidas: - Garantirase a equidade absoluta coa desaparición de todo tipo de arbitrariedade, discriminacións e favoritismos. - Planificaranse medidas encamiñadas a garantir a igualdade de servizos básicos para toda a poboación na escala axeitada a cada situación. - Prestarase atención prioritaria ás competencias propias: prestación de servizos de competencia municipal e á rede viaria provincial. - Centraranse en actuacións de competencia municipal. - Colaborase cos sectores estratéxicos do territorio, mais sempre entendida como medidas complementares e sen interferir na prestación dos servizos básicos.
  • 5. - Poranse en marcha medidas de mellora e posta en valor da nosa cultura e do patrimonio material e inmaterial. - Comprometeranse coa normalización lingüística como criterio transversal e con planificación comarcal. Garantirase o uso do galego por parte dos membros da Corporación cando realizaren actividades en función do seu cargo. - Apoiarán as políticas de igualdade e conciliación e esixirase o estudo do impacto de xénero en todas as accións que realizaren. - Terán como obxectivo a defensa do territorio e o combate contra o despoboamento, na perspectiva de protexer o ambiente e garantir un futuro digno para as futuras xeracións. 3. DEMOCRACIA E PARTICIPACIÓN 3.1. No relativo á Corporación é obrigado: - Reforzar a Xunta de Portavoces. - Modificar regulamentos orgánicos para acadar unha maior democratización. - Garantir a maior participación dos grupos políticos nas decisións. - Incrementar a capacidade de decisión do Pleno. 3.2. En relación co Goberno: - Acordar a distribución efectiva das responsabilidades executivas baseada nunha distribución consensuada entre as forzas políticas que conformen o goberno. Esta distribución implicará a delegación plena das competencias que suporá a sinatura delegada en áreas concretas, con autorización de gasto até as contías fixadas na Lei de Contratos do sector público para gastos menores. - Garantir un goberno non presidencialista, tamén eliminando as partidas de uso discrecional por parte de quen exercer a presidencia. - Tomar decisións colexiadas por consenso sobre todos os eixos de traballo respectando a posterior autonomía de xestión.
  • 6. - Realizar xuntanzas previas dos grupos políticos do goberno para estudar os proxectos e puntos que se desenvolverán nas xuntas de goberno pactando a conformación da Orde do día que será formulada pola Presidencia. Se existiren discrepancias nalgún asunto, este non se incluirá na Orde do día e ficará adiado até resolver negociadamente as controversias. Fóra deste procedemento só poderán incluírse na Orde do día asuntos que non fosen previamente analizados polos grupos políticos do goberno en casos de xustificada e extraordinaria urxencia e necesidade acreditando que o atraso provocaría prexuízos para a deputación ou para as persoas interesadas. - Fiscalizar o traballo realizado. 3.3. Respecto das actuacións directas das deputacións: - Realizar unha profunda reorganización e simplificación, eliminando duplicidades cos concellos e coa Xunta de Galiza. - Enfocar estas cara a competencias propias das deputacións ou municipais, e coa máxima descentralización da xestión nos concellos. Só cando os concellos careceren de capacidade organizativa ou cando for realidade a maior eficacia de prestar o servizo a deputación, faraas a entidade provincial ou a mancomunidade respectiva. - Garantir o funcionamento transparente das empresas públicas. - Realizar plans xenéricos para os concellos de menos de 50.000 habitantes. As actuacións en cidades de máis de 50.000 habitantes dedicaranse fundamentalmente a actuacións mediante convenios en instalacións deportivas, actuacións sobre patrimonio, estradas e urbanizacións, grandes dotacións e/ou actuacións ambientais ou aqueloutras onde estiver acreditado un interese supramunicipal. - Suprimir todos os planos das deputacións que axuden ou subvencionen directamente a asociacións ou entidades para fins de competencia municipal. - Limitar a un máximo dun 5% do orzamento inicial o dedicado a subvencións nominativas ou excepcionais, xustificadas polo interese xeral. - Ter criterios obxectivos de distribución de plans provinciais. Simplificación e redución dos planos provinciais.
  • 7. - Potenciar novas áreas, sempre baixo o criterio de apoiar a prestación de servizos dos concellos desde unha perspectiva supramunicipal: - Mobilidade e seguranza viaria con directrices e colaboración cos concellos para a redacción de plans municipais (comarcais ou provincial) de Mobilidade Sustentábel e Segura. - Accesibilidade universal. - Residuos: plantas comarcais de elaboración de compost en función da dispoñibilidade de terreos e de concellos dispostos a se adheriren. - Montes. Potenciar o seu uso ambiental e social, colaborando para a creación de parques forestais de uso público, en colaboración con concellos e comunidades de montes veciñais. - Enerxía. Potenciar o planeamento orientado á eficiencia enerxética e ao fomento das enerxías renovábeis. – Dereitos animais. Eliminación de subsidios dedicados á organización de touradas e aposta por servizos comarcalizados de atención aos animais. 3.4. Criterios que rexen a política de contratación e transparencia: 1. Desenvolver unha política de contratación de persoal con criterios de obxectividade, mérito e capacidade. 2. Reducir, logo de estudar cada caso polo miúdo, as partidas destinadas a persoal eventual. 3. Eliminar o recurso ás asistencias técnicas para a contratación como persoal propio. 4. Elaborar listaxes para a provisión temporal de postos de traballo con criterios obxectivos consensuados coas organizacións sindicais con representación na corporación. 5. Eliminar as direccións de área. 6. Reducir as partidas destinadas a relacións públicas, prensa e publicidade. Reducir ao mínimo imprescindíbel a contratación baixo a modalidade de patrocinio publicitario ou comercial a través das deputacións ou organismos e entes dependentes.
  • 8. 7. Facer efectivo o principio de transparencia nas contratacións estabelecendo como criterio xeral a realización de convocatorias públicas e abertas tamén nos procedementos negociados sen publicidade. 8. Garantir a presenza das organizacións sindicais nas mesas de contratación. 9. Modernizar as webs institucionais, onde figurarán todos os datos relativos á contratación, axudas, retribucións de altos cargos, ademais de información puntual (con periodicidade mensual) da situación económica das deputacións. Con este fin, crearase un portal de transparencia. Dar de alta as web co dominio .gal. 4. COMISIÓN DE SEGUIMENTO Constitúese unha Comisión paritaria entre o PSdeG-PSOE e o BNG conformada por 8 persoas para avaliar o cumprimento do presente Acordo e estabelecer as medidas correctoras precisas para o seu desenvolvemento. Esta Comisión reunirase, como mínimo, dúas veces ao ano e cando o solicitar unha das partes. Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2015 Pilar Cancela Rodríguez Secretaria de Organización do PsdG-PSOE Bieito Lobeira Domínguez Secretario de Organización do BNG