SlideShare a Scribd company logo
1 of 8
Download to read offline
PROGRAMA
DE GOBERNO
PARA RIBADEO
mandato 2023 - 2027
MAILING ELECTORAL. IMPRESO POSTAL SEN ENDEREZO
Presentámonos de novo ante vostedes, veci-
ñas e veciños de Ribadeo, para render contas
e solicitarlles o seu apoio e confianza para
emprendermos novos proxectos. Nos últimos
catro anos Ribadeo experimentou un cambio
positivo, mais sabemos que aínda queda moito
traballo por facer. Cremos en Ribadeo, nas súas
posibilidades e na súa xente, porque para nós
o máis importante son as persoas, a igualdade
de oportunidades e a mellora da súa calidade
de vida.
Con Fernando Suárez Barcia á cabeza, confor-
mamos un goberno referente en moitos ám-
bitos a nivel comarcal. Fiel á súa maneira de
entender a política, deu, de xeito exemplar, o
relevo na dirección deste equipo.
Agora, con Pablo Vizoso Galdo como candidato á
alcaldía de Ribadeo, presentámonos como un equi-
po serio, fiable, solvente e responsable. Seguimos
crendo firmemente no respecto polos cidadáns,
no traballo conxunto na defensa dos intereses de
Ribadeo e no diálogo permanente coa sociedade.
Á experiencia acumulada ao longo destes anos
sumamos a determinación das novas incorpora-
cións, o noso compromiso no goberno e na xestión
das institucións, e a nosa capacidade de renova-
ción. Configuramos así un novo equipo no que se
combina experiencia, afouteza e capacidade de
traballo. Tras estes anos tan difíciles e que tanto
nos puxeron a proba, procede agora dispoñernos
a desenvolver novos proxectos que marquen o co-
mezo do Ribadeo da próxima década.
Velaquí o noso programa de goberno que poñemos
á súa disposición.
O noso concello goza de boa saúde financeira e presenta unhas con-
tas saneadas e solventes que nos permiten impulsar novos proxectos,
noutros momentos impensables.
SERVIZOS
SOCIAIS E SAÚDE
Benestar Social
Despois de moito traballo, e tras superar moitos
atrancos, imos proceder á reforma integral do Hospi-
tal Asilo, dotando así Ribadeo de 90 prazas de xestión
pública para persoas maiores.
Continuaremos co programa de envellecemento ac-
tivo e formativo. A través del lograremos unha maior
socialización e actividade comunitaria beneficiosa
para a saúde.
Potenciaremos a actividade e participación das per-
soas usuarias do Centro de Atención a Maiores e do
programa “As parroquias en marcha” nas diferentes
actividades culturais, lúdicas e deportivas que orga-
nice o Concello.
Seguiremos mantendo e mellorando os servizos de
proximidade: axuda no fogar, xantar na casa, teleasis-
tencia, préstamo de material ortoprotésico.... Quere-
mos que quen desexe permanecer no seu fogar poida
seguir nel, dispoñendo da atención axeitada.
As familias en situación de vulnerabilidade contarán
co noso apoio, incrementando recursos no sistema de
axuda: reparto de alimentos, plans de apoio á acción
educativa, etc.
Coordinaremos esforzos coas institucións educativas
para levar adiante o programa de prevención de drogo-
dependencias e outras condutas aditivas.
Para que se poida prestar unha boa atención sanita-
ria, demandaremos da Xunta de Galicia que cubra as
necesidades de persoal do centro de saúde. Nas res-
ponsabilidades que ten a man o Concello de Ribadeo,
cumprimos: imos entregar os terreos necesarios para a
construción dun novo centro de saúde. Agora ben: hai
que dotalo do persoal e medios técnicos necesarios.
IGUALDADE
CULTURA
Traballaremos para garantir unha asistencia o máis
integral e coordinada posible nas súas vertentes sa-
nitaria, educativa, policial, xudicial e social aplicando
o II Protocolo Local de Prevención, Detección e Aten-
ción ás Vítimas de Violencia de Xénero.
Reforzaremos a actividade do Centro de Información
á Muller a fin de seguir mellorando os servizos do
Concello en materia de igualdade.
Manteremos a colaboración cos distintos organismos
que abordan a violencia machista (centros educati-
vos, centro de saúde, Garda Civil), ao abeiro do Conse-
llo da Muller e da Mesa Local Interinstitucional con-
tra a Violencia de Xénero.
Elaboraremos e aprobaremos o IV Plan de Igualdade
de Oportunidades entre Mulleres e Homes para con-
tinuar co desenvolvemento de políticas públicas en
materia de igualdade.
Fomentaremos a transversalidade de xénero, imple-
mentando plans en materia de conciliación e corres-
ponsabilidade. Seguiremos subvencionando a estadía
das crianzas nas ludotecas radicadas no Concello de
Ribadeo para facilitar a conciliación da vida laboral e
familiar, con atención especial ás familias con pou-
cos recursos.
Procederemos á rehabilitación do Forte de San Da-
mián para facer del un espazo cultural permanente,
celebrando os 400 anos da súa construción cunha
programación específica no ano 2024.
Rehabilitaremos a vella estación do Tren Mineiro para
darlle un uso cultural.
Continuaremos a desenvolver os programas O Conce-
llo cos coles e Apego.
Seguiremos levando a cabo o programa Cultura nas
parroquias.
A nosa axenda cultural seguirá a ser un referente a
nivel comarcal e un elemento chave na dinamización
social e económica do noso concello. Ademais, a tra-
vés desta actuación defenderemos e poñeremos en
valor os nosos sinais de identidade, nomeadamente a
lingua galega.
Manteremos Ribadeo nos diferentes circuítos cultu-
rais do teatro, da danza, da música e do audiovisual.
Habilitaremos espazos para uso público (locais de en-
saio, lugares de reunión...) e potenciaremos o uso da
Rede de Locais Municipais para desenvolver neles ac-
tividade cultural. Tamén seguiremos apoiando as aso-
ciacións e colectivos culturais.
Implantaremos protocolos de transversalidade e igual-
dade no Concello.
Continuaremos a desenvolver actividades de lecer
que reforcen a autonomía e a sororidade das mulleres
(viaxes, charlas e obradoiros de autocoidado, etc.).
Ribadeo seguirá a ser un referente na aplicación de po-
líticas de igualdade e na abordaxe integral da violencia
machista.
A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo, a
Banda de Música Municipal de Ribadeo e a Coral Po-
lifónica de Ribadeo contarán co noso apoio decidido
para que poidan seguir desenvolvendo a súa activida-
de.
A Biblioteca El Viejo Pancho seguirá a promover a lec-
tura, nomeadamente no mundo infantil.
DEPORTE
Promoveremos a construción dunha gran área de-
portiva polivalente (campo sintético, xogos tradicio-
nais, zona verde e un estacionamento) entre a Ave-
nida de Galiza, rúa Pintor Fierros e zona escolar e
polideportiva.
Continuaremos o programa de recuperación de di-
versas sendas, tanto na costa como nas parroquias
do interior, para fomentar a actividade física e depor-
tiva.
Seguiremos promovendo o deporte base a través das
Escolas Deportivas (de verán e inverno) engadindo
novas modalidades.
Potenciaremos a incorporación de nenas, mozas e
mulleres á práctica deportiva.
A celebración de eventos deportivos que fan de Riba-
deo un referente vai seguir sendo unha aposta deci-
dida do Concello de Ribadeo.
MOCIDADE
Ofertaremos vivendas de alugueiro para a mocidade
reconstruíndo as casas de Cabanela que adquiriu o
Concello.
Daremos un novo pulo ás iniciativas que dean a coñe-
cer a capacidade creativa das nosas mozas e mozos
ben a través de iniciativas propias (Vendaval Fest,
Pancha Festival, Xara Fest, representacións teatrais,
danza, etc.), ben promovendo a súa participación en
eventos fóra do Concello (Youtubeiros, Alingua, etc.).
Aproveitando as novas instalacións (pista multide-
porte) potenciaremos a realización de actividades
deportivas, de tempo libre e ocio alternativo.
Seguiremos mantendo as vías de axuda para aque-
les mozos e mozas que poidan precisar do noso apoio
mediante os bonos-axuda que lles faciliten o acce-
so á formación non regulada, actividade deportiva,
eventos culturais, etc.
Continuaremos desenvolvendo os programas de for-
mación en igualdade entre mozos e mozas, ademais
de actividades que promovan a educación afecti-
vo-sexual e o respecto ao diferente. Seguiremos a
manter unha colaboración continuada cos centros
educativos e o asociacionismo de base.
Apostamos polas nenas/os e adolescentes como
axentes de cambio na vila, facéndoos partícipes da
mesma, a través da creación dun Consello de Partici-
pación Infantil e Xuvenil. Un órgano consultivo que
se reunirá e organizará de forma periódica e que ten
como fin artellar esta participación, dotándoos dun
espazo no que poidan expresar, debater e expor pro-
postas sobre aquelas cuestións que lles afectan para
trasladalas á corporación local e ás distintas conce-
llarías.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
E COMERCIO
TURISMO
Desenvolveremos o Plan Especial das Catedrais se-
guindo criterios sustentables e coa firme intención de
que os seus beneficios repercutan en todo o concello.
Potenciaremos o Portal de Emprego xa creado para
que as persoas desempregadas poidan optar máis fa-
cilmente ás ofertas de traballo na nosa contorna. Fo-
mos o concello da Mariña no que máis baixou o paro
nos últimos anos. Promoveremos os nosos produtos
locais en estreita relación coa actividade hosteleira e
turística, así como a potenciación da instalación de
novas empresas no noso concello.
Promoveremos que o SEPES (MITMA) baixe de novo o
prezo das parcelas do Polígono Industrial de Ribadeo.
Seguiremos colaborando coas empresas e asocia-
cións que aporten talento e innovación para espertar
así o seu interese por instalarse en Ribadeo.
Seguiremos tecendo unha sólida rede colaborativa
entre os diferentes sectores económicos para conso-
lidar Ribadeo como lugar de asentamento dunha ac-
tividade comercial diversa e de calidade (EoAlimenta,
Ribadeo Circular...)
Habilitaremos un local de usos múltiples para que
os distintos colectivos empresariais (e tamén outras
asociacións) poidan desenvolver nel tanto reunións
internas como actos públicos.
Seguiremos traballando por unha actividade turística
desestacionalizada. Xa demostramos que é posible re-
cibir visitantes en todas as épocas do ano grazas á crea-
ción de diferentes programas e paquetes turísticos.
Impulsaremos eventos como o Ribadeo Ilustrado, Ma-
reas Vivas, O Renacer no Cantil e, por suposto, o Ribadeo
Indiano, que nos sitúa como un referente internacional.
Seguiremos coordinando as distintas áreas do Concello
para lograrmos que Ribadeo continúe acollendo even-
tos de todo tipo (deportivos, culturais, profesionais...).
Continuaremos a desenvolver o traballo de promoción
turística xa iniciado con axencias, receptores e opera-
dores turísticos, que tan bos resultados está a dar.
Reforzaremos a rede de rutas creadas nestes anos para
gozar dun entorno saudable e dunha natureza plena.
Seguiremos facendo de Ribadeo un referente comer-
cial. O comercio local e de proximidade vai seguir sen-
do unha aposta firme do Concello de Ribadeo. A Pancha
continuará sendo a nosa moeda local. E continuare-
mos reforzando a colaboración institucional entre o
Concello e Acisa e os distintos axentes económicos.
Despois de ter acometido reformas importantes da
Praza de Abastos, impulsaremos a seguinte fase de
modernización da mesma, para reforzala como merca-
do de proximidade e de calidade.
En colaboración co Xacobeo seguiremos a promover o
Camiño de Santiago e colaboraremos na difusión do Ca-
miño do Mar.
Fomento da actividade económica
MEDIO RURAL
Temos como obxectivo reducir a fenda entre as pa-
rroquias e a vila. Moitos dos puntos deste programa
están destinados a tal fin: aglomerado asfáltico e
mantemento da rede viaria, ampliación da rede de
sumidoiros, Rede de Locais Municipais, apeadeiros
de carga e descarga de madeira, fomento da activi-
dade agrícola e gandeira local, conexión dixital, en-
vellecemento activo, sendas, cultura nas parroquias,
plan de formación rural... Contribuímos deste xeito á
fixación da poboación no rural.
Continuaremos coa mellora da nosa rede viaria de
acceso a núcleos rurais co sistema de aglomerado
asfáltico en coordinación e diálogo permanente coas
asociacións de veciños/as.
Seguiremos ampliando a rede de saneamento de nú-
cleos rurais.
Remataremos a reforma e acondicionamento da Rede
de Locais Municipais.
Habilitaremos apeadeiros de madeira aproveitando
vaganíos e chegando a acordos de alugueiro de faixas
de protección de incendios, debidamente regulados.
Desenvolveremos o programa de mantemento da
nosa rede viaria (desbroce das pistas, limpeza das ga-
bias...).
Seguiremos apostando pola colaboración entre admi-
nistracións públicas, cooperativas agrarias, socieda-
des, etc., para proseguir co desenvolvemento de ac-
tividades informativas e formativas que resulten de
interese para o medio rural.
Continuaremos negociando coa Xunta e a Deputación
o arranxo e mantemento da súa rede viaria.
Propoñeremos ás empresas tecnolóxicas a mellora da
conectividade dixital.
INFRAESTRUTURAS
Ademais das novas infraestruturas xa menciona-
das nas distintas áreas, continuaremos transfor-
mando Ribadeo coa renovación de rúas e espazos
públicos urbanos.
Poñeremos todo o noso empeño en materializar o
acceso norte a Ribadeo (desde a rotonda dos Ga-
los até a vella estación do tren de Vilaoudriz) e na
construción dos accesos desde a estrada da Depu-
tación á circunvalación, e tamén desde a autovía á
rotonda dos Galos.
Infraestruturas e servizos xerais
MEDIO AMBIENTE
SEGURIDADE VIARIA E CIDADÁ
Continuaremos coa licitación do ciclo da auga para
que os usuarios e usuarias vexan mellorados o sub-
ministro, a eficiencia e calidade da auga. E tamén se-
guiremos esixindo da Xunta de Galicia a súa colabo-
ración na renovación da condución principal desde
Vilarbetote (Trabada).
Continuaremos realizando melloras e a ampliación
da rede de saneamento.
Seguiremos coas medidas de control implantadas
con éxito na campaña “Colonias felinas”. Crearemos
un parque canino.
Facilitaremos a correcta implantación da xestión do
colector marrón ou orgánico.
Realizaremos campañas de concienciación cidadá
en torno ao coidado do medioambiente. Ao respec-
to, seguiremos colaborando cos centros educativos
e asociacións de base para facer da nosa vila e pa-
rroquias un lugar máis habitable (uso apropiado dos
contedores, evitar os excrementos de mascotas na
rúa...). E tamén insistiremos na necesaria erradica-
ción de especies foráneas e invasoras que alteran o
equilibrio do noso medio ambiente, coma o “plumeiro
da Pampa”.
Desenvolveremos actuacións conducentes á redu-
ción progresiva do uso de plásticos no ámbito comer-
cial.
Seguindo coa liña de traballo xa iniciada, crearemos
novas prazas de aparcamento permanentes para
promover un Ribadeo no que tod@s nos sintamos
cómodos paseando polas nosas rúas.
Promoveremos a colaboración con outras adminis-
tracións, forzas e corpos de seguridade, participando
na Xunta Local de Seguridade co firme obxectivo de
lograr que a presenza da Policía Local se adecúe á
realidade cada vez máis dinámica que nos toca vivir.
Seguiremos traballando no coidado das praias e sen-
deiros co obxectivo de manter e ampliar os diferentes
galardóns e recoñecementos medioambientais (ban-
deiras azuis, Q de calidade ...).
Ampliaremos a capacidade do cemiterio municipal
coa construcción de novos nichos e columbarios.
Foron varias as consultas electorais nas que vostedes, logo de darnos a súa
confianza, puideron sacar conclusións do grao de seriedade e cumprimen-
to do noso programa. Procuramos expoñer ideas realizables, solventes, que
marquen o futuro de Ribadeo e nos ilusionen a todos e todas nós para, entre
toda a veciñanza, sacarmos adiante este novo proxecto. Temos que lograr que
Ribadeo siga avanzando e transformándose de forma equilibrada, con máis
servizos sociais, públicos e de calidade. Entre todos e todas nós imos facer o
Ribadeo que está por vir. Co seu voto, será posible.
1. PABLO VIZOSO GALDO
5. MARÍA PILAR
OTERO CABARCOS
13. XOSÉ FARRUCO
GRAÑA RAMA
S4. XOAN ANTÓN
MONASTERIO LÓPEZ
S7. MARÍA ÁNGELES
FUENTE VERDEAL
6. MARCOS ANTONIO
VILLAMIL MARTÍNEZ
9. LUCÍA BALEA VÁZQUEZ
S8. ÓSCAR CHAO PENABAD
2. MÓNICA FREIRE RANCAÑO
10. PEDRO
FERNÁNDEZ VILLAMIL
S1. MARÍA NOVO FERNÁNDEZ
S5. OLIVIA REY SOTO
S9. PAZ ERMIDA IGREXAS
3. VICENTE CASTRO REIGOSA
7. MARTÍN GRAÑA PÉREZ
11. PATRICIA DÍAZ LÓPEZ
S2. DAVID RIVAS PEÑA
S6. JOSÉ ROCHA FERNÁNDEZ
S10. FERNANDO SUÁREZ BARCIA
4. JORGE DÍAZ FREIJE
8. RAQUEL
FERREIRA ÁLVAREZ
12. VANESA YANES RIVAS
S3. EVA IGLESIAS LÓPEZ

More Related Content

Similar to programa bng ribadeo 2023.pdf

Xornal PSOE Bergondo
Xornal PSOE Bergondo Xornal PSOE Bergondo
Xornal PSOE Bergondo psdegbergondo
 
Programa de Veciños por Lugo (VL)
Programa de Veciños por Lugo (VL)Programa de Veciños por Lugo (VL)
Programa de Veciños por Lugo (VL)Xohán Rompe
 
Manifesto AMBAR 3 decembro 2010
Manifesto AMBAR 3 decembro 2010Manifesto AMBAR 3 decembro 2010
Manifesto AMBAR 3 decembro 2010Asociación AMBAR
 
Programa Electoral
Programa ElectoralPrograma Electoral
Programa Electoralmariaramallo
 
Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024
Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024
Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024luarodalegre97
 
Voceiro BNG O Porriño outubro 2019
Voceiro BNG O Porriño outubro 2019Voceiro BNG O Porriño outubro 2019
Voceiro BNG O Porriño outubro 2019BNGdoPorrinho
 
Memoria resumo de actividades 2013 (Federación Autismo Galicia)
Memoria resumo de actividades 2013 (Federación Autismo Galicia)Memoria resumo de actividades 2013 (Federación Autismo Galicia)
Memoria resumo de actividades 2013 (Federación Autismo Galicia)AutismoGalicia
 
Crónica visita á cociña económica de ferrol
Crónica visita á cociña económica de ferrolCrónica visita á cociña económica de ferrol
Crónica visita á cociña económica de ferrolsatelite1
 
Boletín BNG O Porriño
Boletín BNG O PorriñoBoletín BNG O Porriño
Boletín BNG O PorriñoBNGdoPorrinho
 
Boletinxuventude 24 11-2014-1
Boletinxuventude 24 11-2014-1Boletinxuventude 24 11-2014-1
Boletinxuventude 24 11-2014-1odesvanmarita
 
Díptico informativo do BNG
Díptico informativo do BNGDíptico informativo do BNG
Díptico informativo do BNGBNGdoPorrinho
 
Iaf132nº1dixital
Iaf132nº1dixitalIaf132nº1dixital
Iaf132nº1dixitalIGADI
 
Crónica vi rastro solidario e operación quilo 2014
Crónica vi rastro solidario e operación quilo 2014Crónica vi rastro solidario e operación quilo 2014
Crónica vi rastro solidario e operación quilo 2014satelite1
 
Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013Iolidesarandon
 

Similar to programa bng ribadeo 2023.pdf (20)

PG.pdf
PG.pdfPG.pdf
PG.pdf
 
Xornal PSOE Bergondo
Xornal PSOE Bergondo Xornal PSOE Bergondo
Xornal PSOE Bergondo
 
Programa PP Ribadeo2023.pdf
Programa PP Ribadeo2023.pdfPrograma PP Ribadeo2023.pdf
Programa PP Ribadeo2023.pdf
 
Programa PP Ribadeo2023.pdf
Programa PP Ribadeo2023.pdfPrograma PP Ribadeo2023.pdf
Programa PP Ribadeo2023.pdf
 
Memoria 2011
Memoria 2011Memoria 2011
Memoria 2011
 
Programa electoral do BNG do Porriño
Programa electoral do BNG do PorriñoPrograma electoral do BNG do Porriño
Programa electoral do BNG do Porriño
 
Programa de Veciños por Lugo (VL)
Programa de Veciños por Lugo (VL)Programa de Veciños por Lugo (VL)
Programa de Veciños por Lugo (VL)
 
Manifesto AMBAR 3 decembro 2010
Manifesto AMBAR 3 decembro 2010Manifesto AMBAR 3 decembro 2010
Manifesto AMBAR 3 decembro 2010
 
Programa Electoral
Programa ElectoralPrograma Electoral
Programa Electoral
 
Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024
Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024
Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024
 
Augas
AugasAugas
Augas
 
Voceiro BNG O Porriño outubro 2019
Voceiro BNG O Porriño outubro 2019Voceiro BNG O Porriño outubro 2019
Voceiro BNG O Porriño outubro 2019
 
Memoria resumo de actividades 2013 (Federación Autismo Galicia)
Memoria resumo de actividades 2013 (Federación Autismo Galicia)Memoria resumo de actividades 2013 (Federación Autismo Galicia)
Memoria resumo de actividades 2013 (Federación Autismo Galicia)
 
Crónica visita á cociña económica de ferrol
Crónica visita á cociña económica de ferrolCrónica visita á cociña económica de ferrol
Crónica visita á cociña económica de ferrol
 
Boletín BNG O Porriño
Boletín BNG O PorriñoBoletín BNG O Porriño
Boletín BNG O Porriño
 
Boletinxuventude 24 11-2014-1
Boletinxuventude 24 11-2014-1Boletinxuventude 24 11-2014-1
Boletinxuventude 24 11-2014-1
 
Díptico informativo do BNG
Díptico informativo do BNGDíptico informativo do BNG
Díptico informativo do BNG
 
Iaf132nº1dixital
Iaf132nº1dixitalIaf132nº1dixital
Iaf132nº1dixital
 
Crónica vi rastro solidario e operación quilo 2014
Crónica vi rastro solidario e operación quilo 2014Crónica vi rastro solidario e operación quilo 2014
Crónica vi rastro solidario e operación quilo 2014
 
Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013
 

More from Antonio Gregorio Montes

Presentación A temperie ribadense no século XXImeteo.pdf
Presentación A temperie ribadense no século XXImeteo.pdfPresentación A temperie ribadense no século XXImeteo.pdf
Presentación A temperie ribadense no século XXImeteo.pdfAntonio Gregorio Montes
 
Temperie ribadense 2023 diapositivas.pdf
Temperie ribadense 2023 diapositivas.pdfTemperie ribadense 2023 diapositivas.pdf
Temperie ribadense 2023 diapositivas.pdfAntonio Gregorio Montes
 
Programa PSOE Ribadeo eleccións municipais 2023
Programa PSOE Ribadeo eleccións municipais 2023Programa PSOE Ribadeo eleccións municipais 2023
Programa PSOE Ribadeo eleccións municipais 2023Antonio Gregorio Montes
 
Presentación Non apartes a mirada do espello v2.pdf
Presentación Non apartes a mirada do espello v2.pdfPresentación Non apartes a mirada do espello v2.pdf
Presentación Non apartes a mirada do espello v2.pdfAntonio Gregorio Montes
 
Amando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
Amando Suárez Couto, artigo por Celia CastroAmando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
Amando Suárez Couto, artigo por Celia CastroAntonio Gregorio Montes
 
A Temperie ribadense no 2020... e un complemento
A Temperie ribadense no 2020... e un complementoA Temperie ribadense no 2020... e un complemento
A Temperie ribadense no 2020... e un complementoAntonio Gregorio Montes
 
Antroido 2024 en Ribadeo: programa / díptico
Antroido 2024 en Ribadeo: programa / dípticoAntroido 2024 en Ribadeo: programa / díptico
Antroido 2024 en Ribadeo: programa / dípticoAntonio Gregorio Montes
 
Falando de Aurora Sampedro Piñeiro en Ribadeo
Falando de Aurora Sampedro Piñeiro en RibadeoFalando de Aurora Sampedro Piñeiro en Ribadeo
Falando de Aurora Sampedro Piñeiro en RibadeoAntonio Gregorio Montes
 
As vidreiras da capela do cemiterio v.1.0.1.pdf
As vidreiras da capela do cemiterio v.1.0.1.pdfAs vidreiras da capela do cemiterio v.1.0.1.pdf
As vidreiras da capela do cemiterio v.1.0.1.pdfAntonio Gregorio Montes
 
José María Rodríguez Díaz, in memoriam.pdf
José María Rodríguez Díaz, in memoriam.pdfJosé María Rodríguez Díaz, in memoriam.pdf
José María Rodríguez Díaz, in memoriam.pdfAntonio Gregorio Montes
 
APUNTES PARA LA REFORMA DE LOS CONTENIDOS DE LA ASIGNATURA DE CIENCIAS DE LA ...
APUNTES PARA LA REFORMA DE LOS CONTENIDOS DE LA ASIGNATURA DE CIENCIAS DE LA ...APUNTES PARA LA REFORMA DE LOS CONTENIDOS DE LA ASIGNATURA DE CIENCIAS DE LA ...
APUNTES PARA LA REFORMA DE LOS CONTENIDOS DE LA ASIGNATURA DE CIENCIAS DE LA ...Antonio Gregorio Montes
 
Carnicería e industrias cárnicas, ¿una nueva rama?.pdf
Carnicería e industrias cárnicas, ¿una nueva rama?.pdfCarnicería e industrias cárnicas, ¿una nueva rama?.pdf
Carnicería e industrias cárnicas, ¿una nueva rama?.pdfAntonio Gregorio Montes
 
La problemática de las asignaturas comunes en la FP.pdf
La problemática de las asignaturas comunes en la FP.pdfLa problemática de las asignaturas comunes en la FP.pdf
La problemática de las asignaturas comunes en la FP.pdfAntonio Gregorio Montes
 
Resolución ría de Ribadeo 2022 ign.pdf
Resolución ría de Ribadeo 2022 ign.pdfResolución ría de Ribadeo 2022 ign.pdf
Resolución ría de Ribadeo 2022 ign.pdfAntonio Gregorio Montes
 

More from Antonio Gregorio Montes (20)

Presentación A temperie ribadense no século XXImeteo.pdf
Presentación A temperie ribadense no século XXImeteo.pdfPresentación A temperie ribadense no século XXImeteo.pdf
Presentación A temperie ribadense no século XXImeteo.pdf
 
Temperie ribadense 2023 diapositivas.pdf
Temperie ribadense 2023 diapositivas.pdfTemperie ribadense 2023 diapositivas.pdf
Temperie ribadense 2023 diapositivas.pdf
 
Programa PSOE Ribadeo eleccións municipais 2023
Programa PSOE Ribadeo eleccións municipais 2023Programa PSOE Ribadeo eleccións municipais 2023
Programa PSOE Ribadeo eleccións municipais 2023
 
Presentación Non apartes a mirada do espello v2.pdf
Presentación Non apartes a mirada do espello v2.pdfPresentación Non apartes a mirada do espello v2.pdf
Presentación Non apartes a mirada do espello v2.pdf
 
Amando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
Amando Suárez Couto, artigo por Celia CastroAmando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
Amando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
 
A Temperie ribadense no 2020... e un complemento
A Temperie ribadense no 2020... e un complementoA Temperie ribadense no 2020... e un complemento
A Temperie ribadense no 2020... e un complemento
 
Antroido 2024 en Ribadeo: programa / díptico
Antroido 2024 en Ribadeo: programa / dípticoAntroido 2024 en Ribadeo: programa / díptico
Antroido 2024 en Ribadeo: programa / díptico
 
Falando de Aurora Sampedro Piñeiro en Ribadeo
Falando de Aurora Sampedro Piñeiro en RibadeoFalando de Aurora Sampedro Piñeiro en Ribadeo
Falando de Aurora Sampedro Piñeiro en Ribadeo
 
Presentación de Lucía Ferro.pdf
Presentación de Lucía Ferro.pdfPresentación de Lucía Ferro.pdf
Presentación de Lucía Ferro.pdf
 
Programa Ribadeo Indiano 2023.pdf
Programa Ribadeo Indiano 2023.pdfPrograma Ribadeo Indiano 2023.pdf
Programa Ribadeo Indiano 2023.pdf
 
As vidreiras da capela do cemiterio v.1.0.1.pdf
As vidreiras da capela do cemiterio v.1.0.1.pdfAs vidreiras da capela do cemiterio v.1.0.1.pdf
As vidreiras da capela do cemiterio v.1.0.1.pdf
 
José María Rodríguez Díaz, in memoriam.pdf
José María Rodríguez Díaz, in memoriam.pdfJosé María Rodríguez Díaz, in memoriam.pdf
José María Rodríguez Díaz, in memoriam.pdf
 
PROGRAMA PSOE RIBADEO.pdf
PROGRAMA PSOE RIBADEO.pdfPROGRAMA PSOE RIBADEO.pdf
PROGRAMA PSOE RIBADEO.pdf
 
APUNTES PARA LA REFORMA DE LOS CONTENIDOS DE LA ASIGNATURA DE CIENCIAS DE LA ...
APUNTES PARA LA REFORMA DE LOS CONTENIDOS DE LA ASIGNATURA DE CIENCIAS DE LA ...APUNTES PARA LA REFORMA DE LOS CONTENIDOS DE LA ASIGNATURA DE CIENCIAS DE LA ...
APUNTES PARA LA REFORMA DE LOS CONTENIDOS DE LA ASIGNATURA DE CIENCIAS DE LA ...
 
Carnicería e industrias cárnicas, ¿una nueva rama?.pdf
Carnicería e industrias cárnicas, ¿una nueva rama?.pdfCarnicería e industrias cárnicas, ¿una nueva rama?.pdf
Carnicería e industrias cárnicas, ¿una nueva rama?.pdf
 
La problemática de las asignaturas comunes en la FP.pdf
La problemática de las asignaturas comunes en la FP.pdfLa problemática de las asignaturas comunes en la FP.pdf
La problemática de las asignaturas comunes en la FP.pdf
 
Estudio sobre toponimia de Ribadeo
Estudio sobre toponimia de RibadeoEstudio sobre toponimia de Ribadeo
Estudio sobre toponimia de Ribadeo
 
Manifesto AELG Rosalía 2023.pdf
Manifesto AELG Rosalía 2023.pdfManifesto AELG Rosalía 2023.pdf
Manifesto AELG Rosalía 2023.pdf
 
Adeus as armas
Adeus as armasAdeus as armas
Adeus as armas
 
Resolución ría de Ribadeo 2022 ign.pdf
Resolución ría de Ribadeo 2022 ign.pdfResolución ría de Ribadeo 2022 ign.pdf
Resolución ría de Ribadeo 2022 ign.pdf
 

programa bng ribadeo 2023.pdf

  • 1. PROGRAMA DE GOBERNO PARA RIBADEO mandato 2023 - 2027 MAILING ELECTORAL. IMPRESO POSTAL SEN ENDEREZO Presentámonos de novo ante vostedes, veci- ñas e veciños de Ribadeo, para render contas e solicitarlles o seu apoio e confianza para emprendermos novos proxectos. Nos últimos catro anos Ribadeo experimentou un cambio positivo, mais sabemos que aínda queda moito traballo por facer. Cremos en Ribadeo, nas súas posibilidades e na súa xente, porque para nós o máis importante son as persoas, a igualdade de oportunidades e a mellora da súa calidade de vida. Con Fernando Suárez Barcia á cabeza, confor- mamos un goberno referente en moitos ám- bitos a nivel comarcal. Fiel á súa maneira de entender a política, deu, de xeito exemplar, o relevo na dirección deste equipo. Agora, con Pablo Vizoso Galdo como candidato á alcaldía de Ribadeo, presentámonos como un equi- po serio, fiable, solvente e responsable. Seguimos crendo firmemente no respecto polos cidadáns, no traballo conxunto na defensa dos intereses de Ribadeo e no diálogo permanente coa sociedade. Á experiencia acumulada ao longo destes anos sumamos a determinación das novas incorpora- cións, o noso compromiso no goberno e na xestión das institucións, e a nosa capacidade de renova- ción. Configuramos así un novo equipo no que se combina experiencia, afouteza e capacidade de traballo. Tras estes anos tan difíciles e que tanto nos puxeron a proba, procede agora dispoñernos a desenvolver novos proxectos que marquen o co- mezo do Ribadeo da próxima década. Velaquí o noso programa de goberno que poñemos á súa disposición.
  • 2. O noso concello goza de boa saúde financeira e presenta unhas con- tas saneadas e solventes que nos permiten impulsar novos proxectos, noutros momentos impensables. SERVIZOS SOCIAIS E SAÚDE Benestar Social Despois de moito traballo, e tras superar moitos atrancos, imos proceder á reforma integral do Hospi- tal Asilo, dotando así Ribadeo de 90 prazas de xestión pública para persoas maiores. Continuaremos co programa de envellecemento ac- tivo e formativo. A través del lograremos unha maior socialización e actividade comunitaria beneficiosa para a saúde. Potenciaremos a actividade e participación das per- soas usuarias do Centro de Atención a Maiores e do programa “As parroquias en marcha” nas diferentes actividades culturais, lúdicas e deportivas que orga- nice o Concello. Seguiremos mantendo e mellorando os servizos de proximidade: axuda no fogar, xantar na casa, teleasis- tencia, préstamo de material ortoprotésico.... Quere- mos que quen desexe permanecer no seu fogar poida seguir nel, dispoñendo da atención axeitada. As familias en situación de vulnerabilidade contarán co noso apoio, incrementando recursos no sistema de axuda: reparto de alimentos, plans de apoio á acción educativa, etc. Coordinaremos esforzos coas institucións educativas para levar adiante o programa de prevención de drogo- dependencias e outras condutas aditivas. Para que se poida prestar unha boa atención sanita- ria, demandaremos da Xunta de Galicia que cubra as necesidades de persoal do centro de saúde. Nas res- ponsabilidades que ten a man o Concello de Ribadeo, cumprimos: imos entregar os terreos necesarios para a construción dun novo centro de saúde. Agora ben: hai que dotalo do persoal e medios técnicos necesarios.
  • 3. IGUALDADE CULTURA Traballaremos para garantir unha asistencia o máis integral e coordinada posible nas súas vertentes sa- nitaria, educativa, policial, xudicial e social aplicando o II Protocolo Local de Prevención, Detección e Aten- ción ás Vítimas de Violencia de Xénero. Reforzaremos a actividade do Centro de Información á Muller a fin de seguir mellorando os servizos do Concello en materia de igualdade. Manteremos a colaboración cos distintos organismos que abordan a violencia machista (centros educati- vos, centro de saúde, Garda Civil), ao abeiro do Conse- llo da Muller e da Mesa Local Interinstitucional con- tra a Violencia de Xénero. Elaboraremos e aprobaremos o IV Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes para con- tinuar co desenvolvemento de políticas públicas en materia de igualdade. Fomentaremos a transversalidade de xénero, imple- mentando plans en materia de conciliación e corres- ponsabilidade. Seguiremos subvencionando a estadía das crianzas nas ludotecas radicadas no Concello de Ribadeo para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar, con atención especial ás familias con pou- cos recursos. Procederemos á rehabilitación do Forte de San Da- mián para facer del un espazo cultural permanente, celebrando os 400 anos da súa construción cunha programación específica no ano 2024. Rehabilitaremos a vella estación do Tren Mineiro para darlle un uso cultural. Continuaremos a desenvolver os programas O Conce- llo cos coles e Apego. Seguiremos levando a cabo o programa Cultura nas parroquias. A nosa axenda cultural seguirá a ser un referente a nivel comarcal e un elemento chave na dinamización social e económica do noso concello. Ademais, a tra- vés desta actuación defenderemos e poñeremos en valor os nosos sinais de identidade, nomeadamente a lingua galega. Manteremos Ribadeo nos diferentes circuítos cultu- rais do teatro, da danza, da música e do audiovisual. Habilitaremos espazos para uso público (locais de en- saio, lugares de reunión...) e potenciaremos o uso da Rede de Locais Municipais para desenvolver neles ac- tividade cultural. Tamén seguiremos apoiando as aso- ciacións e colectivos culturais. Implantaremos protocolos de transversalidade e igual- dade no Concello. Continuaremos a desenvolver actividades de lecer que reforcen a autonomía e a sororidade das mulleres (viaxes, charlas e obradoiros de autocoidado, etc.). Ribadeo seguirá a ser un referente na aplicación de po- líticas de igualdade e na abordaxe integral da violencia machista. A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo, a Banda de Música Municipal de Ribadeo e a Coral Po- lifónica de Ribadeo contarán co noso apoio decidido para que poidan seguir desenvolvendo a súa activida- de. A Biblioteca El Viejo Pancho seguirá a promover a lec- tura, nomeadamente no mundo infantil.
  • 4. DEPORTE Promoveremos a construción dunha gran área de- portiva polivalente (campo sintético, xogos tradicio- nais, zona verde e un estacionamento) entre a Ave- nida de Galiza, rúa Pintor Fierros e zona escolar e polideportiva. Continuaremos o programa de recuperación de di- versas sendas, tanto na costa como nas parroquias do interior, para fomentar a actividade física e depor- tiva. Seguiremos promovendo o deporte base a través das Escolas Deportivas (de verán e inverno) engadindo novas modalidades. Potenciaremos a incorporación de nenas, mozas e mulleres á práctica deportiva. A celebración de eventos deportivos que fan de Riba- deo un referente vai seguir sendo unha aposta deci- dida do Concello de Ribadeo. MOCIDADE Ofertaremos vivendas de alugueiro para a mocidade reconstruíndo as casas de Cabanela que adquiriu o Concello. Daremos un novo pulo ás iniciativas que dean a coñe- cer a capacidade creativa das nosas mozas e mozos ben a través de iniciativas propias (Vendaval Fest, Pancha Festival, Xara Fest, representacións teatrais, danza, etc.), ben promovendo a súa participación en eventos fóra do Concello (Youtubeiros, Alingua, etc.). Aproveitando as novas instalacións (pista multide- porte) potenciaremos a realización de actividades deportivas, de tempo libre e ocio alternativo. Seguiremos mantendo as vías de axuda para aque- les mozos e mozas que poidan precisar do noso apoio mediante os bonos-axuda que lles faciliten o acce- so á formación non regulada, actividade deportiva, eventos culturais, etc. Continuaremos desenvolvendo os programas de for- mación en igualdade entre mozos e mozas, ademais de actividades que promovan a educación afecti- vo-sexual e o respecto ao diferente. Seguiremos a manter unha colaboración continuada cos centros educativos e o asociacionismo de base. Apostamos polas nenas/os e adolescentes como axentes de cambio na vila, facéndoos partícipes da mesma, a través da creación dun Consello de Partici- pación Infantil e Xuvenil. Un órgano consultivo que se reunirá e organizará de forma periódica e que ten como fin artellar esta participación, dotándoos dun espazo no que poidan expresar, debater e expor pro- postas sobre aquelas cuestións que lles afectan para trasladalas á corporación local e ás distintas conce- llarías.
  • 5. PROMOCIÓN ECONÓMICA E COMERCIO TURISMO Desenvolveremos o Plan Especial das Catedrais se- guindo criterios sustentables e coa firme intención de que os seus beneficios repercutan en todo o concello. Potenciaremos o Portal de Emprego xa creado para que as persoas desempregadas poidan optar máis fa- cilmente ás ofertas de traballo na nosa contorna. Fo- mos o concello da Mariña no que máis baixou o paro nos últimos anos. Promoveremos os nosos produtos locais en estreita relación coa actividade hosteleira e turística, así como a potenciación da instalación de novas empresas no noso concello. Promoveremos que o SEPES (MITMA) baixe de novo o prezo das parcelas do Polígono Industrial de Ribadeo. Seguiremos colaborando coas empresas e asocia- cións que aporten talento e innovación para espertar así o seu interese por instalarse en Ribadeo. Seguiremos tecendo unha sólida rede colaborativa entre os diferentes sectores económicos para conso- lidar Ribadeo como lugar de asentamento dunha ac- tividade comercial diversa e de calidade (EoAlimenta, Ribadeo Circular...) Habilitaremos un local de usos múltiples para que os distintos colectivos empresariais (e tamén outras asociacións) poidan desenvolver nel tanto reunións internas como actos públicos. Seguiremos traballando por unha actividade turística desestacionalizada. Xa demostramos que é posible re- cibir visitantes en todas as épocas do ano grazas á crea- ción de diferentes programas e paquetes turísticos. Impulsaremos eventos como o Ribadeo Ilustrado, Ma- reas Vivas, O Renacer no Cantil e, por suposto, o Ribadeo Indiano, que nos sitúa como un referente internacional. Seguiremos coordinando as distintas áreas do Concello para lograrmos que Ribadeo continúe acollendo even- tos de todo tipo (deportivos, culturais, profesionais...). Continuaremos a desenvolver o traballo de promoción turística xa iniciado con axencias, receptores e opera- dores turísticos, que tan bos resultados está a dar. Reforzaremos a rede de rutas creadas nestes anos para gozar dun entorno saudable e dunha natureza plena. Seguiremos facendo de Ribadeo un referente comer- cial. O comercio local e de proximidade vai seguir sen- do unha aposta firme do Concello de Ribadeo. A Pancha continuará sendo a nosa moeda local. E continuare- mos reforzando a colaboración institucional entre o Concello e Acisa e os distintos axentes económicos. Despois de ter acometido reformas importantes da Praza de Abastos, impulsaremos a seguinte fase de modernización da mesma, para reforzala como merca- do de proximidade e de calidade. En colaboración co Xacobeo seguiremos a promover o Camiño de Santiago e colaboraremos na difusión do Ca- miño do Mar. Fomento da actividade económica
  • 6. MEDIO RURAL Temos como obxectivo reducir a fenda entre as pa- rroquias e a vila. Moitos dos puntos deste programa están destinados a tal fin: aglomerado asfáltico e mantemento da rede viaria, ampliación da rede de sumidoiros, Rede de Locais Municipais, apeadeiros de carga e descarga de madeira, fomento da activi- dade agrícola e gandeira local, conexión dixital, en- vellecemento activo, sendas, cultura nas parroquias, plan de formación rural... Contribuímos deste xeito á fixación da poboación no rural. Continuaremos coa mellora da nosa rede viaria de acceso a núcleos rurais co sistema de aglomerado asfáltico en coordinación e diálogo permanente coas asociacións de veciños/as. Seguiremos ampliando a rede de saneamento de nú- cleos rurais. Remataremos a reforma e acondicionamento da Rede de Locais Municipais. Habilitaremos apeadeiros de madeira aproveitando vaganíos e chegando a acordos de alugueiro de faixas de protección de incendios, debidamente regulados. Desenvolveremos o programa de mantemento da nosa rede viaria (desbroce das pistas, limpeza das ga- bias...). Seguiremos apostando pola colaboración entre admi- nistracións públicas, cooperativas agrarias, socieda- des, etc., para proseguir co desenvolvemento de ac- tividades informativas e formativas que resulten de interese para o medio rural. Continuaremos negociando coa Xunta e a Deputación o arranxo e mantemento da súa rede viaria. Propoñeremos ás empresas tecnolóxicas a mellora da conectividade dixital. INFRAESTRUTURAS Ademais das novas infraestruturas xa menciona- das nas distintas áreas, continuaremos transfor- mando Ribadeo coa renovación de rúas e espazos públicos urbanos. Poñeremos todo o noso empeño en materializar o acceso norte a Ribadeo (desde a rotonda dos Ga- los até a vella estación do tren de Vilaoudriz) e na construción dos accesos desde a estrada da Depu- tación á circunvalación, e tamén desde a autovía á rotonda dos Galos. Infraestruturas e servizos xerais
  • 7. MEDIO AMBIENTE SEGURIDADE VIARIA E CIDADÁ Continuaremos coa licitación do ciclo da auga para que os usuarios e usuarias vexan mellorados o sub- ministro, a eficiencia e calidade da auga. E tamén se- guiremos esixindo da Xunta de Galicia a súa colabo- ración na renovación da condución principal desde Vilarbetote (Trabada). Continuaremos realizando melloras e a ampliación da rede de saneamento. Seguiremos coas medidas de control implantadas con éxito na campaña “Colonias felinas”. Crearemos un parque canino. Facilitaremos a correcta implantación da xestión do colector marrón ou orgánico. Realizaremos campañas de concienciación cidadá en torno ao coidado do medioambiente. Ao respec- to, seguiremos colaborando cos centros educativos e asociacións de base para facer da nosa vila e pa- rroquias un lugar máis habitable (uso apropiado dos contedores, evitar os excrementos de mascotas na rúa...). E tamén insistiremos na necesaria erradica- ción de especies foráneas e invasoras que alteran o equilibrio do noso medio ambiente, coma o “plumeiro da Pampa”. Desenvolveremos actuacións conducentes á redu- ción progresiva do uso de plásticos no ámbito comer- cial. Seguindo coa liña de traballo xa iniciada, crearemos novas prazas de aparcamento permanentes para promover un Ribadeo no que tod@s nos sintamos cómodos paseando polas nosas rúas. Promoveremos a colaboración con outras adminis- tracións, forzas e corpos de seguridade, participando na Xunta Local de Seguridade co firme obxectivo de lograr que a presenza da Policía Local se adecúe á realidade cada vez máis dinámica que nos toca vivir. Seguiremos traballando no coidado das praias e sen- deiros co obxectivo de manter e ampliar os diferentes galardóns e recoñecementos medioambientais (ban- deiras azuis, Q de calidade ...). Ampliaremos a capacidade do cemiterio municipal coa construcción de novos nichos e columbarios. Foron varias as consultas electorais nas que vostedes, logo de darnos a súa confianza, puideron sacar conclusións do grao de seriedade e cumprimen- to do noso programa. Procuramos expoñer ideas realizables, solventes, que marquen o futuro de Ribadeo e nos ilusionen a todos e todas nós para, entre toda a veciñanza, sacarmos adiante este novo proxecto. Temos que lograr que Ribadeo siga avanzando e transformándose de forma equilibrada, con máis servizos sociais, públicos e de calidade. Entre todos e todas nós imos facer o Ribadeo que está por vir. Co seu voto, será posible.
  • 8. 1. PABLO VIZOSO GALDO 5. MARÍA PILAR OTERO CABARCOS 13. XOSÉ FARRUCO GRAÑA RAMA S4. XOAN ANTÓN MONASTERIO LÓPEZ S7. MARÍA ÁNGELES FUENTE VERDEAL 6. MARCOS ANTONIO VILLAMIL MARTÍNEZ 9. LUCÍA BALEA VÁZQUEZ S8. ÓSCAR CHAO PENABAD 2. MÓNICA FREIRE RANCAÑO 10. PEDRO FERNÁNDEZ VILLAMIL S1. MARÍA NOVO FERNÁNDEZ S5. OLIVIA REY SOTO S9. PAZ ERMIDA IGREXAS 3. VICENTE CASTRO REIGOSA 7. MARTÍN GRAÑA PÉREZ 11. PATRICIA DÍAZ LÓPEZ S2. DAVID RIVAS PEÑA S6. JOSÉ ROCHA FERNÁNDEZ S10. FERNANDO SUÁREZ BARCIA 4. JORGE DÍAZ FREIJE 8. RAQUEL FERREIRA ÁLVAREZ 12. VANESA YANES RIVAS S3. EVA IGLESIAS LÓPEZ