SlideShare a Scribd company logo
1 of 8
Número ….......
CIENCIAS DA NATUREZA – 2ºESO
Boletín de repaso dos temas 3 e 4
Responde as seguintes preguntas no teu caderno. Non é preciso que copies os
enunciados, sempre a cando non perdas este papel.
1. Define os seguintes conceptos: a) Relación,b)reproducción, c) estolón, d) estímulo, e) comportamento,
f) receptor, g) efector, h) encéfalo, i) ganglio, j) gónada, k) tendón, l) reproducción asexual, m)
metamorfose, n) bulbo, o) espermatofita anemógama, p) gameto
a) Relación: función vital que permite aos seres vivos recibir información do medio externo e/ou interno
(coñecida como estímulo) e elaborar unha resposta fronte a mesma.
b) Reproducción: función vital pola cal os seres vivos proxenitores son capaces de obter descendencia
igual ou semellante a eles mesmos.
c) Estolón: talos que crecen de forma horizontal sobre o chan dos cales, en certos puntos, aparecen
unha serie de raíces dando lugar a novos brotes que forman unha nova planta independente da planta
nai. Trátase dunha forma de reproducción asexual que presentan plantas como, por exemplo, os
amorodos, trébores, menta,
d) Estímulo: cambio do medio externo ou interno dun organismo capaz de provocar unha resposta no
mesmo.
e) Comportamento: conxunto de accións que constitúen a resposta dun organismo fronte a un estímulo.
f) Receptor: estructuras presentes nos seres vivos que teñen como función captar os diferentes
estímulos. Poden estar dispersos polo corpo ou agruparse formando órganos (coma os órganos dos
sentidos).
g) Efector: órganos que lles permiten aos seres vivos efectuar resposta fronte aos estímulos
recibidos.
h) Encéfalo: centro nervioso dos vertebrados en forma de masa abultada localizada no interior do seu
cráneo e encárgase de elaborar respostas fronte aos estímulos recibidos.
i) Ganglio: centro nervioso dos invertebrados constituído pola agrupación de células nerviosas que
reciben os mensaxes dos receptores e elaboran unha resposta fronte aos mesmos.
j) Gónada: órgano encargado da producción das células sexuais, é dicir, das células destinadas á
reproducción.
k) Tendón: parte do sistema locomotor encargada de unir os músculos aos ósos.
l) Reproducción asexual: forma de reproducción na que un único organismo dá lugar a un novo ser
idéntico aoproxenitor, é dicir, os organismos con reproducción asexual producen copias de si mesmos.
m) Metamorfose: conxunto de cambios, que se producen nos seres vivos con reproducción sexual e
desenvolvemento indirecto, a través dos cales as larvas convértense en adultos.
n) Bulbo: follas que conteñen substancias de reserva que se consumen durante o inverno e que en
primaveiraorixinanunha nova planta. Trátasedun tipo de reproducción asexual vexetativa que presentan
plantas coma os allos e as cebolas.
o) Espermatofita anemógama: planta que se reproduce a través de sementes e nas que o transporte de
pole faise a través do vento.
p) Gameto: célula sexual, é dicir, célula adicada á reproducción. Existen gametos masculinos
(espermatozoides nos animais e pole nos vexetais) e femininos (óvulos).
2. Leva a cabo un ESQUEMA no que clasifiques os receptores e os efectores, indicando tódolos tipos e
subitpos que coñezas e non esquezas engadir, alomenos, un exemplo de cada un.
Receptores:
- De estímulos químicos
- Por contacto - gusto
- A distancia - olfacto
- De estímulos térmicos - órganos en foseta
- De estímulos mecánicos
- Sensibles ó contacto e a presión - tacto
- Sensibles ás vibracións do aire ou auga – oído, liña lateral
- De estímulos luminosos ou fotorreceptores – vista (ollo en cámara/ollo composto)
Efectores
- sistema locomotor (músculos, ósos, tendóns e articulacións)
- Glándulas de secreción (secreción de saliva, veleno, pigmentos para cambios de cor, descargas
eléctricas,…)
3. Completa no teu caderno a seguinte táboa.
SITUACIÓN
ÓRGANO RECEPTOR e
CLASIFICACIÓN
ÓRGANO EFECTOR e
TIPO DE RESPOSTA
Un can escoita o son dun timbre e levanta as
orellas
Oído (receptor de estímulo
mecánico sensible
ásvibracións do aire)
Sistema locomotor
(movemento)
Escoitas o pitido que indica que o forno
rematou polo que vas a cociña, abres o forno e
cando ves a deliciosa pinta da túa empanada e
o ben que cheira a boca “faiseche auga”
Escoitas o pitido: Oído
(receptor de estímulo
mecánico sensible ás
vibracións do aire)
Ver a empanada: ollo en
cámara (fotorreceptor)
Ben que cheira: olfacto
(receptor químico a
distancia)
Sistema locomotor
(movemento cando vas
abri-lo forno) e
glándulas salivares
(secreción de saliva).
Comezas a comer a empanada e decataste que
botarlleunha guindilla non foiunha boa idea!
Cómo pica! Non fas máis que segregar saliva e
correndo tratas de servirte un vaso de auga.
Gusto (Receptor químico por
contacto)
Glándulas salivares
(secrección de saliva)
e aparello locomotor
(movemento)
Un peixe nota unhas fortes vibracións na auga
e comeza a nadar máis rápidamente para
escapar dun posible depredador.
Liña lateral (receptor de
estímulos mecánicos
sensibles ásvibracións da
auga)
Aparello locomotor
(movemento)
Chegas tarde a casa e camiñas amodiño polo
corredor da casa cando, de súpeto, escoitas
ruído na habitación dos teus pais, polo que te
quedas petrificado para que non te escoitene
comezas a “suar frío”
Oído (receptor de estímulo
mecánico sensible
ásvibracións do aire)
Glándulas sudoríparas
(producción de suor)
Unha anguia nadando sente que algo a toca e
trata de electrocutalo.
Tacto (receptor de estímulos
mecánicos sensible ao
contacto e á presión.
Glándulas electricas
(Descargas eléctricas)
Unhaserpe de cascabel nunhanoite cerrada
percibe a calor emitida por un coello,
acércasesixilosamentea el e fíncalle os dentes
para envelenalo e matalo.
Órgano en foseta (Receptor
de estímulos térmicos)
Aparello locomotor
(movemento) e
glándulas velenosas
(secreción de veleno)
4. Os receptores captan un estímulo e os efectores elaboran a pertinente resposta, pero qué
doussistemas interveñenna comunicación entre eles?Son idénticos para tódolosanimais?
Os dous sistemas son:
- Sistema nervioso, formado por nervios e centros nerviosos, cambiando estes últimos nos animais
vertebrados (encéfalo e médula espiñal) e invertebrados (ganglios)
- Sistema hormonal ou endocrino
5. Para qué son os nervios?Que é unha fibra nerviosa? Cal é a diferenza entre as fibras sensitivas e
motoras?
Os nervios son os “cables” polos que viaxa a información entre receptores – centros nerviosos – órganos
efectores. Cada nervio contén no seu interior un feixe de fibras que poden ser de dous tipos:
- Sensitivas, que son as que encargadas de envia-la información recibida polos receptores ata os
centros nerviosos encargados de elabora-la correspondente resposta.
- Motoras, responsables de transmiti-la respostaelaborada polos centros nerviosos ata os pertinentes
efectores.
6. Explica detalladamente o mecanismo que se desencadea no noso organismo nas seguintes situacións (é
dicir, cal é o estímulo, quen o recibe, por onde viaxa a información, ata onde chega, quen elabora a
resposta, que tipo de resposta é, por onde e ata onde chega esa resposta e quen a leva a cabo):
a) Escoitas o timbre da porta da túa casa e vas abri-la porta.
Nesta situación o estímulo é o son do timbre que é captado polo oído (receptor de estímulos mecánicos
sensible ás vibracións do aire). A información sobre ese estímulo é transmitida por medio das fibras
sensitivas dos nervio desde o oído ata a médula espiñal que a conduce ao encéfalo. O encéfalo recibe a
información de que soou un timbre polo que elabora a resposta axeitada, neste caso ir a abri-la porta.
Como o aparello locomotor é o que ten que entrar en xogo para conseguir esta resposta, o encéfalo
transmite esta información ata músculos axeitados por medio das fibras motoras dos nervios. Deste
xeito o aparello locomotor sabe que tén que entrar en funcionamento e mover brazos e pernas para
chegar ata a porta e abrila.
b) Ves como de repente as chamas dun incendio te rodean e foxes despavorido para porte a salvo.
Neste caso o estímulo son as chamas do incendio que son percibidas a través dos nosos ollos (ollo en
cámara, fotorreceptor). Nesta caso, como é unha situación de perigo, entran en xogo os dous sistemas:
- Por un lado o sistema nervioso de xeito completamente análogo ao caso anterior: a información sobre
a presenza de chamas o é transmitida por medio das fibras sensitivas dos nervio desde os ollos ata a
médula espiñal que a conduce ao encéfalo, que elabora a resposta (saír correndo) que é transmitida
rápidamente ata o aparello locomotor por medio das fibras motoras dos nervios.
- Pero como é unha situación de pon en perigo a supervivencia entra en xogo tamén o sistema hormonal,
polo que a información chega tamén aos riles que son os encargados de producir adrenalina, hormona
que se libera no torrente sanguíneo, chegando así ata o corazón e producindo que éste latexe máis a
présa, para que así chegue maior cantidade de sangue a tódolos músculos do corpo e os músculos poidan
moverse con máis celeridade e escapar así máis fácilmente do incendio.
7. No caso das plantas a función de relación é un tanto diferente á dos animais e ten lugar en forma de
tropismos e nastias. Cáles son as diferencias fundamentais entre ambos tipos de resposta? Indica en
cada uno dos seguintes casos cál é o tropismo/nastia que se produce, a qué estímulo responde e , nos
casos que sexa plausible, indica se son positivos ou negativos. (no dous últimos apartados fíxate tanto
nas raíces coma no talo)
A. B. C.
D. E. F.
Os tropismos son os movementos permanentes na dirección do crecemento de certas partes da planta
que se realizan como resposta a un estímulo externo e sempre se producen na dirección do axente
productor do estímulo, xa sexa en sentido favorable ou en sentido oposto ao mesmo. Sen embargo, as
nastias son movementostemporaisoupasaxeiros, producidos tamén por un estímulo, pero que non teñen
porqué producirse nasúa dirección.
A. Fototropismo- o estímulo é a luz solar. No caso do talo teremos un fototropismo positivo (oriéntase
cara a luz) e na raíz será negativo (crece en sentido oposto á luz).
B. Tigmotropismo – o estímulo é o contacto co pao de madeira.
C. Sismonastia – o estímulo é o contacto dun insecto coa folla da planta carnívora.
D. Nictinastia – o estímulo é a variación de luz, temperatura, humidade..que se produce ao pasar da
noite ao día e viceversa.
E. Xeotropismo – o estímulo é a gravidade. O talo ten un xeotropismo negativo, pois crece en sentido
contrario á gravidade, xusto o contrario do que acontece coa raíz, polo que terá un xeotropismo
positivo.
F.Hidrotropismo- O estímulo é a humidade. Como as raíces crecen orientándose cara a auga presentan
un hidrotropismo positivo, sendo negativo no caso do tronco, posto que éste crece en sentido contrario
8. Exercicio 18 páxina 50
Ver pdfadxunto
9. Exercicio 22 páxina 66
Ver pdfadxunto
10. Indica se a reproducción dos seguintes seres vivos é sexual ou asexual. Ademais especifica o tipo
concreto de reproducción, é dicir, se a súa reproducción é asexual aclara se é xemación, esporulación,
vexetativa (tubérculo, rizoma,..), fragmentación, etc. E no caso de ser sexual indica como se
clasificarían segundo as súas gónadas, segundo o seu desenvolvemento e segundo o lugar onde se
desenvolve o embrión.
Caracol, margarida, crocodilo, patacas, rá, bolboreta, fento, troita, amorodos, flamengo, golfiño,pólipo,
medusa, quenlla, serpe, estela de mar, miñoca de terra, allos
- Caracol: reproducción sexual. Organismo hermafrodita, de fecundación interna, ovíparo e de
desenvolvemento directo.
- Margarida: reproducción sexual, hermafrodita, espermatofita entomógama
- Crocodilo:reproducción sexual, unisexual, fecundación interna, ovíparo, desenvolvemento directo.
-Patacas: reproducción asexual vexetativa, tubérculo.
- Rá: reproducción sexual, unisexual, fecundación externa, ovípara, desenvolvemento indirecto por
metamorfose completa.
- Bolboreta: reproducción sexual, organismos unisexual, fecundación interna, ovíparo, desenvolvemento
indirecto por metamorfose completa..
- Fento: reproducción asexual a través de esporas.
- troita: reproducción sexual, ser unisexual, fecundación externa, ovípara, desenvolvementodirecto.
- Amorodos: reproducción asexual vexetativa a través de estolóns.
- Flamengo: reproducción sexual, seres unisexuais, fecundación interna, ovíparo, desenvolvemento
directo.
- golfiño: reproducción sexual, ser unisexual, fecundación interna, vivíparo, desenvolvemento directo.
- Pólipo: reproducción asexual por xemación.
- Medusa: reproducción sexual, ser unisexual (aunque existen algunas especies hermafroditas),
fecundación externa (salvo nalgunnhas especies), ovíparo, desenvolvementoindirecto por metamorfose
completa.
- Quenlla: reproducción sexual, ser unisexual, feundación interna, ovovivípara, desenvolvemento
directo.
- Serpe: reproducción sexual, ser unisexual, feundación interna, ovovivípara, desenvolvemento directo.
- estrela de mar: reproducción asexual por rexeneración.
- Miñoca de terra: reproducción sexual, hermafrodita, fecundación interna, ovíparos,
desenvolvementodirecto.
- Allos: reproducción asexual vexetativo por bulbos.
11. Qué diferencias existen entre a reproducción sexual e a asexual?Cal cres que é máis vantaxosa para
as especies e por qué?
Na reproducción sexual requírense dous seres vivos da mesma especie pero diferente sexo para obter
descendencia, de xeito que os novos seres son semellantes pero non idénticos aos seus proxenitores,
senón que presentan caracteres mesturados de ambos. Mentres que se a reproducción é asexual un
único organismo é capaz de reproducirse xerando copias idénticas de si mesmo. É máis vantaxosa a
reproducción sexual, pois permite que aumente a diversidade da especie ao mesturarse os caracteres
dos proxenitores, puidendo así xurdir especies con caracteres máis propicios paraa supervivivencia que
transmitirán a súa descendencia, facilitando así a adaptación ao medio. Ademais esta maior diversidade
axuda a garantir mellor a perpetuidade da especie, reducindose o risco de perigo de extinción, pois ante
un cambio brusco no medio sempre será máis plausible atopar entre a gran diversidade algún organismo
desa especie que posúa os caracteres necesarios para adaptarse a eses cambios.
12. Qué é unha flor? Debuxa unha no teu caderno, sinalando tódalas súas partes. Defíneas e indica a
súas función.
A flor é o órgano reproductor das plantas espermatófitas (as que se reproducen por sementes).
Adoitan ser hermafroditas e as súas partes máis
salientables son as seguintes:
- Cáliz e corola: constitúen a envoltura da flor. O
primeiro corresponda coa parte verde inferior da flor e
está formado por o conxunto de follas verdes inferiores
chamadas sépalos, mentres que a corola é a envoltura
superior formada polos pétalos, follas coloreadas que
intentan chama-la atención dos animais polinizadores.
- Estames: órgano reproductor masculino. Está formado
por un fío vertical, chamado filamento que remata nunha
especie de saquiño que contén os gran de pole e recibe o
nome de antera.
- pistilo: órgano feminino da flor. Ten forma de botella e diferenciamos tres partes: estigma (parte
superior ou boca da botella), estilo (parte intermedia ou pescozo da botella) e ovario (parte
ensanchada da botella). Dentro do ovario atópanse os óvulos, que son os gametos femininos.
13. Escribe detalladamente todo o proceso reproductor (ciclo sexual) para as seguintes especies: a)
galiña, b) ser humano, c) planta espermatófita entomógama.
a) Galiña: o primeiro paso do proceso reproductor consiste no aparemento entre o galo e a galiña tras
un proceso de cortexo por parte do macho. Tras o proceso de copulación prodúcese no interior da galiña
a unión do espermatozoide procedente do galo co óvulo da galiña formándose así a célula óvo. Esta
célula óvo de divide en repetidas ocasións formándose así o embrión. Este embrión no interior do seu
óvo sae ó exterior. Para que as células deste embrión continúen dividíndose para dar lugar a un novo ser
é fundamental un proceso de incubación por parte da galiña para conseguir unha temperatura constante
de entre 38-40ºC. Durante este proceso o embrión aliméntase das reservas alimenticias que contén o
interior do óvo, é dicir, a clara e a xema. Unha vez que son completamente consumidas a cría xa está
formada e lista para saír ao exterior, polo que se produce a eclosión do óvo. No caso das galiñas as crías
saen dos óvos completamente maduras, con plumas e poden alimentarse por si mesmas. Estas crías
crecerán ata chegar a fase adulta e estar listas para reproducirse, completándose deste xeito o ciclo.
b) Ser humano: o igual que no apartado anterior o proceso comeza pola copulación entre macho e
femia. Prodúcese a entrada dos espermatozoides a través da vaxina subindo polo útero ata chegar ás
trompas de Falopio onde se atoparán co óvulo que madurou no interior do ovario e foi expulsado por él.
No caso de que un espermatozoide se una co óvulo prodúcese a célula óvo ou cigoto que baixa ata o
útero onde se aloxa. Esa célula óvo experimenta múltiples divisións formando o embrión, que tras 9
meses de cambios e divisións celuares dan lugar a un bebé xa formado que sae ao exterior a través da
vaxina da súa nai nun proceso coñecido como parto. Agora o bebé crecerá e se desevolverá ata chegar á
etapa adulta e estará preparado para reproducirse, pechándose o ciclo.
c) Planta espermatófita entomógama: Neste caso o órgano reproductor é a flor. Os insectos pósanse
sobre as flores de xeito que os grans de pole contidos nas anteras dos estames pegánselles ao seu
corpo. Cando ese insecto voa hacia outra flor da mesma especie, eses grans de pole caen no pistilo, en
concreto no estigma. Cada gran de pole contén dous gametos masculinos. Deste gran de pole colocado no
estigma sae un tubo coñecido como tubo polínico polo que descenden os dous gametos. Este dous
gametos avanzan polo tubo polínico que baixa a través do estilo ata chegar ao ovario. Neste punto
prodúcese unha dobre fecundación: un dos gametos masculinos únese cun dos ovarios para dar lugar ao
embrión da sementeque é unha especie de planta en miniatura cunha pequena raíz, talo e dous folliñas
ou cotiledóns. O outro gameto masculino únese con outros dous óvulos orixinando o álbume, é dicir, a
substancia nutritiva da que se alimentará o embrión durante a súa formación. Como resultado do
proceso de fecundación obténse unha semente. O ovario seguidamente transfórmase no froito que
rodea a semente, perdendo a flor tódalas súas envolturas externas (pétalos, estames,..). Este froito
será seco ou carnoso segundo se as paredes do ovario endurecenou se acumulan substancias de reserva,
respectivamente. Estes froitos poden caer ao chan, ser comidos polos animais que expulsan a
semente...sexa como fóra se a semente é liberada nun chan de condicións favorables (sobre todo no
trocante a humidade e temperatura), prodúcese a xerminación, é dicir, a semente libera ao embrión que
se desenvolve e crece orixinando unha nova planta.
14. Sinala tódalas partes que coñezas dos aparatos reproductores masculino e feminino indicando
brevemente a súa función.
Trompas de Falopio:
comunican o ovario co útero.
Lugar onde se produce a
fecundación
Ovarios: gónadas femininas
encargadas da producción dos
óvulos (gametos femininos)
Útero: zona ensanchada que
alberga ao embrión no caso de
que se produza a fecundaciónVaxina:conducto polo que
ascenden os espermatozoides ou
por onde sae ao exterio o bebé
durante o parto (ou o óvulo sen
fecundar durante a menstruación)
Vesículas seminais:glándulas onde se
produce o líquido seminal polo que
nadan os espermatozoides
Conductos deferentes: conductos
que unen as vesículas seminaiscos
testículos.
Próstata: glándula do tamaño
dunha noz que produce o
líquido prostático que forma
parte do seme para protexer os
espermatozoides.
Testículos: gónadas masculinas onde
se producen os espermatozoides
(gametos masculinos)
Vexiga: contén os ouriños ata a
súa expulsión
Escroto: bolsas formadas por pel e
membranas que recubren e protexen
os testículos
Pene: órgano copulador
masculino a través del cual se
produce la salida del semen.
Boletín repaso temas 3 y 4 solucións

More Related Content

Similar to Boletín repaso temas 3 y 4 solucións

Similar to Boletín repaso temas 3 y 4 solucións (20)

Relación e coordinación
Relación e coordinaciónRelación e coordinación
Relación e coordinación
 
Boletín repaso temas 3 y 4
Boletín repaso temas 3 y 4Boletín repaso temas 3 y 4
Boletín repaso temas 3 y 4
 
Tema 3: Función de relación
Tema 3: Función de relaciónTema 3: Función de relación
Tema 3: Función de relación
 
Resumo t2 naturais_6
Resumo t2 naturais_6Resumo t2 naturais_6
Resumo t2 naturais_6
 
Resumo t6 naturais_6
Resumo t6 naturais_6Resumo t6 naturais_6
Resumo t6 naturais_6
 
Relación
Relación Relación
Relación
 
As funcións en animais
As funcións en animaisAs funcións en animais
As funcións en animais
 
O Corazón da máquina Bases biologicas de la conducta
O Corazón da máquina Bases biologicas de la conductaO Corazón da máquina Bases biologicas de la conducta
O Corazón da máquina Bases biologicas de la conducta
 
Resumo temas i-ii-coñec-quinto
Resumo temas i-ii-coñec-quintoResumo temas i-ii-coñec-quinto
Resumo temas i-ii-coñec-quinto
 
SISTEMA NERVIOSO
SISTEMA NERVIOSOSISTEMA NERVIOSO
SISTEMA NERVIOSO
 
Órganos e aparellos en animais (introdutorio)
Órganos e aparellos en animais (introdutorio)Órganos e aparellos en animais (introdutorio)
Órganos e aparellos en animais (introdutorio)
 
SISTEMA NERVIOSO
SISTEMA NERVIOSOSISTEMA NERVIOSO
SISTEMA NERVIOSO
 
A funcion de relacion 2016
A funcion de relacion 2016A funcion de relacion 2016
A funcion de relacion 2016
 
Tema 3 a función de relación
Tema 3 a función de relaciónTema 3 a función de relación
Tema 3 a función de relación
 
A funcion de relacion 2014
A funcion de relacion 2014A funcion de relacion 2014
A funcion de relacion 2014
 
Experiencia sensible
Experiencia sensibleExperiencia sensible
Experiencia sensible
 
Os seres vivos
Os seres vivosOs seres vivos
Os seres vivos
 
A funcion de relacion 2017
A funcion de relacion 2017A funcion de relacion 2017
A funcion de relacion 2017
 
resumo das reaccions das plantas
resumo das reaccions das plantasresumo das reaccions das plantas
resumo das reaccions das plantas
 
distintos tipos de organos sensoriais
distintos tipos de organos sensoriaisdistintos tipos de organos sensoriais
distintos tipos de organos sensoriais
 

More from mariavarey

Recopilacion examenes
Recopilacion examenesRecopilacion examenes
Recopilacion examenesmariavarey
 
Parcial 2 3ev fy_q4
Parcial 2 3ev fy_q4Parcial 2 3ev fy_q4
Parcial 2 3ev fy_q4mariavarey
 
Trabajo verano 4 eso
Trabajo verano 4 esoTrabajo verano 4 eso
Trabajo verano 4 esomariavarey
 
Trabajo de verano 1 bachillerato
Trabajo de verano 1 bachilleratoTrabajo de verano 1 bachillerato
Trabajo de verano 1 bachilleratomariavarey
 
Examen recuperación 3º evaluación
Examen recuperación 3º evaluaciónExamen recuperación 3º evaluación
Examen recuperación 3º evaluaciónmariavarey
 
Examen final3º evaluación completo
Examen final3º evaluación completoExamen final3º evaluación completo
Examen final3º evaluación completomariavarey
 
Examen final3º evaluación completo
Examen final3º evaluación completoExamen final3º evaluación completo
Examen final3º evaluación completomariavarey
 
Trabajos electricidad
Trabajos electricidadTrabajos electricidad
Trabajos electricidadmariavarey
 
Repaso final 3º evaluación soluciones
Repaso final 3º evaluación solucionesRepaso final 3º evaluación soluciones
Repaso final 3º evaluación solucionesmariavarey
 
Repaso final 3º evaluación soluciones
Repaso final 3º evaluación solucionesRepaso final 3º evaluación soluciones
Repaso final 3º evaluación solucionesmariavarey
 
Examen recuperacion final
Examen recuperacion finalExamen recuperacion final
Examen recuperacion finalmariavarey
 
Septiembre 2013 soluciones
Septiembre 2013 solucionesSeptiembre 2013 soluciones
Septiembre 2013 solucionesmariavarey
 
Junio 2013 soluciones
Junio 2013 solucionesJunio 2013 soluciones
Junio 2013 solucionesmariavarey
 
Septiembre 2013 soluciones
Septiembre 2013 solucionesSeptiembre 2013 soluciones
Septiembre 2013 solucionesmariavarey
 
Septiembre 2013
Septiembre 2013Septiembre 2013
Septiembre 2013mariavarey
 
Junio 2013 soluciones
Junio 2013 solucionesJunio 2013 soluciones
Junio 2013 solucionesmariavarey
 
Modelo 2013 soluc
Modelo 2013 solucModelo 2013 soluc
Modelo 2013 solucmariavarey
 

More from mariavarey (20)

Recopilacion examenes
Recopilacion examenesRecopilacion examenes
Recopilacion examenes
 
Parcial 2 3ev fy_q4
Parcial 2 3ev fy_q4Parcial 2 3ev fy_q4
Parcial 2 3ev fy_q4
 
Trabajo verano 4 eso
Trabajo verano 4 esoTrabajo verano 4 eso
Trabajo verano 4 eso
 
Trabajo de verano 1 bachillerato
Trabajo de verano 1 bachilleratoTrabajo de verano 1 bachillerato
Trabajo de verano 1 bachillerato
 
Examen recuperación 3º evaluación
Examen recuperación 3º evaluaciónExamen recuperación 3º evaluación
Examen recuperación 3º evaluación
 
Examen final3º evaluación completo
Examen final3º evaluación completoExamen final3º evaluación completo
Examen final3º evaluación completo
 
Examen final3º evaluación completo
Examen final3º evaluación completoExamen final3º evaluación completo
Examen final3º evaluación completo
 
Trabajos electricidad
Trabajos electricidadTrabajos electricidad
Trabajos electricidad
 
Repaso final 3º evaluación soluciones
Repaso final 3º evaluación solucionesRepaso final 3º evaluación soluciones
Repaso final 3º evaluación soluciones
 
Repaso final 3º evaluación soluciones
Repaso final 3º evaluación solucionesRepaso final 3º evaluación soluciones
Repaso final 3º evaluación soluciones
 
Examen recuperacion final
Examen recuperacion finalExamen recuperacion final
Examen recuperacion final
 
Septiembre 2013 soluciones
Septiembre 2013 solucionesSeptiembre 2013 soluciones
Septiembre 2013 soluciones
 
Junio 2013 soluciones
Junio 2013 solucionesJunio 2013 soluciones
Junio 2013 soluciones
 
Junio 2013
Junio 2013Junio 2013
Junio 2013
 
Septiembre 2013 soluciones
Septiembre 2013 solucionesSeptiembre 2013 soluciones
Septiembre 2013 soluciones
 
Septiembre 2013
Septiembre 2013Septiembre 2013
Septiembre 2013
 
Junio 2013 soluciones
Junio 2013 solucionesJunio 2013 soluciones
Junio 2013 soluciones
 
Junio 2013
Junio 2013Junio 2013
Junio 2013
 
Modelo 2013 soluc
Modelo 2013 solucModelo 2013 soluc
Modelo 2013 soluc
 
Modelo 2013
Modelo 2013Modelo 2013
Modelo 2013
 

Boletín repaso temas 3 y 4 solucións

  • 1. Número …....... CIENCIAS DA NATUREZA – 2ºESO Boletín de repaso dos temas 3 e 4 Responde as seguintes preguntas no teu caderno. Non é preciso que copies os enunciados, sempre a cando non perdas este papel. 1. Define os seguintes conceptos: a) Relación,b)reproducción, c) estolón, d) estímulo, e) comportamento, f) receptor, g) efector, h) encéfalo, i) ganglio, j) gónada, k) tendón, l) reproducción asexual, m) metamorfose, n) bulbo, o) espermatofita anemógama, p) gameto a) Relación: función vital que permite aos seres vivos recibir información do medio externo e/ou interno (coñecida como estímulo) e elaborar unha resposta fronte a mesma. b) Reproducción: función vital pola cal os seres vivos proxenitores son capaces de obter descendencia igual ou semellante a eles mesmos. c) Estolón: talos que crecen de forma horizontal sobre o chan dos cales, en certos puntos, aparecen unha serie de raíces dando lugar a novos brotes que forman unha nova planta independente da planta nai. Trátase dunha forma de reproducción asexual que presentan plantas como, por exemplo, os amorodos, trébores, menta, d) Estímulo: cambio do medio externo ou interno dun organismo capaz de provocar unha resposta no mesmo. e) Comportamento: conxunto de accións que constitúen a resposta dun organismo fronte a un estímulo. f) Receptor: estructuras presentes nos seres vivos que teñen como función captar os diferentes estímulos. Poden estar dispersos polo corpo ou agruparse formando órganos (coma os órganos dos sentidos). g) Efector: órganos que lles permiten aos seres vivos efectuar resposta fronte aos estímulos recibidos. h) Encéfalo: centro nervioso dos vertebrados en forma de masa abultada localizada no interior do seu cráneo e encárgase de elaborar respostas fronte aos estímulos recibidos. i) Ganglio: centro nervioso dos invertebrados constituído pola agrupación de células nerviosas que reciben os mensaxes dos receptores e elaboran unha resposta fronte aos mesmos. j) Gónada: órgano encargado da producción das células sexuais, é dicir, das células destinadas á reproducción. k) Tendón: parte do sistema locomotor encargada de unir os músculos aos ósos. l) Reproducción asexual: forma de reproducción na que un único organismo dá lugar a un novo ser idéntico aoproxenitor, é dicir, os organismos con reproducción asexual producen copias de si mesmos. m) Metamorfose: conxunto de cambios, que se producen nos seres vivos con reproducción sexual e desenvolvemento indirecto, a través dos cales as larvas convértense en adultos. n) Bulbo: follas que conteñen substancias de reserva que se consumen durante o inverno e que en primaveiraorixinanunha nova planta. Trátasedun tipo de reproducción asexual vexetativa que presentan plantas coma os allos e as cebolas. o) Espermatofita anemógama: planta que se reproduce a través de sementes e nas que o transporte de pole faise a través do vento. p) Gameto: célula sexual, é dicir, célula adicada á reproducción. Existen gametos masculinos (espermatozoides nos animais e pole nos vexetais) e femininos (óvulos). 2. Leva a cabo un ESQUEMA no que clasifiques os receptores e os efectores, indicando tódolos tipos e subitpos que coñezas e non esquezas engadir, alomenos, un exemplo de cada un.
  • 2. Receptores: - De estímulos químicos - Por contacto - gusto - A distancia - olfacto - De estímulos térmicos - órganos en foseta - De estímulos mecánicos - Sensibles ó contacto e a presión - tacto - Sensibles ás vibracións do aire ou auga – oído, liña lateral - De estímulos luminosos ou fotorreceptores – vista (ollo en cámara/ollo composto) Efectores - sistema locomotor (músculos, ósos, tendóns e articulacións) - Glándulas de secreción (secreción de saliva, veleno, pigmentos para cambios de cor, descargas eléctricas,…) 3. Completa no teu caderno a seguinte táboa. SITUACIÓN ÓRGANO RECEPTOR e CLASIFICACIÓN ÓRGANO EFECTOR e TIPO DE RESPOSTA Un can escoita o son dun timbre e levanta as orellas Oído (receptor de estímulo mecánico sensible ásvibracións do aire) Sistema locomotor (movemento) Escoitas o pitido que indica que o forno rematou polo que vas a cociña, abres o forno e cando ves a deliciosa pinta da túa empanada e o ben que cheira a boca “faiseche auga” Escoitas o pitido: Oído (receptor de estímulo mecánico sensible ás vibracións do aire) Ver a empanada: ollo en cámara (fotorreceptor) Ben que cheira: olfacto (receptor químico a distancia) Sistema locomotor (movemento cando vas abri-lo forno) e glándulas salivares (secreción de saliva). Comezas a comer a empanada e decataste que botarlleunha guindilla non foiunha boa idea! Cómo pica! Non fas máis que segregar saliva e correndo tratas de servirte un vaso de auga. Gusto (Receptor químico por contacto) Glándulas salivares (secrección de saliva) e aparello locomotor (movemento) Un peixe nota unhas fortes vibracións na auga e comeza a nadar máis rápidamente para escapar dun posible depredador. Liña lateral (receptor de estímulos mecánicos sensibles ásvibracións da auga) Aparello locomotor (movemento) Chegas tarde a casa e camiñas amodiño polo corredor da casa cando, de súpeto, escoitas ruído na habitación dos teus pais, polo que te quedas petrificado para que non te escoitene comezas a “suar frío” Oído (receptor de estímulo mecánico sensible ásvibracións do aire) Glándulas sudoríparas (producción de suor) Unha anguia nadando sente que algo a toca e trata de electrocutalo. Tacto (receptor de estímulos mecánicos sensible ao contacto e á presión. Glándulas electricas (Descargas eléctricas) Unhaserpe de cascabel nunhanoite cerrada percibe a calor emitida por un coello, acércasesixilosamentea el e fíncalle os dentes para envelenalo e matalo. Órgano en foseta (Receptor de estímulos térmicos) Aparello locomotor (movemento) e glándulas velenosas (secreción de veleno)
  • 3. 4. Os receptores captan un estímulo e os efectores elaboran a pertinente resposta, pero qué doussistemas interveñenna comunicación entre eles?Son idénticos para tódolosanimais? Os dous sistemas son: - Sistema nervioso, formado por nervios e centros nerviosos, cambiando estes últimos nos animais vertebrados (encéfalo e médula espiñal) e invertebrados (ganglios) - Sistema hormonal ou endocrino 5. Para qué son os nervios?Que é unha fibra nerviosa? Cal é a diferenza entre as fibras sensitivas e motoras? Os nervios son os “cables” polos que viaxa a información entre receptores – centros nerviosos – órganos efectores. Cada nervio contén no seu interior un feixe de fibras que poden ser de dous tipos: - Sensitivas, que son as que encargadas de envia-la información recibida polos receptores ata os centros nerviosos encargados de elabora-la correspondente resposta. - Motoras, responsables de transmiti-la respostaelaborada polos centros nerviosos ata os pertinentes efectores. 6. Explica detalladamente o mecanismo que se desencadea no noso organismo nas seguintes situacións (é dicir, cal é o estímulo, quen o recibe, por onde viaxa a información, ata onde chega, quen elabora a resposta, que tipo de resposta é, por onde e ata onde chega esa resposta e quen a leva a cabo): a) Escoitas o timbre da porta da túa casa e vas abri-la porta. Nesta situación o estímulo é o son do timbre que é captado polo oído (receptor de estímulos mecánicos sensible ás vibracións do aire). A información sobre ese estímulo é transmitida por medio das fibras sensitivas dos nervio desde o oído ata a médula espiñal que a conduce ao encéfalo. O encéfalo recibe a información de que soou un timbre polo que elabora a resposta axeitada, neste caso ir a abri-la porta. Como o aparello locomotor é o que ten que entrar en xogo para conseguir esta resposta, o encéfalo transmite esta información ata músculos axeitados por medio das fibras motoras dos nervios. Deste xeito o aparello locomotor sabe que tén que entrar en funcionamento e mover brazos e pernas para chegar ata a porta e abrila. b) Ves como de repente as chamas dun incendio te rodean e foxes despavorido para porte a salvo. Neste caso o estímulo son as chamas do incendio que son percibidas a través dos nosos ollos (ollo en cámara, fotorreceptor). Nesta caso, como é unha situación de perigo, entran en xogo os dous sistemas: - Por un lado o sistema nervioso de xeito completamente análogo ao caso anterior: a información sobre a presenza de chamas o é transmitida por medio das fibras sensitivas dos nervio desde os ollos ata a médula espiñal que a conduce ao encéfalo, que elabora a resposta (saír correndo) que é transmitida rápidamente ata o aparello locomotor por medio das fibras motoras dos nervios. - Pero como é unha situación de pon en perigo a supervivencia entra en xogo tamén o sistema hormonal, polo que a información chega tamén aos riles que son os encargados de producir adrenalina, hormona que se libera no torrente sanguíneo, chegando así ata o corazón e producindo que éste latexe máis a présa, para que así chegue maior cantidade de sangue a tódolos músculos do corpo e os músculos poidan moverse con máis celeridade e escapar así máis fácilmente do incendio. 7. No caso das plantas a función de relación é un tanto diferente á dos animais e ten lugar en forma de tropismos e nastias. Cáles son as diferencias fundamentais entre ambos tipos de resposta? Indica en cada uno dos seguintes casos cál é o tropismo/nastia que se produce, a qué estímulo responde e , nos casos que sexa plausible, indica se son positivos ou negativos. (no dous últimos apartados fíxate tanto nas raíces coma no talo)
  • 4. A. B. C. D. E. F. Os tropismos son os movementos permanentes na dirección do crecemento de certas partes da planta que se realizan como resposta a un estímulo externo e sempre se producen na dirección do axente productor do estímulo, xa sexa en sentido favorable ou en sentido oposto ao mesmo. Sen embargo, as nastias son movementostemporaisoupasaxeiros, producidos tamén por un estímulo, pero que non teñen porqué producirse nasúa dirección. A. Fototropismo- o estímulo é a luz solar. No caso do talo teremos un fototropismo positivo (oriéntase cara a luz) e na raíz será negativo (crece en sentido oposto á luz). B. Tigmotropismo – o estímulo é o contacto co pao de madeira. C. Sismonastia – o estímulo é o contacto dun insecto coa folla da planta carnívora. D. Nictinastia – o estímulo é a variación de luz, temperatura, humidade..que se produce ao pasar da noite ao día e viceversa. E. Xeotropismo – o estímulo é a gravidade. O talo ten un xeotropismo negativo, pois crece en sentido contrario á gravidade, xusto o contrario do que acontece coa raíz, polo que terá un xeotropismo positivo. F.Hidrotropismo- O estímulo é a humidade. Como as raíces crecen orientándose cara a auga presentan un hidrotropismo positivo, sendo negativo no caso do tronco, posto que éste crece en sentido contrario 8. Exercicio 18 páxina 50 Ver pdfadxunto 9. Exercicio 22 páxina 66 Ver pdfadxunto 10. Indica se a reproducción dos seguintes seres vivos é sexual ou asexual. Ademais especifica o tipo concreto de reproducción, é dicir, se a súa reproducción é asexual aclara se é xemación, esporulación, vexetativa (tubérculo, rizoma,..), fragmentación, etc. E no caso de ser sexual indica como se clasificarían segundo as súas gónadas, segundo o seu desenvolvemento e segundo o lugar onde se desenvolve o embrión. Caracol, margarida, crocodilo, patacas, rá, bolboreta, fento, troita, amorodos, flamengo, golfiño,pólipo, medusa, quenlla, serpe, estela de mar, miñoca de terra, allos - Caracol: reproducción sexual. Organismo hermafrodita, de fecundación interna, ovíparo e de desenvolvemento directo. - Margarida: reproducción sexual, hermafrodita, espermatofita entomógama - Crocodilo:reproducción sexual, unisexual, fecundación interna, ovíparo, desenvolvemento directo.
  • 5. -Patacas: reproducción asexual vexetativa, tubérculo. - Rá: reproducción sexual, unisexual, fecundación externa, ovípara, desenvolvemento indirecto por metamorfose completa. - Bolboreta: reproducción sexual, organismos unisexual, fecundación interna, ovíparo, desenvolvemento indirecto por metamorfose completa.. - Fento: reproducción asexual a través de esporas. - troita: reproducción sexual, ser unisexual, fecundación externa, ovípara, desenvolvementodirecto. - Amorodos: reproducción asexual vexetativa a través de estolóns. - Flamengo: reproducción sexual, seres unisexuais, fecundación interna, ovíparo, desenvolvemento directo. - golfiño: reproducción sexual, ser unisexual, fecundación interna, vivíparo, desenvolvemento directo. - Pólipo: reproducción asexual por xemación. - Medusa: reproducción sexual, ser unisexual (aunque existen algunas especies hermafroditas), fecundación externa (salvo nalgunnhas especies), ovíparo, desenvolvementoindirecto por metamorfose completa. - Quenlla: reproducción sexual, ser unisexual, feundación interna, ovovivípara, desenvolvemento directo. - Serpe: reproducción sexual, ser unisexual, feundación interna, ovovivípara, desenvolvemento directo. - estrela de mar: reproducción asexual por rexeneración. - Miñoca de terra: reproducción sexual, hermafrodita, fecundación interna, ovíparos, desenvolvementodirecto. - Allos: reproducción asexual vexetativo por bulbos. 11. Qué diferencias existen entre a reproducción sexual e a asexual?Cal cres que é máis vantaxosa para as especies e por qué? Na reproducción sexual requírense dous seres vivos da mesma especie pero diferente sexo para obter descendencia, de xeito que os novos seres son semellantes pero non idénticos aos seus proxenitores, senón que presentan caracteres mesturados de ambos. Mentres que se a reproducción é asexual un único organismo é capaz de reproducirse xerando copias idénticas de si mesmo. É máis vantaxosa a reproducción sexual, pois permite que aumente a diversidade da especie ao mesturarse os caracteres dos proxenitores, puidendo así xurdir especies con caracteres máis propicios paraa supervivivencia que transmitirán a súa descendencia, facilitando así a adaptación ao medio. Ademais esta maior diversidade axuda a garantir mellor a perpetuidade da especie, reducindose o risco de perigo de extinción, pois ante un cambio brusco no medio sempre será máis plausible atopar entre a gran diversidade algún organismo desa especie que posúa os caracteres necesarios para adaptarse a eses cambios. 12. Qué é unha flor? Debuxa unha no teu caderno, sinalando tódalas súas partes. Defíneas e indica a súas función. A flor é o órgano reproductor das plantas espermatófitas (as que se reproducen por sementes). Adoitan ser hermafroditas e as súas partes máis salientables son as seguintes: - Cáliz e corola: constitúen a envoltura da flor. O primeiro corresponda coa parte verde inferior da flor e está formado por o conxunto de follas verdes inferiores chamadas sépalos, mentres que a corola é a envoltura superior formada polos pétalos, follas coloreadas que intentan chama-la atención dos animais polinizadores. - Estames: órgano reproductor masculino. Está formado por un fío vertical, chamado filamento que remata nunha especie de saquiño que contén os gran de pole e recibe o nome de antera.
  • 6. - pistilo: órgano feminino da flor. Ten forma de botella e diferenciamos tres partes: estigma (parte superior ou boca da botella), estilo (parte intermedia ou pescozo da botella) e ovario (parte ensanchada da botella). Dentro do ovario atópanse os óvulos, que son os gametos femininos. 13. Escribe detalladamente todo o proceso reproductor (ciclo sexual) para as seguintes especies: a) galiña, b) ser humano, c) planta espermatófita entomógama. a) Galiña: o primeiro paso do proceso reproductor consiste no aparemento entre o galo e a galiña tras un proceso de cortexo por parte do macho. Tras o proceso de copulación prodúcese no interior da galiña a unión do espermatozoide procedente do galo co óvulo da galiña formándose así a célula óvo. Esta célula óvo de divide en repetidas ocasións formándose así o embrión. Este embrión no interior do seu óvo sae ó exterior. Para que as células deste embrión continúen dividíndose para dar lugar a un novo ser é fundamental un proceso de incubación por parte da galiña para conseguir unha temperatura constante de entre 38-40ºC. Durante este proceso o embrión aliméntase das reservas alimenticias que contén o interior do óvo, é dicir, a clara e a xema. Unha vez que son completamente consumidas a cría xa está formada e lista para saír ao exterior, polo que se produce a eclosión do óvo. No caso das galiñas as crías saen dos óvos completamente maduras, con plumas e poden alimentarse por si mesmas. Estas crías crecerán ata chegar a fase adulta e estar listas para reproducirse, completándose deste xeito o ciclo. b) Ser humano: o igual que no apartado anterior o proceso comeza pola copulación entre macho e femia. Prodúcese a entrada dos espermatozoides a través da vaxina subindo polo útero ata chegar ás trompas de Falopio onde se atoparán co óvulo que madurou no interior do ovario e foi expulsado por él. No caso de que un espermatozoide se una co óvulo prodúcese a célula óvo ou cigoto que baixa ata o útero onde se aloxa. Esa célula óvo experimenta múltiples divisións formando o embrión, que tras 9 meses de cambios e divisións celuares dan lugar a un bebé xa formado que sae ao exterior a través da vaxina da súa nai nun proceso coñecido como parto. Agora o bebé crecerá e se desevolverá ata chegar á etapa adulta e estará preparado para reproducirse, pechándose o ciclo. c) Planta espermatófita entomógama: Neste caso o órgano reproductor é a flor. Os insectos pósanse sobre as flores de xeito que os grans de pole contidos nas anteras dos estames pegánselles ao seu corpo. Cando ese insecto voa hacia outra flor da mesma especie, eses grans de pole caen no pistilo, en concreto no estigma. Cada gran de pole contén dous gametos masculinos. Deste gran de pole colocado no estigma sae un tubo coñecido como tubo polínico polo que descenden os dous gametos. Este dous gametos avanzan polo tubo polínico que baixa a través do estilo ata chegar ao ovario. Neste punto prodúcese unha dobre fecundación: un dos gametos masculinos únese cun dos ovarios para dar lugar ao embrión da sementeque é unha especie de planta en miniatura cunha pequena raíz, talo e dous folliñas ou cotiledóns. O outro gameto masculino únese con outros dous óvulos orixinando o álbume, é dicir, a substancia nutritiva da que se alimentará o embrión durante a súa formación. Como resultado do proceso de fecundación obténse unha semente. O ovario seguidamente transfórmase no froito que rodea a semente, perdendo a flor tódalas súas envolturas externas (pétalos, estames,..). Este froito será seco ou carnoso segundo se as paredes do ovario endurecenou se acumulan substancias de reserva, respectivamente. Estes froitos poden caer ao chan, ser comidos polos animais que expulsan a semente...sexa como fóra se a semente é liberada nun chan de condicións favorables (sobre todo no trocante a humidade e temperatura), prodúcese a xerminación, é dicir, a semente libera ao embrión que se desenvolve e crece orixinando unha nova planta.
  • 7. 14. Sinala tódalas partes que coñezas dos aparatos reproductores masculino e feminino indicando brevemente a súa función. Trompas de Falopio: comunican o ovario co útero. Lugar onde se produce a fecundación Ovarios: gónadas femininas encargadas da producción dos óvulos (gametos femininos) Útero: zona ensanchada que alberga ao embrión no caso de que se produza a fecundaciónVaxina:conducto polo que ascenden os espermatozoides ou por onde sae ao exterio o bebé durante o parto (ou o óvulo sen fecundar durante a menstruación) Vesículas seminais:glándulas onde se produce o líquido seminal polo que nadan os espermatozoides Conductos deferentes: conductos que unen as vesículas seminaiscos testículos. Próstata: glándula do tamaño dunha noz que produce o líquido prostático que forma parte do seme para protexer os espermatozoides. Testículos: gónadas masculinas onde se producen os espermatozoides (gametos masculinos) Vexiga: contén os ouriños ata a súa expulsión Escroto: bolsas formadas por pel e membranas que recubren e protexen os testículos Pene: órgano copulador masculino a través del cual se produce la salida del semen.