SlideShare a Scribd company logo
1 of 2
Download to read offline
CONCELLOS EN REDE POR GALIZA
A alternativa política que representa o Bloque Nacionalista Galego-Asembleas Abertas
ten entre os seus obxectivos o de construír un país novo e libre, unha Galiza, a do
século XXI, con poder político real, libre e soberana, que poida desenvolver as súas
potencialidades económicas, sociais e culturais en harmonía con todos os pobos e
nacións do mundo. E somos conscientes de que a representación municipal ofrece
numerosas posibilidades de transformación social para ir, concello a concello,
construíndo esa Galiza nosa, creando as condicións que posibiliten unha vida digna
para o conxunto da veciñanza.
O traballo do BNG en numerosos concellos, nomeadamente alí onde estamos no
goberno municipal, actúa e continuará a actuar de verdadeiro dique de contención
fronte as políticas antisociais e antigalegas da Xunta e de Madrid. Por iso xulgamos
máis necesario que nunca desenvolver un proxecto político en chave nacional nos
diferentes concellos.
Nesta liña, queremos aproveitar esta oportunidade para nos comprometermos a
impulsar e conformar unha estrutura estábel, de cooperación recíproca, en
rede, como alicerce dese país libre por que traballamos. Velaquí un exercicio de
determinación política para construír un auténtico Contrapoder fronte ás políticas
de devastación. Velaquí unha rede de concellos insubmisos aos ditados da UE, do
Goberno español e da Xunta, que fundamentarán a súa acción común nos seguintes
criterios políticos:
1. Concellos comprometidos na loita contra a pobreza e, de maneira moi
particular, contra a pobreza enérxetica e, por tanto, concellos implicados en
garantir que todos os fogares teñan dereito aos servizos domésticos básicos
(auga, electricidade, gas...).
2. Concellos libres de desafiuzamentos, en que ningunha persoa poderá ser
desaloxado da súa vivenda habitual sen garantía dunha alternativa
habitacional, e por tanto, en que o dereito á vivenda será un dereito a garantir
polos poderes públicos.
3. Concellos á vangarda das políticas de igualdade entre mulleres e homes,
fomentando actuacións que contribúan a visibilizar socialmente as mulleres e
que actúen decididamente a prol da erradicación da violencia machista.
4. Concellos plenamente implicados na promoción de usos da lingua galega,
desenvolvendo actuacións planificadas que contribúan á normalización de usos
do noso idioma nos máis diversos ámbitos da vida municipal.
5. Concellos de intolerancia absoluta coa corrupción, e en que a transparencia
e as boas prácticas sexan a única norma de comportamento nos diferentes
niveis do día a día da entidade local.
6. Concellos comprometidos coa cultura e patrimonio propios, destinando
recursos á posta en valor das diferentes manifestacións culturais e
patrimoniais galegas.
7. Concellos orgullosos da nosa identidade colectiva como galegos e galegos,
defensores e promotores do dereito a decidir da Galiza, e ao mesmo tempo
concellos solidarios coas diferentes causas dos pobos do mundo, así como coa
defensa inquebrantábel dos dereitos humanos.
8. Concellos radicalmente opostos ao TTIP (o Acordo Transatlántico de
Comercio e Investimentos), tratado de libre comercio Unión Europea-Estados
Unidos, polo que ten de lesivo para os intereses dos pobos e as maiorías
sociais. Os Concellos en rede por Galiza apostan polo desenvolvemento a partir
das propias potencialidades, polo comercio de proximidade e a economía local.
9. Concellos que promovan a autoorganización social nos máis diversos
ámbitos da vida municipal: veciñal, cultural, xuvenil, etc., como garantía dunha
sociedade máis democrática, máis crítica, máis consciente e máis participativa.
10. Concellos que promovan a colaboración e as sinerxias entre as diferentes
entidades municipais, primando un deseño conxunto do país que combata o
despoboamento e os desequilibrios territoriais, aposte polo futuro ambiental,
teña en conta a realidade comarcal e escape das visións hiperlocalistas que
lastran o desenvolvemento do conxunto da nación galega.
Santiago de Compostela, Galiza, 18 de xuño de 2015

More Related Content

What's hot

What's hot (8)

Manifesto "o parlamento é do pobo"
Manifesto "o parlamento é do pobo"Manifesto "o parlamento é do pobo"
Manifesto "o parlamento é do pobo"
 
Programa electoral de En Marea
Programa electoral de En MareaPrograma electoral de En Marea
Programa electoral de En Marea
 
Tema 4 sociais
Tema 4 sociaisTema 4 sociais
Tema 4 sociais
 
Tríptico informativo
Tríptico informativoTríptico informativo
Tríptico informativo
 
Programa de Veciños por Lugo (VL)
Programa de Veciños por Lugo (VL)Programa de Veciños por Lugo (VL)
Programa de Veciños por Lugo (VL)
 
Manifesto 1 de maio
Manifesto 1 de maioManifesto 1 de maio
Manifesto 1 de maio
 
Tema 4
Tema 4Tema 4
Tema 4
 
Tema 4
Tema 4Tema 4
Tema 4
 

Similar to Concellos en rede por galiza

Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024
Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024
Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024luarodalegre97
 
Boletín BNG O Porriño
Boletín BNG O PorriñoBoletín BNG O Porriño
Boletín BNG O PorriñoBNGdoPorrinho
 
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdfPrograma electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdfBNGdoPorrinho
 
Memoria de actividades ACPP Galicia, ano 2023
Memoria de actividades ACPP Galicia, ano 2023Memoria de actividades ACPP Galicia, ano 2023
Memoria de actividades ACPP Galicia, ano 2023acppgalicia
 
Tritptico da Alternativa pola Unidade
Tritptico da Alternativa pola UnidadeTritptico da Alternativa pola Unidade
Tritptico da Alternativa pola Unidadealternativaapu
 
Tríptico da Alternativa pola Unidade
Tríptico da Alternativa pola UnidadeTríptico da Alternativa pola Unidade
Tríptico da Alternativa pola Unidadealternativaapu
 
Propostas de resolución presentadas no Debate sobre o estado da Nación Galega...
Propostas de resolución presentadas no Debate sobre o estado da Nación Galega...Propostas de resolución presentadas no Debate sobre o estado da Nación Galega...
Propostas de resolución presentadas no Debate sobre o estado da Nación Galega...BNG - Bloque Nacionalista Galego
 
Voceiro BNG O Porriño outubro 2019
Voceiro BNG O Porriño outubro 2019Voceiro BNG O Porriño outubro 2019
Voceiro BNG O Porriño outubro 2019BNGdoPorrinho
 
Programa del BNG para las elecciones de Galicia 2024
Programa del BNG para las elecciones de Galicia 2024Programa del BNG para las elecciones de Galicia 2024
Programa del BNG para las elecciones de Galicia 2024luarodalegre97
 
Díptico informativo do BNG
Díptico informativo do BNGDíptico informativo do BNG
Díptico informativo do BNGBNGdoPorrinho
 
IAF140 nº9dixital
IAF140 nº9dixitalIAF140 nº9dixital
IAF140 nº9dixitalIGADI
 
Comunicado ConstitucióN Queremos Galego
Comunicado ConstitucióN Queremos GalegoComunicado ConstitucióN Queremos Galego
Comunicado ConstitucióN Queremos Galegocenlf
 
IAF139 nº8dixital
IAF139 nº8dixitalIAF139 nº8dixital
IAF139 nº8dixitalIGADI
 

Similar to Concellos en rede por galiza (20)

Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024
Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024
Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024
 
Boletín BNG O Porriño
Boletín BNG O PorriñoBoletín BNG O Porriño
Boletín BNG O Porriño
 
Folleto Día da Patria Galega
Folleto Día da Patria GalegaFolleto Día da Patria Galega
Folleto Día da Patria Galega
 
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdfPrograma electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdf
 
[Xerais 2019 (10N)] 30 ideas claras
[Xerais 2019 (10N)] 30 ideas claras[Xerais 2019 (10N)] 30 ideas claras
[Xerais 2019 (10N)] 30 ideas claras
 
Memoria de actividades ACPP Galicia, ano 2023
Memoria de actividades ACPP Galicia, ano 2023Memoria de actividades ACPP Galicia, ano 2023
Memoria de actividades ACPP Galicia, ano 2023
 
boletín xaneiro 2017
boletín   xaneiro 2017boletín   xaneiro 2017
boletín xaneiro 2017
 
Tritptico da Alternativa pola Unidade
Tritptico da Alternativa pola UnidadeTritptico da Alternativa pola Unidade
Tritptico da Alternativa pola Unidade
 
Tríptico da Alternativa pola Unidade
Tríptico da Alternativa pola UnidadeTríptico da Alternativa pola Unidade
Tríptico da Alternativa pola Unidade
 
Propostas de resolución presentadas no Debate sobre o estado da Nación Galega...
Propostas de resolución presentadas no Debate sobre o estado da Nación Galega...Propostas de resolución presentadas no Debate sobre o estado da Nación Galega...
Propostas de resolución presentadas no Debate sobre o estado da Nación Galega...
 
Voceiro BNG O Porriño outubro 2019
Voceiro BNG O Porriño outubro 2019Voceiro BNG O Porriño outubro 2019
Voceiro BNG O Porriño outubro 2019
 
programa bng ribadeo 2023.pdf
programa bng ribadeo 2023.pdfprograma bng ribadeo 2023.pdf
programa bng ribadeo 2023.pdf
 
Programa electoral Xerais 2019
Programa electoral Xerais 2019Programa electoral Xerais 2019
Programa electoral Xerais 2019
 
Programa del BNG para las elecciones de Galicia 2024
Programa del BNG para las elecciones de Galicia 2024Programa del BNG para las elecciones de Galicia 2024
Programa del BNG para las elecciones de Galicia 2024
 
Díptico informativo do BNG
Díptico informativo do BNGDíptico informativo do BNG
Díptico informativo do BNG
 
Boletin fec abril 2018
Boletin fec abril 2018Boletin fec abril 2018
Boletin fec abril 2018
 
PG.pdf
PG.pdfPG.pdf
PG.pdf
 
IAF140 nº9dixital
IAF140 nº9dixitalIAF140 nº9dixital
IAF140 nº9dixital
 
Comunicado ConstitucióN Queremos Galego
Comunicado ConstitucióN Queremos GalegoComunicado ConstitucióN Queremos Galego
Comunicado ConstitucióN Queremos Galego
 
IAF139 nº8dixital
IAF139 nº8dixitalIAF139 nº8dixital
IAF139 nº8dixital
 

More from BNG - Bloque Nacionalista Galego

Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machista
Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machistaDecálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machista
Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machistaBNG - Bloque Nacionalista Galego
 
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.BNG - Bloque Nacionalista Galego
 
O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafa
O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafaO espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafa
O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafaBNG - Bloque Nacionalista Galego
 
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencialDesconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencialBNG - Bloque Nacionalista Galego
 
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...BNG - Bloque Nacionalista Galego
 
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirus
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirusPropostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirus
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirusBNG - Bloque Nacionalista Galego
 

More from BNG - Bloque Nacionalista Galego (20)

Queremos vida. Queremos futuro. Altri non.
Queremos vida. Queremos futuro. Altri non.Queremos vida. Queremos futuro. Altri non.
Queremos vida. Queremos futuro. Altri non.
 
Mellor local. Mellor Galego. Campaña comercio local 2023
Mellor local. Mellor Galego. Campaña comercio local 2023Mellor local. Mellor Galego. Campaña comercio local 2023
Mellor local. Mellor Galego. Campaña comercio local 2023
 
Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machista
Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machistaDecálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machista
Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machista
 
Programa electoral das Xerais de 2023
Programa electoral das Xerais de 2023Programa electoral das Xerais de 2023
Programa electoral das Xerais de 2023
 
Decálogo de compromisos do BNG para facer valer Galiza
Decálogo de compromisos do BNG para facer valer GalizaDecálogo de compromisos do BNG para facer valer Galiza
Decálogo de compromisos do BNG para facer valer Galiza
 
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.
 
Queremos tren
Queremos trenQueremos tren
Queremos tren
 
90 anos do Partido Galeguista
90 anos do Partido Galeguista90 anos do Partido Galeguista
90 anos do Partido Galeguista
 
O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafa
O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafaO espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafa
O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafa
 
Defendamos a sanidade pública
Defendamos a sanidade públicaDefendamos a sanidade pública
Defendamos a sanidade pública
 
8M. Sostemos o presente. Cambiemos o futuro.
8M. Sostemos o presente. Cambiemos o futuro.8M. Sostemos o presente. Cambiemos o futuro.
8M. Sostemos o presente. Cambiemos o futuro.
 
Propostas BNG "Xerar Futuro. Galiza Next."
Propostas BNG "Xerar Futuro. Galiza Next."Propostas BNG "Xerar Futuro. Galiza Next."
Propostas BNG "Xerar Futuro. Galiza Next."
 
Proxecto para a recuperación produtiva das rías galegas
Proxecto para a recuperación produtiva das rías galegasProxecto para a recuperación produtiva das rías galegas
Proxecto para a recuperación produtiva das rías galegas
 
100 anos de Nós
100 anos de Nós100 anos de Nós
100 anos de Nós
 
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencialDesconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial
 
100 anos do Día da Patria Galega
100 anos do Día da Patria Galega100 anos do Día da Patria Galega
100 anos do Día da Patria Galega
 
Programa electoral das Galegas 2020
Programa electoral das Galegas 2020Programa electoral das Galegas 2020
Programa electoral das Galegas 2020
 
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...
 
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirus
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirusPropostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirus
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirus
 
Folleto en defensa da sanidade pública
Folleto en defensa da sanidade públicaFolleto en defensa da sanidade pública
Folleto en defensa da sanidade pública
 

Concellos en rede por galiza

  • 1. CONCELLOS EN REDE POR GALIZA A alternativa política que representa o Bloque Nacionalista Galego-Asembleas Abertas ten entre os seus obxectivos o de construír un país novo e libre, unha Galiza, a do século XXI, con poder político real, libre e soberana, que poida desenvolver as súas potencialidades económicas, sociais e culturais en harmonía con todos os pobos e nacións do mundo. E somos conscientes de que a representación municipal ofrece numerosas posibilidades de transformación social para ir, concello a concello, construíndo esa Galiza nosa, creando as condicións que posibiliten unha vida digna para o conxunto da veciñanza. O traballo do BNG en numerosos concellos, nomeadamente alí onde estamos no goberno municipal, actúa e continuará a actuar de verdadeiro dique de contención fronte as políticas antisociais e antigalegas da Xunta e de Madrid. Por iso xulgamos máis necesario que nunca desenvolver un proxecto político en chave nacional nos diferentes concellos. Nesta liña, queremos aproveitar esta oportunidade para nos comprometermos a impulsar e conformar unha estrutura estábel, de cooperación recíproca, en rede, como alicerce dese país libre por que traballamos. Velaquí un exercicio de determinación política para construír un auténtico Contrapoder fronte ás políticas
  • 2. de devastación. Velaquí unha rede de concellos insubmisos aos ditados da UE, do Goberno español e da Xunta, que fundamentarán a súa acción común nos seguintes criterios políticos: 1. Concellos comprometidos na loita contra a pobreza e, de maneira moi particular, contra a pobreza enérxetica e, por tanto, concellos implicados en garantir que todos os fogares teñan dereito aos servizos domésticos básicos (auga, electricidade, gas...). 2. Concellos libres de desafiuzamentos, en que ningunha persoa poderá ser desaloxado da súa vivenda habitual sen garantía dunha alternativa habitacional, e por tanto, en que o dereito á vivenda será un dereito a garantir polos poderes públicos. 3. Concellos á vangarda das políticas de igualdade entre mulleres e homes, fomentando actuacións que contribúan a visibilizar socialmente as mulleres e que actúen decididamente a prol da erradicación da violencia machista. 4. Concellos plenamente implicados na promoción de usos da lingua galega, desenvolvendo actuacións planificadas que contribúan á normalización de usos do noso idioma nos máis diversos ámbitos da vida municipal. 5. Concellos de intolerancia absoluta coa corrupción, e en que a transparencia e as boas prácticas sexan a única norma de comportamento nos diferentes niveis do día a día da entidade local. 6. Concellos comprometidos coa cultura e patrimonio propios, destinando recursos á posta en valor das diferentes manifestacións culturais e patrimoniais galegas. 7. Concellos orgullosos da nosa identidade colectiva como galegos e galegos, defensores e promotores do dereito a decidir da Galiza, e ao mesmo tempo concellos solidarios coas diferentes causas dos pobos do mundo, así como coa defensa inquebrantábel dos dereitos humanos. 8. Concellos radicalmente opostos ao TTIP (o Acordo Transatlántico de Comercio e Investimentos), tratado de libre comercio Unión Europea-Estados Unidos, polo que ten de lesivo para os intereses dos pobos e as maiorías sociais. Os Concellos en rede por Galiza apostan polo desenvolvemento a partir das propias potencialidades, polo comercio de proximidade e a economía local. 9. Concellos que promovan a autoorganización social nos máis diversos ámbitos da vida municipal: veciñal, cultural, xuvenil, etc., como garantía dunha sociedade máis democrática, máis crítica, máis consciente e máis participativa. 10. Concellos que promovan a colaboración e as sinerxias entre as diferentes entidades municipais, primando un deseño conxunto do país que combata o despoboamento e os desequilibrios territoriais, aposte polo futuro ambiental, teña en conta a realidade comarcal e escape das visións hiperlocalistas que lastran o desenvolvemento do conxunto da nación galega. Santiago de Compostela, Galiza, 18 de xuño de 2015