Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

ACTA NÚM. 8 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA

76 views

Published on

LUGAR: casa do Concello da Baña
DATA:27 de setembro de 2017
HORA DE COMEZO: 14:00 h en primeira convocatoria
HORA DE REMATE: 15:35 h.

Published in: News & Politics
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

ACTA NÚM. 8 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA

  1. 1. 1 ACTA NÚM. 8 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA LUGAR: casa do Concello da Baña DATA:27 de setembro de 2017 HORA DE COMEZO: 14:00 h en primeira convocatoria HORA DE REMATE: 15:35 h. ASISTENTES: Alcalde: José Andrés García Cardeso Concelleiros: José Manuel Landeira Liñares Alicia Blanco Sande Sandra López Fernández Roberto Rial Calvo José Antonio Pereira Gil Jesús Manuel Pena Varela Margarita Suárez Otero Ana Paramos Cebey César Ramos Domínguez Non asisteManuel Tourís Fernández Secretario da Corporación: Celestino Amigo Liñares ORDE DO DÍA I. PARTE RESOLUTIVA 1. Aprobación, se procede, das actas das sesións anteriores 2. Dar conta das Resolucións do Alcalde. 3. Arranxo e reforma do muíño da Calexa. 4. Información do Alcalde e acordo que proceda sobre a cesión do Centro de Saúde ao SERGAS 5. Festivos Locais 2018 II. PARTE DE CONTROL 6. Mocións 7. Rogos e preguntas
  2. 2. 2 1. Aprobación, se procede, das actas das sesións anteriores O Sr. Pereira desexa matiza que na sesión do día 24 de maio solicitaba o informe. Acéptase, xa que non afecta ao fondo dos asuntos. Non se producen outras observacións, polo que se consideran aprobadas, por unanimidade, as actas das sesións anteriores que corresponden as seguintes: acta da sesión extraordinaria con data do 24 de maio de 2017 e acta da sesión ordinaria con data do 31 de maio de 2017. 2. Dar conta das Resolucións do Alcalde. O Pleno queda informado das resolucións ditadas pola Alcaldía dende a última sesión ordinaria realizada, de conformidade co preceptuado no artigo 42 do RD 2568/86, do 28 de novembro, aprobatorio do regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais. 3. Arranxo e reforma do muíño da Calexa. O alcalde informa que finalmente disponse da conformidade da totalidade dos propietarios para acometer as obras de arranxo do Muiño da Calexa, ou Muíño de Arriba, que se recollen na Memoria valorada de actuacións, redactada polo Técnico municipal. O Sr. Pereira amosa a súa satisfacción por estas melloras, que levan reivindicando hai moito tempo, e resalta a labor da compañeira Dª Ana Paramos na recollida das sinaturas dos propietarios e desexa que se siga nesta liña de cara ao futuro para ir mellorando moitos outros muíños no concello. O Sr. Ramos tamén manifesta o seu acordo, e agarda que sirva como reclamo turístico e que se intente igualmente arranxar outros muíños existentes, xa que poden obterse vantaxes, tanto turísticas como educativas. Comenta o alcalde que se trata do único muíño que funciona e recorda a imposibilidade de arranxalo hai anos, cando foi o Plan de arquitectura popular da Deputación da Coruña, por falta de acordo dos veciños. A Memoria redactouse para facer ben as cousas. Pregunta o Sr. Ramos por que non está no inventario de Patrimonio do concello. O alcalde manifesta que é un asunto de distinta natureza, e que está recollido no Plan Xeral. Unha cousa é a arquitectura civil recollida no Plan e outra a catalogada por Patrimonio.
  3. 3. 3 A Corporación acorda por unanimidade aprobar a memoria valorada de actuacións urxentes no Muíño da Calexa, en Fiopáns e facultar ao alcalde para que realice cantas xestións resulten necesarias para acometer as obras proxectadas. 4. Información do Alcalde e acordo que proceda sobre a cesión do Centro de Saúde ao SERGAS Informa o alcalde que hai anos iniciáronse as xestión e tramitouse o procedemento para cesión do Centro de Saúde ao Sergas, e xurdiron complicacións de tipo formal, polo que renovaremos a petición para que se proceda á cesión, segundo o convenio asinado. A Corporación acorda por unanimidade reiterar o acordo e encomendar ao alcalde as xestión precisas para a sú execución. 5. Festivos Locais 2018 Dáse conta da comunicación do 9 de setembro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se comunica o calendario laboral para o ano 2018 e se solicita a proposta do Pleno para establecer os dous días locais que corresponden a este concello. O alcalde propón que se establezan o día 22 de xaneiro (San Vicenzo) e o 2 de abril (Luns de Pascua), xa que este ano coincida o 8 de setembro festivo. O Sr. Ramos comenta que fixo unha consulta on line, e conforme aos resultados da mesma, propón o día 22 de xaneiro (San Vicenzo) e o venres, 18 de maio, seguinte ao día das letras galegas. O Sr. Pereira coincida no día 22 de xaneiro, San Vicenzo e, despois de efectuar varios sondeos nas parroquias, propón como segunda data o martes de carnaval. Consecuentemente, existe consenso dos distintos grupos para establecer o día 22 de xaneiro, San vicenzo. Sometidas a votación das distintas propostas referidas ao segundo día festivo, prodúcese o seguinte resultado: Proposta de CxG, 18 de maio: 1 voto a favor e 9 votos en contra Proposta do grupo socialista, 13 de febreiro, martes carnaval: 4 votos a favor e 6 votos en contra. Proposta do grupo do Partido Popular, 2 de abril, luns de Pascua: 5 votos a favor e 5 votos en contra.
  4. 4. 4 Procede aplicar a determinación legal do voto de calidade do Presidente para dirimir os empates, polo que resulta aprobada a proposta do grupo do Partido Popular por maioría simple. Consecuentemente, o presidente declara aprobar o seguinte acordo: O Pleno, por maioría, acordou propoñer como festivos locais para o ano 2018 os seguintes: - O día 22 de xaneiro, San Vicenzo. - O día 2 de abril, Luns de Pascua. 6. MOCIÓNS César Ramos Domínguez, concelleiro da actual Corporación Municipal e representante local de Compromiso por Galicia no Concello da Baña ao abeiro da lexislación vixente, presenta a seguinte moción pata ser tratada pola Corporación municipal: Moción de adhesión á campaña “Concellos en negro contra a violencia de xénero” A violencia machista é a expresión máis extrema das desigualdades sociais que viven as mulleres. Un tipo de violencia que sofren as mulleres polo feito mesmo de selo, unha desigualdade silenciada, agochada e en moitos casos normalizada. Segundo os datos da última macroenquisa de violencia contra as mulleres realizada no 2015 polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, un 13% das mulleres residentes en España de máis de 16 anos declaran ter sufrido violencia física ou sexual nalgún momento da súa vida por parte da parella ou exparella. Dende 2003 ata maio do 2017, a Delegación do Goberno rexistrou 53 asasinatos machistas en Galicia, e 780 en España. Co obxectivo de promover e facer ver o rexeitamento da cidadanía ante calquera tipo de violencia contra as mulleres, no 2015, o Concello de Santiago puxo en marcha a campaña de sensibilización Compostela, en Negro,na que se implicaron arredor de 300 establecementos comerciaise axentes sociais do municipio, que se converteron en embaixadores da mesma. A acción consistiu en tinguir de negro a cidade a través dos escaparates, os manequíns, a roupa de traballo; vestir loito en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia machista e como resposta á máis dura das súas consecuencias: a morte. Partindo desta boa práctica, e coa finalidade de multiplicar e estender a incidencia social desta campaña, no 2016, dezaseis concellos máis se uniron para desenvolver conxuntamente a campaña de sensibilización en negro, contra as violencias. Este ano son
  5. 5. 5 máis dunha trintena os concellos que queren situar na axencia política, con contundencia e para sempre, a loita contra as violencias machistas. Por todo o anterior Compromiso por Galicia A Baña propón ao Pleno do Concello da Baña a adopción do seguinte acordo: 1. Que o Concello da Baña se adhira á campaña “Concellos en negro contra a violencia de xénero” e fomente a participación e colaboración entre todos os colectivos e empresas do municipio. Engade o concelleiro que este ano adheríronse moitos concellos, incluso algúns limítrofes, tales como Santa Comba e Val do Dubra. Incluso a Deputación tense involucrado mediante axudas de 150 euros para os concellos pequenos. No ano 2015 CxG xa presentou unha moción sobre este tema e pensa que esta é unha boa proposta para cumprila. O Sr. Pereira non ten nada que engadir. O alcalde di entender que CxG teña que buscar o seu espazo, pero esta iniciativa está copiada da que se diseñou hai uns anos no concello de Santiago. No plano institucional, todos os grupos da Baña, desde a FEGAMP, asinamos un convenio para ir todos xuntos e loitar contra esta lacra. A adhesión á campaña proposta na moción non chega ao 15 por 100 dos concellos de Galicia. En canto á Deputación Provincial, non levou ao Pleno esa adhesión. O obxecto fundamental é loitar contra esta lacra, seguindo unhas pautas na mesma dirección, pero non con iniciativas puntuais. Podemos facer as campañas en negro, en amarelo ou na cor que sexa pero hai que manter certos valores democráticos. Entre os concellos adheridos hai algún do PP e do PSOE, pero a maioría están na órbita dos populismos. O concelleiro Sr. Ramos manifesta que no noso entorno temos tres cores políticos distintos. A moción anterior recolle entre as propostas unha campaña de concienciación que non se fixo, agás dúas actividades. A concelleira Dª Alicia Blanco afirma que as actividades fanse permanentemente. O Sr. Ramos considera que estas iniciativas e actuacións específicas son boas para a concienciación. O alcalde considera que cando se presenta unha moción debe coñecerse a orixe e considera que é simplemente populismo. Neste tema ninguén lle pode dar leccións xa que sempre estivo a carón das afectadas. Reitera os argumentos relativos aos convenios coa FEGAMP etc. A xuízo do Sr. Ramos, o que verdadeiramente interesa é a repercusión social, que neste caso está demostrada.
  6. 6. 6 A Sra. Blanco cita programas locais como Maimiños, Furabolos e diversos programas de voluntariado. Coida que non é imprescindible que esté nos medios e que o importante é o día a día. O Sr. Ramos insiste en que son importantes as campañas con repercusión nos medios e con información. O alcalde conclúe que o concello da Baña sempre estivo e estará comprometido coa causa e conta con medios como os servizos sociais e o centro de información á Muller de Negreira. Reiteran os argumentos anteriormente expostos. Sometido o asunto a votación, resulta o seguinte: Votos a favor: cinco (5), grupo socialista e grupo mixto (CxG). Votos en contra: cinco (5), grupo do partido popular Abstencións: cero (0) Consecuentemente, a moción resulta rexeitada por maioría simple, considerando o voto cualificado do presidente para dirimir o empate. Rogos e preguntas O alcalde procede a dar resposta as preguntas formuladas polo Grupo Municipal Socialista no anterior Pleno ordinario que corresponde ao ordinario con data do 1 de agosto de 2017: 1.Temos constancia de varias denuncias de augas de Galicia na parroquia de Troitosende por vertidos de augas residuais . Isto vai supoñer a sanción a varios veciños coa correspondente multa e a realización de custosas obras para solucionar o problema. Esta situación repítese en todas as parroquias do noso concello, xa que carecen todas elas dunha rede de saneamento, o que, segundo a Lei reguladora das bases do réxime local, é competencia e obrigación do concello. En 22 anos de goberno as actuacións neste senso foron escasas polo que solicitamos se tomen as medidas oportunas para solucionar este grave problema. A pregunta está mal formulada, pois non hai varias denuncias de Augas de Galicia na parroquia de Troitosende. A empresa PCV (control de verteduras) realiza inspeccións rutineiras en todos os núcleos do concello. En concreto, o pasado 14.06.2017 estiveron en Vilacova, Troitosende. Pero estiveron na parte de abaixo xunto ao lavadoiro e non encontraron ningún tipo de vertedura; sempre os acompaña un operario do Concello. Ademais, hai que recordar o dereito e a obrigación de non verter augas residuais ás vías públicas.
  7. 7. 7 2. Queremos solicitar a colocación de dúas alfombras na biblioteca. Unha na zona que utilizan para xogos e a outra na entrada onde realizan conta-contos, co fin de que os nenos non estean sentados no chan. O pasado 13.07.2017 solicitóuselle á Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Cultura) actuacións e melloras na biblioteca da casa de cultura por un importe de 37.007,87€. 3. Levamos mais dun ano pedindo Pleno tras Pleno que se nos informe sobre a solución que se lle vai dar á problemática que aconteceu tras a obra do Outeiro. Queremos unha resposta concreta . Xa comentei varias veces que este tema o leva directamente o técnico municipal. Estivo varias veces e propúxolles varias solucións aos propietarios e incluso recentemente estiveron outra vez porque agora solicitaron o peche por diante da vivenda. 4. A maior parte dos veciños recibiron nas súas casas unha notificación do Concello coa que se recordan as medidas de prevención e defensa contra os incendios forestais. Ata aí todo correcto. No caso de incumprimento da xestión da biomasa vexetal, correspóndelle ao Concello a realización e execución forzosa da limpeza, de acordo co establecido no artigo 22 da presente lei, sen prexuízo da instrución do correspondente expediente sancionador. Agora ben, queremos saber que ten pensado facer o Concello xa que varios veciños notificaron a situación de risco das súas vivendas pola falta de limpeza dos terreos lindeiros e ata o día de hoxe no se fixo nada. Desde o Concello comunícanselle á veciñanza as circulares correspondentes para concienciar e recordar a obrigatoriedade de limpar así como de xestionar a biomasa vexetal. No núcleo rural é competencia do Concello obrigar a cumprir a lei; no caso contrario, tomaranse as medidas que correspondan; fóra do núcleo rural tamén intervén a Xunta e os axentes forestais. O Sr, Pereira pensa que a contestación é escasa e pregunta qué pensa facer o concello. O alcalde manifesta que as présas son malas conselleiras, séguese o procedemento legal e notifícase ao interesado e se non atende os requirimentos terase que executar. Pero temos que concienciar a todos e que se deixen de caprichos. Os servizos técnicos informan e dáselles traslado, pero tamén hai moitas actitudes caprichosas que ignoran o ordenado ata que chega a sanción. Seguirase o procedemento ata as últimas consecuencias. O Sr Pereira interesa coñecer o estado do caso concreto que se citaba. Responde o alcalde que acudiu ao lugar el persoalmente. Pregunta o Sr. Pereira polo prazo previsto.
  8. 8. 8 O alcalde manifesta que o prazo legalmente establecido e iniste na imprescindible colaboración veciñosl. O Sr. Pereira insiste en que se actúe. 5. Hai ano e medio solicitamos a reparación do tellado do muíño de Fiopans. Vostede comprometeuse a reparalo e incluso a encintalo sempre e cando accederan todos os propietarios á realización das obras. Hai un ano presentáronse as firmas de todos os propietarios pero ata o día de hoxe todo segue igual. Cando se van facer as obras de restauración? Creo que este tema está falado e arranxado: actuacións urxentes no muíño da Calexa (Fiopáns). 6. No pleno do día 2 de febreiro solicitámoslle un plan ao Concello para facer fronte a continua perda de poboación; dous meses despois o que se nos contesta é nada, é o mesmo. Que hai que facer un estudo, que ten que haber unha coordinación entre o Concello, a Xunta e a Deputación. Señor alcalde dende fai 20 anos estamos a perder poboación, nos últimos 10 somos 1000 veciños menos e vostedes seguen sen facer nada. Vostede siga esperando, e cando pechen o colexio, o centro médico e desaparezan os poucos servizos privados como Abanca, o Pastor, despois si que non vai haber plan que valla Pedímoslle que tomen medidas urxentes e que o fagan xa. Este é un tema urxente e prioritario pero debido a isto, é necesario que todos os concellos afectados vaiamos nunha mesma dirección: e aí é onde estamos traballando a Fegamp, a Xunta e a Deputación para así tomar as medidas axeitadas e non que cada un saque ideas da chistera. É moi importante a cooperación entre todas as institucións. Pregunta o Sr. Pereiras qué inicativas concretas ten pensadas o concello. O alcalde manifesta que se trata dunha situación xeral na que están volcadas todas as institucións e faise preciso establecer pautas abordando o problema desde a raíz. O Sr. Pereira suxire que sexamos pioneiros, porque non se pode seguir máis tempo nesta situación e non podemos caer en iso do “mal de moitos consolo de parvos” O alcalde insiste na coordinación institucional e o Sr. Pereira en que se busquen solucións. 7.-A Baña é un dos concellos menos industrializados da provincia, circunstancia que incide de forma directa na alta taxa de paro que padecemos. Este feito non é unha casualidade xa que somos uns dos poucos concellos que carecen de solo industrial, dun polígono onde poidan establecerse as empresas,
  9. 9. 9 o que obriga, en moitos casos, a veciños do noso Concello a levar as súas PIMES aos concellos limítrofes, como son Santa Comba ou Negreira. Nestes 2 anos de lexislatura da Corporación, non escoitamos unha soa palabra de como está a situación dese polígono fantasma que temos na Baña, xa que o letreiro está, pero nin hai autorización, nin hai polígono. É por isto que lle pedimos que se nos informe de como está nestes momentos a tramitación para que os terreos pasen a ser solo industrial . O Concello, desde anos atrás, está traballando no tema do polígono industrial na zona da Eiroa empezando polo procedemento de avaliación ambiental estratéxica do Plan de sectorización SRAU-2. Fixéronse varias xestións para adiantar pero nos anos de atrás debido á crise económica, a Xunta reconsiderou este tema e quere darlles continuidade aos polígonos industriais pero con “sentidiño” e non facer polígonos para o abandono. Desde o Concello queremos centrarnos para tratar de axilizar un tema referencial. O Sr. Pereira di que polo menos eses concellos teñen solo e prega que agora que está nun bo momento (goberna Feijóo) que tire para diante. 8. Queremos felicitar o Concello por organizar a camiñada para dar a coñecer o tramo da antiga ruta do Camiño de Santiago cara a Muxía o paso polo noso Concello. Certo é que o día escollido non se prestaba para todo o mundo, ao ser un venres, día laborable, polo que no afán de seguir con ese labor de promoción e tras varias peticións dos veciños, deixando pasar o mes de agosto por mor das vacacións de moitos deles, comentar que imos organizar unha camiñada o día 3 de setembro. Un domingo para eses veciños que o pasado dia non puideron asistir por motivos laborais. Agradecemos as felicitacións por dar impulso á antiga ruta do Camiño de Santiago a Muxía ao seu paso polo noso concello. Seguiremos incentivando este tipo de iniciativas para revalorizar a nosa localidade. 9. Varios veciños preguntáronos se se podía facer uso das barbacoas nas áreas recreativas durante estes meses de verán. Polo que sabemos non se pode agás que o concello teña solicitado o uso destas e que estean debidamente sinalizada a autorización por parte do concello. Gustaríanos que se nos aclarase esta situación. Durante o pasado verán fixéronse uso das barbacoas nas áreas recreativas. Só se avisa ao respecto cando desde o Servizo de Emerxencias nos comunican a perigosidade do efecto meteorolóxico (elevadas temperaturas, vento, etc.); as que están prohibidas son as queimas incontroladas sen autorización.
  10. 10. 10 10.-Un clásico do rogos e preguntas. Seguimos sen recibir as actas das Comisións de Goberno, o que impide facer o noso labor de control sobre os acordos que nelas se toman. Esiximos que se nos faciliten as ditas actas, tal e como establece a lexislación de réxime local. Este tema creo que está resolto por parte de Secretaría. O alcalde procede a dar lectura as preguntas formuladas por Compromiso por Galicia no último Pleno ordinario que corresponde ao ordinario con data do 1 de agosto de 2017 1. Primeiro queremos facer unha alusión á Reitoral de S. Mamede: non entendemos a finalidade da publicación no Facebook oficial do Concello nin a nota de prensa enviada aos medios, xa que había un compromiso por parte da alcaldía de adoptar unha decisión co consenso da Corporación. Que finalidade ten enviar esa información, tres días antes da celebración do pleno ordinario? Gustaríanos que o alcalde, xa que a palabra dimisión non figura no dicionario de determinados partidos, que asuma as súas responsabilidades e que o proxecto da Reitoral de S. Mamede foi un auténtico desastre na xestión. Sobre este tema da Reitoral de San Mamede, remítome á información do Pleno de maio. Estamos pendentes de recibir os correspondentes informes para levalos a Pleno con total transparencia. O que sae na prensa non o atribúas á realidade pois ás veces din cousas que non saen de min. Respecto á publicación de Facebook é unha reprodución e copiaron o que saíu na prensa (en concreto en O Correo Gallego). O Concello leva insistindo na urxencia deses informes e, en consecuencia, estivo facendo xestións na Xunta (C. de Sanidade, C. Política Social) tanto co secretario da Consellería como coa directora de Familia os días 21.09 e 25.09 para que dunha vez axilicen todo este tema. E repito, despois de recibir todos os informes, trataranse no Pleno da Corporación. 2. Xa que o alcalde di non ter responsabilidade nas publicacións do Facebook oficial do Concello da Baña queremos saber qué persoa é a encargada de xestionar esa rede social. As publicacións do Facebook son realizadas e xestionadas polo persoal do Concello dependente de cada departamento. O Sr Ramos entende que coller unha noticia que o alcalde di que é falsa e publicala no facebook do concello non é serio. O alcalde aclara que non dixo que fora falsa, se non que era unha reprodución do medio de comunicación.
  11. 11. 11 3. Volvemos solicitar que as preguntas do anterior pleno, a ser posible se nos entreguen con maior antelación para poder preparar o pleno con máis tempo. Enviar as preguntas e contestacións do anterior Pleno con antelación é unha cortesía do alcalde. 4. Con respecto ás preguntas do anterior pleno ordinario queremos que nos aclaredes a pregunta nº 4 sobre a numeración das vivendas na que respondedes: A empresa que fixo o traballo de San Vicenzo e San Mamede tamén estiveron facendo o traballo de campo das outras parroquias. Pero nunha reunión que mantivemos, solicitamos que nos propuxeran ou presentaran os traballos das parroquias que sexan máis fáciles para adiantar o traballo. Que se vai facer e cando? Propuxémoslle á empresa que realiza os traballos que nos adiantase o borrador das parroquias menos complexas para ir alixeirando traballo e non esperar por todas elas. Queremos que nos entreguen para finais de setembro aquelas que teñan o traballo de campo feito. Se para finais non o entregaron, tomaremos as medidas oportunas. 5. Queremos saber qué problema hai co alumeado público de S. Vicente que moitas non funciona e a vila queda completamente a escuras. O 1 de xullo que se celebrou a XVI edición da Festa Rachada non había ningún punto en toda a vila. Solicitamos a petición dos veciños e veciñas que se solucione este problema canto antes. O problema da iluminación pública de San Vicenzo é que había unha parte dos cables rozados e desfeitos segundo se puido observar. De aí que se cambiasen os cables desde a casa do concello (onde está o cadro) ata pasar o Bar Muíño. Sobre todo non había luz cando había algo de choiva. Está arranxado segundo os electricistas. 6. Con respecto á sentenza do xulgado do Social nº 3 que obriga ao Concello a pagar a antigüidade aos traballadores municipais queremos saber cando se lles vai pagar, cal é a cantidade que lles debe e de qué forma se van xustificar esas cantidade. Solicitamos que se nos informe sobre como está este tema e que se actúe con celeridade. Sobre este tema, como se dixo, respéctase a sentenza do Xulgado do Social, contemplouse e recolleuse dentro dos orzamento e rematarase coa máxima celeridade posible unha vez acabada a publicación do orzamento e a súa aprobación definitiva. 7. O cruce no Quinteiro na parroquia de Suevos volve a ter mala visibilidade, xa o ano pasado se nos comentou que se ía solucionar o problema e a día de hoxe volve estar así. Solicitamos que se solucione este problema canto antes para evitar posibles accidentes.
  12. 12. 12 Falei co propietario para que cortase a árbore e acondicionar a curva para unha maior visibilidade. Díxome o pai que pasaría o fillo pola casa do concello; falei con el e comprometeuse a arranxar o tema. 8. Queremos saber como está o tema da homenaxe a Pousa Antelo, tanto de nomealo “fillo predilecto”como o cambio de denominación ao CPI de S.Vicente, unha vez que a comunidade educativa votou por unanimidade o cambio de denominación do mesmo. Pedimos novamente que o grupo de goberno actúe con celeridade e non poña impedimentos para que se cumpra o acordado no consello escolar. O tema estaba pendente do escrito así como da acta firmada por todos os membros do Consello Escolar tal como nos requiren na Xunta (en concreto, na Xefatura Territorial da Coruña). Engade que o concelleiro afirmou que non ían remitir os papeis asinados, pero non llo pide o Alcalde, pídello a Xefatura Territorial. Afirma que el non vai mais lento que o colexio. Reprocha o Sr. Ramos que o alcalde quedou de pasar polo colexio e non o fixo. O alcalde afirma que sí pasou. 9. Hai mocións que presentamos ao longo da lexislatura e foron aprobadas en sesión plenaria que aínda non foron cumpridos os seus acordos. Lembramos que os puntos das mocións aprobadas en pleno deben ser cumpridos, así pois, é de obrigado cumprimento a instalación de colectores de aceite en cada parroquia e facer unha campaña informativa sobre a reciclaxe (aprobado en xullo do 2016), medición dos niveis de gas radón nos espazos públicos do Concello e unha campaña informativa sobre este gas, así como adquirir desfibriladores (DESA) e que se celebren os pertinentes cursos de formación prometidos polo grupo de goberno (puntos aprobados no pleno de xaneiro deste mesmo ano). Se o grupo de goberno non ten vontade de poñer en práctica as iniciativas propostas polo noso grupo político é mellor que se voten e contra, unha vez que están aprobadas son de obrigado cumprimento. Sobre o contido desta pregunta, estanse a poñer en práctica todos estes puntos: contedores de aceite (Convenio coa Fundación Amigos de Galicia), medición de niveis de gas radon por un técnico especialista e adquisición de desfibriladores (concedidos dous pola Deputación) pero teñen que vir dar a formación adecuada para a súa utilización. 10. Solicitamos que o Concello faga as xestións oportunas para que pinten a estrada que vai de Lañas a Cabanas xa que en varios tramos as liñas son totalmente imperceptibles.
  13. 13. 13 O Concello xa lle entregou o proxecto da estrada desde Vilar da Torre ata Paramos para arranxo, pintado, sinalización vertical á Deputación, así como a visita que veu a comprobar polo deputado correspondente e os técnicos. 11. O colector de papel que esta situado ao lado da lavandería municipal está en moi mal estado, solicitamos que se arranxe ou se cambie (adxuntamos fotos). Estamos á espera de que a empresa cambie estes contedores por outros novos xa que, debido ao paso do tempo, están deteriorados. 12. As árbores que están na rúa Xacinto Rodríguez dificultan o paso polas beirarrúas, pedimos que se corten as polas debidamente para facilitar que a xente circule polas mesmas. Así mesmo, no peno de novembro do ano pasado solicitamos que se limparan as beirarrúas xa que están cheas de herbas que dan mala estética ás mesmas, volvemos pedir que se limpen axeitadamente. Sobre a limpeza, estiveron antes das festas de setembro realizando labores de limpeza e tamén lle comentamos o tema das árbores para cortar e podar as pólas. 13. A biblioteca municipal perdeu varias subvencións por non ter os libros rexistrados no proxecto MEIGA, xa hai máis dun ano que solicitamos que a Concellaría de Cultura se ocupara disto. Queremos saber se os libros xa están rexistrados en MEIGA e de non ser así volvemos pedir que se faga con urxencia para non perder de novo unha importante subvención para a mellora da nosa biblioteca. O pasado mes de xullo solicitámoslle á Consellería de Cultura e Educación unha axuda para actuacións e melloras na biblioteca e casa da cultura cun orzamento de 37.007,87€. 14. A Xunta de Galicia anunciou que este ano o Concello da Baña non contará con ningún obradoiro de emprego de carácter xeral nin de garantía xuvenil. Cal é o motivo? O Concello da Baña participaba no Obradoiro de emprego con Negreira (promotor) e Santa Comba e Val do Dubra. Debido a que finalmente non enviou a documentación requirida no prazo establecido en ambos os obradoiros, segundo indicaba a orde , é polo que se denegou; este foi o Concello de Val do Dubra. 15. En setembro de 2016 a alcaldía respondendo a una pregunta formulada por CxG no pleno comentounos que ían tentar actualizar a páxina web do Concello “canto antes”, o certo é que a día de hoxe continúa desactualizada, con seccións en construcción, o listado de asociacións sen actualizar (continúa nalgunha a figurar como responsable persoas que faleceron hai case 10 anos), as fotos da corporación que primeiro nos solicitaron e despois que nos fixeron seguen sen publicarse, etc… lembramos que a actualización da web é importante para ter á
  14. 14. 14 veciñanza informada e queremos saber se se vai actualizar algún día ou xa queda así definitivamente. Estase acabando de facer un traballo aínda non rematado como actualización real de contidos, incorporacións novas, construción de novas seccións, apartados de incidencias, etc. Creo que é unha ferramenta moi importante para a veciñanza. Debido ás obras que se están a acometer estes días, estase retrasando un pouco a causa de problemas tecnolóxicos. 16. Gustaríanos saber se o Concello fixo algo ou ten pensado realizar algún proxecto para mellorar a conexión a internet nas diferentes parroquias do Concello, xa que o servizo é moi deficiente en comparación con concellos limítrofes. O Concello fixo xestións sobre a mellora da conexión a Internet non só na capital do concello senón nas diferentes parroquias que a compoñen coa Secretaría da Axencia da Información Tecnolóxica. Está a empresa GST realizando os traballos. 17. Segundo comentan no Centro Médico da Baña non hai servizo de pediatría por vacacións ata o 17 deste mes. En varias sesións plenarias anteriormente xa se falou deste tema e pedimos que o Concello solicite á Consellería de Sanidade que se envíe un pediatra substituto para que non se interrompa este servizo no verán. O tema do servizo de pediatría é un asunto prioritario pero cando hai vacacións desde o Sergas (Inspección Médica), encárganse de cubrir os postos pero ás veces derivan nos médicos de cabeceira. Comenteino co persoal do centro de saúde e saben disto pero non hai pediatras e mandan ás veces puericultores. 18 Respondendo ao escrito de CxG sobre se as Xuntas de Goberno Local deben ser públicas, legalmente non. Non obstante, sobre o escrito presentado, soliciteille ao secretario un informe detallado ao respecto a maior abastanza. Pregunta formuladas polo PSOE para o próximo pleno 1.- O pasado luns foi a reunión dos responsables da actividade extraescolar de música cos pais dos alumnos. Un ano mais xorde a polémica, xa que hai a posibilidade que outras actividades coincidían no mesmo horario que esta, o que impide coordinar para os pais a asistencia as mesmas. -Solicitamos se tomen as medidas correctoras para que isto non impida poder asistir a diversas actividades. E que se tome nota para que non se repita todos os anos o mesmo problema. -Por outra banda no local das actividades estase a colocar un ascensor, e consideramos que as medidas de seguridade que se están a tomar pola obra, non son suficientes, xa que en
  15. 15. 15 breve empezan os nenos as actividades, nenos de 3 anos e da maneira en que está é un verdadeiro perigo. 2.-Tras a reforma da área recreativa de Fiopáns déronos parte algúns veciños que a fixación das papeleiras non é axeitada o que vai facer que en pouco tempo acaben tiradas no chan, polo que pedimos se fixen novamente. E suxerimos que o mobiliario urbano que había antes se recicle e se instale noutros lugares da parroquia. 3.- Na parroquia de Fiopáns no lugar de Troitomil estase a limpar as presas. Queremos saber si hai un plan para a limpeza de todas as presas do Concello ou si polo contrario é unha actuación illada. 4.- No lugar de Buchaín hai instalado un contador de luz nun poste de alumeado público. Gustaríanos saber si hai autorización para dita instalación, e como e a quen se lle vai pagar o gasto xa que o alumeado e público. Anticipa o alcalde que hai unha comunidade de usuarios con boletín e están autorizados. Comenta o Sr. Pereira que se tiveran as actas da Xunta xa estarían informados. 5.- Na parroquia de Barcala no lugar de Emes hai un pozo de auga público para uso común ( uso de cisternas para regadío, apagado de lumes etc. ). Solicitamos unha actuación de limpeza, cambio da reixa xa que está seriamente danada e a colocación dunha comporta para facilitar o baleirado para a súa limpeza, xa que no estado en que está non se pode facer uso del, asímesmo deberíanse revisar todos os pozos na primavera, e mantelos cheos no verán. -Tamén no lugar de Emes a fonte pública perde auga, facendo unha esterqueira constante na rúa, polo que solicitamos se faga a actuación pertinente. - Na mesma parroquia, o camiño que vai de Emes a Fampousa por xunto o invernadoiro, ten un tramo duns 20 metros onde o camiño non ten cunetas. Solicitamos se faga unha actuación urxente para que coa chegada das choivas, a auga non barra ese tramo de camiño. 6.- Dende fai varios anos temos solicitado o arranxo de varios camiños (pista de acceso as cuadras de Cándido en Cabanas, caniño dende Vesía a Campo Pequeno etc.) que segundo vostede estaban incluídos no Plan Marco. Gustaríanos saber como está o tema a dia de hoxe. Anticipa o alcalde que estase a esperar a resolución de AGADER. Hai pouco asinouse a preceptiva Acta de non inicio. 7.- Temos entendido que distintos negocios instalados no noso Concello tras varios anos xa funcionando, aínda non recibiron a pertinente licenza definitiva.
  16. 16. 16 Gustaríanos saber, de ser certo, cal é o motivo de dita tardanza.A actividade no noso Concello neste senso é practicamente nula, polo que non debe de ser unha saturación para o concello. Entendemos que a tramitación de licenzas para actividades debería ser prioritario para o Concello e estamos a ver que parece todo o contrario. 8.- Na parroquia de Corneira gustaríanos saber si as obras no campo da festa están rematadas, xa que de ser afirmativo os veciños non están contentos pois a entrada queda en mal estado e incluso a dous niveis. Solicitamos unha vez mais a colocación dun espello na saída da estrada vella e que se amañe o furado na rúa, no lugar do Vilariño. Cousas que levamos pedidas dende fai medio ano. 9.- No mes de agosto presentamos por rexistro dúas solicitudes. A limpeza das marquesiñas cara o comezo do curso escolar e a colocación dun espello para facilitar a incorporación a estrada xeral, sobre todo do transporte escolar. Temos que dicir que unha vez mais nada de nada. Isto delata falta de interese por parte de vostede, xa que o gasto sería mínimo. Engade o concelleiro que lle consta que é da Xunta, pero que o alcalde, que ten man, podería facer algo. Responde o alcalde que iso de “ter man” é moi relativo e que xusto agora a Xunta está a revisar todos os espellos, carteis, publicidade, etc. O espello ten que instalalo o titular da estrada. O Sr. Pereira propón que se instale e agardar a ver se o retiran. 10.- Temos entendido polos veciños que a empresa concesionaria da auga para o Concello, está a facer medicións co fin de ofrecer o servizo na parroquia de Barcala, en Emes. Queremos que se nos aclare cal é a situación. Anticipa o alcalde que cando hai unha petición, solicítase o correspondente estudio para a extensión da rede, en caso de ser necesario, a toda a zona. 11.- En Fiopáns cando se fixo a actuación de cementación no núcleo, cortouse un lavadoiro público que excedía da medida. A obra rematouse fai tempo pero o lavadoiro quedou sen rematar. Ten ferros ó aire, sendo un perigo para a veciñanza, polo que pedimos se remate o antes posible. 12.- No lugar de Cabanas, na rúa o par da taberna, hai una mancha constante de auga, que supoñemos sexa unha fuga dalgunha traída, solicitamos se amañe o antes posible. Anticipa o alcalde que probablemente se trate de algunha fuga na traída.
  17. 17. 17 Pregunta formuladas por CXG para o próximo Pleno. 1) O pasado 25 de agosto entreguei una instancia no rexistro do Concello para solicitar que se as Xuntas de Goberno se convocaran coa antelación pertinente e que gozaran de carácter público para que a cidadanía poida asistir, consecuente coa sentenza do Tribunal Constitucional Sentencia 161/2013, de 26 de setembro de 2013. Recibimos a resposta onte, xunto coas demais preguntas e estamos á espera, xa que logo, do devandito informe. Con respecto a iso solicitamos que se publiquen polo menos a orde do día das xuntas e o di/hora das mesmas na páxina web e no taboleiro do concello. 2) Queremos saber que problema houbo co servizo de autobuses na festa dos maiores xa que recibimos a queixa de moitos asistentes á mesma por non haber un servizo de transporte igual ao de anos anteriores. 3) Solicitamos que o Concello faga unha campaña informativa para explicar á veciñanza como se poden utilizar os “buses escolares compartidos”, as rutas e horarios. 4) Relacionado co transporte queremos saber que servizo realiza a furgoneta do Concello, ademais de transportar aos alumnos e alumnas da “Fundación de Discapacitados Psíquicos de Barcala” e transportar o “xantar sobre rodas”. Realiza algún servizo de transporte de viaxeiros?. 5) Queremos solicitar que se recollan as papeleiras de S. Vicente con máis frecuencia, xa que moitas veces pasan días con elas totalmente cheas e que poñan máis papeleiras na praza do Cruceiro de S. Vicente. 6) As marquesiñas , colectores e portais do municipio volven estar cubertas de carteis de festas o que dá unha moi mala imaxe xeral, solicitamos que se recollan de novo e que o grupo e goberno valore crear unha ordenanza municipal que regule esta pegada masiva de carteis informativos e carteis electorais. 7) No pasado pleno de 31 de maio solicitamos que se limpara a estrada que vai de Señor a S. Cibrán xa que pode causar un accidente, e a día de hoxe segue exactamente igual. Solicitamos de novo que sexa limpada co celeridade, o mesmo ocorre coa estrada preto do local social de Fiopáns (volvemos adxuntar fotos actuais). 8) En S. Vicente moitas veces as alcantarillas dan mal olor coa consecuente queixa dos veciños e veciñas, pedimos que se revise se existe algún problema ou avaría e que solucione este problema. 9) Volvemos pedir de novo que se cambien os espellos das estradas que se encontran en mal estado. Son moi necesarios para mellorar a visibilidade dos condutores e para reducir o risco de accidentes de tráfico. 10) Os carteis dos lugares e sinais de tráfico do noso Concello, que en abril se nos dixo que se ía facer unha limpeza “exahustiva”, están moitos deles en moi mal estado: sucios,
  18. 18. 18 degradados ou mal colocados. Moitos sinais de limitación de velocidade son case imperceptibles, hai algún sinal de perigo por zona escolar en escolas que pecharon hai máis de 15 anos . Solicitamos de novo que se organice un plan para limpalos, colocalos ben e substituír os que están en mal estado. 11) Pedimos que cando haxa algunha comunicación oficial do Concello pase previamente polo servizo de normalización lingüística, non se poden publicar anuncios oficiais do Concello con faltas de ortografía, do mesmo xeito a cartelería debe estar en galego normativo xa que para iso cobramos 12.000 euros anuais da Deputación da Coruña. 12) Queremos saber se a concellería de cultura este ano se vai a organizar a excursión que habitualmente se celebra no mes de outubro. A veciñanza non está informada sobre este tema. 13) Gustaríanos queixarnos por petición de veciños e veciñas de Marcelle dos desbroces realizados na parroquia (Quinteiro), xa que cortaron as herbas e non as recolleron polo que dou lugar a que durante as festas todo o lugar estivera cheo de restos de desbroces dando mala imaxe á parroquia. 14) Solicitamos que se limpe a estrada que vai de Alde cara Vilacoba (Troitosende) xa que hai restos da corta de árbores e co mal tempo pode dar lugar a que aumente o risco de accidentes de tráfico, o mesmo ocorre coa estrada que vai de Menlle cara Lañas que está cuberta de follas. (Adxuntamos fotos para ubicar o lugar concreto). 15) O pasado 20 de setembro saeu publicada na Voz de Galicia unha nova co titular “O Concello de Negreira estuda como xestionar a nova depuradora” na que di que “a conexión á rede negreiresa da parroquia de S. Mamede incluirá unha cámara para medir o caudal residual, cuxo tratamento deberá abonar este municipio” queremos saber que coste terá este tratamento e que vivendas da parroquia se verán beneficiadas. 16) Gustaríanos solicitar que cando se convoque algún acto á cidadanía da Baña, como cando foi a convocatoria de homenaxe ás vítimas do atentado de Barcelona que tamén se convoque aos membros da Corporación Municipal, do mesmo xeito cando algún conselleiro ou calquera autoridade visite o noso municipio pedimos que tamén se nos convoque. A corporación municipal debe participar nos actos institucionais do Concello, sempre cando sexa un acto institucional e non dun partido político concreto. Require o alcalde que lle cite un acto concreto. Responde o Sr. Ramos que por exemplo a visita de ovidio Rodeiro. Aclara o alcalde que o Sr. Rodeiro simplemente veu acompañando aos técnicos que debían inspeccionar as obras. Pregunta o Sr. Ramos polo acto na área de Fiopáns.
  19. 19. 19 Explica o alcalde que foi tamén o Sr. Rodeiro o mesmo día. Pregunta o Sr. Ramos polos tres minutos de silenzo polo atentado en Barcelona. Responde o alcalde que el non estaba presente. 17) Queremos coñecer como están os trámites para homenaxear a figura de Antonio Martínez Méndez en maio en resposta a unha pregunta do pleno contestóusenos que “o primeiro aniversario era a comezos de outubro e estamos preparando a xornada de homenaxe”. O alcalde anticipa que xa falou cos familiares, os que deixarán pasar o cabodano e sopesarán o que desexan facer ao respecto. E non habendo máis asuntos que tratar o Presidente levanta a sesión á hora e na data que se expresa no encabezamento, do que eu, como Secretario, dou fe.

×