Presentación sobre a vida e a obra de Uxío Novoneyra (1930-1999), escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2010. Autoría da presentación: anónima.
Presentación sobre a vida e a obra de Uxío Novoneyra (1930-1999), escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2010. Autoría da presentación: anónima.
O concello de Vimianzo está situado, na súa maior parte, no núcleo do Val de Soneira -o val do río Grande-. Conta con dous pequenos tramos de litoral, na costa ao mar aberto e no interior da Ría de Camariñas. Está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
A ría de Corme e Laxe está situada na Costa da Morte. Ábrese entre as puntas do Roncudo (ao norte) e Laxe (ao sur), na saída ao mar do río Anllóns. Nesta ría pódense distinguir dúas áreas diferenciadas: o interior, formado polo esteiro do Anllóns, protexido da forza do mar por unha barra de area de 2 km; e o resto do espazo, máis aberto, rochoso e recortado con algunhas zonas abrigadas nas que hai praias. As vilas máis importantes son Corme, Ponteceso e Laxe. Está protexida no LIC/ZEC “Río Anllóns” e “Costa da Morte” e na ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Ponteceso está situado na marxe dereita da ría de Corme e Laxe e na costa de mar aberto, entre as puntas do Roncudo e Queimada. Os principais núcleos de poboación son Ponteceso e Corme. Acolle áreas de grande valor paisaxístico e biolóxico asociados ás costas e ao río. Está protexida nos LICs/ZECs “Costa da Morte” e “Río Anllóns” e na ZEPA “Espazo Mariño da Costa da Morte”.
O concello de Laxe está situado no corazón da Costa da Morte, entre a ría de Corme e Laxe e o litoral de mar aberto. Ten unha costa moi diversa na que se alternan grandes areais e marismas, ría, enseadas, cabos, illotes, furnas... con tramos expostos e protexidos, zonas baixas e elevados cantís. É dun grande interese paisaxístico, xeolóxico e biolóxico. Está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte” e na Paisaxe Protexida “Penedos de Traba e Pasarela”.
O concello de Camariñas está situado no centro da Costa da Morte. Ten unha parte de costa moi exposta polo norte e o oeste e outra parte protexida, dentro da ría, polo sur. Acolle importantes áreas de interese paisaxístico, xeolóxico, ecolóxico e cultural. Está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”,no Sitio Natural de Interese Nacional “Cabo Vilán” e no Lugar de Interese Xeolóxico “Praia do Trece”.
CABANA DE BERGANTIÑOS está situado no fondo e na banda sur da ría de Corme e Laxe, onde ten un amplo tramo de litoral, en parte protexido nos LICs/ZECs “Río Anllóns” e “Costa da Morte”.
O concello de Malpica de Bergantiños forma parte do tramo de litoral coñecido como Costa da Morte, unha sucesión de cantís abruptos entre os que se atopan algunhas praias e que inclúe as illas Sisargas.
Acolle importantes valores naturais e culturais. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Carballo forma da parte da Costa da Morte, unha costa exposta aberta ao océano e moi diversa, na que se alternan grandes areais e marismas, enseadas cabos, illas... con zonas baixas e elevados cantís. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Arteixo atópase na fachada atlántica, no comezo do tramo de costa coñecido como “A Costa da Morte”. Nos seus 19 km de costa atópanse cantís de distintas alturas, esteiros, coídos e extensos areais. É unha costa dun grande valor ecolóxico, paisaxístico e xeolóxico, cunha importante actividade industrial e turística. Unha parte está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de A Laracha ten unha única parroquia que da ao mar, Caión. Está situada na Costa da Morte e ten un litoral que alterna cantís e areais de grande valor paisaxístico e biolóxico.
A costa comprendida entre a Punta de Mera e Torella é un espazo de mar aberto que separa as rías da Coruña e Betanzos-Ares. Un espazo de enormes valores paisaxísticos e ecolóxicos.
É unha ría curta e ampla, que se abre entre as puntas do Seixo Branco e Herminia, cunha separación de 4 km, e unha lonxitude total de 14 km, dos que case a metade corresponden á chamada ría do Burgo formada polo esteiro do Mero, que está separada da parte máis ancha pola frecha de Santa Cristina.
O concello de Oleiros ten unha liña litoral de case 40 km. Unha parte na ría do Burgo, outra na ría da Coruña, unha terceira mirando ao mar aberto e outra na boca da ría de Betanzos. Parte está protexida no LIC/ZEC e Monumento Natural “Costa de Dexo e Seixo Branco”
O concello da Coruña ten unha costa moi recortada e variada, parte na ría, onde se atopa o porto da cidade, e parte en mar aberto onde se suceden cantís e fermosas praias como as de Orzán e Riazor.
4. Estudou o Bacharelato en
Lugo onde entrou en contacto
con intelectuais como Luis
Pimentel, Anxel Fole,
Celestino Fernández de la
Vega ou Ramón Pilñeiro.
6. No 1948 marchou a Madrid onde fixo
algún curso de Filosofía e Letras e
comezou a escribir poemas en castelán.
Fixo o servizo militar en Santiago canda
Manuel María, e no 1952 escribíu os
primeiros poemas en galego, lingua que
xa non deixaría nunca.
10. Do 1953 ao 1962 estivo no Courel
recobrándose dunha doenza.
En 1962 foi de novo a Madrid onde
traballou na radio e na televisión e
participou nalgunha das actividades
do grupo Brais Pinto.
14. Desde 1983 viveu en Santiago.
En octubre de 1999 foi elexido presidente
da Asociación de Escritores em Língua
Galega, cargo que ocupou ata a súa morte.
29. OBRA
-Os eidos (Vigo, 1955)
-Os eidos 2. Letanía de Galicia e outros poemas. Ed Galaxia, Vigo,
1974).
-Poemas caligráficos. Brais Pinto, Madrid, 1979.
-Os eidos. Libro do Courel. Ed. Xerais, 1981.
-Muller pra lonxe. Lugo, 1987.
-Do Courel a Compostela 1956-1986. Sotelo Blanco, Santiago de
Compostela, 1988.
-O cubil de Xabarín. Edlevives, Madrid, 1990.
-Tempo de elexía. Vía Láctea, Oleiros, 1991.
-Gorgorín e Cabezón. Edelvives Madrid, 1992.
-Poemas de doada certeza i este brillo premido entre as
pálpebras. Espiral Maior, A Coruña, 1994.
-Betanzos: Poema dos Caneiros e Estampas, 1998.
-Dos soños teimosos. Santiago de Compostela, Noitarenga 1998.
-Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín. Edelvives, Zaragoza, 1998.
-Arrodeos e desvíos do Camiño de Santiago e outras rotas.
Hércules Ediciones, A Coruña, 1999.
30. Novoneyra é un dos poetas máis
relevantes da lingua galega cunha obra
vangardista e ao tempo de fonda
raigame na terra e na xente, co Courel
como espazo físico inmediato e Galicia
como fondo.