1. Voceiro do BNG das PontesVoceiro do BNG das Pontes
Abril 2015Abril 2015
E QUE FIXERON?
Estamos á portas dunhas Eleccións Municipais, por iso sería bo analizar que fixo
este Goberno Municipal nos últimos catro anos, con maioría absoluta, e que nos
custou máis de 600.000 euros en dedicacións e persoal de confianza; e non nos
referimos a Festas, Comelladas ou Publicidade (niso son uns campións), falamos
de realizacións en Infraestruturas, política Industrial, Servizos Sociais, etc.
A resposta, por desgraza, é rápida, non fixeron nada de nada.
Tiveron a oportunidade do Plan do Carbón e, mesmo gobernando o PSOE en
Madrid, non foron quen de realizar ningunha obra nas Pontes, con máis de 54
millóns de euros asignados; no mesmo tempo o Concello de Cerceda si que
conseguiu actuacións concretas: museo da Minaría, ampliación polígono,
equipamentos deportivos, ampliación do parque acuático, centro tecnolóxico e
formación, paseo fluvial, xeriátrico, albergue, etc.
Non ampliaron un só metro cadrado de solo industrial; iso si gastaron nun
imaxinario Parque Tecnolóxico da Vilavella (do que temos unha débeda por un
crédito) e anunciaron e prometeron o de Aparral.
Tampouco impulsaron ningunha negociación coa Xunta para dotar a As
Pontes dunha Residencia.
NON FIXERON NADA
Exemplar gratuíto, custe total 7 céntimos. 3.000 voceiros en papel
2. Que se atoparon cando chegaron ao Concello
Tiveron a sorte de entrar nun concello con máis de 2,5 millóns de euros nos
bancos, con case que 600.000 a libre disposición, e con máis de 1,8 millóns
pendentes de ingreso por Endesa procedentes das últimas anualidades do
convenio pola transformación dos grupos.
Un concello que, en épocas difíciles e grazas ao esforzo de moita xente e de
diferentes organizacións, entre elas o BNG, mais tamén cunha grande
participación sindical –agora desprezada pola Alcaldía-, logrou infraestruturas:
polígono de Penapurreira, ampliación dos Airíos, redes de comunicación e gas,
autovía Ferrol-As Pontes-Vilalba, estradas a Cabanas e Ortigueira, Centro de Día,
Escola Infantil, vivendas sociais, paseo do Río (paralizado polo actual Alcalde), etc,
e tamén asentamento de empresas e creación de emprego.
FUTURO
Para enfrontar o futuro e saír desta caída económica na que esta o noso pobo, As
Pontes necesita un revulsivo, se continuamos catro anos máis con esta dinámica
no goberno municipal serían demoledores; tivemos unha maioría absoluta
desastrosa que quedou adormecida a base de festas e festexos varios.
Desde as eleccións do 2011, perdemos 541 votantes (máis de 100 cada ano),
unha consecuencia máis das políticas do PSOE; e non perdemos aínda máis
poboación porque moitas persoas están amarradas polas hipotecas, xa que de
poder vender as vivendas a un prezo xusto, habería aínda máis veciños/as que
deixarían As Pontes, pois xa non lle ven futuro.
Foi unha Lexislatura Perdida. Temos que darlle a volta¡¡¡
—oo0oo—
Se queres recibir o Voceiro do BNG no teu correo electrónico, envíanos a túa solicitude
a: aspontes@bng-galiza.org. No noso facebook temos Artigos de Opinión.
Exemplar gratuíto, custe total 7 céntimos. 3.000 voceiros en papel