SlideShare a Scribd company logo
1 of 40
Por Ourense!
Por Galiza!
Mais democracia!
Mais traballo!
Pola sustentabilidade das
contas públicas
Reforma Fiscal:
Que pague máis, quen máis ten. É de
xustiza!
O BNG impulsou no Congreso
unha reforma fiscal que
aumentaría os ingresos públicos
en 8.000 millóns ao ano, o PP e
o PSOE rexeitárona e compiten
en baixar os impostos aos máis
ricos mentres recurtan servizos
básicos. Xustiza impositiva para
os nosos maiores, para os nosos
Racionalización administrativa e do gasto público:
Supresión das institucións e dos gastos inútiles.
Acabouse o malgasto!
Institucións inútiles coma a
Deputación, alguns Ministerios e
Subdelegacións deben ser
suprimidas e o Senado reformulado,
así mesmo o BNG ven de opoñerse
à ampliación do gasto militar da
misión en Libia, xa que o défice
militar é de 27.000 millóns de euros,
sendo esta unha das partidas onde
cumpre recurtar.
Reforma do modelo de financiamento autonómico e
local:
soberanía fiscal económica da Galiza!
Na financiación dos concellos
deben considerarse factores
como a dispersión poboacional e
o envellecemento que encarecen
a prestación de servizos, ao
mesmo tempo a territorialización
plena dos tributos dotará ao
noso país de capacidade
financeira para abordar as
reformas pertinentes.
Pola creación e
estabilidade no
emprego.
Restauración dos dereitos laborais:
emprego digno para as clases traballadoras!
As continuas reformas laborais do PP e PSOE veñen devaluando a capacidade
das clases traballadoras para defender un estatus laboral digno. O Bloque,
sempre opostos a estas reformas, promoveremos a recuperación de dereitos
básicos coma a indemnización de 45 días e o estabelecemento do contrato
indefinido como norma e non como excepción.
Polo marco galego de
relacións laborais:
traballamos aquí e non en
Madrid!
Políticas e negociacións feitas no
noso país responderán às nosas
peculiaridades socioeconómicas,
como a promoción do
cooperativismo e o autoemprego,
a non aprobación de ERE’s en
empresas con beneficios ou o
control da subcontratación. Así
pensamos o BNG!
Pola garantía
das políticas
sociais
Avanzar na protección social: non deixar a
ninguén sen atender!
O nacionalismo apostamos por rachar o défice social
incrementando a inversión neste capítulo ao longo da
lexislatura ata igualar o gasto medio da UE, así mesmo
pretendemos modificar a Lei 15/97 que abre a porta da
privatización sanitaria e a proteción efectiva do dereito à
Pola mocidade, pola igualdade:
reparar as desigualdades, exercer
solidariedade!
O BNG queremos que os contratos formativos
e de práticas sexan remunerados co SMI, que
as bolsas teñan en consideración a realidade
socioeconómica dos demandantes e reformar
a Lei de Violencia de Xénero para que o aceso
aos recursos e axudas às mulleres non estea
ligado à iniciación da vía penal.
Polo futuro dos nosos
sectores productivos
Fornecer de crédito, reactivar a economía:
Banca Pública para apoiar à economía real!
O Bloque propomos vencellar as axudas públicas à banca privada ao
desenvolvemento de liñas crediticias às pequenas e medianas empresas e à
creación de novas empresas, asemade a transformación do ICO nunha banca
pública con vocación comercial orientada a atender às PEMES, emprendedores e
Reformar o sistema financieiro, os bois diante do carro:
as finanzas ao servizo das persoas!
O nacionalismo impulsaremos
a regulación do sistema
financeiro para punir as
actividades especulativas,
estabelecer unha fiscalidade
sobre as transacións
especulativas e os beneficios
da banca privada, así como
garantir a devolución das
axudas e avais públicos à
banca privada.
Promover a innovación, mellorar a produtividade:
sementar a saída à crise!
O BNG propomos un Pacto pola
Innovación que inclúa às administracións
e aos axentes sociais, que contemple
estratexias e obxectivos e financiamento
blindado. Ao tempo, favorecer
fiscalmente às actividades innovadoras,
debidamente delimitadas, e promover a
coesión territorial neste eido.
Enerxía para erguer un país:
control galego, prezos populares!
O Bloque queremos reformar a
fiscalidade para que as empresas
que explotan no territorio paguen a
parte proporcional correspondente
à súa actividade en Galiza dos seus
tributos à nosa Facenda, así como
que a autorización administrativa a
todas as instalacións produtivas,
distributivas e de transporte
enerxético corresponda à
Autonomía. Tamén promoveremos
cambios lexislativos para lograr
unha redución real do prezo da
enerxía e que se estipule en
función dos custos de produción de
Agricultura viva, rural vivo:
poñer en marcha o noso potencial!
O nacionalismo apostamos e seguimos apostando polo futuro do noso rural
promovendo regulacións que expulsen a especulación dos mercados de
produtos agrícolas e favorezan a estabilidade atendendo aos custos de
produción. Así mesmo, revisar a fiscalidade do sector florestal apoiando
proxectos multifuncionais e reformando as condicións dos montes veciñais en
Actualizar Galiza:
superar a fenda tecnolóxica!
O BNG queremos superar as
fendas que fan do noso país unha
sociedade tecnoloxicamente
esgazada mediante a transferencia
da xestión e explotación do espazo
radioeléctrico, o impulso do
software de código aberto e a
homologación das tarifas e
servizos de internet co resto de
Europa, a recepción das canles
autonómicas e portuguesas na
TDT e a promoción do dominio .gal
para visibilizar o noso país en
Internet.
Infraestruturas para conetarnos:
é o noso dereito!
O nacionalismo apostamos pola adecuación da rede ferroviaria ourensá
para as altas prestacións, así como a transferencia dos rexionais e de
proximidade à Xunta para crear unha rede nacional. Así mesmo, a
transferencia da AP-53 à Xunta e a construción da A-76, básica para o
leste ourensán.
Pola sustentabilidade da
nosa terra
Defender o territorio é
defender a nosa vida
O BNG opómonos a novas
instalacións de aproveitamento
hidroelétrico, así como à instalación
de centrais nucleares ou à
pretensión de verter residuos na
foxa atlántica e rexeitamos calquera
prórroga a ENCE-ELNOSA.
Prestaremos especial atención ao
acordo que impulsamos no Senado
relativo à paralización de
autorizacións e execucións de máis
aproveitamentos na cunca Miño-Sil.
Reducir o consumismo:
é viabilizar a nosa existencia!
O Bloque somos conscientes
que o noso modelo de
consumo é insostíbel a medio
prazo por iso imos impulsar o
cumprimento do protocolo de
Kioto, a redución dos residuos
industriais através da eficiencia
e o aforro enerxético, o
impulso do tráfico de
mercadorías por ferrocarril e a
aposta polo transporte coletivo
orientado a disminuír o tráfico
motorizado.
Pola diversidade
Promover a nosa língua:
é defender o que somos
O nacionalismo
defenderemos o
cumprimento da Carta
Europea das Linguas,
aprobada polas Cortes
Xerais para que non fique en
papel mollado.
Promoveremos a atención en
galego diante da
administración estatal e o
respecto à nosa toponimia.
Impulsar a nosa cultura galega é a nosa forma de estar no
mundo
O BNG esixiremos a transferencia dos servizos e medios culturais à Comunidade
Autónoma, así como a xestión do 1% cultural para a rehabilitación do patrimonio
histórico artístico e a recuperación para usos culturais dos espazos militares en
desuso. Procuraremos a creación dunha oferta cultural galega na promoción
exterior, nomeadamente o Instituto Cervantes.
Educación gratuíta, laica e galega:
dereito irrenunciábel!
O Bloque avogamos polo crecemento
das dotacións adicadas à educación
co obxectivo de igualarnos co nivel
medio de gasto educativo na UE en
cinco anos. Apostamos pola reforma
da LOU para garantir a Universidade
pública e incrementar o seu
financiamento tomando como
referencia o 1,5% do PIB. Amáis,
expulsaremos do ensino regrado a
relixión confesional, posto que as
crenzas son unha cuestión privada.
Internacionalizar o deporte galego:
Xogámonos moito!
O nacionalismo apostamos
polo noso deporte.
Demandamos a
territorialización das dotacións
orzamentarias do CSD
destinadas ao noso país, que
as nosas federacións sexan a
derradeira instancia en todo o
relacionado coa articulación
dos diferentes deportes no
noso territorio e a participación
das nosas selecións nas
competicións internacionais.
Para profundizar
na democracia!
Reformar a lei electoral:
mellorar a representatividade!
O BNG promoveremos unha
reforma electoral que convirta à
comunidade na circunscripción,
adopte unha fórmula
proporcional de asignación de
escanos, elimine as barreiras
aos partidos pequenos, obrigue
a debatir publicamente e prohíba
a propaganda postal.
Reformar as institucións:
fomentar a participación
O Bloque impulsaremos unha reforma que rebaixe as condicións das ILP’s,
permitindo aos seus impulsores defendelas persoalmente e unha lei de
consultas públicas que promova a democracia directa en forma de consultas à
cidadanía das distintas administracións nas súas competencias, sendo
Rexenerar a clase política:
recuperar a confianza!
O nacionalismo pularemos pola aplicación rigorosa do réxime
de incompatibilidades, así como a ampliación dos seus
supostos; pola modificación do estatus dos expresidentes
obrigando a renunciar a el se exercen actividades
remuneradas para empresas privadas e pola aplicación dunha
Lei de Transparencia que aporte claridade aos trámites
administrativos de procedementos de gasto.
Ampliar os dereitos, practicar o
laicismo:
extender a cidadanía
O BNG defenderemos a regulación do dereito a unha morte digna e a
expansión dos dereitos das parellas de feito co horizonte no
equiparamento ao matrimonio. Ademáis, queremos revisar os acordos
entre o Estado e o Vaticano a fin de eliminar os privilexios da Igrexa
Católica, reducindo as aportacións públicas às distintas confesións co
obxectivo do seu autofinanciamento e a aprobación dunha norma que
expulse os símbolos relixiosos dos actos oficiais e dependencias
Polo Autogoberno!
Creando o estado plurinacional:
autodeterminar Galiza!
O Bloque impulsaremos a reforma
do Tribunal Constitucional para que
resposte ao carácter composto do
Estado e deixe de ser unha
institución centralista e tamén a
reforma do Senado convertíndoo
nunha cámara de representación
das nacións con dereito de veto
sobre decisións que afeten aos
intereses e competencias dun
territorio concreto.
Encaixar na Unión:
Galiza, nación europea!
O nacionalismo pularemos pola presenza da
Galiza na Unión Europea e no eido internacional
de acordo co estatus nacional acadado coa
reforma do Estado Plurinacional.
Pola paz
internacional!
Democratizar as relacións internacionais:
o respecto ao dereito alleo é a Paz!
O BNG impulsaremos unha política internacional orientada a
reformar a ONU como unha sociedade de nacións orientada à
cooperación entre pobos, sen membros con dereito a veto que non
teñan sido electos entre o conxunto da comunidade internacional.
Tamén promoveremos que o Estado Español presione por un
referendum no Sara Ocidental.
Pacifismo exterior:
a política de Defensa, só contra agresións!
O nacionalismo promoveremos
unha política de Defensa que se
limite à proteción do territorio
fronte ameazas exteriores e que
obrigará à retirada dos
continxentes militares no exterior.
Promulgaremos tamén a
transparencia nas exportacións de
material militar e de dobre uso.
Xosé Manuel Pérez Bouza (Caracas, 1970) é unha persoa comprometida
co pobo ao que representou tanto no seu concello, A Porqueira (1999-
2011), coma na Deputación de Ourense (2004-2008), ou no Senado
(2008-2011). De profesión, enfermeiro, propónse representar a Ourense
no Congreso para sanar a esta provincia enferma de caciquismo.
POR OURENSE!
POR GALIZA!
MÁIS DEMOCRACIA! MÁIS
TRABALLO!
VOTA

More Related Content

Similar to Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso!

CxG Vigo - Programa Municipais 2015
CxG Vigo - Programa Municipais 2015CxG Vigo - Programa Municipais 2015
CxG Vigo - Programa Municipais 2015Mortadelo007
 
24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf
24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf
24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdfTecer Galicia Tecer Podemos
 
Galicia sindical numero 15
Galicia sindical numero 15Galicia sindical numero 15
Galicia sindical numero 15oscargaliza
 
Programa del BNG para las elecciones de Galicia 2024
Programa del BNG para las elecciones de Galicia 2024Programa del BNG para las elecciones de Galicia 2024
Programa del BNG para las elecciones de Galicia 2024luarodalegre97
 
Voceiro marzo 2018
Voceiro marzo 2018Voceiro marzo 2018
Voceiro marzo 2018BNGOPorrinho
 
Novas da xustiza nº1041
Novas da xustiza nº1041 Novas da xustiza nº1041
Novas da xustiza nº1041 CCOOXustiza
 
Voceiro BNG O Porriño outubro 2019
Voceiro BNG O Porriño outubro 2019Voceiro BNG O Porriño outubro 2019
Voceiro BNG O Porriño outubro 2019BNGdoPorrinho
 
Novas xustiza 1032
Novas xustiza 1032Novas xustiza 1032
Novas xustiza 1032CCOOXustiza
 
Boletín BNG O Porriño
Boletín BNG O PorriñoBoletín BNG O Porriño
Boletín BNG O PorriñoBNGdoPorrinho
 
Manifesto pola Cooperacion do Partido Popular
Manifesto pola Cooperacion do Partido PopularManifesto pola Cooperacion do Partido Popular
Manifesto pola Cooperacion do Partido PopularCarlos Negreira
 
Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024
Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024
Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024luarodalegre97
 
Proposta de actuación nas deputacións provinciais. Acordo BNG-PSdeG-PSOE
Proposta de actuación nas deputacións provinciais. Acordo BNG-PSdeG-PSOEProposta de actuación nas deputacións provinciais. Acordo BNG-PSdeG-PSOE
Proposta de actuación nas deputacións provinciais. Acordo BNG-PSdeG-PSOEBNG - Bloque Nacionalista Galego
 
Programa Ferrol en Común
Programa Ferrol en ComúnPrograma Ferrol en Común
Programa Ferrol en ComúnJorge Suárez
 
Galicia en Común-Anova Mareas programa elecciones gallegas 2020
Galicia en Común-Anova Mareas programa elecciones gallegas 2020Galicia en Común-Anova Mareas programa elecciones gallegas 2020
Galicia en Común-Anova Mareas programa elecciones gallegas 202020minutos
 

Similar to Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso! (20)

Programa electoral das Xerais de 2023
Programa electoral das Xerais de 2023Programa electoral das Xerais de 2023
Programa electoral das Xerais de 2023
 
CxG Vigo - Programa Municipais 2015
CxG Vigo - Programa Municipais 2015CxG Vigo - Programa Municipais 2015
CxG Vigo - Programa Municipais 2015
 
24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf
24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf
24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf
 
Galicia sindical numero 15
Galicia sindical numero 15Galicia sindical numero 15
Galicia sindical numero 15
 
Programa del BNG para las elecciones de Galicia 2024
Programa del BNG para las elecciones de Galicia 2024Programa del BNG para las elecciones de Galicia 2024
Programa del BNG para las elecciones de Galicia 2024
 
Voceiro marzo 2018
Voceiro marzo 2018Voceiro marzo 2018
Voceiro marzo 2018
 
Novas da xustiza nº1041
Novas da xustiza nº1041 Novas da xustiza nº1041
Novas da xustiza nº1041
 
Boletin fec abril 2018
Boletin fec abril 2018Boletin fec abril 2018
Boletin fec abril 2018
 
Voceiro BNG O Porriño outubro 2019
Voceiro BNG O Porriño outubro 2019Voceiro BNG O Porriño outubro 2019
Voceiro BNG O Porriño outubro 2019
 
Novas xustiza 1032
Novas xustiza 1032Novas xustiza 1032
Novas xustiza 1032
 
Comunicado orzamentos 2017
Comunicado orzamentos 2017Comunicado orzamentos 2017
Comunicado orzamentos 2017
 
Boletín BNG O Porriño
Boletín BNG O PorriñoBoletín BNG O Porriño
Boletín BNG O Porriño
 
Manifesto pola Cooperacion do Partido Popular
Manifesto pola Cooperacion do Partido PopularManifesto pola Cooperacion do Partido Popular
Manifesto pola Cooperacion do Partido Popular
 
Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024
Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024
Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024
 
Programa electoral do BNG do Porriño
Programa electoral do BNG do PorriñoPrograma electoral do BNG do Porriño
Programa electoral do BNG do Porriño
 
Proposta de actuación nas deputacións provinciais. Acordo BNG-PSdeG-PSOE
Proposta de actuación nas deputacións provinciais. Acordo BNG-PSdeG-PSOEProposta de actuación nas deputacións provinciais. Acordo BNG-PSdeG-PSOE
Proposta de actuación nas deputacións provinciais. Acordo BNG-PSdeG-PSOE
 
PG.pdf
PG.pdfPG.pdf
PG.pdf
 
Derroche en publicidade
Derroche en publicidadeDerroche en publicidade
Derroche en publicidade
 
Programa Ferrol en Común
Programa Ferrol en ComúnPrograma Ferrol en Común
Programa Ferrol en Común
 
Galicia en Común-Anova Mareas programa elecciones gallegas 2020
Galicia en Común-Anova Mareas programa elecciones gallegas 2020Galicia en Común-Anova Mareas programa elecciones gallegas 2020
Galicia en Común-Anova Mareas programa elecciones gallegas 2020
 

Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso!

  • 1. Por Ourense! Por Galiza! Mais democracia! Mais traballo!
  • 3. Reforma Fiscal: Que pague máis, quen máis ten. É de xustiza! O BNG impulsou no Congreso unha reforma fiscal que aumentaría os ingresos públicos en 8.000 millóns ao ano, o PP e o PSOE rexeitárona e compiten en baixar os impostos aos máis ricos mentres recurtan servizos básicos. Xustiza impositiva para os nosos maiores, para os nosos
  • 4. Racionalización administrativa e do gasto público: Supresión das institucións e dos gastos inútiles. Acabouse o malgasto! Institucións inútiles coma a Deputación, alguns Ministerios e Subdelegacións deben ser suprimidas e o Senado reformulado, así mesmo o BNG ven de opoñerse à ampliación do gasto militar da misión en Libia, xa que o défice militar é de 27.000 millóns de euros, sendo esta unha das partidas onde cumpre recurtar.
  • 5. Reforma do modelo de financiamento autonómico e local: soberanía fiscal económica da Galiza! Na financiación dos concellos deben considerarse factores como a dispersión poboacional e o envellecemento que encarecen a prestación de servizos, ao mesmo tempo a territorialización plena dos tributos dotará ao noso país de capacidade financeira para abordar as reformas pertinentes.
  • 7. Restauración dos dereitos laborais: emprego digno para as clases traballadoras! As continuas reformas laborais do PP e PSOE veñen devaluando a capacidade das clases traballadoras para defender un estatus laboral digno. O Bloque, sempre opostos a estas reformas, promoveremos a recuperación de dereitos básicos coma a indemnización de 45 días e o estabelecemento do contrato indefinido como norma e non como excepción.
  • 8. Polo marco galego de relacións laborais: traballamos aquí e non en Madrid! Políticas e negociacións feitas no noso país responderán às nosas peculiaridades socioeconómicas, como a promoción do cooperativismo e o autoemprego, a non aprobación de ERE’s en empresas con beneficios ou o control da subcontratación. Así pensamos o BNG!
  • 10. Avanzar na protección social: non deixar a ninguén sen atender! O nacionalismo apostamos por rachar o défice social incrementando a inversión neste capítulo ao longo da lexislatura ata igualar o gasto medio da UE, así mesmo pretendemos modificar a Lei 15/97 que abre a porta da privatización sanitaria e a proteción efectiva do dereito à
  • 11. Pola mocidade, pola igualdade: reparar as desigualdades, exercer solidariedade! O BNG queremos que os contratos formativos e de práticas sexan remunerados co SMI, que as bolsas teñan en consideración a realidade socioeconómica dos demandantes e reformar a Lei de Violencia de Xénero para que o aceso aos recursos e axudas às mulleres non estea ligado à iniciación da vía penal.
  • 12. Polo futuro dos nosos sectores productivos
  • 13. Fornecer de crédito, reactivar a economía: Banca Pública para apoiar à economía real! O Bloque propomos vencellar as axudas públicas à banca privada ao desenvolvemento de liñas crediticias às pequenas e medianas empresas e à creación de novas empresas, asemade a transformación do ICO nunha banca pública con vocación comercial orientada a atender às PEMES, emprendedores e
  • 14. Reformar o sistema financieiro, os bois diante do carro: as finanzas ao servizo das persoas! O nacionalismo impulsaremos a regulación do sistema financeiro para punir as actividades especulativas, estabelecer unha fiscalidade sobre as transacións especulativas e os beneficios da banca privada, así como garantir a devolución das axudas e avais públicos à banca privada.
  • 15. Promover a innovación, mellorar a produtividade: sementar a saída à crise! O BNG propomos un Pacto pola Innovación que inclúa às administracións e aos axentes sociais, que contemple estratexias e obxectivos e financiamento blindado. Ao tempo, favorecer fiscalmente às actividades innovadoras, debidamente delimitadas, e promover a coesión territorial neste eido.
  • 16. Enerxía para erguer un país: control galego, prezos populares! O Bloque queremos reformar a fiscalidade para que as empresas que explotan no territorio paguen a parte proporcional correspondente à súa actividade en Galiza dos seus tributos à nosa Facenda, así como que a autorización administrativa a todas as instalacións produtivas, distributivas e de transporte enerxético corresponda à Autonomía. Tamén promoveremos cambios lexislativos para lograr unha redución real do prezo da enerxía e que se estipule en función dos custos de produción de
  • 17. Agricultura viva, rural vivo: poñer en marcha o noso potencial! O nacionalismo apostamos e seguimos apostando polo futuro do noso rural promovendo regulacións que expulsen a especulación dos mercados de produtos agrícolas e favorezan a estabilidade atendendo aos custos de produción. Así mesmo, revisar a fiscalidade do sector florestal apoiando proxectos multifuncionais e reformando as condicións dos montes veciñais en
  • 18. Actualizar Galiza: superar a fenda tecnolóxica! O BNG queremos superar as fendas que fan do noso país unha sociedade tecnoloxicamente esgazada mediante a transferencia da xestión e explotación do espazo radioeléctrico, o impulso do software de código aberto e a homologación das tarifas e servizos de internet co resto de Europa, a recepción das canles autonómicas e portuguesas na TDT e a promoción do dominio .gal para visibilizar o noso país en Internet.
  • 19. Infraestruturas para conetarnos: é o noso dereito! O nacionalismo apostamos pola adecuación da rede ferroviaria ourensá para as altas prestacións, así como a transferencia dos rexionais e de proximidade à Xunta para crear unha rede nacional. Así mesmo, a transferencia da AP-53 à Xunta e a construción da A-76, básica para o leste ourensán.
  • 21. Defender o territorio é defender a nosa vida O BNG opómonos a novas instalacións de aproveitamento hidroelétrico, así como à instalación de centrais nucleares ou à pretensión de verter residuos na foxa atlántica e rexeitamos calquera prórroga a ENCE-ELNOSA. Prestaremos especial atención ao acordo que impulsamos no Senado relativo à paralización de autorizacións e execucións de máis aproveitamentos na cunca Miño-Sil.
  • 22. Reducir o consumismo: é viabilizar a nosa existencia! O Bloque somos conscientes que o noso modelo de consumo é insostíbel a medio prazo por iso imos impulsar o cumprimento do protocolo de Kioto, a redución dos residuos industriais através da eficiencia e o aforro enerxético, o impulso do tráfico de mercadorías por ferrocarril e a aposta polo transporte coletivo orientado a disminuír o tráfico motorizado.
  • 24. Promover a nosa língua: é defender o que somos O nacionalismo defenderemos o cumprimento da Carta Europea das Linguas, aprobada polas Cortes Xerais para que non fique en papel mollado. Promoveremos a atención en galego diante da administración estatal e o respecto à nosa toponimia.
  • 25. Impulsar a nosa cultura galega é a nosa forma de estar no mundo O BNG esixiremos a transferencia dos servizos e medios culturais à Comunidade Autónoma, así como a xestión do 1% cultural para a rehabilitación do patrimonio histórico artístico e a recuperación para usos culturais dos espazos militares en desuso. Procuraremos a creación dunha oferta cultural galega na promoción exterior, nomeadamente o Instituto Cervantes.
  • 26. Educación gratuíta, laica e galega: dereito irrenunciábel! O Bloque avogamos polo crecemento das dotacións adicadas à educación co obxectivo de igualarnos co nivel medio de gasto educativo na UE en cinco anos. Apostamos pola reforma da LOU para garantir a Universidade pública e incrementar o seu financiamento tomando como referencia o 1,5% do PIB. Amáis, expulsaremos do ensino regrado a relixión confesional, posto que as crenzas son unha cuestión privada.
  • 27. Internacionalizar o deporte galego: Xogámonos moito! O nacionalismo apostamos polo noso deporte. Demandamos a territorialización das dotacións orzamentarias do CSD destinadas ao noso país, que as nosas federacións sexan a derradeira instancia en todo o relacionado coa articulación dos diferentes deportes no noso territorio e a participación das nosas selecións nas competicións internacionais.
  • 29. Reformar a lei electoral: mellorar a representatividade! O BNG promoveremos unha reforma electoral que convirta à comunidade na circunscripción, adopte unha fórmula proporcional de asignación de escanos, elimine as barreiras aos partidos pequenos, obrigue a debatir publicamente e prohíba a propaganda postal.
  • 30. Reformar as institucións: fomentar a participación O Bloque impulsaremos unha reforma que rebaixe as condicións das ILP’s, permitindo aos seus impulsores defendelas persoalmente e unha lei de consultas públicas que promova a democracia directa en forma de consultas à cidadanía das distintas administracións nas súas competencias, sendo
  • 31. Rexenerar a clase política: recuperar a confianza! O nacionalismo pularemos pola aplicación rigorosa do réxime de incompatibilidades, así como a ampliación dos seus supostos; pola modificación do estatus dos expresidentes obrigando a renunciar a el se exercen actividades remuneradas para empresas privadas e pola aplicación dunha Lei de Transparencia que aporte claridade aos trámites administrativos de procedementos de gasto.
  • 32. Ampliar os dereitos, practicar o laicismo: extender a cidadanía O BNG defenderemos a regulación do dereito a unha morte digna e a expansión dos dereitos das parellas de feito co horizonte no equiparamento ao matrimonio. Ademáis, queremos revisar os acordos entre o Estado e o Vaticano a fin de eliminar os privilexios da Igrexa Católica, reducindo as aportacións públicas às distintas confesións co obxectivo do seu autofinanciamento e a aprobación dunha norma que expulse os símbolos relixiosos dos actos oficiais e dependencias
  • 34. Creando o estado plurinacional: autodeterminar Galiza! O Bloque impulsaremos a reforma do Tribunal Constitucional para que resposte ao carácter composto do Estado e deixe de ser unha institución centralista e tamén a reforma do Senado convertíndoo nunha cámara de representación das nacións con dereito de veto sobre decisións que afeten aos intereses e competencias dun territorio concreto.
  • 35. Encaixar na Unión: Galiza, nación europea! O nacionalismo pularemos pola presenza da Galiza na Unión Europea e no eido internacional de acordo co estatus nacional acadado coa reforma do Estado Plurinacional.
  • 37. Democratizar as relacións internacionais: o respecto ao dereito alleo é a Paz! O BNG impulsaremos unha política internacional orientada a reformar a ONU como unha sociedade de nacións orientada à cooperación entre pobos, sen membros con dereito a veto que non teñan sido electos entre o conxunto da comunidade internacional. Tamén promoveremos que o Estado Español presione por un referendum no Sara Ocidental.
  • 38. Pacifismo exterior: a política de Defensa, só contra agresións! O nacionalismo promoveremos unha política de Defensa que se limite à proteción do territorio fronte ameazas exteriores e que obrigará à retirada dos continxentes militares no exterior. Promulgaremos tamén a transparencia nas exportacións de material militar e de dobre uso.
  • 39. Xosé Manuel Pérez Bouza (Caracas, 1970) é unha persoa comprometida co pobo ao que representou tanto no seu concello, A Porqueira (1999- 2011), coma na Deputación de Ourense (2004-2008), ou no Senado (2008-2011). De profesión, enfermeiro, propónse representar a Ourense no Congreso para sanar a esta provincia enferma de caciquismo. POR OURENSE! POR GALIZA! MÁIS DEMOCRACIA! MÁIS TRABALLO!
  • 40. VOTA