Coas
Ideas
Claras
Pedro Pereira
O Porriño
Adiante
con
ideas
claras
oporrinho.bng.gal
oporrinho@bng.gal
facebook.com/bng.oporrino
twitter.com/bngoporrinho
Agora
Mobilidade para todas as persoas
Queremos avanzar na recuperación e creación de espazos
públicos para a convivencia (humanización, prazas, parques,...).
O Porriño necesita dunha rede de transporte público eficaz e
sostíbel, atendendo á interconexión entre parroquias e entre os
concellos da contorna.
O Porriño máis social
Os servizos sociais son unha cuestión de dereito á vida digna.
Consideramos fundamental ampliar os Servizos de Axuda
no Fogar, Xantar na Casa, centros de día, tele-asistencia,
transporte adaptado; atender as necesidades nas situacións de
desafiuzamento, de pobreza enerxética e de emerxencia social.
Contamos coa mocidade
A mocidade é a nosa aposta para o futuro. O Porriño precisa
dun espazo para fomentar a creatividade e a expresión
artística da xente nova. Precisamos tamén un Plan de
Emprego Xuvenil que poña o foco nas necesidades formativas
e de orientación laboral e apoiar proxectos emprendedores da
mocidade.
Ecoloxía, recursos naturais e residuos
Promovemos un novo paradigma na xestión dos residuos
sólidos urbanos, apoiado na implicación colectiva e a
participación directa de toda a veciñanza.
Apostamos pola compostaxe, pola colaboración coas entidades
sociais, coas comunidades de montes e de auga, para promover
un uso e consumo racional, eficiente e sustentábel dos nosos
recursos.
Dinamización cultural
A cultura é un instrumento transformador co que a cidadanía
ten acceso á liberdade de expresión, ao pensamento crítico, á
creación, en definitiva a realizarse como individuo. Apostamos
por reactivar a vida cultural do concello, ampliar e dinamizar a
oferta cultural para que esta chegue a toda a veciñanza.
Ideas claras dos
#ConcellosBNG
O Porriño con
ideas claras
Vilas e cidades para as persoas.
Concellos pensados para a calidade
de vida, a convivencia, a seguridade, a
saúde.
Boa xestión.
Transparente e rigorosa cos recursos
públicos e eficaz, áxil e solvente cara a
veciñanza.
Mellores servizos.
Bos servizos públicos á veciñanza e
garantía de equidade no acceso.
Apoio á actividade económica.
Con criterio e intelixencia, desde o
desenvolvemento local, con apoio ao
talento e as boas ideas.
A igualdade de xénero como prioridade.
Concellos feministas, que fan da
igualdade de xénero unha prioridade.
Compromiso medioambiental.
Concellos que coidan e defenden o
territorio desde a sustentabilidade.
Democracia e dereitos.
Para máis convivencia, cohesión social
e dereitos para todas e todos.
Concellos galegos.
Que impulsan e apoian activamente a
nosa lingua, cultura e patrimonio.

Díptico informativo do BNG

  • 1.
  • 2.
    Mobilidade para todasas persoas Queremos avanzar na recuperación e creación de espazos públicos para a convivencia (humanización, prazas, parques,...). O Porriño necesita dunha rede de transporte público eficaz e sostíbel, atendendo á interconexión entre parroquias e entre os concellos da contorna. O Porriño máis social Os servizos sociais son unha cuestión de dereito á vida digna. Consideramos fundamental ampliar os Servizos de Axuda no Fogar, Xantar na Casa, centros de día, tele-asistencia, transporte adaptado; atender as necesidades nas situacións de desafiuzamento, de pobreza enerxética e de emerxencia social. Contamos coa mocidade A mocidade é a nosa aposta para o futuro. O Porriño precisa dun espazo para fomentar a creatividade e a expresión artística da xente nova. Precisamos tamén un Plan de Emprego Xuvenil que poña o foco nas necesidades formativas e de orientación laboral e apoiar proxectos emprendedores da mocidade. Ecoloxía, recursos naturais e residuos Promovemos un novo paradigma na xestión dos residuos sólidos urbanos, apoiado na implicación colectiva e a participación directa de toda a veciñanza. Apostamos pola compostaxe, pola colaboración coas entidades sociais, coas comunidades de montes e de auga, para promover un uso e consumo racional, eficiente e sustentábel dos nosos recursos. Dinamización cultural A cultura é un instrumento transformador co que a cidadanía ten acceso á liberdade de expresión, ao pensamento crítico, á creación, en definitiva a realizarse como individuo. Apostamos por reactivar a vida cultural do concello, ampliar e dinamizar a oferta cultural para que esta chegue a toda a veciñanza. Ideas claras dos #ConcellosBNG O Porriño con ideas claras Vilas e cidades para as persoas. Concellos pensados para a calidade de vida, a convivencia, a seguridade, a saúde. Boa xestión. Transparente e rigorosa cos recursos públicos e eficaz, áxil e solvente cara a veciñanza. Mellores servizos. Bos servizos públicos á veciñanza e garantía de equidade no acceso. Apoio á actividade económica. Con criterio e intelixencia, desde o desenvolvemento local, con apoio ao talento e as boas ideas. A igualdade de xénero como prioridade. Concellos feministas, que fan da igualdade de xénero unha prioridade. Compromiso medioambiental. Concellos que coidan e defenden o territorio desde a sustentabilidade. Democracia e dereitos. Para máis convivencia, cohesión social e dereitos para todas e todos. Concellos galegos. Que impulsan e apoian activamente a nosa lingua, cultura e patrimonio.