AS VANGARDAS
As vangardas son movementos artísticos internacionais que se desenvolveron entre 1910-1930. Representan unha ruptura e reacción contra a arte e a literatura do XIX.
Características: A liberdade creativa é o maior valor do artista. A arte non debe imitar a realidade, senón que ten que ser autónoma. Debe buscar a novidade e a orixinalidade. Ten un sentido lúdico e transgresor, que racha coas normas e a tradición.
Os diferentes movementos de vangarda chámanse ISMOS e constitúen distintas maneiras de renovación da arte. Os principais son: Futurismo Cubismo Dadaísmo Surrealismo
Futurismo Creado polo italiano Marinetti. Exalta a modernidade, a velocidade, as máquinas e o progreso. Rompe coa sintaxe e coa puntuación en literatura.
L. Balla:  A nena que corre polo balcón.
Gino Severini,  Tren pasando pola vila , 1872
Deus vehemente dunha raza de aceiro, automóbil ebrio de espazo, que choras cheo de angustia, co freo nos dentes estridentes! Oh formidable monstro xaponés de ollos  de fragua, nutrido de lapas e aceites minerais, famento de horizontes e presas siderais o teu corazón expándese no seu taf-taf diabólico que os teus rexos pneumáticos se inchen para as danzas que bailen polas brancas estradas do mundo. solto, por fin, as túas bridas metálicas... Lánzaste  con embriaguez ao Infinito liberador Marinetti
Cubismo Descompón a realidade e recompona de novo mediante formas xeométricas. Destaca a técnica da colaxe.  En literatura destacan os caligramas de G. Apollinaire.
Picasso:  As señoritas de Aviñón
Picasso:  Retrato de Ambrosio Vollard
                                                                  COEUR, COURONNE, MIROIR
                                             
                                         
                                                          
Dadaísmo Nace en Suíza con Tristan Tzara. Negación de todo, concibe a arte como puro xogo. Movemento moi provocador. Pretende plasmar o caos e o absurdo que sente o artista ante a situación mundial.
Marcel Duchamp:  A fonte
Grosz:  Os piares da sociedade
Para facer un poema dadaísta Colla un xornal. Colla unhas tesoiras. Escolla no xornal un artigo da lonxitude que conta darlle ao poema. Recorte o artigo. Recorte con coidado cada unha das palabras que forman o artigo e métaas nunha bolsa. Axítea suavemente. Agora saque cada recorte un tras doutro. Copie concienzudamente na orde na que saíran da bolsa. O poema semellarase a vostede. E é  vostede un escritor infinitamente orixinal e  dunha sensibilidade fascinante, aínda que incomprendida polo vulgo.
Surrealismo Liderado por André Breton. A arte debe expresar o subconsciente, os soños e as emocións máis íntimas. Creación da escrita automática, liberada da lóxica e da razón.
Marc Chagall:  Eu e a aldea
A vangarda en Galiza Os movementos de vangarda europeos influíron tamén na pintura galega. Entre os anos 20 e 30 xorden os pintores coñecidos como “Os novos”. Destacan Maside, Laxeiro, Seoane, Colmeiro ou Maruja Mallo, entre outros.
Colmeiro:  Despedida
Seoane: Mulleres na praia
Maside:  Festa
Maruja Mallo:  Guía postal de Lugo
Vangardas  literarias en Galiza A influencia vangardista provocou unha renovación da poesía galega en tres liñas diferentes: 1 .  Imaxinismo ou hilozoísmo Paisaxe humanizada Amado Carballo 2.  Neotrobadorismo Formas da lírica medieval con temas contemporáneos Bouza Brey e Álvaro Cunqueiro 3.  Vangardismo Manuel Antonio

Vangardas noemí pazo

  • 1.
  • 2.
    As vangardas sonmovementos artísticos internacionais que se desenvolveron entre 1910-1930. Representan unha ruptura e reacción contra a arte e a literatura do XIX.
  • 3.
    Características: A liberdadecreativa é o maior valor do artista. A arte non debe imitar a realidade, senón que ten que ser autónoma. Debe buscar a novidade e a orixinalidade. Ten un sentido lúdico e transgresor, que racha coas normas e a tradición.
  • 4.
    Os diferentes movementosde vangarda chámanse ISMOS e constitúen distintas maneiras de renovación da arte. Os principais son: Futurismo Cubismo Dadaísmo Surrealismo
  • 5.
    Futurismo Creado poloitaliano Marinetti. Exalta a modernidade, a velocidade, as máquinas e o progreso. Rompe coa sintaxe e coa puntuación en literatura.
  • 6.
    L. Balla: A nena que corre polo balcón.
  • 7.
    Gino Severini, Tren pasando pola vila , 1872
  • 8.
    Deus vehemente dunharaza de aceiro, automóbil ebrio de espazo, que choras cheo de angustia, co freo nos dentes estridentes! Oh formidable monstro xaponés de ollos de fragua, nutrido de lapas e aceites minerais, famento de horizontes e presas siderais o teu corazón expándese no seu taf-taf diabólico que os teus rexos pneumáticos se inchen para as danzas que bailen polas brancas estradas do mundo. solto, por fin, as túas bridas metálicas... Lánzaste con embriaguez ao Infinito liberador Marinetti
  • 9.
    Cubismo Descompón arealidade e recompona de novo mediante formas xeométricas. Destaca a técnica da colaxe. En literatura destacan os caligramas de G. Apollinaire.
  • 10.
    Picasso: Asseñoritas de Aviñón
  • 11.
    Picasso: Retratode Ambrosio Vollard
  • 12.
  • 13.
                                              
  • 14.
  • 15.
                                                             
  • 16.
    Dadaísmo Nace enSuíza con Tristan Tzara. Negación de todo, concibe a arte como puro xogo. Movemento moi provocador. Pretende plasmar o caos e o absurdo que sente o artista ante a situación mundial.
  • 17.
  • 18.
    Grosz: Ospiares da sociedade
  • 19.
    Para facer unpoema dadaísta Colla un xornal. Colla unhas tesoiras. Escolla no xornal un artigo da lonxitude que conta darlle ao poema. Recorte o artigo. Recorte con coidado cada unha das palabras que forman o artigo e métaas nunha bolsa. Axítea suavemente. Agora saque cada recorte un tras doutro. Copie concienzudamente na orde na que saíran da bolsa. O poema semellarase a vostede. E é vostede un escritor infinitamente orixinal e dunha sensibilidade fascinante, aínda que incomprendida polo vulgo.
  • 20.
    Surrealismo Liderado porAndré Breton. A arte debe expresar o subconsciente, os soños e as emocións máis íntimas. Creación da escrita automática, liberada da lóxica e da razón.
  • 21.
    Marc Chagall: Eu e a aldea
  • 22.
    A vangarda enGaliza Os movementos de vangarda europeos influíron tamén na pintura galega. Entre os anos 20 e 30 xorden os pintores coñecidos como “Os novos”. Destacan Maside, Laxeiro, Seoane, Colmeiro ou Maruja Mallo, entre outros.
  • 23.
  • 24.
  • 25.
  • 26.
    Maruja Mallo: Guía postal de Lugo
  • 27.
    Vangardas literariasen Galiza A influencia vangardista provocou unha renovación da poesía galega en tres liñas diferentes: 1 . Imaxinismo ou hilozoísmo Paisaxe humanizada Amado Carballo 2. Neotrobadorismo Formas da lírica medieval con temas contemporáneos Bouza Brey e Álvaro Cunqueiro 3. Vangardismo Manuel Antonio