1. VOCABULARIO UNIDADE 7 e 8
- Poboación activa: aquelas persoas que aportan traballo para producir bens
e servizos durante un periodo de referencia especificado.
- Poboación inactiva: aquelas persoas que non producen, en principio bens e
servizos: xubilados, menores, estudiantes, amas de casa, etc. As súas
fronteiras son difíciles de establecer exactamente.
- Taxa de actividade: relación que existe entre poboación activa en idade
legal para traballar e a poboación total nesa mesma idade (Taxa de
actividade = pob activa mayor de 16 anos / pob total mayor 16 anos X 100).
- Taxa de paro: relación que existe entre poboación parada (desempregada
ou en búsqueda de emprego) e a poboación activa, expresada en porcentaxe.
- Sector primario: conxunto de actividades esconómicas relacionadas coa
obtención de recursos da natureza. Implican a extracción e obtención de
materias primas do medio natural.
- Sector secundario: conxunto de actividades que implican a transformación
de materias primas en bens a través de procesos variados.
- Sector terciario: conxunto de actividades económicas que ofrecen servizos
a empresas e consumiodores (transporte, comercio, turismo, hostaleria,
educación, administración…). Tradicionalmente se incluiron neste sector
todas as actividades non englobadas no primario nin no secundario.
- Terciarización: proceso polo cal o sector terciario da economía (transporte,
turismo…), vai gañando peso (aportación ao PIB e volume de emprego)
respecto aos outros sectores (primario e sencudario) ata converterse en
sector principal.
- Sector terciario superior: tamén chamado sector terciario de decisións ou
sector cuaternario. Inclúe as actividades administrativas, de xestón ou
finaceiras, para permitir diferencialas das heterogéneas actividades
incluidas no terciario.
- Autarquía: situación económica na que un país obtén todos os bens
necesarios por sí mesmo, é decir, sen comerciar con outros estados.
- Oferta: cantidade de bens e servizos que os productores están dispostos a
ofrecer a diferentes prezos e condicións dados nun determinado momento.
- Demanda: cantidade de bens e servizos que o público quere e pode adquirir
para satisfacer as súas necesidades.
- Exportacións: venta de bens e servizos dun estado ao estranxeiro.
- Importacións: bens e servizos que un estado adquire do exterior.
- Arancel: imposto que se debe satisfacer en concepto de importación ou
exportación de bens ou servizos.
- Balanza de pagamentos: documento contable dun estado, onde se
rexistran os intercambios de bens, servizos e movementos de capital.
- Inflación: importante alteración no nivel xeral de prezos a causa dunha
distorsión entre diñeiro circulante e a circulación xeral de bens.
2. Normalmente maniféstase cunha alza de prezos que reflicte unha
depreciación da moeda.
- Déficit comercial: saldo negativo da diferencia entre o valor dos bens e
servizos que un país vende ao exterior e dos que adquire.
- Monopolio: situación de mercado no que unha soa empresa ofertante
controla a venta dun producto (ben ou servizo).
- Turismo: conxunto de actividades que realizan as persoas durante vixes e
estancias distintas ás do seu entorno habitual, por un periodo de tempo
consecutivo inferior a un ano, con fins xeralmente de ocio, por negocios e
outros motivos.
- Padrón municipal: rexistro dos veciños dos termos municipais. Recolle
datos demográficos, económicos e sociais. Actualízase o 1 de xaneiro
de cada ano
- Censo: reconto individualizado da poboción dun país nun momento
determinado. Recolle datos demográficos, económicos e sociais da
poboción: total de efectivos, sexo, idade, estado civil, nivel de
instrucción. Actualízase nos anos rematados en 1 (último en 2001,
próximo en 2011).
- Noménclator: Relación das unidades de población que conforman un
determinado territorio. O noménclator español inclúe datos de
población, vivendas, distancias quilométricas, altitude… dos distintos
municipios.
- Densidade de poboación: relación establecida entre o número de
individuos que compoñen unha población e a superficie que ocupan.
Exprésase en hab/km².
- Transición demográfica: paso dende un réxime demográfico antigo
(altas taxas natalidade e mortalidade) a un moderno (baixas taxas de
natalidade e mortalidade), que comeza cun brusco descenso da
mortalidade, seguido posteriormente pola natalidade, e
concretándose en un considerable incremento dos efectivos de
poboación.
- Taxa de natalidade: número de nados vivos nunha sociedade ao ano
por cada 1000 habitantes.
- Taxa de mortalidade: nunha sociedade número de defuncións ao ano
por cada 1000 habitantes.
- Taxa de mortalidade infantil: número de nenos falecidos antes de
cumplir un ano por cada 1000 nacidos vivos.
- Taxa de natalidade: número de nacidos vivos por cada mil mulleres
en idade de procrear (entre 15 e 49 anos)
- Crecemento natural (ou vexetativo): diferenza entre nacementos e
defuncións dunha sociedade. Se é positivo a poboación crece, se é
negativo decrece.
3. - Réxime demográfico: estadio na evolución dos movementos naturais
de poboación, definido por unhas determinadas taxas de natalidade,
mortalidade, que se traducen nun determinado crecemento natural.
- Emigración: desprazamento dun individuo dende un territorio cara a
outro distinto para vivir e traballar.
- Inmigración: Chegada de poboación a un espazo concreto para vivir e
traballar.
- Éxodo rural: fenómeno migratorio que implica o cambio de residencia
da población do medi rural cara ós núcleos urbanos.
- Movemento pendular: o término fai referencia aos desprazamentos
da poboación de ida e volta cunha periodicidade determinada, xa sexa
diaria, semanal, mensual ou anual. Estas emigracións pendulares son
moi comúns actualmente propiciadas polo desenvolvemento dos
medios de comunicación e transporte. Relacionados con estes
movementos pendulares xurden, por exemplo, as cidades dormitorio.
- Saldo migratorio: balance entre inmigración e emigración. Se é
positivo crece a poboación, se é negativo a poboación decrece.
- Esperanza de vida: duración media da vida de cada individuo dun
grupo determinado.
- Crecemento real: variación dos efectivos dunha población durante un
periodo de tempo resultado do balance entre crecemento vexetativo
e saldo migratorio.
- Estrutura demográfica: Composición dunha población en función
dunha serie de variables: sexo, idade, actividade económica, nivel de
instrucción…
- Taxa de masculinidade: índice que mide a relación existente nunca
poboación entre homes e mulleres, concretada en medir o número de
homes por cada 100 mulleres.
- Índice de envellecemento: porcentaxe de personas de 65 anos ou
máis nunca población. Cando o índice supera o 12 % considérase que a
población está envellecida.
- Pirámide de poboación: Expresión gráfica da estrutura dunha
poboación. Grazas a estas pirámides de poboación podemos estudiar a
estrutura por idade e por sexo, por tanto pódese analizar o pasado e
presente desa poboación e prever as liñas xerais de futuro.